Cablemodem Wifi Hitron BVW3653

22
guía R R teléfono_internet_televisión manual do cablerouter HITRON BVW-3653

Transcript of Cablemodem Wifi Hitron BVW3653

Page 1: Cablemodem Wifi Hitron BVW3653

guía R

R

teléfono_internet_televisión

manual do cablerouter

HITRON BVW-3653

Page 2: Cablemodem Wifi Hitron BVW3653

guía R

R

teléfono_internet_televisión página 2 de 22

ÍNDICE

1 INTRODUCIÓN............................................................................................................................3

2 CARACTERÍSTICAS DO ROUTER HITRON BVW-3653 .............................................................3

2.1 FUNCIONALIDADES E ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS: ............................................................................................................3 2.2 LED E PORTOS ...................................................................................................................................................................4

3 CONFIGURACIÓN BÁSICA.........................................................................................................8

3.1 CONFIGURACIÓN SERVIZO DE ACCESO A INTERNET CON NAT..................................................................................... 10 3.1.1 cambio de contrasinal e configuración da WAN (interface hacia a rede de R) .................. 10 3.1.2 configuración da LAN (LAN\General Setup) ....................................................................................... 12

3.2 CONFIGURACIÓN SERVIZO DE ACCESO A INTERNET CON NAT E SERVIDORES INTERNOS............................................. 15 3.2.1 redirección total de portos (DMZ Host) ................................................................................................ 15 3.2.2 acceso desde Internet a servidores existentes na rede de área local. ..................................... 16

3.3 CONFIGURACIÓN DA INTERFACE SEN FÍOS ...................................................................................................................... 18 3.3.1 configuración WPA..................................................................................................................................... 19 3.3.2 configuración WEP...................................................................................................................................... 19

4 COMPROBACIÓNS...................................................................................................................21

Page 3: Cablemodem Wifi Hitron BVW3653

guía R

R

teléfono_internet_televisión página 3 de 22

1 introdución

Esta guía presenta as características do cable-router Hitron BVW-3653.

Este equipo é utilizado nos accesos a internet de R, especialmente pensado para sacarlle o

máximo partido ás opcións de Docsis 3.0. Permite conectar varios PCs tanto por cable físico

coma sen fíos. Ademais cumpre o estándar 810.11 n, compatible coas anteriores versións,

que mellora o rendemento da conexión, a cobertura e con menos interferencias.

2 características do router HITRON BVW-3653

2.1 funcionalidades e especificacións técnicas:

Na seguinte táboa indícanse as especificacións técnicas do equipo 1.

Categoría Funcionalidade

IEEE802.11b/g Compliant

Access point mode

Wireless Client List

Access Point Discovery

Wireless Station Rate-Control

WPA / WPA-PSK

64/128-bit WEP

802.1X Authentication with RADIUS Client

Hidden SSID

Wireless Access

Point

MAC Address Access Control

Basic network configuration

DHCP server/client

Static assignation IP/MAC

Network features

WAN Blocking

1 Non todas estas funcionalidades foron homologadas por R

Page 4: Cablemodem Wifi Hitron BVW3653

guía R

R

teléfono_internet_televisión página 4 de 22

Multicast

UPnP

Static routing

NAT, DMZ Host, Port-Forwarding, open Port

Mac address filtering

IP address filtering

Port triggering

Filter proxy, cokkies, java applets, activex, popups, fragmente

ip packets, scan detection, ip flood detection.

Parental control

Antivirus (evaluation version)

VPN Pass-Through

Security. Firewall

VPN termination

Web-Based User Interface (HTTP)

Remote config managemente (port 8080)

Administration Access Control(Users/Passwords)

Configuration Backup/Restore

Firmware Upgrade via TFTP/FTP

Logging via Syslog

Network

Management

Set time

2.2 LED e portos

Na parte frontal o router dispón dunha serie de LEDs que informan sobre o seu estado. Son

os mostrados na seguinte figura:

Page 5: Cablemodem Wifi Hitron BVW3653

guía R

R

teléfono_internet_televisión página 5 de 22

figura 1

O seu significado indícase a continuación.

• power: acendido, está a chegar alimentación ao dispositivo.

• downstream: acendido, o dispositivo está a recibir información da rede de cable.

• upstream: acendido, o dispositivo está a enviar información á rede de cable.

• online: acendido, o dispositivo está rexistrado na rede e totalmente operativo.

• ethernet 1-4: acendido, algún equipo está conectado a un dos portos. O pestanexo

indica que se está a enviar información a través da rede ethernet.

• wireless link: acendido, indica que o punto de acceso sen fíos está operativo. O

pestanexo indica que se está a enviar información a través da rede wireless.

Apagado indica que o punto de acceso sen fíos está desactivado.

