Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

36
Centro Dramático Galego en coprodución con Teatro do Noroeste coa colaboración da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia Dossier de prensa

Transcript of Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

Page 1: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

Centro Dramático Galegoen coprodución con

Teatro do Noroestecoa colaboración da

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

Dossier de prensa

Page 2: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

CDG_13-14

Comunicación. AgadicCidade da Cultura de Galicia. Monte Gaiás, s/n

15707 Santiago de CompostelaTel. 881 996 073 / 092

[email protected]

Centro Dramático GalegoSalón Teatro. Rúa Nova, 34

15705 Santiago de CompostelaTel. 981 581 111

[email protected]

Page 3: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

CDG_13-14

Comunicación. AgadicCidade da Cultura de Galicia. Monte Gaiás, s/n

15707 Santiago de CompostelaTel. 881 996 073 / 092

[email protected]

Centro Dramático GalegoSalón Teatro. Rúa Nova, 34

15705 Santiago de CompostelaTel. 981 581 111

[email protected]

Page 4: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

ÍndicePresentación............................................4

A coprodución.........................................6

Ficha artística.........................................9

Funcións..................................................10

Sinopse......................................................12

Roberto Vidal Bolaño, o autor.....14

Eduardo Alonso, o director...........19

Elenco.......................................................21

Alejandro Carro

Laura Míguez

Fernando González

Victoria Pérez

Equipo artístico...................................28

Paco Conesa

Bernardo Martínez

Multimedia............................................30

Page 5: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

Page 6: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

PresentaciónTouporroutou da lúa e do sol (farsada choqueira para actores e bonecos, ou viceversa). Catro titiriteiros contan, axudados dos máis diversos elementos, historias sobre a orixe certa da lúa e o sol e dos días e as noites, do diluvio universal e de como acertar cos tesouros e tratar os mouros, as fadas e sobre todo as serpes e os xi-gantes que gardan os tesouros. E como, ao cabo, débese usar o mellor tesouro que é a imaxinación e que non hai ningún outro de máis mérito no Universo Mundo. Todo aderezado por Roberto Vidal Bolaño, aínda que pasado un chisco polo señor Álvaro Cunqueiro.

Na nosa proposta escénica quixemos salientar principalmente dous aspectos, o que a obra ten de teatro dentro do teatro sendo, dalgún xeito, unha homenaxe choqueira aos que nos dedicamos a esta arte, home-naxeándonos ao través dos cómicos correcamiños que con poucos medios e escasas destrezas poñen en pé os seus espectáculos, maiormente baseados en textos alleos ou collidos de vellos libros ou de lendas que son contadas por bocas vellas. Para incidir nesta cuestión, engadimos ao texto unha cantiga:

Andamos vilas e pobos,a pé, en burro ou en carro.Camiños de lama e barrosen medo a bestas e lobos.

Montamos as nosas farsas,vinde nenos e máis nenas,

deixade todos as penasque chegaron as comparsas.

Hoxe botarvos podemosunha de trasgos e mouros,ou tamén a de tesouros,ou a de fadas e demos.

Pero quedaredes pampos,coa que hoxe imos contar,cando Deus deu por crear

montañas, mares e campos.

Como chegamos, marchamos,despois de pasar a pucha,metede a man na hucha

que algunha présa levamos.

Catro actores incorporan unha multitude de personaxes, ás veces con acerto, ás veces pillados polo tempo, pero a súa intención é boa, poñer a disposición de nenos, nenas e maiores os contos e as lendas que nos explican quen somos, onde estamos ou mesmo cara a onde imos. Como son cómicos de carro e estrada que, chegados a un pobo ou vila, montan o seu cutre estaribel, convocan un público ocioso e curioso e pó-ñense ao labor, nós coidamos que un círculo de terra era a mellor forma de simbolizar todas as prazas de todos os pobos e vilas recorridas por tan extravagantes personaxes; e un carro, símbolo do seu quefacer e do seu deambular polo universo mundo, tiña que ser, claro está, un carro tipicamente galego coas súas che-das, a súa cabezalla, as súas chavellas e a súas chumaceras. Precisamente para a construción do carro, te-mos que agradecer ao Seminario Permanente con sede no IES A Sangriña da Guarda (Pontevedra) �Elabo-ración de material didáctico multimedia e interactivo: el carro gallego� os espléndidos planos técnicos que elaboraron e que foron esenciais para o noso traballo de reconstrución do carro. A nosa gratitude aos com-poñentes de dito seminario: Antonio Lomba Baz, coordinador e profesor de Tecnoloxía; Javier Crespo González, profesor de Xeografía e Historia; Ramón Quiroga Barro, profesor de Lingua Galega; Ramón Delgado Sotorrío, profesor de Bioloxía e Xeoloxía, e María José Saborido Ferro, profesora de Inglés.

