Carlos Casares Biografíafundacioncarloscasares.org/wp-content/uploads/2017/03/BIOGRAFÍ… ·...

18
CARLOS CASARES. BIOGRAFÍA. LETRAS GALEGAS, 2017 1 Carlos Casares Biografía

Transcript of Carlos Casares Biografíafundacioncarloscasares.org/wp-content/uploads/2017/03/BIOGRAFÍ… ·...

Page 1: Carlos Casares Biografíafundacioncarloscasares.org/wp-content/uploads/2017/03/BIOGRAFÍ… · carlos casares. biografÍa. letras galegas, 2017 3

CARLOS CASARES. BIOGRAFÍA. LETRAS GALEGAS, 2017 1

Car

los

Cas

ares

Bio

graf

ía

Page 2: Carlos Casares Biografíafundacioncarloscasares.org/wp-content/uploads/2017/03/BIOGRAFÍ… · carlos casares. biografÍa. letras galegas, 2017 3

CARLOS CASARES. BIOGRAFÍA. LETRAS GALEGAS, 2017 2

Carlos Casares Mouriño naceu na cidade deOurense o 24 de agosto de 1941.

Era fillo de Francisco Casares Dacal e Ma-nuela Mouriño Pérez. Cando apenas Carlos tentres anos a familia trasládase a vivir á localida-de ourensá de Xinzo de Limia, na que o pai,natural desta localidade, traballará de mestre.

A infancia de Carlos en Xinzo pásaa na com-paña dos seus irmáns, Mercedes e Xavier e dasúa numerosa familia espallada pola contorna:Lamas, Beiro e Sabucedo que deixarán no nenounha gran pegada que reaparecerá, anos máistarde, na súa creación literaria.

Á idade de once anos, por influencia da naie da familia desta, de fondas raigames relixio-sas, Carlos ingresa no Seminario de Ourenseco obxectivo de seguir estudos eclesiásticos.

Durante o tempo de estadía no Seminario,do ano 52 ao 57, comeza a súa andaina litera-ria e convértese en «director e único redactor»dun diario manuscrito, «El Averno» que se dis-tribuirá dentro do Seminario e que lle ocasiona-rá máis dun disgusto.

No Seminario tamén se converte nun ávidolector, dende os clásicos ata os autores espa-ñois e extranxeiros que conseguían pasar a for-te censura da época. Esta ansia pola lecturavaina continuar durante as vacacións en Xinzo,onde o bibliotecario Antonio Rodríguez, de ideas

OS PRIMEIROS ANOS

Carlos Casares co seucurmán Xosé.

Carlos co seu pai Francisco

Page 3: Carlos Casares Biografíafundacioncarloscasares.org/wp-content/uploads/2017/03/BIOGRAFÍ… · carlos casares. biografÍa. letras galegas, 2017 3

CARLOS CASARES. BIOGRAFÍA. LETRAS GALEGAS, 2017 3

políticas de esquerdas, proporcionaralle librosnon autorizados polo réxime franquista.

Pero a vida eclesiástica non era a que Car-los quería así que decide seguir os estudos debacharelato por libre no instituto de Ourense easistindo a clase nun colexio de Xinzo de Limia.

Esta decisión permítelle ter máis tempo li-bre que aproveita para escribir. Preséntase aun concurso provincial de relatos breves e gá-ñao.

Este premio facilítalle coñecer a un membrodo xurado, Vicente Risco, un intelectual gale-guista que o vai introducir no faladoiro do CaféParque, principalmente, pero tamén no do Miñoou no do Volter, onde contactará cunha chea deartistas e escritores ourensáns que influirán nasúa vida literaria decisivamente.

En Ourense, na adolescen-cia.

Carlos Casares nos anos 60.

Fu

nd

ació

n C

arlo

s C

asar

es. a

rqu

ivo

La

Reg

ión

Arq

uiv

o F

amili

a C

arlo

s C

asar

es

Page 4: Carlos Casares Biografíafundacioncarloscasares.org/wp-content/uploads/2017/03/BIOGRAFÍ… · carlos casares. biografÍa. letras galegas, 2017 3

CARLOS CASARES. BIOGRAFÍA. LETRAS GALEGAS, 2017 4

No ano 1962 comeza os estudos de Filoso-fía e Letras, na especialidade de Filoloxía Ro-mánica, na Universidade de Santiago deCompostela, estudos que rematará seisanos máis tarde.

