Cantigas de Amigo na Lirica Galaico Portuguesa Medieval

21
1 LÍRICA GALEGO-PORTUGUESA CANTIGAS DE AMIGO MANUELA CORRAL VILLAR AIDA GARCÍA LÓPEZ HELENA LÓPEZ PRADO

Transcript of Cantigas de Amigo na Lirica Galaico Portuguesa Medieval

Page 1: Cantigas de Amigo na Lirica Galaico Portuguesa Medieval

1

LÍRICA GALEGO-PORTUGUESA

CANTIGAS DE AMIGO

MANUELA CORRAL VILLAR AIDA GARCÍA LÓPEZ HELENA LÓPEZ PRADO

Page 2: Cantigas de Amigo na Lirica Galaico Portuguesa Medieval

2

A POESIA LÍRICA GALEGO-PORTUGUESA

O que chegou a nós como “poesía lírica galaico-portuguesa” son un conxunto de textos recollidos, case exclusivamente, en tres grosas compilacións e atribuídos a 153 autores, algúns historicamente ben identificados, mais a maioría descoñecidos e que con toda probabilidade seguiran como tales. Este legado poético está recollido en tres cancioneiros: Cancioneiro de Ajuda, custodiado na Biblioteca do Pazo de Ajuda , en Lisboa; Cancioneiro Colocci – Brancuti, atópase na Biblioteca Nacional de Lisboa e por último, o Cancioneiro da Biblioteca Apostólica Vaticana. Ademais destes tres cancioneiros, consérvanse outros textos menores; sendo de gran importancia “O Pergamiño de Vindel”, (así chamado polo apelido do libreiro que o descubriu), e que consiste nunha folla de pergamiño do século XIII, do tipo das que levarían os xograres para súa interpretación, que contén as sete cantigas coñecidas de Martín Códax, coa excepcional particularidade de levar anotacións musicais das cantigas, co que podemos coñecer hoxe a melodía orixinal.

A tradición manuscrita da lírica galaico-portuguesa resulta moi pobre, si comparamos estes tres códices cos 95 provenzais, cos cerca de 50 franceses e cos cento e pico de italianos. Esta escaseza pódese supoñer que deriva da desaparición de todas as copias eventualmente realizadas durante os séculos XIV, XV e XVI; outro feito é que a transmisión da lírica galaico-portuguesa queda confinada ó mesmo ambiente que a produciu, que non ten posibilidades ou non considera importante a súa multiplicación e, mais tarde, descóidaos, dándoos como superados por outras modas literarias.

Page 3: Cantigas de Amigo na Lirica Galaico Portuguesa Medieval

3

COORDENADAS CRONOLÓXICAS O corpus poético galego-portugués consta de 1679 textos, na súa maioría encadrables, e que van dende o século XIII ata a primeira metade do século XIV. De feito, a case totalidade dos textos transmitidos polos cancioneiros inscríbense sen dificultade no arco de tempo comprendido entre 1196 e 1350. Non por iso o limite cronolóxico superior (1196) pode considerarse fixado de xeito indiscutible, en canto que falamos de manifestacións escritas, pero hai que supoñer que tamén é lírica a primeira literatura do estadio oral. Na area galaico-portuguesa o problema das orixines líricas aparece complicado pola presenza dun xénero, “cantigas d´amigo”,que presenta un aparato temático e en parte formulístico, que defire dos outros xéneros líricos, mentres que semella as jarchas mozárabes . Existen numerosos indicios que fan supoñer a existencia dunha tradición lírica moi antiga.Os escritores clásicos latinos fan referencia ós cantos e danzas dos Gallaecia. A peregrina Egerea seguidora de Prisciliano, en torno ós anos 381-384, nos seus relatos contrapón as prácticas litúrxicas e os cantos que vía e oía no Oriente, cos que ela coñecía da súa patria: O Bierzo(Las Edades del Hombre. Musica en Castilla y Leon pax 1). Os textos latinos de escritores medievais aluden ó costume do pobo galego de cantar con motivo de diversas celebracións, como a chegada de maio, as vodas e nos enterros.