Eduardo AlonsoTeatro do Noroeste

Page 7: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

Page 8: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

Unidade de produción teatral adscrita á Xunta de Galicia, o Centro Dramático Galego (CDG) comezou a súa tra-xectoria en 1984 co obxectivo de contribuír á normalización e regularización da actividade teatral galega. Desde entón, o CDG vén desenvolvendo un constante traballo de produción e distribución de espectáculos teatrais.

Foi en 1991 cando a compañía pública se presentou diante dos espectadores como centro artístico de produción do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM). A súa adscrición a este organismo da Consellería de Cultura facilitou a consolidación do teatro institucional como un proxecto complementario e harmónico res-pecto do resto da escena galega. Desde xuño de 2008, o CDG forma parte da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic),entidade que sucede ao IGAEM asumindo e ampliando as súas competencias.

Nestes case 30 anos de historia, as principais liñas de programación do Centro seguiron varias direccións: recu-peración dos nosos autores fundamentais, presenza dos dramaturgos galegos contemporáneos, incorporación á escena galega de grandes nomes da literatura dramática universal de todos os tempos, promoción do teatro in-fantil e proxección exterior do noso teatro, entre outras.

O sistema habitual de funcionamento da compañía é o concurso dun director de escena convidado xunto co elenco interpretativo e o equipo artístico que se contratan segundo as necesidades de cada unha das produ-cións. Nelas tamén se involucra un equipo técnico da Agadic (talleres, son e iluminación, estrutura escénica, tre-moias, vestiario etc.).

O CDG encárgase ademais da xestión do Salón Teatro de Santiago, único espazo de exhibición escénica de titu-laridade exclusiva da Xunta de Galicia. Nel a compañía pública desenvolve desde 1999 un amplo período de re-presentacións con cada un dos seus novos espectáculos.

Compañía creada por Luma Gómez e Eduardo Alonso, profesionais cunha dilatada experiencia teatral, que come-zou a súa actividade en 1987. Ten realizado máis de 32 montaxes teatrais, tanto de textos clásicos como Medea de Eurípides, Rei Lear, Macbeth ou Noite de Reis de William Shakespeare; e de autores contemporáneos, basica-mente galegos, coma Unha rosa é unha rosa de Suso de Toro, A grande noite de Fiz de Miguel Anxo Murado ou Campo Sur de Lino Braxe, entre outros.

Ten tamén producido espectáculos musicais como Imperial: Café Cantante. Vigo 1936 e Glass City (Cidade de Cristal), de Eduardo Alonso.

Recibiu o premio Max de textos teatrais polas montaxes Extrarradios (Comedia das mulleres desamparadas) e Últi-mo cowboy, os dous de Eduardo Alonso.

Non é a primeira vez que Teatro do Noroeste aborda un texto infantil; xa o fixera, no seu día, con O país acuático e posteriormente con Piratas, os dous de Eduardo Alonso. Pero agora volve a este importante xénero teatral con renovado pulo e encara o texto de Roberto Vidal Bolaño Touporroutou da lúa e do sol.

Centro Dramático Galego

A coprodución

Teatro do Noroeste

A Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia é un centro superior de ensinanzas artísticas de titulari-dade pública, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Como tal, ofrece na súa sede de Vigo as titulacións propias dos estudos superiores de arte dramática nas especialidades de Interpretación, Dirección de Escena, Dramaturxia e Escenografía.

Esta coprodución entre o CDG e Teatro do Noroeste incorpora ao seu elenco actores recentemente titulados po-la ESAD, que tamén colabora nesta proposta a través da elaboración do caderno pedagóxico.

