Comarca Sarria

133
SARRIA A NATUREZA

Transcript of Comarca Sarria

Page 1: Comarca Sarria

SARRIAA NATUREZA

Page 2: Comarca Sarria

Vista desde o Oribio cara a Triacastela

A comarca de Sarria está situada no centro-sur da provincia de Lugo, entre o val do Miño e as serras orientais galegas. No territorio diferéncianse tres unidades claras. O centro está ocupado pola depresión de Sarria, o leste e sur polas serras de Albela, Oribio, Lóuzara e Trapa, e o oeste polos restos dunha penichaira moi erosionada na que o Miño escavou a súa canle e na que se ergue a serra do Páramo.Os ríos forman parte da cunca do Miño (Neira-Sarria) e do Sil (Cabe-Mao, Lóuzara).

Page 3: Comarca Sarria

SUPERFICIE: 836,2 km2 POBOACIÓN: 23.698 habitantes (2014)CONCELLOS: O Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria e Triacastela.ESPAZOS PROTEXIDOS:LICs “Os Ancares-O Courel”, “Río Cabe” e “Miño-Neira”

Page 4: Comarca Sarria

CLIMAOceánico con matices continentais, con pequenas variacións desde o val do Miño ata os cumes das serras onde ten marcado carácter de montaña.

Page 5: Comarca Sarria

ACTIVIDADESOs principais recursos son agrogandaría (especialmente a produción de forraxes e o gando vacún de leite, e viñedos acollidos a Denominación de Orixe Ribeira Sacra, nas beiras do Miño), os servizos, as industrias relacionadas co sector do moble e a agrogandaría e a construción.

Page 6: Comarca Sarria

PATRIMONIOAcolle importantes valores naturais, en especial na área das serras orientais. Conserva tamén un importante patrimonio histórico artístico e etnográfico: antas, castros, igrexas, mosteiros, pontes, pazos...O Camiño de Santiago atravesa a comarca de oeste a leste, polos concellos de Triacastela, Samos, Sarria e Paradela e serve de eixo artístico e cultural.

Relevo na igrexa do Hospital (O Incio) Igrexa de Barbadelo (Sarria)

Page 7: Comarca Sarria

Mosteiro da Madalena (Sarria), fundado no 1200

Page 8: Comarca Sarria

Igrexa de Betote (Sarria)

Igrexa de Corvelle (Sarria)

Igrexa de Reimóndez (Sarria)

Page 9: Comarca Sarria

Igrexa de Lousadela (Sarria)Igrexa de Corvelle (Sarria)

Page 10: Comarca Sarria

Igrexa de Vilar de Sarria (Sarria)

Igrexa de San Pedro de Froián (Sarria)

Page 11: Comarca Sarria

Igrexa de San Salvador (Sarria)

Page 12: Comarca Sarria

Igrexa de Belante (Sarria) Igrexa de Barbadelo (Sarria)

Page 13: Comarca Sarria

Mosteiro de San Xulián de Samos, fundado no século VI e restaurado e ampliado en varias épocas

Page 14: Comarca Sarria

Capela do Salvador (Samos), do século IX Igrexa de Montán (Samos)

Page 15: Comarca Sarria

Igrexa de Lousada (Samos)Igrexa vella de Lousada (Samos)

Page 16: Comarca Sarria

Igrexa de Pascais (Samos)

Igrexa de Reiriz (Samos)

Page 17: Comarca Sarria

Igrexa de Santa María de Loio (Paradela)

Pía na Igrexa de Santa María de Ferreiros, do século XII (Paradela).

Page 18: Comarca Sarria

Igrexa de Castro de Rei de Lemos (Paradela)

Page 19: Comarca Sarria

Igrexa de Suar (Paradela)

Igrexa de Santa Cristina de Paradela

Page 20: Comarca Sarria

Igrexa de Vilaragunte (Paradela)

Page 21: Comarca Sarria

Ermida da Virxe do Rosario (Gradín, Láncara)

Igrexa de San Xoán de Muro (Láncara)

Igrexa de San Pedro de Bande (Láncara)

Page 22: Comarca Sarria

Igrexa de Neira (Láncara)

Igrexa de Toirán (Láncara)

Igrexa de Vilarello (Láncara)

Page 23: Comarca Sarria

Igrexa de Cervela (O Incio)

Igrexa de Chorente (O Incio)

Page 24: Comarca Sarria

Igrexa de Rubián de Cima (O Incio)Igrexa de Vilasouto (O Incio)

Page 25: Comarca Sarria

Igrexa de Friolfe (O Páramo)

Igrexa de Grllás (O Páramo)

Page 26: Comarca Sarria

Igrexa de Vileiriz (O Páramo)

Page 27: Comarca Sarria

Hórreo en Piñeira (Sarria)

Detalle dunha porta en Triacastela. Nas construcións é común atopar a aplicación dos materiais da zona, neste caso xistos e calcárias.

Casa en Santalla (Samos)

Page 28: Comarca Sarria

Torre do Castelo de Sarria

Page 29: Comarca Sarria

Vista de Paradela. A paisaxe é un dos valores patrimoniais que destacan nesta comarca.

Page 30: Comarca Sarria

CONCELLOS

SUPERFICIE: 146,20 km2 POBOACIÓN: 1.797 habitantes (2014)PARROQUIAS: Bardaos, Castelo de Somoza, A Cervela, Covela, Eirexalba, Foilebar, Goó, O Hospital, O Incio, Laiosa, Noceda, pacios, Reboiro, Rendar, Rubián de Cima, San Pedro do Incio, San Román do Mao, San Salvador do Mao, Santa María do Mao, Santa Mariña do Incio, Santalla de Bardaos, Sirgueiros, Toldaos, Trascastro, Vila de Mouros, Vilarxoán, Vilasouto e O Viso.