Durante a súa estadía en Compostelacoñece, casualmente, a Arcadio López-Casanova que lle facilita a relación conRamón Piñeiro, integrante e lider do mo-vemento cultural galeguista e antifranquis-ta ao que se adscribe rapidamente Car-los.

Este posicionamento político permítelle or-ganizar actos e actividades culturais contrapos-tas ás organizadas polos sindicatos estudiantísuniversitarios franquistas.

Nesta época, en 1967, publica o seu primei-ro libro de relatos «Vento ferido», composto pordoce relatos xuvenís breves e con debuxos deXulio Maside. A editorial que se fai cargo da pu-blicación é Galaxia que Carlos dirixirá anos máistarde.

Un ano despois preséntase a un concursode relatos que convoca a Asociación Cultural«O Facho» da Coruña coa obra para nenos «Agaliña azul». Acada o 1º premio e ese mesmoano é publicada pola Editorial Galaxia.

«A galiña azul» consta de cinco pequenashistorias entrelazadas e está ilustrada por catroirmáns, fillos do médico e ilustrador ferrolán Xo-

A UNIVERSIDADE COMPOSTELÁ

Ramón Piñeiro e Carlos Casares.

«Vento ferido», a primeiraobra de Casares, foi publi-cada en 1967.

Page 5: Carlos Casares Biografíafundacioncarloscasares.org/wp-content/uploads/2017/03/BIOGRAFÍ… · carlos casares. biografÍa. letras galegas, 2017 3

CARLOS CASARES. BIOGRAFÍA. LETRAS GALEGAS, 2017 5

hán Ledo.As historias narradas nestes contos son fan-

tásticas e nelas aparecen persoas e animaissorprendentes.

A obra foi escrita para Ana, unha rapaza desete anos que marchaba cos seus pais paraCantabria e co propósito de que non esqueceraas súas orixes e o idioma galego.

Despois de rematados os estudos universi-tarios Carlos comeza a traballar como profesorauxiliar nun colexio de Viana do Bolo o «Cole-gio Libre Asociado» no que se enfrenta á direc-ción do centro por un asunto relacio-nado coa defensa das familias que nonpodían pagar o comedor escolar dosseus fillos. O detonante é unha obrateatral realizada no centro e o despidoé fulminante. A Universidade de San-tiago prohíbelle exercer a docencia enningún colexio galego.

Dende un centro escolar de Bilbaoofrécenlle a posibilidade dun traballotemporal e Carlos abandona Galicia.

Carlos exerceu durante un tempo comoprofesor de ensino primario, depois pasoua dar clase en secundaria.

Arq

uiv

o F

amili

a C

arlo

s C

asar

es

As ilustracións de «A galiña azul» foronrealizadas polos catro fillos do ilustra-dor ferrolán Xohán Ledo.

Con «A galiña azul»gaña , en 1968, o 1º pre-mio de relatos de «OFacho» da Coruña.

Page 6: Carlos Casares Biografíafundacioncarloscasares.org/wp-content/uploads/2017/03/BIOGRAFÍ… · carlos casares. biografÍa. letras galegas, 2017 3

CARLOS CASARES. BIOGRAFÍA. LETRAS GALEGAS, 2017 6

DE VOLTA A GALICIA

Nunha das viaxes que realiza Carlos Casa-res dende Bilbao a Ourense, coñece á que se-ría a súa muller, Kristina Berg, unharapaza sueca que viña embarcarcomo radiotelegrafista nun buque, oAurora, que ía rumbo á India.

Carlos invitou a Kristina a coñe-cer Santiago e dende aquela fixaronos dous a súa residencia en Ouren-se, cidade na que Carlos dará cla-ses nunha escola de secretariado.Casounos, en 1971, un tío de Car-los, o párroco de Beiro. Despois daceremonia viaxaron a Suecia, país polo que Ca-sares sentirá unha gran admiración e poñerácomo modelo político para a Galicia democráti-ca pola que tanto loitará.

Tamén comeza nesta época as súas cola-boracións co xornal ourensán «La Región». Osseus artigos aparecerán baixo o título de «Conesta lupa» e serán ilustrados polo debuxanteSiro López.

