Carenal

14
CASE UNHA LENDA: MARÍA DE LA CONCEPCIÓN JESUSA LUISA PETRA VICENTA DEL ARENAL PONTE Ángeles Seoane Fernández

Transcript of Carenal

Page 1: Carenal

CASE UNHA LENDA: MARÍA

DE LA CONCEPCIÓN

JESUSA LUISA PETRA VICENTA

DEL ARENAL PONTE

Ángeles Seoane

Fernández

Page 2: Carenal

▲Ferrol Vello. Litografía de Julio Ferrín

Non foi o ilustre barrio de A

Magdalena o seu berce, como sería de esperar pola súa fidalguía, senón unha humildísima ca-sa encalada do vello Ferrol. Só nove anos viviu na nosa cidade. Tres dos cales gozou dos mimos paternos e da cálida presenza dos súas dúas irmás: Luísa e Antonia. A au-sencia do pai do fogar familiar non é fácil de entender a tan temperá idade. Co correr do tempo, saberá que o seu pai foi vítima da represión de Calomarde (1823), condenado a vivir furtivamente como tou-pa nos montes de Leiro e Santander. Se pa-ra don Ángel del Arenal son anos de calva-rio e de dura soidade, non o son menos pa-ra a súa nova esposa María de la Concep-ción Ponte, que como fidalga vida a menos que é, carece de recursos suficientes para soster a súa prole. A súa condición de viú-va de vivo, como diría a nosa Rosalía, fai que dependa con demasiada frecuencia da caridade dos seus familiares ricos. Morre seu pai aos 38 anos e a nena xa se pode chamar orfa aos nove anos.

▲Ferrol

Page 3: Carenal

Preocupa á súa nai a á súa avoa o

desmedido afán pola lectura da cativa. En cinco anos baleira a hucha da casa familiar de libros de Dereito, Fisioloxía e incluso un Quijote, do que probablemen-te xa lle seduce a idea de “desfacer en-tuertos”. Desde os 9 aos 12 anos le con tanta avidez que inqueda máis á súa avoa polo que cala que polo que di, da-da a madurez das súas charlas. A súa nai está convencida de que o xerme das ideas liberais do seu pai está nos libros, polo que se exaspera, mentres que a súa avoa paterna, orgullosa e melancó-lica, alimenta as lámpadas de aceite e sebo que iluminan e ilustran as noites curiosas e insomnes da súa neta. Pasmada polo seu talento fálalle con devoción do seu pai e nú-trea ademais con vellos mitos celtas e lendas medievais. Pronto a nena manifesta que quere ser avogado (o que non lograra o seu papá). A súa avoa gárdalle a confidencia.

"Nena lendo" de Franz Eybl (1850)

Page 4: Carenal

A súa personalidade configúrase,

amalgamando vellos saberes herdados da arte de contar da avoa, o coñecemento tradicional das lendas montañesas, as lecturas furtivas da súa primeira adolescencia, a fantasía nostálxica dos ideais románticos paternos, o humanismo cristián recibido da súa nai, as lectu-ras piadosas de Teresa de Ávila e san Vicente de Paúl e o seu sentido ético da lealdade e da amiza-de. A suma de coñecementos e ideais serán o xer-me da súa futura actitude filantrópica e do seu la-bor de xustiza e caridade social. 

Teresa de Ávila.Teresa de Ávila.P.P. Rubens, 1615P.P. Rubens, 1615

Page 5: Carenal

Con 14 anos, e

cinco xa de retiro na montaña santanderina, participa dos grandes tópicos renacentistas (“aurea mediocritas” e “locus amoenus”), alimentán-dose física e espiritual-mente do horto familiar e dos regueiros huma-nistas defendidos xa por frai Luis de León. O aire libre conforma o seu espírito, ilumina a natureza agreste das súas meixelas, robuste-ce a súa musculatura de adolescente mentres trota polos sendeiros do Liébana, buscando tal-vez o seu cervo ferido –como a namorada do Cantar dos Cantares – e a paz do “beatus ille” horaciano.

▲▼Casa paterna de Con-cepción Arenal en Armaño.

Liébana. Cantabria.

▲ Armaño. Liébana

▲Thomas Cuture. A lectura.

Page 6: Carenal

Pero é hora de deixar a sinxeleza e nobreza do campo familiar por outra

praza, a Praza do Ángel, en Madrid, sé do Colexio de Señoritas, onde acudirán ela e mais a súa irmá Antonia, en compañía das súas curmás, as fillas dos Condes de Vigo, para formarse e concertar un matrimonio conveniente.

▲ Madrid a mediados do século XIX. Infografía de Alfred Guesdon

Page 7: Carenal

Os costumes campestres de fiar en roca, tecer o fío familiar e ler

clandestina-mente se trocan agora por normas de urbanidade, protocolo e cortesía, á espera de que o primeiro lambido correspondente afague os seus oídos con piropos en francés. Pero Concha non quere coser e bordar, nin aprender a linguaxe das flores para ser unha “rapaza educada” na mellor arte de perder o tempo. A isto é ao que se dedicarán as señoras “ben casadas” da súa clase. Feito que ela criticará e deos-tará na Muller do porvir. A súa cabeza non está para rizos románticos nin o seu talle para recibir corpiños de once varas. O capricho polo culto ao corpo parécelle tan frívolo como séculos atrás lles parecera aos seus predecesores moralistas Jorge Manrique e frai Luis de León. Os afeites, albaialdes, arreboles e lazos non son máis que “males que estragan a alma”, cousas á fin e ao cabo efémeras… Por que des-prezar un tempo tan valioso en prol do superfluo eu cando moi ben podería empre-garse na atención social e filantrópica aos outros, os próximos, os necesitados?