Page 4: Cantigas de Amigo na Lirica Galaico Portuguesa Medieval

4

ESPAZO CULTURAL Os séculos XII e XIII son un momento especialmente rico para a historia e a cultura do occidente medieval. O renacemento das cidades e do comercio, o auxe adquirido polas escolas monásticas, os importantes centros culturais que medran á sombra das catedrais, contribúen a espallar as novas formas deste tempo. Tal estado de cousas non deixa de reflectirse a nivel cultural e artístico. O florecemento do arte románico en Galicia, que se difunde dende o centro compostelán, móstranos a maduración e o gran

dinamismo da sociedade galega neste tempo. Así, dinos Anselmo López Carreira: “ Os seus logros artísticos poden ser incluídos, sen temor ó dislate, entre as mais altas producións da humanidade”. Todas as forzas vivas da época están implicadas nesta tarefa, de este xeito a cultura non se detén nas escolas episcopais, as cortes de reis, bispos e nobres son centros de primeira magnitude. Ó lado das escolas e da corte, temos que considerar a importancia na difusión de certos temas e formas dos xograres. A tradición retórica que emanaba das escolas e os recursos literarios e estilísticos que se podían aprender, escoitando ós xograres, están presentes na lírica galaico-portuguesa. Pero cabe a pena preguntarse: como é posible que na Hispania centro- occidental a poesía lírica fora galega, e non asturiana ou leonesa?. Cal é a razón pola que as cantigas d´amigo asumen a paisaxe e a realidade socio cultural galega como propia aínda en poetas posteriores ou non galegos? A resposta pode ser que Santiago de Compostela é o único centro cultural de relevo internacional, o mais prestixioso da península Ibérica, e superior, por poder demográfico e económico, á mesma cidade de León, sede da corte. Arredor do santuario compostelán proliferan numerosas actividades económicas, xustificadas precisamente pola industria da peregrinación: outras igrexas, tabernas, fondas, locais de troco, tendas para a revenda de alimentos, de obxectos de uso común, de herbas medicinais e de “souvenirs”.

Page 5: Cantigas de Amigo na Lirica Galaico Portuguesa Medieval

5

Meta de peregrinos, dende o século X, que aló acoden de toda Europa, as veces paran nela durante un período de tempo bastante longo, ou que se instalan alí establemente, Santiago organízase para acoller e hospedar este xentío e tirar del o máximo proveito. Os promotores da súa fortuna foron: Dalmacio e Diego Xelmirez, os cales, unidos á organización cluniacense moveron con sagaz senso político unha serie de circunstancias favorables, que van transformado en poucos anos unha simple residencia episcopal en basílica metropolitana e sede apostólica, que incordia ó primado toledano e pretende equipara-la súa dignidade coa das outras sedes apostólicas de Roma e Efeso. Diego Xelmirez(1100-1139) recupera os bens eclesiásticos usurpados polos laicos; substitúe con clero francés gran parte do clero hispánico preexistente, que levaba unha vida ben pouco edificante “ á maneira dos cabaleiros”, frea (eficazmente axudado por Raimundo de Borgoña, xenro de Afonso VI e conde de Galicia”) a turbulenta nobreza indíxena, e axiganta a proxección internacional da cidade e do santuario, valéndose do apoio incondicional de Guido de Borgoña ( irmán de Raimundo e arcebispo de Viena) e, finalmente, do papa Calisto II; pero tamén se axuda pola súa amizade cos titulares de numerosos centros da cultura clerical.

