Camiño Noia: a afouteza do compromiso

21
Departamento de Filoloxía Galega e Latina-Homenaxe á profesora Camiño Noia Camiño Noia: a afouteza do compromiso Xosé María Gómez Clemente Universidade de Vigo Camiño Noia Campos naceu na rúa Fonseca 2, de Santiago de Compostela o 21 de setembro de 1945. Filla de María Campos Lourido e de Agustín Noia Maza, recibiu a primeira instrución a cargo da súa nai, mestra, que a levaba consigo nos distintos destinos rurais da provincia da Coruña. Á idade de 6 anos, comezou a estudar da man de Magdalena Brañas, irmá de Alfredo Brañas, que puña escola en Santiago. Continuou a súa formación no Instituto Rosalía de Castro de Santiago, onde coñeceu a Carme Ríos Panisse. Máis adiante, xa na Universidade, Carmen Ríos exerceu certa influencia en Camiño no seu proceso de achegamento ó galeguismo. Comezou os seus estudos universitarios de Filoloxía e Letras na Universidade de Santiago en 1963. Durante os primeiros anos de Universidade foise concienciando da situación política do país, mergullado na ditatura franquista, e comezou a participar na actividades da Juventud de Estudiantes Católicos (JEC), que lle permitiu coñecer outras persoas comprometidas coa defensa das liberdades. Chegou a ser a responsable da sección feminina deste movemento en Santiago. A súa chegada ó galeguismo produciuse a partir do ano 66 grazas á súa amizade con Carmen Ríos Panisse, como xa dixemos, ligada á asociación cultural O Galo, e con Carlos Casares a quen coñece ese mesmo ano. Casares ábrelle a porta da literatura en galego e tamén a de novos contactos. A través del coñece a Ramón Piñeiro, a quen frecuenta na súa casa da rúa Xelmírez. Convencida xa da necesidade dun compromiso coa realidade social e cultural de Galicia, durante o curso 1967- 1968 participa nas actividades que durante aquel ano se desenvolveron en Santiago

description

Xosé María Gomez Clemente: "Camiño Noia: a afouteza do compromiso", in "Sementar para os que veñan. Homenaxe a Camiño Noia", Vigo: Universidade de Vigo 2013, 7-21.

Transcript of Camiño Noia: a afouteza do compromiso

Page 1: Camiño Noia: a afouteza do compromiso

Departamento de Filoloxía Galega e Latina-Homenaxe á profesora Camiño Noia

Camiño Noia: a afouteza do compromiso

Xosé María Gómez Clemente

Universidade de Vigo

Camiño Noia Campos naceu na rúa Fonseca 2, de Santiago de Compostela o 21 de setembro de 1945. Filla de María Campos Lourido e de Agustín Noia Maza, recibiu a primeira instrución a cargo da súa nai, mestra, que a levaba consigo nos distintos destinos rurais da provincia da Coruña. Á idade de 6 anos, comezou a estudar da man de Magdalena Brañas, irmá de Alfredo Brañas, que puña escola en Santiago.

Continuou a súa formación no Instituto Rosalía de Castro de Santiago, onde coñeceu a Carme Ríos Panisse. Máis adiante, xa na Universidade, Carmen Ríos exerceu certa influencia en Camiño no seu proceso de achegamento ó galeguismo.

Comezou os seus estudos universitarios de Filoloxía e Letras na Universidade de Santiago en 1963. Durante os primeiros anos de Universidade foise concienciando da situación política do país, mergullado na ditatura franquista, e comezou a participar na actividades da Juventud de Estudiantes Católicos (JEC), que lle permitiu coñecer outras persoas comprometidas coa defensa das liberdades. Chegou a ser a responsable da sección feminina deste movemento en Santiago.

A súa chegada ó galeguismo produciuse a partir do ano 66 grazas á súa amizade con Carmen Ríos Panisse, como xa dixemos, ligada á asociación cultural O Galo, e con Carlos Casares a quen coñece ese mesmo ano. Casares ábrelle a porta da literatura en galego e tamén a de novos contactos. A través del coñece a Ramón Piñeiro, a quen frecuenta na súa casa da rúa Xelmírez. Convencida xa da necesidade dun compromiso coa realidade social e cultural de Galicia, durante o curso 1967-1968 participa nas actividades que durante aquel ano se desenvolveron en Santiago

Page 2: Camiño Noia: a afouteza do compromiso

Departamento de Filoloxía Galega e Latina-Homenaxe á profesora Camiño Noia

e que paralizaron a Universidade de marzo a maio de 1968. Froito dese compromiso coa lingua, foi a súa tese de licenciatura sobre a Nova narrativa galega, a primeira que se defendeu en galego na Universidade, lida en xullo de 1968 un mes despois de licenciarse.

Unha vez licenciada, comeza a traballar co profesor Constantino García para un arquivo de léxico galego, colaboración que dura pouco tempo porque axiña entra no Departamento de Literatura Española, co profesor Moreno Báez. Xa que non estaba a gusto sen traballar en lingua ou literatura galegas, a finais do curso 68-69 abandona a Universidade de Santiago e marcha para Vigo, xunto con algúns amigos, traballar no novo colexio Curros Enríquez en Candeán, un proxecto que defendía a educación mixta e que acollía a xente de todas as clases sociais. Alí estivo dous anos, xunto a compañeiros como Xesús Ferro Ruibal. Estivo no Curros Enríquez ata 1971 e despois pasa ó colexio Nebrija onde traballou a tempo parcial ata 1975. En 1972 casa con Xulián Maure Rivas, con quen ten dúas fillas, Helena e Brenda. En 1975 entra no Instituto do Calvario, onde ensina literatura española. Nese mesmo ano, chámana para impartir a materia de lingua galega no novo Colexio Universitario de Vigo, que estaba financiado pola Caixa de Aforros.

Nestes anos tamén colabora na fundación da editorial Xerais de Galicia, proxecto que liderou o seu home Xulián Maure a partir de 1979.

Vida universitaria

Camiño Noia leva 37 anos dedicada ó ensino universitario. De 1975 ata 1984 foi profesora de lingua galega no Colexio Universitario de Vigo, primeiro a tempo parcial e dende 1977 a tempo total. En 1980 le a súa tese de doutoramento o que lle permite, en 1984, conseguir a titularidade de Universidade, posto que ocupa durante 10 anos ata que en 1994 accede á Cátedra de Lingua e Literatura Galega. Nestes anos créase a Universidade de Vigo, en 1990.

