Caderno de Mitoloxía

40
CADERNO DE MITOLOXÍA IES DE MELIDE. DPTO DE GREGO CULTURA CLÁSICA. 2º CICLO DE ESO ALUMN@:

description

Caderno de mitoloxía para 2º ciclo de ESO, con imaxes mitolóxicas da Historia da Arte

Transcript of Caderno de Mitoloxía

Page 1: Caderno de Mitoloxía

CADERNO DE MITOLOXÍAIES DE MELIDE. DPTO DE GREGO

CULTURA CLÁSICA. 2º CICLO DE ESO○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

ALUMN@:

Page 2: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 2

CONCEPTO DE MITO

¿Que é para ti un mito?

Observa as seguintes fotografías de personaxes famosos e escribe o seu nomedebaixo, se o sabes, e a que se dedican ou dedicaron. ¿A cales deles considerasmitos e por que?

Definición de mito e mitoloxía clásica

¿Cal era a función do mito clásico?

Page 3: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 3

Le con atención os seguintes textos extrahídos da Cosmogonía, obra do poetagrego Hesíodo (s. VII a.C.), que tratan da orixe do mundo segundo a mitoloxíagrega

O primeiro que existiu foi o Caos1 .Despois Xea, a Terra, sede sempre de todos osinmortais que habitan o nevado cumio do Olimpo,e o tenebroso Tártaro2 alá nas profundidadesda Terra. Por último naceu Eros, o máis fermosoentre os deuses inmortais, que afrouxa os membrose engaiola o corazón e a vontade de todos osdeuses e todos os homes.

Do Caos naceron Érebo3 e a negra Noite,e da Noite naceron á súa vez o Éter4 e o Día.

Xea xerou en primeiro lugar ó estreladoUrano coas súas mesmas proporcións, para que acubrira por todas partes e fora unha sede felizpara os deuses. Tamén deu a luz ás grandesMontañas, pracenteiras moradas das deusas, asNinfas que habitan as montañas cheas desendeiros. Ela xerou tamén ó estéril mar deaxitadas ondas, o Ponto5 , sen ter relación convarón.

Logo Xea uniuse a Urano e deu a luz aOcéano6 de profundos remuíños, a Ceo, Crio,Hiperión, Xapeto, Tea, Rea, Temis, Mnemosine,Febe de dourada coroa e a amable Tetis. Despoisdeles naceu o máis novo, Cronos, de menteretorcida, o máis terrible dos fillos e concibiuodio contra o seu vigoroso pai.

Deu a luz, ademais ós cíclopes, de corazónsoberbio [...]. Estes eran en todo semellantes ósdeuses, pero no medio da fronte tiñan un so olloredondo. Vigor, forza e enxeño había nas súasobras.

Aínda de Xea e Urano naceron outros tresfillos, poderosos e fortes: Coto, Briareo e Xixes,fillos cheos de soberbia.Dos seus ombreiros saíanimpetuosos cen terriblesbrazos e cada un cincuentacabezas lle nacían dosombros, sobre os membrosrobustos. Unha forzainesgotable e poderosahabía na súa corpulentafigura.

En efecto, cantosnacían de Xea e Urano,fillos formidables, ían sendoodiados polo seu pai dendeo principio. E a medida queían nacendo, íaos ocultandoa todos no seno de Xea e nonos deixaba saír á luz. EUrano compracíase na súamalvada acción. A inmensa

Xea no seu interior xemía e sentíndose cheameditou unha enganosa e cruel artimaña. Forxouunha fouce enorme e deu instruccións ó seus fillose díxolles animándoos, anque aflixida no seucorazón:

“¡Fillos meus e dun pai malvado! Sequeredes obedecerme, vingarémonos da cruelaldraxe do voso pai; pois foi o primeiro en matinarinfames accións.”

Así dixo e apoderouse de todos o medo eningún falou. So despois, o gran Cronos, de menteretorcida cobrou ánimo e respondeulle á súa naicon estas palabras:

“Nai, eu podería encargarme destaencomenda xa que nada me importa do noso paide nome funesto, pois el foi o primeiro en matinarobras indignas.”

