Campoastur Freo aos abusos e impulso ao sector lácteo O...

25
caderno técnico O cultivo da alfalfa especial opinión Freo aos abusos e impulso ao sector lácteo a fondo Campoastur Número 124 - Agosto 2015 GALEGA

Transcript of Campoastur Freo aos abusos e impulso ao sector lácteo O...

Page 1: Campoastur Freo aos abusos e impulso ao sector lácteo O ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/09/Revista-124_web.pdf · aposten por un mercado orde-nado e freando as actividades

caderno técnicoO cultivo da alfalfa

especial opiniónFreo aos abusos e impulso ao sector lácteo

a fondoCampoastur

Número 124 - Agosto 2015

GALEGA

Page 3: Campoastur Freo aos abusos e impulso ao sector lácteo O ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/09/Revista-124_web.pdf · aposten por un mercado orde-nado e freando as actividades

Nº124 - AGOSTO 2015

ed

ito

ria

l

COORDINACIÓN Rosa Vázquez Segade. REDACCIÓN, ADMINISTRACIÓN E PUBLICIDADE AGACA Rúa Tomiño, 22 Entre-chán, 15703 Santiago de Compostela (A CORUÑA) T: 981 584 783, CONSELLO DE REDACCIÓN Higinio Mougán Bouzón, Rosa Vázquez Segade, Mario Fdez. Redondo, Loli Couso Costa, Tomás Gómez Vázquez, Carlos Ares Fernández., Ruth Rodríguez Ferreiros, David Vila López, Esperanza Otero Pérez. CONSELLO REITOR AGACA Presidente José S. Montes Pérez. Vicepresidente José Ramalleira Vázquez. Secretario Emilio Rodríguez Felipe. Tesoureiro M. Carlos Gómez Díez. Vogais Rafael Tejeda Vázquez, Alberto Amil Chaves, Javier Iglesias Sendín, Albino López Rodríguez, Ramón Barral Ma-quieira. Xerente Higinio Mougán Bouzón IMPRESIÓN GRÁFICAS GARABAL, S.L. TIRADA 10.000 exemplares Dep. Legal: C-752/90 AGACA non se identifica necesariamente coas opinións e contidos publicados neste número.

A industria láctea de España non con-segue desprazar, con derivados lácteos propios, aos importados (especialmen-te queixos), xera escaso valor engadido e tampouco aborda o mercado inter-nacional por falta de subministración constante e volume suficiente de leite cru.

A Gran Distribución, moi concentrada, utiliza o leite como produto reclamo sen pudor, como tamén sucede puntual-mente coa carne de polo, as leitugas ou o pemento tipo padrón, con prezos de venda a perdas.

Os expertos —tamén os anticooperati-vos— responsabilizan á excesiva atomi-zación da oferta láctea de Galicia da mala situación dos mercados leiteiros e da súa dura incidencia nos gandeiros galegos.

Isto non sucedería de existir unha axei-tada organización, cooperación e estruturación entre os operadores co-mercializadores de leite a granel, pero só sucederá se se fomenta. Basta con apreciar a escasa coordinación mes-mo entre as cooperativas do sector, con máis hábito de cooperar que o resto de operadores.

De Galicia saen inxentes cantidades de leite sen transformar cara ás fábricas do resto da Península. Nin as leis do libre mercado nin o impulso dos empresa-rios lácteos galegos bastaron para que Galicia xerase un valor engadido seme-llante ao leite producido.

Esta debilidade brutal da nosa indus-tria transformadora fai máis necesaria a comercialización organizada do leite a granel, pero cando a demanda su-pera á oferta, numerosos intermediarios e produtores ven a oportunidade de especular, forzando a suba de prezos e chegando a ameazar á Industria co desabastecemento.

Cando a oferta supera á demanda, a Industria aproveita para facer du-ros axustes a primeiros compradores e gandeiros, tratando por igual a especu-ladores e a profesionais (moitos destes, cooperativas).

A atomización afecta tamén aos pri-meiros compradores privados, non ofrece valor ao sector e non favorece o reequilibrio de poder entre gandeiros e Industria.

Un Mercado de oferta lácteasegmentado

A Comisión Nacional dos Mer-cados e da Competencia só ten entre os seus obxectivos prezos baratos para os alimen-tos, obviando o resto de malas prácticas de competencia. A distribución campa no merca-do marcando prezos, con moi-to máis poder que o resto dos membros da cadea; non se in-tegra na Interprofesional, Inlac nin sente a obriga de fomentar un consumo preferente dos pro-dutos estatais

As administracións e os prin-cipais partidos políticos acer-tarían tomando en serio a ne-cesidade de promover —con criterios profesionais, non políti-cos— a concentración da oferta dos produtos agroalimentarios, discriminando positivamente as axudas aos produtores que aposten por un mercado orde-nado e freando as actividades especulativas de intermediarios e dalgunhas industrias

Page 4: Campoastur Freo aos abusos e impulso ao sector lácteo O ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/09/Revista-124_web.pdf · aposten por un mercado orde-nado e freando as actividades