XÉNEROS LITERARIOS Os poemas na lírica galaico-portuguesa reciben o nome xenérico de cantigas e clasifícanse en relixiosas (Cantigas de Santa María de Alfonso X ) e profanas. No Cancioneiro Colocci-Bramcuti incluíse un Arte de Trobar no que se menciona, para as cantigas profanas, catro xéneros diferentes :

cantigas de amor, cantigas de escarnio e cantigas de maldicir, cantigas de amigo,

Page 6: Cantigas de Amigo na Lirica Galaico Portuguesa Medieval

6

Esta lírica que se confecciona e interpreta nos pazos e castelos, non obstante, representa as formas de vida das distintas capas sociais: mulleres nobres, campesiñas, abades e abadesas, militares, xograres e segreis, soldadeiras e criadas, en definitiva, un mundo social diverso. Tamén atópase un reflexo do universo feminino, as mulleres están presentes nos diferentes tipos de cantigas, mais recollidas desde distinta perspectiva.

As cantigas de amor

Afíns ás cantigas de amigo en tanto que ambas desenvolven polo xeral o tema do amor non correspondido , diferéncianse por unha máis marcada aristocraticidade de ton e de forma. Nas cantigas de amor , onde a voz lírica é masculina e onde o poeta canta o seu sufrimento pola “coita” (aflición) de amor e polo desdén da muller á que ama, idealizase a dona, denominándose “a senhor” precedida por o posesivo “mha”. Ela representa todas as virtudes, o poeta é o seu vasalo e aspira a ser amado para non morrer de amor.

Unha característica que diferenza esta lírica, galaico- portuguesa, da provenzal é a inversión da concepción do amor, transformando a alegría de amar, na provenzal, en dor como consecuencia de amar, na galaico- portuguesa. Outra é que a “loubanza da dama”, non leva xamais nunha descrición corpórea. Nada aparece acerca da color dos seus cabelos, da súa boca, da brancura da súa pel…….prefírese o retrato moral ó físico. Os valores mais apreciados son: rir fermoso, falar ben, ser mesurada,ter graza e bondade; se asocia a beleza ó sosego que desprende, a risa ó Boo carácter, signo duna personalidade afable. O amor cortés é o verdadeiro corpo vertebral neste tipo de cantigas, e consiste no traslado das relacións sociais feudais ó campo amoroso, de maneira que “a senhor” (midons en Occitania) pasa a desenrolar o papel do señor feudal mentres que o poeta tería que ocupar un rol de servo.

Page 7: Cantigas de Amigo na Lirica Galaico Portuguesa Medieval

7

As cantigas de escarnio e maldizer

É o terceiro dos xéneros poéticos da lírica galaico-portuguesa, inclúe non só as sátiras políticas, morais, e literarias, e as maledicencias persoais, senón tamén prantos, tenzóns e parodias: en definitiva, todos os textos que non resulten dalgún xeito asimilables as cantigas de amor o ás cantigas de amigo. Estas cantigas, herdan da provenzal unha gran variedade temática, si ben a mais practicada por os trobadores foi a do “vituperiun ad personan”. A risa, a comicidade e a ironía, ocupan o papel central de este xénero lírico, que abarcan unha gran variedade de situacións que reflexa a inversión dos valores feudais e corteses. A tradición raramente transmite textos comprometidos dende unha perspectiva moral o política, pois o que se busca e a función puramente lúdica. Neste tipo de cantigas non existen, na práctica, estamentos ou “oficios” que non sexan directamente postos en danza, aínda que o clero, nobres, e “traballadores da cultura” son os que levan o peso maior da ridiculización e do sarcasmo. Trobadores e xograres forman a outra categoría mais directamente implicada no escarnio e na maledicencia.

As Cantigas de amigo

A cantiga de amigo naceu na comunidade rural, como complemento do bailado e do canto colectivo dos ritos primaverais, propios das civilizacións agrícolas nas que a muller ten maior importancia social, pero os textos conservados revelan unha longa e profunda elaboración de acordo ás pautas trobadorescas As cantigas de amigo desenrólanse, fundamentalmente, sobre tres apartados temáticos: “o amor”, “a muller” e “a paisaxe”; non como elementos separados senón como liñas argumentais que se entrecruzan entre si; o enlace da paisaxe ca situación sentimental dálle ás veces á cantiga, un aire de inefable misterio.

