Cambados trema

13

description

Relatos terror

Transcript of Cambados trema

Page 1: Cambados trema
Page 2: Cambados trema

A CASA EMBRUXADA

A noite do 31 de Outubro unha rapaza andaba a vagar polas rúas solitarias de Cambados. Eran as doce da noite, todo estaba moi escuro salvo pola luz da lúa chea, todo o mundo estaba xa recollido nos seu fogar.María ía de camiño para a súa casa cando atopou coa rapaza que estaba a andar polas rúas de Cambados. María ó principio pensou que estaba perdida ou que como ela, ía de camiño para a súa casa. Cando María se aproximou á rapaza, levou grandísimo susto! A moza tiña os ollos en branco e estaba moi pálida. De súpeto, botou un sorriso e colleu a María pola man. María estaba moi asustada, iso é certo, pero quería saber o que a moza quería dela e porqué estaba así. Cando a tiña da man a rapaza guiouna ata a “A Casa Embruxada”. María empezou a ter un pouco máis de medo porque as historias que contaban dese casa eran arrepiantes. Chegaron á porta da casa e, de repente, abriuse soa. María tivo o impulso de saír correndo, pero a rapaza non a deixou escapar e fíxoa entrar.Unha vez dentro da casa, guiouna ata o que parecía o salón . A estaza tiña as paredes cubertas de sangue, moitas veas acendidas, bruxas e cadros nos que aparecían sacrificios e xente morta. No centro do salón, había unha gran butaca e ao seu redor, un círculo con veas acesas.María quería chorar, berrar e saír correndo pero algo dentro dela non a deixaba coma se o seu corpo non puidese reaccionar.A rapaza colleu un feitizo que tiña nun caixón próximo a ela e comezou a recitalo e pouco a pouco María foise durmindo. Logo a moza púxelle as súas mans na cabeza e de súpeto María abriu os olllos, pero agora tíñaos en branco igual ca a rapaza!Con ese feitizo María pasou a ser coma a aparecida e conta a lenda que cada 31 de outubro, na “Casa “Embruxada” óense ruídos estraños e que pola fiestra vese o reflexo de dúas persoas.

Carla Serén 1º bac B

Page 3: Cambados trema

O MARQUÉS DO PAZO

A comezos do século XVII, nunha pequena vila do sudoeste de Galicia chamada Cambados, vivía o marqués Vompicelli, un nobre emigrante de Sicilia que chegara ao pobo había anos. O señor marqués, que vivía no gran pazo de Fefiñáns, todas as noites baixaba dende o seu cuarto ata o exterior da vivenda, dirixíndose sempre cara ó xardín. Cando chegaba ao seu destino, simplemente o que facía era mirar fixamente unha parte dunha lousa situada ao carón dun rosal, e cando lía o que a lousa poñía, botaba a chorar ata o amencer. Así día tras día, sen máis explicación. Que desgracia tan grande podería ferir desa maneira os sentimentos dun nobre? Naquela época cantos quixeren ser coma el, vivir con todos os privilexios e comodidades. Pois ben, ao señor Vompicelli o único que botaba en falta era á súa muller. A señora marquesa morrera xa había moitos anos, tantos que nin sequera el o recordaba xa. Encontrárana morta no interior dunha tumba no cemiterio da vila. Cando deran con ela, estaba sen brazos, cortáranllos posiblemente para que non puidese empurrar a mármore e que lle fose moito máis difícil resistirse. Xunto a ela estaba un home, cos mesmo síntomas, desbrazado. O marqués pagaría por poder facer algo para impedilo, pero ella marchou, xa non a vería máis. Só o nobre sabía quen era aquel home, de apariencia xove co que atoparon á súa muller e só el sabía o que sentía cando, noite tras noite, lía naquela lousa dous nomes gravados. O dela e o seu.Quizais non volva a vela e pode que este emigrante italiano siga moitos séculos máis vagando sen fin coma unha alma en pena.

Estela Vilanova Núñez1ºBach. B

Page 4: Cambados trema

O MISTERIO DE CAMBADOS

É un domingo chuvioso na vila de Cambados e o boticario Guillerme Otero saca papel, tinta e pluma para escribir a recente traxedia que golpea a veciñanza.Dende uns meses atrás cada noite de domingo de xeito inexplicable un cambadés morre mentres dorme. Houbo quen deixou a zona e se mudou a outro lugar, houbo quen tentou non durmir, mais foi inútil, e houbo quen sinxelamente aceptou que lle chegara a hora.