Serras do Incio desde o cume da Trapa

O INCIOEstá situado ao leste da comarca lindando co Courel. No territorio dintínguense dúas áreas. O centro e oeste forma parte da depresión de Monforte, é de releve chan e con alturas pouco destacadas de formas suaves. O leste está ocupado polas serras do Oribio e parte do sur pola serra da Trapa, onde se atopa a máxima altura do concello (Legua, con 1.307 m).Os ríos principais son o Cabe, que discorre polo sur e o seu afluente, o Mao, que atravesa o territorio de NE a SO.

Page 31: Comarca Sarria

Igrexa de Hospital no Incio. O conxunto está formado por unha igrexa románica do século XII, un hospital e unha fortificación para defender aos peregrinos. Está construído con pedra calcária.

As principais actividades son a agrogandaría (especialmente o gando vacun de carne), a mineiría e os servizos. A capital municipal é a Cruz do Incio.Acolle importantes valores naturais na contorna dos ríos e nas serras. Unha parte do territorio está protexido nos LICs “Os Ancares O Courel” e “Río Cabe”.Tén un rico e variado patrimonio histórico-artístico e etnográfico: petroglifos, castros, igrexas, pontes, pazos...Varias rutas de sendeirismo sinalizadas permiten percorrer os lugares de maior interese: “Encoro de Vilasouto”, “Ruta do Ferro”...

Planta de transformación de magnesita. Rubián.A Magnesita é a máis importante mena de magnesio, elemento que se emprega como desoxidante na elaboración de aliaxes metálicas (bronces, latóns), para a elaboración de aliaxes lixeiras co aluminio, na fabricación de fertilizantes, ladrillos refractarios...

Page 32: Comarca Sarria

Prados no val do Neira, en San Pedro de Láncara

LÁNCARAEstá situado ao norte da comarca. A maior parte do territorio forma parte da depresión de Sarria e está atarvesado de leste a oeste polo río Neira que recibe as augas do Armiela e Sarria (este último fai de linde co concello de Sarria e O Páramo). No leste sitúanse as máximas alturas, na serra da Albela (monte Meda, con 1.202 m, no linde con Triacastela).

SUPERFICIE: 121,62 km2 POBOACIÓN: 2.789 habitantes (2014)PARROQUIAS: Armeá, Bande, Carrecedo, Cedrón, Galegos, Lagos, Lama, Láncara, Larín, Monseiro, Muro, Neira de Cabeleiros, Oleiros, A Pobra de San Xiao, Río, Ronfe, Souto de Ferradal, Toirán, Toldaos, Toubille, Tasliste, Vilaesteva de Herdeiros, Vilaleo, Vilambrán, Vilarello e Vilouzán.

Page 33: Comarca Sarria

Río Neira na Pobra de San Xiao. Un paseo permite percorrer a súa beira ata Valdriz.

As principais actividades son a agrogandaría (con especial adicación ao gando vacún e porcino) e os servizos. A capital municipal é a Pobra de San Xiao.Acolle un importante patrimonio natural asociado aos ríos, etnográfico e histórico-artístico: numerosos castros, restos de ponte e vía romana, igrexas, pazos...

Ponte de Carracedo, sobre o río Neira

Page 34: Comarca Sarria

SUPERFICIE: 121,07 km2 POBOACIÓN: 1.967 habitantes (2014). PARROQUIAS: Aldosende, Aldreade, Barán, Castro, Castro de Rei de Lemos, As Cortes, Ferreiros, Francos, A Laxe, Loio, Paradela (San Miguel, San Vicente e Santa Cristina), San Facundo de Ribas de Miño, San Martiño de Castro, Santalla de Paradela, Suar e Vilaragunte.

Paisaxe de Paradela

PARADELA Situado no sur-oeste da comarca, lindando co val do Miño que o separa das Terras de Chantada. O territorio é moi irregular. No centro e sur atópase unha superficie achairada con pequenas elevacións resto da superficie de erosión de Chantada (600 a 700 m de altitude) interrumpida polo monte Acevedo (816 m). Ao oeste está o val do Sil, encaixado no encoro de Belesar 350 a 550 m de altitude), ao norte os contrafortes da serra do Páramo e o encaixado val do río Loio, afluente do Miño, e no sur o monte Veitureira (838 m) no linde co concello de Bóveda.

Page 35: Comarca Sarria

Mosteiro de San Facundo de Ribas de Miño, de transición románico-gótico. Declarado Monumento Histórico-artístico. No interior consérvanse pinturas murais.

A principal actividade é a agrogandeira, especialmente o gando vacún de leite. A capital municipal é Pacios.Os valores naturais atópanse no contorno dos ríos onde se conservan canóns e bosques de ribeira. Acolle un importante patrimonio histórico-artístico, en especial igrexas románicas situadas nos arredores do Camiño de Santiago que cruza o concello de leste a oeste camiño de Portomarín.

Igrexa románica de Santa María de Ferreiros, no Camiño de Santiago.

Page 36: Comarca Sarria

SUPERFICIE: 74,78 km2 POBOACIÓN: 1.484 habitantes (2014)PARROQUIAS: Adai, Friolfe, Gondrame, Grallás, Moscán, Neira, Piñeiro, Reascos, Ribas de Miño, A Ribeira, Sa, San Vicente de Gondrame, Santo Andrés da Ribeira, A Torre, Vilafiz, Vilarmosteiro, Vilasante e Vileirz. A capital municipal é Trebolle.