Coa obra «As laranxas máis laranxas detodas as laranxas» acada o 1º premio do con-curso de Teatro Infantil convocado pola Agru-pación Cultural «O Facho» da Coruña e no queconcursaron 23 obras. A obra foi estreada o 27de maio de 1973 na I Mostra deTeatro Galegocelebrada en Ribadavia e organizada pola Agru-pación Cultural Abrente.

A obra teatral «As la-ranxas máis laranxas...»foi estreada en Ribadaviaen maio de 1973.

Carlos con Kristina Berg, a súa muller.

Arq

uiv

o F

amili

a C

arlo

s C

asar

es

Page 7: Carlos Casares Biografíafundacioncarloscasares.org/wp-content/uploads/2017/03/BIOGRAFÍ… · carlos casares. biografÍa. letras galegas, 2017 3

CARLOS CASARES. BIOGRAFÍA. LETRAS GALEGAS, 2017 7

En 1974 convócanse oposicións para profe-sorado de Lingua e Literatura Española, Carlosapróbaas e consigue praza no instituto de Can-gas, en Pontevedra.

No último ano da ditadura franquista ábre-selle un novo expediente disciplinario, esta vezcomo consecuencia do seu apoio ás reivindica-cións do profesorado sen praza fixa, o non nu-merario. Nesta mesma época, e polo mesmomotivo, tamén se expedienta a Alonso Montero,Méndez Ferrín e Francisco Rodríguez profeso-res coma el e militantes antifranquistas.

En 1975 publica «Xoguetes para un tempoprohibido» que é premiada no certame convo-cado pola Editorial Galaxia para a conmemora-ción do vinte e cinco aniversario da súa funda-ción.

Nesta novela Carlos Casares inclúe algúnstrazos autobiográficos. Conta a historia de Elías,un rapaz ourensán que pasa a súa adolescen-cia nun centro relixioso e despois marcha a fa-cer o bacharelato a Ourense onde bota moza erecupera vellas amizades. A súa traxectoria, moisemellante á do autor, remata na universidadecompostelá, onde entra en contacto coa mili-tancia antifranquista e participa na vida culturale lúdica da cidade.

Comeza a publicar en «La Voz de Galicia»unha colaboración semanal que leva por título«A ledicia de ler», con comentarios de libros.Esta columna manterase nas páxinas do xornaldurante dezasete anos, ata o 1992.

O 27 de maio de 1978 ingresa na Real Aca-

A novela «Xoguetes para untempo prohibido», publicadaen 1975, contén trazos auto-biográficos do autor.

Xulio Maside foi o ilustra-dor do primeiro libro deCasares, «Vento ferido».

Page 8: Carlos Casares Biografíafundacioncarloscasares.org/wp-content/uploads/2017/03/BIOGRAFÍ… · carlos casares. biografÍa. letras galegas, 2017 3

CARLOS CASARES. BIOGRAFÍA. LETRAS GALEGAS, 2017 8

demia Galega cun discurso de ingreso titulado«O desastre de 1898 e os escritores galegos»e no que dá unha visión da crise da literaturagalega nesa época. Convértese Casares, con37 anos, no membro máis novo desa institución.

Na Real Academia intégrase, xunto co seuamigo Ramón Piñeiro, nunha comisión para aelaboración das Normas Ortográficas e Morfo-lóxicas do Idioma Galego, que se conseguenaprobar en 1982, en colaboración co Institutoda Lingua Galega. Estas normas constituiránunha ferramenta básica para a futura oficializa-ción do noso idioma.

En 1980 publica a que sería a súa novelamáis coñecida e popular «Ilustrísima», editadapola Editorial Galaxia, na que narra o enfronta-mento entre a curia reaccionaria dunha cidadedo interior galego e o bispo de talante máis tole-rante e progresista por mor da instalación nalocalidade dunha sala de cine.

«Ilustrísima» convertirasena súa novela máis coñe-cida e popular.

Casares, segundo pola dereita e en primeira fila, nun actocelebrado no cemiterio de San Amaro, na Coruña , paraconmemorar o 75 aniversario da Real Academia Galega.