Escola Superior de ArteDramática de Galicia

Page 9: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

Page 10: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

Ficha artística

AutoríaDirección e iluminación

Elenco (por orde alfabética)Alejandro Carro

Fernando González

Laura Míguez

Victoria Pérez

Equipo artísticoDirección e composición musical

Escenografía e vestiarioProdución

Axudante de direcciónDeseño gráfico do cartel

Caderno pedagóxico

Construción de escenografía e atrezzoConstrución de vestiario

FotosSevizo técnico en xira

PrensaGabinete de imaxe e comunicación

Roberto Vidal BolañoEduardo Alonso

Ramiro de Blas, O Rei dos Demos, Deus Pai, O DemoNovo, O Tesouro nun Saco, O Xigante

O Sol, Belcebú, O Demo Vello, O Tesouro de Ouro,O Raparigo, O Anano, O Emperelixado

A Lúa, Un Anxelote, A Mociña, A Serpe, A Tesoira dePrata, A Rapariga, A Fada

Catarina de Siena

Bernardo MartínezPaco ConesaEva AlonsoLuma GómezAlejandra Lorenzo (Instituto Santiago Apóstol doCentro Galego de Bos Aires)Roberto Pascual (Escola Superior de Arte Dramática de Galicia)Técnicos CDG � AgadicModistas CDG � AgadicTino Viz (Margen Fotografía)R.T.A. (Recursos Técnicos Artísticos, S. L.)Gabinete de Comunicación da AgadicTrisquelia

Centro Dramático Galego en coprodución con Teatro do Noroestecoa colaboración da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

Page 11: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

Page 12: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

Funcións

Salón Teatro, do 4 ao 20 de outubroEstrea: venres 4, ás 19.00 h

Funcións familiares:sábados 5, 12 e 19 e domingos 6, 13 e 20, ás 18.00 h

Funcións escolares:Martes 8 e 15, mércores 9 e 16, xoves 10 e 17, e ven-res 11 e 18, ás 10.00 e ás 12.00 h

BRAGA (Portugal). Theatro Circo, xoves 24 de outubro

ÉVORA (Portugal). Teatro Garcia de Resende, sábado 26 de outubro

COIMBRA (Portugal). Teatro Académico Gil Vicente, xoves 31 de outubro

Xira*

PORTO (Portugal). Teatro do Campo Alegre,sábado 2 de novembro

NARÓN. Pazo da Cultura, domingo 15 de decembro

LUGO. Auditorio Municipal Gustavo Freire, xoves 26 de decembro

Santiago de Compostela

Venda de entradasAs entradas para asistir ás funcións familiares de Touporroutou da lúa e do sol no Salón Teatro de Santiago (Rúa Nova, 34) póñense á venda no des-pacho de billetes, que abrirá ao público dúas horas antes do comezo do espectáculo.O prezo das localidades é de 10 euros (cun descon-to do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xove e desempregados), e de 5 euros o do-mingo, día do espectador.

*Distribución aberta á incorporación de novas funcións

Page 13: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

Page 14: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

Sinopse

Page 15: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

Sinopse

Page 16: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

Nace en Santiago de Compostela, no barrio de Vista Alegre. A súa familia materna mantivo unha actividade vinculada co rural, mentres que a súa familia paterna, instalada na céntrica rúa do Vilar, no núcleo histórico da cidade, estivo relacionada profesionalmente co co-mercio.

Quizais nesta data poida encadrarse o primeiro em-prego de Roberto Vidal Bolaño, que combinou os seus estudos no Instituto Xelmírez con diversos traballos de contable, dependente ou repartidor en varias pe-quenas empresas da cidade compostelá, o que lle per-mitiu ter unhas grandes vivencias e coñecer moitas persoas que haberían inspiralo para a escrita das súas obras teatrais. Nesta época comeza a tomar contacto tamén co cine, milita nas Xuventudes Obreiras einíciase na escrita teatral con O xogadeiro, un breve ale-gado en prol da mellora das condicións da clase obrei-ra, inspirado no ambiente revolucionario que podía chegar da Francia do maio do 68, mais nunha España aínda baixo un réxime ditatorial e unha censura.

Marcha ao servizo militar obrigatorio, do cal regresa dous anos máis tarde. Entre esta paréntese obrigada e infrutuosa con destino en Melilla, Vidal Bolaño come-za a facer cine co equipo Lupa e teatro co grupo Obradoiro, antecedente da súa primeira compañía, Antroido. O espectáculo Amor e crimes de Xan o Panteira, a partir do texto de Eduardo Blanco Amor e no que actuaban 8 compoñentes, xunto ao propio Vidal Bolaño, comezou a ser ensaiado polo grupo Obradoiro, pero xa foi presentado a partir de 1974 bai-xo o selo de Antroido, por exemplo na 3ª Mostra de Teatro en Galego, en Ribadavia, o 23 de maio de 1975.

