Comarca Terra de Lemos

117
TERRA DE LEMOS A NATUREZA

Transcript of Comarca Terra de Lemos

Page 1: Comarca Terra de Lemos

TERRA DE LEMOSA NATUREZA

Page 2: Comarca Terra de Lemos

A comarca de Terra de Lemos está situada no sur da Provincia de Lugo, entre os vales dos ríos Miño e Sil e os contrafortes do Courel. No territorio distínguense varias unidades con diferenzas de releve e climáticas. As serras do leste, no linde co Courel, onde se atopan as maiores alturas, con clima oceánico de montaña. A despresión de Lemos, no centro, cunha altitude media de 300 a 400 m, con clima oceánico continental. Os restos da chamada superficie de erosión de Chantada, nos rebordo dos vales do Miño e Sil, cunha altitude media de 500 a 700 m, cun clima oceánico de transición. Os canóns do Miño e Sil con altitudes de 100 a 200 m nos cursos dos ríos, e clima oceánico mediterráneo.Esta diversidade morfolóxica e climática da lugar a unha grande variedade de ecosistemas con especies atlánticas e mediterráneas e a paisaxes dun grande interese.

Monforte

Page 3: Comarca Terra de Lemos

SUPERFICIE: 940,4 km2 POBOACIÓN: 31.590 habitantesCONCELLOS: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.ESPAZOS PROTEXIDOS: LICs “Canón do Sil”, “Río Cabe” e “Ancares Courel”.

Page 4: Comarca Terra de Lemos

CLIMAA grande variedade morfolóxica, altitudinal e de orientación da lugar a climas diversos: clima oceánico de montaña nas serras; oceánico continental na depresión de Monforte; oceánico mediterráneo nos vales dos ríos Miño e Sil.

A Serra da Trapa e a depresión de Monforte cuberta de néboa nunha mañán de inverno.

Page 5: Comarca Terra de Lemos

ACTIVIDADESAs actividades fundamentais son os servizos, a agricultura (destaca o cultivo das vides da Denominación de Orixe Ribeira Sacra) e a industria.

Viñedos en Sober

Page 6: Comarca Terra de Lemos

PATRIMONIOÉ unha comarca que acolle unha gran riqueza patrimonial con importantes mostras histórico-artísticas (mosteiros, igrexas, castelos, pazos...) e etnográficas.

Torre medieval da fortaleza dos condes de Lemos en Monforte.

Torre da Candaira (Rebordaos, O Saviñao)

Page 7: Comarca Terra de Lemos

Torre de Marce (Vilar de Ortelle). Formaba parte dunha grande fortificación medieval.

Page 8: Comarca Terra de Lemos

Muíño da Casa da Marquesa, no río Lor (Barxa de Lor. A Pobra do Brollón)

Page 9: Comarca Terra de Lemos

Sartegos antropomorfos do Preguntoiro (Pombeiro, Pantón)

Hórreo en Cibrisqueiros (Pombeiro, Pantón)

Page 10: Comarca Terra de Lemos

Igrexa de Baamorto (Monforte)

Page 11: Comarca Terra de Lemos

Igrexa de Valverde (Monforte)Igrexa de Ribas Altas (Monforte)

Page 12: Comarca Terra de Lemos

A RIBEIRA SACRAParte desta comarca está incluída na Ribeira Sacra, unha área situada nos canóns do Sil e do Miño. O nome de Ribeira Sacra probablemente ven da Idade Media, e podería ter a súa orixe na grande cantidade de mosteiros e templos que se construíron nos canóns e escarpadas abas. Nesta comarca: San Vitorio de Ribas de Miño, Diomondi, Santo Estevo de Ribas de Miño, A Cova... (O Saviñao); Eiré, Atán, San Fiz de Cangas, Pombeiro, Ferreira... (Pantón); As Cadeiras, Bolmente, Lobio, Pinol, Proendos... (Sober).

San Vitorio de Ribas de Miño (O Saviñao)Santo Etevo de Ribas de Miño (O Saviñao)

Page 13: Comarca Terra de Lemos

Santuario de Guadalupe (San Vitorio de Ribas de Miño)

Page 14: Comarca Terra de Lemos

Recentemente (1997) descubreuse no lugar de O Cotillón (San Román de Acedre-Pantón) unha capela excavada na rocha que estaba empregada como adega. Crese que foi un dos primeiros eremitorios da Ribeira Sacra, da época altomedieval. Ten forma de cruz grega, con espazos de oración e vivenda. As paredes están decoradas con grabados feitos na rocha.

http://patrimoniogalego.net/index.php/88415/2016/08/eremitorio-de-o-cotillon/

Page 15: Comarca Terra de Lemos

A Cova (O Saviñao)Diomondi (O Saviñao)

Page 16: Comarca Terra de Lemos

Eiré (Pantón)

Santo Estevo de Atán (Pantón)

Page 17: Comarca Terra de Lemos

San Vicenzo de Pombeiro (Pantón)

Page 18: Comarca Terra de Lemos

Pinturas murais en San Vicenzo de Pombeiro (Pantón)

San Fiz de Cangas (Pantón)

Page 19: Comarca Terra de Lemos

Mosteiro de Ferreira de Pantón (Pantón)

Page 20: Comarca Terra de Lemos

Santuario de Augas Santas (Pantón)

Page 21: Comarca Terra de Lemos

Proendos (Sober)

Pinol (Sober)

Page 22: Comarca Terra de Lemos

Lobios (Sober)

Page 23: Comarca Terra de Lemos

CONCELLOS

SUPERFICIE: 91,07 km2 POBOACIÓN: 1.571 habitantes (2014) PARROQUIAS: Bóveda, Freituxe, Guntín, Martín, Mosteiro, Remesar, Ribas Pequenas, Rubián (Santiago e San Fiz), Teilán, Tuimil, Ver, Vilalpape e Vilarbuxán.