Sempre estivo implicada na xestión universitaria. Foi coordinadora da Sección de Filoloxía do Colexio Universitario de Vigo nos cursos 1985-86 e 1989-90, e directora de xaneiro a outubro de 1990. Despois da creación da Universidade de Vigo, foi nomeada decana da Facultade de Humanidades, cargo que exerceu de outubro de 1990 a setembro de 1992. Foi responsable neste período da elaboración do plano de estudos da nova titulación de Tradución e Interpretación, así como da organización académica para a súa implantación no curso 1992-93. Este título significou un cambio substancial no enfoque dos traballos de tradución en Galicia. A intención de Camiño era conseguir un novo espazo académico para a lingua galega, un espazo no que estivese permanentemente presente. Dimitiu do seu cargo

Page 3: Camiño Noia: a afouteza do compromiso

Departamento de Filoloxía Galega e Latina-Homenaxe á profesora Camiño Noia

en setembro de 1992 porque considerou que ese lugar para o galego non se estaba conseguindo suficientemente. Volveu ser decana durante un curto período, por designación reitoral, en outubro de 2005.

O posto académico ó que lle dedicou máis anos foi o de directora do Departamento de Filoloxía Galega que ocupou dende 1992 ata 2000 e, de novo, dende 2009 ata xuño de 2012. Durante o seus mandatos o departamento medrou e consolidouse.

Camiño Noia non só impartiu docencia na Universidade de Vigo, senón que realizou varias estadías noutras universidades. En 1989 ditou un curso sobre a nova narrativa galega en The Graduate Center da City University of New York. Alí coñeceu a Xoán González Millán co que compartiu unha boa amizade e angueiras académicas. En 1991 estivo na École de Traducteurs et d' Interprètes da Universidade de Xenebra por un período curto de tempo que lle valeu para obter información para a elaboración do plano de estudos da nova licenciatura en Tradución e Interpretación. A partir do ano 2000, e durante tres anos, acode a Bos Aires, convidada pola Facultad de Letras da UBA, para impartir varios cursos sobre lingüística, narrativa popular e literatura escrita por mulleres.

Currículo investigador

O traballo investigador de Camiño Noia é moi amplo e abrangue moitos campos da lingüística e da literatura.

a) Estudos lingüísticos

-Sociolingüística

O estudo da situación da lingua galega ocupou un lugar importante no conxunto dos traballos de Camiño Noia, interese que xorde da súa preocupación polo país e coa súa lingua.

A primeira publicación sobre sociolingüística foi unha análise do decreto 1981/1979 que regulaba a incorporación da lingua galega ó sistema educativo de Galicia.

En 1980 defendeu a súa tese de doutoramento titulada "Descrición e medida do bilingüismo en dous grupos de escolares da zona de Vigo", dirixida polo Prof. Constantino García González. Está o seu traballo entre os primeiros que se fixeron en Galicia cunha perspectiva académica, xunto cos de Rojo, Rodríguez Neira, Mauro Fernández e Xosé Rubal. O seu enfoque insírese nunha perspectiva nacionalista. Relacionados coa súa tese de doutramento publicou en 1982 e 1984

Page 4: Camiño Noia: a afouteza do compromiso

Departamento de Filoloxía Galega e Latina-Homenaxe á profesora Camiño Noia

dous artigos sobre interferencias léxicas entre galego e castelán e sobre o léxico dos bilingües.

Interesoulle tamén o tema da planificación lingüística, usos e actitudes e a cuestión da norma e da estandarización, que deron lugar a varios traballos publicados en actas de congresos de Lingüística e Filoloxía Románicas en na revista Grial. Unha visita ó Val de Aosta fixo que se interesase pola situación sociolingüística desa zona de Italia.

-Lexicografía

En 1997 coordina a publicación dun Diccionario de sinónimos publicado pola Editorial Galaxia e, relacionada, con esta publicación presentou unha comunicación no Congreso do ILGA en 1996, sobre os problemas lexicográficos que presenta a elaboración dun dicionario deste tipo.

-Tradución

O interese pola tradución de Camiño Noia vén de lonxe. Comeza en 1983 como tradutora dunha obra de Christina Lilliestierna, a través do español, chamada Vivir no fin do mundo, labor que continúa con 5 textos máis de obras da literatura inglesa e francesa.

En 1985, xunto con outros e outras, foi fundadora da Asociación de Tradutores Galegos, asociación que ten como obxectivos a promoción da tradución da literatura universal ó galego e a defensa dos dereitos dos tradutores. Foi tamén tesoureira desta asociación durante varios anos.

En 1995 foi a primeira directora da revista anual Viceversa, a única revista académica galega especializada en tradución e interpretación que xa vai polo número 16. Segue sendo membro do consello de redacción.

Nesta mesma revista, en 1995, publica un artigo titulado “Historia da traducción en Galicia no marco da cultura europea”, que foi amplamente utilizado para unha mellor comprensión da historia da tradución á lingua galega. Este traballo foi ampliado e mellorado en 2004 para a Historia de la traducción en España (Lafarga/Pegenaute, eds.) e utilizado parcialmente para o seu traballo “The Role of Translation in the Development of Galician National Identity”, publicado no libro An International Encyclopedia of Translation Studies da Editorial De Gruyter. Foi tamén a coordinadora da sección galega do Diccionario histórico de la tradución en España (Lafarga/Pegenaute eds.).

Os seus intereses na tradución céntrase no valor queº ten nos procesos de revitalización das linguas e culturas minorizadas.

Page 5: Camiño Noia: a afouteza do compromiso

Departamento de Filoloxía Galega e Latina-Homenaxe á profesora Camiño Noia

Non esqueceu no seu traballo outras pólas da lingüística e da filoloxía. Así publica varios traballos sobre a norma ortográfica do galego ó longo do século XX, as interferencias léxicas entre galego e español e un estudo histórico sobre documentos escritos en galego no Portugal do século XV. O estudo de carácter filolóxico máis importante publicado por ela quizais sexa a Historia da Igrexa de Iria, lectura e introdución dun manuscrito do século XVIII, en colaboración con Bieito Arias publicado en 2011. Trátase dun interesante texto que ten conexións máis que evidentes coas distintas versións que puideron circular da Cronica de Iria medieval.

b) Estudos literarios

O primeiro traballo académico de Camiño Noia, a súa tese de licenciatura, tratou sobre a nova narrativa galega. Foi un traballo de grande relevancia, non só pola novidade do tema senón tamén porque foi a primeira que se defendeu na Universidade de Santiago de Compostela en lingua galega. Este traballo foi a base dunha obra máis ambiciosa, o libro publicado en 1992, titulado A nova narrativa galega.

