Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO...

64

Transcript of Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO...

Page 1: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

RFG1992016

Page 2: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

OUTUBRO 2015

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAPAUL DANIEL Director

01

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAANTONI ROS MARBÁ Director

08

REAL FILHARMONÍA DE GALICIACHRISTOPH KÖNIG Director

15

REAL FILHARMONÍA DE GALICIADIEGO GARCÍA DirectorJULIÁN HERNÁNDEZ Chansonnier

23

DESCUBRE UNHA ORQUESTRA PARA TI, A TÚA! 24

ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIAARTURO TAMAYO Director

29

REAL FILHARMONÍA DE GALICIACLEMENS SCHULDT DirectorVARVARA Piano

06

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAPAUL DANIEL Director

19

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAPAUL DANIEL DirectorBEATRIZ LÓPEZ Clarinete · MANUEL VEIGA FagotESCOLANÍA DA CATEDRAL DE SANTIAGOJOSÉ LUIS VÁZQUEZ Director do coro

10

NOVEMBRO 2015

DECEMBRO 2015

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAENRICO ONOFRI DirectorMARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO MezzosopranoENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono

CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN COMPANY Director do coro

18

DESCUBRE UNHA ORQUESTRA PARA TI, A TÚA! 11

REAL FILHARMONÍA DE GALICIADIEGO MASSON Director

12

02 DESCUBRE UNHA ORQUESTRA PARA TI, A TÚA!

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAPAUL DANIEL DirectorVIVIANE HAGNER Violín

26

Page 3: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

AUDITORIO DE GALICIA 15/16 REAL FILHARMONÍA DE GALICIAPAUL DANIEL Director titular

REAL FILHARMONÍA DE GALICIACARLOS CHECA Director

05

SOFYA MELIKYAN PianoCICLO DE PIANO ÁNGEL BRAGE

14

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAMAXIMINO ZUMALAVE DirectorANDRÉ MORSCH Barítono

21

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAPEDRO NEVES DirectorJAVIER SIMÓ Trompeta

29

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAANTONI WIT DirectorALEXANDRA KULS Violín

04

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAPAUL DANIEL DirectorNICHOLAS ANGELICH Piano · LUIS TOSAR Narrador

18

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAPAUL DANIEL DirectorLUIS FERNANDO PÉREZ Piano

26

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAHELMUTH RILLING DirectorLAURENT BLAITEAU FrautaLUIS SOTO FrautaJAMES DAHLGREN ViolínGRIGORI NEDOBORA ViolínCONCERTO EXTRAORDINARIO DO 2O ANIVERSARIO

29

BERTRAND CHAMAYOU PianoCICLO DE PIANO ÁNGEL BRAGE

03

ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIANICHOLAS COLLON DirectorALEXANDRA SOUMM Violín

10

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAEDMON COLOMER DirectorSANDRA PASTRANA SopranoJOSÉ ANTONIO LÓPEZ BarítonoORFEÓN TERRA A NOSACORO UNIVERSITARIOMIRO MOREIRA Director do coro

18

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAEDUARDO PORTAL DirectorBAIBA SKRIDE Violín

01

REAL FILHARMONÍA DE GALICIACHRISTOPH KÖNIG DirectorJORDI ORTEGA Trompa

07

REAL FILHARMONÍA DE GALICIACHRISTIAN ZACHARIAS Director e piano

14

REAL FILHARMONÍA DE GALICIALORENZO VIOTTI DirectorSTEVEN OSBORNE Piano

21

DENIS KOZHUKHIN PianoCICLO DE PIANO ÁNGEL BRAGE

28

XANEIRO 2016

FEBREIRO 2016

MARZO 2016

ABRIL 2016

MAIO 2016JAVIER OTERO PianoCICLO DE PIANO ÁNGEL BRAGE

04

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAPAUL DANIEL Director e narradorCECILIA RODRÍGUEZ-MORÁN SopranoINGRIDA GÁPOVÁ SopranoCORO FEMININO DO ORFEÓN TERRA A NOSAMIRO MOREIRA Director do coro

12

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAMAXIM EMELYANYCHEV Director

20

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAKAREN KAMENSEK DirectoraJENS-PETER MAINTZ Violonchelo

26

XUÑO 2016

02REAL FILHARMONÍA DE GALICIAPAUL DANIEL DirectorCRISTINA PATO Gaita · ESTHER VIÚDEZ Corno inglés

DESCUBRE UNHA ORQUESTRA PARA TI, A TÚA! 03

DESCUBRE UNHA ORQUESTRA PARA TI, A TÚA! 13

Page 4: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN
Page 5: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

En Santiago de Compostela conflúen varios facto-res que fan dela una cidade única. Unha desas especificidades, ás veces non moi coñecida, é o feito de que a nosa urbe dá acubillo a unha grande orquestra galega de proxección internacional: a Real Filharmonía de Galicia; que comezou a súa andadura en febreiro de 1996.

Chegamos pois á alcaldía de Santiago xusto no mo-mento en que este gran patrimonio cultural de todos os galegos cumpre 20 anos. E atopamos un proxecto consolidado no que traballan máis de cincuenta músicos convertendo cada semana o Auditorio de Galicia nun espazo común dedicado á música. Unha cita imprescindible que crea sinerxías co público abonado e afeccionado que en cada programa amosa o seu entusiasmo e apoio.

Son vinte anos de andadura e de traballo colectivo realizado a carón dos sucesivos directores titulares que con profesionalidade fixeron que o son da Real Filharmonía de Galicia sexa hoxe incuestionable e que directores e solistas de prestixio nacional e internacional acepten acompañarnos tempada tras tempada.

Sen as batutas dos mestres Helmuth Rilling, Antoni Ros Marbá e Paul Daniel, actual director titular, do director asociado Maximino Zumalave e do principal director invitado Christoph König, non tivera sido posible o nivel de calidade e implicación acadados. Grazas mestres.