Bóbeda e a serra das Penas desde a serra da Trapa

BÓVEDAEstá situado ao norte da comarca, no rebordo montañoso da depresión de Monforte. Ocupa unha extensión de e tén arredor de distrubuídos nas parroquias de O territorio é de releve irregular, de transición entre a chaira de Monforte e os cumes que a rodean: serra das Penas no norte e oeste e serra de Pedrouzos no sur. As máximas alturas atópanse no oeste, no monte Couso, con 689 m.

Page 24: Comarca Terra de Lemos

Muíño no río Mao en Ribas Pequenas

É un concello eminentemente rural onde os principais recursos son a agrogadaría, os servizos e pequenas industrias asociadas aos recursos (madeira, cerámica...). Os espazos de maior interese natural atópanse nas beiras dos ríos Mao e os seus afluentes Teilán-Penacova e Nocedo.No aspecto histórico-astístico destaca os pazos de Bóveda e Ver e as igrexas de Rubiá (San Fiz e Santiago).

Ferrería de Penacova

Page 25: Comarca Terra de Lemos

SUPERFICIE: 199,44 km2 POBOACIÓN: 19.061 habitantes (2015)PARROQUIAS: Baamorto, Bascós, Caneda, O Chao do Fabeiro, Chavaga, Distriz, Fiolleda, Gullade, Guntín, Marcelle, Monforte de Lemos, Moreda, As Nocedas, A Parte, A Penela, Piñeira, Reigada, Ribas Altas, Rozavales, San Xillao de Tor, Santa Mariña do Monte, Seoane, Sindrán, Tor, Valverde, A Vide, Vilamarín.

Vista do convento da Compañía co monte de San Vicente do Pino ao fondo, no que se atopa a Torre dos Condes de Lemos e o convento de San Vicente, na actualidade Parador de Turismo.

MONFORTE DE LEMOSEstá situado no centro da comarca. O principal núcleo de poboación é Monforte (segunda cidade da provincia de Lugo), capital do concello e da comarca, onde se concentran a maior parte dos servizos e das actividades comerciais e industriais.O releve é maiormente chan. A depresión de Monforte ocupa a maior parte do territorio do concello, cunha altitude de 300 a 400 m, percorrida no centro polo río Cabe e parte do curso dos seus afluentes Mao e Cinsa. O Sil linda co concello polo sur. Os cumes máis importantes atópanse no sur (Bidual, con 813 m, e Serra de Auga Levada), onde descende bruscamente cara ao canón do Sil; no leste, no linde con A Pobra do Brollón (Moncai, con 531 m); e no noroeste (san Cristovo, con 618 m), no linde con Bóveda e O Saviñao.

Page 26: Comarca Terra de Lemos

Monforte foi sempre un importante no de comunicacións ferroviarias e por estrada. Noutros tempos tiveron gran importancia as actividades asociadas ao ferrocarril. Na actualidade os antigos obradoiro de Renfe están convertidos nun museo onde se poden visitar trens e máquinas de diferentes épocas.

As principais actividades son os servizos, o comercio, a industria a agricultura (especialmente o cultivo do viñedo) e a gandaría.Os principais valores naturais atópanse no Canón do Sil e no val do Cabe (protexido como LIC).É un concello que acolle un importante patrimonio histórico artístico: castelo dos Condes de Lemos, conventos de San Vicente do Pino e A Compañía, igrexas románicas, pazos...

Torre medieval da fortaleza dos condes de Lemos no cume do monte de San Vicente do Pino, un expléndido miradoiro sobre a cidade e a comarca de Lemos.

Page 27: Comarca Terra de Lemos

SUPERFICIE: 143,18 km2 POBOACIÓN: 2.708 habitantes (2014) PARROQUIAS: Acedre, Atán, Cangas, Castillón, Deade Eiré Espasantes, Ferreira de Pantón, Frontón, Mañente, Moreda, Pantón, Pombeiro, Ribeiras de Miño, San Fiz de Cangas, San Vicente de Castillón, Santalla de Toiriz, Santo Estevo do Mato, Següín, Serode, Siós, Toiriz, Toldaos, Tribás, Vilamelle, Vilar de Ortelle.

Vides no canón do Miño

PANTÓNEstá situado ao suroeste da comarca rodeado polos ríos Miño, ao oeste, Sil, ao sur, e Cabe, ao leste.A capital do concello é O Castro de Ferreira, na parroquia de Ferreira de Pantón.O releve do territorio está diferenciazo en tres zonas: unha parte chan situada ao leste, na depresión de Monforte, cunha altitude media de 300 a 400 m; unha superficie de palanamento de 500 a 600 m de altitude, e os canóns dos ríos, de paredes con grandes desniveis. As alturas máis destacadas están situadas ao sur, oeste e norte: Montes de San Paio, co Penapombeiro (707 m); Ortelle (675 m ), San Cibrán (571 m) e Castillón (659).