Dedicou varios artigos e comunicacións en congresos nacionais e internacionais a estudos específicos sobre Carlos Casares, Álvaro Cunqueiro, Castelao, Otero Pedrayo e Leiras Pulpeiro. Unha parte significativa dos seus estudos literarios está dedicada á literatura escrita por mulleres. Á parte dos traballos sobre Marina Mayoral, Rosalía de Castro, Xohana Torres ou Francisca Herrera, hai que destacar os traballos de conxunto, por exemplo ás súas contribucións ós libros Women Writters in Spain, Double Minorities in Spain e A Bio-Biographical Guide to Women Writers of Catalonia, Galicia, and the Basque Country publicados en Estados Unidos en 1986 e 1994 respectivamente, a Breve historia feminista de la literatura española (en lengua catalana, gallega y vasca) e a antoloxía Palabra de muller publicada en 1992. Tamén hai que salientar as súas continuadas colaboracións na revista Festa da palabra silenciada e en diversos congresos en Galicia, España e Francia, á parte das numerosas conferencias impartidas sobre este tema.

Dende hai uns anos está dedicada ó estudo da literatura popular en Galicia. A súa andaina comezou cunha bolsa da Cátedra Filgueira Valverde para facer unha tipoloxía e análise dos contos populares. Este proxecto culminou coa publicación do libro Contos galegos de tradición oral en 2002, que presenta un estudo inicial sobre o folklore e unha antoloxía de contos clasificados tipoloxicamente segundo a metodoloxía de Aarne-Thompson. Deste libro fixo unha versión en castelán publicada en 2003 (Cuentos gallegos de tradición oral). Este traballo ampliouno considerablemente para publicar en 2010 o Catálogo tipolóxico do conto galego de

Page 6: Camiño Noia: a afouteza do compromiso

Departamento de Filoloxía Galega e Latina-Homenaxe á profesora Camiño Noia

tradición oral, unha obra que recolle un número elevado de contos, con referencias a todas as versións rexistradas, clasificados polo sistema de Aarne-Thompson e Uther. Esta obra permitirá que os contos galegos sexan incluídos no catálogo do Centro de Folklorística de Helsinski, tal e como están outros doutras linguas peninsulares. Ademais, o seu traballo ten un valor que sobarda o ámbito estritamente académico: nel recóllese unha tradición que está a morrer, froito do cambio de modelo social e tamén da minusvaloración da cultura tradicional en xeral e da cultura galega en particular.

Os seus artigos e comunicacións en congresos sobre este tema son numerosos e cómpre destacar o labor de difusión feito en congresos internacionais en Cataluña, Brasil, Grecia, Francia e Portugal.

Gustaríame destacar tamén o seu labor como divulgadora. Camiño, á parte de construír o seu currículo investigador orientado á academia, fixo un traballo inxente na divulgación da cultura galega nos eidos da súa especialización. Non é sempre doado para unha profesora universitaria manter unha atención constante ós pedimentos de colaboración en revistas, xornais e actos de todo tipo en centros escolares, asociacións de veciños, centros galegos no exterior. É moi importante facelo porque é unha forma de achegar a Universidade á sociedade. Camiño nunca di que non a un convite deste tipo e isto é parte da súa dedicación á lingua e á literatura do país.

Sobre os detalles do seu currículo investigador pode consultarse a lista que aparece nas páxinas seguintes.

O que acabo de escribir son palabras ben cativas para describir as múltiples facetas da personalidade da nosa compañeira. A súa capacidade de traballo e implicación é certamente sobranceira. E fai todo isto mesmo que as súas obrigas familiares aumentasen coa chegada de tres netos, dous fillos de Brenda e un fillo de Helena, que alegran a casa de Seixas de Abaixo en Nigrán. Neses nenos ela deposita a esperanza dun futuro mellor para Galicia.

Listado bibliográfico

Actividade investigadora

1. Literatura: estudos, recencións e relatorios

Tese de licenciatura

A nova narrativa galega. Dirixida polo profesor Ricardo Carballo Calero. Universidade de Santiago de Compostela. 1968

Page 7: Camiño Noia: a afouteza do compromiso

Departamento de Filoloxía Galega e Latina-Homenaxe á profesora Camiño Noia

1.1.Estudos

1.1.1. Literatura escrita por mulleres

Néveda de Francisca Herrera Garrido (Introdución, notas, preparación ortográfica del texto e vocabulario), Vigo: Xerais de Galicia, l98l. Segunda edición, corrixida e ampliada, 1990.

Women Writers of Spain (Contributor for Authors in Galician), Edited by Carolyn L. Galerstein. Westport (Connecticut): Greenwood Press, l986.

Antoloxía da obra galega de F. Herrera Garrido (Selección, introdución e notas). Santiago: Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, l987.

A nova narrativa galega. Vigo: Galaxia, 1992.

Palabra de muller, Antoloxía da poesía galega contemporánea de mulleres, (selección, introdución, estudo e bibliografía). Vigo: Edicións Xerais, 1992.

Double Minorities of Spain: A Bio-Biographical Guide to Women Writers of Catalonia, Galicia, and the Basque Country, (Contributor for Authors in Galician), MLA, New York, 1994.

«Elementos literarios femininos na poesía de Rosalía Castro» Actas do Congreso Internacional de Estudios sobre Rosalía Castro e o seu tempo, Tomo I. Universidade de Santiago de Compostela, l986, pp. 265-281.

«Francisca Herrera Garrido», Festa da palabra silenciada, 3, Vigo, l986, pp. 3-5.

«Sobre a estrutura de Adios María», Festa da palabra silenciada, 4, Vigo, l987, pp. 7-10.

«A palabra silenciada de Francisca Herrera», Dorna l2, Santiago de Compostela, maio de l987, pp. 81-88.

«Aspectos feministas do pensamento da Pardo Bazán», Festa da palabra silenciada, 6, Vigo, 1989, pp. 47-55.

«Estructuras narrativas na obra de Marina Mayoral», Boletín Galego de Literatura, 9, Santiago de Compostela, maio de 1992, pp. 57-71.

«Claves de la narrativa de Marina Mayoral», Letras Femeninas, Asociación de Literatura Femenina Hispánica, Volume XIX. University of Nebraska-Lincoln, 1993, pp. 35-45

«La production narrative féminine dans la littérature galicienne actuelle» en Hopala! Débats de Bretagne et d’ailleurs, 2 sept-nov. 1999, pp. 76-79.

Page 8: Camiño Noia: a afouteza do compromiso

Departamento de Filoloxía Galega e Latina-Homenaxe á profesora Camiño Noia

«La narrativa gallega de mujeres», en Iris Zavala (cood.). Breve historia feminista de la literatura española (en lengua catalana, gallega y vasca), Vol. VI, 2000, pp. 237-261.

«A ollada interior de Virxinia Woolf» en Escrita e mulleres. Doce ensaios arredor de Virxinia Woolf . Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 2003, pp. 33-44.

«Contribución ó estudio das fontes do Conto Gallego», (Dis)cursos da escrita. Estudos de filoloxía galega ofrecidos en memoria de Fernando R. Tato Plaza. Santiago de Compostela: Biblioteca Filolóxica Galega/Instituto da Lingua Galega, 2004, pp. 595-610.