E grazas a todos e cada un dos profesionais que son parte, xa non só da orquestra, senón tamén do día a día da nosa cidade e ao equipo de xestión que realiza o traballo diario, sen esquecer ao Consorcio de Santiago, organismo encargado da súa xestión, ao Auditorio de Galicia, casa nai, e moi especialmente aos abonados e abonadas e ao público que nos acompaña e co que esperamos seguir contando en futuras citas. A todos e todas noraboa e grazas.

Pero un aniversario tan redondo coma este supón tamén un bo momento no que fixar novas metas e horizontes. E, nese senso, e en concordancia coas demandas da sociedade compostelá, gustaríamos achegar esta xoia cultural a toda a cidadanía, levar a música aos veciños, facelos partícipes deste gran proxecto de todos.

Traballando nesta idea, os concertos de presentación do programa de abono da tempada 2015-2016 realizaranse en diferentes zonas da cidade tan representativas como As Fontiñas, Vite, Conxo ou San Pedro na procura da participación e de achegar a pé de rúa o potencial intrínseco que ten a Real Filharmonía de Galicia.

No mesmo sentido poñemos tamén en marcha unha nova iniciativa na que algún venres, e durante toda a tempada, poderemos escoitar fragmentos do concerto de abono semanal, como alternativa para o achegamento dun novo público. Liñas de traballo que irán afianzando o coñecemento da Real Filharmonía de Galicia entre a cidadanía.

Nalgúns programas inclúese a participación de alumnos do conservatorio e coros da cidade, colaboracións coa cultura de base que tentaremos reforzar e ampliar nas vindeiras tempadas.

Para que así, no vindeiro aniversario, sexamos todos os composteláns e todos os galegos os que nos sintamos coma nunca orgullosos da Real Filharmonía de Galicia, a orquestra de todos, a túa orquestra!

Martiño Noriega SánchezAlcalde de Santiago de Compostela

Page 6: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

Parabéns! Non podo comezar estas liñas máis que felicitándoos. Pasaron vinte anos desde que Compostela recibiu un agasallo: a Real Filharmonía de Galicia, unha orquestra consolidada, que hoxe, desde o rigor e a responsabilidade é un dos referentes da vida cultural da cidade como servizo á sociedade a través da música. É para min unha honra poder celebrar este vinte aniversario.

Preparamos a tempada pensando no que nos convertemos, repasando o pasado, celebrando o presente e pensando no futuro. Lembrando o pasado visitarannos os meus predecesores Helmuth Rilling e Antoni Ros Marbá que deixaron unha importante pegada nesta orquestra. Abriremos camiños que nos leven ante novos públicos ofrecendo concertos en diferentes espazos da cidade ou incorporando a todos os que non poden asistir aos concertos de abono pero que tanto desexan coñecernos en DESCUBRE UNHA ORQUESTRA PARA TI, A TÚA!, un novo ciclo.

A nosa orquestra está formada por grandes músicos e queremos que os coñezan; por iso os invitámolos a ser protagonistas deste 20 aniversario. Así, Laurent Blaiteau, James Dahlgren, Beatriz López, Gregory Nedobora, Jordi Ortega, Javier Simó, Luís Soto, Jordi Ortega, Manuel Veiga e Esther Viúdez serán os solistas e columna vertebral da programación, como o foron nestes anos desde os seus atrís.

Miramos ao futuro invitando a directores e solistas que despuntan no panorama musical nacional e internacional como Diego García Rodríguez, Pedro Neves, Lorenzo Viotti ou Maxym Emelyanchev; instrumentistas como a pianista Varvara, o violonchelista Jens-Peter Maintz, a violinista Alexandra Kuls ou as

Page 7: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

voces de Sandra Pastrana, Ingrida Gápovà e Cecilia Rodríguez-Morán.

Como en toda celebración estaremos acompañados de invitados excepcionais que nos axudaron a crecer e outros que o farán a partir de agora como Viviane Hagner, Baiba Skride, Christian Zacharias, Steven Osborne, José Antonio López, André Morsch, María Espada dirixidos, entre outros, por Enrico Onofri, Edmon Colomer, Antoni Wit. Contaremos con novos desafíos que incluirán a participación de grandes amigos da RFG como o líder de Siniestro Total, Julián Hernández, chansonnier na obra Frankenstein de HK Gruber ou o actor Luis Tosar que será o Hamlet de Shostakovich.

Ademais afrontaremos o repertorio que nos carac-teriza e distingue, Haydn, Mozart ou Beethoven, así como Haendel e Bach e adentrarémonos no Ro-manticismo da man de Schubert profundando no devandito período con obras de Schumann e Brahms sen esquecer movementos e vangardas da man de Bruckner, Debussy, Dvorak, Fauré, Karlowicz, Schmitt, Sibelius ou Prokofiev. Así mesmo, mantemos a aposta pola creación contemporánea estreando obras dos compositores galegos Eduardo Soutullo, que abrirá o programa de inauguración, e Octavio Vázquez cunha obra para a gaiteira Cristina Pato que porá fin á tempada. Obras de compositores como Thea Musgrave, Guillaume Conesson ou James Macmillan estarán por primeira vez nos nosos atrís e serán estrea en España.

Homenaxearemos a William Shakespeare e Miguel de Cervantes no 400 aniversario da morte de ambos e participaremos en Cineuropa acompañando á película A muller lixeira de cuxa protagonista Greta Garbo cúmprense 25 anos do seu falecemento.

Traballamos de novo co Conservatorio Profesional de Música, co Coro Universitario e o Orfeón Terra a Nosa e por primeira vez, a Escolanía da Catedral participará nun dos nosos concertos.