Funda, con Xaquín García Marcos, Teatro Antroido, que nun primeiro momento foi un numeroso grupo de afeccionados pero que, durante as Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia (1973-1980), decide profesionali-zarse para dignificar o traballo das persoas que queren vivir deste oficio e diferencialo daqueles colectivos que facían teatro só como actividade altruísta no tempo de lecer, militancia galeguista ou reivindicación cultural. Tamén é decisivo o feito de que Roberto perda o seu traballo na banca no ano 1977.

Gaña o IV Premio Abrente de textos teatrais coa obra Laudamuco, señor de ningures. Este galardón será moi positivo para o ánimo e a confianza de Roberto Vidal Bolaño como dramaturgo, quen continuará esta tarefa

Caprice des dieux.Montaxe de Teatro Antroido (1985)Foto: Tino Viz. Por cortesía daAsociación Roberto Vidal Bolaño

RobertoVidal Bolaño

O autor

en anos sucesivos, escribindo obras como Ledaíñas po-la morte do meco ou Memoria de mortos e ausentes. Volverá a facerse co mesmo premio na 8ª e derradeira edición, en 1980, con Bailadela da morte ditosa. Se na primeira podemos atopar unha crítica ao franquismo dende a construción dun tirano dexenerado, na última será a morte a que nos presente un conxunto de esce-nas traxicómicas e mesmo liberadoras, que foi levada a escena pola Cooperativa Teatro do Estaribel, formada por Andrómena e Antroido, con dirección de Eduardo Alonso.

Roberto Vidal Bolaño escribe e dirixe para o CDG unha obra de encarga sobre Rosalía de Castro: Agasallo de sombras. O espírito inconformista, o desexo por arris-car e a querenza de Vidal Bolaño por lle conceder liber-dade á escena para facer evolucionar a súa creación, van dar unha visión desta gran figura da nosa literatu-ra que non vai agradar a certos sectores conservadores do galeguismo. Nalgunha entrevista, Roberto Vidal Bolaño, que ata este momento traballara en proxectos moi distintos coma Percival (1983) ou o propioTouporroutou (1982), ten declarado que a súa forma de crecer na arte e mellorala era saír das zonas de con-fort, é dicir, abandonar a comodidade e non estancar-se, para non afacerse a unha forma de crear e así fo-mentar a autoesixencia a partir da incomodidade. Esta forma de entender o traballo para evolucionar como grupo teatral e tamén conquistar novos públicos expli-ca que a súa arte teatral non estivese subordinada a ningún outro valor maior cá honestidade e os valores que os personaxes, ás veces tirados de ambientes mar-xinais, expoñan nas súas accións e conflitos. A visión desta Rosalía ficcional e as declaracións que o propio Vidal Bolaño realizou na xira do espectáculo en contra da política teatral da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia provocaron unha crise no proxecto teatral e no propio teatreiro.

A piques de desaparecer Antroido, coma un xeito case de queimarse ao bonzo, Vidal Bolaño colle o nariz ver-mello e adopta o papel de bufón para escribir e inter-pretar Caprice des dieux, co subtítulo de Discurso cívico para actor e bonecos ou fíxoa boa o conselleiro. Vidal Bolaño puxo de relevo con este espectáculo que o tea-tro é unha ferramenta poderosa, que a ironía é un bo punto de partida para analizar a realidade e rir tamén dun mesmo ou das circunstancias, como fai nesta oca-sión, acompañado por atrezzo e bonecos de toda unha traxectoria intensa adicada á paixón teatral, ao debate,

1950

1962

1971

1974

1976

1984

1985

Page 17: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

Page 18: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

á conquista dunha cultura propia e de certas canles de distribución e produción para o teatro en Galicia.

