Ciencias da Natureza - xeraiseducacion.com€¦ · Ciencias da Natureza 2 1 ARRANCAMOS DE NOVO (4)...

11
Os personaxes Gala e Xoel séntense libres, queren ser científicos e investigan de forma divertida para descu- briren os contidos que se traballan en cada unidade. As alumnas e os alumnos identificarase e empatizarán con eles. Arte e ciencia Ao comezo de cada unidade motívase o alumnado a partir da recreación dunha obra de arte. De forma guiada, o alumnado manifestará as emocións e sensacións que perciba, ao tempo que narrará experiencias e argumentará opinións, o que propiciará a reflexión sobre a súa presenza no mundo e a súa interacción con el. Ao longo dos dous cursos, estimularase o pensamento crítico e creativo do alumnado, que desenvolverá novas habilidades cognitivas, emotivas, persoais e sociais. Desenvolvemento das unidades As unidades parten de contidos básicos e sinxelos para ir profundizando de forma progresiva e asegurando a comprensión e a aprendizaxe significativa de todo o alumnado. As actividades son breves, visuais e programadas para axustarse aos tempos lectivos. Trázase unha liña de continuidade e coherencia de contidos e temáticas entre os libros de primeiro e segundo cursos. Hora de Brincar Cada unidade remata cunha proposta lúdica para o alumnado onde se repasarán os princi- pais contidos partindo de xogos atractivos: encrucillados, sopas de letras, busca de diferen- zas, mensaxes secretas… Materiais educativos de Ciencias da Natureza – Caderno do alumnado. – Proposta didáctica. – Libro para Encerado Dixital Interactivo (EDI). Ciencias da Natureza Características formais – Formato A4. – Encadernación en espiral. – Impresión en papel oset (non satinado) para facilitar o traballo de escritura no propio volume con calquera tipo de material. 96 páxinas.

Transcript of Ciencias da Natureza - xeraiseducacion.com€¦ · Ciencias da Natureza 2 1 ARRANCAMOS DE NOVO (4)...

Page 1: Ciencias da Natureza - xeraiseducacion.com€¦ · Ciencias da Natureza 2 1 ARRANCAMOS DE NOVO (4) 2 CORPOS REBULDEIROS (12) 3 EXPERTOS EN EMOCIÓNS (24) Volvemos atoparnos. Lembranzas.

Os personaxesGala e Xoel séntense libres, queren ser científicos e investigan de forma divertida para descu-briren os contidos que se traballan en cada unidade. As alumnas e os alumnos identificarase e empatizarán con eles.

Arte e cienciaAo comezo de cada unidade motívase o alumnado a partir da recreación dunha obra de arte. De forma guiada, o alumnado manifestará as emocións e sensacións que perciba, ao tempo que narrará experiencias e argumentará opinións, o que propiciará a reflexión sobre a súa presenza no mundo e a súa interacción con el. Ao longo dos dous cursos, estimularase o pensamento crítico e creativo do alumnado, que desenvolverá novas habilidades cognitivas, emotivas, persoais e sociais.

Desenvolvemento das unidadesAs unidades parten de contidos básicos e sinxelos para ir profundizando de forma progresiva e asegurando a comprensión e a aprendizaxe significativa de todo o alumnado.As actividades son breves, visuais e programadas para axustarse aos tempos lectivos.Trázase unha liña de continuidade e coherencia de contidos e temáticas entre os libros de primeiro e segundo cursos.

Hora de BrincarCada unidade remata cunha proposta lúdica para o alumnado onde se repasarán os princi-pais contidos partindo de xogos atractivos: encrucillados, sopas de letras, busca de diferen-zas, mensaxes secretas…

Materiais educativos de Ciencias da Natureza

– Caderno do alumnado.

– Proposta didáctica.

– Libro para Encerado Dixital Interactivo (EDI).

Ciencias da NaturezaCaracterísticas

formais

– Formato A4.

– Encadernación en espiral.

