Características xerais da arquitectura barroca

31
A ARQUITECTURA BARROCA CARACTERÍSTICAS XERAIS

description

Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde nos achega as principais características da arquitectura barroca

Transcript of Características xerais da arquitectura barroca

Page 1: Características xerais da arquitectura barroca

A ARQUITECTURA BARROCA

CARACTERÍSTICAS XERAIS

Page 2: Características xerais da arquitectura barroca

O BARROCO:A ARQUITECTURA

E O URBANISMO

ITALIA(Roma)

FRANCESCOBORROMINI (a ruptura)

GIANLORENZO BERNINI(a continuidade do clasicismo)

RESTO DE EUROPA

“A ruptura do equilibrio clásico”

Page 3: Características xerais da arquitectura barroca

DÚAS VISIÓNS DA ARQUITECTURA BARROCA

Gian Lorenzo Bernini

Francesco Castelli,Borromini

Dous colosos da arquitectura. Dúas figuras xeniais. A arquitectura despois deles xa non volveu ser a mesma … pero tamén unha enemistade eterna, un odio sen límite: o mestre, Bernini, sinte a forza volcánica do aprendiz, Borromini. A admiración entre ambos ous dous transfórmase en rivalidade, primeiro, e en desprezo e odio, despois

Page 4: Características xerais da arquitectura barroca

DÚAS VISIÓNS DA ARQUITECTURA BARROCA

Semellanzas e diferenzas?

Page 5: Características xerais da arquitectura barroca

Bernini converteuse no preferido dos Papas, protexido polos Barberini e, en concreto, por Urbano VIII, puido desenvolver todo un programa artístico complexo con todos os medios ao seu alcance. Novo, home de mundo, exitoso, chamado por Luís XIV para deseñar Versalles, o seu estilo é máis académico e clasicista.A chegada de Inocencio X - inmortalizado de forma xenial por Velázquez- ao solio papal en 1644, supón o ascenso da estrela de Borromini e a caída do seu mestre. Apenas puido gozar da súa bonanza cando un novo Papa - Alexandre VI- repuxo a Bernini como mestre de obras do Vaticano. A súa vinganza foi terrible. Borromini acabou a súa vida rematando antigas obras, mendigando, só, abandonado, depresivo, sentíndose perseguido e desprezado, suicidándose finalmente.

Son declaradamente Borrominiano dende aquel día -hai agora 25 anos- que vin en Roma San Carlo alle Quattro fontane e San't Ivo alla Sapienzia. Canta xenialidade arquitectónica concentrada en tan pouco espazo!. Imaxinativo, rompedor, provocador nas formas, profundamente relixioso, soubo darlle ás súas obras ese punto que buscaba a Contrarreforma.

Borromini ofreceuse en corpo e alma á arquitectura: -"Eu non vin ao mundo a copiar as columnas do Coliseo!!", chegou a dicir -Bernini, humanista total, foi eloxiado tanto como arquitecto como escultor.

Cortesía de Javier Jiménez-Ridruejo (artecom)

Page 6: Características xerais da arquitectura barroca

San Carlo alle Quattro fontane e San't Ivo alla Sapienzia

Page 7: Características xerais da arquitectura barroca

A COLUMNATA DE SAN PEDRO DO VATICANO, ROMA. G. l. BERNINI

Page 8: Características xerais da arquitectura barroca

A ARQUITECTURA E O URBANISMO BARROCO: UNHA APROXIMACIÓN XERAL

Arquitectura e urbanismo

Novas formas arquitectónicas?

Os elementosconstrutivos:

unha nova sintaxe Os materiais:fusión de texturas

e de cor

O dinamismodas formas

A exuberanciadecorativa

A RUPTURA DO EQUILIBRIOCLASICISTA

Page 9: Características xerais da arquitectura barroca

A ARQUITECTURA E O URBANISMO

BARROCO

A arquitectura é a principal manifestación do estilo barroco: as demais artes (escultura, pintura, etc.) sométense a ela para conseguir o efecto do conxuntoDefínese pola súa liberdade na utilización do léxico arquitectónico clásico elaborado durante o Renacemento, a fantasía desbordante e o afán de movementoO urbanismo barroco é consecuencia da necesidade de ordenar o desenvolvemento das cidades e de expresar, a través da arquitectura monumental (edificios, prazas, fontes, xardíns, etc.), o poder do Estado ou da Igrexa

Page 10: Características xerais da arquitectura barroca

Piazza Navona, Roma.

