CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR - oupe.es · Actividades de documentación 1.1 1 Busca toda a...

16
CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR O caderno de desenvolvemento lector pretende ser unha ferramenta de adestramento para que o alumnado mellore a súa competencia lectora. Material fotocopiable Documentación Comprensión Velocidade Recreación Novas tecnoloxías Para o profesorado Actividades de recreación lectora Do libro a... Actividades de comprensión Newsletters con actividades complementarias Actividades que involucran o uso de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) Velocidade lectora Apartado informativo Unha costura no tempo Xosé A. Neira Cruz Recursos para o profesor Fotocopiables para o alumnado 4 Actividades de: Para o alumnado CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR Apartado que proporciona ao alumnado os elementos precisos para entender mellor a lectura. Actividades para mellorar a fluidez na lectura e resolver as carencias de entoación e pronunciación. Actividades que axudarán o alumnado a comprender o fondo e mais a forma da lectura realizada. Actividades que permitirán ao alumnado recrear a lectura mediante: - A expresión escrita - A expresión oral - A expresión artística (teatro, música e plástica). Información que relaciona o libro con outros libros, filmes, pezas musicais, páxinas web, etc. Competencias básicas e inter- disciplinariedade - Relación de competencias básicas postas en práctica ao longo dos distintos exercicios do CDL. - Relación dos temas do libro con outras áreas. Actividades de documentación Busca información sobre o autor de A expedición dos libros,Vicente Muñoz Puelles e sobre o ilustrador, Fernando Vicente: Os libros, verdadeiros protagonistas da obra, están organizados nunha biblioteca familiar. Averigua que é a CDU e realiza un esquema cos principais campos na que se divide: As viaxes de Gulliveré un dos libros protagonistas da historia. Nun dos episodios termina caendo nas mans dun neno chinés que vive na cidade de Xangai, na China. Procura información sobre esta cidade e redacta un resumo non superior ás dez liñas sobre a mesma. Na páxina 76 do libro fálase da couza ou trilla que son uns insectos que se alimentan do papel dos libros. Investiga sobre os insectos que «papan» a roupa e prendas de vestir, e cales se alimentan da madeira. 1.2 1.3 1.4 1.1 1 Actividades de comprensión De prestares atención ao vocabulario que forma parte desta obra, haberías comprobar que unha manchea de palabras teñen o seu «aquel». Fíxate nestes verbos: Zarrapicar e Gargarexar.Que tal che soan cando os pronuncias? Ben? Pois non che é casualidade, meu rei! As palabras que imitan sons producidos pola propia natureza ou por unha persoa ou animal, chámanse onomatopeicas. Escribe unha oración con senllas palabras (no caso de non coñeceres o significado, escribe unha oración co que ti imaxinas e despois procura no dicionario o verdadeiro). Zarrapicar: Gargarexar: Agora fai o mesmo con estes substantivos: Tobeira: Balor: Sixilo: Narguilé: Couza: Sobrado: Este enderezo hache axudar na procura de información: »http://www.digalego.com/ Nos diferentes capítulos que compoñen a obra que estás a traballar, aparecen expresións, unhas veces rechamantes e outras, simplemente, curiosas ou graciosas. A ver se es quen a dar co significado das mesmas. Ímoscho poñer doado dándoche unhas pistas. 1. Agora xa non vou poder durmir! Co que custa, á miña idade, botar unha boa soneca.(Páxina 14) a) botar unha partida ás cartas b) botar unha sesta c) botar unha saba na cama 2. Ollándose de esguello,agardaron. (Páxina 23) a) mirar un para o outro b) mirándose no espello c) mirar cara a alguén con disimulo 2.1 2.2 2 A expedición dos libros Velocidade lectora A ver se es quen a ler, coa velocidade adecuada e ben, este texto que –como podes comprobar–, un golpe de vento deixou orfas algunhas das palabras. As t_pas dura_s resi_stir_n ba_tante ben. O h_me p_diulle un sec_dor do p_lo á súa m_ll_r, q_e o b_ixou do s_br_do, onde v_ví_n. S_cou o l_bro, ao pr_ncip_o por f_ra e de_pois f_lla a fol_a. Mal_a a gr_vid_de da s_tua_ión, Gulliver t_vo que se e_for_ar para non rir, por m_r das cóx_gas. De_pois, o h_me co_gou_o nun tendal, q_e ins_alar_n nun cuarto p_ra sec_r a mantelaría c_ndo chov_a. Gulliver, que es_aba dem_sia_o abatido p_ra int_ntar nada, p_sou alí t_da a n_ite, pr_nd_do d_nhas gr_nd_s pinz_s. Volv_ra a Liliput, a illa da x_nte dim_nuta? Ao día s_gu_nte, o home p_soulle o fe_ro coid_dosam_nte a c_da parte do l_bro. C_ndo estivo sati_feito do re_ultado, me_euno nun sobre ac_lchado e le_ouno á ofic_na de C_rreos Agora vaste converter en «autodidacta» e comprobarás cal é a túa velocidade lectora. Saca o teu reloxo e cronometra o tempo que tardas en ler –en voz alta–, este texto que che seleccionamos. «O pai chamou ao timbre. Como non quería que se lle notase o interese, pediulle ao home das lentes que lle deixase botar unha ollada. Mirou varios libros e despois, como por casualidade, preguntou polo tomo de Jules Verne. O home das lentes non se deixou enganar, e seguiulle o xogo. Ao examinar o libro, o pai quedou pasmado. O quinto tomo de Jules Verne non só pertencía á mesma colección, senón que era un dos seus. Levaba unhas rabuñaduras de gato, que el lembraba, e tamén, nunha das primeiras páxinas, as letras RMC, que eran as iniciais do seu avó, escritas con lapis azul. Levouno ao peito, coma se o arrolase. —Este libro é meu —díxolle ao home das lentes—. Ten tamén os outros tomos? —Primeiro teríame que demostrar que é seu. 3.1 3.2 3 Actividades de recreación ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ESCRITA De todas as obras que se mencionan enA expedición dos libros, vai ser complicado que as teñas lido todas, non si? O traballo a realizares agora consiste en elixir unha das que non liches, a que máis che sorprenda polo seu título, e escribas embaixo unha sinopse da mesma. Logo, no enderezo que che propoño, procura a sinopse orixinal e compara. Pode haber sorpresa! »http://gl.wikipedia.org/ Obra elixida: Sinopse: No segundo capítulo titulado «Os Visitantes» o autor, como querendo desculpar ao mozo ladrón, descríbenos cal foi a súa reacción ao recoller un dos libros que se atopaba tirado no chan: «O mozo levantou un dos libros caídos, pasou unha man pola vermella cuberta, coma se a acariciase, e comezou a follealo. Era o primeiro tomo das Obras completas de Jules Verne» Lembras algún momento emocionante, que che pasase a ti, con algún dos libros que teñas lido? Descríbeo, por favor. Os libros teñen unha personalidade acorde ao que contan; así, a protagonista do libro Alicia no país das marabillasestá sempre disposta a viaxar (páxina 71). Imaxínate que es un libro e inventa un título conforme á túa personalidade e maneira de ser. Xustifica a túa resposta en cinco liñas: 4 4.2 4.1 4.3 A expedición dos libros Unha costura no tempo OXFORD | 1