«Un caso de convivencia entre literatura e xornalismo, a última novela de Rosa Aneiros», Luciano Rodríguez (ed.). Cadernos de Mariñán 1. III Encontro de escritores galegos. A Coruña: Deputación Provincial, 2006. ISBN 84-9812-036-5, pp. 151-156.

«As mulleres na narrativa oral galega», Actas. Mulleres en Galicia. Galicia e outros pobos da Península. VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Sada (A Coruña), 2007. Edición CDRom

«A construción da fronteira hispano-lusa na literatura de tradición oral», As fronteiras e as identidades raianas entre Portugal e España. Vila Real (Portugal): Sector editorial dos SDE- Serviços gráficos da UTAD, 2008, Páxinas: 189-204. ISBN: 978-97-669-846-3

«La difficulté de classification des contes-nouvelles. Motifs coïncidents dans les types 712 et 883A», 4th European Congress about Classifying Foltales. The Romantic Folktales-Novellae/Boudaries and Classification. Atenas : Centre for the Study and Dissemination of Myths and Folktales de Grecia (no prelo).

«La alternancia oralidad-escritura en la trasmisión de la narrativa oral en la Península Ibérica», Actas do Colloqui Internacional “Les relacions entre les literatures ibèriques”, celebrado en Barcelona entre o 18 e 0 20 de xuño de 2009 (no prelo).

«A representación da norte nos contos orais», Actas das III Xornadas de Literatura oral, celebradas en Lugo o 5 e 6 de novembro de 2010 (no prelo)

1.1.2. Literatura popular

Contos galegos de tradición oral. Vigo: Nigratrea, 2002.

Cuentos gallegos de tradición oral. Selección de contos do libro galego traducidos ó castelán. Vigo: Nigratrea, 2003.

Page 9: Camiño Noia: a afouteza do compromiso

Departamento de Filoloxía Galega e Latina-Homenaxe á profesora Camiño Noia

Catálogo tipolóxico do conto galego de tradición oral. Vigo: Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo, 2010.

«O conto de tradición oral», en A tradición oral. Homenaxe a Xaquín Lorenzo. Santiago de Compostela: Asociación canle de Lira, 2005, pp. 115-135. ISBN 84-6096316-0 (capítulo de libro).

«De la Matrona de Éfeso (A-Th 1510) a la compasiva viuda gallega», Revista de Dialectología y Tradiciones populares. Madrid: Consejo de Investigaciones Científicas, IX, 2, 2005, pp. 149-164.

«A evolución do tema do «Morto agradecido» nunha versión galega», E.L.O.11. Homenaxe a Julio Camarena. Universidade do Algarve, 2005.

«Bruxas e fadas, princesas e labregas. Figuras de muller nos contos galegos». Anuario de Estudos Literarios Galegos 2005. Vigo: Galaxia, 2006.

«A muller nos contos galegos de tradición oral», Festa da palabra silenciada, 19, 2004, pp.85-90.

1.1.3. Literatura moderna galega

«Vento Ferido: qué representa o libro de Casares na prosa galega contemporánea», Grial, 23, l969, pp. 98-100.

«Pra unha clasificación de Merlín e familia», Homenaxe a Alvaro Cunqueiro. Universidade de Santiago de Compostela, l982, pp. 141-153.

«Análise dos elementos narrativos de Cousas», Actas do Congreso Castelao, Tomo II, Santiago de Compostela, 1989, pp. 237-247.

«A muller na narrativa de Otero Pedrayo», Actas do Simposio Internacional Otero Pedrayo no panorama literario do século XX, Tomo III, Santiago de Compostela, 1990, pp. 253-261.

Limiar ao libro Álvaro Cunqueiro: os artificios da fabulación, de Xoan González Millán. Vigo, Galaxia, 1991.

«O primeiro drama simbólico de Cunqueiro: Rogelia en Finisterre», Grial, 113, xaneiro-Marzo de 1992, pp. : 157-163.

«O neotrobadorismo das 6 canciones de mar ‘in modo antico’» en Museo de Pontevedra, Tomo LII. Museo de Pontevedra, 1998, pp. 409-428.

«Unha ollada á narrativa galega coetánea» en Fernández, Camilo (coord.) La llengua i la literatura gallegues als inicis del Tercer Ressorgiment (1976-2000). Barcelana, 1999, pp. 75-80.

Page 10: Camiño Noia: a afouteza do compromiso

Departamento de Filoloxía Galega e Latina-Homenaxe á profesora Camiño Noia

«A dimensión literatura popular da obra de Leiras Pulpeiro», Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero. Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia, Universidade de Santiago, 2000, Tomo II, pp. 597-612.

«Notas para unha tipoloxía de Castelao escritor», Congreso sobre Castelao. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Consellería de cultura, 2001, pp.249-260.

«A narrativa galega de posguerra (1939-1975)», Galicia. Literatura, Tomo XXXIV A Literatura desde 1936 ata hoxe: narrativa e tradución. A Coruña: Hércules Ediciones, 2002, pp. 87-149.

«Casares, escritor», Encrucillada, 127, marzo-abril 2002, pp.77-85.

«Casares en la Nova Narrativa Galega», Quimera, 217, xuño 2002, pp.38-39.

«Unha nova ollada sobre as innovacións na narrativa de Otero», Xornadas sobre Otero Pedrayo. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, 2002, pp. 225-235.

«Carlos Casares na narrativa galega actual», Monografía REM. Revista de estudos Minóranos. Vigo, 2003, pp. 97-107. ISBN 84-8289-213-4.

«O poeta do mar, Gabino Díaz de Herrera», Boletín Galego de Literatura, nºs 36-37, Santiago, páxinas: 213-226, 1º Semestre de 2007. ISSN 0214.9117

«E como lle vai á literatura galega?, en Vento do leste, nº 13, revista de cultura, arte e sociedade da Federación de entidades culturais galegas de Cataluña, maio 2006, pp. 36-38. Depósito legal: B-18354-1993.

1.1.4. Literatura medieval

«Marcas de autoría feminina nas cantigas de amigo» en O mar das cantigas. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 1997, pp. 85-98

1.2. Recensións

«Retorno a Tagen Ata», Faro de Vigo, 1976.

«Follas de vagar de Eduardo Moreiras», Grial 36, l974.

«Xoguetes para un tempo prohibidos», Grial 50, l977.

«Antoloxía da poesía galega actual de Pozo e Moreiras», 60, l978.

«La fantasía lúcida de Alvaro Cunqueiro» de Diego Martínez Torrón, Grial 74, 1981, 521-522.

«Herrera Garrido, Francisca», Gran Enciclopedia Gallega, Tomo XVII, Santiago de Compostela.

Page 11: Camiño Noia: a afouteza do compromiso

Departamento de Filoloxía Galega e Latina-Homenaxe á profesora Camiño Noia

«O tempo fuxe como X. Sebastian Bach de P. Vázquez», La Voz de Galicia, 28 de xullo l983.