Así falou e a enorme Xea alegrouse moitono seu corazón. Colocou a seu fillo en ocultaemboscada. Puxo nas súas mans a afiada fouce einstruíno en todo o engano. Chegou o poderosoUrano traendo con el a noite, estendeuse en tornoá Terra, desexoso de amor, e cubriuna porcompleto. O fillo dende o escondedoiroalcanzouno coa man esquerda, coa dereita colleua enorme e afiada fouce e nun instante cortou osxenitais do seu pai e arroxounos tras de si paraque se dispersasen. Aqueles non escaparoninutilmente da súa man. Pois unhas cantas gotasde sangue pingaron e todas as recibiu Xea e notranscurso deu a luz ás poderosas Erinias7 e óscorpulentos xigantes que resplandecen coas súasarmas [...]

En canto ós xenitais, tanpronto como os cortou co aceiroe botounos lonxe da terra firme,ó ponto batido polas ondas, foronmoito tempo transportados polomar.

En torno, unha brancaespuma saía da pel inmortal. Enmedio dela formouse unhadoncela. Primeiro acercouse ádivina Citera8 e dende alídirixiuse a Chipre rodeada deondas. De alí saíu a terra avenerable e fermosa deusa, e opaso dos seus pes delicados íamedrando a herba. A ela os homese os deuses chámana Afrodita,porque naceu da escuma, eCiterea, porque primeiro dirixiusea Citera.

1. COSMOGONÍA: A ORIXE DO MUNDO

Page 4: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 4

O reinado de CronosRea, cativada por Crono, deu a luz ilustres

fillos: Hestia, Deméter, Hera de douradassandalias, o poderoso Hades que ten as súasmoradas baixo terra e posúe uncorazón implacable, o resoantePosidón e o prudente Zeus, pai dedeuses e homes, que co seu tronofai fai tremer a espaciosa terra.

A estes tragábaos Cronotan pronto saían do ventre da súanai, pois sabía que, aínda que foseforte estáballe destinadosucumbir a mans do seu propiofillo. Así devoraba ós seus fillos eRea tiña unha dor infinita.

Pero cando estaba a puntode dar a luz a Zeus, suplicou ósseus pais, Xea e o estrelado Urano,que prepararan un plan para quepuidera dar a luz a escondidas evingarse de Crono.

Eles enviárona a Creta etan pronto como deu a luz, Reaescondeu a Zeus nunha cavernainaccesible nas entrañas da divinaterra. Despois de envolver unhagran pedra en cueiros, déullela ó soberanoUránida9 , primeiro rei dos deuses. El colleuna coassúas mans e comeuna, ¡infeliz!, sen decatarse quedeixaba ó seu fillo sen dano e que pronto,vencéndoo coa súa forza e as súas mans, ía adespoxalo do poder e reinar entre os inmortais.

Pasado un tempo, Zeus medrourapidamente e mediante o engano e a forza fixovomitar a Cronos a súa prole10 . Primeiro vomitou apedra, o último que engulira. Zeus fixouna nasagrada Pitia, nos vales ó pe do Parnaso,monumento para a posteridade, marabilla para oshomes mortais.

TitanomaquiaLogo liberou das dolorosas cadeas os

irmáns do seu pai, ós Hecatonquiros e Cíclopes, aquen seu pai encadeara na súa tolemia.

Os Hecatonquiros, Cíclopes, Zeus e osseus irmáns declaráronlle a guerra a Cronos e ósseus irmáns, os Titáns11 . Os Cíclopes déronlle aZeus o lóstrego e o raio, a Posidón o tridente e aHades o casco que o facía invisible. OsHecatonquiros coas súas trescentas mansarroxaban enormes rocas contra os Titáns. Avictoria para os olímpicos non tardou en chegar eZeus converteuse no novo rei da xeración dosdeuses. Crono e os seus irmáns foron encadeadose arroxados ó Tártaro, baixo a vixilancia dosHecatonquiros.

XigantomaquiaXea, que vía con desgusto o castigo

imposto por Zeus ós Titáns, incitou ós Xigantespara que se rebelasen contra os deuses. Os

xigantes eran seres enormes con granforza, con cen cabezas de serpespor cabelos e cola de dragón.Atacaron ós deuses con fachosprendidos, chuvia de rochas eárbores ardendo. A terra resoouhorriblemente, o ancho ceo arriba, oponto, as correntes do Océano e asprofundidades da terra. O altoOlimpo tremía baixo os seus inmortaispes, cando os Xigantes se levantabane a terra xemía.