Editorial

A fondo

Especial Opinión

Tendencias

Caderno técnico

Mundo cooperativo

Novas

3

6

10

12141618

2037

3840

21

42

44

45

47

48

48

48

49

49

50

50

50

Un Mercado de oferta láctea segmentado

Coop. Campoastur

Freo aos abusos e impulso ao sector lácteo

Día do cooperativismoXVII Asemblea XeralO vacún de carne na encrucilladaA pegada de carbono e o sector cárnico: Oportunidade e retoA Eurorrexión Galicia-Norte de PortugalRede Eusumo. Máis de 800 participantes no primeiro semestreSemana Verde de SilledaRenovación do convenio AGACA-Vegalsa

As posibilidades do cultivo da alfalfa en Galicia

Socios de Icos aforran ata un 40% nos segu-ros con UCOGAAGACA recibe a representantesdo goberno de AngolaProporsi: poucos socios e alta especializa-ciónUCOGA premia o labor dos seus comerciais de seguros

Europa descarta indicar a orixe do leite nas etiquetasAsociacións reciben axudas para comprar maquinaria agrícolaAlgúns tipos de oliveira autóctona están fóra dos bancos de xermoplasmaUn estudo destaca as capacidades antitu-morais de grelos, verzas, uvas e olivasViños de Condes de Albarei entran no turis-mo de alta gamaViña Costeira, Acio de Bronce na XXVII Cata dos Viños de GaliciaAs cooperativas Agris e Poluga aproban fusionarseEFA Fonteboa celebra a graduación de 30 estudantes

Page 6: Campoastur Freo aos abusos e impulso ao sector lácteo O ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/09/Revista-124_web.pdf · aposten por un mercado orde-nado e freando as actividades

6a fondo

Como presidenta, María Cruz Fernández Rodríguez, leva promovendo melloras den-de que Campoastur se constituíu, para o que, admite, foi moi importante a xenero-sidade dos xerentes das cooperativas ini-ciais: “Non foi doado. Tivemos reunións du-rante seis anos e, no último, fixamos unha data e lográmolo. Tiñamos claro que unir-nos era a solución para medrar e ser máis competitivos”.

Hoxe en día, Campoastur é unha das en-tidades asociativas máis grandes de As-turias e continúa a medrar: “Integramos a unha nova cooperativa e estamos co-laborando con outra”, explica Fernández, que considera que o proceso de fusión que xerou Campoastur, resultou nunha cooperativa que “gañou en estrutura, en competitividade e en liberdade para tra-ballar nas áreas das que son agora dele-gacións”.

“Tiñamos claro que unirnos era a soluciónpara medrar e ser máis competitivos”

En 2012, seis cooperativas asturianas de sectores dispares —froita, gandería, consumo, agropecuario— fusionáronse dando lugar á actual Campoastur.

A entidade, con 54 millóns de euros de facturación no ano 2014, agrupa a máis de 6.700 socios e dá emprego a máis de 100 persoas.

Conta con tres seccións: Consumo, Froi-ta e Hortaliza e Láctea, nas que se foron encaixando as entidades fusionadas para mellor aproveitar sinerxías.

Campoastur conta con seis gasolineiras

María Cruz Fernández Rodríguez preside Campoastur dende a súa constitución en 2012

Page 7: Campoastur Freo aos abusos e impulso ao sector lácteo O ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/09/Revista-124_web.pdf · aposten por un mercado orde-nado e freando as actividades
Page 8: Campoastur Freo aos abusos e impulso ao sector lácteo O ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/09/Revista-124_web.pdf · aposten por un mercado orde-nado e freando as actividades

10opinión

A obrigatoriedade de asinar contratos a un ano entre os gandeiros e os compradores su-puxo un reto difícil de abordar, tanto pola parte dos gandeiros, como pola dos compradores. Non hai cultura de contratos.

Unha implantación gradual dos contratos a un ano será mellor que establecer unha duración obrigada á que os operadores non están habi-tuados e que os mercados dinamitan a través da volatilidade.

O principal problema dos contratos é saber qué pasa cando non se cumpren por unha das partes, especialmente pola máis forte e poderosa.

Agora sabemos que a xestión dos propios contratos non é nada fácil: é imposible que o gandeiro poida lograr o cumprimento dun contrato sen recorrer á xustiza ordinaria. Este feito converte ao contrato nun búmerang que pode eliminar os gandeiros que esixen o seu cumprimento, mentres a xustiza pode tardar anos en obrigar ao comprador a compensar o abuso realizado.

Dende a Unión de Cooperativas AGACA, en representación de cooperativas socias, denun-ciamos, ante a Axencia de Información e Cali-dade Alimentaria (AICA), a un comprador que exercita prácticas non amparadas pola lexisla-ción coas cooperativas provedoras.

Como moito, quen non cumpra coa norma será sancionado ao final do proceso, pero, re-sarcirase a quen sufriu o abuso penalizado? Isto é todo o que dá a normativa. Non é sufi-ciente. Non resolve o problema.

Estamos obrigados a afondar na lexislación sectorial: próxima á realidade, áxil, xusta e que facilite a profesionalización do sector.