Page 28: Comarca Terra de Lemos

San Fiz de Cangas, mosteiro de monxas benedictinas de orixe visigótica.Pantón forma parte da comarca coñecida como Ribera Sacra pola gran cantidade de igrexas e mosteiros que acolle, entre as que destacan San Salvador de Ferreira de Pantón, San Fiz de Cangas, San Miguel de Eiré, San Estevo de Atán e San Vicente de Pombeiro.

As principais actividades son a agricultura, es especial o cultivo da vide da D.O Ribeira Sacra (máis de 600 hectáreas), a gandaría, os servizos e a industria.É unha comarca con grandes valores naturais asociados aos canóns do Miño, Sil e Cabe onde se atopa unha paisaxe espectacular cunha gran biodiversidade. Parte do territorio está protexido nos LICs Canón do Sil e Río Cabe.Acolle un importante patrimonio histórico-artístico: castros, mámoas, restos romanos, prerrománicos e románicos, pazos, casas...

San Miguel de Eiré, “O Mosteiro”, de monxas benedictinas fundado a comezos do século XII.

Page 29: Comarca Terra de Lemos

SUPERFICIE: 176,65 km2

POBOACIÓN: 1.794 habitantes (2015)PARROQUIAS: Abrence, Barxa de Lor, Canedo, Castroncelos, Castrosante, Cereixa, Eixón, Ferreiros, A Ferreirúa, Fornelas, Lamaigrexa, Liñares, Óutara, Parada dos Montes, Pinel, Piño, A Pobra do Brollón, Saa, Salcedo, Santalla de Rei, Veiga e Vilachá. Paisaxe da Pobra de Brollón desde a serra da Trapa.

A POBRA DE BROLLÓNEstá situada ao leste da comarca lindando co Courel. É un concello eminentemente rural con pequenos núcleos de poboación. No territorio diferéncianse tres zonas. Ao leste e norte sitúanse as máximas alturas, na serra da Trapa (Legua, con 2304 m) e Auga Levada (881 m). No oeste parte da Depresión de Lemos e no sur unha superficie de erosicón que cae bruscamente cara ao canón do Sil.A rede fluvial é moi ampla. No sur un pequeno tramo do Sil, encaixado no Canón, ao leste o Lor, no linde con Quiroga e O Courel e ao norte e leste o Cabe co seu afluente o Saa, que atrevesa o concello de leste ao oeste.

Page 30: Comarca Terra de Lemos

A Pobra de Brollón desde a estación de tren. Ao fondo a serra da Trapa.

As principais actividades son agricultura (destaca o cultivo de viñedos no Canón do Sil), a gandaría, as explotacións forestais e os servizos.Acolle importantes valores naturais e paisaxísticos no entorno dos ríos e nas serras. Parte do concello forma parte dos LICs “Ancares Courel” e “Río Cabe”.

Ponte sobre o río Saa en Saa.

Page 31: Comarca Terra de Lemos

SUPERFICIE: 297 km2 POBOACIÓN: 4.056 habitantes (2015) PARROQUIAS:Abuíme, A Broza, Chave, A Cova, Diomondi, Eirexafeita, Fión, Freán, A Laxe, Louredo, Marrube, Mourelos, Ousende, Piñeiró, Rebordaos, Reiriz, Rosende, San Vitorio de Ribas de Miño, Santo Estevo de Ribas de Miño, Segán, Deteventos, Sobreda, Vilacaíz, Vilaesteva, Vilasante, Vilatán, Vilelos, Xuvencos.

Socalcos nas paredes do canón do Miño no encoro de Belesar

O SAVIÑAOEstá situado ao oeste da comarca lindandon co canón do Miño. A capital municipal está en Escairón, o principal núcleo de poboación.O territorio en xeral é de releve chan. Está integrado en grande parte na superficie de aplanamento de Chantada e está repartido en dous niveis con altitudes de 600-700 m no centro do concello, e 400-600 m no oeste, cunha caída brusca cara ao Miño. O cume máis alto é o San Antonio, con 690 m. Os ríos principais son o Miño, que percorre o linde oeste do concello de norte a sur nun val encaixado, e os seus afluentes que discorren con dirección E-O: Zancoia, Pez, Sardiñeira e Saviñao.

Page 32: Comarca Terra de Lemos

San Estevo de Ribas de Miño, mosteiro románico do século XII. Desde o adro da igrexa hai unhas vistas espectaculares sobre o canón do Miño.

As actividades máis destacadas son agricultura (en especial os viñedos, acoollidos á Denominación de Orixe Ribeira Sacra), a gandaría e os servizos.Os lugares de maior interese natural sitúanse na ribeira do Miño, pola que se poden facer varias rutas que percorren lugares con vistas panorámicas e cunha variada flora e fauna.Acolle un rico e variado patrimonio histórico artístico de todas as épocas: mámoas e castros, restos romanos, igrexas románicas e barrocas, castelos, pazos...

Detalle dunha porta lateral da igrexa de San Paio de Diomondi, románica do século XII.