O escrito é curto pois no hai moito que contar e leva tamén unha lista dos defuntos.

Tras recoller no papel os sucesos apaga a vela que lle daba luz e senta na cama. Por un intre pensa “ Así que son eu o derradeiro... Ben, será o que teña que ser “, métese debaixo das mantas e dorme.

Xandre Grandal 1º Bac B

PRETO DA OSCURIDADE

Unha mañá fría no corazón do Salnés, Carlos espertou para ir ao instituto, e mentres almorzaba viu no xornal unha noticia sobre Cambados que poñía que nos últimos tres días desapareceran dúas persoas. Ambas as dúas entre as 23:30 e as 2.00 da madrugada. Carlos marchou cara o instituto, onde comentou a noticia cos seus amigos Xoán, Nerea e Carmelo. O día seguinte Carlos volveu ver unha noticia igual a do día anterior. Cando comezou a ler o nome do novo desaparecido deuse conta de que era o seu amigo Carmelo. Ao chegar ó instituto volveuse xuntar como o día anterior con Xoán e Nerea, e quedaron en saír máis tarde na súa busca. Eles crían que Carmelo marchara pola súa propia vontade, a causa das diferenzas cos seus pais. Ao saír do instituto, despois de comer, quedaron fronte á mansión, xa que un dos coches dos desaparecidos topouse fronte a gran casa que está nas aforas do monte, preto do instituto, pero non toparon nada. Cando escureceu, decidiron ir dar unha ultima volta ao longo da ruta do Umia. Mentres ían andando escoitaron unhas pisadas que os puxeron en alerta, pero o seu redor non había ninguén. Ao chegaren ó carón do río, Xoán separouse un momento para atender unha chamada. Cando regresou, estaba Carlos sentado a beira do río. Preguntoulle por Nerea, pero el non respondeu. Víaselle o terror nos ollos. Logo Xoán foise separando pouco a pouco de Carlos. A vinte metros del, veu como unha sombra o rodeaba. Era de forma indefinida e non producía ningunha clase de son. Xoán empezou a correr cara á súa casa, deixando atrás a sombra e a Carlos, pero uns minutos mais tarde, topouse de repente con aquela sombra. Esta comezou a rodealo. Era moi fría, húmida. El intentaba zafarse de todas a s formas posibles pero non era capaz. De pronto deuse conte de que un coche ia na súa dirección,e cando estaba a punto de investilo, a condutora freou e baixou, pero o xirarse para arrimar a porta deuse conta de que xa non había nada.

Martín Pérez 1º B

Page 5: Cambados trema

Era unha mañá normal e corrente no IES Francisco Asorey. Os alumnos ían chegando pouco a pouco. Algúns en autobús, outros andando e o resto en coche, igual que os profesores que ían aparcando os seus automóbiles.Faltaba unha semana escasa para o festival de Samaín, e os alumnos aportaban a súa axuda no decorado do salón de actos. Cada clase encargábase dunha parte durante unha hora.A media mañá achegouse ao salón o grupo de 1º de Bacharelato B, vinte alumnos. Estes puxéronse a decorar a súa correspondente sección, incluídas as paredes. O profesor encargado escolleu a Oscar para que subira a escada e as decorara, pero este tivo que saír a buscar materiais novos. Nese momento os alumnos puxéronse a xogar. A David deuselle por apagar e acender as luces. Oscar comezou a ter medo, e cando intentou baixar da escada a escuras perdeu o equilibrio e caeu de tal forma que golpeou a cabeza cun ferro que sobresaía dunha cadeira.Cando David acendeu as luces e viron o sucedido foron avisar o profesor, pero non se puido facer nada. Óscar xa estaba morto.Os compañeiros acordaron dicir que esvarara xa que asi non habería ningún culpable, aínda que todos sabían que a culpa do sucedido era de David..Á semana seguinte, celebrouse o festival de Samaín. Adicáronlle o Samaín ao defunto, pero isto a Óscar non lle chegaba. El quería vinganza, non descansaría ata que os culpables pagaran polos seus feitos. E, así foi. O festival transcorría normalmentede, pero mentres se vían os videos do concurso comezou a haber interferencias, a pararse o ordenador, a volver a acenderse. A computadora estaba fóra de control. Decidiron desenchufalo e dicir que fora un fallo técnico. Oscar,que seguía insatisfeito berraba -VINGANZA!- unha e outra vez e comezou a apagar e acender as luces. Os alumnos berraban asustados. As portas pecháranse, ninguén podía entrar nin sair. Cada vez que se apagaban e acendían as luces desaparecía un alumno de entre os espectadores e aparecía uns segundos despois tirado no medio do escenario.Uns minutos máis tarde, os profesores fixéronse co control da situación e viron o escenario cheo de corpos inconscientes e sen vida. Foron identificándoos un a un, e cando terminaron, déronse de conta de que eran os alumnos de 1º de Bacharelato B.Despois deste terrible suceso,o instituto tivo que cerrar. Os alumnos marcharan atemorizados depois do ocurrido. E, conta a lenda,  que cada día de Samaín, no antigo IES Francisco Asorey, se escoitan os laios dos rapaces e a Oscar berrando VINGANZAAA!!

