Cantou o cuco na muralla de Lugo

2
RELATO: En Lugo, hai moito tempo cando os animais falaban, encantáballes escoitarse uns aos outros. Un bo día o bufo, pensando que coma el non cantaba ninguén, decidiu facer un concurso , coidando que gañaría sen dificultade. Colocou carteis ao longo de toda a muralla onde poñía: “Se che gusta cantar, ven a Voz Animal” “Convértete na voz da Muralla” O xurado estaba formado polo león, porque era o rei dos animais, polo raposo, pola súa intelixencia, e polo galo, que levaba toda unha vida cantando. “Lugar, hora e día: muralla de Lugo , ás 13:30 do día 21 de Marzo” Cando chegou o día, a muralla estaba chea de animais; moitos só foran pescudar. Comezou o concurso e o presentador que era o bufo sacou do seu peto a lista cos animais que participaban: A AGUIA!! O OSO!! O CAN!! O LOBO!!. O CUCO!! O BUFO!!í De primeiro saíu o bufo, cantou BU, BU e fíxose de noite, logo saíu a aguia que soltou un chío tan agudo que rompeu todos os cristais , terceiro foi un can, ladrou, viu un

Transcript of Cantou o cuco na muralla de Lugo

Page 1: Cantou o cuco na muralla de Lugo

RELATO:

En Lugo, hai moito tempo cando os animais falaban, encantáballes escoitarse uns

aos outros. Un bo día o bufo, pensando que coma el non cantaba ninguén, decidiu facer

un concurso , coidando que gañaría sen dificultade. Colocou carteis ao longo de toda a

muralla onde poñía:

“Se che gusta cantar, ven a Voz Animal”

“Convértete na voz da Muralla”

O xurado estaba formado polo león, porque era o rei dos animais, polo raposo,

pola súa intelixencia, e polo galo, que levaba toda unha vida cantando.

“Lugar, hora e día: muralla de Lugo , ás 13:30 do día 21 de Marzo”

Cando chegou o día, a muralla estaba chea de animais; moitos só foran pescudar.

Comezou o concurso e o presentador que era o bufo sacou do seu peto a lista cos animais

que participaban:

A AGUIA!!

O OSO!!

O CAN!!

O LOBO!!.

O CUCO!!

O BUFO!!í

De primeiro saíu o bufo, cantou BU, BU e fíxose de noite, logo saíu a aguia que

soltou un chío tan agudo que rompeu todos os cristais , terceiro foi un can, ladrou, viu un

Page 2: Cantou o cuco na muralla de Lugo

gato entre o público e saíu correndo tras del, logo o lobo, que ouveou moiiiii alto e

deixounos a todos arrepiados, de quinto o oso, que ruxiu moi forte, tanto que case deixa

xorda á toda a fauna espectadora e por último o cuco, que voando, pousouse na muralla e

empezou a cantar. Co seu CU-CU abriron as flores que levaban moito tempo durmidas,

o sol brillou máis forte, e os outros paxaros non puideron facer outra cousa que cantar

tamén

O xurado non tivo dúbidas de quen tiña que ser o gañador. E dese xeito, dende

aquela, cada 21 de Marzo oirás, en Lugo, se te achegas á muralla, cantar ao cuco.