Cartas de amor

18

description

Exposición da Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, na que 15 artistas ofrecen a súa visión sobre a violencia de xénero. No IES Poeta Añón de Outes (A Coruña) do 17 ó 30 de marzo, 2011.

Transcript of Cartas de amor

15 ARTISTAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

SERGI SAN JULIÁN

PATRICIA CASTELAO

PACO ROCA

MIGUEL CALATAYUD

J. MÉNDEZ

FAUSTO

JACK MIRCALA

PIRUSCA

DAVID PINTOR

JAVIER OLIVARES

PRIMITIVO

EVA VÁZQUEZ

SONIA PULIDO

OSCAR VILLÁN

ANXOS SUMAI

Anxos SumaiCatoira , Pontevedra 1960

    Documentalista, tradutora e escritora. Nos anos oitenta e noventa colaborou en distintas 

publicacións periódicas e libros colectivos, realizou guións para cómics (revistas Valium

diez e Das capital) e escribiu letras de cancíóns. Como narradora publicou Anxos da garda (A Nosa Terra, 2003) e Melodía de días

usados (Galaxia, 2005). Publica artículos e relatos en distintas revistas e xornais (Galicia Hoxe, La Voz de Galicia, Abril, Interea, Praza

das Letras etc.).   Colabora coa compañía de Teatro de 

Ningures co texto Deus está de vacacións, para a montaxe da obra Emigrados (2007).Foi 

galardoada con numerosos premios literarios.

  Actualmente traballa como documentalista no Consello da Cultura Galega.

Fonte: Asociación de Escritores en Lingua Galega.

FaustoCatoira, Pontevedra 1961

A comezos dos anos oitenta iniciou a súa actividade na banda deseñada, coa 

participación en publicacións como "Aula Aberta", "Tintimán", "El Correo Gallego" ou "Atlántico Diario". Creou o fanzine "Valium 

dez", auténtico referente na banda deseñada dos oitenta, e a revista "Das 

Capital". Ademais realizou como debuxante os álbumes "Os viaxeiros do tempo" e a serie "Un misterio para Simón", até o 

momento a máis longa editada en Galicia. Ten levado a cabo numerosos traballos 

como ilustrador e deseñador gráfico. Foi o director artístico da revista "Golfiño", tanto na súa primeira (ed. Xerais) como segunda 

etapa (ed. La Voz de Galicia). 

Fonte: Cultura galega.org

Miguel CalatayudAspe, Alicante 1942

Debuxante e ilustrador de cómic e libros infantís. Obtivo os premios 

máis prestixiosos do sector, como o Lazarillo de Ilustración (1974) e o Nacional de Ilustración (en 1989, 

1992 e 2009). No ano 2000 foi candidato por España ao premio 

Hans Christian Andersen. Durante os 80 foi un dos máis destacados 

representantes da chamada “liña clara valenciana”. As súas 

composicións presentan moito colorido, utilizando para iso 

acuarelas líquidas.

Fonte: Kalandraka.com e SOL-e

Patricia CastelaoA Estrada, Pontevedra 1974

Comezou os estudos de Mediciña pero abandonounos para dedicarse á 

ilustración. Conta cunha ampla experiencia no campo da animación. Traballou en 

diversas longametraxes de animación para diferentes estudos: en 

DigraFilms para “O Soño dunha Noite de San Juan”; en Filmax para a 

película “Donkey”, e actualmente traballa no estudo “Renderboy” de 

Madrid. No campo da ilustración infantil 

colaborou con diferentes editoriais españolas.

Fonte: Web do Servicio de Orientación a la Lectura Infantil y

Juvenil

Jack Mircala

Mircala comezou traballando a finais dos 80 no deseño industrial e o interiorismo, pero anos despois venceu a súa vocación ás artes plásticas, e decidiu dedicarse á 

ilustración. O seu traballo asocia disciplinas como o debuxo, a escultura, a escenografía e a 

fotografía e explora a herdanza da literatura gótica, o cine de terror ou 

a pintura expresionista.  

Fonte: El País

Javier Olivares Madrid, 1964

É ilustrador e autor de cómics ocasional. Desde 1985 publicou historietas curtas 

en cabeceiras "alternativas" como Madriz, Medios Revoltos, Idiota e 

Diminuto, Nós somos os mortos ou Tose. Nos últimos anos publicou historietas infantís para as revistas Tretzevents e 

BD Banda, cun trazo máis limpo e simplificado A súa ocupación principal é 

a de ilustrador, na que desenvolveu unha éxitosa traxectoria dentro do 

campo da ilustración infantil ademais de publicar ilustracións en publicacións 

como El País (no seu suplemento Tentacións), Rolling Stone (edición española), Quo ou El Economista. 

Fonte: Guía del Cómic

Pirusca Caldas de Reis, Pontevedra 1980

“Pirusca” é o alter ego da ilustradora Natalia Rei. 

É licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, onde se 

especializou en Pintura. Tras varios anos dedicada ao deseño gráfico decide 

centrarse na ilustración para crear os seus propios mundos e dar vida a aquilo que se 

lle pasa pola cabeza. 

Gústanlle a moda, os doces, o cine dos anos 60, os libros de ilustracións e pasear. 

