CEIBE 2015

40
www.orecantodeleo.org Revista Escolar do CEIP “A Lama” - ANO XXIX - Nº 30 | Curso Escolar 2014/2015

description

Revista Escolar do CEIP "A Lama"

Transcript of CEIBE 2015

Page 1: CEIBE 2015

www.orecantodeleo.org

Revista Escolar do CEIP “A Lama” - ANO XXIX - Nº 30 | Curso Escolar 2014/2015

Page 2: CEIBE 2015

LIM

IAR

C oma tódolos anos por estas da-tas, e xa van 29, chega ás túas mans a Revista Escolar CEIBE.

Este curso queremos dar continuidade e ampliación ao formato dixital escollido hai 3 anos. A escola está lanzada no ámbito da crea-ción audiovisual e os proxectos chegaron xa a tódalas aulas do centro, onde nenos e profesores se embarcaron a producir os seus vídeos co Proxecto Documental Inte-grado como nexo de unión. Este é un ano de cambios, pero tamén de continuidade. Os pasos están dados, e só nos queda seguir avanzando nun Proxecto Educativo no que cremos firmemente. Dende estas liñas dicir que a Educación ten que camiñar cos tempos que corren, e que por nós non vai quedar o de darlle a estes pícaros os mellores recursos que estean ao noso alcance. Algúns podedes pensar que estamos a fa-lar de ordenadores, tablets, encerados dixitais... pero en realidade do que fala-mos é de pór a nosa maior entrega e em-peño na nosa profesión, porque esa é a nosa vocación. Para calquera suxestión que consideres oportuna:

[email protected]

Page 3: CEIBE 2015

SUMARIO

4 O RECANTO DE LEO 24 de Outubro: Día das Bibliotecas Escolares | Mochilas Viaxeiras! | 23 de Abril: Día do Libro |

8 ENTREVISTAMOS A... Marta Couso e Rafael Sánchez-Agustino | Marcial Peso e Daniel Vidal |

10 ESTAMOS DE ESTREA... Vai polo Río Presenta o Cartaz: Tesouros Biolóxicos do Río dos Gafos II |

12 ENTREVISTAMOS A...

Daniel Vidal |

13 VISITÁRONNOS... AMFIV, Baloncesto en cadeira de rodas |

14 PDI: SEMENTA IDEAS, RECOLLE FUTURO Festa de Inicio do PDI | Xornada Escolar pola Paz | Día da Muller Traballadora | Os superpoderes dos alimentos | Os nosos libros do PDI | Así foi como plantamos A Ecoclínica | Materiais presentados | Da Semente ao Prato | Hortoconsellos |

31 OBRADOIRO DE ESCRITURA Plantación en Racelo | Enlace aos traballos

34 PREMIOS OLLOBOI 2015 Entrega de premios en Boiro

36 LETRAS GALEGAS Este ano homenaxeamos a... Xosé Filgueira Valverde

Page 4: CEIBE 2015

4 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]

O RECANTO DE LEO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

N a nosa escola levamos 5 anos conmemorando o Día das Bibliotecas Escolares, que case

sempre facemos coincidir co 24 de outubro. Un dos encargos que se lle fai aos nosos pequenos e profeso-res é o de preparar os espazos das aulas dedicados á bibliote-

ca dun xeito especial. Normalmente apoiámonos na temática do Proxecto Do-cumental, que este ano se titula “Sementa ideas, re-colle futuro”. Outra actividade que prepa-ramos é: “Que é unha bi-blioteca para ti?”

Para esta ocasión recuperamos o Conto Viaxeiro, e toda a escola cola-borou na súa creación.

Page 5: CEIBE 2015

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 5

MOCHILAS VIAXEIRAS CON LIBROS ELECTRÓNICOS!

A s mochilas viaxeiras arrancaron cunha novi-dade. Avanzando na iniciativa promovida pola Con-

sellería de Educación, E_LBE, e que nos dotou de lectores electrónicos, fixemos o esforzo de mercar máis unidades e así poder enviar ás casas un disposi-tivo por cada aula de primaria (pero só ás familias que asinaron o compromiso). A realidade é que funcionou moi ben. O profesorado implicouse nas primeiras semanas na procura de títulos para mercar e cargar nos libros, e cada dispositivo ten introducidas lecturas acordes coa idade do alumnado usuario desa mochila. A comezos de curso os Voluntarios fixeron unha rolda polas clases, xunto cos profesores encargados da Bi-blioteca, para lles informar das novidades.