Combateron Posidón , Apolo,Hefesto, Dioniso e, sobre todo,Atenea. Esta, nada máis nacer armadada cabeza do seu pai Zeus, matou oxigante Palante e combateu ó lado doseu pai Zeus. Como as Moiras12

prediciran que só gañarían osOlímpicos se un mortal se lles unía naloita, uníuselles Heracles e un trasoutro os xigantes caeron derrotados.

A creación dos homesHoubo un tempo no que só existían deuses

inmortais e ningún mortal poboaba a terra. Entónpensaron os deuses en crear seres que a poboaran.

Zeus encargou os fillos do Titán Xapeto,ó astuto Prometeo e ó torpe Epimeteo, que crearancriaturas terreais dotadas de gracia e forza.Prometo moldeou ós homes de barro. Epimeteorogou ó seu irmán que lle permitise facer o reparto.Deste xeito doou a beleza a un animal, a outro apotencia, a outro fíxoo pequeno, pero veloz, aoutro grande e a outro sagaz. Pero non sendo tansabio coma o Prometeo, ofreceu todos os donspara os animais, deixando ós homes para o final.En consecuencia o home quedou un, indefenso esen arma algunha.

PrometeoPrometeo, o amigo do home, vendo a

inxustiza cometida, pediu a deusa Atenea que llesinsuflase a vida e a sabedoría e entregou ó homea lóxica.

Prometeo, ademais, roubou o lume do raiode Zeus para favorecer ós mortais, polo que Zeus,temendo que con tantos dons os humanos foransuperiores ós deuses, castigouno severamenteencadeándoo a unha rocha do Caúcaso, dondetodas as mañás chegaba un aguia que lle roía ofígado. Pola noite medráballe o fígado de novo eo día seguinte a aguia volvía a cumprir coa súacruel tarefa. Trinta anos máis tarde Heraclesliberou a Prometeo deste suplicio.

Page 5: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 5

A creación da mullerPero Zeus decidiu tamén castigar os

mortais a cambio do lume. Pois o ilustre Patexo13

modelou con terra unha imaxe parecida a unhacasta doncela por vontade do Crónida.14 Atenea,de ollos de curuxa, colocoulle un ceñidor eadornouna cun manto de resplandecentebrancura; e lle puxo na cabeza un veloartisticamente labrado coas súas mans, unhamarabilla de ver. Na súa cabeza, o ilustreHefesto puxo unha coroa de ouro que el mesmoforxara, para agradar ó seu pai Zeus.

Logo levouna a donde estaban os outrosdeuses e homes e un estupor apoderouse delescando viron o profundo engano destinado óshomes. Pois dela descende a funesta liñaxe dasmulleres, gran desgracia para los mortais. Cadaun dos deuses outorgoulle unha gracia, polo querecibiu o nome de Pandora, que significa “todosos dons”; anque Hermes outorgoulle a mentira eo carácter voluble.

Zeus ordenou a Hermes que a levasecomo presente a Epimeteo. E anque seu irmánPrometeo lle dixera que nunca aceptase un regalode Zeus, senón que o devolvera de novo paraevitar que fose prexudicial para os homes;Epimeteo aceptouna como muller.Os deuses tamén entregaran unha caixa seladaa Pandora, que non debía abrir se quería que os

homes vivisen felices. Pero, non podendo resistira curiosidade, quitou a tapa e todos males edesgracias para os mortais saíron. So quedoudentro a esperanza como consolo para os homes.

NOTAS1 Caos: personificación do Baleiro que había nomundo antes da creación.2 Tártaro: zona por debaixo dos Infernos, ondeestaban os cimentos do universo.3 Érebo: as tebras do inferno.4 Éter: o ceo superior, onde a luz é máis pura. Aquímoraban os deuses.5 Ponto: nome poético do mar.6 Enumeración dos seis Titáns e seis Titánides.7 As Erinias eran as divinidades da maldición evinganza nos delitos de sangue.8 Citera: Illa ó sur do Peloponeso, non moi lonxe deCreta.9 Uránida: fillo de Urano, Cronos, neste caso.10 prole: descendencia, fillos11 algúns Titáns estiveron de parte dos deuses,como Prometeo, fillo de Xapeto12 Moiras: deusas do destino, As Parcas dosromanos. Para os antigos, o destino estaba por ribados deuses.13 o ilustre Patexo era Hefesto, pois quedou coxocando, ó nacer, a súa nai Hera o arroxou á terra porvelo demasiado feo.14 Crónida: fillo de Cronos. Anque eran seis os fillos, oepíteto “Crónida” case sempre se refire a Zeus.