Arq

uiv

o R

eal A

cad

emia

Gal

ega

Page 9: Carlos Casares Biografíafundacioncarloscasares.org/wp-content/uploads/2017/03/BIOGRAFÍ… · carlos casares. biografÍa. letras galegas, 2017 3

CARLOS CASARES. BIOGRAFÍA. LETRAS GALEGAS, 2017 9

Carlos estaba implicado na vida política ga-lega dende os seus anos de universidade com-postelá, reivindicando a autonomía para Gali-cia, nas mesmas condicións que se reclama-ban para Cataluña e Euskadi e foi un dos asi-nantes do manifesto de Realidade Galega paraconseguir un Estatuto Galego.

Este compromiso político fai que se presen-te ás eleccións ao Parlamento Galego do 20 deoutubro de 1981 nas listas dos PSdeG-PSOE.

Consegue a súa acta de deputado xunto conoutros intelectuais galeguistas: Alfredo Conde,Ramón Piñeiro e Benxamín Casal, que conco-rren na mesma lista que Casares coa denomi-nación de «galeguistas independentes»

Froito do seu traballo no Parlamento apró-base a Lei de Normalización Lingüística, refren-dada posteriormente por todas as forzas políti-cas, e a creación do Consello da Cul-tura Galega, entidade que presidirá,anos máis tarde, o propio Casares.

Uns meses antes de rematar alexislatura, en 1985, Piñeiro propón aCarlos Casares como director da Edi-torial Galaxia. Acepta e decide non pre-sentarse de novo ás eleccións autonó-micas para adicarse plenamente ao tra-ballo na editorial, especilializada naedición de libros en galego.

O PARLAMENTO GALEGO

Carlos Casares obtivo a actade deputado do parlamentogalego como «independente»nas listas do PSdeG-PSOE.

Cos deputados Alfredo Conde, RamónPiñeiro e Benxamín Casal.

Page 10: Carlos Casares Biografíafundacioncarloscasares.org/wp-content/uploads/2017/03/BIOGRAFÍ… · carlos casares. biografÍa. letras galegas, 2017 3

CARLOS CASARES. BIOGRAFÍA. LETRAS GALEGAS, 2017 10

A EDITORIAL GALAXIA

A Editorial Galaxia foi fundada o 25 de xullode de 1950 pola iniciativa de militantes do Parti-do Galeguista que consideraron que había quepotenciar a nosa lingua e a literatura aprovei-tando as escasas posibilidades que deixaba aditadura franquista.

Un grupo de galeguistas, presidido por Ra-món Otero Pedrayo, reuníronse no Hotel Com-postela, en Santiago crearon a editorial e con-vertérona no motor da recuperación da lingua ea cultura galega.

O primeiro consello de administración daeditorial, á que lle deron a forma dunha socie-dade mercantil, estaba formado, case ao com-pleto, pola dirección do Partido Galeguista: OteroPedrayo, Gómez Ramón. Francisco del Riego,Xaime Isla e Ramón Piñeiro.

O primeiro libro editárono en abril de 1951,«Antífona da cantiga» de Ramón Cabanillas.

Cando Casares colle a dirección de Galaxia,en 1986, profesionaliza todas as seccións econverte a editorial nun referente cultural de Ga-licia.

Nesta etapa Galaxia edita as obras comple-tas de Fole, Risco, Castelao... e traduce os clá-sicos gregos e latinos ao galego así como auto-res internacionais como Hemingway, ConanDoyle...

Tamén se crearon coleccións que impulsa-ron a narradores novos e facilitaron a aparición

«O can Rin e o lobo Cris-pín», publicado en 1983.

Casares nunha conferen-cia no xornal «La Voz deGalicia» no ano 1995.

Arq

uiv

o R

eal A

cad

emia

Gal

ega

Page 11: Carlos Casares Biografíafundacioncarloscasares.org/wp-content/uploads/2017/03/BIOGRAFÍ… · carlos casares. biografÍa. letras galegas, 2017 3

CARLOS CASARES. BIOGRAFÍA. LETRAS GALEGAS, 2017 11

de proxectos como o Dicionario de Lingua Ga-lega ou o Anuario de Estudios Lite-rarios.

Casares compaxinou o traballoen Galaxia coa dirección da revistaGrial e, en 1996, dirixiu o Conselloda Cultura Galega ao que incorpo-rou novos aspectos que ampliaronos horizontes da nosa cultura: comu-nicación, novas tecnoloxías, urbanis-mo...