Page 33: Comarca Terra de Lemos

SUPERFICIE: 133,28 km2 POBOACIÓN: 2.400 habitantes (2015) PARROQUIAS: Amandi, Anllo (San Martiño e Santo Estevo), Arroxo, Barantes, Bolmente, Brosmos, Bulso, Canaval, Doade, Figueiroá, Gundivós, Liñarán, Lobios, Millán, Neiras, Pinol, Proendos, Refoxo, Rosende, Santiorxo e Vilaescura.

Socalcos canón do Sil

SOBEREstá situado no centro-sur da comarca, lindando co val do Sil, ao sur e co Cabe ao oeste.No releve distínguense tres zonas. Ao norte forma parte da depresión de Lemos, no centro é unha superficie de aplanamento e ao sur e leste os profundos canóns dos ríos Sil e Cabe, con paredes con grandes desniveis. O cume máis alto é o Bidual, con 813 m, no linde co concello de Monforte.Os ríos máis importantes son o Sil, que rodea todo o concello polo sur, e o Cabe que o limita polo oeste, co sue afluente o Sande.

Page 34: Comarca Terra de Lemos

Santuario das Cadeiras (Pinol) sobre a beira da penichaira no canón do Sil.

As principais actividades son a agricultura, industrias relacionadas co agro (adegas) e os servizos. Nos socalcos do val do Sil e do Cabe cultívanse viñedo acollidos á Denomización de Orixe Protexida Ribeira Sacra. Varias parroquias (Doade, Amandi, Lobios, Pinol, Santiorxo, Bolmente e parte das de San Martiño e Santo Estevo de Anllo) forman a subzona Amandi, onde se cultivan unhas 200 ha de viñedo. No Domingo de Ramos celébrase a Feira do Viño de Amandi en Sober. É un concello dunha grande riqueza natural e paisaxística. Parte do territorio está protexido nos LICs “Canón do Miño” e “Río Cabe”.

Olería de Gundivós. En Gundivós e outros lugares de Sober mantense viva a tradición dos oleiros ou cacharreiros que elaboran pezas de barro con finalidade utilitaria entre as que chaman a atención, por ser únicas, as destinadas a conter viño, que levan un tratamento interior con resina que se quenta ao lume e dalles unha característica cor negra.Amboa para o viño

Page 35: Comarca Terra de Lemos

RELEVO

A Depresión de Lemos ou de Monforte, desde a serra da Trapa.A Depresión de Lemos é unha cubeta de orixe tectónica que forma parte da chaira de Lugo Está situada a unha altitude media de 300-400 m e rodeada de elevacións de distinta altura.

No territorio da Terra de Lemos podemos atopar un relevo moi variado: serras, depresións, penichairas e canóns fluviais con paredes escarpadas.As principais alturas sitúanse no norte e leste. Polo linde coa comarca de Sarria esténsese a serra das Penas e A Trapa, onde se atopa o cume máis alto, o monte Legua, na confluencia coa comarca de Quiroga. Ao sur e oeste, pequenas serras de altitudes que non superan os 900 m e caen cara aos Canón do Sil e Miño: Auga Levada, Canteira, San Paio, Ortelle... No interior da depresión de Monforte atópanse pequenas elevacións como a serra de Moncai, entre Pobra de Brollón e Monforte.

Page 36: Comarca Terra de Lemos

Vista da depresión de Lemos desde o monte de San Vicente do Pino en Monforte

Page 37: Comarca Terra de Lemos

Paredes graníticas no Canón do Sil

Os materiais son moi variados. No suroeste, norte e leste predominan as rochas metamórficas. No sur e oeste abondan os granitos e no centro da depresión os materiais sedimentarios, entre os que son comúns as arxilas.

Page 38: Comarca Terra de Lemos

Serra da Trapa

A vexetación é moi variada debido ás diferenzas altitudinais e climáticas. Nos cumes domina o mato de uces e carqueixas e nas ladeiras hai grandes extensión repoboadas con piñeiros. Nos vales máis escarpados das serras consérvanse carballeiras cunha gran diversidade botánica e no Canón do Sil atópanse bosques autóctonos con mestura de especies mediterráneas (sobreiras, érvedos, aciñeiras...)

Page 39: Comarca Terra de Lemos

Cerdeira e bidueiro

Page 40: Comarca Terra de Lemos

Bolboretas (Syntarucus pirithous)

A carqueixa (Chamaespartium tridentatum) forma parte dos matos en terreos altos e secos.

Page 41: Comarca Terra de Lemos

Aba oeste da serra das Penas desde O Saviñao

SERRA DAS PENASEsténdese con dirección NO-SE no linde entre a comarca de Terra de Lemos (concellos de O Saviñao e Bóveda) e Sarria (Concello de Paradela). É unha serra de formas suaves de alturas comprendidas entre os 500 e 841 m no cume da Veitureira.Accedese desde a estrada de Bóveda a Taboada.

Page 42: Comarca Terra de Lemos

Aba leste da serra das Penas

Page 43: Comarca Terra de Lemos

Vista desde a serra da Trapa. Ao fondo a depresión de Monforte nunha mañá de néboa

SERRA DE MONCAIEsténdese con dirección NO-SE entre os concellos de Monforte e A Pobra do Brollón. É unha serra de formas suaves que acada a máxima altura no pico Moncai, de 531 m. Está cuberta case na súa totalidade de plantacións de piñeiros. Accedese desde a estrada da Pobra de Brollón a Bóveda.