Quero destacar a nosa presenza en Lugo, Ferrol e, especialmente, en Vigo, en cuxa tempada estable ofreceremos sete concertos. Regresaremos, ao festival Musika-Musika de Bilbao e visitaremos Portugal para ofrecer dous concertos en Torres Vedras e Lisboa.

Para terminar só podo manifestar o meu agradece-mento ao equipo técnico e administrativo, polo seu esforzo, a directores e solistas que nos permitiron gozar do seu talento e a todos os que, dun xeito ou outro, puxeron a súa creatividade, a súa paixón e a súa perseveranza para que en 2016 poidamos celebrar vinte anos da Real Filharmonía de Galicia, a orquestra de todos vostedes, abonados e amigos que nos seguiron neste longo percorrido. Por outros vinte máis!

Paul DanielDirector artístico e titular da Real Filharmonía de Galicia

Page 8: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN
Page 9: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

CONCERTOS DE PRESENTACIÓN DE TEMPADA REAL FILHARMONÍA DE GALICIABram Sniekers Director

W.A. MozartAs vodas de Fígaro. Abertura

L.v. BeethovenAbertura Coriolano, op. 62

E. GriegPeer Gynt. Suite núm. 1, A mañá

F. MendelssohnAs Hébridas. Abertura

G. Rossini A italiana en Alxer. Abertura

F. Mendelssohn O soño dunha noite de verán. Scherzo

15

SETEMBRO

Martes

As Fontiñas

16Mércores

Vite

17Xoves

Conxo

18Venres

San Pedro

19Sábado

Ensanche

Praza de Europa

Parque Monte Mantible

Tras C.C. Aurelio Aguirre

Xardín Zona C

Praza Roxa

20:00 h

Page 10: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

CE. SoutulloOverture (From an unfinished opera)*

F. Schmitt La tragédie de Salomé op. 50 (versión pequena orquestra)

M. Balboa Saturnal

J. SibeliusSinfonía núm. 5 en Si bemol maior op. 82

*estrea absoluta

20:15 h Conversando con… Paul Daniel

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAPAUL DANIEL Director

1

OUTUBRO

Xoves21:00 h

Stravinski díxolle a Florent Schmitt sobre La tragédie de Salomé “Grazas por esta obra mestra”.

12 €

C

Page 11: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

DESCUBRE UNHA ORQUESTRA PARA TI, A TÚA!

E. Soutullo/J. Sibelius

2OUTUBRO

Xoves18:30 h

5 €Coa entrada mercada

os menores de 14 anosdisporán de 2 entradas de balde

Page 12: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

X. de PazFrom flame to memory

L. van BeethovenGran fuga, op. 133

W. A. MozartSinfonía núm. 41 en Do maior, KV 551 “Xúpiter”

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAANTONI ROS MARBÁ Director8

OUTUBRO

Xoves21:00 h

“A arte de Mozart é lixeira, a de Beethoven pesada, o que pouca xente entende; pero os dous son poetas.” Eric Satie

12 €

Page 13: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

C15

OUTUBRO

Xoves21:00 h

REAL FILHARMONÍADE GALICIACHRISTOPH KÖNIG Director

L. Boccherini

Sinfonía núm. 6 en re menor op. 12 “A casa do diaño”

J. HaydnSinfonía núm. 97 en Do maior Hob I/97

F. Mendelssohn Sinfonía núm. 1 en do menor op. 11

20:15 h Conversando con… Christoph König

Ferruccio Busoni consideraba a F. Mendelssohn “un mestre de grandeza incontestada […] un herdeiro de Mozart”.

12 €

Page 14: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

CThea Musgrave

Night music*

George AntheilSerenade II

HK GruberFrankenstein! pan-demonium para chansonnier e orquestra

*estrea en España

20:15 h Conversando con… Diego García Rguez. Julián Hernández

REAL FILHARMONÍA DE GALICIADIEGO GARCÍA RODRÍGUEZ Director

JULIÁN HERNÁNDEZ Chansonnier23

OUTUBRO

Venres21:00 h

“… Os delirantes tangos, bossa novas e sorprendentes amargos ostinatos do saxofón de xoguete de Gruber […] captan a enerxía dun cabaré de Weimar estraño e incorrecto, unha forma de mirar á historia do século XX”. New York Times (2011)

10 €

Xornadas de Música Contemporánea

Page 15: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

20:15 h Conversando con… Diego García Rguez. Julián Hernández

24OUTUBRO

Sábado18:30 h

HK GruberFrankenstein! pan-demonium para chansonnier e orquestra

DESCUBRE UNHA ORQUESTRA PARA TI, A TÚA!

5 €Coa entrada mercada

os menores de 14 anosdisporán de 2 entradas de balde

Page 16: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

I. XenakisMetastaseis*

E. MacíasClamores y alegorías

A. BergTres pezas para orquestra, op. 6

*estrea en España

“A música é o produto da sensibilidade e o coñecemento xa que esixe aos seus discípulos, compositores e artistas talento e entusiasmo por igual...” Alban Berg

29

OUTUBRO

Xoves21:00 h

ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIAARTURO TAMAYO Director

Xornadas de Música Contemporánea

10 €

Page 17: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

C

S. ProkofievSinfonietta, op.5/48

W. A. MozartConcerto para piano e orquestra núm. 21 en do menor KV 467

J. HaydnSinfonía núm. 83 en sol menor Hob I:83 “A Galiña”

6NOVEM

BRO

Venres21:00 h

“Que inimitables son os traballos de Mozart, que fondos, que intelixente musicalidade, que sensibilidade máis extraordinaria!” escribiu Haydn.

