Coidamos a nosa saúde
-
Upload
ma-carmen-alvarez-osorio -
Category
Education
-
view
238 -
download
2
Transcript of Coidamos a nosa saúde
A saúde
A saúde é o estado de
benestar tanto no
aspecto físico
coma no mental e social.
A saúde ten tres aspectos: a saúde física,
a
saúde mental
a saúde social
A saúde física
Refírese a que o corpo funcione
ben, sen dores nin dificultades en
todas as nosas
actividades.
A saúde mentalAo longo do día temos moitas emocións:
enfado, alegría, tristeza, vergoña, medo,
sorpresa, amor…
A saúde mental significa
que esas emocións non nos supoñen
un problema para realizar as nosas actividades
e que estamos satisfeitos con nós mesmos e
coa nosa forma de ser.
A saúde socialA saúde social consiste en
manter unhas relacións
adecuadas coas persoas
do noso arredor, como
a familia, o colexio, o
barrio…
A prevenciónPrevir é realizar accións para evitar
contraer enfermidades.
Para tratar de previr as enfermidades debemos
adquirir
hábitos saudablesacudir ás revisións
médicas
poñer as vacinas
recomendadas
Os hábitos saudables
Son os costumes que temos respecto:
á hixiene
ao descanso
á postura
ao exercicio físico
ao tempo libre.
A hixiene
A hixiene
axúdanos a :
previr certas enfermidades,
fainos sentir mellor con nós mesmos
e axúdanos a relacionarnos cos demais.
Ducharse a diario.
Lavar as mans con xabón antes de
comer, despois de ir ao baño e
sempre que estean sucias.
Cepillar os dentes despois das
comidas.
A posturaA columna vertebral encárgase de manter
a forma do noso lombo e soporta boa
parte do peso do nosso corpo.
Para evitar dores ou lesións no lombo,
debemos coidar a nosa postura.
O exercicio físico
Facer exercicio físico
proporciónanos moitos beneficios
para a saúde física e tamén para a
nosa saúde mental
O tempo libre
O tempo libre, tamén chamado ocio,
inclúe todas as actividades que
realizamos por gusto e diversión nos
momentos en que non temos obrigas..
A alimentación saudable
A dieta é o conxunto de alimentos que
unha persoa toma normalmente,
incluíndo as bebidas.
Unha dieta saudable ten dúas
características:
É suficiente: debe proporcionarnos
nutrientes que nos acheguen toda a
enerxía e os materiais
de construción que necesitamos.
É equilibrada: débenos
proporcionar
a cantidade adecuada de cada nutriente.
Como conseguir unha dieta saudable
Comer alimentos variados
Reducir o consumo de graxas
de orixe animal
Tomar alimentos ricos en fibra
ou integrais
Reducir o consumo de
azucre
Beber auga a diario.
Hábitos de alimentación saudables
Comer cinco veces ao día
Coidar a hixiene dos alimentos
Prestar atención á conservación
dos alimentos
O coidado dos alimentosnaturais
elaborados
É moi importante a
hixiene ao preparar
ou manipular
alimentos.
A prevención de accidentesUn accidente é algún suceso que ocorre de súpeto, de
forma involuntaria e que nos provoca algún dano ou
algunha lesión.
Ola a todos e a todas!!! Aquí estamos connovas actividades interactivas para que poidades repasar ou ampliar os temas que estamos a traballar. A ver se vos gustan!!!Esta primeira, axudaravos a entender mellor o tema das vacinas, (agora que estamos a falar tanto delas).
Na seguinte actividades tedes un repaso da mellora da saúde e da alimentación, non deixedes de mirala, seguro que resolvedes moitas curiosidades: uso das mediciñas,control sanitario dos mediacamentos, a potabilización da auga, conservación dos alimentos,...
http://anosaclasedeprimaria.blogspot.com.es/2014/10/a-saude-prevencion-de-enfermidades.html
XOGO DE ALIMENTACIÓN E SAÚDE. PINCHA AQUÍXOGO SOBRE A ALIMENTACIÓN SALUDABLE( ORIXE DOS ALIMENTOS, HIXIÉNE BÁSICA, ALMORZO SANO,DIXESTIÓN, FACER O PAN E O LEITE). PINCHA AQUÍ.ALIMENTACIÓN EQUILIBRADA. PINCHA AQUÍ