«Desfeita, outra novela de Suarez-Llanos», La Voz de Galicia, 24 de marzo de l984.

«Festa da palabra silenciad»", El Faro de Vigo, l de marzo de l986.

«Retrincos/Retalls», La Voz de Galicia, 23 de febreiro de l988.

«A semellanza, de Mª Xosé Queizán», La Voz de Galicia, xaneiro de 1989.

«Colombe Blanchet, unha segunda novela de Alain-Fournier", Grial nº 114, Abril-xuño 1992, pp. 293-95.

«O cego de Pumardedón», de F. Fernández del Riego, Grial nº 117, Xaneiro-Marzo 1993, 129-132.

«Literatura galega. Aportacións a unha historia crítica, de Anxo Tarrío». Anuario de Estudios Literarios Galegos, 1994, 196-199.

«¿Que me queres, amor?, de Manuel Rivas», Anuario de Estudios Literarios Galegos , 1995, 217-220.

«Erros e Tánatos de Gonzalo Navaza». Anuario de Estudios Literarios Galegos, 1996, 241- 244.

«Ten o seu punto a fresca rosa, de Mª Xosé Queizán”, Anuario de Estudios Gallegos, 2000, pp. 326-330.

«Contos da Cábila de Antonio Pereira», Grial, 161, xan.-mar., 2004, pp. 87-88.

«Veu visitarme o mar de Rosa Aneiros», Anuario de Estudos Literarios Galegos 2004, pp. 177-208.

«En lembranza da amiga, da escritora e da nai que se nos foi», Grial, 165, Xan.-Marzo, 2005, pp. 128-129.

«Oriol, Carme y Josep M. Pujol: Index of Catalan Folktales (Helsinki: Academia Scientiarum Fennica-The Folklore Fellows, vol. CXLII, nº 294 de FF Communications, 2008, 313 pp. Dialectología y tradiciones populares, volumen LXIV, nº 2, xullo-decembro 2009, Pp. 235-240.

«Laios por unha terra en catro tempos de Estúrdiga materia» de Luís González Tosar, Festa da palabra silenciada, 25, 2009, pp. 179-181.

Page 12: Camiño Noia: a afouteza do compromiso

Departamento de Filoloxía Galega e Latina-Homenaxe á profesora Camiño Noia

1.3. Comunicacións en congresos, conferencias e mesas redondas sobre literatura

Mesa redonda sobre «A figura da muller na narrativa de Otero Pedrayo» o 8 de novembro de 1988, no ciclo A muller na literatura galega. Celebrado na Aula de Cultura de Caixagalicia de Ourense do 7 ao 10 de novembro de 1988.

Comunicación sobre «A muller na narrativa de Otero Pedrayo», no Simposio Internacional sobre Otero Pedrayo, celebrado na Universidade de Santiago en novembro de 1988.

Conferencia titulada «As escritoras en lingua galega» o 23 de febreiro de 1989 en Casa de Galicia de Nova York.

Conferencia titulada «A muller usuaria e produtora de textos na primeira metade do século XX», o 29 de marzo 1990, no ciclo de Conferencias sobre A muller e a escrita, no Centro Cultural «Cidade de Vigo» do Concello de Vigo.

Conferencia titulada «Panorama de la literatura Gallega Contemporánea», o 25 de abril de 1990, nas III Jornadas de lengua y literatura catalana, gallega y vasca, celebradas na Universidad Autónoma de Madrid do 24 ó 26 abril de 1990.

Conferencia titulada «Introdución á obra de Carlos Casares e de Camilo Gonsar», el 9 de julio de 1990, no curso de verán da UIMP Novelistas galegos de hoxe, celebrado en A Coruña del 9 al 13 de julio de 1990.

Conferencia titulada «Muller, literatura e identidade en Galicia», no Terceiro Congreso da Asociación Internacional de Estudios Galegos, celebrado en Nova York, 3-5 de outubro de 1991.

Conferencia titulada «Carlos Casares, do artificio das técnicas narrativas á arte de contar”, o 3 de xuño de 1994, no curso A Narrativa Galega de hoxe vista polos escritores e os seus críticos, organizado pola Universidade da Coruña do 24 de maio ao 3 de xuño de 1994 na sede da Real Academia Galega.

Conferencia titulada «Relacións entre a literatura galega e portuguesa», no «Encontro de escritores luso-galaicos» celebrado en Vigo o 7 de novembro de 1996.

Conferencia titulada «Don Xosé Filgueira Valverde e a Literatura Galega", no ciclo de conferencias en memoria de Filgueira Valverde, organizado polo Padroado do Museo de Pontevedra do 1 ó 11 de decembro de 1997. Pontevedra 11 de decembro de 1997.

Conferencia titulada «O papel da muller no proceso literario galego na segunda metade do século XX», no Congreso Os camiños da estirpe, celebrado o 15 e 16 de xuño de 2000 na Universidade de Birmingham (por convite).

Page 13: Camiño Noia: a afouteza do compromiso

Departamento de Filoloxía Galega e Latina-Homenaxe á profesora Camiño Noia

Conferencia titulada «Unha nova ollada sobre as innovacións na narrativa de Otero Pedrayo» nas Xornadas sobre Otero Pedrayo, organizadas en Ourense pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, o 22 e 23 de xuño de 2001.

Conferencia titulada «O conto popular en Galicia e a misoxinia», o día 14 de maio de 2002, convidada pola Concellería da Muller do Concello de Vigo, no Salón de Actos da Fundación CaixaGalicia, en Vigo.

Mesa redonda de «Homenaxe ó profesor Xan González-Millán» no VII Congreso Internacional de Estudios Galegos, celebrado na Universidade de Barcelona o día 30 de maio de 2003, sobre a obra do ensaísta galego.

Conferencia, convidada pola Universidade de Pau (Francia), titulada «Le conte facétieux en galicien: Structurure et problèmes de classification» no Colloque sur Tradition orale et récits facétieux, celebrado en Pau (Francia) o 3 e 4 de marzo de 2006.

Conferencia de clausura das Xornadas sobre «As fronteiras e as identidades raianas entre Portugal e España», titulada «A construção da fronteira hispano-lusa na literatura de tradição oral». Convidada pola Universidade de Tras-Os-Montes (Portugal). Chaves do 12 ó 15 de xullo de 2006.

Comunicación titulada «Os contos de risa (chiste e anécdotas) na tradición oral galega». Presentada no VIII Congreso Internacional de Estudos Galegos, celebrado en Salvador de Bahia (Brasil), entre os días 12 e 15 setembro de 2006.

Conferencia titulada «Dos contos de fadas á representación do real» pronunciada no 1º Congreso de Literatura Infanto Juvenil e outros saberes. Celebrado no Auditorio do Centro de Congresos de Santiago, 10-12 de abril de 2008.