Iván Gómez 1º Bac B

Page 6: Cambados trema

O SAMAÍN CELTA Hai moitos anos, na época na que Galicia estaba cuberta de castros, no que hoxe é a vila de Cambados, había un pobo de celtas moi reducido. A familia do xefe do lugar, estaba composta por tres membros: o pai e cabeza de familia; a nai, encargada das tarefas do fogar e a súa única filla, que estaba a aprender as técnicas da arte curandeira. A rapaza tiña uns dazaseis anos, era xove, bela, traballadora e admirada por todos; o seu nome era Ava. Esta estaba prometida co fillo máis novo do ferreiro, Prolix, que xa tiña cumpridos os dazaoito anos.A ambos lles gustaba participar das festas locais, pero había unha data sinalada na que ninguén podía abandonar o fogar. Na noite de Samaín ninguén sen excepcións podía saír. Pois uns anos atrás, nesa mesma noite ocorrera algo atroz. Unha rapaza fora atopada sen vida preto da zona onde xacían os mortos do pobo; o que hoxe se coñece como cemiterio. Tales eran os estragos que sufrira o corpo da vítima, que non se lograra identificala. Dende entón Buentorax, seu pai, só deixaba que esta saíse na compaña de Prolix.O día de Samaín, Ava fora ver a tumba da defunta da súa avoa, onde se sitúa actualmente o monte da Pastora, para cambiarlle as flores. Xa de volta cara á casa atoparase con Prolix. Este preguntoulle que ía facer esa noite, esta respondeulle que non ía facer nada, el díxolle que se quería podían ir dar un paseo baixo a lúa chea, ela negouse en varias ocasións pero ao final Porlix acabou por convencela. Pediulle que agardase por ela, pois tiña que espear a que seus pais estivesen durmidos. Chegada a hora Ava foi o encontro de Prolix que a estaba agardando na praza. No intre en que chegou, comezaron a camiñar cara ó río que se sitúa preto do cemiterio. Chegados ao río, Prolix comezou a acender unha pequena fogueira coa leña que Ava collera polo camiño; a fogueira non só era para manterse quentes se non tamén era para afastar aos malos espíritos. Mentres el facía iso, ela camiñou pola orela ata chegar a un punto no que xa non podía seguir camiñando, volvendo sobre os seus propios pasos, no intre que se aproximaba a onde se atopaba Prolix, veu coma este é o seu irmán maior Gabriel pelexaban, para impedir que se fixeran dano intentou separalos, pero o único que logrou foi que Gabriel a lanzase polos aires facendo que a súa cabeza acabase na auga. Este deixou ao seu irmán medio moribundo e foi a por Ava. Estaba algo aturdida polo golpe pero logrou poñerse en pé e ver que Gabriel non era o mesmo de sempre posto que os espíritos da noite o posuíran.Ava para intentar salvar a súa vida é a de Prolix empezou a falar con Gabriel para que Prolix tivese tempo de reaccionar. Foi en van. Gabriel colleu a Ava pola cabeleira e arrastrouna ata o río e afogouna, pero non sen antes dicirlle o que sentía por ela e bicala. Ao seu querido irmán pequeno esperáballe un final un tanto maís desagradable: primeiro atouno a unha árbore cércana, e empezou a torturalo,chegado ao punto no que tiña a espalda en carne viva colleu a súa espada e cortoulle as extremidades unha a unha e por ultimo a cabeza, ao acabar foi xunto a Buentorax e confesou o que acababa de facer. Este tomou represalias e mandou aforcar a Gabriel polos asasinatos a sangue frío da súa única filla e do rapaz. Dende entón as noites de Samaín de lúa chea, ninguén se achega ao cemiterio nin ao río por mor de que lles pase algo parecido ou peor.