Ata ese ano, Roberto Vidal Bolaño vive en certo modo apartado da vida teatral, mais non desconectado doteatro, porque ninguén pode rachar nunca, por moi fe-rintes que sexan os contratempos, co que ama, precisa para vivir e cre importante para si e para a súa xente. Por motivos de todo tipo e por algúns quizais tamén de índole persoal como a separación da súa primeira muller, a actriz Laura Ponte, acaba desaparecendo Teatro Antroido. Tan só escribirá un monólogo inspira-do nas pésimas condicións dos emigrantes galegos en Alemaña �Cochos, para Vicente Montoto� no ano 88 e traballará no espectáculo Salomé, de Oscar Wilde, xunto cos membros da compañía Chévere, para o CDG no ano 89. A maior parte da súa actividade labo-ral estivo relacionada durante esta etapa coa dobraxe e cos traballos no audiovisual.

No 93 ábrese unha nova e estimulante etapa que volverá a reanimar ao teatreiro para emprender unha nova aven-tura empresarial coa súa nova compañeira, Belén Quintáns. Gaña o premio Álvaro Cunqueiro con Saxo te-nor e realiza unha gran posta en escena con escenogra-fía realista que representa unha praza do extrarradio du-nha cidade, con estética moi cinematográfica, dese cine

negro ou policial repleto de antiheroes que se arrepoñen con dignidade aos malos agasallos que a vida e as súas inxustizas lles deixa. Ese mesmo ano resulta gañador do outro certame teatral máis importante de Galicia, o Rafael Dieste, coa obra Días sen gloria.

Co título de Réquiem, o seu texto Doentes resulta finalis-ta no Premio Tirso de Molina, o que vén a poñer de rele-vo a súa creación dramatúrxica a nivel estatal, onde xa era ben coñecido grazas á presentación do seu traballo na Sala Olimpia de Madrid ou de resultar finalista no Nacional de Literatura do ano 1993 con Días sen gloria. Outras vías importantes para a difusión das súas obras textuais e escénicas fóra de Galicia van ser a Muestra de Autores Contemporáneos de Alacante, a Asociación de Directores de Escena de España (ADE), etc.

Aínda que a escrita propia para a escena ocupa en gran medida a actividade profesional de Roberto Vidal Bolaño, a diversificación da oferta e as adaptacións, ver-sións ou variedade de formatos e xéneros son patentes ao longo desta década. No ano 1994, por exemplo, a súa nova compañía Teatro do Aquí ten en carteira dous espectáculos ben distintos: a reposición do Touporroutou e o espectáculo musical A ópera de a patacón, a partir do libreto de Bertolt Brecht e da partitura de Kurt Weill máis outros textos de John Gay, unha nova achega metatea-

tral na que se recrea a transfiguración social do vilán Mackie en ladrón de luva branca nas altas esferas do po-der económico e social. Nese mesmo ano gaña o Premio Camiño de Santiago pola nada paisaxística e bu-cólica inspiración na materia xacobea que lle propicia a dúbida sobre a autenticidade dos restos do apóstolo na catedral compostelá e o desexo por recrear o enfronta-mento entre dous sectores da Igrexa que, a finais do sé-culo XIX, pugnan entre conservar as crenzas sen que na-da se remexa e buscar a verdade a través da ciencia ma-lia as consecuencias que isto poida provocar na institu-ción. Esta gran diversidade temática permítenos, con to-do, ver as grandes liñas que comparte nos moi distintos proxectos, como por exemplo a importancia das subtra-mas ou das inquedanzas da xente do cotián, daqueles pequenos pero magnánimos asuntos que non figuran nas crónicas oficiais.

Retoma o monólogo e o oficio de bufón coa estrea de Sen ir máis lonxe. Convertido en personaxe, autoparo-diándose e facendo referencias á súa biografía, ao seu país, á política e á sociedade do seu tempo, o bufón pé-chase na catedral, diante da tumba do apóstolo, para manter unha conversa sen réplicas con el, con altas do-ses de humor e retranca. Quizais todo comezase a par-tir da Ultranoite Peregrina da compostelá Sala Nasa, que nese Ano Xacobeo propiciou unha primeira Oración ao apóstolo de Vidal Bolaño, que logo se alon-gou neste subversivo tête à tête entre un demasiado trascendente pallaso e un serio apóstolo que causa de-masiada risa.