REAL FILHARMONÍA DE GALICIACLEMENS SCHULDT Director

VARVARA Piano

15 €

Page 18: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

C12

NOVEMBRO

Xoves21:00 h

20:15 h Conversando con… Ángel Luis Hueso José Luis Losa

“… unha partitura orquestral completa de alguén convertido en mestre da arte […] Que brillante uso dun tema do Soneto de Petrarca 123 de Liszt.” The Times (1984) sobre Carl Davis, autor de bandas sonoras coma O fantasma da ópera ou A muller do tenente francés.

REAL FILHARMONÍA DE GALICIADIEGO MASSON Director

Cineuropa

A woman of affairs (A muller lixeira) Clarence Brown, director

Reparto:Greta Garbo

John Gilbert

Música: Carl Davis

12 €

Page 19: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

C20:15 h Conversando con… Paul Daniel Xoán Trillo

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAPAUL DANIEL Director

“Unha sinfonía debe ser coma o mundo. Debe abarcar todo” Gustav Mahler

G. MahlerSinfonía núm. 6 en la menor (arr. X. Trillo)

19NOVEM

BRO

Xoves21:00 h

15 €

Page 20: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN
Page 21: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

C

26NOVEM

BRO

Xoves21:00 h

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAPAUL DANIEL Director

VIVIANE HAGNER Violín

Brahms divagaba sobre o seu agnosticismo fronte a Dvorak e finalizada a conversa exclamou ante o violinista Josef Suk: “Semellante home, semellante alma boa, e non cre en nada! Non cre en nada!”

G. Connesson Flammenschrift*

A. DvorakConcerto para violín e orquestra en la menor op. 53

J. BrahmsSinfonía núm. 1 en do menor op. 68

*estrea en España

20:15 h Conversando con… Paul DanielC

15 €

Page 22: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

CE. Elgar The Wand of Youth. Suite núm. 2 op. 1b (A variña máxica da xuventude)

R. StraussDueto-Concertino, TrV 293

R. Vaughan WilliamsMarley’s Ghost* (On Christmas Night)

F. Ibáñez IribarriaAve María

P. I. ChaikovskiO Crebanoces (Selección)

*estrea en España

20:15 h Conversando con… Paul Daniel Beatriz López Manuel Veiga

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAPAUL DANIEL Director

BEATRIZ LÓPEZ Clarinete

MANUEL VEIGA Fagot

ESCOLANÍA DA CATEDRAL DE SANTIAGOJOSÉ LUIS VÁZQUEZ Director do coro

12 €

10

DEDEMBRO

Xoves21:00 h

Page 23: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

“O feito de que os nenos poidan facer fermosa música é menos importante que o feito de que a música poida facer fermosos nenos.” Cheryl Lavender (pedagoga musical e compositora)

Selección E. Elgar, R. Vaughan Williams, F. Ibáñez Iribarria, P.I. Chaikovski

11DECEM

BRO

Venres18:30 h

DESCUBRE UNHA ORQUESTRA PARA TI, A TÚA!

5 €Coa entrada mercada

os menores de 14 anosdisporán de 2 entradas de balde

Page 24: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA ENRICO ONOFRI Director

MARÍA ESPADA Soprano

MARINA COMPARATO Mezzosoprano

ENRICO IVIGLIA Tenor

FULVIO BETTINI Barítono

CORO DA SINFÓNICA DE GALICIAJOAN COMPANY Director do coro

COROS DA CIDADE

Beethoven dixo: “Haendel é o compositor máis grande que existiu xamais, ante el axeónllome.”

18

DEDEMBRO

Venres21:00 h

18 € G. F. HaendelO Mesías HWV 56

Page 25: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

D. Cimarosa Il matrimonio segreto. Abertura

G. RossiniLa scala di seta. Abertura

W. A. MozartCosì fan tutte, K.588. Abertura

P. MascagniCavalleria Rusticana. Intermezzo

J.C. ArriagaLos esclavos felices. Abertura

E. ElgarSalut d’Amor, op.12

G. Fauré, Suite Masques et Bergamasques, Op.112

E. Granados, Tres danzas españolas (arr. R. Ferrer)

5XAN

EIRO

Martes22:00 h

REAL FILHARMONÍA DE GALICIACARLOS CHECA Director

12 €

Page 26: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

14

XANEIRO

Venres21:00 h

SOFYA MELIKYAN Piano

O pianista Edouard Risler fala da música de Granados como “…a intención de cada frase, o matiz de cada aceno sen perder nunca a liña expresiva, o amplo contorno da obra…”.

F. ChopinNocturno núm. 1 en do menor, op. 48

F. MompouVariaciones sobre un tema de Chopin

F. ChopinPolonesa-Fantasía en La bemol maior, op. 61

E. GranadosGoyescas

15 €

Ciclo de piano Ángel Brage

Page 27: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

G. MahlerRückert lieder

F. SchubertSinfonía núm. 9 en Do maior D. 944 “A grande”

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAMAXIMINO ZUMALAVE Director

ANDRÉ MORSCH Barítono

R. Schumann, o máis fervente defensor de F. Schubert, falaba así: “A sinfonía causou entre nós un efecto como non o causara ningunha outra desde Beethoven. Non hai temor a que sexa esquecida, a que non sexa tida en conta, leva en si o xerme da eterna xuventude!”.

