Carta a xefe do cta pedindo días AP

2
Sindicato Federal de Correos e Telégrafos CONFEDERACIÓN XERAL DO TRABALLO Sindicato Provincial de Correos de A Coruña 2º Andar Edificio Xefatura Provincial de Correos . 15080 A Coruña Tlfes: 981.223.496. Rico: 83230. Móvil: 609381811 Mail: [email protected] A responsable de CTA de Labacolla Desde CGT queremos sumarnos ao gran malestar producido pola denegación sistemática de disfrute de días de APs nas datas de Nadal no seu centro. Logo de consultar a varios dos grandes centros do Estado observamos con preocupación e estupor que a organización do traballo neses centros estase a compatibilizar, sen apenas problemas, co desfrute de días de permiso nestas datas tan sinaladas. Tamén observamos con preocupación como nas intruccións da campaña do Nadal a empresa fala da posibilidade de coller até 2 días de AP sen penalización na “bufanda” un até o día 14 e outro na segunda quincena. Temos constancia a presentación, en nome do persoal do centro dunha escrita presentada pola plataforma PLCS (persoal laboral correos Santiago) ao que nos queremos adherir e mostrar o noso respaldo. Tamén nos están a chegar numerosas queixas de como se está a realizar o proceso de adxudicación de horas extras. Varias persoas do centro ven confuso e opaco este proceso, aparte de pouco transparente. Entendemos que se hai un traballo extra este debe ser cuberto con contratación de eventuais e, só no último caso, a realización de horas extraordinarias debe ser ofrecida a todo o persoal por igual. Entendemos que este é un problema propio da organización do traballo no CTA do que vostede é responsable. Polo tanto Esiximos: A autorización deses permisos solicitados e denegados. Que a denegación, de habela, sexa por escrito e xustificando as necesidades. Previa negociación coas diferentes persoas afectadas dos diferentes departamentos de traballo. A contratación necesaria para suplir eses permisos e o incremento de traballo propio de estas datas. Local sindical: 2ª Planta, Edf. Xefatura Provincial Correos . 15070 A Coruña Tfno-981.223496, RICO 83230 * E – mail: [email protected]

Transcript of Carta a xefe do cta pedindo días AP

Page 1: Carta a xefe do cta pedindo días AP

Sindicato Federal de Correos e TelégrafosCONFEDERACIÓN XERAL DO TRABALLO

Sindicato Provincial de Correos de A Coruña

2º Andar Edificio Xefatura Provincial de Correos . 15080 A CoruñaTlfes: 981.223.496. Rico: 83230. Móvil: 609381811

Mail: [email protected]

A responsable de CTA de Labacolla

Desde CGT queremos sumarnos ao gran malestar producido pola denegación sistemática de disfrute de días de APs nas datas de Nadal no seu centro. Logo de consultar a varios dos grandes centros do Estado observamos con preocupación e estupor que a organización do traballo neses centros estase a compatibilizar, sen apenas problemas, co desfrute de días de permiso nestas datas tan sinaladas.

Tamén observamos con preocupación como nas intruccións da campaña do Nadal a empresa fala da posibilidade de coller até 2 días de AP sen penalización na “bufanda” un até o día 14 e outro na segunda quincena.

Temos constancia a presentación, en nome do persoal do centro dunha escrita presentada pola plataforma PLCS (persoal laboral correos Santiago) ao que nos queremos adherir e mostrar o noso respaldo.

Tamén nos están a chegar numerosas queixas de como se está a realizar o proceso de adxudicación de horas extras. Varias persoas do centro ven confuso e opaco este proceso, aparte de pouco transparente. Entendemos que se hai un traballo extra este debe ser cuberto con contratación de eventuais e, só no último caso, a realización de horas extraordinarias debe ser ofrecida a todo o persoal por igual.

Entendemos que este é un problema propio da organización do traballo no CTA do que vostede é responsable. Polo tanto

Esiximos:

A autorización deses permisos solicitados e denegados.

Que a denegación, de habela, sexa por escrito e xustificando as necesidades. Previa negociación coas diferentes persoas afectadas dos diferentes departamentos de traballo.

A contratación necesaria para suplir eses permisos e o incremento de traballo propio de estas datas.

A oferta en situación de igualdade e transparencia de todas as horas extras se fose imprescindible a súa realización.

A publicación do número total realizado de horas extras no seu centro e as persoas que realizaron ese traballo extraordinario.

Sen máis salúdao

Xan Jove

Segredario Xeral da sección sindical de CGT Correos.Local sindical: 2ª Planta, Edf. Xefatura Provincial Correos . 15070 A Coruña Tfno-981.223496, RICO 83230 * E – mail: [email protected]