Cristina Lesmes, 3º ESOA

Page 7: Cambados trema

A MORTE ACECHA Xoán, Paco a Eustaquio eran moi bos amigos. Xoán era intelixente, alto e un pouco gordo, Paco era o típico amigo gracioso que sempre andaba a contar chistes malos e a facer bromas de mal gusto e Eustaquio era moi tímido e gustáballe moito facer deporte.Un día pola tarde ían os tres dando unha volta por Cambados. Paco e Eustaquio estaban a falar do partido de fútbol, o Cuntis C.F. contra o Rápido de Pontequieto. Paco xogaba no Rápido de Pontequieto e esa semana perderan contra os últimos, o Cuntis, 4-2.De súpeto déronse de conta de que Xoán xa non estaba a carón deles, desaparecera.Paco e Eustaquio estivérono buscando por Cambados pero non o deron encontrado. Xa eran as dez da noite e foron a casa de Xoán que estaba ao lado do cemiterio.Cando chegaron a casa de Xoán, abriron a porta e encontráronse a Xoán aforcado e cunha nota pegada ao peito que poñía:

Todos e cada unde vós tamén ides

MORRER

Cando se dispoñían a saír da casa aparecéuselles A Morte.Era un esqueleto cunha sotana que lle cubría todo o corpo, tamén levaba unha gadaña na man dereita coa que decapitou a Paco e Eustaquio.

Iván Lois, 3º ESO A

Page 8: Cambados trema

A SOMBRA DA TORRE

Era 31 de outubro, e estaba coas miñas amigas polas rúas de Cambados, especialmente polas rúas de San Tomé. Eu e mais Marta estabamos un pouco asustadas xa que a xente dicía que o 31 de outubro, da parte traseira da Torre, saían unhas pantasmas que se paseaban polas vilas de Cambados, asustando a xente, sobre todo aos xoves que dicían que non crían nesas parvadas. As miñas amigas eran desas rapazas, elas estaban convencidas de que non había ningunha pantasma na Torre, mais eu e Marta dicíamos que si. Entón a elas non se lles ocorreu outra cousa que ir mirar a parte traseira da Torre para demostrarnos a nolas dúas que non había nada , que todo eran tolerías da xente de Cambados. Eu non tiña nada de ganas de ir mirar detrás da Torre se estaban ou non as pantasmas. Pero as miñas amigas emperráronse, e ao final, decidimos ir. Estabamos cruzando a ponte cando de repente se oíu unhas voces moi estrañas, non se entendía ben o que dicían, pero todas quedamos moi asustadas, pero decidimos seguir. Cando chegamos á praia volvemos escoitar outra vez as voces e desta vez todas pegamos un berro, sobre todo Mariña e mais eu, pois as outras aínda que tamén berraran dicían que iso era a xente que andaba por aí. Fixémoslle caso e seguimos andando ata chegar a Torre. Xa case estabamos na parte traseira. Só nos faltaba dobrar a esquina , todas nos paramos un momento, respiramos e continuamos. Nada mais chegar á parte traseira vimos unhas sombras moverse e todas empezamos a correr, case caemos e chegamos ata a casa de Nuria que se situaba en San Tomé. Todas estabamos moi asustadas, arrimadas unhas as outras e , de repente, escoitamos unhas risas moi familiares. Sandra e Beatriz decidiron saír a mirar, aínda que Enma e Ana dicían que non facía falta abrir a porta. Pero aínda así abrírona con coidado e encontráronse con todos os rapaces da nosa idade que nos estaban a gastar unha broma. As voces e as sombras que víranmos eran deles, todos nos empezamos a rir e de repente escoitamos unhas voces que dicían –Rídevos agora pois logo non teredes tempo ja,ja,ja,ja-

