Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións...

46

Transcript of Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións...

Page 1: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no
Page 2: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017 Abril de 2018

Elaboración: Secretaría de Saúde Laboral e Gabinete Técnico Económico

Page 3: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

ÍNDICE

PRESENTACIÓN ......................................................................................................................................... 5

INTRODUCIÓN ........................................................................................................................................... 7

ACCIDENTES DE TRABALLO

1. Accidentes de traballo con baixa .................................................................................................11

Por gravidade e sexo ..................................................................................................................12

Por grupos de idade e sexo .....................................................................................................13

Por sectores de actividade e gravidade .............................................................................15

Por antigüidade na empresa...................................................................................................16

Segundo o cadro de persoal da empresa ...........................................................................16

Por tipo de contrato ...................................................................................................................17

Por provincias ..............................................................................................................................18

Por comunidades autónomas.................................................................................................18

Accidentes mortais en xornada laboral .............................................................................20

2. Accidentes de traballo “in itinere” ..............................................................................................22

3. Accidentes sen baixa en xornada laboral .................................................................................23

ENFERMIDADES CAUSADAS POLO TRABALLO

1. Enfermidades causadas polo traballo ........................................................................................27

1.1 Enfermidades profesionais..........................................................................................................28

1.1.1. Partes comunicados de enfermidades profesionais .....................................................28

Por sexos e grupos de idade ...................................................................................................29

Por rama de actividade .............................................................................................................30

Por grupo de enfermidade ......................................................................................................31

Por provincias ..............................................................................................................................33

Clasificación por comunidades autónomas ......................................................................34

1.1.2. Partes pechados como enfermidade profesional con baixa ......................................35

Por sexo ...........................................................................................................................................35

Por grupos de idade ...................................................................................................................36

Por grupo de enfermidades profesionais ..........................................................................37

Por rama de actividade .............................................................................................................37

1.1.3. Sistema de alertas .......................................................................................................................38

1.2. Patoloxías non traumáticas ........................................................................................................40

Por sexos .........................................................................................................................................40

Por provincias ..............................................................................................................................40

Clasificación por comunidades autónomas ......................................................................41

CONCLUSIÓNS ..........................................................................................................................................43

Page 4: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no
Page 5: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

5

PRESENTACIÓN

En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da

sinistralidade laboral no 2017 son moi negativos, malia as valoracións positivas

expostas por patronais e Administración.

Baixou o número de accidentes catalogados como graves e mais o dos mortais con respecto o 2016, pero aumentou o índice de incidencia máis dun 6 %. En consonancia co acontecido en anos anteriores, aumenta máis a sinistralidade ca a

actividade económica.

Os datos no conxunto do Estado non son esperanzadores, pero Galicia mantense entre as comunidades con peores cifras de sinistralidade, o que evidencia a mala xestión da prevención no noso país. Aínda hai que lamentar a morte de máis de corenta persoas en accidentes en xornada laboral, o que coloca Galicia no cuarto lugar das comunidades autónomas con peor índice de incidencia, só por detrás da

Rioxa, Cantabria e Aragón.

En CCOO consideramos que o aumento da sinistralidade camiña claramente da man da precariedade laboral: gran parte dos accidentes sófrenos traballadores e traballadoras temporais, colectivo cada vez máis numeroso. É un dos efectos da

reforma laboral do ano 2012 na degradación das condicións laborais, causa directa do retroceso na seguridade e a saúde no traballo.

Canto ás enfermidades profesionais, fronte ao dato de que aumentaron máis do 8 %, CCOO considera que non se axusta á realidade dada a falta de rexistro de moitas delas. Isto impide traballar na parte máis importante da saúde laboral: a prevención. Mentres non exista un mapa real da orixe destas enfermidades profesionais, non se poderá traballar eficazmente na súa prevención nin evitar a aparición de novos casos.

Queda en evidencia que as últimas reformas no papel das mutuas na medicina do traballo así como a ampliación das súas competencias no control das enfermidades

comúns non están dando resultados positivos. O subrexistro de enfermidades profesionais débese, en gran medida, ao non recoñecemento por parte das mutuas destas patoloxías de orixe laboral e á súa derivación á enfermidade común. Non esquezamos que os traballadores e as traballadoras son os principais usuarios destas entidades colaboradoras da Seguridade Social e, polo tanto, o Goberno debería ter en conta as opinións daquelas organizacións que os representan.

Roi Fernández Rodríguez

Secretaría de Saúde Laboral

Sindicato Nacional CCOO de Galicia

Page 6: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no
Page 7: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

7

INTRODUCIÓN

Neste estudo recompílanse os datos estatísticos dos accidentes de traballo e das

enfermidades causadas polo traballo en Galicia. Céntrase, fundamentalmente, no

ano 2017, e as fontes utilizadas son as estatísticas do Instituto Galego de

Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e as do Ministerio de Emprego e Seguridade

Social (MEYSS).

Ao longo do informe poden detectarse discrepancias entre as fontes ou entre as

variables de estudo segundo a data de actualización dos datos por parte dos

organismos.

Os accidentes de traballo poden derivar, ou non, nunha baixa laboral. Prodúcense

durante a xornada de traballo ou ben ao ir ou volver del; nestes casos

denomínanse accidentes in itinere e analizámolos por separado.

O indicador máis preciso nas análises de sinistralidade é o «índice de incidencia»

porque relaciona o número de accidentes en xornada de traballo con baixa co

número de traballadores/as afiliados en situación de alta nos réximes que teñen

cuberta a continxencia de accidente de traballo.

Por «enfermidades causadas polo traballo» enténdese as incluídas no cadro de

enfermidades profesionais aprobado polo R. D. 1299/2006. Tamén, aínda que non

aparezan catalogadas nese cadro, as que contraia o traballador ou traballadora con

motivo da realización do seu traballo, sempre que se probe que a enfermidade tivo

causa exclusiva na súa execución.

Page 8: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no
Page 9: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

ACCIDENTES DE TRABALLO

Page 10: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no
Page 11: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

11

1. ACCIDENTES DE TRABALLO CON BAIXA

Para estudarmos a situación da sinistralidade laboral en Galicia baseámonos nas

estatísticas de accidentes de traballo con baixa que ofrece o MEYSS e, sobre todo,

nas publicadas polo ISSGA mais a que este mesmo organismo nos facilitou por

pedimento noso. Os datos analizados son os acumulados desde xaneiro ata

decembro de 2017 e establécese unha comparación cos do mesmo período do ano

anterior.

Os datos son un avance provisional do balance anual e están suxeitos a

actualizacións periódicas. Ao longo do informe poden detectarse pequenas

diferenzas entre os datos do ISSGA e do MEYSS para o mesmo período e territorio.

Canto á información do ISSGA, tamén hai variacións entre os datos publicados na

súa web e a posterior actualización que nos proporcionaron no mes de marzo con

motivo da nosa consulta (data do informe xerado co sistema ISSGA o 19/3/2018).

Segundo os datos do avance de xaneiro-decembro 2017/2016 que publicou o

ISSGA, durante o 2017 producíronse en Galicia 30.328 accidentes de traballo con

baixa. Deste total, o 89,97 % ocorreron en xornada laboral e o 10,03 % restante no

desprazamento do domicilio ao centro de traballo ou viceversa.

Táboa 1. ACCIDENTES DE TRABALLO CON BAIXA

ANO 2017 ANO 2016

Na xornada laboral 27.286 24.994

‘In itinere’ 3.042 2.800

Total 30.328 27.794

FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA

O emprego recupérase á custa dunha elevada precariedade que está tendo un

impacto negativo na seguridade e a saúde laboral dos traballadores e

traballadoras. En proporción, aumentan máis os accidentes de traballo con baixa

que a ocupación: no 2017 producíronse un 9,1 % máis de accidentes de traballo

con baixa ca no ano anterior (2.534 máis), mentres que a poboación ocupada

(segundo os datos da enquisa de poboación activa) só medrou un 1,2 %, en media

anual.

Page 12: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017

12

1.1. Accidentes de traballo con baixa en xornada laboral

Segundo os datos publicados polo ISSGA, no 2017 incrementáronse os accidentes

de traballo con baixa en xornada laboral, tanto en termos absolutos como relativos

(índice de incidencia).

En relación co ano anterior, os accidentes de traballo con baixa en xornada laboral

aumentaron un 9,17 %. Pola súa parte, o índice de incidencia, que é un indicador

máis preciso ca a simple comparación de cifras absolutas de accidentes, subiu un

6,42 % en relación co ano 2016.

Por gravidade e sexo

O índice de incidencia do ano 2017 foi de 3.390 accidentes de traballo con baixa en

xornada laboral por cada 100.000 traballadores/as afiliados/as á Seguridade

Social coas continxencias profesionais cubertas. A incidencia dos accidentes é

maior nos homes ca nas mulleres: por cada 100.000 homes traballadores 4.777

sufriron accidentes; a cifra baixa nas mulleres ata as 1.995.