Page 6: Cablemodem Wifi Hitron BVW3653

guía R

R

teléfono_internet_televisión página 6 de 22

O botón wireless setup encóntrase na parte superior do equipo.

figura 2

Apagado (condición normal) indica que a configuración sen fíos está desactivada. O

pestanexo indica que o usuario activou a configuración sen fíos para engadir un novo

usuario.

Na parte posterior o router dispón dos seguintes portos e botóns:

Page 7: Cablemodem Wifi Hitron BVW3653

guía R

R

teléfono_internet_televisión página 7 de 22

figura 3

• conectores RJ-22 de liñas analóxicas

• conectores RJ-45 todos ethernet

• conector á alimentación eléctrica

Page 8: Cablemodem Wifi Hitron BVW3653

guía R

R

teléfono_internet_televisión página 8 de 22

3 configuración básica

Este equipo permite a administración local a través dun servidor http integrado e dunha

serie de páxinas web de diagnóstico e configuración. Esta interface web usarase para

configurar os parámetros e aplicalos ao dispositivo.

Tras conectarnos ao interface ethernet do equipo, se temos DHCP habilitado no PC, o router

asignaranos unha dirección dende a que poderemos acceder á URL http://192.168.0.1

usando un navegador.

A primeira pantalla que aparece é a pantalla de “Home”. A devandita pantalla permítenos

comprobar que equipos están conectados e a versión de firmware.

figura 4

Seleccionamos pestana de Settings para conectarnos ao equipo.

Page 9: Cablemodem Wifi Hitron BVW3653

guía R

R

teléfono_internet_televisión página 9 de 22

figura 5

Por defecto o nome de usuario é "admin" e o contrasinal "ClientesR".

Page 10: Cablemodem Wifi Hitron BVW3653

guía R

R

teléfono_internet_televisión página 10 de 22

3.1 configuración servizo de acceso a Internet con NAT

Neste caso, configúranse os servizos de acceso a internet cunha dirección IP pública para

asignar o router. Con este esquema, o router debe realizar NAT, é dicir, traducir as

direccións IP privadas dos postos da LAN de cliente á dirección pública para permitir o seu

acceso a Internet. Este é o servizo típico e para o que se detalla a configuración a realizar.

3.1.1 cambio de contrasinal e configuración da WAN (interface hacia a rede de R)

O primeiro paso é o cambio de contrasinal, para realizar este cambio debemos acceder á

pestana "SYSTEM", no menú "USERS" e seleccionar o usuario co que se logou (pode ser

admin ou user)

figura 6

Neste menú, tamén poderemos cambiar o nome de usuario co que se entra no equipo, "user

name", e a password. As opcións de especificar os permisos de acceso é preferible deixalo

para usuarios máis avanzados.

Page 11: Cablemodem Wifi Hitron BVW3653

guía R

R

teléfono_internet_televisión página 11 de 22

figura 7

No menú Internet Connection, na primeira pestana, temos toda a información sobre a

interface WAN do equipo como se amosa na figura 8.

figura 8

Page 12: Cablemodem Wifi Hitron BVW3653

guía R

R

teléfono_internet_televisión página 12 de 22

figura 9

3.1.2 configuración da LAN (LAN\General Setup)

Só é posible cambiar a IP do equipo co usuario "admin". Para iso, hai que acceder á pestana

local network e no aparado "Device" picar sobre a interface LAN que, por defecto, se

chama "LAN Hardware Ethernet Switch".

Page 13: Cablemodem Wifi Hitron BVW3653

guía R

R

teléfono_internet_televisión página 13 de 22

figura 10

Na pestana Settings pódese configurar a interface coa IP desexada.

figura 11

Ademais tamén teremos a opción de habilitar ou non o servidor DHCP, podendo configurar

a IP incial da IPs que servirá o DHCP. Prememos o botón "Apply" para que os cambios teñan

efecto.

Page 14: Cablemodem Wifi Hitron BVW3653

guía R

R

teléfono_internet_televisión página 14 de 22

figura 12

Page 15: Cablemodem Wifi Hitron BVW3653

guía R

R

teléfono_internet_televisión página 15 de 22

3.2 configuración servizo de acceso a Internet con NAT e

servidores internos

Para esta configuración débense seguir todos os pasos do apartado anterior. Tras iso

procederase á apertura de portos a servidores internos con direccionamento privado.

3.2.1 redirección total de portos (DMZ Host)

Un host DMZ (Zona desmilitarizada) é un ordenador da rede ao cal se pode acceder dende

internet independentemente dos parámetros de NAT, reenvío de portos e filtro IP. Adóitase

usar un DMZ para aloxar servidores web servidores FTP etc... aos que se necesita acceder

dende internet.

Todas as conexións entrantes se redirixirán a un equipo da LAN. Para iso débese acceder ao

apartado DMZ host dentro de menú Firewall na pestana Services. Fai falta activar a opción

"Enable DMZ Host" e introducir a IP do equipo para o que se desexe unha redirección total

de portos.

figura 13

Hai que pulsar o botón "Apply" para que os cambios teñan efecto.