Xoves21:00 h

21XAN

EIRO

15 €

Page 28: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

C29

XANEIRO

Venres21:00 h

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAPEDRO NEVES Director

JAVIER SIMÓ Trompeta

20:15 h Conversando con… Pedro Neves James Dahlgren Javier Simó

L. v. Beethoven chamaba a J. S. Bach “o pai da orixinal harmonía”.

15 €L. CherubiniL’Hotellerie Portugaise. Abertura

J. S. BachConcerto para trompeta en Re maior BWV 972, Nach Vivaldi

L. v. BeethovenSinfonía núm. 2 en Re maior op. 36

Page 29: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

20:15 h Conversando con… Pedro Neves James Dahlgren Javier Simó

A. PanufnikLullaby* (Canción de berce)

M. KarlowiczConcerto para violín en La maior op. 8

A. DvorakSinfonía núm. 8 en Sol maior op. 88

*estrea en España

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAANTONI WIT Director

ALEXANDRA KULS Violín

“O Concerto para violín é tamén un fermoso traballo, especialmente o segundo movemento que se achega ao estilo da cantilena do violín de Bach. E o acompañamento orquestral é tan sutil e fresco…” Publicado no semanario polaco Przeglad Tygodniowy.

Xoves21:00 h

4FEBREIRO

15 €

Page 30: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

C18

FEBREIRO

Xoves21:00 h

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAPAUL DANIEL Director

NICHOLAS ANGELICH Piano

LUIS TOSAR Narrador

O compositor Krysztof Meyer (1943): “Entusiásmame colaborar con Shostakovich […] Un rapaz extraordinario. Moi concienciudo, con moitas calidades […] Un verdadeiro artista, un auténtico mestre […]. Agora xa non podo facer nada mediocre. Teño que facer algo que non sexa peor que a súa música…”.

20:15 h Conversando con… Paul Daniel

15 €Shakespeare, 400

MendelssohnSinfonía para cordas núm. 10

S. ProkofievConcerto piano núm. 3 en Do maior, op. 26

D. ShostakovichHamlet op. 32a

Page 31: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

CF. MendelssohnAbertura A Bela Melusina op. 32Concerto para piano e orquestra núm. 2 en re menor op. 40Sinfonía núm. 3 en la menor op. 56 “Escocesa”

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAPAUL DANIEL Director

LUIS FERNANDO PÉREZ Piano

“Felix Mendelssohn foi rapidamente honrado e así mesmo rapidamente esquecido, coma o belo intermedio da música alemá”. F. Nietzsche

Xoves21:00 h

26FEBREIRO

20:15 h Conversando con… Paul Daniel Luis Fernando Pérez

15 €

Page 32: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN
Page 33: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAHELMUTH RILLING Director

LAURENT BLAITEAU Frauta

LUIS SOTO Frauta

JAMES DAHLGREN Violín

GRIGORI NEDOBORA Violín

Luns21:00 h

29FEBREIRO

“Que escritura instrumental tan incomparable é a de Bach! Pódese ulir a resina nas súas partes para violín, paladear as canas das palletas dos óboes”. I. Stravinski

J. S. BachConcerto de Brandemburgo núm. 4 en Sol maior BWV 1049 Concerto para dous violíns en re menor BWV 1043 Suite para orquestra núm. 3 BWV 1068

20 ANIVERSARIO. Concerto Extraordinario Invitación para abonados

RFG1992016

15 €

Page 34: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

M. RavelPavana para unha infanta defunta Xogos d’augaSonatinaGaspard de la Nuit

F.Schubert/F.LisztAuf dem Wasser zu singen, D. 774 (Para cantar sobre a auga)Letanía, D. 343 Der Müller und der Bach, D. 795 (O muiñeiro e o regato)Fantasía Wanderer en Do maior, D. 760, op.15

BERTRAND CHAMAYOU Piano

“… Esta conciencia (do artista) esixe que desenvolvamos en nós ao bo obreiro. O meu obxectivo é, entón, a perfección técnica. […] O importante é sempre achegarse cada vez máis. A arte, sen dúbida, ten outros efectos, mais o artista, ao meu criterio, non debe ter outro obxectivo.” (Ravel, Esquisse autobiographique, 1928).

Xoves21:00 h

3 MARZO

Ciclo piano Ángel Brage

12 €

Page 35: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

10 MARZO

Xoves21:00 h

ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIANICHOLAS COLLON Director

ALEXANDRA SOUMM Violín

“Soñei que tiña 12 anos e era un virtuoso do violín. O ceo da miña nenez está cheo de estrelas... demasiadas estrelas”. Jean Sibelius

J. SibeliusConcerto para violín en re menor op.47

J. HaydnSinfonía núm. 93 en re menor

D. ShostakovichSinfonía núm. 9 en Mi bemol maior

12 €

Page 36: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

CG. FauréCantique de Jean RacineLa Bonne Chanson, op.61 Requiem, op.48 (versión de cámara)

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAEDMON COLOMER Director

SANDRA PASTRANA Soprano

JOSÉ ANTONIO LÓPEZ Barítono

ORFEÓN TERRA A NOSACORO UNIVERSITARIOMIRO MOREIRA Director do coro

“Díxose que o meu Requiem non expresa o terror da morte e alguén chamouno canción de berce da morte”. Gabriel Fauré

18 €

Venres21:00 h

18 MARZO

20:15 h Conversando con… Edmon Colomer

Page 37: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

L. v. BeethovenAbertura Leonora núm. 3

R. SchumannAbertura, scherzo e finale, op. 52

J. BrahmsConcerto para violín e orquestra en Re maior, op. 77

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAEDUARDO PORTAL Director

BAIBA SKRIDE Violín

Hubert Foss di que o Concerto de Brahms é “unha canción para violín a escala sinfónica”.

Venres21:00 h

1ABRIL

15 €

Page 38: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

C

7 ABRIL

Xoves21:00 h

REAL FILHARMONÍA DE GALICIACHRISTOPH KÖNIG Director

JORDI ORTEGA Trompa

J. OffenbachA bela Helena. Abertura

W.A. MozartConcerto para trompa e orquestra num. 3 en Mi bemol maior KV 447

R. Schumann Sinfonía núm. 1 en Si bemol maior op 38 “Primavera”

20:15 h Conversando con… Christoph König

J. Brahms nunha carta de 1873 escribiu: “O recordo de Schumann é sagrado para min. Sempre tomarei a este nobre e puro artista como o meu modelo”.