Paisaxe do Páramo na primavera

O PÁRAMOSituado no noroeste da comarca entre os ríos Miño e Neira.Unha grande parte do territorio (o oeste e norte) forma parte da meseta de Lugo, ao noroeste da depresión de Sarria. É unha zona chan con poucas elevación e cunha altitude de 350 a 450 m. O terreo vaise elevando pouco a pouco cara ao sur e acada as máximas alturas na serra do Páramo no linde con Sarria e Paradela. Os ríos principais son o Miño, que fai de linde polo oeste con Guntín e Portomarín, e o Neira, que fai de linde polo norte co concello de O Corgo.

Page 37: Comarca Sarria

Vista de Trebolle desde o cume do Páramo.

A principal actividade é a agrogandeira, especialmente o gando vacún de leite.As áreas de maior interese natural atópanse nos vales dos ríos e na serra do Páramo onde se conservan algunhas masas de bosques autóctonos e parte do curso do Miño forma parte do LIC Miño-Neira. Acolle tamén un rico patrimonio arqueolóxico (túmulos megalíticos de Santo André da Ribeira) e histórico-artístico (pontes, igrexas románicas, pazos...).

Campo da Feira do Páramo. Conserva os pendellos e postos tradicionais no medio dunha antiga e ampla carballeira.

Page 38: Comarca Sarria

SUPERFICIE: 136,57 km2 POBOACIÓN: 1.458 habitantes (2014). PARROQUIAS: Castroncán, Estraxiz, Formigueiros, Freixo, Frollais, Gundriz, Loureiro, Lousada, Montán, Pascais, Reiriz, Renche, Romelle, Samos, San Cristivo de Lóuzara, San Cristovo do Real, San Mamede do Couto, San Martiño do Real, San Xil de Carballo, San Xoán de Lóuzara, Santalla, Suñide, Teibilde e Zoó.

Serra do Oribio desde Samos

SAMOSEstá situado no centro da comarca, nun terreo de transición entre a depresión de Sarria e as serras orientais. O territorio é moi irregular, con grandes diferencias altitudinais. Ao noroeste é chan e forma parte da depresión de Sarria. Logo vai gañando altura cara ao leste e sur onde se atopan as máximas elevación nas serra do Oribio, Lóuzara e Trapa.Os ríos principais son o Sarria (afluente do Neira) e o Lóuzara (afluente do Sil) que circula por un profundo val entre as serras de Lóuzara e a Trapa con dirección Sur, no linde co Courel.

Page 39: Comarca Sarria

Mosteiro de San Xiao de Samos. Fundado en tempos de San Martiño de Dumio, no século VI e ampliado varias veces. É un dos mosteiros máis grandes de Galiza con estilos románico, gótico, renacemento e barroco.

As principais actividades están relacionadas coa agrogandaría e os servizos.Ten importantes valores naturais e histórico-artísticos. Unha parte do territorio está protexido no espazo “Os Ancares O Courel”

Interior da capela de San Salvador de Samos, construcción moi sinxela do século IX.

Page 40: Comarca Sarria

Aceña no río Sarria

SARRIAEstá situada no centro da comarca nunha ampla superficie chan formada pola depresión de Sarria, que ocupa o centro, leste e norte do territorio do concello, e por unha superficie de aplanamento situada entre 500 e 600 m de altitude. Está atravesada polo río Sarria, que forma a zona coñecida como A Veiga.

SUPERFICIE: 184,56 km2 POBOACIÓN: 13.504 habitantes (2014)PARROQUIAS: Albán, Arxemil (Santalla), Barbadelo, Belante, Betote, Biville, Calvor, O Camiño, Castelo dos Infante, César, A Chanca, Chorente, Corvelle, Fafián, Farbán, Ferreiros, Fontao, Frades, Goián, Lier, Loureiro, Lousadela, Louseiro, Maside, O Mato (San Salvador e Santo Estevo), Meixente, Nespereira, Ortoá, Paradela, A Pena (Santa María e San Salvador), Piñeira, A Pinza, Requeixo, Rubín, Reimondez, Vilapedre (San Fiz e San Miguel), Froián (San Pedro, San Sadurniño e San Vicenzo), A Veiga (San Xulián e Santiago), Santo Antolín, Sarria (San Salvador, Santa Mariña e O Rosario), Seteventos, Vilamaior, Vilar e Vilar de Sarria.

Page 41: Comarca Sarria

O núcleo máis importante é a vila de Sarria, capital municipal e comarcal e centro de servizos e industrial, con preto de 8.550 habitantes.As principais actividades son a agrogandeiría (especialmente o gando vacún de leite), os servizos e as industrias da madeira e dos móbeis.Os espazos naturais de maior interese sitúanse nos arredores do río Sarria e dos seus afluentes.É un concello cun importante patrimonio histórico-artístico e etnográfico no que se conservan castelos, pazos, igrexas, mosteiros, muíños. Mazos...

Igrexa románica de Barbadelo, no Camiño de Santiago. Igrexa de Albán (Sarria) Igrexa de Betote (Sarria)

Page 42: Comarca Sarria

SUPERFICIE: 51,17 km2 POBOACIÓN: 699 habitantes (2015).PARROQUIAS: A Balsa, Cancelo, Lamas do Biduedo, O Monte, Santalla de Alfoz, Toldaos, Triacastela e Vilavella.