Page 16: Cablemodem Wifi Hitron BVW3653

guía R

R

teléfono_internet_televisión página 16 de 22

3.2.2 acceso desde Internet a servidores existentes na rede de área

local.

Para poder acceder a servidores (de FTP, Web, correo, etc.) da LAN dende Internet, é dicir,

dende fóra da rede de área local, é necesario abrir os portos, ou rangos de portos,

adecuados no router.

Realizaremos esta configuración no apartado port forwarding dentro de menú Firewall na

pestana Services.

figura 14

Pulsando no botón "New entry" poderemos introducir regras de redirección.

figura 15

O equipo permítenos seleccionar equipos xa conectados ou especificar IP's concretas e

discriminar por un tipo de tráfico, protocolo ou aplicacións ou simplemente por porto,

Page 17: Cablemodem Wifi Hitron BVW3653

guía R

R

teléfono_internet_televisión página 17 de 22

indiferentemente do tráfico, seleccionando a opción "User defined" no campo protocol. O

tráfico pode reenviarse ao porto por defecto, que será o mesmo que queremos reenviar, ou

facelo a un especifico cambiando o parámetro do campo "Forward to port". Tamén é

posible programar un horario no campo Schedule.

Unha vez introducidos os datos pulsamos "Apply".

Page 18: Cablemodem Wifi Hitron BVW3653

guía R

R

teléfono_internet_televisión página 18 de 22

3.3 configuración da interface sen fíos

Para configurar o interface sen fíos hai que acceder á pestana local network, no apartado

"Devices" e picar sobre a interface LAN que, por defecto, se chama "LAN Wireless 802.11n

Access Point" e seleccionar a pestana "Wireless".

No campo "Wireless Network SSID" pódese introducir o nome con que se verá a rede sen

fíos. Por defecto, cóbrese con R-wlan<canal seleccionado>.

Púlsase o botón de Apply para que os cambios fagan efecto e poder pasar a configurar a

seguridade, na pestana Security.

figura 16

Page 19: Cablemodem Wifi Hitron BVW3653

guía R

R

teléfono_internet_televisión página 19 de 22

3.3.1 configuración WPA

WPA proporciona un método de encriptación de datos máis potente (chamado Protocolo de

Integridade de Clave temporal (TKIP)). Funciona nun modo inicial especial doado de instalar

chamado Clave Previamente Compartida (PSK) que permite introducir manualmente unha

frase de paso en todos os dispositivos da rede sen fíos. A encriptación de datos con WPA

baséase nunha clave mestra WPA. A clave mestra derívase da frase de paso e do nome da

rede (SSID) do dispositivo. R, por defecto, instala os seus equipos wifi con protección WPA.

Seleccionando no campo Security Mode a opción WPA-Personal activaranse os campos

relacionados coa configuración WAP. No campo WPA Mode seleccionar a opción WPA2-

PSK e en pre-shared Key introducirase a clave.

figura 17

Unha vez finalizados os cambios débese gardar a configuración pulsando “Apply”.

3.3.2 configuración WEP

WEP encripta os datos a través dunha WLAN. Os datos encríptanse en bloques de 64 ou de

128 bits de lonxitude. Os datos encriptados só poden ser enviados e recibidos por usuarios

con acceso a unha clave de rede privada. Cada PC da rede sen fíos debe ser configurado

manualmente coa mesma clave que o router para permitir as transmisións sen fíos de datos

encriptados. Non se poderá acceder á rede se non se coñece a clave privada. WEP

considérase unha opción de baixa seguridade.

Page 20: Cablemodem Wifi Hitron BVW3653

guía R

R

teléfono_internet_televisión página 20 de 22

Seleccionando no campo "Security Mode" a opción WEP activaranse os campos

correspondentes á configuración WEP. Este equipo non permite introducir unha passphrase,

co que ou ben se selecciona a opción de 10 díxitos, introducindo a clave no campo WEP

Key, ou ben o mesmo pero con 26 díxitos da opción 128 bits.

figura 18

Unha vez finalizados os cambios débese gardar a configuración pulsando Apply.

Page 21: Cablemodem Wifi Hitron BVW3653

guía R

R

teléfono_internet_televisión página 21 de 22

4 comprobacións

Na pestana Internet Connection no menú "Cable Settings" dispoñemos da información de

conexión do equipo:

figura 19

Para comprobar a IP pública do dispositivo, dentro da pestana Internet Connection

selecciónase o menú "Overview".

figura 20

Page 22: Cablemodem Wifi Hitron BVW3653

guía R

R

teléfono_internet_televisión página 22 de 22

Para comprobar a versión que corre o equipo instalado debe abrirse a pestana System

Info.

figura 21