Page 8: Cantigas de Amigo na Lirica Galaico Portuguesa Medieval

8

A temática do amor non correspondido ou contrariado, é común na cantiga de amor e na de amigo, pero diferénciase en que na de amigo o poeta finxe que é a muller a que expón a súa propia mágoa, mentres que na de amor o poeta fala en primeira persoa. Isto fai que na maioría dos casos a cantiga de amigo apareza como o reverso exacto da cantiga de amor. A natureza do amor descrito na poética galaico-portuguesa caracterízase por ser platónico e, por conseguinte, por fuxir de todo contacto físico entre os amantes. Sen embargo, na cantiga de amigo, obsérvanse excepcións, transmitíndose unha concepción bastante atrevida do amor, ou utilizando certas imaxes simbólicas de carácter erótico, que indican unha relación de carácter intimo.

Se a muller na cantiga de amor , é unha senhor

aristocrática e moi distante, na de amigo é unha doncela nova, unha “dona virgo”, que non ten ese estatus social tan elevado; a súa vida transcorre lonxe das cortes e dos seus trobeiros; son mozas namoradas que falan á beira dun río, nunha fonte, ou preto do mar. A rapaza da cantiga de amigo relacionase, non só co amigo, senón coas súas amigas ou coas irmás, que recollen as confidencias do seu namoramento ou da súa paixón; todas elas xunto coa nai, encargada de gardar a honra da filla e mais, escoitala ou asesorala, contribúen a enriquecer o universo feminino cheo de matices xa en por si.

A paisaxe dálle á cantiga un toque especial: as flores do verde pino, a ribeira dun río, as abeleiras floridas, unha hermida ou as ondas do mar, serven de fondo para un encontro de amor, unha queixa desconsolada, unha espera confiada ou desesperada, ou unha danza onde a doncela e as súas amigas son conscientes da súa beleza. A paisaxe na cantiga de amigo non ten sómente unha función decorativa, pois pode adquirir un valor simbólico enriquecendo o contido do texto: e así son os cervos nas cantigas de Pero Meogo ou nas abeleiras floridas que representan a fertilidade.

Page 9: Cantigas de Amigo na Lirica Galaico Portuguesa Medieval

9

Exemplos de contidos nas Cantigas de Amigo. “O amor” -Cantiga nº 4 de Pero Meogo onde a namorada pregúntalle aos cervos que vai facer se o seu amado, que está lonxe, tarda en volver. Pero no refrán acontece que pide consello ao tradicional coro das amigas “velidas”. O cervo e unha idealización do amigo, é o símbolo do namorado e repítese nas nove cantigas de Meogo.

Ai cervos do monte, vínvos preguntar, fois'o meu amigu' e, se alá tardar, qué farei, velidas?

Ai cervos do monte, vinvolo dizer: fois'o meu amigu'e querría saber qué farei, velidas?

Page 10: Cantigas de Amigo na Lirica Galaico Portuguesa Medieval

10

-Nesta cantiga, a única que se conserva do seu autor o xograr Mendiño, a namorada agarda ao seu amigo nunha hermida situada na illa de San Simón no fondo da ría de Vigo, moi cerca da costa, quedando rodeada pola marea alta que lle impide o regreso. Así dinos o refrán: “eu agardando polo meu amigo, e virá?” Sedia-m’eu na ermida de San Simion e cercaron-mi as ondas, que grandes son: eu atendend’o meu amigo, e verrá?

Estando na ermida ant’o altar, Cercaron mi as ondas grandes do mar:

eu atendend’o meu amigo,

e verrá?