– Impresión en papel offset (non satinado) para facilitar o traballo de escritura no propio volume con calquera tipo de material.

– 96 páxinas.

Page 2: Ciencias da Natureza - xeraiseducacion.com€¦ · Ciencias da Natureza 2 1 ARRANCAMOS DE NOVO (4) 2 CORPOS REBULDEIROS (12) 3 EXPERTOS EN EMOCIÓNS (24) Volvemos atoparnos. Lembranzas.

Ciencias da Natureza 21 ARRANCAMOS DE NOVO (4) 2 CORPOS REBULDEIROS (12) 3 EXPERTOS EN EMOCIÓNS (24)

Volvemos atoparnos. Lembranzas. Comezamos de novo. Cóidome. Hora de brincar.

Teño un corpo: medramos, o sistema óseo, o sistema muscular, as articulacións, estiramentos. O meu corpo é complexo: o sistema dixestivo, o sistema respiratorio, o sistema circulatorio. Hora de brincar.

As emocións: alegría, tristeza, sorpresa, medo, ira, noxo. Hora de brincar.

4 FORTES COMA BUXOS (34) 5 A VIDA DAS PLANTAS (42) 6 ANIMAIS VERTEBRADOS (50)

Coidamos o corpo. Alimentación. Alimentos naturais e elaborados. As etiquetas contan. Movendo o esqueleto. Hixiene é saúde. Hora de brincar.

As plantas. Máis sobre as plantas. O ciclo das plantas. Clasificando as plantas. Gardiáns das plantas. Hora de brincar.

Eu como, ti comes. Animais vertebrados. Tipos de vertebrados. Ovíparos ou vivíparos. Os mamíferos. As aves. Os peixes. Os anfibios. Os réptiles. Os animais teñen dereitos. Hora de brincar.

7 ANIMAIS INVERTEBRADOS (62) 8 TRES «R» PARA O NOSO PLANETA (72) 9 AS MÁQUINAS QUEDAN

CON NÓS (82)

Coñecemos os invertebrados. Tipos de invertebrados. Os insectos. Os arácnidos. Crustáceos e miriápodos. Moluscos e vermes. E aínda son moitos máis! Hora de brincar.

Precísote! Reducir. Reutilizar. Reciclar. Difunde! Hora de brincar.

Maquinaria. As máquinas a través do tempo. Máquinas e enerxía. Os inventos. Quen usa as máquinas? Máquinas con sentidiño. Hora de brincar.

Ciencias da Natureza 11 ARRANCAMOS (4) 2 CORPIÑO XEITOSO (14) 3 AS EMOCIÓNS (26)

Novas amizades. Preséntome. Lembranzas. Comezamos. Hora de brincar.

Teño un corpo. Así é o meu corpo. Os cinco sentidos. Coma un pincel. Hora de brincar.

As caras falan. Sentimos. As emocións: alegría, tristeza, sorpresa, medo, ira, noxo. Hora de brincar.

4 HAI QUE MOVERSE (38) 5 AS PLANTAS (50) 6 UN MUNDO DE ANIMAIS (62)

Imos ao mercado! Aquí hai variedade! Alimentación saudable. Móvome. Actividade física. Volta á calma. Hora de brincar.

As plantas son seres vivos. Que precisan as plantas para vivir? As plantas teñen partes. Plantas silvestres e cultivadas. Usos das plantas. Os segredos das plantas. Hora de brincar.

Animais polo miúdo. Animais domésticos ou salvaxes? Coidado e respecto. Algúns animais galegos. Máis animais! Vertebrados ou invertebrados? A cadea alimentaria. Hora de brincar.

7 OBXECTOS A DETALLE (72) 8 SON ACTIVISTA (84) 9 A REVOLUCIÓN DAS MÁQUINAS (92)

Materiais e produtos. Madeira e vidro. O plástico. Os téxtiles. Os metais e a cerámica. As forzas. Distintos materiais, mesmo obxecto. Hora de brincar.