Un apartado importante era o do funcionamento do dispositivo. Por algo foran eles os que os estiveran probando o curso anterior. O lector ía acompañado dun pequeno manual coas normas de emprego: para saber como cargar a bate-ría, se estaba permitido introducir libros a maiores dos que mercara o colexio, que facer ante as inci-dencias...

Page 6: CEIBE 2015

6 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

E sta efeméride é unha das máis esperadas po-los rapaces e rapazas da Lama. Como ven sendo tradición pola mañá organi-

zamos a actividade “Cóntoche un conto?”, que os voluntarios preparan con moito agarimo. En grupos de idades mesturadas percorren os distin-tos recantos da escola, onde se están a contar histo-rias. Pola tarde xuntámonos outra vez todos na Bibliote-ca, esta vez para participar en “Cámbiocho por un conto!” que como ben sabedes consiste en trocar unha creación literaria por un detalle co que Leo ob-sequia aos autores.

A nosa mascota, Leo, agardando polos traballos dos nenos

Page 7: CEIBE 2015

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 7

O Equipo de Voluntarios dedicoulle moito tempo a preparar os contos, que por mor das inclemencias do tempo tiveron que contar en distintos espazos dentro do colexio. As historias foron adaptadas por eles mesmos e confeccionaron todo o material que preci-saron para contalas: letreiros, ilustracións, monicreques... Outro grupo de alumnos, esta vez de 3º, nos deleitou cunha creación propia pola tarde, para o que empregaron o teatriño.

Page 8: CEIBE 2015

8 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]

O alumnado de 6º de primaria elaborou este ano unha chea de entrevistas. Dúas persoas ás que lles quixeron pre-

guntar distintas cuestións foron os mestres do centro: Marta Couso e Rafael Sánchez-Agustino. A desculpa? Que “dona Marta” deixa o cargo de directora do centro logo de 15 anos, e a releva-rá no posto o “profe Rafa”.

ENTREVISTAMOS A… MARTA COUSO e RAFAEL SÁNCHEZ-AGUSTINO

[ Entrevista a dona Marta ]

[ Entrevista ao profe Rafa ]

Page 9: CEIBE 2015

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 9

MARCIAL PESO e DANIEL VIDAL

O la, boas tardes! Atopámonos hoxe aquí, no campo de fútbol de Racelo, para entrevistar a Marcial Peso, presidente de A Lama SD, e a Daniel Vidal, tesoureiro e coordinador da

páxina web, con motivo do ascenso do equipo a 2ª autonómica.

P: Marcial, canto tempo levas sendo presidente de A

Lama S.D.?

M: Pois, con este ano fago dez anos de presidente.

P: Como chegaches a ser presidente?

M: Sendo directivo e Daniel de presidente, Daniel un

ano decidiu deixar a dirección do club e deixar o club

de lado porque estaba cansado; entón, nunha reunión

da xunta directiva fun escollido a dedo pola directi-

va, vamos, polo que estaba de presidente.

P: Daniel, e ti cantos anos levas sendo o tesoureiro?

[ Preme aquí para ver o resto da entrevista ]

Page 10: CEIBE 2015

10 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]

ESTAMOS DE ESTREA... TESOUROS BIOLÓXICOS DO RÍO GAFOS II

A lgo do que nos sentimos especialmente orgu-llosos na nosa escola é de poder colaborar ano a ano con distintas ONGs ou Asociacións que desenvolvan proxectos de actuación re-

lacionados co tema a traballar no PDI. O ano pasado a temática fora “Ríos e praias en boas mans”, e nós puxerámonos en contacto coa Asocia-ción “Vai Polo Río” de Pontevedra. Os cartos recollidos no Rastro Solidario da Xornada

Escolar pola Non Violencia e a Paz fóronlle entrega-dos, e eles prometeron que os empregarían para fi-nanciar a edición do cartel Tesouros Biolóxicos do Río Gafos II. A outra promesa: que a súa presentación mundial sería no CEIP “A Lama” e os nosos pícaros os primei-ros en coñecer que especies vexetais e animais foran as escollidas deste ano. Amancio Castro, Gonzalo Sancho e Pablo Carro, fo-

Page 11: CEIBE 2015

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 11

ron os encargados de preparar unha charla explicativa aos nosos pequenos, ademais de achegar-nos un lote de exemplares do cartel para as distintas aulas. Foi unha xornada moi interesan-te, polas novas especies que nos deron a coñecer, e coma sempre as anécdotas non nos deixaron de lado.