Xa vai alá o primeiro trimes-tre sen cotas lácteas e o ba-lance non pode ser máis des-alentador. Atopámonos ante un mercado lácteo globaliza-do, onde o mercado español forma parte da cadea de va-lor a nivel da Unión Europea ocupando, por momentos, unha posición de sumidoiro de excedentes dos grandes países produtores.

Nunca nos atopamos con menos ferramen-tas de xestión do mercado lácteo nun contor-no tendente á desregulamentación crecente onde os diferentes elos da cadea están inmer-sos nunha defensa individual e insolidaria dos seus intereses sen ningunha proposta para co-hesionar ao conxunto.

As rendas que acadaron os gandeiros hai un ano —no mellor dos casos— tórnanse vulne-rables e insuficientes de cara a unha sostibili-dade económica e social da actividade para unha gran porcentaxe dos mesmos (20%-30%).

O contorno económico vén poñer coto ao cre-cemento razoable do sector, limitado por unha Industria que non ten capacidade para trans-formar produtos de alto valor engadido. Hoxe, hai gandeiros que cobran o leite con diferen-zas de prezos superiores ao 30%, sendo veciños do mesmo pobo.

En paralelo, fálase de deslocalización da pro-dución láctea e do perigo que isto supón para os gandeiros galegos, ao atoparse lonxe dos principais puntos de consumo de España.

Contratos

Sen dúbida o contrato axudou a darlle certa transparencia e estabilidade ao sector. Porén, a súa xestión está resultando complexa e, na realidade, os propios sistemas de indexación de prezos apenas se están aplicando.

Freo aos abusose impulso ao sector lácteo

esp

ec

ial

op

inió

n

Non hai cultura de contratos. Mellor unha implantación gradual a un ano que unha obrigatoria, dinamita-da pola volatilidade dos mercados

Agora sabemos que é imposible lograr o cumprimento dun contrato sen ter que recorrer á xustiza

Unha industria sen capacidade de transformar produtos de valor enga-dido limita o crecemento do sector

Page 9: Campoastur Freo aos abusos e impulso ao sector lácteo O ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/09/Revista-124_web.pdf · aposten por un mercado orde-nado e freando as actividades

AgroBank

1. Promoción válida del 1-3-2015 al 15-5-2015 o hasta agotar existencias (50.000 unidades). A efectos fiscales, esta promoción tiene la consideración de remuneración en especie y está sujeta a ingreso a cuenta. Oferta para domiciliaciones de expedientes de la PAC con un importe estimado superior a 500 €. NRI: 1127-2015/09681. www.laCaixa.es/agrobank

En ”la Caixa” le tramitamos la PAC y, además, se la anticipamos en condiciones muy favorables en el momento que lo necesite. Y ahora, se llevará1 una batería portátil para el móvil solo por domiciliar las ayudas de la PAC en nuestra entidad.

Le facilitamos los trámites y le anticipamos la PAC

Nueva PAC 2015

Page 10: Campoastur Freo aos abusos e impulso ao sector lácteo O ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/09/Revista-124_web.pdf · aposten por un mercado orde-nado e freando as actividades

16tendencias

Organizacións de Produtores

Nos últimos anos, mentres o número de vacas aumentou, o de explotacións des-cendeu, indicando a tendencia cara a ex-plotacións de maior dimensión nun sector que ocupa o terceiro posto en volume tras o porcino e o lácteo. Dada a capacidade das OPs para ne-gociar contratos cómpre que os seus fins estean ben asentados antes das negocia-cións pois, do contrario, a industria ditará as condicións, asegura De Antonio.

Sobre as cooperativas, De Antonio afirmou que o foco de interese nos contratos está nas relacións comerciais con terceiros.

Interprofesionais

A potestade de extensión de norma per-mite ás OIs deducir cantidades económi-

O vacún de carne na encrucilladaPor pegada de carbono entén-dese a cantidade de emisións de CO2 equivalentes á produción de calquera produto ou servizo

Outros tipos de medición:

A pegada hídrica mide a canti-dade de auga consumida ou os impactos ambientais asociados coa auga dun produto ou organi-zación.

A pegada ambiental, mide todas as emisións (ao solo, á auga e ao aire) asociadas á saúde humana e ligadas ao ciclo de vida e de pro-dución dun produto.

As OPs deben ser un instrumento que mellore a capacidade de negociación dos produtores,

evite desequilibrios na cadea de valor, con-centre a oferta, axude a planificar a produción,

optimice custes aos asociados e achegue valor engadido para eles e para o consumidor

Fernando de Antonio

Nun contexto onde moitos países piden a pegada de carbono dos provedores e España estuda medi-das similares; onde Organizacións de Produtores e Interprofesionais poden impulsar reaxustes norma-tivos, cómpre recoñecer as medidas a tomar para ser motores do cambio sen verse arrastrados por el. O 5 de xuño en Lugo, as cooperativas repasaron as vías que seguirá o sector.

Segundo Fernando de Antonio, técnico de Cooperativas Agro-alimentarias de Espa-ña, nun contexto empresarial onde as ex-portacións supoñen o 22% da produción nacional, cómpre adiantarse á normativa e implantar sistematicamente procede-mentos de medición da pegada de car-bono nas explotacións do sector.