É o ano en que Vidal Bolaño máis encargas recibe por parte do Centro Dramático Galego. Se xa en 2000 escri-bira para a compañía pública unha versión sobre o mito do donxoanismo, que dirixirá Xan Cejudo, co título deA burla do galo, en 2001 volverá transitar pola biografía da autora de Cantares Gallegos ao dirixir a posta en esce-na de Rosalía, de Otero Pedrayo, protagonizada pola ac-triz María Barcala e onde se pode atopar un importante traballo do coro. Tamén ese mesmo ano escribe para o CDG Mar Revolto, inspirado no secuestro do luxosotransatlántico Santa María, no ano 1961, para denunciar diante dos ollos do mundo as ditaduras de Franco e Salazar. A premisa da encarga era realizar unha obra que falase da relación entre os pobos galego e portugués, o que lle permite ao dramaturgo non só recrear un mo-mento histórico, senón tamén as relacións humanas e a postura dos artífices do Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación ao desexaren que a vida a bordo continuase, con todo, ao son da música.

A da gadaña procúrao en plena madurez vital e creati-va, despois dun proceso de doenza, o 11 de setembro de 2002. Estaba inmerso na distribución do seu espec-táculo Animaliños, co que a compañía obtivo catro pre-mios María Casares da Asociación de Actores e Actrices de Galicia: mellor dirección, iluminación, texto orixinal e espectáculo.

Dedícaselle o Día das Letras Galegas, ao ser conside-rado unha figura clave na historia do teatro profesional galego e autor teatral de gran altura.

1995

2001

1999

2002

2013

1993

Page 19: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

Page 20: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

Autor, adaptador e, sobre todo, director teatral. Comezou a súa actividade teatral en 1965, sendo co-fundador de diversas compañías teatrais. En 1984 reci-biu o premio I Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, concedido polo seu labor especial a prol do teatro galego, por ter posto en marcha o Centro Dramático Galego e ser o seu primeiro director. Recibiu o Premio Compostela na súa edición de 1992 á mellor iluminación teatral por Os xustos, de Albert Camus e dirección propia. Obtivo o Premio María Casares, na súa edición de 1997, á mellor iluminación teatral por Noite de Reis, de William Shakespeare e di-rección propia, e na de 2007 pola iluminación e o texto de Imperial: Café Cantante. Vigo 1936, obra con direc-

ción propia. Foi galardoado tamén co premio MAX na súa edición 2009 polo texto de Extrarradios (Comedia das mulleres desamparadas) e na súa edición de 2013 por Último cowboy. Foi Premio Cultura 2010 ás Artes Escénicas da Xunta de Galicia. Como director de teatro realizou máis de cincuenta montaxes de obras de tea-tro, entre elas Celtas sen filtro, Os vellos non deben de na-morarse, O enfermo imaxinario, As alegres casadas, Rei Lear, Un soño de verán, A grande noite de Fiz, Galileo Galilei, Macbeth, Lisístrata, El embrujado, A cacatúa ver-de, As damas de Ferrol, Ensaio, Romeo e Xulieta, Glass City (Cidade de Cristal), Historias peregrinas ou o espec-táculo infantil Piratas.

EduardoAlonso

o director

Page 21: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

Page 22: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

Diplomado en Arte Dramática pola escola de teatro Santart, cursou estudos de interpretación na Escola Su-perior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia. Realizou monográficos, tanto aquí como no estranxeiro, en mul-titude de disciplinas interpretativas como biomecáni-ca, mimo, traxedia grega, comedia clásica, clown, tea-tro xestual, dirección de escena e actores, dramaturxia actoral, interpretación en cine, performance... da man de mestres como Nikolag Karpov, Maria Smaevich, Andrés Lima, Lorena García, Theodor Smeu, Carlos Álvarez-Ossorio...

En teatro traballou coas compañías Teatro do Noroes-te, Cámara Negra, Santart, Pabulo, Zancalino, La Fura dels Baus, Els Comediants, Furusquenlla e Boneca La-reta nun total de 19 espectáculos profesionais.

En cine traballou en 5 longametraxes, entre as que des-tacan Elemental child, a cal protagonizou, e nun total de 18 curtametraxes, protagonizando a maioría delas. En televisión participou en diversas series e tv-movies destacando o seu papel fixo en Padre Casares. Tamén ten experiencia docente e en radio. Formou parte do elenco actoral no espectáculo infantil Piratas de Teatro do Noroeste.