12 €

Page 39: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

W. A. MozartConcerto piano e orquestra núm. 18 en Si bemol maior KV 456

A. BrucknerSinfonía núm. 2 en do menor WAB 102

REAL FILHARMONÍA DE GALICIACHRISTIAN ZACHARIAS Director e piano

R. Wagner dixo de Bruckner: “El chega onde a min me está vedado”.

Xoves21:00 h

14 ABRIL

12 €

Page 40: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

C

21ABRIL

Xoves21:00 h

REAL FILHARMONÍA DE GALICIALORENZO VIOTTI Director

STEVEN OSBORNE Piano

M. Ravel dixo a Robert de Fragny: “O tema de inicio (do Concerto para piano) chegoume nun tren entre Oxford e Londres. Pero a idea inicial non é nada […] Escribir música é setenta e cinco por cento de actividade intelectual. Este esforzo é a miúdo máis agradable para min que ter un descanso”.

G. VerdiMacbeth. Abertura e Música de ballet (Acto III)

M. RavelConcerto para piano en Sol maior

C. FranckSinfonía en re menor

20:15 h Conversando con… Lorenzo Viotti

15 €

Page 41: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

Obras de Haydn, Brahms e Prokofiev

DENIS KOZHUKHIN Piano

12 €

Xoves21:00 h

28 MARZO

Ciclo piano Ángel Brage

Page 42: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN
Page 43: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

12 €

4 MAIO

Mércores21:00 h

JAVIER OTERO Piano

F. Chopin Nocturnos op.27Impromptu op. 29Impromptu op. 36Impromptu op. 51

K. SzymanovskiVariacións op. 3

G. FauréBarcarola op. 44Nocturno núm. 1 op. 33Impromptu op. 25Impromptu op. 31

S. RachmaninovPreludio núm 12 op. 32Daisies núm. 3 op. 38Estudo núm. 3 op. 39Preludio núm. 2 op. 23

Ciclo de piano Ángel Brage

Page 44: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

CREAL FILHARMONÍA DE GALICIAPAUL DANIEL Director e narrador

CECILIA RODRÍGUEZ-MORÁN Soprano

INGRIDA GÁPOVÁ Soprano

CORO FEMININO DO ORFEÓN TERRA A NOSAMIRO MOREIRA Director do coro

“A famosa marcha nupcial, incluída en O soño dunha noite de verán, fíxose popular nas vodas tras ser interpretada en 1858 no enlace de Federico III de Alemaña e a princesa Victoria de Saxonia, que amaba a música de Mendelssohn”

18 €

Xoves21:00 h

12 MAIO

20:15 h Conversando con… Paul Daniel

Shakespeare e Cervantes, 400

W. Walton, As you like it (Suite)*

J. García Román, La resurrección de Don Quijote

F. Mendessohn, O soño dunha noite de verán

*estrea en España

Page 45: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

13 MAIO

Venres18:30 h

Selección Soño dunha noite de verán, F. Mendelssohn

DESCUBRE UNHA ORQUESTRA PARA TI, A TÚA!

5 €Coa entrada mercada

os menores de 14 anosdisporán de 2 entradas de balde

Page 46: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

M. RavelLe tombeau de Couperin

G. FaurePavane, op.50

F. Poulenc

Capriccio para orquestra (arr. Maxim Emelyanychev)

L. v. BeethovenSinfonía núm. 7 en La maior op. 92

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA MAXIM EMELYANYCHEV Director

“As explosións de xúbilo durante a interpretación excederon calquera cousa que vira antes nunha sala de concertos”, relatou o secretario persoal de Beethoven, Anton Schindler, na estrea da Sétima Sinfonía.

Venres21:00 h

20 MAIO

18 €

Page 47: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAKAREN KAMENSEK Directora

JENS-PETER MAINTZ Violonchelo

“Fago a música que quero, non a que debo”. Friedrich Gulda

S. BarberAdagio para cordas op. 11

W. A. MozartIdomeneo, Música de ballet, KV 367

F. GuldaConcerto para violoncello e orquestra de vento

26 MAIO

Xoves21:00 h

15 €

Page 48: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

CJ. MacmillanThe world’s Ransoming*

O. VázquezWidows of the Living and of the Death (Viúvas de vivos e mortos)**

P. I. Tchaikovski, Sinfonía núm. 4 en fa menor op. 36

* estrea en España**estrea absoluta (Encargo de Cristina Pato co apoio de New Music USA)

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAPAUL DANIEL Director

CRISTINA PATO Gaita

ESTHER VIÚDEZ Corno inglés

“Chaikovski é para corazóns inconformistas”. Juanjo Mena (El Pais, 2015)

15 €

Xoves21:00 h

2 XUÑO

20:15 h Conversando con… Paul Daniel Cristina Pato Esther Viúdez

Page 49: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

3 XUÑO

Sábado12:30 h

Obra de O. Vázquez

DESCUBRE UNHA ORQUESTRA PARA TI, A TÚA!PARQUE EUGENIO GRANELL

5 €Coa entrada mercada

os menores de 14 anosdisporán de 2 entradas de balde

Page 50: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

DESPACHO DE BILLETESMediante PAGO EFECTIVO, TALÓN BAN-CARIO ou TARXETA.

VALIDEZ DO ABONOO abono é válido para as actividades recollidas nesta publicación.

LOCALIDADESAo abonado/a entregaránselle as localidades co número de fila e butaca, que será o mesmo durante todo o abono. Unha vez retiradas as localidades o/a abonado/a será o único responsable delas. O Auditorio non entregará un duplicado das localidades en caso de perda, deterioro, roubo ou destrución.