De Antonio insistía neste punto no trans-curso da Xornada Técnica de Vacún de Carne que AGACA organizou o pasado 5 de xuño, en Lugo, onde ademais do con-trol da pegada de carbono, afondouse na implantación de Organizacións de Produ-tores (OPs),nas Interprofesionais e no be-nestar animal e persoal nas explotacións.

Ter en conta a pegada de carbono su-pón un criterio de calidade e de diferen-ciación; favorece a internacionalización, a conservación natural e a redución de custes produtivos, en palabras de Rubén Jiménez, director executivo da asesoría es-pecializada SolidForest.

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente inscribe no Rexistro da Oficina do Cambio Climático as empresas con proxectos de cálculo, absorción e re-dución da pegada de carbono, mediante un selo identificador.

Page 11: Campoastur Freo aos abusos e impulso ao sector lácteo O ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/09/Revista-124_web.pdf · aposten por un mercado orde-nado e freando as actividades

18tendencias

O concepto de pegada de carbono (HC) está toman-do forza entre a sociedade, especialmente no mo-mento de consumir. Orixinouse pola crecente sensi-bilización ante o impacto que as persoas deixamos sobre o planeta na nosa vida cotiá. A HC está ligada ás emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) e, por tanto, ao cambio climático.

O cálculo da cantidade destes gases emitidos pola fabricación dun produto, un individuo, unha organi-zación ou, incluso, unha nación nun ano é unha das formas máis sinxelas que existen de medir a marca que deixamos no planeta coa nosa actividade.

Expoñer a HC dos produtos que fabricamos e poder certificala segundo os estándares internacionais é unha oportunidade para mellorar a competitivida-de das explotacións cárnicas e a das industrias de transformación.

As empresas agroalimentarias galegas son conscientes da importancia de ofre-cer produtos máis naturais e con máis va-lor engadido.

AGACA, en colaboración do Centro Tec-nolóxico da Carne, apoia ao sector do vacún de carne neste esforzo por diferen-ciarse, a través do proxecto ECOMEAT, un proxecto de innovación no ámbito agroa-limentario que avalía as emisións de CO2

no manexo de explotacións e nos produ-tos transformados do vacún de carne.

A investigación, pioneira en Galicia nes-te sector, e financiada pola Consellería do Medio Rural e do Mar e Fondos Euro-peos, determinou a pegada de carbono en dúas unidades funcionais: os sistemas de produción de carne (intensivo, exten-sivo, semiextensivo, desvellamento e bois, tendo en conta a presenza dos denomi-nados sumidoiros nas explotacións: pra-dos, árbores..., pois constitúen entidades de absorción e redución de emisións) e os produtos procesados —filete, hambur-guesa, carpaccio e carne guisada— con diferentes tipos de envasado.

Os datos recolléronse durante un ano (2013-2014), dende a entrada de mate-riais nas explotacións ata a saída do pro-duto á venda.

As explotacións gandeiras participantes localízanse nas provincias de Lugo e A Coruña.

Os grandes bloques de toma de datos en-glóbanse nos seguintes conceptos: trans-portes de traballadores e de materiais, reparto de produtos, residuos, combusti-

A pegada de carbono e o sector cárnico: oportunidade e reto

Cuartos envasePeza fresca

Filete termoseladoFilete skin

Peza termoseladaFilete fresco

Filete atmósfera modificadaHamburguesa frescaHamburguesa termoselado

V Gama termoseladoV Gama en lata

(Carne procesada**)0,098

1,970

1,006

0,240

1,006

2,140

0,179

2,002

1,006

0,717

1,497

Kg CO2/Kg U.F.*

Kg CO2/Kg U.F.

Total

Total

15,238

17,110

16,146

15,380

16,146

17,28

15,319

17,142

16,146

15,857

16,637

Kg CO2/Kg U.F.

Kg CO2/Kg U.F.

**Unidade Funcional*Guiso e carne con pemento

Emisións de CO2 en sala de despezamento por produto elaborado, considerando o factor de emisión do matadoiro eo dos animais en semiextensivo.

Page 12: Campoastur Freo aos abusos e impulso ao sector lácteo O ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/09/Revista-124_web.pdf · aposten por un mercado orde-nado e freando as actividades

Colabora Dirección Xeral de Produción Agropecuaria. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia

Caderno técnico

As posibilidadesdo cultivo da alfalfa

en Galicia

Page 13: Campoastur Freo aos abusos e impulso ao sector lácteo O ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/09/Revista-124_web.pdf · aposten por un mercado orde-nado e freando as actividades

22caderno técnico

rendemento e valor nutricional como pola distribución da produción, espallada ao longo do ano e capaz de mellorar a dou-tras especies pratenses se o cultivo está ben establecido.

A recente aplicación da normativa dos pagamentos directos da PAC (que come-zou a aplicarse en 2015) implica, para os beneficiarios do pagamento básico, a obrigatoriedade de cumprir determina-das prácticas beneficiosas para o clima e o medio ambiente (Pagamento Verde), como son a diversificación de cultivos e o mantemento de Superficies de Interese Ecolóxico (SIE) para aquelas explotacións nas que a superficie das terras de cultivo supere certas dimensións.