A diferenza de índices entre homes e mulleres ensánchase conforme aumenta a

gravidade dos accidentes: o índice de incidencia dos accidentes leves é 2,4 veces

maior nos homes; sobe ao 4,7 nos graves e ata o 13,2 nos mortais.

No ano 2017 producíronse 27.286 accidentes de traballo con baixa en xornada

laboral: o 71 % sufríronos homes e o 29 % restante, mulleres.

Os homes sufriron o 70 % dos accidentes leves, o 83 % dos graves e o 93 % dos

mortais.

Táboa 2. ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL POR GRAVIDADE E SEXO.

ANO 2017

Nº DE ACCIDENTES ÍNDICE DE INCIDENCIA

HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL

Leves 18.881 7.925 26.806 4.678,19 1.974,97 3.330,49

Graves 361 76 437 89,45 18,94 54,29

Mortais 40 3 43 9,91 0,75 5,34

Total 19.282 8.004 27.286 4.777,55 1.994,66 3.390,13

FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA

No 2017 houbo 2.292 accidentes máis con baixa en xornada laboral ca no ano

anterior (ver táboa 3). En proporción, aumentaron máis nos homes (+10,64 %) que

nas mulleres (+5,79 %).

Os accidentes que subiron foron os leves (2.365 máis). Pola contra, baixaron os

graves (59 menos) e os mortais (14 menos).

Page 13: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

13

Na desagregación por sexo e gravidade, nas mulleres aumentaron os accidentes

leves (450 máis) e mortais (1 falecida máis). No caso dos homes, incrementáronse

os leves (1.915 máis).

Táboa 3. EVOLUCIÓN ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL POR GRAVIDADE E SEXO

VARIACIÓN ABSOLUTA 2017/2016 VARIACIÓN RELATIVA 2017/2016

HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL

Leves +1.915 +450 +2.365 +11,29 % +6,02 % +9,68 %

Graves –46 –13 –59 –11,30 % –14,61 % –11,90 %

Mortais –15 +1 –14 –27,27 % +50,00 % –24,56 %

Total +1.854 +438 +2.292 +10,64 % +5,79 % +9,17 %

FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA

Por grupos de idade e sexo

Segundo a información facilitada polo ISSGA,1 o maior número de accidentes

rexístrase nas persoas de 35 a 44 anos: 8.859 no ano 2017 (o 32,07 % dos

accidentes). A seguir están as persoas de 45 a 54 anos con 7.487 accidentes (o

27,10 % do total).

Os accidentes de homes superaron os de mulleres en todos os grupos de idade

analizados. A maior diferenza dáse entre as persoas de 16 a 34 anos, nas que o

número de accidentes de homes triplicou o de mulleres: 5.569 fronte a 1.777.

En comparación co ano 2016, os accidentes con baixa en xornada laboral

aumentaron en todos os grupos de idade analizados pero, en proporción, o maior

incremento deuse entre as persoas menores de 24 anos (+10,27 %) e entre as

maiores 65 anos (+18,75 %).

Por sectores e sexo

No 2017, o sector de actividade co maior índice de incidencia foi a construción: os

6.635,94 accidentes por cada cen mil traballadores/as afililiados case duplican a

media dos índices sectoriais. Séguenlle a industria e a pesca con 6.459,85 e

5.422,30 accidentes, respectivamente. A agricultura ocupa o cuarto posto con

4.115,17 accidentes e, por debaixo da media dos índices sectoriais atópase o sector

dos servizos, co valor de 2.327,24.

1 Sempre que citamos a información solicitada ao ISSGA, referímonos á que extraeron o 19/3/2018, como explicabamos na introdución.

Page 14: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017

14

Por sexos, o índice de incidencia dos homes supera o das mulleres en todos os

sectores de actividade pero, sobre todo, na construción (é dezasete veces maior ca

o das mulleres) e na agricultura (triplica o das mulleres). A menor diferenza dáse

nos servizos e na industria.

A segmentación sexual na ocupación reflíctese tamén na distribución dos

accidentes por sectores. Nos servizos, a porcentaxe de mulleres que sofren un

accidente é superior á de homes, mentres que nos restantes sectores é ao

contrario.

Os accidentes nas mulleres ocorren mormente nos servizos: o 75 % no 2017,

porcentaxe que baixa ata o 39 % nos homes.

Na industria producíronse o 34 % dos accidentes de homes fronte ao 20 % de

mulleres. No sector primario (agricultura e pesca) rexístranse o 10 % de accidentes

de homes fronte ao 4 % de mulleres. Por último, na construción os accidentes

atanguen case exclusivamente os homes, co 99 % dos ocorridos no sector.

Táboa 4. ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL POR SECTORES E SEXO. ANO 2017

N.º DE ACCIDENTES ÍNDICES DE INCIDENCIA

HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL

Agricultura 1.028 274 1.302 5.991,37 1.892,13 4.115,17

Pesca 898 117 1.015 6.268,32 2.663,33 5.422,30

Industria 6.622 1.599 8.221 7.331,79 4.328,17 6.459,85

Construción 3.293 19 3.312 7.260,98 416,85 6.635,94

Servizos 7.441 5.995 13.436 3.147,09 1.758,61 2.327,24

Total 19.282 8.004 27.286 4.777,55 1.994,66 3.390,13

FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA

Os accidentes en xornada laboral soben en todos os sectores, agás na pesca que

baixan (ver táboa 5). En proporción, o maior incremento dáse na construción

(+14,17 %) e na industria (+12,89 %), mentres que na agricultura e nos servizos

soben por debaixo da media.

Táboa 5. EVOLUCIÓN N.º ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL POR SECTORES E SEXO

VARIACIÓN ABSOLUTA 2017/2016 VARIACIÓN RELATIVA 2017/2016

HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL

Agricultura +72 +28 +100 +7,53 % +11,38 % +8,32 %

Pesca –47 0 –47 –4,97 % 0,00 % –4,43 %

Industria +769 +170 +939 +13,14 % +11,90 % +12,89 %

Construción +421 –10 +411 +14,66 % –34,48 % +14,17 %

Servizos +639 +250 +889 +9,39 % +4,35 % +7,09 %

Total +1.854 +438 +2.292 +10,64 % +5,79 % +9,17 %

FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA

Page 15: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

15

Os accidentes con baixa en xornada laboral aumentaron en ambos os sexos na

industria, nos servizos e na agricultura. En proporción, na industria e nos servizos

soben máis nos homes ca nas mulleres, mentres que na agricultura son elas as que

rexistran a maior suba.

O aumento de accidentes na construción concentrouse nos homes (421 máis nos

homes fronte a 10 menos nas mulleres). Na pesca producíronse 898 accidentes nos

homes (47 menos ca no 2016) e 117 nas mulleres (cifra que coincide coa do ano

anterior).

Por sectores de actividade e gravidade

No 2017, a pesca presenta o índice de incidencia máis elevado tanto nos accidentes

graves (251,08 accidentes) coma nos mortais (32,05 accidentes). O seguinte sector

co índice máis elevado nos accidentes graves é a agricultura e no caso dos mortais,

a construción.

O índice de incidencia máis alto dos accidentes leves deuse na construción

(6.463,63 accidentes) e a seguir na industria (6.378,92). Pola contra, os servizos

rexistran o menor índice de incidencia nos tres graos de gravidade.

Táboa 6. ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL POR SECTORES E GRAVIDADE. ANO 2017

N.º DE ACCIDENTES ÍNDICE DE INCIDENCIA

LEVES GRAVES MORTAIS TOTAL LEVES GRAVES MORTAIS TOTAL

Agricultura 1.240 58 4 1.302 3.919,21 183,32 12,64 4.115,17

Pesca 962 47 6 1.015 5.139,16 251,08 32,05 5.422,30

Industria 8.118 99 4 8.221 6.378,92 77,79 3,14 6.459,85

Construción 3.226 73 13 3.312 6.463,63 146,26 26,05 6.635,94

Servizos 13.260 160 16 13.436 2.296,76 27,71 2,77 2.327,24

Total 26.806 437 43 27.286 3.330,49 54,29 5,34 3.390,13

FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA

Como se reflicte na táboa 7, os accidentes leves soben en todos os sectores de

actividade, agás na pesca. En proporción, a construción e a industria presentan a

suba máis acusada neste tipo de accidentes.

Os graves soben só na agricultura (3 accidentes máis ca no 2016) e os mortais fano

na construción (8 máis).

Page 16: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017

16

Táboa 7. EVOLUCIÓN ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL POR SECTORES E GRAVIDADE

VARIACIÓN ABSOLUTA 2017/2016 VALORACIÓN RELATIVA 2017/2016

LEVES GRAVES MORTAIS TOTAL LEVES GRAVES MORTAIS TOTAL

Agricultura +98 +3 –1 +100 +8,58 % +5,45 % –20,00 % +8,32 %

Pesca –30 –11 –6 –47 –3,02 % –18,97 % –50,00 % –4,43 %

Industria +955 –9 –7 +939 +13,33 % –8,33 % –63,64 % +12,89 %

Construción +415 –12 +8 +411 +14,76 % –14,12 % +160,00 % +14,17 %

Servizos +927 –30 –8 +889 +7,52 % –15,79 % –33,33 % +7,09 %

Total +2.365 –59 –14 +2.292 +9,68 % –11,90 % –24,56 % +9,17 %

FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA

Por antigüidade na empresa

Ao poñer en relación o número de partes de accidentes de traballo coa poboación

asalariada que reflicte a enquisa de poboación activa, pódese concluír que, en

proporción, as persoas que máis accidentes sofren son as que teñen menos

antigüidade no seu posto de traballo.