Transcript of CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR - oupe.es · Actividades de documentación 1.1 1 Busca toda a...

CADERNO DEDESENVOLVEMENTO LECTOR

O caderno de desenvolvemento lector pretende ser unha ferramenta de adestramento para que o alumnado

mellore a súa competencia lectora.

Materialfotocopiable

Documentación Comprensión Velocidade Recreación

Novas tecnoloxías

Para o profesorado

Actividades de recreación

lectora

Do libro a...Actividades de comprensión

Newsletters con actividades complementarias

Actividades que involucran o uso deTecnoloxías da Información e da

Comunicación (TIC)

Velocidade lectora

Apartado informativo

Unha costura no tempoXosé A. Neira Cruz

Recursos para o profesor

Fotocopiables para o alumnado

4

Actividades de:

Para o alumnado

CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR

Apartado queproporciona ao alumnado os elementos precisos para entender mellor a lectura.

Actividades para mellorar a fluidez na lectura e resolver as carencias de entoación e pronunciación.

Actividades que axudarán o alumnado a comprender o fondo e mais a forma da lectura realizada.

Actividades que permitirán ao alumnado recrear a lectura mediante:- A expresión escrita- A expresión oral- A expresión artística (teatro, música e plástica).

Información que relaciona o libro con outros libros, filmes, pezas musicais, páxinas web, etc.

Competenciasbásicas e inter-

disciplinariedade

- Relación de competencias básicas postas en práctica ao longo dos distintos exercicios do CDL.- Relación dos temas do libro con outras áreas.

Actividades de documentación

Busca información sobre o autor de A expedición dos libros, Vicente Muñoz Puelles e sobre o ilustrador, Fernando Vicente:

Os libros, verdadeiros protagonistas da obra, están organizados nunha biblioteca familiar. Averigua que é a CDU e realiza un esquema cos principais campos na que se divide:

As viaxes de Gulliver é un dos libros protagonistas da historia. Nun dos episodios termina caendo nas mans dun neno chinés que vive na cidade de Xangai, na China. Procura información sobre esta cidade e redacta un resumo non superior ás dez liñas sobre a mesma.

Na páxina 76 do libro fálase da couza ou trilla que son uns insectos que se alimentan do papel dos libros. Investiga sobre os insectos que «papan» a roupa e prendas de vestir, e cales se alimentan da madeira.

1.2

1.3

1.4

1.1

1

OXFORD | 3

Actividades de comprensión

De prestares atención ao vocabulario que forma parte desta obra, haberías comprobar que unha manchea de palabras teñen o seu «aquel». Fíxate nestes verbos: Zarrapicar e Gargarexar. Que tal che soan cando os pronuncias? Ben? Pois non che é casualidade, meu rei! As palabras que imitan sons producidos pola propia natureza ou por unha persoa ou animal, chámanse onomatopeicas.Escribe unha oración con senllas palabras (no caso de non coñeceres o significado, escribe unha oración co que ti imaxinas e despois procura no dicionario o verdadeiro).

• Zarrapicar:

• Gargarexar:

Agora fai o mesmo con estes substantivos:

• Tobeira:

• Balor:

• Sixilo:

• Narguilé:

• Couza:

• Sobrado:

• Este enderezo hache axudar na procura de información: » http://www.digalego.com/

Nos diferentes capítulos que compoñen a obra que estás a traballar, aparecen expresións, unhas veces rechamantes e outras, simplemente, curiosas ou graciosas. A ver se es quen a dar co significado das mesmas. Ímoscho poñer doado dándoche unhas pistas.