Os útimos anos da súa vida sontamén os das grandes viaxes, participando enencontros de escritores, conferencias, iniciati-vas humanitarias...

Concédeselle o premio Fernández Latorrede Xornalismo e unha bolsa de estudos, en1995, da Literarisches Coloquium de Berlín quelle permite pasar dous meses na cidade alema-na de Wansee onde comezará a escribir «Deussentado nun sillón azul».

No 2000 intégrase no Expreso da Literaturacon máis de oitenta escritores de todas as lin-guas europeas para percorrer o continente, den-de Lisboa a San Petersburgo.

Non deixa de escribir e publica, entre 1991e 1994, os relatos infantís de «Toribio», ilustra-dos por Penélope Ares: «Este é Toribio», «Tori-bio contra o profesor Smith», «Toribio e o con-tador de contos», «Toribio ten unha idea», «To-ribio revoluciona o tráfico».

En 1996 publica o seu último conto de te-mática netamente infantil, «Lolo anda en bici-

A serie de Toribio consta decinco títulos que foron pu-blicados entre 1991 e 1994pola Editorial Galaxia.

Con Fernández del Riego o día súa eleccióncomo presidente da Real Academia Galegaen 1997.

Arq

uiv

o R

eal A

cad

emia

Gal

ega

Page 12: Carlos Casares Biografíafundacioncarloscasares.org/wp-content/uploads/2017/03/BIOGRAFÍ… · carlos casares. biografÍa. letras galegas, 2017 3

CARLOS CASARES. BIOGRAFÍA. LETRAS GALEGAS, 2017 12

cleta» que acada o premio «Rañolas» ao serconsiderado o mellor libro ilustrado do ano.

Ese mesmo ano, 1996, publica «Deus sen-tado nun sillón azul», unha novela longa, quecomezara a escribir un ano antes en Alemaniana que reflexiona sobre o papel dos intelectuaisna sociedade e centrado na figura de VicenteRisco. Este libro levou o Premio da Crítica Es-pañola.

«O sol do verán» a súa última novela, queentregou poucas horas antes de falecer, xiraarredor do amor imposible. Por esta publicación,editada postumamente, concederíanlle o Pre-mio da Crítica.

Carlos Casares faleceu na madrugada do 9de marzo de 2002 en Vigo e foi soterrado nocemiterio de San Fiz de Nigrán, Pontevedra, lo-calidade na que residía coa súa familia.

«Lolo anda en bicicleta», pu-blicado en 1996 en galego ecatalán acada o Premio Ra-ñolas como o libro mellorilustrado do ano.

Integrantes da comisión, da que formaba parte Carlos Casares, que apro-bou as Normas Ortográficas do Idioma Galego, en colaboración co Institutoda Lingua Galega, en 1982.

Arq

uiv

o R

eal A

cad

emia

Gal

ega

Page 13: Carlos Casares Biografíafundacioncarloscasares.org/wp-content/uploads/2017/03/BIOGRAFÍ… · carlos casares. biografÍa. letras galegas, 2017 3

CARLOS CASARES. BIOGRAFÍA. LETRAS GALEGAS, 2017 13

Vento ferido. Galaxia, 1973Cambio en tres. Colección Illa Nova, Galaxia, 1969Xoguetes pra un tempo prohibido. Galaxia, 1975Os escuros soños de Clío. Edicións do Cerne, 1979Ilustrísima. Galaxia, 1980Os mortos daquel verán. Galaxia, 1987Deus sentado nun sillón azul. Galaxia, 1996O sol do verán. Galaxia, 2002Curros Enríquez. Galaxia, 1980Otero Pedrayo. Galaxia, 1981Vicente Risco. Galaxia, 1981Conversas con Ánxel Fole. Galaxia, 1984Francisca Herrera Garrido. Real Academia Galega, 1987Ramón Otero Pedrayo. (1988, Real Academia Galega, 1988).Ramón Piñeiro: unha vida por Galicia. Caixa Galicia, 1991.Galaxia, 2005Fermín Bouza Brey. Real Academia Galega, 1992Na marxe de cada día: follas dun diario. La Voz de Galicia,1994A vida de Ánxel Fole. Galaxia, 1996Guía da provincia de Pontevedra: arte, cultura e gastro-nomía. (1996).Ramón Piñeiro. Xunta de Galicia, 1996Ánxel Fole: escolma de textos. Real Academia Galega, 1997Hemingway en Galicia. Galaxia, 1999