Alba Rodríguez Aragunde, 3º eso A

Page 9: Cambados trema

NOITE DE MISTERIO

Dende pequena vivo en Cambados, concretamente, nunha casa alonxada do centro. Era 31 de outubro, pola noite, levaría unhas dúas hora durmindo, cando, de súpeto e sen motivo aparente, espertei. Pareceume moi estraño, pois teño o sono bastante profundo e case nunca esperto pola noite. Intentei volver a conciliar o sono, pero non fun capaz. Algo mo impedía, pero non sabía o que. Pouco a pouco, comecei a sentir unha estraña presenza na habitación, como se alguén me estivera observando. Invadiume unha inmensa sensación de medo, mantívenme inmóbil e co corpo en tensión. Non sei canto tempo estiven así, pero debín quedar durmida, xa que logo volvín espertar, pero esta vez non sentín na estraño no cuarto. Armeime de valor e levanteime da cama, prendín a luz. Alí non había ninguén, pero si unha nota no chan que dicía: “Vexo que te decataches da miña presenza, xa podes empezar a temer”. Apaguei a luz de contado e volvinme meter na cama, pechei os ollos con toda a forza do mundo e desexei quedar durmida ao instante, pero non foi así. Permanecín esperta horas e horas, sentindo como a presenza me observaba, ata que, por esgotamento, volvín quedar durmida, pero de alí a un pouco, volvín espertar.Agora notaba a presenza moito máis preto e ela sabíao, polo que dixo: “ Así que tes medo eh, non me estraña, eu no teu caso, tamén o tería”.Eu tremía co medo e non sabía que facer, podería quedar alí, pero así a pantasma ou o que fora aquilo podería facer comigo o que quixese, así que decidín intentar escapar. Erguínme e corrín cara á porta. Xirei o pomo, pero a porta estaba fechada con chave. A pantasme rompeu a rir e dixo: “De verdade cres que vou deixar que escapes tan facilmente?”Mantívenme quieta ao carón da porta, todo o que fixera a partir dese intre sería inútil, así que resigneime a que a presenza fixese o que quixera…O espertador soou ás sete e media da mañá, coma todos os días, abrín os ollos e levanteime. Nada máis dar o primeiro paso, atopei un papel no chan que tiña escrito con letra borrosa: “Onte salvácheste, pero volverei, teno por seguro”.Recordos da noite comezaron a acumularse na miña cabeza, non logrei recordar todo o que pasara e iso preocupoume. Un calafrío percorreume o corpo…Que ou quen era aquilo e que querería de min?

Tamara Parracho Martínez, 3ºESO A

Page 10: Cambados trema

31

Todo comezou aquel 31 de outubro de 1936, naquela vella vila. Alí comezou a miña historia. Preguntarédesvos quén son eu, pois ben, chámome Uxía e teño 17 anos. Ben, eses eran os anos que tiña cando ocorreu aquilo. Aquel pesadelo do que nunca puiden espertar. Eu era unha rapaza de cabelo louro, ollos azuis, delgada e alta. Non me podía queixar da miña situación económica, pois meus pais eran os duques de Pontevedra, polo que tiña unha vida moi acomodada.Pois ben, como vos dicía, fora pasar a ponte do Día dos Defuntos á casa da miña da miña a avoa, en Cambados, unha vila non moi grande por aquel entón. Meus pais e eu levábamos indo alí desde que eu tiña 3 anos.Recordo que cando chegáramos, o primeiro que fixera, fora correr ata a Illa da Torre. Aquel era o meu lugar favorito de Cambados xa que, sentába na herba e contemplaba o vaivén das ondas ata que se poñía o sol.A iso das nove da noite, miña nai chamárame para ir cear pero eu quedara un pouco máis. Sobre as dez, decidira que xa era hora de voltar para a casa e así o fixen pero, cando estaba a piques de cruzar a ponte para ir ao outro lado, vino. Vin a aquel rapaz máis ou menos da miña idade que estaba sentado enriba dunhas pedras, inmóvil, contemplando a lúa chea. Fun camiñando xunto del moi amodo e, cando se xirou, vin que non era moi normal que se dixese, pois tiña os ollos avermellados e estaba moi pálido. O rapaz díxome que se chamaba Pedro, que viña do mundo dos mortos e que me viñera buscar para levarme con el. Eu comecei a correr intentando escapar, pero era máis rápido ca min e alcanzoume. Recordo que me colleu polo brazo esquerdo e que me levou ás costas ata a cima da Torre, aquel lugar que era o meu preferido dende que tiña 3 anos e que, agora, ía ser escenario da miña morte. Pedro empuxoume dende o alto da Torre e o último que recordo, foi o meu berro de angustia mentres caía ata estamparme contra as rochas. Ese día, foi o último da miña vida.Dende entón, aparezo tódolos 31 de outubro e sobo ata a cima da Torre. Sento alí e recordo detalle a detalle todo o que pasara aquel condenado 31 de outubro de 1936.