Jean-Baptiste-Camille Corot: Woman with a Pearl (1868)

Page 8: Carenal

Malia a docilidade xuvenil, as

súas instrutoras intúen nela certa hostilidade. Non é fácil dobregar o seu espírito, faise túzara e esquiva. A súa linguaxe miscelánea, por unha banda doce, rica en cultismos e por outra ruda polos seus modismos provincianos, sorprende ás súas mestras e suscita maliciosos sorrisos entre as súas compañeiras; pero pronto se impón a súa poderosa personalidade: todo o fai ben e con dilixencia. As fins de semana participará no faladoiro familiar na casa dos seus tíos, lerá aos poetas, ensaístas e filósofos románticos. Ten xa 18 anos, se ser unha beleza, resulta fermosa: “case alta, nariz recto, ollos claros, azuis, pel branca, cranio elevado… de falar tranquilo e suave mirada”.

Concepción Arenal na súa mocidade

Page 9: Carenal

Abandona o colexio despois de tres

anos de insoportables escrúpulos e afirma o seu desexo de asistir a clases de Dereito para alarma e desgusto da súa nai, que lle recorda que os seus gustos de marimacho acabarán condenándoa a ela a á súa irmá Antonia á solteiría. Isto esperta en Concha certo sentimento de culpabilidade, polo que pronto cambia o seu discurso por outro: o desexo de ser escritora. Cóntallo ao seu tío Manuel de la Cuesta, aposto mozo Reitor da Universidade de Valladolid. El escóitaa e anímaa e convértese no titor que guiará as súas lecturas e alimentará as súas ilusións xuvenís.

Page 10: Carenal

Aos poucos, séntese seducida por este home culto

e bondadoso, que visita cada vez con máis frecuencia a casa familiar; pero un día, no faladoiro dominical vén a saber de que o seu confidente formalizou o seu noivado oficialmente coa súa irmá Antonia. Agora, moi ao seu pesar, decátase de que para moitos homes –incluso os moi intelixentes– é máis sedutora a linguaxe do abano que a conversa talentosa. Esta primeira decepción sentimental non a amedrentará. Pola contra, ten claro que non desexa vivir das rendas dos parentes ricos, como lle pasara á súa nai tras enviuvar. Aceptar o rol de señorita que busca marido sería traizoar os seus principios.

▲Casa paterna de Concepción Arenal en Armaño

Que facer? Na casa fa-miliar madrileña a si-tuación resultáballe in-cómoda. Coma sempre, a chamada oportuna da avoa Xesusa, devolve-raa ao lugar apacible, ao ansiado retiro ascé-tico da súa casa de Lié-bana.

Page 11: Carenal

A viaxe de Madrid a Potes resulta cansa e tortuosa. Ninguén sae a recibila.

Tras seis anos de ausencia, recupera os aromas infantís e a luz crepuscular da solaina. É tempo novo de meditación e recuperación… Beatus ille! Liberouse, como no romance vello de A condesiña, dos seus traxes de seda e zapatos de cordobán e substituíu os corpiños de once varas e as convencións sociais da Real Vila e Corte por zocos e roupas rústicas. E coa axuda inestimable da arte de contar da súa anciá e agonizante avoa, recompón coas estelas da súa me-moria a figura épica do seu pai, cuxo retrato preside o salón familiar. Mitifícao, ata tal punto, que o converte no paradigma do home que desexa como compañeiro.

Picos de EuropaPicos de Europa

Page 12: Carenal

▲Casa paterna de Concepción Arenal en Armaño

▲ Camille Corot: A carta

De cando en vez, vén perturbar a paz

harmóni-ca da casa de Armaño, unha carta de mamá, con-tando pormenores sobre os preparativos da voda da súa irmá Antonia. Ten xa 20 anos, e estase fa-cendo maior. Un novo amigo comparte con ela as tardes de inverno, é o cura da vila. Con el fala do divino e do humano. De el sedúcea a súa faceta evanxélica e o seu labor de misioneiro e profesor. Morre a avoa e herda a casa grande familiar e as terras de morgado.

A poderosa presenza da montaña, dos Picos de Europa, o percorrido dos seus sendeiros, durante a longa convalecencia da avoa, fortaleceron a súa fe, afianzando as súas ideas e iluminado o seu destino.

Val de Liébana. Val de Liébana. Picos de EuropaPicos de Europa

Page 13: Carenal

Despois de vivir un duro dó tras a morte

da avoa, determina volver a Madrid. Matricúlase na universidade en outubro de 1841, aínda non cumpriu 21 anos. Desta época data a imaxe da moza Concepción vestida de varón; aínda que cada día son máis os detractores empeñados en desbaratar tan fermoso mito. Se o mozo don Fernando García Carrasco, estudante de quinto de Dereito, periodista, poeta e cabaleiro –daquela liberal e bo – conquistou o corazón de Concepción nas aulas universitarias, nos faladoiros do café Iris o una redacción do periódico liberal La Iberia, impórtanos pouco. Se foi o seu paladín ou non nos hipotéticos altercados das aulas universitarias, difícil temos probalo. 

A esquera, Universidad Central, daquela na rúa San Bernando. Arriba porta da universidade.

Page 14: Carenal

 En calquera caso, un fermoso día de

inverno de 1846, a señorita Concepción Arenal luciu primorosas galas femininas para casar co home que soubo ver tras o seu disfrace de varón, a súa feminidade, e tras a límpida mirada dos seus ollos azul verdosos a súa grandeza de ánimo.