No 2017, segundo a información solicitada ao ISSGA, o 21 % dos accidentes con

baixa en xornada laboral sufríronos persoas cunha antigüidade inferior a tres

meses no posto de traballo. A porcentaxe é moi elevada, pois esas persoas

representaban un 6 % da poboación asalariada. De feito, dos 11.365 accidentes de

persoas que levaban un ano ou menos na empresa, o 50 % (5.682 accidentes)

déronse entre as que tiñan unha antigüidade inferior a tres meses.

No extremos oposto, entre as persoas que levaban máis de tres anos na empresa

ocorreron o 43 % dos accidentes. Hai que ter en conta que case o 70 % das persoas

asalariadas que había en Galicia levaban na súa empresa tres ou máis anos.

En comparación co ano 2016, diminúen os accidentes en xornada laboral entre as

persoas que levan máis de tres anos no posto de traballo (uns 500 menos ca no

2016). Porén, soben entre as persoas cunha antigüidade inferior ou igual a tres

anos na empresa (uns 1.300 accidentes máis).

Segundo o cadro de persoal da empresa

Unha característica fundamental da nosa estrutura produtiva é o predominio case

absoluto das empresas moi pequenas. Esa peculiaridade tamén se reflicte na

distribución dos accidentes.

Page 17: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

17

Segundo a información proporcionada polo ISSGA, no 2017 o maior número de

accidentes deuse nas empresas de 5 a 25 traballadores/as: 7.591 que supuxeron o

27 % do total de accidentes.

O 52 % dos accidentes de traballo en xornada laboral ocorridos no 2017

rexistráronse en empresas que tiñan entre 1 e 50 traballadores/as; esa porcentaxe

baixa ata o 25 % no caso das empresas que teñen entre 51 e 250 traballadores/as e

ata o 18 % nas empresas que teñen máis de 250 traballadores/as.

Por tipo de contrato

A temporalidade ten as súas peores consecuencias na sinistralidade laboral. En

proporción, os traballadores e traballadoras cun contrato temporal sofren máis

accidentes ca as que teñen unha relación estable.

Segundo se desprende dos datos facilitados polo ISSGA, no ano 2017, o 40 % dos

accidentes de traballo con baixa en xornada laboral sufríronos persoas cun

contrato temporal. Tendo en conta que a poboación asalariada temporal

representaba o 27 % do total, é evidente que a relación entre os sinistros e o tipo

de contrato non é aleatoria.

En cambio, a porcentaxe de accidentes entre as persoas que tiñan un contrato

indefinido (o 56 % dos accidentes) queda por debaixo da representación que ten

ese colectivo no emprego por conta allea (no 2017, o 73 % das persoas asalariadas

tiñan un contrato indefinido).

Os accidentes de traballo con baixa en xornada laboral aumentan máis nas persoas

cun contrato temporal ca entre as que teñen un contrato indefinido, tanto en cifras

absolutas como relativas. No ano 2017, en comparación co 2016, producíronse 714

accidentes máis entre traballadores/as temporais (+6,92 %) fronte a 152 máis en

indefinidos (+1,00 %).

Táboa 8. ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL

POR TIPO DE CONTRATO

TIPO DE CONTRATO ANO 2017 ANO 2016

Autónomo 1.207 1.281

Indefinido 15.387 15.235

Temporal 11.034 10.320

Total 27.628 26.836

FONTE: elaboración propia a partir de datos solicitados ISSGA

Page 18: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017

18

Por provincias

No 2017, o maior índice de incidencia de accidentes de traballo con baixa en

xornada laboral dáse na provincia de Ourense (3.583,59 accidentes por cada cen

mil afiliacións); o segundo posto ocúpao Pontevedra (3.504,18 accidentes). A

seguir están A Coruña e Lugo (3.381,34 e 2.932,10 accidentes), ambas as

provincias cun índice que se sitúa por debaixo do de Galicia (ver táboa 9).

Táboa 9. ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL POR PROVINCIAS

ANO 2017 ANO 2016

N.º ACCIDENTES ÍNDICE DE INCIDENCIA N.º ACCIDENTES ÍNDICE DE INCIDENCIA

A Coruña 11.812 3.381,34 11.438 3.359,53

Lugo 2.832 2.932,10 2.701 2.847,29

Ourense 2.872 3.583,59 2.633 3.339,80

Pontevedra 9.770 3.504,18 8.222 3.040,47

Galicia 27.286 3.390,13 24.994 3.185,65

FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA

Os accidentes de traballo aumentaron nas catro provincias e, en proporción, a

maior suba rexistrouna Pontevedra: 1.548 accidentes máis ca na 2016 (+18,83 %).

Séguelle Ourense con 239 accidentes máis (+9,08 %), Lugo con 131 máis (+4,85 %)

e, por último, A Coruña con 374 máis (+3,27 %).

Por comunidades autónomas

Na clasificación por comunidades autónomas, e utilizando os datos do MEYSS,

Galicia é a quinta con máis accidentes con baixa en xornada laboral; só está por

detrás de Cataluña, Andalucía, Madrid e Comunidade Valenciana.

Na distribución dos índices de incidencia por comunidades autónomas, Galicia

ocupa o décimo lugar con 3.398,9 accidentes con baixa en xornada laboral por cada

cen mil traballadores/as. O maior índice dáse en Baleares con 4.966,7 e o menor en

Madrid con 2.707,2.

Page 19: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

19

Táboa 10. ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL E ÍNDICE DE INCIDENCIA

POR CCAA. ANO 2017

ACCIDENTES EN XORNADA ÍNDICES DE INCIDENCIA

Cataluña 87.104 3.134,5

Andalucía 85.723 3.797,2

Madrid 71.811 2.707,2

Valencia 45.471 3.076,7

Galicia 27.288 3.398,9

País Vasco 26.912 3.505,6

Castela e León 23.743 3.280,2

Canarias 23.904 3.586,0

Castela-A Mancha 22.363 4.092,6

Baleares 19.945 4.966,7

Murcia 16.309 3.535,4

Aragón 14.521 3.202,1

Estremadura 10.455 3.721,9

Asturias 10.044 3.380,7

Navarra 8.058 3.512,9

Cantabria 5.235 2.995,0

A Rioxa 3.716 3.646,3

Ceuta 586 3.237,3

Melilla 561 3.174,3

Total 503.749 3.333,8

FONTE: elaboración propia a partir de datos do MEYSS

O índice de incidencia é superior en Galicia ca na media estatal, sobre todo o de

accidentes mortais (ver táboa 11).

Táboa 11. ACCIDENTES MORTAIS E ÍNDICE DE INCIDENCIA POR CCAA. ANO 2017

ACCIDENTES MORTAIS EN XORNADA ÍNDICES DE INCIDENCIA

A Rioxa 7 6,87

Cantabria 12 6,87

Aragón 25 5,51

Galicia 44 5,48

Murcia 25 5,42

Castela-A Mancha 27 4,94

Castela e León 35 4,84

Andalucía 95 4,21

Valencia 53 3,59

Estremadura 10 3,56

Asturias 10 3,37

País Vasco 22 2,87

Baleares 11 2,74

Navarra 6 2,62

Canarias 16 2,40

Cataluña 49 1,76

Madrid 37 1,39

Ceuta e Melilla 0 0

Total 484 3,20

FONTE: elaboración propia a partir de datos do MEYSS

Page 20: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017

20

No tocante aos accidentes mortais en xornada, Galicia rexistrou un índice de

incidencia de 5,48 accidentes mortais por cada cen mil traballadores/as, mentres

que a proporción acadada no conxunto do Estado foi do 3,20. O índice de

accidentes mortais máis elevado dáse na Rioxa e en Cantabria (6,87 accidentes en

ambas as comunidades), a seguir está Aragón co 5,51 e logo Galicia co 5,48 citado.

No rexistro de accidentes mortais, Galicia é a cuarta comunidade autónoma con

maior número (44), despois de Andalucía que é a comunidade coa cifra máis alta

(95), Valencia (53 accidentes mortais) e Cataluña (49 accidentes mortais).

Accidentes mortais en xornada laboral

Segundo os datos do ISSGA, no ano 2017 houbo 43 accidentes mortais en xornada

laboral: morreron 40 homes (15 menos ca no 2016) e 3 mulleres (1 máis ca o ano

anterior).