1. Agora xa non vou poder durmir! Co que custa, á miña idade, botar unha boa soneca. (Páxina 14)a) botar unha partida ás cartas b) botar unha sesta c) botar unha saba na cama

2. Ollándose de esguello, agardaron. (Páxina 23) a) mirar un para o outro b) mirándose no espello c) mirar cara a alguén con disimulo

2.1

2.2

2

A expedición dos libros

OXFORD4 |

Velocidade lectora

A ver se es quen a ler, coa velocidade adecuada e ben, este texto que –como podes comprobar–, un golpe de vento deixou orfas algunhas das palabras.

As t_pas dura_s resi_stir_n ba_tante ben. O h_me p_diulle un sec_dor do p_lo á súa m_ll_r,

q_e o b_ixou do s_br_do, onde v_ví_n.S_cou o l_bro, ao pr_ncip_o por f_ra e de_pois

f_lla a fol_a. Mal_a a gr_vid_de da s_tua_ión, Gulliver t_vo que se e_for_ar para non rir, por m_r das

cóx_gas.

De_pois, o h_me co_gou_o nun tendal, q_e

ins_alar_n nun cuarto p_ra sec_r a mantelaría

c_ndo chov_a.

Gulliver, que es_aba dem_sia_o abatido p_ra

int_ntar nada, p_sou alí t_da a n_ite, pr_nd_do

d_nhas gr_nd_s pinz_s. Volv_ra a Liliput, a illa da

x_nte dim_nuta?

Ao día s_gu_nte, o home p_soulle o fe_rocoid_dosam_nte a c_da parte do l_bro. C_ndo

estivo sati_feito do re_ultado, me_euno nun sobreac_lchado e le_ouno á ofic_na de C_rreos

Agora vaste converter en «autodidacta» e comprobarás cal é a túa velocidade lectora. Saca o teu reloxo e cronometra o tempo que tardas en ler –en voz alta–, este texto que che seleccionamos.

«O pai chamou ao timbre. Como non queríaque se lle notase o interese, pediulle ao home daslentes que lle deixase botar unha ollada. Mirouvarios libros e despois, como por casualidade,

preguntou polo tomo de Jules Verne.O home das lentes non se deixou enganar,

e seguiulle o xogo.

Ao examinar o libro, o pai quedou pasmado.O quinto tomo de Jules Verne non só pertencíaá mesma colección, senón que era un dos seus.

Levaba unhas rabuñaduras de gato, que el lembraba,e tamén, nunha das primeiras páxinas,

as letras RMC, que eran as iniciais do seu avó,escritas con lapis azul.

Levouno ao peito, coma se o arrolase.—Este libro é meu —díxolle ao home das

lentes—. Ten tamén os outros tomos?—Primeiro teríame que demostrar que é seu.

3.1

3.2

3

OXFORD | 5

Actividades de recreación

ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ESCRITA

De todas as obras que se mencionan en A expedición dos libros, vai ser complicado que as teñas lido todas, non si? O traballo a realizares agora consiste en elixir unha das que non liches, a que máis che sorprenda polo seu título, e escribas embaixo unha sinopse da mesma. Logo, no enderezo que che propoño, procura a sinopse orixinal e compara. Pode haber sorpresa!

» http://gl.wikipedia.org/

Obra elixida:

Sinopse:

No segundo capítulo titulado «Os Visitantes» o autor, como querendo desculpar ao mozo ladrón, descríbenos cal foi a súa reacción ao recoller un dos libros que se atopaba tirado no chan:

«O mozo levantou un dos libros caídos, pasou unha man pola vermella cuberta, coma se a acariciase, e comezou a follealo. Era o primeiro tomo das Obras completas de Jules Verne»

Lembras algún momento emocionante, que che pasase a ti, con algún dos libros que teñas lido? Descríbeo, por favor.

Os libros teñen unha personalidade acorde ao que contan; así, a protagonista do libro Alicia no país das marabillas está sempre disposta a viaxar (páxina 71). Imaxínate que es un libro e inventa un título conforme á túa personalidade e maneira de ser. Xustifica a túa resposta en cinco liñas:

4

4.2

4.1

4.3

A expedición dos libros

6 | OXFORD

Unha costura no tempo

OXFORD | 1

Unha costura no tempo

PresentaciónO CDL é un material orientado ao docente que acompaña a cada libro do

Proxecto Lector A Árbore da Lectura. O seu obxectivo principal é o de contribuír ao desenvolvemento de lectores competentes, capaces de afrontar a lectura de calquera tipo de texto utilizando a estratexia máis adecuada en función da fi nalidade da lectura, das características do texto e do contexto no que se produce.

As actividades que se presentan pretenden que o alumnado «aprenda gozando», espertando o seu interese pola lectura de textos literarios e mellorando os seus hábitos lectores, asemade achegan ao docente unha ferramenta útil e atractiva para estimular a lectura na aula.

A realización das actividades do CDL será fl exible. Aínda que o ideal é completalo de maneira íntegra, o profesorado tamén terá a posibilidade de escolmar aqueles exercicios que considere máis axeitados para satisfacer as necesidades específi cas de cada alumno e de cada clase.

SinopseMarta non coñeceu nunca o seu avó nin o seu pai, xa que tanto a súa avoa como

a súa nai non viviron nunca con eles. Son unha familia de mulleres independentes acostumadas a valerse por si mesmas. Pero Marta pregúntase continuamente pola súa orixe e polo paradoiro do seu pai.