E cercaron-mi as ondas, que grandes son: Non ei i barqueiro nen remador: eu atendend’o meu amigo,

e verrá? E cercaron-mi as ondas do alto mar, Non ei i barqueiro nen sei remar: eu atendend’o meu amigo,

e verrá?

Non ei i barqueiro, nen remador, Morrerei fremosa no mar maior:

eu atendend’o meu amigo,

e verrá?

Non ei i barqueiro, nen sei remar Morrerei fremosa no alto mar:

eu atendend’o meu amigo,

e verrá?

Page 11: Cantigas de Amigo na Lirica Galaico Portuguesa Medieval

11

“A muller” Na cantiga de amigo, ao contrario do que ocorre na de amor, a descrición feminina contén referencias ao aspecto físico (corpo, cabelos) e cualificativos peculiares (velida) -Nesta cantiga nº 6 de Pero Meogo utiliza outra vez o simbolismo do cervo e mais o tema da toilete feminina na mañá cedo, para darnos unha das composicións mais logradas do seu cancioneiro: Enas verdes ervas vi andalas cervas,

meu amigo. Enos verdes prados vi os cervos bravos, meu amigo.

E con sabor d’elhas lavei mias garcetas, meu amigo.

E con sabor d'elhos lavei meus cabelos, meu amigo.

Desque los lavei d'ouro los liei, meu amigo.

Desque las lavara d'ouro las liara, meu amigo.

D'ouro los liei e vos asperei, meu amigo.

D'ouro las liara e vos asperava, meu amigo.

Page 12: Cantigas de Amigo na Lirica Galaico Portuguesa Medieval

12

-Na cantiga nº 9 de Pero Meogo, última das nove conservadas deste autor, dinos Ferrín: “nela hai un diálogo entre a nai e a filla con gran axilidade dramática. Na 1ª e 2ª estrofa a nai pregúntalle á filla por que tardou na fonte, resposta o refrán “os amores ei”. Nas estrofas 3ª e 4ª a filla explica o motivo da súa tardanza, poñendo de desculpa o feito de que os cervos do monte revolvían a auga , pero o refrán danos a verdadeira razón: o amor”. -“Digades, filha, mia filha velida, porque tardastes na fontana fría?” “Os amores ei”.

-“Digades, filha, mia filha louçana, porque tardastes na fría fontana?” “Os amores ei”.

Tardei, mia madre, na fontana fría, cervos do monte a augua volvían. Os amores ei. Tardei, mia madre, na fría fontana, cervos do monte volvían a augua. Os amores ei.

-”Mentís, mia filha, mentís por amigo! nunca vi cervo que volvess'o río”. “Os amores ei”.

-“Mentís, mia filha, mentís por amado! Nunca vi cervo que volvess'o alto”. “ Os amores ei”.

Page 13: Cantigas de Amigo na Lirica Galaico Portuguesa Medieval

13

“A paisaxe”

-Na seguinte cantiga do rei D. Denís de Portugal a namorada diríxese ás flores do pino e obtén unha resposta Ai flores, ai flores do verde pino, Se sabedes novas do meu amigo! Ai Deus, e u é?

Ai flores, ai flores do verde ramo, se sabedes novas do meu amado! Ai Deus, e u é? Respondendo os pinos .... Vós preguntades polo voss’ amigo? E eu ben vos digo que é san’ e vivo, Ai Deus, e u é? Vós preguntades polo voss’ amado? E eu ben vos digo que é viv’ e sano. Ai Deus e u é?

-Nesta de Martín Codax a namorada pregúntalle ás ondas do mar. O mar é un elemento orixinal das Cantigas de Amigo con poucos e discutidos precedentes na Provenza. Ai ondas, que eu vin veer, Se me saberedes dizer porque tarda meu amigo

sen min?

Ai ondas, que eu vin mirar, Se me saberedes contar porque tarda meu amigo

sen min?