As causas máis frecuentes foron os infartos e outras patoloxías non traumáticas

(11 accidentes, o 26 % dos mortais) e as caídas e golpes con esmagamentos contra

obxectos inmóbiles (outros 11 accidentes). A seguir están os choques ou golpes

contra obxectos en movemento con 10 accidentes (o 23 %); os esmagamentos por

entaladuras e amputacións, 5 accidentes (o 12 %) e os afogamentos e

sepultamentos, 4 accidentes (o 9 %).

Por grupos de idade, o maior número de accidentes mortais deuse entre as persoas

de 45 a 65 anos: 30 no 2017, o 70 % do total.

Os días da semana en que se produciron máis mortes en xornada laboral foron os

mércores (11 mortes) e os luns (10 mortes).

As horas en que ocorreron máis accidentes mortais foron de 8:00 a 10:00 (9

mortes) e de 14:00 a 16:00 horas (9 mortes). Canto á hora de traballo, a segunda é

na que se produciron máis accidentes (8 mortes).

Tamén se deu un número elevado de accidentes mortais entre as persoas con

menor antigüidade na empresa. No ano 2017 morreron 15 persoas que levaban un

ano ou menos no seu posto de traballo (o 35 % das mortes acontecidas no 2017),

das cales, 8 tiñan unha antigüidade inferior a tres meses na empresa.

As empresas con máis accidentes mortais no 2017 foron as que tiñan entre 1 e 4

traballadores/as: 14 accidentes mortais supoñen o 33 % das mortes ocorridas en

2017. A seguir, están as empresas que tiñan entre 5 e 25 traballadores/as con 13

mortes (que supuxeron o 30 % sobre o total dos accidentes mortais).

No ano 2017, ao igual que no ano anterior, a pesca foi o sector de actividade co

maior índice de incidencia de accidentes mortais. O segundo posto ocupouno a

Page 21: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

21

construción e o terceiro a agricultura. Por debaixo da media só se situaron a

industria e os servizos (ver táboa 12).

Os accidentes mortais baixaron en todos os sectores de actividade, agás na

construción que rexistrou 8 mortes máis ca no 2016.

Táboa 12. ACCIDENTES MORTAIS CON BAIXA EN XORNADA LABORAL POR SECTORES

ANO 2017 ANO 2016

N.º ACCIDENTES ÍNDICE DE INCIDENCIA N.º ACCIDENTES ÍNDICE DE INCIDENCIA

Agricultura 4 12,64 5 15,43

Pesca 6 32,05 12 64,43

Industria 4 3,14 11 8,89

Construción 13 26,05 5 10,19

Servizos 16 2,77 24 4,28

Galicia 43 5,34 57 7,27

FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA

Por provincias, no 2017, Lugo volve ter o maior índice de incidencia de accidentes

mortais (ver táboa 13). A única provincia que quedou cun índice por baixo da

media foi A Coruña.

Baixaron os accidentes mortais na provincia da Coruña (10 menos ca no 2016) e de

Lugo (6 menos). Pero aumentaron en Pontevedra (2 mortes máis ca no 2016) e

mantéñense en Ourense (5 accidentes mortais, igual que no 2016).

Táboa 13. ACCIDENTES MORTAIS CON BAIXA EN XORNADA LABORAL POR PROVINCIAS

ANO 2017 ANO 2016

N.º ACCIDENTES ÍNDICE DE INCIDENCIA N.º ACCIDENTES ÍNDICE DE INCIDENCIA

A Coruña 12 3,44 22 6,46

Lugo 8 8,28 14 14,76

Ourense 5 6,24 5 6,34

Pontevedra 18 6,46 16 5,92

Galicia 43 5,34 57 7,27

FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA

Polo tipo de contrato, o 37 % das persoas falecidas por accidente de traballo en

xornada laboral no 2017 tiñan un contrato temporal: foron 16 persoas, cifra que

coincide coa do ano anterior. O descenso dos accidentes mortais só se deu entre as

persoas que tiñan un contrato indefinido (8 mortes menos) e entre os

autónomos/as (6 mortes menos).

Page 22: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017

22

Táboa 14. ACCIDENTES MORTAIS POR TIPO DE CONTRATO

ANO 2017 ANO 2016

Autónomos 2 8

Indefinidos 25 33

Temporais 16 16

Total 43 57

FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA

2. ACCIDENTES DE TRABALLO ‘IN ITINERE’

No ano 2017 rexistráronse un total de 3.042 accidentes in itinere; o 58 %

producíronse entre as mulleres e o restante 42 %, entre os homes.

A maioría dos accidentes leves sufríronos as mulleres (o 59 %); nos graves ocorre

o contrario, ao se produciren máis accidentes entre os homes (o 52 %); no caso dos

mortais, morreron 3 mulleres e 3 homes.

No 2017 ocorreron 242 accidentes in itinere máis ca no 2016, o que equivale a un

incremento do 8,64 %. Como se ve na táboa 15, os accidentes deste tipo

aumentaron máis nos homes ca nas mulleres (194 accidentes máis nos homes

fronte a 48 máis nas mulleres).

Os accidentes que aumentaron foron os leves (243 máis) e os mortais (1 máis),

mentres que os graves baixaron (2 menos).

Por sexos e gravidade, os accidentes que aumentaron entre as mulleres foron os

leves (48 máis) e os mortais (3 máis). No caso dos homes, incrementáronse os

leves (195 máis) e os graves (1 máis).

Táboa 15. ACCIDENTES DE TRABALLO ‘IN ITINERE’ POR SEXO E GRAVIDADE

N.º DE ACCIDENTES NO ANO 2017 VARIACIÓN ABSOLUTA 2017/2016 VARIACIÓN RELATIVA 2017/2016

HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL

Leves 1.226 1.745 2.971 +195 +48 +243 +18,91 % +2,83 % +8,91 %

Graves 34 31 65 +1 –3 –2 +3,03 % –8,82 % –2,99 %

Mortais 3 3 6 -2 +3 +1 –40,00 % — +20,00

% Total 1.263 1.779 3.042 +194 +48 +242 +18,15 % +2,77 % +8,64 %

FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA

O aumento dos accidentes in itinere concéntrase na provincia de Pontevedra: 299

máis (+28,05 %), mentres que nas restantes provincias baixan (ver a táboa 16).

Page 23: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

23

Táboa 16. ACCIDENTES DE TRABALLO ‘IN ITINERE’ POR GRAVIDADE E PROVINCIA

N.º DE ACCIDENTES NO ANO 2017 N.º DE ACCIDENTES NO ANO 2016

LEVES GRAVES MORTAIS TOTAL LEVES GRAVES MORTAIS TOTAL

A Coruña 1.224 25 2 1.251 1.239 31 1 1.271

Lugo 194 10 0 204 226 6 1 233

Ourense 218 4 0 222 225 5 0 230

Pontevedra 1.335 26 4 1.365 1.038 25 3 1.066

Galicia 2.971 65 6 3.042 2.728 67 5 2.800

FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA

Na desagregación por gravidade e provincia, o aumento dos accidentes leves deuse

só na provincia de Pontevedra (297 máis). Os graves incrementáronse na provincia

de Lugo (4 accidentes máis) e na de Pontevedra (1 accidente máis). No que atinxe

aos accidentes mortais, no 2017 morreron dúas persoas na provincia da Coruña

(unha máis ca no 2016) e catro na de Pontevedra (1 máis ca no ano anterior).

3. ACCIDENTES SEN BAIXA EN XORNADA LABORAL

No ano 2017 rexistráronse en Galicia 18.972 accidentes de traballo sen baixa en

xornada laboral; son 789 menos ca no 2016 (–3,99 %). Os accidentes sen baixa

diminuíron en todas as provincias agás en Ourense (29 máis, +1,53 %).

Táboa 17. ACCIDENTES SEN BAIXA EN XORNADA LABORAL POR PROVINCIAS

ANO 2017 ANO 2016 VARIAC. ABSOLUTA VARIAC. RELATIVA

A Coruña 7.666 8.198 –532 –6,49 %

Lugo 1.704 1.882 –178 –9,46 %

Ourense 1.924 1.895 +29 +1,53 %

Pontevedra 7.678 7.786 –108 –1,39 %

Total 18.972 19.761 –789 –3,99 %

FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA

En relación co ano 2016, os accidentes de traballo sen baixa en xornada laboral

baixan en todos os sectores. Os maiores descensos danse no sector primario e a

seguir na construción, mentres que na industria e nos servizos minguan por baixo

da media.

Page 24: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017

24

Táboa 18. ACCIDENTES SEN BAIXA EN XORNADA LABORAL POR SECTORES

ANO 2017 ANO 2016 VARIAC. ABSOLUTA VARIAC. RELATIVA

Agricultura 527 647 –120 –18,55 %

Pesca 394 486 –92 –18,93 %

Industria 5.900 5.944 –44 –0,74 %

Construción 2.188 2.364 –176 –7,45 %

Servizos 9.963 10.320 –357 –3,46 %

Total 18.972 19.761 –789 –3,99 %

FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA

Page 25: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

25

ENFERMIDADES CAUSADAS POLO TRABALLO

Page 26: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no
Page 27: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

27

1. ENFERMIDADES CAUSADAS POLO TRABALLO

A información que achegamos sobre as enfermidades causadas polo traballo

extráese do Observatorio das continxencias profesionais da Seguridade Social

(MEYSS). A análise céntrase, mormente, no período xaneiro-decembro de 2017.