Conferencia titulada «Analysis of tales about the expected behaviour of women (such as chastity and fidelity) in the section «Romantic Tales» motifs 883A and 712», no IV European Congress about classifying Folktales celebrado en Atenas do 8 ó 10 de maio de 2008.

Convidada a impartir dúas conferencias sobre «Narrativa oral hispánica», no Instytut Studiów Iberyjskich i Iberoamerykanskich da Universidade de Varsovia (Varsovia, 31 de maio de 2008) e no Centre for Galician Studies- Uniwersytet Laguedonika (Cracovia, 2 de xuño de 2008).

Mesa redonda sobre «Mulleres e literatura», celebrada na Casa da Cultura de Monforte de Lemos o día 11 de xullo, dentro do Curso de Verán da Universidade de Santiago, «Escritoras europeas de culturas minorizadas por un lugar libre para as linguas de Lilith», entre os días 9 e 12 de xullo de 2008.

Page 14: Camiño Noia: a afouteza do compromiso

Departamento de Filoloxía Galega e Latina-Homenaxe á profesora Camiño Noia

Conferencia titulada “La alternancia oralidad-escritura en la trasmisión de la narrativa oral en la Península Ibérica” no Colloqui Internacional “Les relacions entre les literatures ibèriques”, celebrado en Barcelona entre o 18 e 0 20 de xuño de 2009.

Comunicación titulada «Elementos literarios femininos na poesía de Rosalía Castro», Congreso Internacional sobre Rosalía Castro e o seu tempo, celebrado en la Universidad de Santiago del 15 al 20 de julio de 1985.

Comunicación titulada «Aportación á análise literaria de Cousas», presentada no Congreso Castelao, celebrado en la Universidad de Santiago de Compostela en l986.

Comunicación presentada no VII Congreso Internacional de Estudios Galegos, «Figuras de muller na narrativa popular», celebrado en Barcelona entre os días 28 e 31 maio de 2003.

Conferencia titulada «Le conte facétieux en galicien: Structure et problèmes de classification» no Colloque sur Tradition orale et récits facétieux, celebrado na Faculté de Letres da Universidade de Pau (Francia) os días 3 e 4 de marzo de 2006.

Conferencia titulada «A construção da fronteira hispano-lusa na literatura de tradição oral» nas Xornadas sobre «As fronteiras e as identidades raianas entre Portugal e España», organizadas polo Museo Etnolóxico de Ribadavia e a Universidade de Tras-Os-Montes (Portugal), celebradas en Ribadavia e Chaves entre os días 12-15 de xullo de 2006.

Comunicación presentada no VIII Congreso Internacional de Estudos Galegos sobre «Os contos de risa na tradición oral galega», celebrado na Universidade de Bahía (Brasil), do 12 ao 15 de setembro de 2006.

Conferencia titulada «Analysis of tales about the expected behaviour of women (such as chastity and fidelity) in the section «Romantic Tales» motifs 883A and 712» no IV European Congress about classifying Folktales. Celebrado en Atenas , entre o 8 e o 10 de maio de 2008.

Conferencia titulada «Teoría e praxe da Literatura Fantástica» no Simposium Homenaxe a Antón Risco, celebrado en Ourense do 16 ao 18 de setembro de 2008, no Auditorio Municipal.

Conferencia titulada «A representación da Morte na narrativa oral» nas III Xornadas de Literatura oral, celebradas en Lugo o día 6 de novembro de 2010.

Conferencia titulada «Os contos orais para guionistas», pronunciada na Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra o día 15 de novembro de 2010.

Page 15: Camiño Noia: a afouteza do compromiso

Departamento de Filoloxía Galega e Latina-Homenaxe á profesora Camiño Noia

1.3.1 Conferencias de divulgación

Pronunciou varias conferencias por convite en distintos lugares de Galicia sobre «A vida e obra de Francisca Herrera Garrido», escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas de 1987 pola Real Academia Galega, durante os meses de abril, maio e xuño de 1987.

Conferencia sobre «A figura e a obra de Fermín Bouza Brey» no Centro Galego «A Nosa Galiza» de Xenebra, o 15 de maio de 1992. A mesma conferencia foi dada o 17 de maio no Centro Galego «Sementeira» de Basilea.

Conferencia sobre os «Poetas do mar de Vigo» no local de la ONCE, Vigo, maio de 1998.

Conferencia sobre «A figura de Castelao: artista e escritor», na Casa Galicia de Nueva York, en Queens, o 5 de febreiro de 2000.

Conferencia sobre «Las poetisas gallegas de la generación del 36» no Liceo de Ourense, o día 22 de novembro de 2001, con motivo da Homenaxe da cidade de Ourense ás escritoras Dora e Pura Vázquez.

Convidada por varias asociacións e centros culturais de Galicia impartiu varias conferencias en centros escolares galegos, durante o mes de maio de 2004, sobre «O conto de tradición oral en Galicia».

Convidada polo Concello de Loulé, en Faro (Portugal), a presentar o libro de contos, Patrimonio oral do Concelho de Loulé de Idália Farinho Custodio, Isabel Cardigos e Maria Aliete Galos, o día 25 de febreiro de 2005.

Sobre a vida e obra de Lorenzo Varela, en maio de 2005, deu cinco conferencias en diferentes foros de Vigo e dos concellos do Val Miñor.

2. Lingua, filoloxía e tradución

Tese de doutoramento

Descrición e medida do bilingüismo en dous grupos de escolares da zona de Vigo. Dirixida polo profesor Constantino García. Universidade de Santiago, 1980

2.1. Estudos

2.1.1. Léxico

«Interferencias léxicas entre as linguas galega e castelá", Grial, 75, l982, pp. : 91-99.

«Contribución ó estudio do léxico dos bilingües», Verba, ll, l984, pp. 181-195.

Dicionario de sinónimos da lingua galega (Coordinadora e autora). Vigo: Galaxia, 1997.

Page 16: Camiño Noia: a afouteza do compromiso

Departamento de Filoloxía Galega e Latina-Homenaxe á profesora Camiño Noia

«Problemas lexicográficos na elaboración dun dicionario de sinónimos»», con Xosé Mª Gómez Clemente. A lingua Galega: Historia e actualidade, Vol. IV. Santiago de Compostela: Ilga e Consello da Cultura, 2007, pp. 491-507.

2.1.2. Sociolingüística e codificación do corpus

«Decreto l98l/l979 versus lealdade lingüística», Galicia 79. Vigo, l980, pp. 25-30

«Planification linguistique et responsabilité politique: le cas du galicien», Actes du XVIIIe Congrès International de Linguistique et Philologie Romanes, celebrado na Universidade de Trier (Alemania) en l986; Max Niemeyer Verlag, Tübingen 1988, Tomo V, pp. 239-252.