Un día, grazas á súa amiga Carlota, descobre en Internet a historia dun clan de mulleres solitarias que tratan os homes como bestas e dan boa conta deles tras seren fecundadas. Marta séntese atraída por esta historia da Antigüidade na que unha muller, Ranunca, traizoa o clan indo buscar a Um, o pai das súas fi llas.

Asemade, Marta coñecerá a Xaime, un compañeiro de clase co que vivirá o seu primeiro amor.

Razóns para ler este libro• Gozar e refl exionar coa lectura dunha obra de intriga que nos sitúa diante de confl itos

presentes na nosa sociedade.

• Introducir o alumnado na complexa problemática do machismo.

• Comprender as difi cultades que tiveron as mulleres ao longo da historia para xogar un papel de importancia nas sociedades.

• Facer un achegamento aos problemas da igualdade de xénero.

2 | OXFORD

Actividades de documentación1.1

1Busca toda a información que poidas sobre o autor da novela: Xosé A. Neira Cruz e escribe un resumo de dez liñas no que recollas os datos máis signifi cativos da súa biografía:

Un dos temas que se tratan na novela é o da igualdade entre homes e mulleres. Ímonos centrar nas chamadas loitas «sufraxistas». Investiga sobre este tema e responde as seguintes preguntas:

a) Resume en cinco liñas o que algúns autores chaman «os primeiros pasos do sufraxismo».

b) Cal foi en esencia o debate mantido entre Clara Campoamor e Victoria Kent respecto ao sufraxio feminino en España?

c) En que países e en que anos se aprobou o voto feminino? (Debuxa unha táboa indicándoo).

• As seguintes páxinas de internet poden servirche de axuda:

» http://clio.rediris.es/udidactica/sufragismo2/triunsufrag.htm

» www.almendron.com/historia/contemporanea/sufragismo/sufragismo.htm

» www.mujeractual.com/sociedad/mujer/voto_femenino.html

1.2

OXFORD | 3

Unha costura no tempo

1.3 Busca información sobre as mulleres que aparecen na seguinte lista. Utiliza, ademais de Internet, enciclopedias e libros da biblioteca. Explica por que pasaron á historia:

Eva Perón

Bertha von Suttner

Emilia Pardo Bazán

Olympe de Gouges

Virginia Woolf

María Teresa León

Busca agora, na túa contorna, tres mulleres que ao teu xuízo sexan merecentes dun lugar na historia. Redacta unha breve redacción na que expliques o motivo da túa elección:

1.4

Actividades de documentación1

4 | OXFORD

Completa esta árbore xenealóxica. Os nomes que tes na caixa son os que debes introducir nos cadradiños.

2.1

2.2

2.3

2 Actividades de comprensión

Rae, Rulia, Ruma, Um, Rolga, Ranunca

Marta, Sinda, Tomás, Carmiña

Na novela hai dúas historias que corren en paralelo e van converxer ao remate da mesma. Completa estoutra árbore, máis sinxela, cos nomes que tes embaixo.

Na estirpe de Raguma descríbense tres personaxes ben diferenciadas: as Iniciadas, as Sometidas e as Cérberas. Explica as características das mesmas.

• Iniciadas:

• Sometidas:

• Cérberas:

OXFORD | 5

Unha costura no tempo

2 Actividades de comprensión

Responde se as seguintes afi rmacións son verdadeiras ou falsas:2.4

2.5

Verdadeiro Falso

a. Ruma está confabulada coa nai en contra de Ranunca.

b. Rangunde é unha iniciada que pretende converter para a «causa» a Ranunca.

c. Ranunca marcha na procura de Um pero nunca o atopará.

d. A avoa Sinda e mais a avoa Singer son a mesma persoa.

e. Marta embarca con Xaime cara á «illa».

f. Xa na illa, cando semellaba que Marta e Xaime se ían bicar, este botouse atrás.

Ao longo da novela aparecen unha serie de frases feitas ou refráns que lle van dando, entre outros recursos, valor literario á mesma. Le, con atención, as seguintes frases feitas e trata de atoparlles un signifi cado.

1. «Manda salero, pasan os anos que dá medo!» (páx. 112)

2. «Un día, despois dun deses bailes, veu un arrimo. E detrás do arrimo as ganas» (páx. 114)

3. Roquiño de Bálsoma, posto a tecer ocorrencias e sacar imitacións, nunca «dá puntada sen fío» (páx. 144)

4. «—Cala a boca, Rosa. Deixa andar o can coa roca» (páx. 163)

5. «—Ai, logo, a rapaza da Carmiña xa moceou.—Cedo che é verán» (páx. 164)

6 | OXFORD

3Le o texto seleccionado dúas veces e cronometra o tempo que tardas en lelo.

«Polas noites atopaba acougo. Se lle tocaba durmir baixo cuberto, aproveitaba para albiscar novas entre as linguas do lume, axexaba as sombras que as lapas proxectaban de xeito menos caprichoso do que as que non saben cren. Cada sombra era unha mensaxe. A natureza é sabia e todo na natureza fala linguaxes que se intercomunican. Cumpría saber desvelar aquelas outras formas de falar. Recoñecer no grallo da pega un aviso. Saber saudar o merlo para que o seu favor, se cumpría, a acompañase. Interpretar o son das augas das fontes, onde sempre quedan recortes das presenzas da xente que foi coa cántara á procura de auga. E ler nas augas correntes dos ríos, nas augas paradas das pozas, aqueloutras referencias que completan o libro aberto da vida disposta en todas as

criaturas, calquera que sexa a súa condición».