A alfalfa —tan importante en moitas zonas de clima temperado de todo o mundo—, está moi pouco difundida en Galicia, de-bido principalmente á súa mala adapta-ción a chans acedos e a terreos con exce-so de humidade, porén distintos ensaios amosan as posibilidades nutricionais e rendibles do seu cultivo.

Cultivo e valor nutricional

A superficie total de cultivos forraxeiros her-báceos en España (de acordo co Anuario de Estadística 2013) é de algo máis dun millón de ha, das que aproximadamente 261 mil corresponden ao cultivo de alfalfa. En Galicia, segundo dita fonte, das 287 mil ha de cultivos forraxeiros unicamente 56 ha corresponden a alfalfa.

Pese a iso, distintos ensaios realizados por investigadores do CIAM (Centro de Inves-tigacións Agrarias de Mabegondo) no úl-timo terzo do século anterior demostraron o interese desta forraxeira, tanto polo seu

Cultivo puro de alfalfa, como esixe a SIE

O cultivo de alfalfa permite manter a SIE na mesma parcela duran va-rios anos e pode axudar a cumprir os requirimentos do Pagamento Verde e de achegar ao balance forraxeiro da explotación unha fo-rraxe de alto valor nutricional

Page 14: Campoastur Freo aos abusos e impulso ao sector lácteo O ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/09/Revista-124_web.pdf · aposten por un mercado orde-nado e freando as actividades

23caderno técnico

Nº124 - AGOSTO 2015

Tendo en conta a clara especialización gandeira da maioría das explotacións perceptoras de axudas da PAC en Galicia, considérase que o cultivo de alfalfa pode axudar a cumprir os obxectivos de con-formar os requirimentos do Pagamento Verde e de achegar ao balance forraxeiro da explotación unha forraxe de alto valor nutricional.

Aspectos importantes do cultivo e utilización da alfalfa

Lugar na rotación

A alfalfa é unha excelente cabeza de ro-tación, proporcionando nitróxeno (N) aos cultivos vindeiros. É a especie forraxeira que produce máis proteína por hectárea, contribuíndo á autonomía proteica da ex-plotación.

O seu elevado valor nutricional configura esta forraxe como un excelente comple-mento do millo forraxeiro na ración.

Presenta unha boa resistencia a déficits de auga moderados durante o verán de-bido ao seu sistema radicular profundo.

Elección das parcelas

Adáptase a un amplo rango de solos, agás aos terreos moi húmidos. Prefire so-los con pH próximo á neutralidade, polo que é necesario encalar en solos ácidos. Os mellores rendementos conséguense en solos sans, fondos e ben estruturados. Debe seguirlle un cultivo de cereal, evi-tando a rotación con outro de legumino-sa para aproveitar mellor o N acumulado no solo e reducir o risco de enfermidades. A duración do cultivo, polo xeral, é de 4 anos. Non se debe repetir o cultivo de al-falfa no mesmo terreo ata pasados 4 ou 5 anos.

Elección das variedades

É posible escoller entre dous grandes tipos botánicos: as alfalfas europeas ou flamen-cas, de gran resistencia ao frío e marcada

parada do crecemento invernal, e as al-falfas de ecotipos españois, máis sensibles ao frío e con menor parada invernal. Un terceiro grupo de alfalfas, denominadas californianas, non presenta parada inver-nal e é moi sensible ao frío, non sendo re-comendable para as condicións de Ga-licia, sobre todo nas zonas do interior. As variedades con maior repouso invernal tenden a dar menos cortes pero de maior produción unitaria e concentrados naprimavera e no verán, mentres que as va-riedades con menor repouso invernal dis-tribúen máis equitativamente a produción ao longo do ano.

•As alfalfas europeas ou flamencas pre-sentan gran resistencia ao frío e marcada parada do crecemento invernal.

•As alfalfas de ecotipos españois son máis sensibles ao frío e con menor parada do crecemento invernal.

•As alfalfas californianas non presentan parada invernal e son moi sensibles ao frío, non sendo recomendables para as condicións de Galicia, sobre todo, no in-terior.

No catálogo español de variedades co-merciais hai 24 inscricións, podendo co-mercializarse tamén en España as máis de 300 variedades inscritas no rexistro de variedades da UE.

De entre as variedades avaliadas no CIAM (Díaz et al., 2013) con resultados de, polo menos, tres anos de ensaios, as varieda-des Europe (alfalfa flamenca), San Isidro e Victoria (alfalfas procedentes do ecoti-po Aragón) son as que deron os mellores resultados, cunha produción media anual de14,8 toneladas de materia seca por hectárea.