Explica os apartados a), b), c), d) e e) e coas súas imaxes relativos a orixe domundo. Identifica os autores, se é posible.

1. Completa o seguinte cadro xenealóxico dos deuses seguindo o texto deHesíodo (s. VII a. C.)

a) Loitas polo poder: Titanomaquia, xigantomaquia.

Xenealoxía dos deuses

------(6 ----- e 6 ----------)

Cronos & Rea

----------Tiñan 100 brazos

------(tiñan un so ollo)

----------(Nacidos do sangue da

ferida de Urano)

-------(nacidas do sangue de Urano)

------nacida dos xenitais de Urano

---------únese a Xea

Xea Tártaro Érebo Noite

Caos

Page 6: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 6

b) Prometeo e a creación do home

Page 7: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 7

c) Creación da muller e consecuencias.

d) O diluvio

Despois de ler na clase os textos da Biblia do libro da Xénese, relativos a orixe domundo segundo a tradición xudeo-cristián, comenta as semellanzas e diferencias coamitoloxía clásica. Comenta, sobre todo, a orde de aparción na creación e o papel damuller.

Semellanzas Diferencias

Page 8: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 8

2. Os doce deuses olímpicos

Trata de recoñecelos e, se é posible, identifica as obras de arte que os representan. Completa osseguinte datos: Nome grego e romano, atributos (ou emblema), que protexen ou gobernan, principaiscaracterísticas psicolóxicas ou físicas.________ (grego), ________ (romano) ________ (grego), ________ (romano)

________ (grego),________ (romano)

________ (grego),________ (romano)

Atributos ou emblema: Atributos ou emblema:

Atributos ou emblema: Atributos ou emblema:

________ (grego),________ (romano)

________ (grego),________ (romano)

Atributos ou emblema: Atributos ou emblema:

Page 9: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 9

________ (grego),________ (romano)

________ (grego),________ (romano)

Atributos ou emblema: Atributos ou emblema:

________ (grego),________ (romano)

________ (grego),________ (romano)

Atributos ou emblema: Atributos ou emblema:

________ (grego),________ (romano)

________ (grego),________ (romano)

Atributos ou emblema: Atributos ou emblema:

Page 10: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 10

Xea(O Ceo)

Zeus

Hades

Cadro xenalóxico: indica o parentesco dos principais deuses olímpicos cubrindo estecadro. Pon debaixo o nome romano entre parénteses.

Comenta as seguintes imaxes tratando de indentificar o maior número depersonaxes:

Page 11: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 11

3. Amantes de ZeusZeus era un gran seductor de deusas, mulleres e incluso homes. Para elo gostaba moito de transformarseen animais ou fenómenos atmosférico. Na seguintes imaxes identifica as súas unións explicando a súametamorfose (transformación) e a súa descendencia, axudándote das pistas. Identifica algún dosautores das obras, se é posible.

Zeus Leto (Latona):

Zeus Alcmena:

Zeus Metis:

Zeus Eurínome:Zeus Mnemosine:

Zeus Temis:

Zeus Maia:

Emblema da súaamante-esposa

Zeus

Semele Zeus

Zeus, transformadoen néboa

Zeus, transformadoen chuvia de ouro

ZeusSinala a descendencia destas unións:

Page 12: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 12

4. Divinidades menores e seres míticos.Identifícaas e di de que se ocupan.Indica os autores das obras, se é posible.

As_________ ou Gracias

As _____ ou Parcas

______ ou ______(nome grego e romano)

As nove musas

Hestia ou _____ (nome grego e romano)

_________ ou Furias

Page 13: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 13

Pan Sátiros ou________

Ninfas Centauros

Quimera Pegaso

Page 14: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 14

5. O Hades, o mundo dos infernos.Identifica personaxes, deus que o gobernaba, os castigos máis famosos. Se recoñeces o autor dalgunhaimaxe anótao.

