Carta invitación ANPAS

2
Edf. Adm. San Caetano s/n, bloque 2, 2º andar 15781 – Santiago de Compostela Tlf.: 981546562 Fax: 981546550 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa Estimado/a Sr./a Presidente/a: A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria está a organizar unhas Xornadas de atención á diversidade e clima de aula para a formación do profesorado do ensino público de Galicia, a desenvolver os vindeiros 11 e 12 de decembro de 2009 no Palacio de Congresos de Santiago (achégase un borrador do programa). No desenvolvemento destas xornadas gustaríanos contar coa participación das familias do alumnado dos nosos centros educativos, representadas a través das respectivas Asociacións de Nais e Pais existentes na Comunidade Autónoma de Galicia e que serán as encargadas de estenderlles esta invitación e seleccionar aos asistentes. A extensión desta invitación consiste en que, a través da asociación que vostede preside, faga a selección de 30 nais e/ou pais da súa asociación que desexen participar nas actividades da xornada que se desenvolverán na tarde do sábado 12 e que son as que van dirixidas ás familias. Así mesmo, xunto con este escrito, faise envío dunha ficha técnica para que, no caso de confirmar a súa asistencia, nos faciliten os datos das persoas que asistirán antes do 26 de novembro (cumprimentados como se indica na citada ficha) ao correo electrónico de contacto que se indica. Agradecendo de antemán esta colaboración, fundamental sempre entre profesionais do ensino e familias, para o favorable desenvolvemento do noso alumnado, atentamente un saúdo. Para máis información pode dirixirse a: Maribel Barreiro Gundín Asesora de Contidos Educativos. (Coordinadora) [email protected] ou telf./ 881 997096 Manuel Costa Carneiro Asesoría de orientación. [email protected] ou Telf./ 981 546512 Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2009 O Subdirector Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado José Graña Carrodeguas

description

Carta de la Consellería de Educación invitando a las familias de las ANPAS a unas jornadas.

Transcript of Carta invitación ANPAS

Edf. Adm. San Caetano s/n, bloque 2, 2º andar 15781 – Santiago de Compostela Tlf.: 981546562 Fax: 981546550

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Estimado/a Sr./a Presidente/a: A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria está a organizar unhas Xornadas de atención á diversidade e clima de aula para a formación do profesorado do ensino público de Galicia, a desenvolver os vindeiros 11 e 12 de decembro de 2009 no Palacio de Congresos de Santiago (achégase un borrador do programa).

No desenvolvemento destas xornadas gustaríanos contar coa participación das familias do alumnado dos nosos centros educativos, representadas a través das respectivas Asociacións de Nais e Pais existentes na Comunidade Autónoma de Galicia e que serán as encargadas de estenderlles esta invitación e seleccionar aos asistentes.

A extensión desta invitación consiste en que, a través da asociación que vostede preside, faga a selección de 30 nais e/ou pais da súa asociación que desexen participar nas actividades da xornada que se desenvolverán na tarde do sábado 12 e que son as que van dirixidas ás familias.

Así mesmo, xunto con este escrito, faise envío dunha ficha técnica para que, no caso de confirmar a súa asistencia, nos faciliten os datos das persoas que asistirán antes do 26 de novembro (cumprimentados como se indica na citada ficha) ao correo electrónico de contacto que se indica.

Agradecendo de antemán esta colaboración, fundamental sempre entre profesionais do ensino e familias, para o favorable desenvolvemento do noso alumnado, atentamente un saúdo.

Para máis información pode dirixirse a: Maribel Barreiro Gundín Asesora de Contidos Educativos. (Coordinadora) [email protected] ou telf./ 881 997096 Manuel Costa Carneiro Asesoría de orientación. [email protected] ou Telf./ 981 546512 Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2009 O Subdirector Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado

José Graña Carrodeguas

Edf. Adm. San Caetano s/n, bloque 2, 2º andar 15781 – Santiago de Compostela Tlf.: 981546562 Fax: 981546550

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

XORNADAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

“Mellora do clima de aula” Santiago de Compostela, 11 e 12 de Decembro de 2009

(Lugar de celebración: Palacio de Congresos)

PROGRAMA PROVISIONAL

VENRES 11 (4h)

TARDE

16.30 - 17.00h. - Recepción dos asistentes e entrega da documentación 17.00 - 17.30h. - Acto de inauguración (pendente protocolo confirmar asistentes) 17.30 - 18.30h. - Conferencia inaugural: “_____________________________”(título) Enrique Múgica Herzog - Defensor del Pueblo 18.30 - 19.00h. - Pausa e café 19.00 - 20.30h. - Diversidade cultural. “A interculturalidade ben entendida”. Joseph Siankope - Profesor da Universidade Autónoma de Madrid

SÁBADO 12 (8h)

MAÑÁN:

09.30 - 10.30h. - Medidas legais para a atención á diversidade que favorecen o clima de aula nos centros educativos da nosa Comunidade Autónoma. (faltaría título) Manuel Armas Castro – Coordinador do EOE - A Coruña 10.30 - 11.30h. - A inclusión socio-educativa do alumnado procedente do estranxeiro. Cristina González e col. Orientadora do CPI de Vilaboa – Pontevedra 11.30 - 12.00h. - Pausa e café 12.00 - 13.00h. - Un actual enfoque da atención á diversidade a través das TICs nas nosas aulas Ana Belén Domínguez Besada. CEIP Principe Felipe. Pontevedra (30min) Mª Esperanza Romero Martínez. IES Fontexería de Muros (30min) 13.00 - 14.00h. - Presentación das asociacións e organismos participantes (10 min.) e visita da exposición de paneis no exterior da sala onde técnicos e/ou representantes expertos destas explicarán e informarán do seu funcionamento e dos materiais didácticos expostos (Asociación síndrome Down, xordos, ONCE, outras,....)

TARDE (coa participación dos pais nesta xornada de tarde)

14.00 - 16.00h. - Comida 16.00 - 17.00h. - Experiencia de centros. As boas prácticas na mellora da convivencia na aula IES Chamoso Lamas - O Carballiño- OU (convivencia e mediación) (30min) CPI Virxe da Cela – Monfero - CO (convivencia e desenvolvemento) (30min) 17.00 – 18.00h. - Conferencia “_____________________________”(título) Gloria Morán. Profesora USC e Universidade USA 18.00 - 19.00h. - Conferencia clausura: “ Xustiza reparadora e responsabilidade penal do menor” Carlos Mariscal de Gante – Fiscal de Menores - A Coruña