Page 44: Comarca Terra de Lemos

Cumes da serra da Trapa

SERRA DA TRAPA E PENA REDONDASerra de perfís Suaves, situada entre O Courel, O Incio, Samos e A Pobra de Brollón, con orientación NO-SE, separada da serra de Lóuzara polo río do mesmo nome e rodeada polo val do Lor polo leste e sur, polo Cabe, no oeste e o Antiga no norte. Os materiais dominantes son xistos e lousas, con importantes filóns de ferro que noutros tempos forn explotados en numerosas minas que abastecían as ferrerías da comarca, do Incio e do Bierzo.Os cumes máis destacados son o Legua, con 1.301 m, A Cima das Pías, con 1145 m, o Mioteira, con 871 m e o Home Grande, con 824 m.

Page 45: Comarca Terra de Lemos

Unha gran parte está repoboada de piñeiros e nas abas máis abruptas conserva fragas dunha gran biodiversidade.Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares sobre toda a comarca de Lemos, parte do val do Sil, O Courel, Samos e O Incio.Accedese desde Pobra de Brollón pola estrada que sube desde Saa aos cumes. Pódese facer a ruta tamén desde o Incio ou desde O Courel.

Plantación de piñeiros

Page 46: Comarca Terra de Lemos

Pena dos Catro Cabaleiros na que coínciden os concellos do Courel, Pobra de Brollón, O Incio e Samos. Conta a tradición que nela se reunían unha vez no ano os alcaldes dos catro concellos.

Page 47: Comarca Terra de Lemos

Unha das últimas poboación da Pobra do Brollón nas abas da serra da Trapa

Page 48: Comarca Terra de Lemos

Serra de Auga Levada desde a estrada de Rairos a Torbeo (Ribas de Sil)

SERRA DE AUGA LEVADAÉ unha pequena serra con dirección NO-SE situada no linde entre A Pobra do Brollón e Quiroga, entre o Canón do Sil (ao sur) e o do Lor (ao leste) onde se atopan os maiores desniveis, con paredes case verticais que caen sobre os vales dos ríos. Está formada por xistos moi alterados e pregados que nalgúns lugares quedan ao descuberto. O punto máis alto é o Augalevada, con 879 m. Desde os cumes hai boas vistas sobre o Canón do Sil e o val do Lor. Accedese desde Vilachá (A Pobra do Brollón).

Page 49: Comarca Terra de Lemos

Vista do monte do Bidual desde Torbeo, rodeado polo canón do Sil

MONTE DO BIDUALPequeno macizo situado sobre o canón do Sil nos concellos de Monforte e Sober. Acada a máxima altura no cume do Bidual, con 813 m. Accedese desde Doade.

Page 50: Comarca Terra de Lemos

Miradoiro do Castelo, entre o Bidual e Doade

Page 51: Comarca Terra de Lemos

As Canteiras vistas desde o mirador de Cabezoás (Parada de Sil). Unha das vistas máis difundidas do Canón do Sil. Na beira atópanse os miradoiros coñecidos como a Cividade ou Cotarro 1 e Boqueiriños ou Cotarro 2, na parroquia de Bolmente (Sober).

AS CANTEIRASMacizo granítico situado sobre o canón do Sil, e Sober, na parroquia de Bolmente. Os cumes acadan 747 e 743 m de altitude. Accedese desde Bolmente.

Page 52: Comarca Terra de Lemos

Pena Pombeira

MONTES DE SAN PAIOEsténdense con dirección N-S entre os vales do Miño e Sil, en territorio do concello de Pantón. Os cumes máis altos son o Pena Pombeira con 709 m e San Paio, con 687 m. Os materiais dominantes son os granitos. Accedese pola estrada de Ferreira de Pantón a San Paio e Pombeiro.

Page 53: Comarca Terra de Lemos

Vista dos montes de Ortelle desde a outra banda do canón do Miño

MONTES DE ORTELLESituados sobre o canón do Miño, en terras do Saviñao. A máxima altitude é o pico Ortelle, con 675 m. Desde os cumes hai boas vistas sobre o canón do Miño.Accedese desde Vilar de Ortelle.

Page 54: Comarca Terra de Lemos

OS RÍOS

Canón do Sil en Doade, onde se atopa o

embarcadoiro do catamarán turístco.

O río principal da comarca de Lemos é o Miño, que percorre de norte a sur o límite oeste ata a confluencia co Sil nos Peares. O Sil fai de linde polo sur e o Cabe atavesaa de NE a SO. Os vales dos ríos presentan grandes diferenzas entre o percorrido pola chaira de Lemos, cun discorrer maino e sinuoso, con amplas marxes e bosques de ribeira e os canóns onde se encaixan en paredes con desniveis que acadan nalgúns puntos máis de 500 m de altura.

Page 55: Comarca Terra de Lemos

Ponte romana sobre o Cabe en Monforte, unha das mostras da riqueza patrimonial na contorna dos ríos da comarca.