UTILIZACIÓNO/a abonado/a que non faga uso do abono, nalgún ou todos os concertos, non terá dereito a ningún reintegro económico.

ORGANIZACIÓNSe por razóns urxentes de organización houbese que programar un dos concertos de abono mediante aforo non numerado, o/a abonado/a, aínda que estea en posesión das súas localidades numeradas, deberá aterse ás butacas dispoñibles no momento de acceder á sala, sen ningún dereito a esixir filas ou butacas ocupadas.

ALTERACIÓNSO Auditorio de Galicia resérvase o dereito de alterar o día, hora e lugar dos concertos, substituír a algún artista ou formación musical, así como cancelar calquera dos concertos programados

CONDICIÓNS APLICABLES AOS ABONOS DA PROGRAMACIÓN ESTABLE

Page 51: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

VENDA ANTICIPADAentradas.abanca.com as 24 horas do día. 902 434 443 até 24 horas antes de cada concerto, de 8:00 a 22:00 h de luns a domingo.No despacho de billetes do Teatro Principal de 18:00 a 21:00 h de martes a sábado e no Auditorio de Galicia: só os día de concerto de 18:00 a 21:00 h, ou por teléfono, baixo a forma de pagamento por tarxeta, e poderán ser retiradas até media hora antes de comezar o concerto.

RENOVACIÓN DE ABONOSNo teléfono 981 571 026 de 11:00 a 14:00 h, os días 1, 2, 3, 4, 7, 8, 9 e 10 de setembro de 2015

NOVOS ABONOSNo despacho de billetes do Auditorio de Galicia de 11:00 a 14:00 h. os días 16, 17, 18, 21. 22, 23, 24 e 25 de setembro de 2015.

** Abono Especial para estudantes e xubilados co 50% de desconto. Pode adquirirse para toda a tempada ou por trimestre.

*** Abono Colectivo para asociacións culturais e veciñais, escolas de música públicas e centros educativos públicos. 60 abonos á venda para a tempada 2015-16. Cada abono contén 4 entradas por concerto. Debe adquirirse para toda a tempada. Para a compra destes abonos deberá acreditarse documentalmente a pertenza aos colectivos especificados.

VENDA DE ENTRADAS

ABONO AOUTUBRO 2015 - XUÑO 2016

32 Concertos = 443,00 €25% desconto = 332,25 €

ABONO BOUTUBRO - DECEMBRO 2015

11 Concertos = 146,00 €15% desconto = 124,10 €

ABONO CXANEIRO - MARZO 201611 Concertos = 156,00 €

15% desconto = 132,60 €

ABONO DABRIL - XUÑO 2016

10 Concertos = 141,00 €15% desconto = 119,85 €

ABONO ESPECIAL**ABONO A: 221,50 €

ABONO B: 73,00 €

ABONO C: 78,00 €

ABONO D: 70,50 €

ABONO COLECTIVO*** 450,00 €

MODALIDADE DE ABONOS

Page 52: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Tempada 15/16 VIGO

Page 53: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

2015Xoves, 22 de OUTUBRO

REAL FILHARMONÍA DE GALICIADIEGO GARCÍA, directorJULIÁN HERNÁNDEZ, chansonnierTh. Musgrave, G. Antheil, HK Gruber

Xoves, 5 de NOVEMBRO

REAL FILHARMONÍA DE GALICIACLEMENS SCHULDT, directorVARVARA, pianoS. Prokofiev, W. A. Mozart, J. Haydn

Xoves, 28 de XANEIRO

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAPEDRO NEVES, directorJAVIER SIMÓ, trompetaL. Cherubini, J. S. Bach, L. v. Beethoven

Xoves, 25 de FEBREIRO

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAPAUL DANIEL, directorLUIS FERNANDO PÉREZ, pianoF. Mendelssohn, F. Schubert

Xoves, 31 de MARZO

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAEDUARDO PORTAL, directorBAIBA SKRIDE, violínL. v. Beethoven, R. Schumann, J. Brahms

Xoves, 19 de MAIO

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAMAXIM EMELYANYCHEV, directorM.Ravel, G. Faure, F. Poulenc, L.v. Beethoven

Venres, 3 de XUÑO

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAPAUL DANIEL, directorCRISTINA PATO, gaitaESTHER VIÚDEZ, corno inglésJ. Macmillan, O. Vázquez, P.I. Tchaikovski

REAL FILHARMONÍA DE GALICIATempada 15/16 VIGO

2016

Page 54: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAEN XIRA

Page 55: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

201516 de outubro, LUGO

REAL FILHARMONÍA DE GALICIACHRISTOPH KÖNIG, directorL. Boccherini, J. Haydn, F. Mendelssohn

16 de xaneiro, TORRES VEDRAS (Portugal)17 de xaneiro, LISBOA

REAL FILHARMONÍA DE GALICIANUNO CÔRTE-REAL, directorNICOLA ULIVIERI, baixoG. Rossini, A. V. D’Almeida, W. A. Mozart

5 de febreiro, FERROL

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAANTONI WIT, directorALEXANDRA KULS, violínA. Panufnik, M. Karlowicz, A. Dvorak

5 e 6 de marzo, BILBAO

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAPAUL DANIEL, directorLUIS FERNANDO PÉREZ, pianoF. Mendessohn, F. Schubert

8 de abril, FERROL

REAL FILHARMONÍA DE GALICIACHRISTOPH KÖNIG, directorJORDI ORTEGA, trompaJ. Offenbach, W.A. Mozart, R. Schumann

5 de maio, FERROL6 de maio, LUGO

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAJAMES DAHLGREN, concertino-directorJAVIER SIMÓ, trompetaRAMÓN LLÁTSER, trompetaB. Britten, F. Mendelssohn, P. Franceschini, C. Monteverdi, E. Grieg

2016

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAEN XIRA 2015/2016

Page 56: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

DESCUBRE UNHA ORQUESTRA PARA TI,

A TÚA!