Ensaios realizados en Zaragoza (Delgado et al., 2005) mostraron tamén un bo com-portamento produtivo e rapidez de rebrote da variedade Victoria. Esta variedade, se-mentada en gran parcela en outono de 2012 e, en primavera de 2013, en solos de

Page 15: Campoastur Freo aos abusos e impulso ao sector lácteo O ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/09/Revista-124_web.pdf · aposten por un mercado orde-nado e freando as actividades
Page 16: Campoastur Freo aos abusos e impulso ao sector lácteo O ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/09/Revista-124_web.pdf · aposten por un mercado orde-nado e freando as actividades

A cooperativa Icos, creada en 2000, reúne a 867 socios: agricultores e gandeiros das comarcas de Chantada e do Deza dedicados principalmente á gandería de vacún leiteiro e de carne. A entidade está en constante expansión, cun crecemento do 15% con respecto ao ano anterior, algo ao que con-tribuíu a liña de seguros, que experimentou unha mellora dende a participación de Icos na corretoría UCOGA, da que é unha das impulsoras.

Socios de Icos aforran ata un 40%nos seguros con UCOGA

42información comercial

Rocío Losada, axente colaboradora, e Alberto Fafián, responsable do departamento de seguros en Icos

Cunha facturación de 51 millóns de euros en 2014 e máis de 100 traballadores, Icos é unha das meirandes cooperativas da súa zona de influencia. Xunto aos socios, inclúe tamén a 286 clientes, co que o total de persoas ás que presta servizos directos pasa do milleiro.

A cooperativa ofrece un completo abani-co de servizos para gandería, horta e viña (recollida e comercialización de leite, xes-tión e asesoramento burocrático e admi-nistrativo, calidade e seguridade alimen-taria, completo parque de maquinaria e mantemento mecánico e de instalacións, entre outros), ademais de contar con ten-das agrarias e supermercado.

Icos formouse logo da fusión de catro entidades (Chataca, Medela, Codipro-ga e Coofaro), polo que entrar a formar parte dunha corretoría coma UCOGA non supuxo un gran cambio na mentalida-

Page 17: Campoastur Freo aos abusos e impulso ao sector lácteo O ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/09/Revista-124_web.pdf · aposten por un mercado orde-nado e freando as actividades

Nº124 - AGOSTO 2015

43información comercial

A división de seguros de Icos emprega a outras dúas persoas, dende a fusión incor-porouse a UCOGA, en Silleda, Pablo San-tomé e, en Chantada traballan Fafián e Rocío Losada.

“No campo, a xente non vía prioritarias en materia de seguros cousas que ago-ra, dende que llas explicamos, consideran doutra maneira. Grazas a UCOGA pode-mos ofrecerlles mellores produtos a mellor prezo”, valora Losada.

Formación e información

Un aspecto no que incide o persoal de seguros de Icos é na importancia da for-mación, tanto para os comerciais (Fafián é titulado experto en Seguros de Tipo A) como para as explotacións. En palabras de Fafián, “non bastan as boas técnicas de venda, hai que coñecer profundamen-te o produto para poder axustalo mellor ao cliente; contarlle as vantaxes, como coa Responsabilidade Civil que moita xente non tiña”.

Á súa vez, os asegurados deben ser cons-cientes e declarar a totalidade das necesi-dades e equipamentos das súas granxas.O denominado infraseguro é un dos prin-

Pablo Santomé é axente colaborador de seguros nas instalacións de Icos en Silleda

Tivemos xente que, aumentando coberturas, pa-sou de pagar 1.200 euros a 700 por un Seguro

de Explotación de vacún de leiteAlberto Fafián

As explotacións adquiren e fan cousas novas e a súa póliza queda anticuada se non o comuni-

can ao seguroRocío Losada

Hoxe por hoxe, UCOGA é a corretoría líder no mercado asegurador do campo

Alberto Fafián

cipais cabalos de batalla de UCOGA: “Pro-dúcense cando os bens están asegura-dos por debaixo do seu valor real; cómpre revisar ben as pólizas para non darse con-ta diso no momento dun sinistro”, insiste Fafián.

O estreito contacto de UCOGA co sector agropecuario permítelle determinar as súas necesidades reais. Na carteira da corretoría hai pólizas que aseguran as ca-sas con madeira, “penalizadas por outras compañías” segundo Fafián; pólizas de ex-plotacións agrarias, sen franquía, que non aplican depreciación na maquinaria de muxidura; seguros de responsabilidade ci-vil que cobren explotación, maquinaria e persoal e outros que contemplan sinistros fóra do recinto da explotación: “Moitas pó-lizas non cobren se che pasa algo nunha leira adxacente”, explica o responsable.

As cifras amosan que moitos dos asocia-dos a Icos son clientes integrais da corre-toría, pero as vantaxes tanxibles non son o único que os empurra a contar co UCO-GA: “Baséanse moito na confianza que nos teñen aos comerciais, por iso non é un trauma cambiar as súas pólizas a UCO-GA”, conclúe Fafián.

de emprendedora: “Levabamos 11 anos como axentes exclusivos dunha asegura-dora que estaba perdendo cota no mer-cado pola competitividade do mesmo e da guerra de prezos. Así mesmo detecta-mos certas carencias no mercado agro-pecuario asegurador, estes factores leva-ron a que Icos fose unha das pioneiras na constitución da corretoría”, explica o responsable do departamento de seguros da cooperativa, Alberto Fafián: “Buscaba-mos pólizas con coberturas especiais, das que carecía a competencia, para darlles aos socios algo máis”.