Page 11: Características xerais da arquitectura barroca

Piazza Navona, Roma. 1644

Neste lugar álzase o pequeño edificio da familia Pamphili. Un dos seus membros,

Inocencio X, transformou o estadio nunha fermosa praza que decorou con tres

obras mestras do barrodo: a Fontana dei Quattro Fiumi

(Bernini), a Igrexa de Sant’Agnese in

Agone, antiga capela da familia do Papa

(Borromini) e o Palazzo Pamphili -

residencia de Donna Olimpia, cuñada de

Inocencio X

Page 12: Características xerais da arquitectura barroca

AS NOVAS FORMAS ARQUITECTÓNICAS

As novas formas arquitectónicas non xorden da nada, senón que son consecuencia natural da evolución estilística sinalada xa polo Manierismo

De novo será Italia o foco creador, e o Papado, e o ideario da Contrarreforma católica , os que impulsen a nova estética arquitectónica, que baseará a súa forza expresiva na monumentalidade, a complicación e o dinamismo das construcións O punto de partida, como no resto das artes, é a nova utilización da linguaxe clasicista elaborada durante o Renacemento, mais dun xeito que conducirá á ruptura do equilibrio clásico

Igrexa xesuítica de “Il Gesú “, Roma. Vignola. 1568.

Page 13: Características xerais da arquitectura barroca

OS ELEMENTOS CONSTRUTIVOS

Os elementos construtivos presentan poucas novidades; utilízanse os clásicos que se dispoñen dun xeito pouco ortodoxo

Existe un predominio da forma sobre a función, polo que o edificio se concibe dun xeito global, destacando os seus valores escultóricos

Igrexa dos Inválidos de París J. H. Mansart, 1678-1691

Page 14: Características xerais da arquitectura barroca

OS MATERIAIS

Predomina a variedade (pedra, ladrillo, estuco, etc.), aínda que o máis utilizado será a pedra de cantaríaEn determinados edificios e en especial nos interiores, empregarase o mármore de cores para subliñar a suntuosidade e o luxo, tan querida pola teatralidade barrocaEn ocasións emprégase o bronce para certos elementos, cando se pretende destacar o seu carácter decorativo (columnas, etc.) Utilízanse frecuentemente todos estes materiais á vez nun mesmo edificio, o que consegue efectos de suntuosidade e complexidade ornamental

Igrexa de Santo André do Quirinal1658-70. G. Bernini

Page 15: Características xerais da arquitectura barroca

O MURO

O muro é o principal soporte e ten un carácter dinámico; ondúlase e modélase permitindo plantas flexibles

Os vans que se abren poden ter formas complexas, ovais, con sobrexanelas, etc.

Page 16: Características xerais da arquitectura barroca

OS SOPORTES

Os soportes, exentos ou encostados, empréganse moito, mais, en xeral, con fins decorativos Úsanse os atlantes, cariátides e ménsulas, aparecendo dous soportes novos tipicamente barrocos: a columna salomónica e o estípite

Fachada barroca da catedral de Murcia

Page 17: Características xerais da arquitectura barroca

COLUMNA SALOMÓNICA:

– a que ten o fuste torsionado a xeito de espiral

ESTÍIPITE:

– soporte vertical cuxo tronco ten forma de pirámide invertida. Pode resultar moi complexo ao se xustapor, en ocasións, diversos elementos

Page 18: Características xerais da arquitectura barroca

Empréganse todas as ordes (dórica, xónica, corintia, toscana, composta) de columnas e os seus entaboamentos, aínda que se prefiren as proporcións xigantes As columnas perden as súas proporcións clásicas e fanse monumentais ou ananas, segundo conveña ao efecto do conxunto

Os fustes lisos das columnas substitúense por fustes retortos, salomónicos, o que constitúe unha xenuína creación barroca

O Baldaquino de San Pedro. G. Bernini

Page 19: Características xerais da arquitectura barroca

Os arcos son moi variados: medio punto, elípticos, mixtilíneos, ovais, etc.

O arco máis utilizado é o de medio punto

Page 20: Características xerais da arquitectura barroca

AS FACHADAS

As fachadas cúrvanse como consecuencia da introdución de entaboamentos curvosInspiradas no modelo de “Il Gesú” de Vignola, teñen dous corpos, e vanse facendo máis movidas e ricas en claroscuroÉnchense de esculturas, as columnas despréndense do mro, sendo o efecto xeral de maior riqueza e movemento

Igrexa de San Carlos das Catro FontesRoma. 1634-41. F. Borromini

Page 21: Características xerais da arquitectura barroca

Comézase a debuxar fachadas cóncavas ou convexas, que se relacionan estreitamente co espazo urbano en que se insirenAo seren edificadas tense en conta o ángulo baixo o cal van ser vistas, buscando efectos de perspectivas fugaces e de eixes diagonaisIsto supón que os muros se fan flexibles: móvense, con entrantes e saíntes, ondúlanseAs cornixas, moi saíntes, tamén reflicten esta concepción dinámica da fachada. Trátase, case, dunha concepción orgánica do edificio

