Cantarolas

10
“CANTAROLAS” Así traballamos na aula: o proceso de creación dun libro.

description

Elaboración dun libro con poemas de "Cantarolas" feito na aula por alumnado de EP4 do CEIP de Ponte Sampaio en xaneiro de 2014.

Transcript of Cantarolas

Page 1: Cantarolas

“CANTAROLAS”Así traballamos na aula:

o proceso de creación dun libro.

Page 2: Cantarolas

O primeiro que fixemos foi ler na aula

catro poemas do libro “Cantarolas”

escrito por Anisia Miranda e Xosé Neira

Vilas.

Page 3: Cantarolas

Logo descubrimos cales eran os versos que rimaban.

Aprendemos que un poema está composto por estrofas.

As estrofas poden ter distinto número de versos e incluso dependo da estrofa que sexa os versos que riman non son sempre os mesmos.

Page 4: Cantarolas

O profe deunos unha folla na que estaban todas as estrofas dos catro poemas... pero todos desordenados. En grupos de tres tivemos que volver ordenalos.

Page 5: Cantarolas

Para non enlearnos moito, pintamos as estrofas de cores diferentes. Pero da mesma cor as que pertencían ao mesmo poema.

Page 6: Cantarolas

Unha vez que estaban todas coloreadas e

ordenadas procedemos a recortalas para facer

a montaxe.

Page 7: Cantarolas

Cando tiñamos recortadas e ordenadas todas as estrofas pegámolas nunha folla dun libro vello, que íamos tirar. É un xeito de reciclar.

Page 8: Cantarolas

Antes de rematar preparamos unha cuberta para o noso libro.

Page 9: Cantarolas

E xa para rematar, xuntamos todas as páxinas cuns fíos de la.

Page 10: Cantarolas

Aquí tedes o traballo final:

Un minilibro de poemas feitos cos poemas que traballamos na aula.

Nenas e nenos de 4º de EP do CEIP de Ponte Sampaio.

Xaneiro de 2014.