CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOS · Son animais mariños moi simples, que viven fixos ao sustrato...

28
CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOS

Transcript of CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOS · Son animais mariños moi simples, que viven fixos ao sustrato...

CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOS

Son organismos pluricelulares, eucariotas e heterótrofos.

Teñen simetría bilateral ou radial. Almacean glicóxeno ou graxas como reserva. Reprodución xeralmente sexual, en ocasións

asexual. Ciclo diploide. As únicas células haploides son os gametos.

Presentan un sistema de locomoción propio e un sistema nervioso que aumenta en complexidade a medida que aumenta o grao evolutivo.

Habitan todo tipo de ambientes.

Os animais poden clasificarse atendendo á presenza ou non de tecidos: PARAZOOS, sen tecidos. EUMETAZOOS, con tecidos

Á súa simetría corporal: Con simetría RADIAL Con simetría BILATERAL

Polas características do desenvolvemento embrionario: Segundo o número de capas de células no desenvolvemento embrionario

▪ DIBLÁSTICOS, con 2 capas de células▪ TRIBLÁSTICOS, con 3 capas de células

Segundo a presenza ou non de cavidades ou CELOMAS▪ CELOMADOS, con cavidades▪ ACELOMADOS, sen cavidades

Segundo o lugar en que se forme a boca▪ PROTOSTOMADOS, como os artrópodos▪ DEUTEROSTOMADOS, como os vertebrados

ANIMAIS

CON ESQUELETO

EXTERNO

INVERTEBRADOS

FILUM ARTRÓPODOS

INTERNO

INVERTEBRADOS

FILUM EQUINODERMOS

VERTEBRADOS

FILUM CORDADOS

SEN ESQUELETO

INVERTEBRADOS

NON ARTRÓPODOS

INVERTEBRADOS

NON ARTRÓPODOS

PORÍFEROS

CNIDARIOS

PLATELMINTOS

NEMATODOS

ANÉLIDOS

POLIQUETOS

OLIGOQUETOS

HIRUDÍNEOS

MOLUSCOS

GASTERÓPODOS

BIVALVOS

CEFALÓPODOS

FILUM

CLASE

Son animais mariños moi simples, que viven fixos ao sustrato formando colonias.

Corpo con forma de saco e atravesado por pequenos orificios, chamados poros inhalantes, por onde entra a auga ao seu interior, e ósculos, por onde sae.

O esqueleto está formado por unha sustancia córnea e elástica, chamada esponxina, que é o que se utiliza para o baño.

As células características son os coanocitos. Aliméntanse por filtración.

Poden ter simetría radial ou ningunha.

A reprodución pode ser:Asexual:

▪ Xemación▪ Escisión

Sexual: mediante gametos, a veces producidos no mesmo individuo (hermafroditas). A fecundación é interna. Desenvolvemento indirecto. Ovíparos.

Exemplo: as esponxas de baño.

ATRIO

Deben o nome a que posúenunhas células urticantes características, os cnidoblastos.Son carnívoros. Utilizan estas células, para inxectar velenocó que paralizan e matan ássúas presas.

Teñen simetría radial . Son animais acuáticos, mariños

(medusas, anémonas, corais) ou de auga doce (hidra).

Actinia equina

Hydra sp..

Os Cnidariospresentan dúas formas: PÓLIPO e MEDUSA.

A forma pólipo é a fase asexual e vive fixa ao fondo. Ten forma de saco e, na parte superior ábrese a boca, que tamén fai as veces de ano, e que está rodeada de tentáculos.

A forma medusa posúe vida libre e reproducción sexual.Ten forma de paraugas, a boca-ano ábrese na parte inferior da umbrela e está rodeada de tentáculos (é como un pólipo dado a volta).

UMBRELA

MEDUSA

Nos pólipos é frecuente a reprodución asexual por xemación e escisión de fragmentos do corpo. Se as xemas non se separan do proxenitor, fórmansecolonias.