• A primeira vez tardei: segundos.

• A segunda vez tardei: segundos.

Agora, ademais de medir a túa velocidade lectora, vas comprobar se a túa lectura é efi caz ou non. Le, canto máis rápido mellor, os substantivos das caixas e, deseguido, tápaos cunha folla e subliña os que se repiten na caixa de embaixo.

Velocidade lectora3.1

3.2

mofo leproso auga bágoas rostro muller sortilexiohome orixe pote pel sinal destino coraxe alicerce dor

cantiga cabicha avoa ritmo val ferreiro fi ada larrolo idea baile pandeireta pega illa xeo mar fi ta verme

traizónclanhomerolofi llaillaleprosotolemiacérberairmánetasentenzafendafame

acentoalcumeorixeconserxeadolescentecorpopeladestramentotolovalenteolloaugaalicercepedra

OXFORD | 7

Unha costura no tempo

4ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ESCRITA

A novela trata a problemática da igualdade entre homes e mulleres. Escribe unha refl exión na que expreses a túa opinión ao respecto, intentando comparar a situación actual coa de antano:

Galicia sabe moito sobre o matriarcado porque desde o século XIX ata a segunda metade do XX, a súa poboación estivo a emigrar cara América (s. XIX) e cara Europa (s. XX). Fundamentalmente, emigraban os homes e as mulleres fi caban ao coidado dos fi llos e do fogar. Entre toda a clase, tendes que realizar un debate sobre a igualdade (dereitos, obrigas…) da muller no sociedade actual.

ACTIVIDADES DE CREACIÓN ARTÍSTICA

Estes versos pertencen a unha «Cantiga de amigo» dun xograr galego chamado Mendinho. Ponte no lugar de Ranunca ou Marta e debuxa estes versos con esa carga de dramatismo que se desprende da súa lectura.

Actividades de recreación

4.1

4.2

4.3

Sedia-m'eu na ermida de San Simione cercaron-mi as ondas, que grandes son:eu atendend'o meu amigo,eu atendend'o meu amigo!

E cercaron-mi as ondas, que grandes son,non ei (i) barqueiro, nen remador:eu atendend'o meu amigo,eu atendend'o meu amigo!

Non ei (i) barqueiro, nen sei remar,morrerei fremosa no alto mar.eu atendend'o meu amigo,eu atendend'o meu amigo!

Vocabulario: • Sedia-m’eu: Atopábame• atendend’o: Agardando• ei (i): Hai

8 | OXFORD

Solucións e outras actividades para o docente

1.1

OXFORD | 9

1. ACTIVIDADES DE DOCUMENTACIÓN

Os datos máis salientables sobre a vida e a obra do autor da novela son os seguintes:

Biografía do autor

Xosé Antonio Neira naceu en Santiago de Compostela en 1959. Tras estudar Filoloxía Italiana e Ciencias da Información na súa cidade natal, traballou como redactor na revista Tempos e foi guionista en diversos programas infantís de radio e televisión en Galicia.

Ademais, é un magnífi co divulgador da tradición literaria galega. Para que os nenos e nenas e a mocidade a coñezan, escribiu amenas biografías dos principais escritores da literatura galega como Rosalía, Castelao, Paio Gómez Chariño e Ánxel Fole, entre outros.

Na actualidade, é vicepresidente de GALIX, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil; colabora en diversas publicacións periódicas, como La Voz de Galicia e Galicia Internacional, dirixe a revista de literatura infantil e xuvenil Fadamorgana e é o responsable da colección «Sete Mares» da editorial Galaxia e profesor de Xornalismo na USC. É coordinador da Comisión de desenvolvemento de proxectos do IBBY e membro do Xurado do Premio do IBBY - Asahi Reading Promotion.

Bibliografía do autor

• As cousas claras (2000).Marga visita no hospital a Mon, que se debate entre a vida e a morte. De volta na casa, ten un novo desacordo coa nai, quen, separada e dependente dos tranquilizantes, non atura nin as ideas nin a forma de vestir da fi lla.

• O armiño dorme (2002).A protagonista da obra é Bianca de’Medici, a fi lla ilexítima de Cossimo I de Florencia. A damiña, despois de vivir a súa infancia na aldea da súa nai, é recoñecida polo pai e trasladada á corte ao morrerlle a proxenitora. A aprendizaxe dos xeitos da corte, as intrigas de pazo e, particularmente, un amor secreto, son os principais acontecementos da novela.

• A noite da raíña Berenguela (2005).A vida e o recordo da raíña Berenguela, presente na memoria das xentes, revíveo un ancián para unha nena á que os seus compañeiros de clase marxinan.

• Jan estivo alí (2010).A obra é unha incursión no mundo da arte. A partir do cadro O matrimonio Arnolfi ni, de Jan van Eyck (1434), desenvólvese unha fermosa historia de creación, pintura e testemuño.

Unha costura no tempo

Solucións e outras actividades para o docente

1.2

1.3

10 | OXFORD

A actividade propón á clase facer unha investigación a través dunhas preguntas guiadas, sobre a igualdade entre mulleres e homes na historia. Tómase como punto de partida as loitas «sufraxistas».