Fonte: Web de Pirusca

David PintorA Coruña, 1975

É ilustrador, humorista gráfico, caricaturista e pintor.En 1993 empezou a traballar co guionista Carlos López baixo o 

pseudónimo de Pinto & Chinto, convertíndose en poucos anos nunha 

referencia do humor político en prensa a nivel español. As súas tiras cómicas saen 

en xornais como Diario 16, La Voz de Baleares ou Diario de León. Actualmente 

o seu traballo aparece nas páxinas de opinión de La Voz de Galicia.No campo da ilustración, colaborou con algunhas das máis importantes editoriais.É creador, xunto a Chinto, da personaxe de cómic 

Tito Longueirón.Tamén realizou ilustracións para as revistas El Virus 

Mutante, Golfiño, BD Banda, Tretzevents, ECO, e Sapoconcho. 

Fonte: Web de David Pintor

Sonia PulidoBarcelona , 1973

Sonia Pulido é licenciada en Belas Artes, con especialidade de Gravado e 

Estampación. Colabora en publicacións como Rockdelux e é ilustradora da revista El

País Semanal. Coa editorial Sins Entido publicou as novelas gráficas Puede que esta vez e Duelo de Caracoles. Recibiu o primeiro 

Premio de Ilustración Injuve 2002 e foi seleccionada en 2008 no Young Ilustrators 

Award en Zúrich. A Sonia Pulido poderíaselle definir como a 

ilustradora da nostalxia. Os mundos máxicos que constrúe xeran 

unha estraña sensación que alaga de sentimentos cada unha das súas escenas. O 

seu estilo, fortemente influenciado pola estética dos 40 e 50, mestura moito cor e 

personaxes.

Fonte: Entrecomics

Paco RocaValencia, 1969

Paco Roca é un recoñecido autor de cómics, deseñador e animador. En 2008 foi galardoado co Premio Nacional do 

Cómic en España grazas á súa obra “Arrugas”. 

Roca traballou para numerosos medios e revistas, como Kiss Comix ou El Víbora, 

antes de comezar a publicar obras completas como El juego lúgubre ou Hijos

de la Alhambra. Moitas das súas obras foron publicadas antes en Francia que no 

mercado español. De entre a súa obra habería que destacar títulos como Arrugas, Calles de arena ou El invierno del dibujante, por mencionar 

as máis recentes. 

Fonte: Lecturalia. com

Sergi San JuliánBarcelona, 1973

Estudou na Escola d’Arts i Oficis de Barcelona. Considerado un dos mellores 

expoñentes actuais da ilustración de cómic, dende 2004 a súa traxectoria 

artística está ligada ao mercado francés. É o creador de personaxes como ‘Gorka’ e 

debuxante da colección ‘Fanhunter’. Traballou para diversos xornais e revistas realizando tiras políticas. Ilustrou a serie de ciencia ficción Interface, publicada na 

editorial Dargaud, e colaborou cos estudos Comicon, dos que saíron á luz as 

obras Totally Spies e TechnoMage.

Fonte: Praza das Letras.org

Óscar VillánOurense, 1972

Licenciado na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, na especialidade de Pintura. 

Colaborou co Departamento de Educación do Centro Galego de Arte Contemporánea 

(CGAC). “O pequeno coello branco”, co que gañou o Premio Nacional de 

Ilustración 1999, foi o seu primeiro álbum ilustrado. Publicou unha vintena de libros 

e participa en varias publicacións.

Fonte: Kalandraka

Eva Vázquez

Realizou estudos de animación na Escola Superior de Debuxo 

Profesional de Madrid. Na actualidade fai fondos para series 

e películas de debuxos animados. Traballa para as produtoras Ink Apache, Ibisa TV e Bee Mind. 

Ao mesmo tempo fai ilustracións para distintas publicacións  e editoriais, Everest , Hergue, Group Loader e 

Grupo Pearson. 

Primitivo Marcos

Lugo, 1962

Autor da serie histórica de BD "Aventura no Camiño de Santiago" 

(ed.Deputación de Lugo). Ten colaborado no diario "El Progreso", ademais de publicar varias historias na revista "Lucus" e tiras cómicas no 

xornal escolar "O provisional". Colabora habitualmente na segunda etapa da revista Golfiño coa serie "Os 

Fdez". 

Fonte: Cultura Galega.org

J. MéndezSantiago de Compostela ,1956.

Dedícase á pintura desde 1972, fundando con outros dous pintores 

o grupo FOUGA  ao que se irán incorporando artistas doutros 

campos expresivos como a escultura, música, teatro, etc. 

Tamén se interesa  polo mundo audiovisual, primeiro teatro e 

ópera, para os que deseña e realiza escenografías, logo vídeo. 

É o creador  da  empresa Escenoset da que é director artístico realizando traballos para 

televisión, ópera, teatro, casetas, museos, exposicións, etc. 

En 2002 J. Méndez reincorpórase ao mundo da pintura.

Fonte:Blog do artista

Web da Exposición CARTAS DE AMOR http://cartasdeamor.freeiz.com

Información sobre os distintos artistas extraída das seguintes páxinas:

• Asociación de escritores en Lingua Galega  http://www.aelg.org• Cultura Galega  http://www.culturagalega.org• Diario El País  www.elpais.com• Editorial Kalandraka http://www.kalandraka.com• Entrecomics http://www.entrecomics.com/?p=50159• Guía del cómic http://www.guiadelcomic.es/autores.htm• Lecturalia http://www.lecturalia.com• Praza das Letras http://www.prazadasletras.org• Servicio de Orientacion a la Lectura Infantil y Juvenil (SOL) http://sol-e.com• Web de David Pintor www.davidpintor.com• Web de J. Méndez http://www.jmendezportfolio.es/blog/?p=50• Web de Pirusca http://www.pirusca.com

Equipo da Biblioteca do IES Poeta Añón (Outes)Marzo 2011