Page 57: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

2016Sábado, 13 de FEBREIRO

18:30 h

ORQUESTRA DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE SANTIAGO DE COMPOSTELAREAL FILHARMONÍA DE GALICIADirector a determinar

DESCUBRE UNHA ORQUESTRA PARA TI, A TÚA!

Page 58: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

CONCERTOS DIDÁCTICOS

Page 59: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

2015Venres, 23 de OUTUBRO

11:00 hREAL FILHARMONÍA DE GALICIADIEGO GARCÍA, directorJULIÁN HERNÁNDEZ, chansonnierHK Gruber, Frankenstein! pan-demonium para chansonnier e orquestra

ORQUESTRA DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE SANTIAGO DE COMPOSTELAREAL FILHARMONÍA DE GALICIADIrector por determinar

2016

Venres, 20 de NOVEMBRO11:00 h

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAPAUL DANIEL, directorG. Mahler, Sinfonía núm. 6 en la menor (arr. X. Trillo). (Selección)

Mércores, 2 de DECEMBROXoves, 3 de DECEMBRO

11:00 h

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAMAXIMINO ZUMALAVE, director

Venres, 12 de FEBREIRO11:00 h

REAL FILHARMONÍA DE GALICIACONCERTOS DIDÁCTICOS

Page 60: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

DIRECTOR ARTÍSTICO

E TITULAR

Paul Daniel

PRINCIPAL DIRECTOR INVITADO

Christoph König

DIRECTOR ASOCIADO

Maximino Zumalave

FRAUTASLaurent BlaiteauLuis Soto

ÓBOESChristina DominikEsther Viúdez

CLARINETESBeatriz LópezVicente López

FAGOTESJuan Carlos OteroManuel Veiga

TROMPASJorge OrtegaAlfredo VarelaXavier Ramón

TROMPETASJavier Simó

Ramón Llátser

TIMBAL

José Vicente Faus

VIOLÍNS IJames Dahlgren, concertinoAdriana Winkler, axuda de concertinoAnca Smeu, coprincipalIldiko Oltai axuda de concertinoAnna AlexandrovaIlya FisherClaudio GuridiVictoria JurovDaniel KordubayloYulia PetrushevskayaMichal Tyczel

VIOLÍNS IIGrigori NedoboraNikolay VelikovSamira CrnkicIrina GruiaKiyoko OhashiEnrique RocaHelena SengelowElina ViksneGyula Vadaszi

VIOLASTilmann KircherNatalia MadissonOxana BakulinaIonela CiobotaruTimur SadykovAnne Schlowwmacher

VIOLONCELLOSPlamen VelevBarbara SwitalskaMillán AbeledoCarlos GarcíaAilsa Lewin

Thomas Piel

CONTRABAIXOSCarlos MéndezAlfonso MoránOriol Xicart

EQUIPO TÉCNICO DA RFGCOORDINADORA DE ACTIVIDADES

Mariluz González

XEFE DE ESTUDIOS DA EAEM

Enrique Meyer

PRODUCCIÓN

Esther Calvo

ADMINISTRACIÓNAurora Díaz

ARQUIVEIRA

María del Carmen Lorenzo UTILEROFrancisco Fernández

Page 61: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

AUDITORIO DE GALICIA

CONSELLO REITORPRESIDENTE

Martiño Noriega Sánchez

CONCELLEIRA DE ACCIÓN CULTURAL

Branca Novoneyra

DIRECTORA-XERENTE EN FUNCIÓNS

Silvia Modia

PERSOAL

David AreánMª Jesús BustoSantiago CabreraRogelio FernándezMíriam F. LouzaoAntonio LiñaresCarlos MarcoteJosé MayoCarlos MillánÁngeles OteroAna PargaÁngela PereiraJavier RodríguezJosé RodríguezAntonio Vieites

CONSORCIO DE SANTIAGO

PRESIDENTE

Martiño Noriega Sánchez

VICEPRESIDENTES

Pilar Platero Sanz Román Rodríguez González

XERENTEBelén Hernández González

VOGAIS

Alfonso Rueda Valenzuela

Valeriano Martínez García

Mario Garcés Sanagustín

Fernando Benzo Sáinz

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Francisco Reyes Santiás

SECRETARIOFrancisco Javier Castiñeira Izquierdo

INTERVENTOREmilio Vázquez Salgado

UNIDADE ADMINISTRATIVALaura CastroBegoña VázquezMercedes SuárezEmilia DíazJorge SampayoElisa González

O Consorcio incorpora dentro dos seus programas, o financiamento e administración da Real Filharmoníade Galicia e da Escola de Altos Estudios Musicais

O noso agradecemento a Luis Soto, frautista da RFG, pola súa xenerosidade ao permitir o uso de imaxes do seu arquivo persoal para a elaboración deste catálogo.

Page 62: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN
Page 63: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN
Page 64: Catálogo 20 Aniversario de la RFG · MARÍA ESPADA Soprano · MARINA COMPARATO Mezzosoprano ENRICO INVIGLIA Tenor · FULVIO BETTINI Barítono CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA · JOAN

AUDITORIO DE GALICIAAvda. Burgo das Nacións s/n15705 Santiago de Compostela

DESPACHO DE BILLETESTel. 981 57 10 26 / 981 57 39 79

OFICINASTel. 981 55 22 90 / 981 57 41 [email protected]

www.rfgalicia.orgwww.compostelacapitalcultural.org

RealFilharmoniadeGaliciaCompostelaCapitalCultural

@rfgalicia@CCultura

Baixo o mecenado de: TELEVÉS