Solución: A Revolución Francesa (1789) e as demais revolucións liberal-burguesas expuxeron como obxectivo central a consecución da igualdade xurídica e das liberdades e dereitos políticos. A partir daquel momento, en Europa Occidental e Norteamérica iniciouse un movemento, o feminismo, que loitou pola igualdade da muller e a súa liberación. Durante ese período, o principal obxectivo do movemento das mulleres foi a consecución do dereito de voto. Nacía así o movemento sufraxista.

Un elemento clave constituíuno a incorporación da muller ao traballo durante a Primeira Guerra Mundial para substituír os homes que marcharan ao fronte. A consciencia do seu valor social alentou as súas demandas de dereito de sufraxio.

Nas Cortes Constituíntes de 1931 produciuse o debate parlamentario sobre o sufraxio feminino cun famoso enfrontamento entre a deputada do Partido Radical, Clara Campoamor, unha das principais impulsoras do voto feminino e o seu colega de Esquerda Republicana Vitoria Kent, quen defendeu pospor o recoñecemento do dereito ao voto das mulleres.

O alumnado debe buscar información sobre unha serie de mulleres que foron importantes na historia universal. Deben realizar un resumo de cada unha delas.

Solución:

Eva Perón: Eva Duarte de Perón, Evita Perón, naceu en Los Toldos, Arxentina, en 1919, e morreu en Bos Aires en 1952. Con só dezaseis anos fuxiu a Bos Aires onde casou co coronel Juan Domingo Perón, en 1945. Este mesmo ano, Perón foi destituído dos seus cargos da secretaría de Traballo e da vicepresidencia da nación e confi nado na illa de Martín García.

Daquela, Eva mostrou o seu carisma para conectar cos militares e cos traballadores a favor do seu marido que, unha vez liberado, se alzou coa presidencia tras un rotundo triunfo nas eleccións. Evita non aceptou ningún cargo ofi cial e preferiu impulsar unha política social dende a presidencia dunha fundación que levaba o seu nome.

Olympe de Gouges: pseudónimo de Marie Gouze, foi escritora e política francesa, autora da Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadanía de 1791. O 2 de novembro de 1793, Olympe foi levada perante o tribunal revolucionario sen poder dispoñer de avogado. Foi guillotinada ao día seguinte.

Os seus traballos foron profundamente feministas e revolucionarios. Defendeu a igualdade entre o home e a muller en todos os aspectos da vida pública e privada, incluíndo a igualdade co home no dereito ao voto

Solucións e outras actividades para o docente

1.4

OXFORD | 11

Bertha von Suttner: pacifi sta e escritora austríaca, foi fi lla do conde Kinsky, e casou en 1876 co barón Von Suttner. En 1889 publicou a súa famosa novela pacifi sta Die Waff en nieder! (Abaixo as armas!). En 1905, como recoñecemento ás súas tarefas, recibiu o premio Nobel da Paz. Morreu en 1914, ao pouco de comezar a I Guerra Mundial. Austria conmemorouna recentemente gravando o seu retrato nas acuñacións austríacas da moeda de 2 euros.

Virginia Woolf: Adeline Virginia Stephen, fi lla do biógrafo e fi lósofo Leslie Stephen, naceu en Londres en 1882. Casou co escritor Leonard Wolf. En 1917, ámbolos dous fundaron a editorial Hogarth. As súas primeiras novelas poñen de manifesto a súa determinación por ampliar as perspectivas da novela máis alá do mero acto da narración. Foi unha das primeiras mulleres que se gañaron a vida coa literatura. Converteuse en inspiración e referencia para outras moitas escritoras posteriores.

Dona Emilia Pardo Bazán: naceu na Coruña, no seo dunha familia acomodada na que recibe unha ampla educación de carácter liberal. Dona Emilia é pioneira en case todo: aos nove anos compón os seus primeiros versos e aos quince publica o primeiro dos seus numerosísimos contos. No ano 1873 viaxa a Europa, o que esperta en dona Emilia o interese polos idiomas e a literatura de cada país na lingua orixinal, polo que aprende inglés e alemán de forma autodidacta.

No ano 1880, dona Emilia acepta a dirección da Revista de Galicia. Coa publicación duns comprometidos artigos incluídos en La cuestión palpitante, e trala súa separación matrimonial, dona Emilia sofre duras críticas ás que responde de maneira dura e audaz.

En 1892 funda e dirixe a Biblioteca de la Mujer, ofrecendo aos lectores unha colección de obras clave para o feminismo. Consciente do sexismo dentro dos círculos intelectuais, tentou entrar na Real Academia Española de la Lengua en tres ocasións, pero non o conseguiu.

María Teresa León: naceu en Logroño en 1903 e a súa tía foi a primeira muller en España que obtivo un doutorado en Filosofía e Letras e impartiu clases na universidade española.

Escribe no Diario de Burgos baixo o pseudónimo da heroína de D’annunzio, Isabel Inghirami. En 1929 ao coñecer a Rafael Alberti rompe o seu matrimonio e escápanse a Mallorca e casan polo civil en 1932. Foi secretaria da Alianza de Escritores Antifascistas e fundou a revista El Mono Azul. Trala derrota republicana marchan ao exilio. O 27 de abril de 1977 volven a España, pero María Teresa perde a memoria e non recoñece os seus amigos, e así falece no ano 1988.

O alumnado debe procurar tres mulleres da súa contorna ás que consideren merecentes dun lugar na historia. Debe escribir un resumo de cinco liñas explicando os motivos.