Page 19: Campoastur Freo aos abusos e impulso ao sector lácteo O ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/09/Revista-124_web.pdf · aposten por un mercado orde-nado e freando as actividades

44mundo cooperativo

Unha delegación integrada por membros do gober-no do país africano achegouse en xuño ata as ofici-nas de AGACA en Santiago para coñecer a realidade das cooperativas agroalimentarias galegas.

Amosaron especial interese pola forma-ción, a aplicación dos Plans de Empresa nas cooperativas e a participación femini-na nos cargos representativos que, como en España, tamén escasea, confesaron.

Esta actividade forma parte do proxecto “Apoyo al Programa de Desarrollo Local a través del Fondo de Apoyo Social (FAS)-FASIV”, xestionado pola FIIAPP (Fundación Internacional para Iberoamérica de Ad-ministración y Políticas Públicas), que ten como obxectivo mellorar o acceso das familias rurais vulnerables aos servizos so-ciais básicos e ás oportunidades econó-micas, fortalecendo as capacidades insti-tucionais nos municipios do país.

Acompañados por representantes do FIIAPP, e polo director-xeral de AGACA, H. Mougán, os seis integrantes do grupo, en-tre eles, o director xeral do FAS en ANGOLA,

Santinho Filipe e a directora xeral adxun-ta, Helena Farinha. Rematada a reunión trasladáronse a Silleda para visitar unha explotación de porcino vinculada á coo-perativa Proporsi. (Na páxina 45 inclúese unha reportaxe sobre esta explotación).

AGACA recibe a representantesdo goberno de Angola

Santinho Filipe Figueira, director do Fondo de Apoio Social (FAS) en Angola

Page 20: Campoastur Freo aos abusos e impulso ao sector lácteo O ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/09/Revista-124_web.pdf · aposten por un mercado orde-nado e freando as actividades

48noticias

Un informe elaborado polo equipo do comisario de Agricultura Phil Hogan indica que non é preciso mostrar a orixe do leite no etique-tado dos envases. A Asociación Europea de Industrias Lácteas, pola súa parte considérao “custoso e pouco demandado polo consumi-dor”.

O documento indica que engadir a información, en xeral, beneficia a países deficitarios pero prexudica a grandes industrias. Francia, Italia, Grecia, Reino Unido, Croacia e Eslovaquia apoiaron a medida en reunión do Consello Europeo; España e Alemaña non tomaron posición.

A normativa actual de etiquetado voluntario deixa que cada rexión decida qué datos achegar. Galicia conta dende 2012 co selo “Ga-lega 100%”, promovido pola Xunta, que “distingue produtos lácteos galegos de calidade superior e garante a trazabilidade”.

Europa descarta indicar a orixedo leite nas etiquetas

Asociacións recibenaxudas para comprarmaquinaria agrícola

Algúns tipos de oliveira autóctona están fóra dos bancos de xermoplasma

A Xunta de Galicia aprobaba, o pasado mes de marzo, unha dotación de máis de cinco millóns de euros (cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural – FEADER) en axudas para o fomento da utiliza-ción de maquinaria en réxime asociativo.

Un total de 46 Asociacións (cooperativas e SATs) resultaron beneficiarias destes fondos, cos que a Xunta pretende incentivar no sec-tor agropecuario, o uso de maquinaria e equi-pamentos adquiridos en común, ademais da introdución de novas tecnoloxías no contorno rural.

O Goberno autonómico considera que o fo-mento da maquinaria en réxime asociativo pode repercutir positivamente na redución das contaminación e no incremento da efi-ciencia enerxética, das medidas de segurida-de no traballo e da racionalización dos custes de mecanización.

Por primeira vez se fixo un estudo en profun-didade das variedades autóctonas de oliveira en Galicia. A investigación incluíu unha descri-ción botánica das diferentes clases de olivei-ras agrupadas baixo a denominación “Brava Gallega”, así como un estudo molecular.

O Grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia – CSIC concluíu que, das 18 mostras estudadas, cinco non encaixan no Banco de Germoplasma Mundial del Olivo, polo que po-dería tratarse de variedades aínda sen des-cribir nin incluír en bancos de xermoplasma (bancos de sementes) destinados a conser-var a diversidade xenética dos cultivos.

no

tic

ias

Page 22: Campoastur Freo aos abusos e impulso ao sector lácteo O ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/09/Revista-124_web.pdf · aposten por un mercado orde-nado e freando as actividades

Nº124 - AGOSTO 2015

49noticias

As variedades de uva albariño, caíño branco, loureira e mencía, os grelos, as verzas e a variedade de oliva denominada brava galega conteñen moléculas que evitan o crecemento de tumores e teñen propiedades antimetastáticas, segundo as conclusións derivadas do estudo desenvolvido polo Departamento de Farmacoloxía da Universidade de Santiago, dirixido polo doutor Freire Gara-bal, utilizando como base cultivos de células humanas afectadas por cancro de próstata e mama e que aínda segue aberto.

Os resultados en laboratorio determinaron, nalgunhas das moléculas, efectos antitumorais superio-res aos dalgúns fármacos xa existentes para o tratamento destas variedades de cancro e, noutras, o potencial de previr a diseminación do cancro cara tecidos e órganos veciños.