A cobertura das enfermidades causadas polo traballo no sistema da seguridade

social encarréirase por dúas vías:

— O recoñecemento automático da enfermidade profesional. Segundo o artigo 157

da LXSS (Lei xeral da seguridade social), un traballador ou traballadora ten dereito

a cobertura por enfermidade profesional se esa enfermidade foi contraída a

consecuencia do traballo nas actividades que se especifican no cadro de

enfermidades profesionais (EEPP) aprobado polo RD 1299/2006 e está provocada

pola acción dos elementos ou substancias que se indican nese cadro.

— O artigo 156.2 da LXSS, nos seus apartados e e f, recoñece que serán consideradas

como continxencia profesional aquelas enfermidades non incluídas na relación de

EEPP que contraia o traballador/a con motivo da realización do seu traballo,

sempre que se probe que a enfermidade tivo causa exclusiva na súa execución.

Tamén as enfermidades ou defectos anteriormente padecidos polo traballador/a

que se agraven como consecuencia da lesión constitutiva do accidente.

O sistema de notificación CEPROSS (comunicación de EEPP na seguridade social)

achega desde o ano 2007 información das patoloxías sufridas por traballadores/as

que están incluídas no cadro de EEPP.

En xuño de 2010 creouse o ficheiro PANOTRATSS, que recolle as patoloxías non

traumáticas causadas ou agravadas polo traballo que non teñen a consideración de

enfermidade profesional.

Segundo a información proporcionada polas aplicacións CEPROSS e PANOTRATSS, no

2017 comunicáronse 1.691 patoloxías causadas polo traballo: 1.482 partes de

enfermidades profesionais e 209 partes de patoloxías non traumáticas causadas ou

agravadas polo traballo.

O 12 % de patoloxías non traumáticas causadas ou agravadas polo traballo non se

recollen no cadro de EEPP.

Page 28: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017

28

Táboa 1. ENFERMIDADES CAUSADAS POLO TRABALLO. ANO 2017

TOTAL % SOBRE O TOTAL

Enfermidades profesionais 1.482 87,64 %

Patoloxías non traumáticas causadas polo traballo 209 12,36 %

Total enfermidades causadas polo traballo 1.691 100,00 %

FONTE: elaboración propia a partir de datos de CEPROSS e PANOTRATSS

1.1. Enfermidades profesionais

No Informe CEPROSS-PANOTRATSS 2016 dise:

Un parte comunicado é un expediente de enfermidade profesional que foi tramitado pola entidade xestora ou colaboradora que asume a cobertura de continxencias profesionais conforme a normativa vixente e supuxo a existencia dunha visita do traballador a un facultativo que diagnostica unha enfermidade profesional catalogada no cadro de enfermidades profesionais recollido no RD 1299/2006.

Se cando se realiza a comunicación telemática existe baixa laboral por incapacidade temporal o parte permanece no que se denomina estado aberto, pasando a situación de pechado no momento en que finalice a incapacidade temporal. Os partes pódense pechar por algunha das seguintes causas:

Alta por curación e/ou alta laboral

Alta con proposta de incapacidade permanente

Alta con proposta de cambio de traballo

Falecemento

Lesións permanentes non invalidantes

Sen baixa laboral

Outras causas. Neste apartado inclúense as situacións de cualificación do parte como accidente de traballo ou enfermidade común aínda cando o traballador continúe de baixa médica laboral.

1.1.1. Partes comunicados de enfermidades profesionais

As mutuas e entidades xestoras comunicaron, a través da aplicación CEPROSS, 1.482

partes de EEPP no ano 2017; son 118 máis ca no ano 2016 (+8,65 %).

Page 29: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

29

Táboa 2. PARTES COMUNICADOS DE EEPP

N.º DE PARTES VARIACIÓN INTERANUAL

2008 1.226 +32,83 %

2009 1.263 +3,02 %

2010 1.183 –6,33 %

2011 1.240 +4,82 %

2012 1.063 –14,27 %

2013 1.003 –5,64 %

2014 1.117 +11,37 %

2015 1.221 +9,31 %

2016 1.364 +11,71 %

2017 1.482 +8,65 %

FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS

No ano 2017, o 56,34 % dos partes comunicados de EEPP foron con baixa laboral e o

restante 43,66 %, sen baixa. En comparación co ano 2016, aumentaron máis os

partes sen baixa (78 partes máis) que con baixa (40 partes máis).

Táboa 3. PARTES COMUNICADOS CON BAIXA E SEN BAIXA

ANO 2017 ANO 2016 VARIACIÓN ANUAL

Con baixa 835 795 +5,03 %

Sen baixa 647 569 +13,71 %

Total 1.482 1.364 +8,65 %

FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS

Por sexo e grupos de idade

O 51,28 % dos partes comunicados corresponden a homes e 48,72 % a mulleres. O

60,39 % de partes de comunicados de mulleres foron con baixa, porcentaxe que

baixa ao 52,50 % no caso dos homes.

Táboa 4. PARTES COMUNICADOS POR SEXOS. ANO 2017

CON BAIXA SEN BAIXA TOTAL

Homes 399 361 760

Mulleres 436 286 722

Total 835 647 1.482

FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS

Page 30: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017

30

No 2017, o 5,87 % dos partes comunicados de EEPP correspondían a menores de 30

anos; o 77,60 % a persoas de 30 a 54 anos e o restante 16,53 % a persoas de 55 ou

máis anos.

Dentro deses grandes grupos, o maior número de partes rexístrase nas persoas de

entre 40 e 44 anos, tanto en homes coma en mulleres. Nesa franxa de idade

comunicáronse 295 partes, o 20 % dos rexistrados en 2017.

O 56,34 % dos partes comunicados de EEPP comportaron unha baixa laboral. Porén,

a distribución por grupos de idade, como veremos agora, varía bastante. A maioría

dos partes comunicados foron con baixa en todos os grupos de idade analizados,

agás entre as persoas de 60 a 64 anos, que a maioría foron sen baixa laboral. Entre

as persoas de 65 ou máis anos só se comunicaron dous partes e un foi con baixa e

outro sen baixa (ver táboa 5).

A porcentaxe máis alta dáse entre as persoas de 30 a 34 anos, cun 62,31 % de

partes con baixa; séguelle a franxa de 45 a 49 anos cunha porcentaxe do 61,34 % e

a de entre 25 e 29 anos co 58,57 %.

Táboa 5. PARTES COMUNICADOS POR GRUPOS DE IDADE CON/SEN BAIXA. ANO 2017

GRUPO DE IDADE CON BAIXA (A) SEN BAIXA TOTAL (B) (A/B)*100

Menores de 20 anos 0 0 0 —

De 20 a 24 anos 9 8 17 52,94 %

De 25 a 29 anos 41 29 70 58,57 %

De 30 a 34 anos 81 49 130 62,31 %

De 35 a 39 anos 139 104 243 57,20 %

De 40 a 44 anos 167 128 295 56,61 %

De 45 a 49 anos 165 104 269 61,34 %

De 50 a 54 anos 111 102 213 52,11 %

De 55 a 59 anos 83 79 162 51,23 %

De 60 a 64 anos 38 43 81 46,91 %

De 65 ou máis anos 1 1 2 50,00 %

Total 835 647 1.482 56,34 %

FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS

Por rama de actividade

A actividade con máis comunicacións de partes de EEPP con baixa, tanto de homes

(o 62 %) coma de mulleres (o 32 %) foi a industria manufactureira.

Page 31: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

31

Táboa 6. PARTES COMUNICADOS CON BAIXA POR RAMA DE ACTIVIDADE E SEXO. ANO 2017

RAMA DE ACTIVIDADE HOMES MULLERES TOTAL

Agricultura, gandaría, silvicultura e pesca 20 6 26

Industrias extractivas 12 0 12

Industria manufactureira 247 138 385

Subministración de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado 0 0 0

Subm. de auga, activ. saneamento, xestión de residuos e

descontaminación

3 1 4

Construción 34 2 36

Comercio; reparación de vehículos de motor e motocicletas 30 86 116

Transporte e almacenamento 14 3 17

Hostalaría 3 17 20

Información e comunicacións 0 12 12

Actividades financeiras e de seguros 0 1 1

Actividades inmobiliarias 0 0 0

Actividades profesionais, científicas e técnicas 2 5 7

Actividades administrativas e servizos auxiliares 18 78 96

Admón. pública e defensa; seguridade social obrigatoria 7 13 20

Educación 0 6 6

Actividades sanitarias e de servizos sociais 6 48 54

Actividades artísticas, recreativas e de entretemento 1 1 2

Outros servizos 2 19 21

Actividades dos fogares 0 0 0

Actividades de organizacións e organismos extraterritoriais 0 0 0

Total 399 436 835

FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS

Nas mulleres, as seguintes ramas con máis partes con baixa son o comercio con 86

comunicacións (o 20 % dos partes con baixa de mulleres); as actividades

administrativas e servizos auxiliares con 78 partes (o 18 %) e as actividades

sanitarias e de servizos sociais con 48 partes (o 11 %).