Triacastela no val do Oribio (desde o alto do Rañadoiro)

TRIACASTELASituado ao leste da comarca, totalmente integrada nas serras orientais. Ocupa unha superficie de e tén repartidos nas parroquias de O territorio é totalmente montañoso. Está rodeado por serras en toda a súa contorna. Ao norte e oeste os montes da Albela, ao leste O Rañadoiro e Caldeirón e ao sur o Oribio, onde se atopa a máxima altitude con 1.447 m. A rede fluvial conflúe no rio Santalla que atravesa o concello de NE a SO e recibe as augas do Ribeira, Vilavella e Valdescuro. Máis abaixo chámase río Oribio e despois Sarria.

Page 43: Comarca Sarria

As principais actividades son a agrogandaría (especialmente o vacún) e os servizos.Acolle importantes valores naturais nas serras e nos vales dos ríos. Unha parte do territorio está protexido no LIC “Os Ancares O Courel”.O Camiño de Santiago atravesa o concello de leste a Oeste. Triacastela é a penúltima das trece etapas nas que se divide o Camiño desde os Pirineos a Santiago. Desde tempos antigos os peregrinos mantiñan o costume de coller unha pedra calcária no lugar coñecido como Os Cotelos para transportala ata Castañeda onde estaban os fornos destinados a preparar o cal para a construción da catedral de Santiago.

Terras de Triacastela desde o cume do Oribio

Igrexa de Ramil

Page 44: Comarca Sarria

RELEVO

Cumes da serra do Oribio cubertos de mato de uces e carqueixas

O territorio da comarca de Sarria está formado por unha zona chan central, a depresión de Sarria, cunha altitude media de 600 m, rodeada de elevacións, sobre todo ao leste e sur, onde se acadan as máximas alturas no cume do Oribio, con 1447 m.Unha aliñación de serras fai de linde polo leste: Illoa, Albela, Edramo, Oribio e Lóuzara. Ao sur as serras de Trapa e As Penas, e ao leste O Páramo.O relevo está profundamente fracturado e moi escavado polos vales fluviais que forman cavorcos e canóns, agás nas áreas chans de Sarria.

Page 45: Comarca Sarria

Serra do Páramo, de formas suaves que destacan pouco no terreo

Page 46: Comarca Sarria

Val do Lóuzara, entre as serras do Oribio, Trapa e Lóuzara. A disposición dos estratos nas lousas e os incendios favorece a perda de solo e dificulta o asentamento da vexetación.

Os materiais son moi variados. Nas serras abondan as lousas, os xistos e os granitos e na depresión os materiais sedimentais (arxilas, areas e gravas).Nas serras do Incio abonda o mineral de ferro que noutros tempos foi base dunha importante actividade mineira e industrial.

Page 47: Comarca Sarria

Breixos e bidueiros

A vexetación das serras é moi rica. Nos cumes domina o mato de breixos, queirugas e carqueixas. Nas abas sombrizas e escarpadas hai fragas cunha gran biodiversidade e nas áreas de media montaña dominan os pasteiros e as repoboacións de piñeiros.

Page 48: Comarca Sarria

Bosque no canón do Oribio en Triacastela

Page 49: Comarca Sarria

Eryngium duriaei

Uz branca na primavera

Page 50: Comarca Sarria

Monte MedaOs montes de pouca altura e formas suaves están aproveitados para pasteiros e crías de gando vacún.

Page 51: Comarca Sarria

Albarizas para o aproveitamento das abellas no Incio

Page 52: Comarca Sarria

Corzo (Capreolus capreolus)

Cotovía (Galerida cristata)

Page 53: Comarca Sarria

Vista do conxunto do monte Meda e os Montes da Albela desde o alto do Oribio. No primeiro plano apréciase a explotación de calcárias de Triacastela (na aba do monte Penedo) destinadas a fornecer a fábrica de cementos de Oural, na que se atopa a Cova de Eiros, unha gruta natural na que se atoparon importantes restos do paleolítico Medio e Superior, así como pinturas rupestres de hai 30.000 anos, polo que foi declarada Ben de Interese Cultural.

MONTES DA ALBELA E MEDACon orientación NE-SO, situados entre Becerreá, Triacastela, Láncara e Samos. O punto máis alto é o Meda ou Braña, con 1.200 m. Accedese desde Triacastela.

Page 54: Comarca Sarria

Fragas na cara norte do Oribio

SERRA DO ORIBIOEsténdese en dirección E-SO en terreos de Samos e Triacastela, limitada ao norte polo val do río Sarria e ao sur polo Lóuzara. Cara ao sur prolóngase nos montes Balbón (1.148 m) e Modorriñas (1.167) ata a serra da Trapa. Está formada por pelitas e pequenos filóns de calcárias. O monte máis alto é O Oribio, con 1.447 m. Na vertente oeste nacen varios afluentes do río Sarria ou Oribio e na leste afluentes do Lóuzara. Está incluída no espazo natural “Ancares Courel”Accedese desde Samos, O Incio ou Triacastela.

Page 55: Comarca Sarria

Monte Meda desde A Braña

Page 56: Comarca Sarria

Vista do Oribio desde Samos

Page 57: Comarca Sarria

Vista da serra do Oribio desde a Albela

Page 58: Comarca Sarria

O Balbón, nas estribación do Oribio cara ao sur

Page 59: Comarca Sarria

Cova en Santalla, nas abas do Balbón. Na zona que cae cara ao val do Lóuzara en Santalla abonda as covas con formacións de estalactitas e estalagmitas.

Page 60: Comarca Sarria

Vista cara aos Ancares desde o alto do Oribio. No primeiro plano o monte Albela.