Onde actuamos? Na aula. No patio. Na casa. Na rúa. No comercio. Hora de brincar.

O mundo está cheo de máquinas. Máquinas simples e compostas. Máquinas por todas as partes. As máquinas axudan. Máquinas de antes e de agora. Máquinas para informarnos e comunicarnos. Un día no muíño. Hora de brincar.

Contidos

Page 3: Ciencias da Natureza - xeraiseducacion.com€¦ · Ciencias da Natureza 2 1 ARRANCAMOS DE NOVO (4) 2 CORPOS REBULDEIROS (12) 3 EXPERTOS EN EMOCIÓNS (24) Volvemos atoparnos. Lembranzas.

corenta e seis34

Adaptación libre de A leiteira (1658), Johannes Vermeer

FORTES COMA BUXOS

• Que vexo?

• Que sinto?

• Que opino?

Para falarmos

34 trinta e catro

Page 4: Ciencias da Natureza - xeraiseducacion.com€¦ · Ciencias da Natureza 2 1 ARRANCAMOS DE NOVO (4) 2 CORPOS REBULDEIROS (12) 3 EXPERTOS EN EMOCIÓNS (24) Volvemos atoparnos. Lembranzas.

35trinta e cinco 35

1. Observa este folleto sobre hábitos de vida saudable e coméntao cos teus compañeiros e compañeiras.

COIDAMOS O CORPO

DEREITOS

Teño dereito a coidar da miña saúde e a alimentarme de forma saudable.

Page 5: Ciencias da Natureza - xeraiseducacion.com€¦ · Ciencias da Natureza 2 1 ARRANCAMOS DE NOVO (4) 2 CORPOS REBULDEIROS (12) 3 EXPERTOS EN EMOCIÓNS (24) Volvemos atoparnos. Lembranzas.

36 trinta e seis

1. Deseña o teu propio prato saudable pegando os alimentos que atopes nas páxinas finais do libro.

ALIMENTACIÓN

Recorda que para ter unha alimentación sa tamén debes beber moita auga para hidratarte.

Page 6: Ciencias da Natureza - xeraiseducacion.com€¦ · Ciencias da Natureza 2 1 ARRANCAMOS DE NOVO (4) 2 CORPOS REBULDEIROS (12) 3 EXPERTOS EN EMOCIÓNS (24) Volvemos atoparnos. Lembranzas.

37trinta e sete

1. Os alimentos poden ser naturais ou elaborados. Observa o almorzo de Xoel e clasifica os alimentos na táboa de abaixo.

ALIMENTOS NATURAIS E ELABORADOS

ALIMENTOS NATURAIS ALIMENTOS ELABORADOS

2. Algúns alimentos elaborados teñen ingredientes como graxas ou azucre que non son beneficiosos para a saúde. Cales destes alimentos elaborados cres que deberías comer só en ocasións? Rodéaos.

Page 7: Ciencias da Natureza - xeraiseducacion.com€¦ · Ciencias da Natureza 2 1 ARRANCAMOS DE NOVO (4) 2 CORPOS REBULDEIROS (12) 3 EXPERTOS EN EMOCIÓNS (24) Volvemos atoparnos. Lembranzas.

38 trinta e oito

1. Observa a etiqueta deste produto e cubre a ficha coa información da etiqueta.

2. Completa con verdadeiro (V) ou falso (F):

A data de caducidade indícame ata cando podo comer ese alimento.

Ler a etiqueta sérveme para saber cantas veces podo comer un alimento.

Ler a etiqueta axúdame a saber se os ingredientes dun pro-duto son saudables.

A cantidade dun produto sempre vai escrita en gramos.

FICHA DO PRODUTO

Fabricante

Alimento natural

Alimento elaborado

Ingredientes

Data de caducidade

Cantidade de produto

AS ETIQUETAS CONTAN

Page 8: Ciencias da Natureza - xeraiseducacion.com€¦ · Ciencias da Natureza 2 1 ARRANCAMOS DE NOVO (4) 2 CORPOS REBULDEIROS (12) 3 EXPERTOS EN EMOCIÓNS (24) Volvemos atoparnos. Lembranzas.