Page 12: CEIBE 2015

12 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]

C oma tódolos anos por estas datas celé-brase a “Festa dos Espantallos” no Ver-duxo, e como nós estivemos traballando este ano no colexio o “horto ecolóxico”

pensamos en pedirlle a Daniel Vidal que nos contara un pouco como se celebra esta festa. P: Cantos anos se leva celebrando esta festa? R: Pois empezamos no ano 2009, no 2010 tamén

ENTREVISTAMOS A… DANIEL VIDAL

[ Ver a entrevista completa ]

fixemos concurso de espantallos, no 2011 non fixemos. Fixemos outra exposición de carros do país e despois o 12, 13, 14 e agora o 15. Leva-mos seis anos facendo o concurso de espanta-llos. P: Cal foi a idea para empezar a celebrala? R: A idea viu dun documental que mirei na tele-visión de Galicia sobre unha exposición no con-cello de Covelo, tamén de espantallos, e valeu-me para trasladala aquí, porque estabamos a punto de inaugurar unha ruta...

Page 13: CEIBE 2015

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 13

Yamina 1º curso

O 27 de febreiro de 2015, viñéronnos visitar catro xogadores dun equipo de baloncesto en cadeira de rodas, o AMFIV de Vigo. AMFIV é unha asociación deportiva que leva 30 anos traballando no mundo do baloncesto en cadeira de rodas e 10 anos na máxima categoría nacional, aínda que teñen xogadores de todas as categorías e idades. Primeiro déronnos unha charla. Nela presentáronse e contáronnos cales eran as súas lesións: unhas de nace-mento, outras de accidentes... Tamén nos explicaron as normas do baloncesto en cadeira de rodas e as diferenzas co baloncesto a pé, e ca-les son as diferenzas entre as cadei-ras que usan e as do resto da xente. Despois da charla fixeron unha de-mostración no pavillón. A continuación deixáronnos probar as cadeiras e pareceunos moi difícil manexalas. Fixemos carreiras, xoga-mos con eles, intentamos encestar, e pasámolo moi ben. GRAZAS A CHEMA, KAROL, SANTI, FILIPE E NATXO, POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS!

Alumnos de 4º de Primaria

VISITÁRONNOS… AMFIV Baloncesto en cadeira de rodas

Page 14: CEIBE 2015

14 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO ALFABETIZACIÓN INFORMACIONAL E MEDIÁTICA EMPREGANDO A BIBLIOTECA COMO CENTRO DE RECURSOS AO SER-VIZO DA ESCOLA

D urante este curso escolar 2014/2015 desenvolvemos o noso 5º Proxecto Documental Integrado, este ano: “Sementa ideas, recolle futuro”.

Esta metodoloxía de traballo permítenos desenvolver as competencias clave dun xeito interdisciplinar e cunhas actividades que nos obrigan a flexibilizar en moitas ocasións os agrupamentos, permitindo o tra-ballo entre nenos de distintas idades. As novidades máis destacadas deste curso puideron ser a festa de ini-cio do PDI e os proxectos audiovisuais desenvolvidos por tódolos ci-clos. Nas seguintes páxinas poderedes dar boa conta destas e doutras crea-cións, así coma doutros materiais elaborados polo nosos alumnos du-rante a fase de procura e tratamento da información, ademais de ver o xeito de relacionar as conmemoracións que se suceden no ano co Proxecto Documental Integrado (Día das Bibliotecas Escolares, Día da

Page 15: CEIBE 2015

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 15

Paz, Día da Muller Traballadora...). A través deste percorrido puidemos achegarnos á agricultura ecolóxica, á industria alimentaria, á ex-perimentación co cultivo, ás especies vexetais e ani-mais que invaden os nosos ecosistemas, á asociación de cultivos, á saúde e aos bos hábitos alimenticios... E todo a través dun traballo que o que pretende é que nenos e nenas aprendan a empregar as fontes,

traten a información que nelas se atopa e a plasmen nas súas propias creacións. Logo virá a fase de expoñer o aprendido, para o que se terán que familiarizar cos medios audiovisuais e técnicos á súa disposición.