Nos homes, a construción é a segunda rama de actividade con máis notificacións de

EEPP con baixa (34 partes, representan o 9 % dos partes con baixa de homes),

séguelle o comercio con 30 partes (o 8 % do total de partes con baixa) e o sector

primario con 20 partes (o 5 %).

Por grupo de enfermidade

O cadro de EEPP foi aprobado polo Real decreto 1299/2006. Inclúe unha listaxe de

enfermidades recoñecidas como profesionais e os traballos e substancias que

expoñen ao risco de contraelas.

A listaxe recolle seis grupos de EEPP:

— Grupo 1: EEPP causadas por axentes químicos

Page 32: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017

32

— Grupo 2: EEPP causadas por axentes físicos

— Grupo 3: EEPP causadas por axentes biolóxicos

— Grupo 4: EEPP causadas pola inhalación de substancias e axentes non

comprendidos noutros apartados

— Grupo 5: EEPP da pel causadas por substancias e axentes non comprendidos

nalgún dos outros apartados

— Grupo 6: EEPP causadas por axentes carcinóxenos

No 2017, case o 90 % dos partes comunicados de EEPP se encadraban nos grupos 2

e 4. A maior concentración dáse, co 75 % de comunicacións, no grupo 2 (EEPP

causadas por axentes físicos). O 56,58 % dos partes de EEPP do grupo 2 foron con

baixa.

Séguelle moi de lonxe o grupo 4 (EEPP causadas por inhalación de substancias e

axentes non comprendidos noutros apartados) co 14 % dos comunicados en 2017.

O 51,69 % deles esixiron unha baixa laboral.

O grupo 3 (EEPP causadas por axentes biolóxicos) é o que rexistra a maior

proporción de partes con baixa: o 79,25 %.

Pola contra, no grupo 1 (EEPP causadas por axentes químicos) e no grupo 6 (EEPP

causadas por axentes carcinóxenos) son minoría os partes con baixa: o 46,15 % e

25,00 %, respectivamente.

Táboa 7. PARTES COMUNICADOS POR GRUPOS DE ENFERMIDADE. ANO 2017

GRUPO CON BAIXA

(A)

SEN BAIXA TOTAL (B) (A/B)*100

Grupo 2 632 485 1.117 56,58 %

Grupo 4 107 100 207 51,69 %

Grupo 5 35 27 62 56,45 %

Grupo 3 42 11 53 79,25 %

Grupo 1 18 21 39 46,15 %

Grupo 6 1 3 4 25,00 %

Total 835 647 1.482 56,34 %

FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS

Como se reflicte na táboa 8, o maior número de partes comunicados de EEPP

encádrase no grupo 2 (causadas por axentes físicos), tanto nos homes coma nas

mulleres. Nese grupo están o 69,34 % das EEPP de homes e o 81,72 % de mulleres.

Page 33: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

33

Táboa 8. PARTES COMUNICADOS POR GRUPOS DE ENFERMIDADE E SEXO. ANO 2017

GRUPO HOMES MULLERES TOTAL

Grupo 2 527 590 1.117

Grupo 4 182 25 207

Grupo 5 22 40 62

Grupo 3 9 44 53

Grupo 1 16 23 39

Grupo 6 4 0 4

Total 760 722 1.482

FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS

Cómpre destacar a diferente incidencia en homes e mulleres das EEPP dos grupos 3

e 4, como reflexo do distinto encadramento duns e outras por sectores. O segundo

grupo con máis partes de EEPP nos homes é o 4 (causadas por inhalación de

substancias), pois representan o 23,95 % do total (e só o 3,46 % nas mulleres). O

87,92 % dos partes encadrados no grupo 4 corresponden a homes.

No caso das mulleres, ocupa a segunda posición o grupo 3 (EEPP causadas por

axentes biolóxicos) co 6,09 % do total (e só o 1,18 % no caso dos homes). O

83,02 % dos partes rexistrados no grupo 3 corresponden a mulleres.

A maioría dos partes comunicados dos grupos 1 (EEPP causadas por axentes

químicos) e 5 (EEPP da pel) corresponden a mulleres: o 58,97 % e o 64,52 %,

respectivamente.

No 2017 comunicáronse catro partes de EEPP causadas por axentes carcinóxenos

(grupo 6). Son os catros partes de homes: un con baixa e tres sen baixa.

Por provincias

A provincia coa cifra máis alta de partes comunicados de EEPP é Pontevedra con

726, o 48,99 % de todos os rexistrados en Galicia no 2017. A seguir está a provincia

da Coruña con 399 partes (o 26,92 % do total), Ourense con 249 (o 16,80 %) e, por

último, Lugo con 108 (o 7,29 %).

Nos partes que comportaron baixa, Lugo sitúase á cabeza co 69,44 % dos

comunicados na provincia. No extremo oposto está Pontevedra, coa menor

porcentaxe das catro provincias galegas: un 51,79 %.

Page 34: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017

34

Táboa 9. PARTES COMUNICADOS POR PROVINCIAS. ANO 2017

PROVINCIA CON BAIXA (A) SEN BAIXA TOTAL (B) (A/B)*100

A Coruña 241 158 399 60,40 %

Lugo 75 33 108 69,44 %

Ourense 143 106 249 57,43 %

Pontevedra 376 350 726 51,79 %

Total 835 647 1.482 56,34 %

FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS

Por sexos, hai máis comunicacións de EEPP de homes nas provincias de Ourense (o

56,63 %), Lugo (o 53,70 %) e Pontevedra (o 53,03 %). Pola contra, na provincia da

Coruña teñen máis incidencia as EEPP en mulleres (o 55,89 % dos partes).

Táboa 10. PARTES COMUNICADOS POR PROVINCIAS E SEXO. ANO 2017

PROVINCIA HOMES MULLERES TOTAL

A Coruña 176 223 399

Lugo 58 50 108

Ourense 141 108 249

Pontevedra 385 341 726

Total 760 722 1.482

FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS

Clasificación por comunidades autónomas

Por volume de expedientes, Galicia ocupa a quinta posición por detrás de Valencia,

o País Vasco, Cataluña e Madrid. Os 1.482 expedientes de EEPP comunicados en

Galicia representan o 7 % dos rexistrados en España.

Por porcentaxe de partes comunicados con baixa laboral, Galicia é a cuarta

comunidade autónoma coa maior: o 56,34 %. Na media estatal, esa porcentaxe é

inferior: un 48,32 % dos partes.

As comunidades que superan a Galicia en porcentaxe de partes con baixa son

Madrid (67,73 %), Andalucía (64,34 %) e Estremadura (59,07 %).

Entre as comunidades con menor proporción de EEPP con baixa destaca Valencia,

onde os partes con baixa só representan o 29,93 % do total de comunicacións, ou A

Rioxa cunha porcentaxe do 34,67 %.

Page 35: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

35

Táboa 11. NÚMERO DE PARTES COMUNICADOS POR CCAA. ANO 2017

CON BAIXA (A) SEN BAIXA TOTAL (B) (A/B)*100

Valencia 1.010 2.365 3.375 29,93 %

País Vasco 1.443 1.659 3.102 46,52 %

Cataluña 1.599 1.361 2.960 54,02 %

Madrid 1.062 506 1.568 67,73 %

Galicia 835 647 1.482 56,34 %

Navarra 664 756 1.420 46,76 %

Aragón 485 732 1.217 39,85 %

Murcia 621 535 1.156 53,72 %

Andalucía 644 357 1.001 64,34 %

Castela e León 461 503 964 47,82 %

Castela-A Mancha 311 268 579 53,71 %

Canarias 227 248 475 47,79 %

A Rioxa 164 309 473 34,67 %

Asturias 238 224 462 51,52 %

Baleares 187 234 421 44,42 %

Cantabria 159 163 322 49,38 %

Estremadura 114 79 193 59,07 %

FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS

NOTA: non se inclúen os datos das Cidades de Ceuta e Melilla.

1.1.2. Partes pechados como enfermidade profesional con baixa

Por sexo

No ano 2017 pecháronse 745 procesos de enfermidade profesional en Galicia

cunha distribución moi semellante por sexo: 373 corresponde a mulleres e 372 a

homes.

Por provincias, houbo máis partes pechados de homes que de mulleres en todas

elas, agás na da Coruña que son maioría os de mulleres.

Táboa 12. PARTES PECHADOS COMO ENFERMIDADE PROFESIONAL CON BAIXA POR PROVINCIAS E SEXO. ANO 2017

N.º DE PARTES PECHADOS DURACIÓN MEDIA (EN DÍAS)

PROVINCIA HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL

A Coruña 85 127 212 83,34 84,94 84,30

Lugo 33 29 62 100,39 84,86 93,13

Ourense 67 44 111 62,94 66,43 64,32

Pontevedra 187 173 360 89,93 88,60 89,29

Total 372 373 745 84,49 84,45 84,47

FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS

Page 36: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017

36

A duración media dos procesos de enfermidade profesional foi de 84,47 días de

baixa laboral en Galicia (fronte a 78,86 días na media estatal), e moi similar por

sexos: 84,49 días nos homes e 84,45 días nas mulleres.