Solución: suxírense os seguintes nomes de mulleres galegas que poderían ser retratadas polo alumnado: Rosalía de Castro, María Pita, La Bella Otero, Concepción Arenal, Maruja Mallo, María Casares, María Mariño e Sofía Casanova, entre outras. O seguinte enderezo de internet ofrece información relevante para elaborar esta pregunta:

» http://www.culturagalega.org/album/

Unha costura no tempo

2.2

2.3

Um

Rolga

Ranunca

Rae

Ruma

Rulia

Sinda

Carmiña

Tomás

Marta

12 | OXFORD

Solucións e outras actividades para o docente

2. ACTIVIDADES DE COMPRENSIÓN

O alumnado deberá completar a árbore xenealóxica segundo o lido na novela.

Solución:

2.1

O alumnado deberá completar estoutra árbore xenealóxica segundo o lido.

Solución:

Ao longo da novela, unhas veces de forma explícita e outras implícita, o autor vai dando datos sobre estas mulleres. O alumnado terá que responder de forma adecuada ás características deste clan.

Solución:

• Iniciadas: caste de mulleres que pretendían o control absoluto dos burgos (sociedade tribal), utilizando o home só como obxecto reprodutor (semental).

• Sometidas: xeralmente non tiñan familia: repudiadas por pais, irmáns e homes, os fi llos eran infrecuentes entre elas, agás que os buscasen denodadamente. A soidade era o seu cruel destino.

• Cérberas: as máis desapiadadas das iniciadas. Encargábanse de «animalizar» os homes e custodialos. Eran as gardas da orde e de impediren calquera fenda na estrutura do matriarcado.

O alumnado deberá marcar a cela correspondente segundo as sentenzas que se lle dan.

Solución: A – Falsa; B – Falsa; C – Falsa; D – Verdadeira; E – Verdadeira; F – Falsa.

2.4

Solucións e outras actividades para o docente

OXFORD | 13

O alumnado terá que explicar o signifi cado dunhas frases feitas.

Solución: 1. O tempo vai moi rápido e a rapazada medra sen que apenas nos decatemos; 2. O arrimo consiste en bailar agarradiños e así van entrando os desexos do amor carnal; 3. Sempre está atinado nos seus dicires. É unha ironía; 4. Permite que as cousas sigan o seu camiño; 5. Madurecer antes de tempo.

3. VELOCIDADE LECTORA

O alumnado lerá o texto dúas veces e cronometrará o tempo da lectura. O texto seleccionado ten 138 palabras.

Solución: resposta libre.

O alumnado lerá os substantivos que aparecen en ámbalas dúas columnas coa maior velocidade posible, tapará cunha folla os dous cadros e pasará a seleccionar as palabras que se repiten na caixa de embaixo.

Solución: alicerce, illa, leproso, orixe, pel, rolo.

4. ACTIVIDADES DE RECREACIÓN

Actividades de expresión escrita

O alumnado debe refl exionar por escrito sobre que entende e opina da igualdade entre homes e mulleres.

Solución: actividade libre.

Actividades de expresión oral

Os alumnos teñen que realizar un debate sobre a igualdade da muller no sociedade actual.

Solución: actividade libre. Cómpre que o profesorado se encargue de relacionar Galicia-emigración-matriarcado, coa fi n de que o alumnado comprenda que a muller nunca tivo as mesmas oportunidades que o home e que, en casos incontables, tivo que asumir o papel de única educadora na formación dos fi llos. Este foi, polo tanto, un dos primeiros exemplos da desigualdade da muller.

Actividades de creación artística

O alumnado tratará de representar a través do seu debuxo o dramatismo que se desprende dos versos de Mendinho.

Solución: actividade libre. Un bo recurso, previo á actividade é volver ao capítulo 8 do libro e ler ata a páxina 142, os momentos angustiosos polos que vai pasar Ranunca ata acceder á illa. Deste xeito, se preparará ao alumnado para trocar ese dramatismo en debuxo.

3.1

4.3

4.2

4.1

3.2

2.5

Unha costura no tempo

Do libro a…

14 | OXFORD

1. OUTROS LIBROS

Poderosa. Diario dunha rapaza que tiña o mundo na manKLEIN, Sergio. Vigo: Xerais, 1999.Joana Dalva vive cos seus pais, cun irmán pequeno e coa súa avoa, que pasa os días na cama sacando a pintura da parede coas unllas e que non se decata do que pasa ao seu redor. Este é o ambiente no que vive unha rapaza que soña con ser escritora.

Quen matou a Inmaculada da Silva?MAYORAL, Marina. Vigo: Xerais, 2005Etelvina de Silva, orfa de nacemento, descubre a súa vocación literaria na casa das súas tres tías avoas. Axudada pola súa curmá Catara e por Juancho, un compañeiro do instituto con ansias de artista do que se namora, acometerá unha investigación no seu pasado familiar.

La ciudad de las damas (en castelán)DE PIZÁN, Cristina. Madrid: Siruela, 1995.Libro no que a autora escribiu, en 1405, argumentos para descargar a súa indignación e rebater a aqueles que na súa época pretendían demostrar a natureza non moral das mulleres.

2. FILMES

Te doy mis ojosIcíar Bollaín (dir.). La iguana y Alta Producción. España, 2003 (106 min).Cinta na que se retrata a crueza do maltrato machista. Laia Marull e Luis Tosar compoñen una parella interpretativa estupenda.