Os vales fluviais son o elemento máis característico e que condicionan en grande parte as riquezas naturais desta comarca: impresionantes canóns, fervenzas, remansos, bosques de ribeira, fragas con mestura de especies atlánticas e mediterráneas e unha rica flora e fauna asociadas á auga. A isto hai que engadir o aspecto humano: os socalcos traballados durante séculos para cultivar as vides, os soutos e os múltiples aproveitamentos (muíños, ferrerías, canles de rego, áreas de lecer) e obras.

Un dos numerosos regos que caen ao Sil desde as beiras do canón, en Sober. Son ríos de réxime moi variable que no verán quedan case sen auga.

Page 56: Comarca Terra de Lemos

Nas proximidades dos ríos hai salgueiros, amieiras, chopos, freixos, lidoiros e ailantos.Próximos aos ríos e nas zonas máis secas hai grandes estensión de mimosas.

Page 57: Comarca Terra de Lemos

Espadana amarela (Iris pseudoacorus). Está presente en regos, pozos e lagoas de todo o país por baixo dos 700 m de altitude.

Chantaxe de auga (Alisma plantago-aquatica).Vive na beira das augas estancadas.

Page 58: Comarca Terra de Lemos

Aeshna, o máis grande dos cabaliños do demo.

Patinador ou zapateiro (Gerris lacustris). Vive na superficie da auga estancada ou de corrente lenta onde se alimenta doutros insectos.

Cegoña(Ciconia ciconia)

Page 59: Comarca Terra de Lemos

O Miño entre O Saviñao e TaboadaAugas abaixo de Belesar e antes de volverse a encorar en Os Peares o Miño ten un curto percorrido de augas libres, que nas épocas de seca se ven moi minguadas pola retención dos encoros.

RÍO MIÑOPercorre a comarca de Lemos de norte a sur, facendo linde polo oeste coas terras de Chantada, ata a confluencia co Sil nos Peares, Forma un val profundo encaixado na penichaira de Chantada. Despois do levantamento do Macizo Galaico o río tivo que volver escavar o seu antigo álveo no mesmo val polo que corre.Recolle os pequenos afluentes que baixan das serras do Páramo, As Penas, Ortelle e San Paio: Sardiñeira, Saviñao, Aguianza, e nos Peares, ao seu principal tributario, o Sil.Practicamente todo o percorrido está afectado polos encoros de Belesar e Os Peares.

Page 60: Comarca Terra de Lemos

As escarpadas ribeiras do río por terras de O Saviñao son unha zona produtora de viño grazas aos socalcos construídos nas ladeiras.

O percorrido do miño ten un grande interese natural e cultural: paisaxes espectaculares, biodiversidade, construccións para o cultivo das vides, igrexas e mosteiros… Varias rutas a pé, en coche ou en barco permiten gozar de toda esta riqueza.

Page 61: Comarca Terra de Lemos

Canón do Miño entre O Saviñao e Chantada

CANÓN DO MIÑOZona entre os encoros de Belesar e os Peares. Tramo encaixado do río Miño entre xistos, cuarcitas, gneis... de 20 km de lonxitude e ata 300 m de profundidade que se formou a finais do Período Terciario ao elevarse o terreo como consecuencia da Oroxenia Alpina. Está rodeado de chairas, restos da antiga superficie de erosión de Chantada.O medio natural está alterado polo encoro dos Peares que cambiou a fisonomía do val do río.O clima ten características mediterráneas e diferénciase claramente a vexetación das ladeiras expostas ao sol, nas que se cultivan viñedos, das sombrías, ocupadas por bosques.

As abas dos montes están cubertas dun mato de toxos, uces e xestas e nalgunhas zonas érbedos, pequenos bosques de sobreiras, loureiros e sanguiños. Na beiras dos ríos e regatos que desembocan no Miño consérvanse bosques de ribeira con amieiras, freixos e salgueiros. Nas partes máis altas hai cerquiños e carballos e nas proximidades das poboacións soutos de castiñeiros.

Page 62: Comarca Terra de Lemos

Canón do Miño desde San Vitorio (O Saviñao)

Page 63: Comarca Terra de Lemos

A Ponte de Belesar (Diomondi, O Saviñao)

Page 64: Comarca Terra de Lemos

O Cabo do Mundo desde o miradoiro da Cova. O Miño rodea o monte Navallo, en terras de Chantada e forma unha curva pronunciada de impresionante beleza que se pode gozar desde o alto da Cova (O Saviñao).

Page 65: Comarca Terra de Lemos

Clube fluvial na Cova (O Saviñao)

Page 66: Comarca Terra de Lemos

Detalle do encoro no verán. A seca deixa ao descuberto restos de antigas construcións hoxe asolagadas.

Page 67: Comarca Terra de Lemos

Vista do canón do Miño na zona de Pesqueiras (Pantón) desde Carballedo

Os Peares, lugar de encontro do Miño co Sil.

Page 68: Comarca Terra de Lemos

Os Peares, lugar de encontro do Miño co Sil

Page 69: Comarca Terra de Lemos

Os Peares. O Miño (á esquerda) e o Sil

Page 70: Comarca Terra de Lemos

O Sil en Cubelas.A partir de Augasmestas, o Sil encáixase entre os concellos de Ribas de Sil e A Pobra de Brollón.