Page 61: Comarca Sarria

Canón no rego da Ribeira, unha das cabeceiras do río Oribio

Page 62: Comarca Sarria

O Oribio no inverno

Page 63: Comarca Sarria

Vista xeral desde o Oribio

MONTES DE LÓUZARAEsténdense con direción NE-SO, rodeados polo norte e oeste polo río do Lóuzara e polo leste e sur polo Lor. Forma o límite oeste da cunca do río Sil.A máxima altura neste comarca é o Alto dos Mociiños, con 1.401 m.Accedese desde Samos, Triacastela ou Seoane do Courel.

Page 64: Comarca Sarria

A disposición das lousas nas abas da serra orixinan ladeiras de pendentes moi pronunciadas onde a erosión deixa as rochas ao descuberto.

Page 65: Comarca Sarria

Serra de Lóuzara no inverno, vista da aba oeste

Page 66: Comarca Sarria

Vista xeral da cara norte da serra da Trapa

SERRA DA TRAPASerra de perfís Suaves, situada entre O Courel, O Incio, Samos e A Pobra de Brollón, con orientación NO-SE, separada da serra de Lóuzara polo río do mesmo nome e rodeada polo val do Lor polo leste e sur, polo Cabe, no oeste e o Antiga no norte. Os materiais dominantes son xistos e lousas, con algunhas veas de mineral de ferro. A máxima altura é o Legua, tamén chamado Pena dos Catro Cabaleiros, con 1.301 m.

Page 67: Comarca Sarria

Vista dos montes do Incio desde o cume do Legua

Page 68: Comarca Sarria

No cume da Pena dos Catro Cabaleiros coínciden os concellos do Courel, A Pobra de Brollón, O Incio e Samos. Conta a tradición que nela se reunían unha vez no ano os alcaldes dos catro concellos.

Page 69: Comarca Sarria

Mina de ferro no Incio.Unha ruta lineal, sinalizada, sae de ferrería do Incio e, ao longo de 12 km, pasa polo Balneario, as fontes de augas férricas e as minas de Bouzallo, Couso, Fonte Barrosa, Tinta, Avión e remata na Cova das Choias, na Pobra de Brollón. No camiño pódese gozar dunhas panorámicas fermosas da comarca.

O FERROA riqueza en minerais de ferro das serras do Incio foi, noutros tempos, a base dunha industria artesanal de forxas destinadas a fabricar aparellos para o campo, ferramentas varias e llantas para as rodas dos carros. A etapa de maior intensidad foi entre 1830 e 1850. O mineral calcinábase usando carbón de madeira de carballo e castiñeiro dos montes da zona e reducíase con madeira de breixo.Numerosas explotacións mineiras como a Bouzallo de San Miguel, Couso, Tinta, Avión... subministraron mineral de ferro para os mazos que se instalaron nos ríos próximos. Deses tempos consérvanse os restos dalgunhas minas e topónimos como A Ferrería, Ferreira, Río do Mazo...

Rego de Augas RubiasO ferro non aparece na natureza en estado puro, atópase na composición de diferentes minerais en forma de óxidos, silicatos, carbonatos, sulfuros e moitas veces pódese ver tinguindo as augas dos regatos.

Page 70: Comarca Sarria

Esquema dun mazo.O eixo da roda (árbore) leva uns saíntes (malumbreiros) que obrigan a levantar o mazo. Este cae polo seu propio peso e golpea o ferro (quentado previamente na fragua) contra a ingre.

Mineral de ferro

Ferrería en Guldriz, no río Lóuzara

Ferraxes nunha porta da igrexa do Hospital. O Incio.

Page 71: Comarca Sarria

Vista xeral da serra do Páramo

SERRA DO PÁRAMOEsténdese con dirección NE-SO entre os concellos de O Páramo e Sarria. O cume máis alto é o monte Páramo con 876 m. Desde o cume hai unha vistas impresionantes sobre toda a comarca e a chaira de Lugo.Accedese desde Sarria ou Trebolle pola estrada de Goián.

Page 72: Comarca Sarria

Vista desde o cume do Páramo cara á chaira de Lugo

Page 73: Comarca Sarria

Vista desde o Páramo cara a Sarria. Ao fondo a serra do Oribio.

Page 74: Comarca Sarria

OS RÍOS

Confluencia do Miño e o Loio no encoro de Belesar, entre O Páramo e Portomarín

Os ríos da comarca de Sarria forman parte da cunca do Miño, directamente ou a través do Sil.O Miño limita a comarca polo leste e recibe as augas do Neira, Loio, Trapa e Zancroia, que circulan con dirección leste-oeste. O río máis importante da comarca é o Sarria, que se xunta co Neira pouco antes da súa desembocadura no Miño. Das montañas orientais baixan varios ríos que discorren con dirección norte-sur e van a xuntarse ao Sil: o Lóuzara (afluente do Lor) e o Cabe co Antiga.

Page 75: Comarca Sarria

Río Cabe no Incio

Os ríos teñen cursos moi encaixados nas áreas de montaña e nas proximidades do canón do Miño e son frecuentes os rápidos e as fervenzas. Nos seus canóns e veigas consérvanse bosques de ribeira que acollen unha rica flora e fauna.

Page 76: Comarca Sarria

Chopos na beira do río Sarria en Samos

Flores de freixo, unha árbore común ás beiras dos ríos

Page 77: Comarca Sarria

Allo de río (Allium victorialis). Florece en lugares húmidos e sombrizos á beira dos ríos.

Herba do gando, baladro (Helleborus foetidus). En Galiza atópase en terreos calcários.