Page 16: CEIBE 2015

16 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]

P ara comezar o noso Proxecto, este ano deci-dimos facer unha festa na Alameda da Lama cuns obradoiros para os rapaces e convidan-do ás familias a que nos acompañaran nesta

data. Para ter unha imaxe máis precisa do que aconteceu vos deixamos cun vídeo que ten como banda sonora a canción de Mamá Cabra: “Todo Natural”

[ Festa Inicio PDI ]

Os rapaces repartíronse en 5 obradoiros: musical, de aromas, modelaxe, escritura e alimentario, e foron rotando en grupos mesturados en idades.

FESTA INICIO DO PDI

Page 17: CEIBE 2015

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 17

O 30 de xaneiro conmemórase a Xornada Es-colar pola Paz e a Non Violencia. Este ano a ONG escollida para facerlle en-

trega do recadado foi Mans Unidas de Pontevedra. Os cartos serán empregados en concreto para axudar a financiar un proxecto en Uganda, que consiste en fomentar a agricultura sostible para mellorar a eco-nomía familiar.

Como ven sendo tradicional, fixemos un vídeo en Time Lapse do proceso de elaboración dos traballos.

[ Time Lapse polo Día da Paz ]

A música para esta ocasión prestóunola o cantautor madrileño, Luis Guitarra, coa súa canción:

“Todo es de todos”

XORNADA ESCOLAR POLA PAZ

Page 18: CEIBE 2015

18 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]

O día 5 de marzo, para conmemorar o Día da Muller Traballadora, viñeron dú-as mulleres ao colexio. Unha chamába-se Sara e a outra Gloria.

Sara cultivaba un horto de xeito ecolóxico e ex-plicounos como se consigue protexer o cultivo sen o emprego de produtos químicos, que plan-tas axudan a outras plantas... Tamén nos falou dos alimentos transxénicos e os

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

seus perigos. Gloria cociñaba alimentos orgánicos, e ía buscar á horta de Sara os froitos e verduras que preci-saba. Preguntamos moitas cousas, e para cada pregun-ta tiñan a explicación. Moitas grazas a Sara e a Gloria pola información que nos souberon transmitir!

Page 19: CEIBE 2015

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 19

T ódolos nenos de Educación Infantil se xunta-ron para produciren unha curta de anima-ción en Stop Motion.

A novidade sería que eles mesmos farían de persona-xes movéndose por un escenario que semellaba de cómic, vestidos como os súper heroes e os malvados que loitan contra eles.

OS SUPERPODERES DOS ALIMENTOS Educación Infantil

Durante a investigación chegaron á conclusión de que os alimentos que comparten cor tamén compar-ten certas propiedades e sustancias, que son boas para a nosa saúde: o betacaroteno, a antocianina, o licopeno, a alicina e a luteína. [ Clic aquí para ver Os Superpoderes dos Alimentos]

Page 20: CEIBE 2015

20 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]

Foi un traballo duro, pero ao final conseguírono. Alumnos e mestres están moi orgullosos do resulta-do. A animación estase a converter nunha das especiali-dades destes pícaros, que ademais poñen voz ás per-sonaxes que eles mesmos interpretan. Os profes tamén se animaron a pór as súas voces nesta creación.

Page 21: CEIBE 2015

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 21

OS NOSOS LIBROS DO PDI Educación Infantil

O s nosos pequenos de Infantil traballaron arreo no Proxecto Documental. Entre as súas producións están tamén estes

tres libriños en PDF aos que podes acceder facendo clic nas imaxes.

Page 22: CEIBE 2015

22 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]

ASÍ FOI COMO PLANTAMOS Primeiro Ciclo

E ste curso, aos alumnos do 1º ciclo tocoulles pór mans á obra! Como podedes ver nestes debuxos plantamos varias

hortalizas nas macetas. Puxemos plantóns e non sementes, porque tardan máis en saír e ademais son moi delicadas para o tempo no que plantamos. A continuación, imos a contar cales foron os pasos que segui-mos para a nosa plantación. O primeiro, foi ir a buscar a terra que puxemos nas macetas.