RÍO SILNace na Cordilleira Cantábrica (La Cueta) e, despois de cruzar a comarca do Bierzo, entra en Galiza pola depresión de Valdeorras. A partir da Rúa comeza a encaixarse e discorre por porfundos canóns ata xúntarse co Miño nos Peares.Percorre o sur da comarca de Lemos (concellos de Pobra do Brollón, Monforte, Sober e Pantón) facendo linde coa provincia de Ourense. Recibe pola marxe dereita o Lor e o Cabe e pequenos regos: San Xoán, Rigueiro, rego de Camilo... que no verán quedan case sen auga.

Page 71: Comarca Terra de Lemos

O Sil desde o miradoiro do Castelo

O río e a súa contorna teñen un grande interese xeolóxico (pregues, canóns), paisaxístico, ecolóxico (bosques de ribeiras e zonas remansadas creadas polos encoros onde se pode ver unha interesante avifauna) histórico e etnográfico. Un tramo do río está protexidos no espazo “Canóns do Sil”.

Page 72: Comarca Terra de Lemos

O Sil en Amandi (Doade). Os viñedos gabean polas paredes do canón

Page 73: Comarca Terra de Lemos

Canón do Sil en Sober

O CANÓN DO SILAntes de se unir ao Miño o río Sil forma un canón en rochas graníticas e xistos de 65 km de lonxitude (desde Os Peares ata a confluencia co Lor en Augasmestas) que en algunhas zonas acada os 500 m de altura. A formación desde canón tivo a súa orixe a finais do Período Terciario e comezos do Cuaternario cando a chaira erosionada se ergueu verticalmente e obrigou aos ríos a aproveitar as fracturas que racharon o terreo. No curso do Sil hai dous encoros, o de San Estebo (1955) e o de San Pedro (1959).

Page 74: Comarca Terra de Lemos

Paredes do canón do Sil desde Parada de Sil

Page 75: Comarca Terra de Lemos

Canón do Sil na zona de Bolmente vista desde o miradoiro das Gándaras (Parada de Sil)

Page 76: Comarca Terra de Lemos

Canón do Sil en Nogueira

Page 77: Comarca Terra de Lemos

Canón do Sil desde o barco Os Peares (Pantón)

Page 78: Comarca Terra de Lemos

Canón do Sil desde o miradoiro do Duque

Ao longo do percorrido do Sil hai numerosos miradores desde os que se pode gozar dunhas vistas espectaculares do canón: O Duque (Monforte), O Castelo (Doade-Sober), Souto Chao (Doade-Sober), Os Chelos (Amandi-Sober), As Cadeiras (Pinol-Sober), a Cividade ou Cotarro 1 e Boqueiriños ou Cotarro 2, (Bolmente, Sober), Pena Pombeira (Pantón)...

Page 79: Comarca Terra de Lemos

Canón do Sil desde o miradoiro de Soutochao ou da Ribeira Sacra

Canón do Sil desde o miradoiro da Pena do Castelo

Page 80: Comarca Terra de Lemos

Canón do Sil desde o miradoiro dos Chelos

Canón do Sil desde o miradoiro das Cadeiras

Page 81: Comarca Terra de Lemos

Canón do Sil desde o miradoiro de Santiorxo

Page 82: Comarca Terra de Lemos

Canón do Sil desde o miradoiro de Boqueiriño

Page 83: Comarca Terra de Lemos

Canón do Sil desde o miradoiro da Cividade

Page 84: Comarca Terra de Lemos

Canón do Sil desde o miradoiro dos Chancís

Page 85: Comarca Terra de Lemos

Canón do Sil desde o miradoiro de Pena PombeiraMiradoiro da Cruz

Page 86: Comarca Terra de Lemos

O Lor en Barxa de Lor (A Pobra do Brollón)

RÍO LORNace nos montes do Cebreiro e despois dun percorrido de 50 km por terreos do Courel e A probra do Bollón desemboca no Sil en Augasmestas (Quiroga).O Lor é un río que discorre case sempre encaixado no que se suceden rápidos e pequenas fervenzas, entre ribeiras escarpadas cubertas dunha variada vexetación autóctona.Os afluente máis importantes nesta comarca é o Parada.

Ponte medieval en Barxa de Lor

Page 87: Comarca Terra de Lemos

Ponte de orixe romana sobre o Cabe en Monforte

RÍO CABENace no Incio, na aldea de Fontes. Percorre terreos dos concellos de O Incio, A Pobra do Brollón e Monforte de Lemos. No curso alto, nos vales do Incio, vai encaixado, logo ten un percorrido sinuoso pola depresión de Lemos e volve a encaixarse nun canón rochoso antes de desembocar no Sil. Recibe o Tornea, Mao (co Noceda), Cinsa (co Barrantes e Xunqueira), Carabelos e Ferreira pola dereita; e o Acevedo e Saa pola esquerda.Está protexido como LIC en dous espazos “Río Cabe” e “Canóns do Sil”. A proteción abrangue tamén os seus afluentes Carabelo, Cinsa e Mao.

Page 88: Comarca Terra de Lemos

Fervenza no Cabe, na Pobra do Brollón. Mide arredor de 8 m de altura e está reforzada cun atranco.