Un país de palabras. Galaxia, 1999Biografía de Don Juan de la Coba. «Os minilibros de Ga-laxia», 2000Olores e sabores do saber. UVi, 2001, fotos de Xulio Gil.A vida do padre Sarmiento. Galaxia, 2001Conciencia de Galicia. Galaxia, 2004

Á marxe, 1992. Obra xornalística I. Galaxia, 2005Á marxe, 1993. Obra xornalística II Galaxia, 2005

Á marxe, 1994. Obra xornalística III Galaxia, 2006Á marxe, 1995. Obra xornalística IV Galaxia, 2006Á marxe, 1996. Obra xornalística V Galaxia, 2007Á marxe, 1997. Obra xornalística VI Galaxia, 2007

«Os agostos de Casares» re-colle unha escolma dos arti-gos publicados en «La Vozde Galicia».

«Ilustrísima» foi traducidaao castelán por BasilioLosada e prologada porTorrente Ballester en 1981.

OBRA DE CARLOS CASARES

Page 14: Carlos Casares Biografíafundacioncarloscasares.org/wp-content/uploads/2017/03/BIOGRAFÍ… · carlos casares. biografÍa. letras galegas, 2017 3

CARLOS CASARES. BIOGRAFÍA. LETRAS GALEGAS, 2017 14

Á marxe, 1998. Obra xornalística VII. Galaxia, 2008Á marxe: palabra de escritor: 2 de xaneiro-10 de marzode 2002A galiña azul. Colección «Tartaruga» de Galaxia, 1968As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas. ilustradapor Luís Seoane. Galaxia, 1973O can Rin e o lobo Crispín. Galaxia,1983Este é Toribio. Galaxia, 1991Toribio contra o profesor Smith. Galaxia, 1991Toribio e o contador de contos. Galaxia, 1991Toribio ten unha idea. Galaxia, 1992Toribio revoluciona o tráfico. Galaxia, 1994O galo de Antioquía. Galaxia, 1994Lolo anda en bicicleta. Galaxia, 1996Un polbo xigante. Ilustrado por Enjamio. Galaxia, 2000

TRADUCCIÓNS

O principiño. (1972) do francés Antoine de Saint-ExupéryOs escaravellos voan á tardiña. (1989) da sueca M. GripeO vello e o mar. (1998) do norteamericano E.HemingwayDoménica. (1999) de Gonzalo TorrenteA bela Otero. (2000), de Gonzalo Torrente

«Un polbo xigante», publica-do no 2000 e con ilustración-sa de Enjamio, narra historiasde beiramar.

Dous anagramas utilizados pola Editorial Galaxia.

OBRA DE CARLOS CASARES

Page 15: Carlos Casares Biografíafundacioncarloscasares.org/wp-content/uploads/2017/03/BIOGRAFÍ… · carlos casares. biografÍa. letras galegas, 2017 3

CARLOS CASARES. BIOGRAFÍA. LETRAS GALEGAS, 2017 15

LOLO ANDA EN BICICLETA

Cando tiña seis anos, Lolo fixo unha cousaque desgustou moito os seus pais. Unha mañáde verán, porque quería ser bo, ergueuse cedo,meteuse na cociña e púxose a preparar o al-morzo. Como aínda era moi pequeno e sabíapouco, colleu unha pota e foi botando dentrodela azucre, fariña, marmelada,macarróns, chocolate, leite, azafráne sal. Despois púxose a remexertodo aquilo ata que chegaron osseus pais, que levaron un desgus-to enorme pola desfeita.

Como consecuencia do desgus-to, aquel ano, ao pobre Lolo, en vezda bicicleta que pedira, os Reisbotáronlle carbóns. O da bicicletaera unha vella ilusión. Lolo non en-tendía como o seu pai, que tiñaunha bicicleta magnífica, andabatan mal e caía tantas veces. Enmenos dunha semana rachara trespantalóns e pillara a unha señora. Noutra oca-sión entrara sen querer nunha farmacia e tirarapatas arriba ao boticario. Desde entón, ao paide Lolo chamábanlle «Burra vella», «Ganso» e«Avión de combate». Moitos veciños, cando ovían chegar na bicicleta, metíanse nos portais epedían socorro.