Nere

a d

e 1

º

Page 23: CEIBE 2015

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 23

En segundo lugar, colocamos unhas pedriñas no fondo das macetas para que a terra non tupa os buracos que teñen e así, que a auga poida saír e non quede encorada. Seguindo coa plantación, fixemos uns buraqui-ños na terra e alí colocamos os nosos plantóns e cubrímolos con máis terra ata quedar a raíz ben

tapadiña. E para rematar, regámolas. Dende entón, cada dous ou tres días miramos se precisan auga e sacámolas ao exterior a tomar un pouco de sol.

Ana d

e 2

º

Carlos de 2º

Luís de 1º

Page 24: CEIBE 2015

24 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]

A ECOCLÍNICA Primeiro Ciclo

U n dos proxectos que máis entusiasmou aos rapaces de primeiro ciclo de primaria foi a súa creación audiovisual “Ecoclínica”.

Como grandes actores e actrices que son, puxeron todo o seu empeño e sacaron adiante esta pequena curta na que nos contan cales son os beneficios das froitas e verduras na nosa dieta. A escena transcorre nunha aula e na consulta do mé-dico. Os nenos sofren certos padecementos para os que os doutores receitan: lentellas, coliflor, mazá... De seguro que xa están pensando no curso que ven.

[ Clic aquí para ver A Ecoclínica ]

Page 25: CEIBE 2015

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 25

MATERIAIS PRESENTADOS

A o longo do curso, por uns e outros motivos chegaron a nós unha serie de presentacións que foron empregadas como apoio visual para nos transmitir información.

Mans Unidas contounos en que consiste o seu traba-llo, e aportounos moitos datos sobre a situación da pobreza e a desigualdade no mundo. Vai Polo Río presentou o seu cartel Tesouros Biolóxi-co do Río Gafos II e os seus membros fixeron un per-corrido polas especies vexetais e animais que queren destacar nesta 2ª edición. O alumnado de 3º ciclo contounos as diferenzas na agricultura ao longo da historia coa presentación: Moito máis que comida!

Page 26: CEIBE 2015

26 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]

DA SEMENTE AO PRATO Segundo Ciclo

E n segundo ciclo decidiron que querían obser-var os cambios que se ían producir nun horto durante o curso.

Con tal motivo elaboraron este vídeo que mestura varias técnicas: animación, fotografía, interpreta-ción, dobraxe de voz en off...

[ Da Semente ao Prato]

E non nos esquezamos da propia preparación do hor-to, para o que escolleron un dos patios interiores no que tiveron que botar terra, traer esterco, preparar a composteira.

Todos feitos uns pequenos agricultores!

Page 27: CEIBE 2015

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 27

COMO ELABORAMOS UN HORTO OS NE-

NOS E NENAS DE 2º CICLO?

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º aprendemos a facer un horto. Queredes saber como o fixe-mos? Estes foron os pasos que seguimos:

1º Eliximos o sitio onde iamos facer o horto.

2º Preparamos o terreo: cavamos e quitamos as

malas herbas, pedras, cristais...

3º As malas herbas botámolas nunha compostei-

ra para facer esterco.

4º Botamos terra que nos trouxeron do monte,

porque o terreo era pedregoso.

5º Fixemos regos cun legón.

6º Botamos esterco de coello.

7º Cubrimos con terra e puxemos as sementes: grelos, coles, acelgas, tomates, feixóns, caba-

zas, fresas e chícharos.

8º Cubrimos novamente cun pouco de terra.

9º Regamos.

10º Decoramos o horto con troncos e pedriñas

brancas.

Agora só falta esperar a que medren as hortali-zas!!

Alumnado de 2º ciclo de Primaria

Page 28: CEIBE 2015

28 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]

VISITA Á GRANXA-ESCOLA DE ATALAIA

O día 17 de novembro fomos visitar unha granxa-escola e nada máis chegar os monitores fixeron 3 grupos. Primeiro fomos ver os animais. Eran moi bonitos. O que máis me gustou foi o burro, que se cha-maba Mariano. Pero había moitos máis como ga-liñas, parrulos, perdices, faisáns, dous cabalos, cabras, un becerro, ovellas, porcos... Démoslles de comer pan, aínda que alí xa tiñan comida, pero gustáballes máis o pan. A continuación fomos plantar coles. Para iso ti-vemos que facer regos, botar esterco, colocar a col e tapar con terra. De aí pasamos ao invernadoiro no que reutiliza-mos botes de iogur para sementar. O primeiro paso foi botar esterco e un pouco de terra. Nu-nha mesa, tiñan as sementes: grelos, repolos,