Por outra banda, o Grupo de Xenética, Mellora e Bioquímica de Brásicas – CSIC determinou que o envasado de grelos e verzas non diminúe os seus valores nutricionais. Tamén, que as verzas e grelos sementados en outono e recollidos nun estado xuvenil posúen maior capacidade antioxidante, presentan máis vitamina C.

O albariño Pazo Baión foi elixido por Iberia como parte da oferta de viños que presenta aos seus viaxeiros en clase business e nas salas VIP dos aeroportos, logo de superar un rigoroso proceso de selección.

A rede de Paradores de Turismo, á súa vez, incluíu aos albariños Condes de Albarei e Condes de Albarei Enxebre na súa carta. A rede contara xa con viños da adega no Menú do Peregrino, que conmemoraba o 800 aniversario da peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela.

Por outra banda, a adega continúa co seu compromiso co medio ambiente mediante a reciclaxe de preto de 700.000 kg de refugallos en 2014.

Un estudo destaca as capacidades antitumoraisde uvas, grelos, verzas e olivas

Viños de Condes de Albarei entran no turismode alta gama

no

tic

ias

Page 23: Campoastur Freo aos abusos e impulso ao sector lácteo O ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/09/Revista-124_web.pdf · aposten por un mercado orde-nado e freando as actividades

50noticias

Viña Costeira, Acio de Bronce na XXVII Cata dos

Viños de Galicia

As cooperativas Agris ePoluga aproban fusionarse

EFA Fonteboa celebra agraduación de 30 estudantes

Colección 68, presentado tan só uns días an-tes da cata, obtivo o 3º posto nos viños da D.O. Ribeiro na vixésimo sétima edición da Cata dos Viños de Galicia, que tivo lugar en xuño, promovida pola Consellería do Medio Rural e do Mar.

Trátase dun viño branco que une treixadura con pinceladas de albariño e godello.

Concursaron 215 viños procedentes de 137 adegas das 5 denominacións de orixe gale-gas: 40 da D.O. Rías Baixas, 21 da D.O. Valdeo-rras, 29 da D.O. Ribeira Sacra, 15 da D.O. Mon-terrei e 32 da D.O. Ribeiro, da que procede Viña Costeira.

As cooperativas lucenses, Agris (Friol) e San An-tonio de Pol (Pol) aprobaron na Asemblea do 25 de xuño, o inicio dun proceso de fusión, que culminará o 1 de outubro de 2015, co obxec-tivo de “servir como instrumento de mellora económica e social das explotacións socias”. A actividade principal de ambas cooperativas é a de primeiras compradoras de leite.

Unha vez unidas, as entidades operarán baixo o nome de Agris e o resultado da fusión con-tará con 950 explotacións socias e máis de 50 traballadores.

O 13 de xuño, EFA Fonteboa clausurou o Curso 2014/2015 cun acto para honrar aos alumnos que rematan a súa Formación Profesional (FP) —18 do Ciclo Formativo de Grao Medio de Pro-dución Agropecuaria e 12 do Ciclo Formativo de Grao Superior de Xestión e Organización de Empresas Agropecuarias—, e destacar os valores institucionais do centro, que cumpre 40 anos.

Na celebración destacáronse iniciativas em-prendidas polos alumnos: a instalación da Sala Feiraco; a organización dun concurso con Carrefour; a constitución da “Área de Ex-perimentación Vexetal” con Cutilagro, empresa de distribución e plantel hortícola; a creación da Finca–Escola do Lúpulo, coa cooperativa Lutega, e o arranque da plataforma tecnolóxi-ca do millo no contorno do Centro, con Dekalb Monsanto.

Os programas da TVG “O Agro– Labranza”, polo labor divulgativo sobre o sector agrario e o rural, e Autocares Rey Varela, por 40 anos de servizo ao Centro, recibiron recoñecementos no acto.

no

tic

ias

Page 24: Campoastur Freo aos abusos e impulso ao sector lácteo O ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/09/Revista-124_web.pdf · aposten por un mercado orde-nado e freando as actividades

ADAMA Agriculture España, S.A. | C/ Méndez Álvaro, 20 · 5ª planta | 28045 Madrid · España | adama.com

Trabajamos para crear soluciones que mejoren tu día a día, aunando nuestra experiencia con la de la Universidad de Sevilla para encontrar nuevas vías en la erradicación de las malas hierbas.

Desde la Universidad hasta tu negocio: la Cátedra Adama involucra a los mejores profesionales en el desarrollo de nuevas ideas que te ayudarán a mejorar tu explotación y el rendimiento de tu cosecha.

Si quieres más información,visivisita adamacatedra.es

Queremos darte más de lo que necesitas. Queremos pensar en el futuro desde el presente. Por eso, creamos la Cátedra Adama, el primer proyecto de investigación en malherbología de España.

Agriculturaque te ayuda.

Investigación real para problemas reales.

Page 25: Campoastur Freo aos abusos e impulso ao sector lácteo O ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/09/Revista-124_web.pdf · aposten por un mercado orde-nado e freando as actividades