Page 78: Comarca Sarria

Narcisos (Narcissus pseudonarcissus). Florecen a finais do inverno e comezos da primavera na beira dos ríos e nos prados húmidos.

Page 79: Comarca Sarria

Cegoña (Ciconia ciconia), unha ave que frecuenta os prados e humidais

Page 80: Comarca Sarria

Machos e femias de lavanco (Anas platyrhynchos). Os machos teñen as cores máis chamativas, en especial na época de cría.

Espiñento (Gasterosteus aculeatus).Un peixe de pequeno tamaño que abonda no encoro. Ten uns curiosos costumes nupciais: constrúe niños e cambia de cor.

Page 81: Comarca Sarria

Merlo rieiro (Cinclus cinclus). É un excelente mergullador que se despraza coa axuda das ás ou camiñando polo fondo dos ríos, nas zonas de correntes, para capturar pequenos animais.

Lavandeira branca (Motacilla alba). As lavandeiras gostan de buscar pequenos animaliños á beira da auga.

Ra verde (Pelophylax perezi), a ra máis común e abundante.

Page 82: Comarca Sarria

Ponte de Carracedo sobre o Neira. Construída no século XVI, ten 62 m de lonxitude e 9 de altura sobre o río.

Arredor dos cursos fluviais consérvase tamén un importante patrimonio etnográfico e histórico-artístico: pontes, muíños, acuedutos, ferrerías, balnearios, fontes... Numerosas rutas de sendeirismo permiten percorrer as zonas de maior interese.

Page 83: Comarca Sarria

Ponte de Áspera sobre o río Celeiro, un afluente do Sarria (Neira), no Camiño de Santiago

Page 84: Comarca Sarria

O Miño no Páramo

RÍO MIÑONace na serra de Meira e desemboca na Guarda, no océano Atlántico. Fai de linde polo oeste da comarca coas terras de Taboada (Comarca de Chantada) cunha dirección norte-sur nun val encaixado en rochas graníticas e enteiramente afectado polo encoro de Belesar. Recibe pola marxe esquerda ao seu principal afluente na comarca, o Neira, e pequenos regos como o Loiro, o Trapa e o Zancroia.Parte do curso do Miño, en terreos do concello de O Páramo (ata a parroquia de Ribeira) forma parte do LIC Miño-Neira.

Page 85: Comarca Sarria

O Miño entre O Páramo e Guntín, na súa entrada na comarca, antes de ser encorado en Belesar

Page 86: Comarca Sarria

O Miño entre O Páramo e Portomarín

Page 87: Comarca Sarria

O Miño en Paradela

Page 88: Comarca Sarria

O Miño entre Paradela e Portomartín

Page 89: Comarca Sarria

O Miño desde o miradoiro do Cabo da Vila (Paradela)

Page 90: Comarca Sarria

Canón do Miño co encoro en augas baixas. San Facundo (Paradela)

Page 91: Comarca Sarria

Vista di Canón do Miño en San Facundo (Paradela)

Page 92: Comarca Sarria

Canón do Miño entre Paradela e Portomartín

Page 93: Comarca Sarria

En Paradela, nas beiras do Miño, cultívanse vides en socalcos en explotacións tradicionais

Page 94: Comarca Sarria

Caneiros para a pesca no Miño en Paradela. Só se poden ver cando encoro ten augas baixas

Page 95: Comarca Sarria

O Neira na área recreativa de San Pedro de Láncara

RÍO NEIRANace nas proximidades de Fontaneira (Baleira). Ten un percorrido de 56 km por terras dos concellos de Baleira, Baralla, Láncara e O Corgo e desemboca no Miño entre os concellos de O Corgo e O Páramo. O principal afluente na comarca é o Sarria.

Page 96: Comarca Sarria

O Neira en Ponte Neira, entre O Páramo e O Corgo

Central eléctrica no río Neira ao pé dun antigo muíño en Valdriz

Page 97: Comarca Sarria

Atranco no Neira na Pobra de San Xiao

Page 98: Comarca Sarria

Paseo a carón do río Sarria en Samos

RÍO SARRIAÉ o principal afluente do Neira. Chamado Oribio en Triacastela fórmase co rio Santalla, Ribeira, Vilavella e Valdescuro que baixan das serras da Albela e Oribio. Atravesa terreos de Triacastela, Samos, Sarria e O Páramo e xúntase ao Neira nas proximidades da Pobra de San Xiao.

O Oribio en Triacastela

Page 99: Comarca Sarria

Acueduto sobre o Sarria no Mosteiro de Samos

Muíño en Renche (Samos)

O Sarria en Sarria

Page 100: Comarca Sarria

Artranco para unha accea no río Sarria (Sarria)

Rego da Cenza, un afluente do Sarria

Page 101: Comarca Sarria

Ponte Vella sobre or río Sarria en Sarria

Page 102: Comarca Sarria

Desembocadura do Loio no encoro de Belesar

RÍO LOIONace na serra do Páramo e xúntase ao Miño pola marxe esquerda no encoro de Belesar despois de formar un profundo canón. Ten todo o seu percorrido polo concello de Paradela. Unha ruta que comeza en Pacios percorre sete quilómetros pola beira do Loio ata a desembocadura.

Page 103: Comarca Sarria

Tramo final do Loio co encoro de Belesar en augas baixas

Desembocadura do Loio no Miño

Page 104: Comarca Sarria

Fervenza da Ruxidoira. En Pacios (O Páramo).O Rego da Serra, un afluente do río Loio cae formando varios saltos. O máis destacado ten 8 m de altura. Unha ruta que comeza a carón do Centro de Saúde baixa á primeira fervenza. Máis abaixo hai varios saltos máis pequenos.