Page 15: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 15

6. a) Resume o rapto de Perséfone e explica que pode significar.

b) ¿Coñeces algún outro mito relacionado co regreso á terra ou resurreción namitoloxía grega ou noutras mitoloxías ou relixións? Relaciona as explicacións.

Page 16: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 16

7. Heracles (Hércules)Busca algún personaxe bíblico que teña semellanzas con el. Describe mediante as imaxes como foi oseu nacemento. ¿Que atributos o caracterizan?. Seguindo as imaxes, indica por que tivo que realizaros doce traballos e menciona os que falten. Como rematou a súa vida.

Page 17: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 17

Cando Heracles regresou a Grecia dendeIberia co gando de Xerión fixo unimportante traballo nesta terra ¿cal?

Nesta mesma viaxe, Heracles decidiuregresar polo norte, polas costa de Iberia e aGalia. Segundo a tradición, nestes lugaresaxudou ós homes con diferentes construccións¿Poderías citar algunha próxima a nós?

Page 18: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 18

8. Teseo e o ciclo cretenseExplica a orixe do Minotauro, a famila de Minos, as orixes de Teseo, o papel de Ariadna. Se recoñecesalgún autor destas representacións anótao.

Page 19: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 19

9. OrfeoExplica as principais características deste heroe diferente: a súas orixes, feitos principais da súavida e morte.

¿Coñeces algunha obra musicalrelacionada con este mito?

Completa a historia do ciclo Troaiano co mito de Dédalo e Icaro

Page 20: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 20

10. Xasón e os Argonautas Explica cal era a misión da expedición á Cólquide, quen eran os Argonautas e por que se chamaban así, asescenas da viaxe nas imaxes, as fazañas de Xasón, o papel de Medea e a súa relación con Xasón. Sinala nomapa os puntos de partida e chegada. Se recoñeces o autor dalgunha obra anótao.

Page 21: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 21

Page 22: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 22

11. PerseoExplica as súas orixes e nacemento, a misión que tivo que realizar, o encontro con Andrómeda.

Page 23: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 23

12. Edipo de TebasExplica o seu nacimento, que oráculo pesaba sobre el e se cumpriu ou non. Cal foi o seu final e asorte dos seus fillos.

As seguintes obras dramáticas tratan o tema de Edipo e a súa familia. Di quenfoi o seu autor ou autores, e moi brevemente o seu asunto.

Edipo Rei

Edipo en Colono

Antígona

Os sete contra Tebas

Page 24: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 24

13. A guerra de Troia:Explica causas e orixe seguindo as imaxes.

Sinala quen eran os Atridas e fai un cadro xenealóxico da súa familia.

Page 25: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 25

Completa a seguinte táboa colocando na cadro o personaxe que corresponda coas súas características.Ten en conta que os nomes propios rematados en –ida significan «Fillo de...» (Ex: Crónida, fillo deCronos)Personaxes: Anquises, Néstor, O Gran Aiax , Astianacte, Agamenón, Helena, Ifixenia, Glauco, Odiseo (Ulises),Hécuba, Sarpedón, Menelao, Patroclo, Idomeneo, Andrómaca, Paris, Penélope, Ascanio ou Xulo, O Pequeno Aiax,Eneas, Diomedes, Clitemnestra, Aquiles, Casandra, Helena.

Bandos  GREGOS (Europa)  TROIANOS (Asia) Outros nomes 

Helenos, Aqueos, Arxivos, Dánaos, Micénicos 

Dárdanos, Frixios, Teucros 

Deuses  partidarios 

Atenea, Hera  Afrodita, Apolo 

Heroes  Sobrenomes/caract.  Heroes  Sobrenomes/caract.   Atrida, rei de Micenas 

soberano supremo   rei de Troia 

  esposa de Agamenón    esposa de Príamo   filla  de  Agamenón 

sacrificada   Priamida,  sucesor  de 

Príamo   Atrida, rei de Esparta    esposa de Héctor   fermosa  esposa  de 

Menelao   fillo de Héctor 

  Pélida,  o  dos  pes lixeiros 

  raptou a Helena 

  amigo de Aquiles    filla  de  Príamo, profetisa 

  ancián conselleiro    Aliado de Licia   Tidida    licio,  enfrontouse  a 

Diomedes   Laertíada,  famoso 

pola súa intelixencia   Escapou  da 

destrucción  de  Troia cara Italia 

  esposa de Ulises    pai de Eneas   o  grande,  fillo  de 

Telamón   fillo de Eneas 

  o  pequeno,  fillo  de Oileo 

   

HEROES/ PERSONAXES 

  Rei de Creta     

Fai un cadro xenealóxico dos membros da familia de Príamo que aparecen nestatáboa.