«Usos e actitudes lingüísticas na Época Nós» Grial, 100, 1988, pp. : 173-182.

«Norma e estandarización: análise da Televisión Galega», Actas do XIX Congreso Internacional de Lingüística e Filoloxía Románicas, Universidade de Santiago de Compostela, 1989. Fundación “Pedro Barrié de la Maza”, volume VI. A Coruña, 1994, pp. 41-50.

«Conciencia lingüística e norma ortográfica no primeiro tercio do século XX», Verba, 19, 1993, pp. 55-78.

«A norma estándar do galego na televisión», Cadernos de Pedagoxía galega, 20. Vigo, 1994, pp. 23-31.

«A situación lingüística do Val de Aosta», Linguas sen estado e planificación lingüística (I): Italia e Francia. Vigo: Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo, 2003, pp. 97-107.

2.1.3. Historia da lingua

«Aportación ó estudio dos resultados -ano, -ana, -á en galego», Senara, 1, Vigo, l979, pp. 61-96.

«Aspectos gráficos e lingüísticos na transcrición do século XVIII duns documentos medievais», Homenaxe ó Profesor Constantino García, Tomo II. Santiago de Compostela, 1991, pp. 145-153.

«O galego escrito no Portugal do século XV», Homenaxe a Pilar Vázquez Cuesta. Santiago de Compostela: Universidade, 1996, pp. 69-77.

2.1.4.Tradución

2.1.4.1. Estudos

«Historia da traducción en Galicia no marco da cultura europea», Viceversa, 1, Vigo, 1995. pp. 13-62.

Page 17: Camiño Noia: a afouteza do compromiso

Departamento de Filoloxía Galega e Latina-Homenaxe á profesora Camiño Noia

«Consideracións sobre o aspecto verbal perfectivo na tradución galega do ‘passé simple’ e do ‘passé composé», Homenaxe a Ramón Lorenzo. Vigo: Galaxia, 1998, Tomo II, pp. 823-842.

«A función da tradución nun sistema literario marxinal», Anuario de Estudios Literarios Galegos 2002. Homenaxe a Xan González-Millán, pp. 105-120.

«El ámbito de la cultura gallega» en Francisco Lafarga y Luis Pegenaute (eds.). Historia de la traducción en España. Salamanca: Editorial Ambos Mundos, 2004, pp. 721-790.

«A tradución literaria en galego», Palabra, fogo, alma. Traducir é crear. A Coruña: Espiral Maior-Auliga, pp. 11-26, 2005. ISBN 84-96475-15-8

«Tradución», Gran Enciclopedia Galega. Silverio Cañada, volume 44. Lugo: El Progreso, 2006.

Entradas sobre “Xela Arias Castaño”, “Asociación de Tradutores Galegos”, “Avelino Gómez-Ledo” e “Fernando Pérez-Barreiro”, no Diccionario histórico de la traducción en España, coordinado por Francisco Lafarga e Luis Pegenaute, pp. 56-57, 70-71, 480-481 e 885. 2009

«The Role of Translation in the Development of Galician National Identity», An International Encyclopedia of Translation Studies, vol. III, XXXII. Berlin/New York; De Gruyter. 2011

«Introdución» á publicación en galego do artigo inglés de Itamar Even-Zohar, «A posición da tradución literaria dentro do polisistema literario», Viceversa, 2, 1996, pp. 57-58.

«Novas anotacións á traducción ó galego do Ulises de J. Joyce» en Homenaxe ó Profesor Xesús Alonso Montero. Universidade de Santiago de Compostela, 2000, Tomo I, pp. 1079-1092.

«As traducións galegas de Le cimétière marin de Paul Valery», Viceversa, 9-10 (2003/2004), 2005, pp. 41-69 (capítulo libro).

«De Christina Rossetti a Rosalía Castro», Plácido Castro e o seu tempo. Santiago de Compostela: Consellería de Cultura de Xunta de Galicia, 2006, pp. .237-254.

«Tradución ao galego e do galego», Gran Enciclopedia galega. Silverio Cañada, Volume 44.

2.1.4.2. Traducións

Vivir no fin do mundo. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1983; tradución a través do español da obra sueca Leva vid världems ände de Christina Lilliestierna.

Page 18: Camiño Noia: a afouteza do compromiso

Departamento de Filoloxía Galega e Latina-Homenaxe á profesora Camiño Noia

Non podemos durmir. Vigo: Edicións Xerais, 1983; de We can't sleep de James Stevenson.

O máis grande e bonito ovo de Pascua. Vigo: Edicións Xerais, 1983; de The Great Big Especially Beautiful Easter Egg, de James Stevenson.

O gran Meaulnes. Vigo: Edicións Xerais, 1988; de Le Grand Meaulnes de Alain Fournier.

O abrigo verde. Madrid: Editorial S.M., 1990; da tradución inglesa The Green Coat de Maria Gripe.

«Deux amis», conto de Guy de Maupassant para o portal virtual Bivir.com.

2.1.5. Materiais de ensino

Lúa Nova 4 (Lecturas e actividades de lingua galega). Salamanca: Editorial Anaya, 1980.

Lingua galega (en colaboración). Vigo: Xerais, l985. Segunda edición revisada y renovada en 1993.

2.1.6. Edición de textos

Historia da Igrexa de Iria, lectura e introdución dun manuscrito do século XVIII, en colaboración con Bieito Arias. Servizo de publicacións

2.2. Conferencias e comunicacións en congresos sobre lingua e tradución

«Interferencias léxicas entre gallego y español», comunicación presentada en el IX Simposio de Lingüística Española, Madrid del 14 al 17 de diciembre de 1980.

«Posibilidades y condiciones de un bilingüismo social», comunicación presentada en el XV Simposio de Lingüística Española, celebrado en Córdoba del 17 al 20 de diciembre de 1985.

«Planification linguistique et responsabilité politique: le cas du galicien», en el XVIIIe Congrès International de Linguistique et Philologie Romanes, celebrado en la Universidad de Trier (Alemania) en junio de l986.

Comunicación titulada «Norma e estandarización: análise da Televisión Galega». Presentada ó XIXé Congrès International de Linguistique et Philologie Romanes, celebrado en la Universidade de Santiago de Compostela en 1989.

Conferencia titulada «O espallamento do galego no sistema educativo en relación co seu uso social». Pronunciada o 17 de maio de 1991 no Simposio Nacional de Programación Lingüística e Reforma Educativa nas Comunidades Autónomas con lingua propia, organizado pola Dirección Xeral de Política Lingüística, no Centro Cultural de Caixa Vigo del 13 ao 17 de maio de 1991.