cabazas... eu sementei grelos. Tamén visitamos outro invernadoiro no que vi-mos moitas plantas que se regaban cunhas man-gueiras furadas das que saían gotas; este siste-ma chamábase rego por goteo, así aforras moita auga. Por último, fixemos unha crema de castaña. As cas-tañas xa estaban cocidas, pelámolas, machacámolas e botámolas nun bote con auga, azucre e unha barra de vainilla para bater co batedor. Parecía marmela-da! Estaba moi rica! Nesta excursión aprendín moitas cousas: sementar, plantar, cociñar, e algunhas características dos ani-mais autóctonos de Galicia. Ademais paseino moi ben cos meus amigos e amigas.

Lucía Cordeiro 3º de Primaria

Page 29: CEIBE 2015

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 29

I nmersos nesta actividade creadora no ámbito audiovisual, os rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria produciron dous vídeos que vos presen-tamos e que titularon “Hortoconsellos”.

O tema máis concreto da súa investigación era a asociación de cultivos, e como estes poden benefi-ciarse organizándoos correctamente. Con esta moti-vación procederon a elaborar os guións e a repar-tírense as tarefas a desempeñar durante a produ-

HORTOCONSELLOS Terceiro Ciclo

ción: actores e actrices, técnicos de son, cámaras, axudantes de dirección, atrezzo... O resultado podédelo xulgar nestes dous enlaces que vos deixamos a continuación, e nas imaxes que acom-pañan estas liñas e que fan testemuña do desenvolvi-do.

[ Hortoconsello 1 ]

[ Hortoconsello 2 ]

Page 30: CEIBE 2015

30 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]

Page 31: CEIBE 2015

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 31

OBRADOIRO DE ESCRITURA Alumnado de 6º

D urante o curso 2014/2015 o alumnado de sex-to de primaria tivo un obradoiro de escritura coas mestras Luísa Cancelas e Raquel Sán-chez.

Neste tempo redactaron novas para a revista, escribi-ron contos, obras de teatro e compuxeron o conxunto de preguntas para as entrevistas que se inclúen nesta revista.

Para chegar a todos eses contidos podes explorar as carpetas deste DVD e entrar na que pon:

[ OBRADOIRO_6 ]

Agardamos que vos pareza interesante a experiencia.

Page 32: CEIBE 2015

32 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]

PLANTACIÓN EN RACELO

O día 12 de Marzo de 2015, os nen@s do colexio da Lama, 92 en total, fomos plantar árbores a Racelo.

Ao redor das 10:00 tódolos nen@s, no patio do colexio, fomos distribuídos en grupos, formados por alumnado de todos os niveis. Unha vez que xa sabiamos a que grupo perten-

ciamos, dirixímonos ao autobús para ir a Racelo, a unha finca que estaba ó lado do campo de fút-bol. Alí, primeiro o garda forestal, Antonio, deunos unha pequena charla, e posteriormente pasamos á plantación. Xa tiñamos os buracos feitos, e os nen@s colabo-ramos na plantación de cincuenta árbores. Ta-mén estaban alá xente do concello, persoas do obradoiro, dous gardas forestais e protección

Page 33: CEIBE 2015

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 33

civil. Ás árbores que se plantaron en Racelo foron: carballos, biduei-ros, madroños e liquidámbar. Ao rematar de plantar, os nen@s do colexio fomos ver outras árbores, que plantaran outros compañeir@s. Estivemos alí xo-gando e merendando, despois como tiña pinta de que ía chover, volvemos ao colexio para comer.

Romina 6º

[ VÍDEO DA PLANTACIÓN ]

Page 34: CEIBE 2015

34 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]

PREMIOS OLLOBOI RANILDA NOMINADA EN DÚAS CATEGORÍAS

U n ano máis o Festival Audiovisual Galego Olloboi levounos a Boiro para participar na gala de entrega de premios.

A curta de animación Ranilda, elaborada polos alumnos do colexio a finais do curso pasado, es-taba “nominada” nas categorías Animado e Zam-burrioi. Estaba moi difícil, pola calidade dos tra-ballos presentados, e ao final non houbo sorte. Parabéns aos galardoados.