Page 105: Comarca Sarria

RÍO CABENace no Incio, na aldea de Fontes. Percorre terreos dos concellos de O Incio, A Pobra do Brollón e Monforte de Lemos. No curso alto, nos vales do Incio, vai encaixado, logo ten un percorrido sinuoso pola Depresión de Lemos e volve a encaixarse nun canón rochoso antes de desembocar no Sil. Na comarca recibe o Tornea, Mao (co Noceda), pola dereita; e o Antiga, pola esquerda.Está protexido no LIC “Río Cabe”. A proteción abranxe tamén os seus afluentes Carabelo, Cinsa e Mao, e os vales e bosques do Incio.

Algúns regos, afluentes do Antiga e o Cabe, que baixan da serra da Trapa cargados de augas férreas tinguen de vermello as rochas da súa canle.

O río Antiga entre A Raxoa e A Airela, co Alto da Nevada ao fondo. O Antiga é un dos principais afluentes do Cabe en terras do Incio. Baixa dos cumes da Trapa e xúntase ao Cabe en Trascastro.

Page 106: Comarca Sarria

Restos dun acueduto sobre o río Antiga, na Airela (O Incio).

Fervenza no Regueiro de Tras da Devesa, un afluente do río Antiga, nas proximidades da Airela (O Incio).A fervenza ten 4 m de altura e está reforzada por un atranco.

Page 107: Comarca Sarria

O Cabe en San Pedro do IncioO río salva un desnivel que está rodeado dun muro en xistos e lousas de arredor de 4 m de altura.

Fervenza no Cabe (O Incio). Na estrada do Incio ao Courel, un pouco despois de cruzar o Cabe. A fervenza ten uns 5 m de altura e está modificada por un atranco.

Page 108: Comarca Sarria

RÍO MAONace na serra do Oribio e pasa polos concellos de O Incio, Bóveda e bótase no Cabe ao pouco de entrar no de Monforte.En Vilasouto está encorado para desviar a auga para un sistema de regadío. Foi construído en 1966 para reter auga para regar as terras de Monforte, Bóveda e Sober nun plan de regadío con 147.999 m de acequias.

Vilasouto, ao pé do encoro

Page 109: Comarca Sarria

Fervenza no Lóuzara e Gundriz

RÍO LOÚZARAÉ o afluente máis longo do Lor, con 28 km de percorrido. Baixa desde a Serra do Rañadoiro e forma un profundo val entre as serras de Oribio e Lóuzara, en terreos do concello de Samos. Recibe numerosos regos que baixan da serra do Oribio (Retorno, Oribio, Mideira, Muíño, Lanza) e Lóuzara (rego da Cova da Fonte, rego de Santalla) nos que abondan as fervenzas, chamadas pincheiras na zona.

Page 110: Comarca Sarria

Pincheira de Santalla de Abaixo (Samos), no rego das Forcadas, un afluente do río Loúzara que forma un salto de 25 m de altura en lousas e xistos. Accedese poor un sendeiro que parte de Santalla de Abaixo percorrendo 1 km pola marxe esquerda do río.

Pincheira da Cova da Fonte, en Santalla de Abaixo (Samos). No rego da Toca que nace no interior dunha cova en xistos. Ten varios saltos cunha altura total duns 7 m. A auga aprovéitase para un muíño abandoado e para abastecer á poboación.

Page 111: Comarca Sarria

Pincheira da Casela (na estrada do Incio ao Courel)Nun rego que desemboca no rego do Retión (afluente do Lóuzara). Ten varios saltos de moita altura.

Val do Lóuzara na primavera

Page 112: Comarca Sarria

ÁRBORES

Fragas nas abas do Oribio

As formacións autóctonas máis representadas son as carballeiras nas que hai mesturados pradairos, capudres, cerdeiras bravas, acivros, bidueiros, castiñeiros... cun rico sotobosque.Arredor das poboacións, en especial no Incio e Samos, hai soutos que se cultivan para aproveitar as castañas onde se atopan exemplares monumentais.Nos parques e xardíns das poboacións e nos pazos atópanse exemplares destacados de especies exóticas e nas beiras dos ríos fermosos exemplares de chopos.

Page 113: Comarca Sarria

Outono na serra de Trapa: bidueiros, cerdeiras e piñeiros

Page 114: Comarca Sarria

Carballo (Quercus robur)-San Pedro de Láncara -Pazo de Romariz (O Incio)-Piteiro (O Incio)-Rendar (O Incio)-Sirgueiros (O Incio)-Carballeira da Praza de Cruz do Incio

-Carballo en San Pedro de Láncara (a carón da praia fluvial)

Page 115: Comarca Sarria

Carballo de Piteiro. A Volta- Vilameá (O Incio). -21 m de altura.

Carballo de Rendar. (O Incio).-6,3 m de perímetro.

Page 116: Comarca Sarria

Carballeira da Praza de Cruz do Incio (O Incio).O máis grande mide 3,74 m de perímetro.

Carballo en Sirgueiros (O Incio)-4,40 m de perímetro

Page 117: Comarca Sarria

Carballo do pazo de Romariz (O Incio)

Carballo en Santalla (Paradela)-4,05 m de perímetro

Page 118: Comarca Sarria

Castiñeiro (Castanea sativa)-O Real (Samos)-Santa Mariña (Samos)-Piñeira (Sarria)-Souto da Chafarica (Sarria)-Ramil (Triacastela)-Vilavella (Triacastela)-Pasantes (Triacastela)

Castiñeiro da igrexa de Hospital. (O Incio). -16 m de altura e 6 de perímetro.