39trinta e nove

1. Fíxate na seguinte pirámide.

2. Reflexiona e escribe.

a. Que actividade física fas todos os días?

____________________________________________________________

b. Que deporte che gusta practicar?

____________________________________________________________

c. Cantas veces á semana practicas o deporte que che gusta?

____________________________________________________________

d. Canto tempo ao día xogas coa tableta ou o móbil e ves a televisión?

____________________________________________________________

MOVENDO O ESQUELETO

MÁXIMO 2 HORAS AO DÍA

A MIÚDO

TODOS OS DÍAS

Page 9: Ciencias da Natureza - xeraiseducacion.com€¦ · Ciencias da Natureza 2 1 ARRANCAMOS DE NOVO (4) 2 CORPOS REBULDEIROS (12) 3 EXPERTOS EN EMOCIÓNS (24) Volvemos atoparnos. Lembranzas.

40 corenta

1. Lavar as mans axúdanos a previr moitas enfermidades. Debemos lavar as mans tantas veces ao día como sexa necesario. Completa os pasos que debes seguir para lavar correctamente as mans.

2. Cando é necesario lavar as mans? Rodea.

M_______________ as mans. Lembra lavar por enriba do pulso.

F_______________ as mans con _______________ polo menos durante 15 segundos.

Secar as mans cunha _______________ limpa.

_______________ as mans con auga.

Antes e despois de ir ao baño.

Ao erguerse de durmir a sesta.

Antes de comer.

Cando estean sucias.

Despois de xogar na rúa.

Antes de abrazar a alguén.

Despois de xogar ou acariciar a miña mascota.

1

2

3

4

HIXIENE É SAÚDE

Page 10: Ciencias da Natureza - xeraiseducacion.com€¦ · Ciencias da Natureza 2 1 ARRANCAMOS DE NOVO (4) 2 CORPOS REBULDEIROS (12) 3 EXPERTOS EN EMOCIÓNS (24) Volvemos atoparnos. Lembranzas.

41corenta e unha

1 2

3

4

5

6

7

1. Completa o encrucillado.

2. Axúdalle a Gala a resolver o labirinto para chegar a xogar no parque cos seus amigos.

HORA DE BRINCAR

HORIZONTAL3. Debemos lavalos despois

de comer.5. Líquido transparente

que debemos beber con frecuencia.

6. Dános información sobre un alimento elaborado.

7. Debemos lavalas despois de ir ao baño.

VERTICAL1. Medio prato debe estar

ocupado por este grupo de alimentos.

2. Horas que debo durmir.4. As laranxas son un

alimento…6. O pan é un alimento…

Page 11: Ciencias da Natureza - xeraiseducacion.com€¦ · Ciencias da Natureza 2 1 ARRANCAMOS DE NOVO (4) 2 CORPOS REBULDEIROS (12) 3 EXPERTOS EN EMOCIÓNS (24) Volvemos atoparnos. Lembranzas.

8 4 2 1 7 2 8 5 2 7 6 1 7

92

74

00

7

O profesorado pode expresar as súas suxestións ou dúbidas dirixíndose ao equipo editorial

de atención ao profesorado de Xerais ([email protected] / 986 214 888) ou ao promotor/a de Grupo Anaya

da súa zona (981 171 641).

Polígono PocomacoAvenida 3 Edificio Diana

Nave 4 Baixo • 15190 A CoruñaTel.: 981 171 641 / Fax: 981 171 647

[email protected]

Doutor Marañón, 12 • 36211 VigoTels.: 986 214 888 / 986 214 880

Fax: 986 201 [email protected]

http://xerais.galhttp://blog.xerais.gal

COMERCIAL GRUPO ANAYA

XERAIS

Tececiencias

Pro

xect

o