AlejandroCarroRamiro de Blas, O Rei dos Demos, Deus Pai, O Demo Novo, O Tesouro nun Saco, O Xigante

Page 23: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

Page 24: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

Diplomada en Educación Social pola Universidade de Vigo e licenciada en Interpretación na ESAD de Gali-cia, recibiu formación en adestramento vogal Roy Hart con Nuria Inglada e en suzuki con Petra Hofmann. Rea-lizou cursos de stanislavski e voz, impartidos por Elena Seijo e Fina Calleja, e de zancos con Avelino González. Recibiu formación en clown, commedia dell�Arte, mimo, expresión corporal, contacontos�

Protagonizou a montaxe Game Over, de Cachuzo Teatro, participou en varios espectáculos de rúa producidos por Boneca Lareta e colaborou en múltiples campañas de animación á lectura dirixidas por Sabela Gago.

Outros espectáculos teatrais nos que actou son: Os ris-cos do alcohol, producida por Arteficción; Xan, o bon conspirador; Psicose 4:48; Cemiterio de automóbiles; Non de Max Aub e O achado do castro de M. Singala con Marañao Teatro; O soño dunha noite de verán e Momo con Teatro do Grilo; e Romeo e Xulieta (gañadora en �Na Vangarda�). Tamén traballaou como actriz nas cur-tametraxes Enemizísimo, Li; Pulgas e Carleison de Dela-toute Producións. Recibiu o premio á orixinalidade e creatividade no programa radiofónico �Ponte nas Ondas�. Formou parte do elenco actoral no espectácu-lo infantil Piratas de Teatro do Noroeste.

LAURA MÍGUEZ

* *

A Lúa, Un Anxelote,A Mociña, A Serpe, A Tesoira de Prata, A Rapariga, A Fada

Page 25: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

Page 26: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

Licenciado en Interpretación textual na ESAD de Galicia, realizou cursos de commedia dell'Arte e inter-pretación con Tito Asorey, de clown con Mónica Sueiro, de voz e memoria dos sentidos (stanivslasky) con Sarabela Teatro, de expresión corporal con Esther Movilla, de interpretación e expresión textual na escola de artes escénicas Talía e de mimo e pantomima con Julio Castronuovo.

Foi actor nos espectáculos de Marañao Teatro La gran máquina teatral, Momo, Limpando as rúas, Clownsinos, Romeo e Xulieta, O soño dunha noite de verán, En alta mar, Non, Cemiterio de autos e A doma da besta. Con

Talía Teatro, en Entre ambos ríos e Macbeth. Con Teatro do Noroeste traballou en Romeo e Xulieta, Glass City (Cidade de Cristal) e Historias peregrinas e con Teatro Mutante, en Onde foron os xoguetes e Camiño da fama.

Actuou nas curtametraxes Pulgas, Surfer, Braille e Carrapuchiña vermella, participou na película Los giraso-les ciegos de J.L. Cuerda e na serie de ficción Carleisom como actor e cantante. É director dos espectáculos Coma e punto e Ópera pánica (cabaré tráxico) por Marañao Teatro. Ademais, é vocalista e compositor do grupo de pop-rock Priscila de Ourense. Foi actor no es-pectáculo infantil Piratas de Teatro do Noroeste.

FernandoGonzález

O Sol, Belcebú, O Demo Vello,O Tesouro de Ouro,

O Raparigo, O Anano,O Emperelixado

Page 27: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

Page 28: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

VICTORIAPÉREZ

Catarina de Siena

Actriz cunha grande preparación universitaria, diplo-mada en Maxisterio, licenciada en Humanidades pola Universidade de Santiago de Compostela, ten o Postgrao de Estudos Teatrais e Audiovisuais pola Universidade da Coruña e o Doutorado en Teatro, Expresión Corporal e Sociedade pola mesma universi-dade. Recibiu cursos de interpretación con José Carlos Plaza, Bob McAndrew, W. Stanievski, Iaroslav Bielski, Iñaqui Aierra, Carmen Portacelli, Mariano Barroso�; de voz con Marta Pinillos e Jesús Aledrén; de canto con Pablo Carballido e Ángeles Dorrío; e de commedia dell'Arte con Carlo Boso e Antonio Faba.

Como actriz de televisión realizou, entre outros, traba-llos en Libro de familia, Matalobos, Hospital Central, Sin tetas no hay paraíso, Padre Casares, A vida por diante. Como actriz de teatro interveu en Romeo e Xulieta,O xogo de Yalta/Afterplay, Extrarradios (Comedia das mulleres desamparadas), Historias peregrinas, E de maior quero ser�, A horta animada, Viva el Teatro, Naumaquias II: peregrinos da noite, Yo no he leído el Quijote, Confesións, Maribel y la extraña familia ou Entremeses do século de ouro. Foi actriz no espectáculo infantil Piratas, de Teatro do Noroeste.