Laura Ozores, 3º ESO A

Page 11: Cambados trema

ZOMBIS EN CAMBADOS

Unha noite eu ía de camiño para a casa cando pasei por diante das ruínas de Santa Mariña e vin un resplandor azul moi raro, así que decidin investigar.Canto máis me achegaba a luz máis atúdes abertos había. Cando apenas me faltaban uns metros para chegar vin un zombi,non, non era un senón centos deles. Eu asustada botei a correr, sen darme conta que xa me viran. Entón dous zombis cerraron a cancela e inmpedíronme o paso. Xa non sabía onde meterme e os zombis cada vez estaba máis cerca.De súpeto vin unha cancela vella e oxidada así que, boteina abaixo.Saín escopetada de alí. Fun casa por casa avisando da gran invasión pero ninguén me facía caso.Cheguei a casa, conteillo a meus pais pero tampouco me creron. Estaba desesperada, os zombis ían atacarnos e nós de brazos cruzados. Ocorréuseme a idea de ir polas casa dos meus amigos e polo menos, eles créronme. Equipámonos ben, con ferramentas especializadas,e todos xuntos fomos as ruínas de Santa Mariña.Chegamos alí e os zombis xa estaban preparados para atacar, cando saíron fóra do cemiterio empezamos o ataque pero foi en van.Un por un foron chegando ás casas e convertendo a familiares, amigos e xente inocente en zombis.Non sabíamos como acabar con eles sen facerlles dano aos nosos pais, avós...Cada vez eran máis, ata que chegou o punto que só quedamos nós. Pensei nunha maneira de acabar con esta praga sen facerlles dano aos nosos e esa idea era entrar no cemiterio e encontrar o problema.Armeime de valor e entrei no cemiterio, abrinme paso entre os zombis e descubrin o problema, detrás do vello altar había unha especie de portal entre o noso mundo e o dos mortos. Abrírase por razóns descoñecidas e isto provocou a resurreción dos mortos. Agora xa sabemos de onde vén o problema pero non sabemos como librarnos del. Como cerrarnos ese portal?A Xosé un dos meus amigos tivo unha ideas moi boa, dixo: “Agora os dous mundos están desequilibrados así que só temos que levar aos zombis cara ó portal, pero soamente os zombis, os que se converteron en eles supoño que cando os zombis regresen, o seu feitizo ou o que lle sexa, desaparezá”.Puxemos en práctica a idea. Eu era "o cebo" e conducin os mortos viventes cara ó portal e no último segundo esquivei o portal e os zombis foron todos ao outro  mundo.Ao final a nosa suposición era certa. Cerrouse o portal e todos volveron ao seu estado orixinal garzas a nós.Por fin acabou o pesadelo e menos mal que ninguén recorda nada.

Andrea Pérez Cambeiro 3º ESO A

Page 12: Cambados trema

PEDRO, "O TOLO"

Eran as doce da noite dun martes trece e o cura Xoán viña de oficiar o enterro dun home moi peculiar.Chamábase Pedro,pero na vila de Cambados todo o mundo o coñecía polo alcume de "O Tolo". Pedro vivía el só nunha casiña pequena preto da Torre de San Sadurniño e non tiña familia ningunha.Pedro era moi raro. Todas as noites ía á Torre coa súa machada, pero ninguén sabía o motivo. Algúns pensaban que era para asasinar a quen se lle aproximase, outros que era para protexerse, aínda que non sabía de que, e outros, simplemente opinaban que era para amedrentar aos veciños.O caso é que o cura Xoán volvía para a casa moi nervioso despois do enterro, pois morrera dunha forma moi estraña. Aparecera morto diante da entrada da súa casiña coa súa machada ao lado. Esa noite, mentres intentaba quedar durmido,a Xoán aparecéuselle a pantasma de Pedro,a cal lle pediu que investigara o seu asasinato e así o fixo Xoán.Ao día seguinte xa se puxo a investigar coa axuda de Miguel, un home que era o que máis relación tiña con Pedro xa que lle gustába axudar aos menos favorecidos. Miguel atopou varias pistas e algúns testemuños. Ao cabo de tres semanas, Xoán soubo quen era o asasino e ao día seguinte iríallo dicir á policía. Mais pola mañá cedo, atopárono morto na cama e coa machada de Pedro, na casa reitoral. Miguel foi quen alertou da súa morte, igual que na de Pedro, coincidencia? Ou quizais non?

Iago Padín, 3ºESO A

Page 13: Cambados trema