Na reprodución sexual, os cnidarios forman gametos en órganos sexuais (gónadas) que son liberados á auga. Logo da fecundación, prodúcense larvas nadadoras que se transformarán en pólipos ou medusas .

Moitasmedusas teñen un ciclo biolóxico no que se alterna unhareproduciónsexual e outraasexual, entre dous tipos de individuos, pólipos e medusas

Na etapa de medusa se realiza a reprodución sexual. As larvas orixinadas fíxanse ao fondo e convértense en pólipos . Estesreprodúcense asexualmente dando lugar a medusas.

Os arrecifes de coral están formados por celentéreos coloniais. Constitúenecosistemas moi ricos en biodiversidade que están en perigo por mor do cambio climático.

Características xerais: Son vermes planos que poden medir mm. ou

metros. Presentan simetría bilateral e teñen unha cabeza

diferenzada. Moitos son mariños, pero tamén abondan no chan. Algúns son de vida libre, como as planarias; outros

parasitos, como a tenia. A reprodución é: Asexual por escisión Sexual; sendo hermafroditas pero con fecundación

cruzada.

CABEZA

MANCHAS OCULARES

1 cm

R. ASEXUAL.

TENIA

Características xerais: Vermes cilíndricos, xeralmente

microscópicos. Moitos son parasitos das plantas e dos

animais. Exemplos:

Lombrigas intestinais (oxiuros).

Triquina.

Anisakis.

Para evitar a infección, se seconsome peixe cru, debe conxelarsepreviamente.

Triquinose

Vermes có corpo dividido en aneis, metámeros. Esta segmentación do corpo, chamada metamería, taménafecta aos órganos internos que se repiten en cada un dos aneis.

Presentan simetría bilateral e cabeza. Superficie externa recuberta dunha cutícula de quitina

impermeable que evita a desecación. Na superficie dos aneis presentan sedas ou quetas. Viven en medios acuáticos ou terrestres. Poden presentar R. asexual por xemación ou escisión. A R. sexual na miñoca ou na samesuga é hermafrodita

con fecundación cruzada. Son ovíparos, con metamorfose.

POLIQUETOS

HIRUDÍNEOS

OLIGOQUETOS

Nereis (verme mariño)

Miñoca

Samesugas(parásitos )

ventosa

clitelo

Características xerais: Teñen o corpo brando, sen aneis, dividido en: Cabeza, nela están os órganos dos sentidos. Algúns grupos

posúen un órgano raspador, a rádula.

Masa visceral, constituída polos órganos internos e recuberta por unha membrana chamada manto encargada de formar a cuncha. Moitos teñen un hepatopáncreas que realiza as funcións do fígado e do páncreas.

Pé musculoso de diversas formas para desprazárense. A cuncha pode ter 1 ou 2 valvas. Respiran por pulmóns ou por branquias. R. sexual, ovíparos, algúns hermafroditas. Algúns

con metamorfose.

Teñen unha soa cunchahelicoidal.

Ollos no extremo de tentáculos, que agochan en caso de perigo.

Hainos terrestres e mariños. Os terrestres, como o caracol

común, respiran por pulmóns;

Os de mar, como o bígaro, respiran por branquias.

Cabeza

Teñen dúas cunchas ou valvas. Sen cabeza diferenzada. Viven no mar, enterrados na area ou suxeitos ás rochas.

Respiran por branquias.

A cuncha é interna. Algúns, como as luras,

levan unha bolsa de tinta para enturbar a agua en caso de perigo.

Levan 10 tentáculos nacabeza.

Son mariños e respiran por branquias.

LuraPolbo

Cámaras de aire

Anmonites.(400 m.a.- 65 m. a.)

ESPECIES

FÓSILES

Nautilus(fósil vivinte)

Imaxes: Google

Pilar de Vega

Bioloxía de 1º de BAC.