[ LISTA DE PREMIADOS ]

Page 35: CEIBE 2015

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 35

Page 36: CEIBE 2015

36 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

N o “Día das Letras Galegas” quixemos achegarnos dun xeito especial á vida e obra de tan ilustre personalidade da cultura galega. Pois ben, a xornada co-

mezou no Museo de Pontevedra, visitando a ex-posición “Un faro na construción de Galicia”. Sabela Santos Filgueira, que ademais de mem-bro do Gabinete Didáctico do museo, é neta de

D. Xosé, foi a encargada de nos recibir e contar-nos moitas curiosidades do seu avó. Xosé Fernando Filgueira Valverde naceu en 1906 e morreu no ano 1996 aos 90 anos de idade. Casou con María Teresa Iglesias en 1938 e tivo cinco fillos. Foi profesor de instituto e alcalde de Pontevedra, chegando a conselleiro de Cultu-

Page 37: CEIBE 2015

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 37

Paula

de P

rim

ari

a

Nerea 1º de Primaria

ra. Tamén foi fundador do Seminario de Estudos Gale-gos e do Instituto Padre Sarmiento, converténdose no director do Museo de Pontevedra e presidente do Consello da cultura galega. Soubemos das súas distincións, entre as cales desta-can as medallas de ouro de Pontevedra e Santiago, numerario da Real Academia da Historia e obras moi importantes como “Andral” e “Agromar”, acadando un recoñecemento como figura senlleira de Galicia no século XX. Logo de contemplar a exposición fixemos un roteiro por Pontevedra, que nos levou a visitar a casa onde naceu e viviu toda a súa vida, a Basílica de Santa María, a Casa do Concello de Pontevedra, as Ruínas de San Domingos e o Instituto de Pontevedra, por seren todas estas localizacións indispensables para un achegamento á figura de Filgueira Valverde.

Page 38: CEIBE 2015

38 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]

Para rematar, puidemos escoitar a testemuña de Rafael Sánchez-Agustino, pai do noso profe Rafa, que foi alumno e profesor no instituto de Ponteve-dra cando o dirixía por D. Xosé Filgueira. A través de fotos, descricións e anécdotas puide-mos completar un pouco mellor o perfil da súa per-soa, no mesmo salón de actos que tantas, e tantas veces pisou o autor homenaxeado. Rematamos a xornada comendo de bocata moi pre-tiño, no parque das Palmeiras de Pontevedra, e algúns nos puidemos facer unha foto no mesmo si-tio que escollera D. Xosé cos seus compañeiros de clase nos anos 20: nas escaleiras da Deputación de Pontevedra. Se premedes na imaxe superior podedes abrir o li-bro que elaboraron os pequenos de Educación In-fantil, que está cheo de actividades que eles mes-mos se encargaron de resolver.

Page 39: CEIBE 2015

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 39

ESTA REVISTA ESCOLAR “CEIBE” EDITOUNA O

EQUIPO DE DINAMIZACION LINGUISTICA DO CEIP “A LAMA”

COORDINADOR

Rafael Sánchez-Agustino Rodríguez

MEMBROS DO EQUIPO 2014/2015

Ed. Infantil | Cristina Campos Pérez

1º Ciclo | Teresa Couto Paz e Araceli García Fuentes

2º Ciclo | Mónica Fernández Vidal e Luísa Cancelas Lemos

3º Ciclo | Ana Isabel Loureiro López e Raquel Sánchez Vázquez

DESEÑO, TEXTOS, MAQUETACIÓN e NAVEGACIÓN

Rafael Sánchez-Agustino Rodríguez

Cristina Campos Pérez

FOTOGRAFÍA

Rafael Sánchez-Agustino Rodríguez

Cristina Campos Pérez

Teresa Couto Paz

Andrea Lafuente Garrido

VÍDEOS e PDFs

Rafael Sánchez-Agustino Rodríguez

Cristina Campos Pérez

Tania Rivas García

Teresa Couto Paz

Irian Blanco Babarro

Marta Couso Carballude

Andrea Lafuente Garrido

Luisa Cancelas Lemos

Mónica Fernández Vidal

Ana Isabel Loureiro López

Raquel Sánchez Vázquez

TRABALLOS ESCOLARES

Alumnos de Infantil e Primaria do CEIP “A LAMA”

LABORATORIO DA COMUNICACION CEIP “A LAMA” - www.orecantodeleo.org

´

´ ´ ¨

Page 40: CEIBE 2015

Aqueles marabillosos anos...