Page 19: Camiño Noia: a afouteza do compromiso

Departamento de Filoloxía Galega e Latina-Homenaxe á profesora Camiño Noia

Comunicación titulada «Actitudes perante a lingua e uso nos distintos ámbitos na época do Seminario». Pronunciada o 11 de xuño de 1991 no curso sobre Lingua e Literatura Galegas: Fermín Bouza Brey e o seu tempo, organizado pola Universidade da Coruña do 8 ao 11 de xuño de 1992.

Comunicación titulada «Análise textual de dúas traducións ó galego do poema francés Le cimétière marin de Paul Valery», IV Congreso da Asociación Internacional de Estudios Galegos. Oxford, outubro, 1994.

Comunicación titulada «A situación lingüística no Val de Aosta (Italia)», I Simposio Internacional de Linguas sen estado, organizado pola Universidade de Vigo, 15-19 de decembro de 1999 (por convite).

Conferencia titulada «La influencia de la traducción en el sistema literario: aplicaciones al gallego y español». Pronunciada nos XIII cursos de Verano de la UNED sobre «La traducción: aspectos lingüísticos y literarios», celebrados en Ávila entre o 22 e o 25 de xullo de 2002.

Conferencia titulada «A función da tradución nun sistema literario marxinal». Pronunciada o 5 de setembro de 2003 na Universidade de Nova York na Homenaxe ó Profesor Xan González-Millán.

Conferencia titulada «Historia da Tradución en Galicia». Pronunciada nas «Xornadas de Tradución», celebradas en Rianxo en setembro de 2005.

2.3. Recensións de libros

«Pour une éthique du traducteur” de Anthony Pym(Presses Universitaires de Otawa, 1997), Viceversa, 4, 1998, pp. 207-210.

3. Outras actividades científicas

3.1. Organización e realización de cursos e simposios

Organización do Curso de verán «Autonomía e autodeterminación» na Universidade de Vigo, entre o 1 -7 de xullo de 1990.

Organización do Ciclo de conferencias e mesas redondas sobre a figura e a obra de Alvaro Cunqueiro, do 28 de febreiro ó 14 de marzo de 1991, financiado pola Universidade de Vigo e Caixavigo: "Unha primavera máis para Cunqueiro".

Organización do «I Simposio Galego de Tradución», celebrado no Paraninfo da Universidade de Vigo do 30 de setembro ao 2 de outubro de 1993.

Presidenta del Comité Organizador do «II Simposio Galego de Traducción», celebrado na Universidade de Vigo do 16 ao 20 de decembro de 1995.

Page 20: Camiño Noia: a afouteza do compromiso

Departamento de Filoloxía Galega e Latina-Homenaxe á profesora Camiño Noia

Presidenta do Comité Organizador do «Primeiro Simposio de culturas de Lingua Portuguesa», celebrado en Vigo do 19 ó 21 de setembro de 1994.

Organización do Curso de Extensión Universitaria «Literatura e sociedade: Novas achegas desde a socioloxía e o feminismo», na Universidade de Vigo, do 26 ó 28 de xuño de 2002.

Impartición dun curso de 30 horas nas «Aulas de Formación Aberta. Programa para Maiores» da Universidade de Vigo sobre «Literatura de tradición oral en Galicia», no primeiro cuadrimestre do curso 2004-2005.

Membro do Comité organizador e moderadora de mesa no Simposio Internacional «Carlos Casares», celebrado na Facultade de Humanidades de Ourense del 13 al 15 de decembro de 2007,

Membro do comité científico do Colloqui Internacional “Les relacions entre les literatures ibèriques”, celebrado en Barcelona entre o 18 e 0 20 de xuño de 2009.

Diploma de colaboradora nas Aulas de Formación Aberta do Programa para Maiores por sesenta horas de Literatura Galega V, asinado o 1 de setembro de 2009.

3.2. Outros méritos

Participa como socia fundadora na creación da Asociación de Tradutores Galegos en abril de 1984, en Vigo, da que foi tesoureira desde xuño de 2006 ata decembro de 2011.

Membro do consello de redacción da revista Festa da palabra silenciada, publicación galega de mulleres, fundada en Vigo en 1980.

Membro do consello de redacción do Anuario de Estudios Literarios Galegos desde a súa fundación en Vigo en 1992.

Fundadora, e directora durante os catro primeiros anos, de Viceversa. Revista galega de tradución, creada en 1995 pola ATG (Asociación de Tradutores Galegos) e o Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo.

Correctora e censora dos traballos presentados para Viceversa. Revista galega de tradución.

Membro do P.E.N. Club de Galicia por unanimidade dos membros desde o 21 de marzo de 2000.

Membro do Comité asesor da Comisión 11 de Humanidades (Filosofía, Filología e Lingüística) da Comisión Nacional Evaluadora de la Actividad Investigadora, organismo dependente da Secretaría de Estado de Educación y

Page 21: Camiño Noia: a afouteza do compromiso

Departamento de Filoloxía Galega e Latina-Homenaxe á profesora Camiño Noia

Universidades del Ministerio de Educación, Cultura y Deporte para a avaliación das solicitudes de sexenios na área científica de Filoloxía Galega e Portuguesa durante dous anos, do 23 de decembro de 2002 a marzo de 2005.

Membro do Panel de expertos do Programa Academia de ANECA desde febrero de 2009.

Membro do Consello asesor do Diccionario histórico de la traducción en España. Madrid: Gredos, 2009, coordinado por Francisco Lafarga e Luis Pegenaute.

3.3. Axudas e premios

Premio de investigación da Deputación Provincial de Pontevedra por: "As linguas galega e castelá en contacto no eixe Castrelos-Valladares" en outubro de l982.

Axuda á creación literaria na modalidade de ensaio e investigación do Ministerio de Cultura en 1990, para escribir o libro A nova narrativa galega.

Bolsa de investigación da Cátedra Filgueira Valverde patrocinada por Caixa Pontevedra de 1996 a 2000, para a realización dun traballo sobre «Tipoloxía e análises de contos populares galegos».

Bolsa de investigación da Xunta de Galicia na convocatoria de 2004 para a realización do proxecto «Tipoloxía da narrativa medieval e oral», entre 2004 e 2007.

3.4. Estadías noutras universidades

En The Graduate Center de la City University de New York, deu un curso no segundo semestre (febreiro a maio) de 1989, sobre “La nova narrativa gallega”.

Profesora convidada durante tres cursos na Facultade de Letras da Universidade de Buenos Aires (UBA). En outubro de 2000, curso de doutoramento sobre «Ideas lingüísticas acerca de la lengua gallega en autores de los siglos XVIII e XIX», celebrado no Instituto de Lingüística. Do 4 ao 25 de setembro de 2001, un curso de posgrao sobre «La literatura de mujer en las letras españolas», na sede da Facultad de Letras. En novembro de 2003, un Curso de Mestría sobre «Narrativa popular hispana» na sede da Facultad de Letras.