Page 29: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

Page 30: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

Compositor musical habitual nas producións teatrais galegas, formou parte de grupos de folk, como Leilía e Doa, do que é integrante fundador. Participa en grupos de jazz e novas músicas como Cuarteto de Saxofones Filloa, Grus-Grus, Quinteto de Cova Villegas... Actual-mente está en xira co grupo Ouriol (poesía e música espontánea). É compositor de música para obras tea-trais e ten colaborado con compañías como LuísSeoane, Moucho Clerc, Teatro do Aquí, Ollomoltranvía, Ancora Produccións, Teatro do Atlántico, Teatro do Noroeste, Escola Dramática Galega, Pífano Teatro,Creation Theatrale International, Matarile, Centro Dra-mático Nacional e Centro Dramático Galego. Recente-mente levou a dirección musical dos espectáculos O ano do cometa, As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, Noite de Reis e As Dunas do CDG, Imperial: Café cantante. Vigo, 1936 e Glass City (Cidade de Cristal) de Teatro do Noroeste e Obra (No Comment) de PT Excéntricas.

EQUIPO ARTÍSTICO

Escenógrafo e figurinista en múltiples producións tea-trais de compañías galegas, así como do Centro Dramático Galego, para o que colaborou en varias oca-sións. Recibiu o premio I Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia en 1984 pola súa escenografía de Woyzeck, así como o premio Compostela na súa edi-ción de 1990 á mellor escenografía e vestiario de As alegres casadas, ambas as dúas producións do CDG. Tamén recibiu varios premios María Casares por obras como Un soño de verán, tamén producido polo CDG, Noite de Reis (Teatro do Noroeste) e A cacatúa verde (CDG), así como pola escenografía e o vestiario de Imperial: Café Cantante. Vigo 1936, producido por Teatro do Noroeste. Outros deseños que se deben ter en conta, á parte dos xa mencionados, son os deO enfermo imaxinario, Rei Lear, Galileo Galilei, Macbeth, Lisístrata, Flashback Compostela, Glass City (Cidade de Cristal) ou Historias peregrinas. Tamén recibiu o premio María Casasres pola escenografía de Piratas de Teatro do Noroeste.

PACO CONESA BERNARDO MARTÍNEZEscenografía e vestiario Dirección e composición musical

BOSQUEXOS DA ESCENOGRAFÍA

Page 31: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

Page 32: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

Dossier electrónicohttp://www.centrodramatico.org/mediateca/documentacion/cdg/touporroutou/dossier_prensa.pdf

Fotografías © Tino Vizhttp://www.centrodramatico.org/cdg/novas/prensa/galeria.php?id=cop17_touporroutou

Caderno pedagóxicoAutor: Roberto Pascualhttp://www.centrodramatico.org/mediateca/documentacion/cdg/touporroutou/caderno_pedagoxico.pdf

Máis informaciónhttp://www.centrodramatico.orghttp://www.teatrodonoroeste.com

MULTIMEDIA

APUNTAMENTOS DE VESTIARIO

Page 33: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

Dossier electrónicohttp://www.centrodramatico.org/mediateca/documentacion/cdg/touporroutou/dossier_prensa.pdf

Fotografías © Tino Vizhttp://www.centrodramatico.org/cdg/novas/prensa/galeria.php?id=cop17_touporroutou

Caderno pedagóxicoAutor: Roberto Pascualhttp://www.centrodramatico.org/mediateca/documentacion/cdg/touporroutou/caderno_pedagoxico.pdf

Máis informaciónhttp://www.centrodramatico.orghttp://www.teatrodonoroeste.com

MULTIMEDIA

APUNTAMENTOS DE VESTIARIO

Page 34: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

www.centrodramatico.orgwww.teatrodonoroeste.com

E tamén na páxina de facebook:http://www.facebook.com/cdg.salonteatro

Page 35: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

www.centrodramatico.orgwww.teatrodonoroeste.com

E tamén na páxina de facebook:http://www.facebook.com/cdg.salonteatro

Page 36: Centro Dramático Galego Teatro do Noroeste

trisquelia