Carlos Casares: «Lolo anda en bicicleta»

Page 16: Carlos Casares Biografíafundacioncarloscasares.org/wp-content/uploads/2017/03/BIOGRAFÍ… · carlos casares. biografÍa. letras galegas, 2017 3

CARLOS CASARES. BIOGRAFÍA. LETRAS GALEGAS, 2017 16

O CAN RIN E O LOBO CRISPÍN

Unha vez era un can que se chamaba Rin.Era un can grande e forte, aínda que xa un poucovello. De novo, fora o can máis valente de dezparoquias arredor e contábase del, ademais, queera moi listo. Sabía sumar, recitaba poesías enportugués e daba os saúdos en cinco idiomasdiferentes.

De mozote, andara de pastorpola parte de Burgos e alí fixérasefamoso porque mentres tornaba asovellas, calcetaba, e porque sabíadicir o Credo e a Salve en latín corri-do e ben pronunciado. Como o cantiña esa gracia de saber rezar, os deBurgos regaláronllo ao señor bispode Ourense, que foi o seu amo du-rante cinco meses. Ao cabo desetempo, o can Rin empezou a diciranimaladas e pecados, que polo vis-to lle aprendía un sacristán, e que asustaban eincomodaban ás visitas. Por iso o señor bispollo regalou ao abade de Beiro, co encargo deque aprendera educación e que non escandali-zara ao vecindario.

En Beiro, o Rin nunca deu mal que falar.Nada máis chegar á súa nova casa, xa lle fixoun favor á irmá do señor cura: avisouna de queo leite se ía verter no lume.

Carlos Casares: «O can Rin e o lobo Crispín»

Page 17: Carlos Casares Biografíafundacioncarloscasares.org/wp-content/uploads/2017/03/BIOGRAFÍ… · carlos casares. biografÍa. letras galegas, 2017 3

CARLOS CASARES. BIOGRAFÍA. LETRAS GALEGAS, 2017 17

A GALIÑA AZUL

Estes días anda o pobo un pouco alborota-do. ¿Acórdaste dun rapaz que se chama Loren-zo e que andaba sempre na compaña dun canpequeniño de rabo zuro? Pois Lorenzo ten unhagaliña azul con cinco plumas roxas na ala derei-ta. É unha galiña moi bonita e moi rara.

Pon ovos de colores. Xa puxodous marelos, un rosa e tres ver-demar. Ademais non di cacaracácomo as outras galiñas sinón quedi cocorocó. E isto ten preocupa-das ás autoridades.

Tan preocupadas as ten que haicatro días chegoulle un oficio a Lorenzopedíndolle que entregara a galiña polasboas. Lorenzo negouse, porque aínda quelle din que soio é para que a vexa o veterina-rio, o certo é que, según dixo o señor Casimiro,o porteiro do Concello, á galiña vana matar.

O alcalde, Manolito Listón, dixo nunhas de-claracións que fixo para a televisión e para osperiódicos, que non se podía tolerar a existen-cia dunha galiña azul, porque -según ManolitoListón- unha galiña azul que pon ovos de colo-res e que di cocorocó en vez de cacaracá non éunha galiña como é debido.

Carlos Casares: «A galiña azul»

Page 18: Carlos Casares Biografíafundacioncarloscasares.org/wp-content/uploads/2017/03/BIOGRAFÍ… · carlos casares. biografÍa. letras galegas, 2017 3

CARLOS CASARES. BIOGRAFÍA. LETRAS GALEGAS, 2017 18

PARA SABER MÁIS DE CARLOS CASARES...

«Carlos Casares», Ramón Loureiro. A Nosa Terra, 2003«O conto da vida», Tucho Calvo. La Voz de Galicia, 2003«Gran Enciclopedia Gallega». Ed. Silverio Cañada, 1974«Carlos Casares. Os amigos, as imaxes, as palabras»,Xavier Casares Mouriño. A Nosa Terra, 2004«Carlos Casares, o amigo das palabras», Rafael Laso Lorenzo. Galaxia, 2013«Carlos Casares. Compromiso con Galicia», Denis Vicente Rodríguez. Ed. Ir Indo, 2014Web da Real Academia GalegaFundación Carlos Casares

Ex-libris de Carlos Casares.