Na distribución por provincias, a duración media máis elevada dáse na de Lugo

(93,13 días) e a seguir na de Pontevedra (89,29 días). Pola contra, a menor

duración corresponde á provincia de Ourense con 64,32 días.

Por grupos de idade

O maior número de partes pechados como EEPP con baixa corresponde a persoas

que teñen de 45 a 49 anos, tanto nos homes (83 partes, o 22 % dos pechados de

homes) coma nas mulleres (85 partes, o 23 % dos pechados de mulleres).

O 4,43 % dos partes pechados como EEPP con baixa no ano 2017 atangueu a

persoas menores de 30 anos; o 81,88 % tiñan entre 30 e 54 anos e o restante

13,69 %, máis de 54 anos.

Existe unha correlación entre a idade e a duración media dos procesos: a máis

idade corresponden procesos máis longos. Como se ve na táboa 13, de media, as

duracións máis baixas danse en menores de 30 anos. En cambio, as duracións máis

longas danse entre as persoas maiores de 54 anos.

Táboa 13. PARTES PECHADOS COMO EEPP CON BAIXA POR GRUPOS DE IDADE E SEXO. ANO 2017

NÚMERO DE PARTES PECHADOS DURACIÓN MEDIA (EN DÍAS)

GRUPO DE IDADE HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL

Menores de 20 0 0 0 — — —

De 20 a 24 2 5 7 22,50 27,60 26,14

De 25 a 29 10 16 26 65,20 70,56 68,50

De 30 a 34 41 41 82 72,22 71,34 71,78

De 35 a 39 66 64 130 72,21 75,56 76,40

De 40 a 44 77 57 134 81,52 74,56 78,56

De 45 a 49 83 85 168 89,96 82,26 86,07

De 50 a 54 43 53 96 60,88 97,21 80,94

De 55 a 59 36 36 72 115,03 114,81 114,92

De 60 a 64 13 16 29 159,08 121,44 138,31

De 65 ou máis 1 0 1 106,00 — 106,00

Total 372 373 745 84,49 84,45 84,47

FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS

Page 37: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

37

Por grupos de enfermidades profesionais

O grupo 2 (EEPP causadas por axentes físicos) abrangue o maior número de partes

pechados en ambos os sexos: 301 partes de mulleres (o 81 % do total nas mulleres)

e 266 partes de homes (o 72 % dos pechados de homes).

Táboa 14. PARTES PECHADOS COMO EEPP POR GRUPOS DE ENFERMIDADE. ANO 2017

NÚMERO DE PARTES PECHADOS DURACIÓN MEDIA (EN DÍAS)

GRUPOS HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL

Grupo 2 266 301 567 85,86 90,04 88,08

Grupo 4 78 14 92 89,08 115,29 93,07

Grupo 3 6 29 35 72,83 28,10 35,77

Grupo 5 12 21 33 37,67 76,62 62,45

Grupo 1 10 8 18 75,50 44,63 61,78

Grupo 6 — — — — — —

Total 372 373 745 84,49 84,45 84,47

FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS

Nota:

Grupo 1: EEPP causadas por axentes químicos

Grupo 2: EEPP causadas por axentes físicos

Grupo 3. EEPP causadas por axentes biolóxicos

Grupo 4: EEPP causadas por inhalación de substancias e axentes non comprendidos noutros apartados

Grupo 5: EEPP da pel causadas por substancias e axentes non comprendidos nalgún dos outros apartados

Grupo 6: EEPP causadas por axentes carcinóxenos

O segundo grupo con máis partes pechados difire dependendo dos sexos. Nas

mulleres é o grupo 3 (EEPP causadas por axentes biolóxicos) e nos homes é o grupo

4 (EEPP causadas por inhalación).

A maior duración nos procesos con baixa deuse no grupo 4, EEPP causadas por

inhalación de substancias e axentes non comprendidos noutros apartados, tanto

nos homes (89,08 días) coma nas mulleres (115,29 días). A seguir está o grupo 2

(EEPP causadas por axentes físicos) cunha duración media de 90,04 días nas

mulleres e de 85,86 días nos homes.

Os procesos máis curtos nos homes danse no grupo 5 (EEPP da pel), cunha duración

media de 37,67 días, mentres que nas mulleres se dá no grupo 3 (EEPP causadas por

axentes biolóxicos) cunha duración media de 28,10 días.

Por rama de actividade

O maior número de partes pechados como EEPP con baixa rexístrase na industria

manufactureira, tanto nos homes coma nas mulleres. Nesa rama encádranse o

63 % dos partes pechados de homes e o 32 % dos partes pechados de mulleres.

Page 38: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017

38

Táboa 15. PARTES PECHADOS COMO EEPP CON BAIXA POR RAMA DE ACTIVIDADE E SEXO. ANO 2017

RAMA DE ACTIVIDADE HOMES MULLERES TOTAL

Agricultura, gandaría, silvicultura e pesca 19 7 26

Industrias extractivas 10 0 10

Industria manufactureira 233 120 353

Subministración de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado 0 0 0

Subm. de auga, activ. saneamento, xestión de residuos e

descontaminación

4 0 4

Construción 33 2 35

Comercio; reparación de vehículos de motor e motocicletas 26 77 103

Transporte e almacenamento 11 4 15

Hostalaría 4 12 16

Información e comunicacións 0 5 5

Actividades financeiras e de seguros 0 0 0

Actividades inmobiliarias 0 0 0

Actividades profesionais, científicas e técnicas 2 6 8

Actividades administrativas e servizos auxiliares 21 68 89

Admón. pública e defensa; seguridade social obrigatoria 2 10 12

Educación 0 4 4

Actividades sanitarias e de servizos sociais 5 41 46

Actividades artísticas, recreativas e de entretemento 2 1 3

Outros servizos 0 16 16

Actividades dos fogares 0 0 0

Actividades de organizacións e organismos extraterritoriais 0 0 0

Total 372 373 745

FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS

A marcada segmentación sexual na ocupación maniféstase, obviamente, na

distribución dos partes pechados por ramas e sexos. Despois da industria

manufactureira, as seguintes ramas con máis partes pechados como EEPP nas

mulleres son o comercio (77 partes); as actividades administrativas e servizos

auxiliares (68 partes) e as actividades sanitarias e de servizos sociais (41 partes).

Nos homes, tras a industria manufactureira destacan as seguintes ramas:

construción (33 partes), comercio (26 partes) e actividades sanitarias e de servizos

sociais (21 partes).

1.1.3. Sistema de alertas

O sistema CEPROSS contén un «servizo de alertas» que ofrece a posibilidade de

detectar aquelas empresas que superaron os límites de alerta establecidos. É dicir,

localiza posibles «focos de risco» de EEPP, para facilitar unha maior eficiencia nas

accións de preventivas.

Page 39: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

39

Táboa 16. TOTAL DE EMPRESAS QUE SUPERARON OS LÍMITES ESTABLECIDOS NO 2017

GRUPO 1 GRUPO 2 GRUPOS 3 GRUPO 4 GRUPO 5 GRUPO 6 SUMA TOTAL

EMPRESAS

Madrid 8 44 3 2 1 58 45

Galicia 1 22 9 11 1 1 45 36

País Vasco 21 4 4 1 3 33 31

Cataluña 10 12 1 2 1 26 21

Andalucía 2 4 7 1 2 3 19 18

Navarra 2 13 2 2 19 13

Castela e León 1 4 7 1 13 13

Murcia 8 2 1 1 12 12

Valencia 7 6 1 1 1 16 12

Castela-A Mancha 2 4 1 1 8 6

Aragón 3 1 1 5 5

Asturias 2 3 5 4

Cantabria 4 4 3

Canarias 1 1 1 3 3

Baleares 1 1 2 2

Estremadura 1 1 1

A Rioxa 1 1 1

Ceuta 1 1 1

Total 8 109 94 30 12 18 271 227

FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS

Nota:

Grupo 1: EEPP causadas por axentes químicos

Grupo 2: EEPP causadas por axentes físicos

Grupo 3. EEPP causadas por axentes biolóxicos

Grupo 4: EEPP causadas por inhalación de substancias e axentes non comprendidos noutros apartados

Grupo 5: EEPP da pel causadas por substancias e axentes non comprendidos nalgún dos outros apartados.

Grupo 6: EEPP causadas por axentes carcinóxenos.

No ano 2017, 36 empresas superaron en Galicia os límites de sinistralidade;

representan o 16 % das detectadas en España (fronte as 34 empresas detectadas

en 2016). Na clasificación por comunidades autónomas, Galicia é a segunda co

maior número de empresas que superaron os límites de sinistralidade, só está por

detrás de Madrid (45 empresas).