Page 119: Comarca Sarria

Castiñeiro en As Pasantes (Triacastela)-7,60 m de perímetro.

Castiñeiro “O que non se abarca”.-8,56 m de perímetro. Situado á beira do Camiño de Santiago en Ramil (Triacastela).

Page 120: Comarca Sarria

Castiñeiro de O Real (Samos)-8 m de perímetro

Castiñeiro en Vilavella (Triacastela)-9,4 m de perímetro.

Page 121: Comarca Sarria

Castiñeiro en Santa Mariña (Samos)-7,73 m de perímetro

Castiñeiro en Piñeira (Sarria)

Page 122: Comarca Sarria

-Souto da Chafarica (Sarria)

Page 123: Comarca Sarria

Alcipreste mediterráneo (Cupressus sempervirens) do Pazo de Dompiñor (Hospital-O Incio). -21 m de altura e 2,90 m de perímetro.

Alcipreste mediterráneo (Cupressus sempervirens)Capela do Salvador de Samos. Pode ter uns 500 anos. INCLUÍDO NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA

Page 124: Comarca Sarria

Alcipreste mediterráneo (Cupressus sempervirens)O Incio. -3,05 m de perímetro.

Alcipreste de Lawson (Chamaecyparis lawsoniana). Casa da Puebla. Hospital (O Incio). Dous exemplares de 24 m de altura e 8,70 e 9,25 m de perímetro. INCLUÍDOS NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA

Page 125: Comarca Sarria

Cedro do Atlas (Cedrus atlantica) da Casa da Puebla.(O Incio). -28 m de altura; 4 m de perímetro.

Plátanos de sombra (Platanus acerifolia). Pazo Dompiñor. Hospital (O Incio). -46 m de altura e case 6 m de perímetro.

Page 126: Comarca Sarria

Nogueira (Juglans regia) de Triacastela. -7,30 m de perímetro na parte baixa do toro.

Page 127: Comarca Sarria

Eucalipto (Eucalyptus globulus) A Beiraboa (S Vicente de Paradela).-5,85 m de perímetro.

Palmeira canaria (Phoenix canariensis) do Mosteiro de Samos.-13,50 m de altura

Page 128: Comarca Sarria

ESPAZOS PROTEXIDOS

Serra de Lóuzara

LIC OS ANCARES – O COURELÉ un gran espazo de 102.830 ha que inclúe as zonas coñecidas como Os Ancares, O Courel, O Cebreiro e Samos e o curso do río Lor ata a desembocadura no Sil. Na comarca os concellos de A Pobra do Brollón, Samos e O Incio. É un espazo eminentemente de montaña que conserva importantes valores xeolóxicos (pregamentos, fallas, covas...), ecolóxicos (diversidade de ecosistemas entre os que destacan as grandes fragas ou devesas) e etnográficos. Acolle unha grande riqueza de flora e fauna pola súa situación límite entre as áreas bioclimáticas Norte-Europea e Mediterránea.

Page 129: Comarca Sarria

LIC RÍO CABEO espazo protexido comprende parte do curso do río Cabe, os seus afluentes Carabelo, Cinsa e Mao, e os vales e bosques do Incio, 1.787 ha nos concellos de Bóveda, O Incio, A Pobra de Brollón, Monforte de Lemos, Pantón e Sober. Os ecosistemas protexidos neste espazo son maiormente os cursos dos ríos, coa vexetación acuática e de ribeira onde atopamos unha grande diversidade animal e vexetal.

Page 130: Comarca Sarria

LIC MIÑO-NEIRAAbrangue 842 ha nos cursos dos ríos Miño e Neira. Nesta comarca parte do curso do Miño, en terreos do concello de O Páramo (ata a parroquia de Ribeira).Os hábitats son moi variados: cursos de aguas correntes, con remansos e presenza de illas, bosques de ribeira, bosque mixto de carballo (Quercus robur) e rebolo (Quercus pyrenaica), augas estancadas con vexetación acuática, matogueiras, cultivos e bosques de repoboación. Destacan as aves acuáticas e as asociadas aos bosques e campos.

Page 131: Comarca Sarria

Paso entre as serras do Portelo, Oribio e O Rañadoiro, no camiño entre O Cebreiro e Triacastela.

Son roteiros que se estableceron ao longo do tempo para achegarse a Compostela. Hai noticias de peregrinacións para visitar os restos do Apóstolo desde o século IX. A época de maior esplendor das peregrinacións foi o século XII. Neste tempo Santiago era o máis importante centro de peregrinacións cristiás do mundo. Ao longo do camiño atopábanse distribuídos lugares de acollida, hospitais, hospederías... onde se atendía aos peregríns gratuitamente. Actualmente son oito as rutas xacobeas que percorren o territorio galego.

O CAMIÑO DE SANTIAGO

Page 132: Comarca Sarria

Igrexa do Hospital (O Incio), noutros tempos hospital e refuxio de peregrinos

O Camiño Francés fixouse a partir do século IX. Iníciase na fronteira francesa e entra en Galiza polo Cebreiro. Está declarado pola Unesco Patrimonio da Humanidade. Nesta comarca atravesa os concellos de Triacastela, Samos, Sarria e Paradela.Ao longo do camiño atópanse importantes valores naturais e unha rica representación do patrimonio histórico artístico e etnográfico: pontes, igrexas, mosteiros, núcleos de poboación, castelos...

Page 133: Comarca Sarria

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon DaportaDEBUXOS: Mon Daporta

marzo 2017