Page 22: Características xerais da arquitectura barroca

SISTEMAS DE CUBERTA

Os sistemas de cuberta son moi variadosAs bóvedas de canón, aresta, lunetos e semiesféricas sobre pechinas, son as máis características. Tamén se constrúen bóvedas falsas, chamadas encamonadas Fronte a estes elementos, xa utilizados no Renacemento, ensáianse novas bóvedas ovais ou estreladas, multiplicándose as cúpulas no exterior do edificio

Detalle da bóvedaIgrexa de San Carlos das Catro Fontes

Page 23: Características xerais da arquitectura barroca

CÚPULA DE SAN IVO, F. BORROMINI

Page 24: Características xerais da arquitectura barroca

A cúpula sobresae no exterior, pero interiormente será absorbida, como superficie semiesférica pura, por un turbillón de figuras, pinturas, molduras ou finxidos ceos Son grandes rachamentos de gloria en que aquelas simulan desaparecer, deixando ver un mundo celestial

Igrexa dos Inválidos de París J. H. Mansart, 1678-1691

Page 25: Características xerais da arquitectura barroca

OS RECURSOS DECORATIVOS

Inclúen deseños baseados na liña curva, en consonancia co maior dinamismo buscado, como frontóns curvos e partidos, vans ovalados e motivos vexetais, coiros e cortinaxes que suxiren un mundo irracional e caprichosoEmprégase con frecuencia o trampantollo (trampa para o ollo); un recurso que, a través da pintura, simula un espazo arquitectónico que se abre sobre o muro

Os soportes pasan a ter, moi a miúdo, un carácter decorativo, desprovistos de toda función tectónica

Iglesia de San Andrés del Quirinal, 1658-70.

G. Bernini

Page 26: Características xerais da arquitectura barroca

Todos estes elementos empréganse con grande liberdade, pois o que se valora é a invención e a orixinalidade na plasmación de formas novas que impresionen ao espectadorEn ocasións, a artificiosidade nos procedementos vai en detrimento da solidez e da funcionalidade do edificio. O que importa é o efecto global, ao que se subordinarán as formas escultóricas, pictóricas e decorativas que embelecen a arquitectura; deste xeito, o edificio constitúese nun todo orgánico

Igrexa de San Lourenzo de Turín. Guarino Guarini,1670-80

Page 27: Características xerais da arquitectura barroca

TIPOLOXÍAS ARQUITECTÓNICAS

Os edificios son relixiosos ou civísTeñen un sentido simbólico-propagandísticoAtopamos unha grande variedade de plantasOs edificios típicos seguen a ser a igrexa e o palacio nas súas distintas variacións, aínda que cómpre salientar as prazas e as fontes que as decoran

Page 28: Características xerais da arquitectura barroca

TIPOLOXÍAS ARQUITECTÓNICAS RELIXIOSAS:

A PLANTA DO TEMPLO

A tradicional planta rectangular dá paso a plantas elípticas, circulares e mixtasDáse un claro predominio da “planta xesuítica” (modelo de igrexa de Il Gesú, de Vignola, en Roma)

Igrexa xesuítica de “Il Gesú “, Roma

Igrexa de Sto. André do Quirinal,

1658-70. G. Bernini

Igrexa de San Carlos

das Catro Fontes, Roma.F. Borromini.

Page 29: Características xerais da arquitectura barroca

O espazo interior tamén se concibe como unha forma fluínte,

estando dominado polas superficies curvas

A decoración vaise facendo cada vez máis rica e colorista,

potenciando o efecto escenográfico e teatral da arquitectura barroca

Interior: Die Wies, Bavaria, Alemania (1746-54), Dominicus Zimmerman

Igrexa de San Carlosdas Catro Fontes, Roma.

F. Borromini

Page 30: Características xerais da arquitectura barroca

Como conclusión podemos sinalar que os valores plásticos xiran arredor de dous principios: Liberación das formas Dinamismo

Ráchase co canon e non interesa a claridade, senón os xogos de volumes e espazosNo exterior as fachadas teñen un papel moi importante con movemento e efectos de claroscuroNo espazo interior é envolvente, misterioso, infinito e ás veces teatral

Page 31: Características xerais da arquitectura barroca

TIPOLOGÍAS ARQUITECTÓNICAS CIVILES:

EL PALACIO