CH EGA O VERÁN semana/3 ANOS...Ola familias, estamos a piques de comezar o verán e polo tanto de...
Transcript of CH EGA O VERÁN semana/3 ANOS...Ola familias, estamos a piques de comezar o verán e polo tanto de...
Ola familias, estamos a piques de comezar o verán e polo tanto de rematar esta
atípica ensinanza telemática na etapa infantil (3 anos).
Expoño a modo de referencia visual este cadro resume onde se recollen algúns
dos temas tratados e que seguiremos retomando coa intención de consolidar e
ampliar conceptos cara o vindeiro curso.
CHEGA O VERÁN
Moitos nen@s seguramente viaxarán a distintos lugares onde poder disfrutar do
tempo de lecer.
CANTIGA: “Ha llegado el verano”
https://www.youtube.com/watch?v=3gxRUB-TXTA
Falar dos medios de transporte nos que se poder desprazar amósase
interesante e motivador. Partindo do medio máis próximo a eles en cada caso
(coche, moto, bici….. intentaremos diferenciar os que van por terra, mar e aire.
VÍDEO: https://www.youtube.com/watch?v=ol11YcbRku8
ACTIVIDADE PLÁSTICA. Nun papel facemos dúas líneas para separar
espazos e pintaremos cun pincel si é posible, unha zona de terra a modo de
estrada, outra de auga azul e para simular o mar e no ceo debuxar unhas
nubes e sol.Colocamos os transportes (de xoguete ou mesmo feitos con
material de refugallo , de cartolina…) onde corresponda. Tamén, pódense
describir (forma, color, rodas, se dan medo…)
ADIVIÑA OS SONS: https://www.youtube.com/watch?v=k4e83d6AA3s
CONTO: Seguimos insistindo na importancia dos valores neste caso o de
compartir. “EL PEZ ARCOIRIS”
https://www.youtube.com/watch?v=yzUQDhFIbBY
Por que cres que o Pez Arco Iris non quería compartir?
Como cres que se sentiu o pequeno peixe azul cando foi rechazado?
Que aprendeu o Pez Arco Iris?
Por que é importante compartir?
Por que é bo xogar cos outr@s?
A que che gusta xogar cos teus amig@s?
Que te costa compartir?
APRENDEMOS VOCABULARIO de animais acuáticos
https://www.youtube.com/watch?v=Fe-AmoBtp_A
CANTIGA:” Un pececito en el fondo del mar”
https://www.youtube.com/watch?v=ktwdQRXUCSs
XOGOS :
• Imos de pesca.
Cunha tea, pano ou papel azul posto no chan coma se fose un mar onde se
poidan colocar espallados peixes de diferentes tamaños, formas, cores …que
previamente se fixeran en cartolina e aos que por riba se lles engadirá con
grapas unha tira a modo de ponte co fin de poder meter e por tanto pescar, un
longo pao ( que se teña por casa ou unindo paos pequenos lápis,un alame …)
que servirá de caña . O xogo en principio é para dúas persoas e non se pode
pisar a auga.
É un xogo o de pescador@s moi divertido onde se pon en práctica a destreza na
coordinación óculo -manual o feito de contar, comparar cantidades, debuxar,
pintar…(deixo fichas / plantillas para traballar)
-Quen colleu máis peixes?
-Quen colleu menos peixes?
-Quen colleu máis cantidade de peixes da cor… ? e menos?
Quen colleu máis cantidade de peixes pequenos? e menos?
• Imos de compras
Tamén retomando o traballado noutro momento na aula , montamos unha
peixería (mesa con peixes expostos e con tarxetas onde porá o prezo). As
moedas poden ser calquer obxecto que querades e as levarán para súa
comodidade no manexo, nunha cesta ou bolso. (Pódense intercambiar roles)
• Imos de restaurante.
Medidas hixiénicas: nun primeiro momento lavado de mans , non falar coa boca
chea , estar ben sentado e unha vez rematada a comida de novo, lavado de
mans e dentes)
Poñer a mesa: prato, vaso, culler, garfo, cóitelo e pano para limparse. Esperar
turno, pedir o quequere para comer e beber e saber espera a que servan. O
camareir@ terá coidado e polo tanto equilibrio coa bandexa para que non caian
os obxectos e a maiores deberá escoitar ben para recordar o que quere cada
persoa. (Podénse intercambiar roles)
EXPERIMENTOS:
• Construir barcos con diferentes materiais de refugallo e observar si
flotan ou se unden.
-barcos de papel
-barcos feitos cun trozo de botella de plástico
-barcos feitos con corcho
-barcos feitos coas cunchas de noz
Todos eles, terán por mástil un pao ( madeira, palliña, ferro..) e por vela unha
forma triángular (tea, papel, folla de árbore...) coa que poidamos dar movemento
a nosa embarcación soprando ou mesmo provocando movemento a través
doutros aparellos que produzan vento: mans, abanos… e deste xeito, pódense
facer pequenas carreiras.
A imaxinación e a creatividade deben estar sempre presentes e se hai erros e
os traballos non funcionan é moi importante acostumalos a preguntarse o porque
e tentar arranxar o problema, non fai falla que sexa no mesmo instante,
recuperamos a calma e retomamos noutro momento.
• Elaborar un arcoíris
https://www.youtube.com/watch?time_continue=43&v=8iZCNnYewmk&feature=
emb_logo
• Facemos xelado: Cómo se fai ? Cartón, escuma de afeitar, colorante
líquido e purpurina con formiña....
• XOGO INTERACTIVO: http://www.penyagolosaeduca.com/ca/crea-
helados-para-tus-clientas-1-5/
• MANUALIDADES
CREAR UN FONDO MARINO
• Témperas
• Fío de cores
• Cartolinas para os peixes ( adxunto plantillas)
• Tesoiras (recortar un adulto )
YOGA: Posturas de animais do mar
https://www.youtube.com/watch?v=LOYxOzMUgAY
• INGLÉS:
Cancións do verán
https://youtu.be/mVhh0oATqBI
Down in The Deep Blue sea
https://youtu.be/7pMEQsk3c5Y
The Jellyfish
https://www.youtube.com/watch?v=494e4txpwSg
Vehicles
https://youtu.be/66Ce3ilcAz4
https://youtu.be/NYMzlJZjXFs
https://youtu.be/FVYYCWLq0pM
https://youtu.be/Ut-HbauKzDw
SILUETAS SIXELAS PARA FACER O FONDO MARINO
.
SILUETAS SIXELAS PARA FACER O XOGO DE PESCA
REPASAMOS SEGINDO A FRECHA E DEBUXAMOS O NÚMERO
CUBRIR CON CHURROS DE PLASTILINA AS ESPIÑAS TANTO A HORIZONTAL COMO AS
VERTICAIS,” OLLO” CO TAMAÑO.
.
XOGO DE VEHICULOS PARA UBICAR NA ZONA CORRESPONDENTE (TERRA MAR OU AIRE)
ESCOLLE ANTEOLLOS E SUSTITÙE O OCO DE VISIÓN POR PAPEL CELOFÁN DE DIFERENTES CORES,
DESCUBRIRÁS COMO CAMBIA O TEU MUNDO DE CORES.
FELICES VACACIÓNS