Page 26: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 26

A Ilíada de Homero cóntanos feitos xa case ó final da guerra e céntrase na «ira» deAquiles. Averigua que lle pasou a este heroe con Agamenón e como influíu este incidentena guerra, explicando as imaxes.

¿Quen era Patroclo e cal foi o seu papel na Ilíada? ¿como reaccionou Aquiles ante asúa morte?. Explica as imaxes.

Explica a infancia e mocidade de Aquiles seguindo as imaxes.

Page 27: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 27

¿Quen era Héctor? ¿Quen era a súa muller? ¿Cal é o seu final? Explica as imaxes.

Page 28: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 28

¿Quen era Príamo?¿Cal foi o seu papel na Ilíada? Explica as imaxes.

Explica o final da guerra de Troia e cal foia a sorte dos vencidos. Explica asimaxes.

Page 29: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 29

14. A Odisea: o regreso de Ulises¿Cal era o reino de Ulises e en que situación estaba desde que el marchara á guerra de Troia? Explicaas actitudes da súa muller e fillo seguindo as imaxes.

Fíxate no seguinte mapae seguindo as imaxes vaiexplicando o percorridode Ulises e as súasaventuras ata chegar aItaca.

Page 30: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 30

Lestrigóns (Telépilo)Illa de Eolo

Page 31: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 31

Page 32: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 32

Cando por fin Odiseo consigue chegar á súa patria, e axudado por Atenea para podermatinar un plan de vinganza. Explicáo, seguindo as imaxes.

O recoñecemento. Explica as imaxes

O final. Explica as ilustracións.

Page 33: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 33

15. A Eneida: a viaxe de EneasExplica as súas orixes, a súa fuxida de Troia, a súa misión e viaxes.

Encontro con Dido ¿cal era o reino de Dido? ¿Como acabou este romance e que repercusiónstivo para os romanos?

¿Coñeces algunha obra musical inspirada nestemito?

Eneas ofrece un sacrificio para dar gracias polasúa chegada ó seu destino ¿Cal era?

Page 34: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 34

16. Tenta recoñecer as seguintes escenas e/ou personaxes que nelas se representan eexplícaas. Se recoñeces o autor, anótao.

Page 35: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 35

APUNTAMENTOS(Podes repasar aquí os emblemas dos principais deuses olímpicos)

Page 36: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 36

APUNTAMENTOS

Page 37: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 37

APUNTAMENTOS

Page 38: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 38

MAPA DO MUNDO MEDITERRÁNEO

Page 39: Caderno de Mitoloxía

Mitoloxía Páx. 39

MAPA DA ANTIGA GRECIA

Page 40: Caderno de Mitoloxía

BIBLIOGRAFÍA (todos os libros están na biblioteca do instituto)- Robert Graves, Mitos da Antiga Grecia. ed. Xerais, (Serie Xabarín, nº 42), Vigo 1.989- Giovanni Caselli, El viaje de los Argonautas. (Con mapa despregable no interior)- A Biblia (signatura 22)- Diccionarios de Mitoloxía na biblioteca (signatura 292)- Marcia Williams. Los mitos griegos- Marcia Williams La Ilíada y la Odisea- La Caja de Pandora- Colección “El sendero de los mitos” (Mirar cada título concreto)

- Páxinas Web:- http://aspasiamelide.blogspot.com- Presentacións en Power Point: http://www.slideshare.net/susanalosada- http://www.chironweb.org/- http://www.culturaclasica.com/-LABYRINTHUS:http://www.xtec.cat/~sgiralt/

- www.culturaclasica.net- www.artehistoria.com- Los Secretos de Argos: http://sogradargos.blogspot.com/- Wikipedia....