Busca avanzada de imaxes
-
Upload
carloscampostic -
Category
Education
-
view
574 -
download
0
description
Transcript of Busca avanzada de imaxes
Busca Avanzada de Imaxes
PFAC ABALAR – IES O COUTO. MÓDULO 6
• Busca de Imaxes. Filtros.
• Busca Avanzada de Imaxes.
PFAC IES O Couto 2
Nota inicial. Lamentablemente, a interface en galego da
páxina de busca de imaxes de Google non parece dispoñer de todas as opcións funcionando de forma correcta.
Aconséllase polo tanto seleccionar, se non o está, a interface en castelán. Para elo, na páxina inicial de Google seleccionamos a opción “español” debaixo da caixa de busca, e só despois imos a páxina de busca de imaxes.
PFAC IES O Couto 3
Busca de imaxes. Dende a páxina principal de
Google lanzamos a busca de imaxes facendo clic na barra superior en “Imaxes”.
Escribimos as palabras clave e lanzamos a busca como facemos habitualmente.
A páxina de resultados amosa: Miniaturas das imaxes
propostas. Unha columna a esquerda que
permite establecer filtros e que en ocasións permite pres-cindir dunha busca avanzada.
PFAC IES O Couto 4
Ó poñer o punteiro do rato sobre unha miniatura (sen facer clic), esta amplíase e informa da páxina de procedencia e do tamaño da imaxe.
Se unha vez ampliada a miniatura facemos clic dereito sobre ela ábrese o menú contextual, e podemos facer clic en “Gardar a imaxe como...” para almacenar a imaxe no noso equipo.
PFAC IES O Couto 5
Se facemos clic nunha miniatura ábrese unha nova páxina coa vista da imaxe no centro e de fondo a páxina orixinal (para vela, pechamos a vista previa).
Só coa interface en castelán: Ó pousar o punteiro do rato sobre unha miniatura ofrécesenos a maiores as seguintes posibilidades: Buscar imaxes similares. Buscar a mesma imaxe en
tamaños diferentes.
PFAC IES O Couto 6
Filtros. A columna esquerda contén varios bloques
que permiten filtrar as imaxes que aparecen nos resultados.
Primeiro bloque: filtra os resultados polo tipo de ficheiro.
Segundo bloque: permite agrupar os resultados por temas.
Terceiro bloque: filtra os resultados por tamaños. Moi importante para incluír imaxes en documentos e non facelos moi pesados.
1
2
3
PFAC IES O Couto 7
Cuarto bloque: escollemos imaxes en cor, branco e negro ou cunha cor predominante.
Quinto bloque: filtro para fotos, imaxes predeseñadas, lineais...
Sexto bloque: amosa o tamaño das imaxes nas súas miniaturas. Moi cómodo para seleccionalas por este criterio.
Sétimo bloque: permite filtrar por data de actualización.
4
5
6
7
PFAC IES O Couto 8
Busca avanzada de imaxes. Accédese mediante a icona do
engrenaxe, arriba a dereita na páxina de resultados.
Aparecen unha serie de opcións que permiten afinar os resultados da busca:
O primeiro bloque “Buscar imaxes con...” e idéntico o da busca avanzada de contidos xerais, xa visto na presentación anterior.
PFAC IES O Couto 9
As seguintes opcións permiten filtrar resultados por:1. Tamaños da imaxe (moitos
tamaños dispoñibles).2. Proporcións: alta, ancha...3. Cor, branco e negro...4. Tipos: fotos, debuxos...5. Rexión de procedencia das
imaxes.6. Sitio web (Ex: www.flickr.com)
1
2
3
4
5
6
PFAC IES O Couto 10
Máis opcións:7. SafeSearch: evita resultados
con contido sexual. Importante en buscas ante o alumnado.
8. Tipos de imaxe: JPG, GIF...9. Dereitos de uso: moi
importante para dispoñer de imaxes que poidamos usar libremente nos nosos traballos.
7
8
9
PFAC IES O Couto 11
Fin.
GRAZAS POLA SÚA ATENCIÓN
Publicado baixo licenza por:
Blogue Abalar
Publicado baixo licenza por: