Clausula

7
A CLÁUSULA (I): PREDICADO E SUXEITO CLÁUSULA: estrutura sintáctica que ten como elemento principal un verbo. María está a xogar ao fútbol con Antón. Xosé non durmiu en toda a noite. Sabela é avogada. Hoxe choveu moito.

Transcript of Clausula

Page 1: Clausula

A CLÁUSULA (I): PREDICADO E SUXEITO

CLÁUSULA: estrutura sintáctica que ten como elemento principal un verbo.

María está a xogar ao fútbol con Antón.

Xosé non durmiu en toda a noite.

Sabela é avogada.

Hoxe choveu moito.

Page 2: Clausula

O PREDICADO O verbo desempeña a función de PREDICADO (PDO)

na cláusula.

Cláusula

SUX PDO

Mafalda vai escribir

Antón e María estudan

Page 3: Clausula

TIPOS DE PREDICADOSSegundo o contido semántico do verbo distinguimos:

PREDICADO VERBAL e PREDICADO NOMINAL

PREDICADO VERBAL

O verbo posúe un significado concreto.

O neno chora.

Escribe unha novela.

A cadela ten unha pelota.

Page 4: Clausula

PREDICADO NOMINAL

O verbo non posúe un significado concreto, de aí que precise dun modificador (ATRIBUTO).

Lois semella aburrido.

Os rapaces parecen contentos.

As mulleres están cansas.

O peteiro do tucán é rechamante.

Page 5: Clausula

O SUXEITO Identificación

Concorda en número e persoa co verbo.

Carlos non vén ao teatro.

Se mudamos o número e a persoa do verbo, tamén muda o SUXEITO:

Elas / Eles non veñen ao teatro.

Nós non imos ao teatro..

Page 6: Clausula

Concordancias especiaisSubstantivos colectivos

O rabaño de ovellas vai camiño do prado.

Referencias a unha parte.A maioría votou en contra.

A maioría dos asistentes votou / votaron en contra.

Se o substantivo que refire unha parte presenta un modificador (dos asistentes), o verbo pode concordar en singular ouplural.

Page 7: Clausula

TIPOS DE SUXEITO

SUX. LÉXICO

O suxeito exprésase por medio dunha frase que concorda co verbo en número e persoa.

Onte chamaron teus pais.

SUX. GRAMATICAL

O suxeito exprésase sópor medio dos morfemas de número e persoa do verbo.

Estaban en París.