Page 14: Cantigas de Amigo na Lirica Galaico Portuguesa Medieval

14

-Nesta cantiga de Airas Nunes a moza invita a tódalas namoradas a bailar con ela. As bailadas son as mais ledas das cantigas de amigo, exprésase nelas a alegría de amar e vivir, con frecuentes incitacións ao baile. A súa orixe é tradicional. Bailemos nós ja todas tres, ai amigas, so aquestas avelaneiras frolidas, e quen for velida como nós, velidas, se amigo amar, so aquestas avelaneiras frolidas verrá bailar.

Bailemos nós ja todas tres, ai irmanas, so aqueste ramo d’estas avelanas, e quen for louçana como nós, louçanas, Se amigo amar,

so aqueste ramo d’estas avelanas verrá bailar.

Por Deus, ai amigas, mentr’al non fazemos so aqueste ramo frolido bailemos, e quen ben parecer como nós parecemos, se amigo amar, so aqueste ramo, sol que nós bailemos, verrá bailar.

Page 15: Cantigas de Amigo na Lirica Galaico Portuguesa Medieval

15

Outra cantiga bailada é a nº 6 de Martín Codax, deste xograr chegaron a nos sete cantigas que figuran no pergamiño Vindel acompañadas tamén da súa notación musical. Eno sagrado, en Vigo Bailava corpo velido: Amor ei!

En Vigo, no sagrado, Bailava corpo delgado: Amor ei!

Bailava corpo velido, Que nunca ouver’ amigo: Amor ei! Bailava corpo delgado, Que nunca ouver’ amado: Amor ei! Que nunca ouver’ amigo, Ergas no sagrad’, en Vigo: Amor ei!

Que nunca ouver’ amado, Ergas en Vigo, no sagrado: Amor ei!

O paralelismo e o leixaprén son artificios propios das Cantigas de Amigo e raramente aparecen nas cantigas de amor.

Page 16: Cantigas de Amigo na Lirica Galaico Portuguesa Medieval

16

O paralelismo é un procedemento repetitivo que enlaza as estrofas de dúas en dúas, facendo que os versos da segunda estrofa sexan unha pequena variante dos versos da primeira. Outro procedemento que encadea os sucesivos pares de estrofas é o leixaprén (deixa-colle) que consiste na repetición dos segundos versos do par de estrofas como primeiros versos do par seguinte. Para visualizalos eliximos a cantiga nº 5 de Pero Meogo” comentado por X.L.Méndez Ferrín actual presidente da Real Academia Galega. Nela “en lugar de falar o namorado fala o poeta quen narra en 3ª persoa, obxectiva e maxistralmente, unha escena na que unha rapaza (louçana e velida) vai á fonte para lavarse os cabelos, pasa por alí o amigo que a ama, mentres tanto o cervo “volvía” (revolvía) a auga. Tanto a acción de lavar os cabelos como a presenza e acción do cervo son símbolos eróticos, sendo o cervo unha idealización do amigo. Nesta cantiga, como nas outras que vimos de Pero Meogo o poeta deixa que a nosa imaxinación teña un punto de apoio para reproducir a escena real”.

Levóus'a louçana, levóus'a velida, vai lavar cabelos na fontana fría. Leda dos amores, dos amores leda. REFRÁN

PARALELISMO Levous'a velida, levóus'a louçana, vai lavar cabelos na fría fontana. LEIXAPRÉN Leda dos amores, dos amores leda.

Vai lavar cabelos na fontana fría, passou seu amigo que lhi ben quería. Leda dos amores, dos amores leda.

Vai lavar cabelos na fría fontana, passa seu amigo que a muit'a amava. Leda dos amores, dos amores leda.

Passa seu amigo que lhi ben queria, o cervo do monte a augua volvía. Leda dos amores, dos amores leda.

Passa seu amigo que a muito amava, o cervo do monte volvía a augua. Leda dos amores, dos amores leda.

Page 17: Cantigas de Amigo na Lirica Galaico Portuguesa Medieval

17

Os Poetas Trobadores.