As alertas nesas 36 empresas en Galicia producíronse en 45 EEPP. Polo tanto,

existen empresas onde as alertas detectaron máis dunha enfermidade profesional.

O maior número de empresas que superaron os límites de sinistralidade

encádranse nas actividade económicas de corte, tallado e acabado da pedra (11

empresas) e actividades hospitalarias (6 empresas).

Page 40: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017

40

1.2. Patoloxías non traumáticas

Os datos manexados de patoloxías non traumáticas corresponden aos expedientes

comunicados a través do sistema PANOTRATSS en Galicia no ano 2017. Coñecemos o

número de partes comunicados distribuídos por sexo, por provincias e segundo

causaran ou non baixa laboral.

Por sexos

No ano 2017 comunicáronse 209 partes de patoloxías non traumáticas en Galicia

(fronte a 610 no 2016). A incidencia da declaración é maior nos homes ca nas

mulleres: 123 partes de homes (o 58,85 % dos partes) e 86 de mulleres.

O 73,68 % dos partes comunicados foron con baixa laboral. Por sexos, esa

proporción é algo máis elevada nos homes ca nas mulleres: 75,61 % fronte a

70,93 %, respectivamente.

Táboa 17. PARTES COMUNICADOS DE PATOLOXÍAS NON TRAUMÁTICAS

ANO 2017

HOMES MULLERES TOTAL

Con baixa 93 61 154

Sen baixa 30 25 55

Total 123 86 209

FONTE: elaboración propia a partir de datos do PANOTRATSS

Por provincias

O maior número de partes comunicados de patoloxías non traumáticas

corresponde, con diferenza, á provincia da Coruña: 119 no 2017, que representan

o 56,94 % dos comunicados na comunidade. Séguenlle moi de lonxe os 41 partes

de Pontevedra (o 19,62 %), Lugo con 31 (o 14,83 %) e, por último, Ourense con 18

(o 8,61 %).

O número de partes comunicados de homes é superior ao de mulleres nas catro

provincias galegas.

A maior porcentaxe de baixas laborais por patoloxías non traumáticas deuse nas

provincias de Lugo (o 80,65 % dos partes) e A Coruña (o 78,15 %). Pontevedra, cun

68,29 %, e Ourense, cun 44,44 %, quedaron por baixo da media.

Page 41: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

41

Táboa 18. PARTES COMUNICADOS POR PROVINCIAS E SEXOS. ANO 2017

CON BAIXA SEN BAIXA

HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL

A Coruña 54 39 93 15 11 26

Lugo 16 9 25 4 2 6

Ourense 6 2 8 4 6 10

Pontevedra 17 11 28 7 6 13

Total 93 61 154 30 25 55

FONTE: elaboración propia a partir de datos do PANOTRATSS

Clasificación por comunidades autónomas

Na clasificación por comunidades autónomas, en cifras absolutas, Galicia é a

décima con máis declaracións de patoloxías non traumáticas: 209 partes no 2017.

Galicia é a terceira comunidade autónoma coa porcentaxe máis alta de partes

comunicados con baixa laboral nas patoloxías non traumáticas: o 73,68 % das

declaracións foron con baixa no 2017, porcentaxe que baixa ata o 57,00 % na

media estatal. Só está por detrás de Canarias (o 84,43 % dos partes comportaron

unha baixa) e de Murcia (o 75,10 %).

Táboa 19. PARTES COMUNICADOS POR CCAA. ANO 2017

CON BAIXA (A) SEN BAIXA TOTAL (B) (A/B)*100

Cataluña 644 563 1.207 53,36 %

Valencia 246 271 517 47,58 %

Madrid 338 127 465 72,69 %

Andalucía 278 166 444 62,61 %

Aragón 181 227 408 44,36 %

País Vasco 103 220 323 31,89 %

Murcia 193 64 257 75,10 %

Canarias 206 38 244 84,43 %

Castela e León 113 98 211 53,55 %

Galicia 154 55 209 73,68 %

Castela-A Mancha 92 58 150 61,33 %

Asturias 60 61 121 49,59 %

Baleares 44 42 86 51,16 %

Estremadura 42 18 60 70,00 %

Navarra 27 30 57 47,37 %

A Rioxa 23 26 49 46,94 %

Cantabria 7 9 16 43,75 %

Ceuta 4 2 6 66,67 %

Melilla 1 4 5 20,00 %

Total 2.756 2.079 4.835 57,00 %

FONTE: ELABORACIÓN PROPIA A PARTIR DE DATOS DO PANOTRATSS

Page 42: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017

42

Page 43: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

43

CONCLUSIÓNS

A actividade económica e o emprego medran pero aínda é maior o aumento dos

accidentes de traballo como consecuencia da deterioración das condicións laborais

e da extensión da precariedade.

Segundo o avance das estatísticas de accidentes de traballo que publicou o ISSGA,

durante o 2017 producíronse en Galicia 30.328 accidentes de traballo con baixa.

Dese total, o 89,97 % ocorreron en xornada laboral (27.286 accidentes) e o

10,03 % restante no desprazamento do domicilio ao centro de traballo ou

viceversa (3.042 accidentes). En relación co ano anterior, os accidentes de traballo

con baixa en xornada laboral aumentaron un 9,17 % e os accidentes in itinere

fixérono un 8,64 %.

O «índice de incidencia» é o cociente entre os accidentes en xornada de traballo

con baixa e a media anual de traballadores/as afiliados en situación de alta laboral

nos réximes que teñen cuberta a continxencia de accidente de traballo. Polo tanto,

este indicador ofrece datos máis precisos ca a simple comparación de cifras

absolutas de accidentes e confirma que estes aumentan por riba da creación de

emprego.

O índice de incidencia subiu un 6,42 % en relación co ano 2016. A suba dáse en

ambos os sexos pero máis nos homes (+7,63 %), en todos os sectores agás na

pesca, en maior proporción na construción (+12,29 %) e, por gravidade, o aumento

concentrouse nos leves (+6,91 %).

No 2017 morreron 49 persoas nun accidente de traballo (43 homes e 6 mulleres).

Dese total, morreron en xornada laboral 40 homes (15 menos ca no 2016) e 3

mulleres (1 máis ca no 2016). Por sectores, destaca o incremento dos accidentes

mortais na construción: faleceron 13 persoas no 2017, oito máis ca no 2016.

A gravidade da situación apréciase na súa verdadeira dimensión cando nos

comparamos coas restantes comunidades autónomas: segundo as estatísticas do

Ministerio de Emprego e Seguridade Social, Galicia rexistrou un índice de

incidencia de 5,48 accidentes mortais por cada cen mil traballadores/as, mentres

que a proporción acadada na media do Estado foi do 3,20. En cifras absolutas,

somos a cuarta comunidade autónoma con máis accidentes mortais.

Os traballadores e traballadoras con menos antigüidade no seu posto traballo

teñen máis probabilidades de sufriren un accidente de traballo. Un dato revelador

disto é que o 21 % dos accidentes con baixa en xornada laboral rexistrados no

2017 sufríronos persoas que tiñan unha antigüidade inferior a tres meses no seu

posto de traballo, porcentaxe moi elevada en relación coa poboación asalariada

exposta a esa situación.

Page 44: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017

44

A nosa estrutura produtiva caracterízase polo predominio case absoluto das

empresas moi pequenas. Esa peculiaridade tamén se reflicte na sinistralidade

laboral. No 2017, o maior número de accidentes de traballo con baixa en xornada

laboral dáse nas empresas que teñen entre 5 e 25 traballadores e traballadoras:

abranguen o 27 % do total dos accidentes. O 40 % dos accidentes de traballo en

xornada laboral rexistráronse en empresas que tiñan de 1 a 25 traballadores/as.

As persoas con contrato temporal tamén corren máis riscos de sufrir un accidente

ca as que teñen unha relación estable: o 40 % dos accidentes con baixa en xornada

laboral rexistrados no 2017 ocorréronlles a persoas cun contrato temporal; esa

porcentaxe queda moi por riba da representación que ten a poboación asalariada

temporal no emprego por conta allea. En comparación co ano 2016, os accidentes

de traballo en xornada laboral aumentaron máis nas persoas cun contrato

temporal ca entre as que tiñan un contrato indefinido.

Persiste a infradeclaración das enfermidades causadas polo traballo. Segundo a

información proporcionada polas aplicacións CEPROSS E PANOTRATSS, no 2017

comunicáronse 1.691 enfermidades causadas polo traballo: 1.482 partes foron de

enfermidades profesionais (fronte a 1.364 no 2016) e 209 de patoloxías non

traumáticas causadas ou agravadas polo traballo (fronte a 610 en 2016).

No ano 2017, o 56,34 % dos partes comunicados de enfermidades profesionais

foron con baixa laboral; esa porcentaxe era do 58,28 % un ano antes. Mención á

parte merece o subrexistro das enfermidades profesionais causadas por axentes

carcinóxenos (grupo VI): catro partes no 2017 (todos de homes), un con baixa e

tres sen baixa.

Page 45: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

45

Page 46: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da sinistralidade laboral no

46