Las horasStephen Daldry (dir.). Paramount Pictures y Miramax. EEUU, 2002 (114 min.)A historia transcorre nun mesmo día e trata sobre tres mulleres en diferentes tempos e xeracións, cunhas vidas que se conectan entre si a través da novela de Virginia Woolf: Mrs. Dalloway.

OrlandoSally Potter (dir.). Coprodución Francia, Holanda, Italia, Reino Unido, Rusia, 1992 (93 min).Baseada na novela de Virginia Woolf, conta a historia dunha viaxe a través do tempo dunha persoa que vive 400 anos, primeiro como home e logo como muller.

3. ENDEREZOS WEB

» www.fkahlo.com Páxina ofi cial que recolle a vida e obra da pintora mexicana.

» http://www.inmujer.migualdad.es/mujer/mujeres/igualdad/index.htm Páxina do Instituto da Muller.

Competencias básicas e interdisciplinariedade

OXFORD | 15

Contribución ao desenvolvemento das competencias básicas

Competencia Actividades para traballala

Competencia en comunicación lingüística 1.1, 1.3, 2.4, 2.5, 3.1, 3.2, 4.1 e 4.2

Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico 1.3, 1.4, 2.3, 4.1 e 4.2

Tratamento da información e competencia dixital 1.1, 1.2, 1.3, 1.4, 4.1 e 4.2

Competencia social e cidadá 1.2, 1.3, 1.4, 4.1 e 4.2

Competencia para aprender a aprender 1.1, 1.4 e 2.5

Autonomía e iniciativa persoal 1.4, 3.2 e 4.1

Competencia cultural e artística 1.2, 1.3, 1.4, 4.1 e 4.3

Interdisciplinariedade

Área Actividade coa que se pode relacionar

Ciencias Sociais, Xeografía e Historia 1.2, 1.3, 1.4, 2.1, 2.3, 4.1 e 4.2

Lingua castelá e Literatura 1.3, 1.4, 2.5 e 4.3

Educación plástica e visual 4.3

Sobre os autores do CDLFuco Paz Souto é especialista en Lingua e Literatura Galega e imparte clases nun centro escolar

na Coruña. Leva varios anos participando en proxectos de Animación á Lectura, creando e deseñando actividades para fomentar o hábito lector entre o público infantil e xuvenil.

José Javier Pintor Elizalde é profesor de Lingua e Literatura Española de Secundaria. Na actualidade traballa como asesor de formación de profesores no ámbito lingüístico e imparte docencia no curso de Especialización didáctica en Lingua e Literatura da Universidade da Coruña.

1Parque Empresarial San Fernando, Edificio Atenas

28830 San Fernando de Henares (Madrid)

Oxford University Press é un departamento da Universidade de Oxford. Como parte integrante desta institución, apoia e promove en todo o mundo os seus obxectivos de excelencia

e rigor nos eidos da investigación, erudición e educación, mediante a súa actividade editorial en:

Oxford Nova York Auckland Cidade do Cabo Dar es Salam Hong Kong

Karachi Kuala Lumpur Madrid Melbourne México D. F. Nairobi Nova Delhi Xangai Taipei Toronto

Con oficinas en Arxentina Austria Brasil Chile Corea do Sur Francia Grecia

Guatemala Hungría Italia Xapón Polonia Portugal República Checa Singapur Suiza Tailandia Turquía Ucraína Vietnam

Oxford e Oxford English son marcas rexistradas de Oxford University Press. Oxford EDUCACIÓN é unha marca rexistrada en España por Oxford University Press España, S.A.

Material para o profesorado para o traballo na aula dos libros da colección «A árbore da lectura» elaborado segundo o proxecto editorial de Oxford Educación,

que foi debidamente supervisado e autorizado.

Publicado en España por Oxford University Press España, S. A.

© Desta edición: Oxford University Press España, S. A., 2010

Todos os dereitos reservados. Non está permitida a reprodución total ou parcial deste libro, nin o seu tratamento informático, nin a retransmisión de ningunha forma por calquera medio, xa sexa electrónico, mecánico,

por fotocopia, por rexistro e outros métodos, sen o permiso previo e por escrito dos titulares do copyright.

Oxford University Press España, S.A. concede permiso ao profesorado que empregue os materiais de Oxford EDUCACIÓN para reproducir as páxinas que aparezan na indicación mAtErIAl fOtOCOpIAblE © Oxford University Press España, S. A.

Oxford University Press España, S. A. non fai de seu os contidos das páxinas web pertencentes ou xestionadas por terceiros, ás que se acceda a través de calquera enderezo web citado nesta publicación. Polo tanto, exclúese calquera

responsabilidade polos danos e prexuízos de toda clase que se puider derivar do acceso ás devanditas páxinas ou contidos.

As cuestións e solicitudes referentes á reprodución de calquera elemento deste libro, fóra dos límites anteriormente expostos, deben dirixirse ao Departamento Editorial de Oxford University Press España, S.A

ISBN: 978-84-673-5445-4

tExtO Fuco Paz Souto e José Javier Pintor Elizalde

COOrDINACIÓN DO prOxECtO EDItOrIAlMari Cruz Delgado Almansa

EDICIÓNBrubim Ediciones

COOrDINACIÓN GráfICAPurificación Fernández López

DEsEñO Ana María Sánchez Santiago Mosquera

mAqUEtACIÓNPila Iglesias

IlUstrACIÓNMiguel Ordóñez

DOCUmENtACIÓN GráfICABelén Santiago Fondón Ángel Somolinos Estévez