De acordo coas atribucións de cada un, estes artistas recibían os seguintes nomes: -Trobador era o compositor da letra e música das Cantigas, que as veces interpretaba el mesmo. Case sempre de condición nobre, aparece citado nos cancioneiros polo nome e o apelido: D. Denís rei de Portugal,..... -Xograr era o intérprete de

composicións case sempre alleas, que ía de corte en corte e de castelo en castelo. Aparece citado polo nome e un alcume ou o lugar de procedencia: Xohán Zorro, Martín de Xinzo.... -Segrel era un trobador profesional, que aceptaba paga pola interpretación das súas composicións. Viaxaba a cabalo acompañado do seu xograr. E exclusivo da literatura galaico-portuguesa. -Menestrel eran os instrumentistas que executaban o acompañamento musical das cantigas. Os instrumentos musicais utilizados están maxistralmente esculpidos en pedra no “Pórtico da Gloria” da Catedral de Santiago de Compostela, obra realizada a finais do século XII polo Mestre Mateo. -Soldadeira era unha muller que , servida por unha criada, acompañaba aos xograres e menestreis danzando durante as representacións.

Page 18: Cantigas de Amigo na Lirica Galaico Portuguesa Medieval

18

Dinos Rodrigues Lapa en Liçôes de Literatura Portuguesa, Época Medieval: “Coa chegada do trobadorismo, que separou o traballo da composición, encargándollo ao trobador, e o da execución ao xograr, o papel da muller (xograresca) decaeu e transformouse: de cantora ou tal vez poetisa pasou a danzarina (soldadeira).

As viñetas curiosísimas do Cancioneiro de Ajuda móstranos esa evolución, figurando en actitude elegantísima os tres axentes do arte: o trobador sentado no escabelo co rolo das cantigas, o xograr tocando a cítara e a soldadeira bailando ó son do adufe e das castañolas”.

Page 19: Cantigas de Amigo na Lirica Galaico Portuguesa Medieval

19

Bibliografía

Alvar, Carlos e Beltrán Vicente. “Antología de la poesía gallego-portuguesa”. Editorial Alhambra

Barreiros, António José. “História da Literatura Portuguesa, Séc. XII-XVI”. Editora PAX. Domínguez Touriño, Guillermina e Estévez Salazar, Felicia. “Tres mulleres galegas de armas tomar”. Baía Edicións. López Carreira, Anselmo. “O Reino Medieval de Galicia”. Edicións A Nosa Terra. Méndez Ferrín, X.L. “O cancioneiro de Pero Meogo”. Editorial Galaxia Tavani, Giuseppe. “A poesía lírica Galego-Portuguesa”. Galaxia ensaio e investigación. LAS EDADES DEL HOMBRE. Leon 1991 GALICIA LITERATURA. La Edad Media. Hércules Ediciones

O cancioneiro de Martin Codax - Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes#I_14_.url

Celtiberia.net v3.0 - Cantigas de cervo de Pero Moogo - Biblioteca.url

Lyrics of friendship.url

Page 20: Cantigas de Amigo na Lirica Galaico Portuguesa Medieval

20

íNDICE

pax. A poesía lírica Galego-Portuguesa................................. 1 Coordenadas cronolóxicas............................................. 2 Espazo cultural.............................................................. 3 Xéneros literarios: .......................................................... 4 -As cantigas de amor................................................... 5 -As cantigas de escarnio e maldizer............................ 6 -As cantigas de amigo................................................. 6 Exemplos de contido nas cantigas de amigo: .................. 8 -“O amor”...................................................................... 8 -“A muller”.................................................................... 10 -“A paisaxe”.................................................................. 12 O paralelismo e o leixaprén.......................................... 14 Os poetas trobadores....................................................... 16 Bibliografía....................................................................... 18

Page 21: Cantigas de Amigo na Lirica Galaico Portuguesa Medieval

21