O Cabe no parque de Monforte

Page 89: Comarca Terra de Lemos

Lagoa na volta da Pinguela (Monforte)Atranco en Ribas Altas para o sistema de regadío

O Cabe en Ribas Altas

Page 90: Comarca Terra de Lemos

O Cabe en Areas

O Cabe en Canabal

Desembocadura do Cabe no Sil

Page 91: Comarca Terra de Lemos

RÍO MAO Nace na serra do Oribio e pasa polos concellos de O Incio e Bóveda. Xúntase co Cabe ao pouco de entrar no de Monforte.

RÍO SAA Nace na serra da Trapa e percorre terreos do concello da Pobra de Brollón. Xúntase co Cabe nas proximidades de Fornelas. Os principais afluentes son o Lebrón e e o Rubín pola marxe esquerda.

Page 92: Comarca Terra de Lemos

RÍO CINSANace nos montes do Couso (Bóveda) e xúntase co Cabe en Distriz, no linde entre Monforte e Pantón.

Page 93: Comarca Terra de Lemos

RÍO FERREIRANace nas Lamas de Eiré (Pantón) e xúntase co Cabe en fronte a Santa Baia (Sober).

RÍO CARABELOSNace na Lagoela, preto de Escairón, e xúntase co Cabe en Canabal.

Page 94: Comarca Terra de Lemos

REGO DE CAMILONace en Arxemil e xúntase co Sil en Xábrega. Ten un curto percorrido no que se conservan varios muíños e unha fervenza.

Fervenza de Xábrega

Page 95: Comarca Terra de Lemos

REGO DO REGUEIRO Nace no monte de San Paio e ten un curto percorrido con rápidos e fervenzas ata cair no Sil. As fervenzas pódense ver ao pé da estrada dos Peares a Pombeiro (Pantón).

Page 96: Comarca Terra de Lemos

RÍO SARDIÑEIRAun afluente do Miño que nace na serra das Penas e desemboca no encoro de Belesar nas proximidades de San Vitorio de Ribas de Miño.

Río Sardiñeira conxelado, na área de lecer de Xuvencos

Page 97: Comarca Terra de Lemos

O REGO DE MARCE OU DA AGUIANZA Nace nos montes de Castillón e desemboca no Miño formando un profundo canón no último tramo entre granitos e neis.

Fervenza de Auga CaídaEn Marce (Vilar de Ortelle, Pantón). Salva un desnivel duns 30 m e máis adiante o río forma varias fervenzas de menos altura e rápidos rodeados dun bosque autóctono ben conservado e de dificil acceso pola pendiente pronunciada do canón.

Page 98: Comarca Terra de Lemos

AS ÁRBORES

Fraga nas abas da serra da Trapa

As formacións autótonas máis representadas son as carballeiras nas que hai mesturados rebolos, sobreiras, érvedos, algúns bidueiros nas zonas máis húmidas e castiñeiros. As mellores devesas atópanse na serra da Trapa e en Escairón. Arredor das poboacións, en especial no val do Sil e Miño, hai soutos que se cultivan para aproveitar as castañas onde se atopan exemplares monumentais.

Page 99: Comarca Terra de Lemos

Carballo (Quercus robur)-Carballeira de Escairón (O Saviñao)

Page 100: Comarca Terra de Lemos

Castiñeiro (Castanea sativa)-Souto de Valguaire (Sober)-Lobios Sober-AIRS Sober-Vilariño (Pinol)

Souto de Valguaire (Sober). Atópase no camiño de Doade ao mirador do Castelo. Hai numerosos castiñeiros de grande porte. Os máis grandes teñen 11, 7, 50 e 7,40 m de perímetro.

Page 101: Comarca Terra de Lemos

Castiñeiros en Lobios (Sober).. Situados ao pé da estrada de Doade a Bolmente. O maís grande mide 8,90 m de perímetro no toro.

Castiñeiro na área de interpretación da Ribeira Sacra en Sober.

Page 102: Comarca Terra de Lemos

Castiñeiros de Diomondi (Sober).O máis grande ten 6,10 m de perímetro.

Castiñeiros de Vilariño (Sober).. Situados ao pé da estrada de Doade a Bolmente. O maís grande mide 8,90 m de perímetro no toro.

Page 103: Comarca Terra de Lemos

Castiñeiros de Biduedo (A Pobra do Brollón)

Page 104: Comarca Terra de Lemos

Carballo (Quercus robur)-Santuario das Cadeiras (Pinol, Sober) O máis grande mide 4 m de perímetro no toro.

Page 105: Comarca Terra de Lemos

Sobreira (Quercus suber)-Casa do Tristo (Santiorxo) San Cosme de Liñares (A Pobra de Brollón). Ten perto de 500 anos, 16 m de altura, e un diámetro considerable debido as nórregas que rodean o toro. O interior está oco.INCLUÍDA NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA

Page 106: Comarca Terra de Lemos

Freixa (Fraxinus angustifolia)-Montepando. O Val. (As Nocedas. Monforte de Lemos). -20,9 m de altura e 6,08 m de perímetro. INCLUÍDA NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA

Page 107: Comarca Terra de Lemos

Amieira á beira do rego das Veigas, ao pé do castelo Monforte

Alcipreste de California (Cupressus macrocarpa). A Raíña, Bóveda, na estrada de Bóveda a Taboada, no alto da serra das Penas. Mide 5,20 m de perímetro.

Page 108: Comarca Terra de Lemos

Nos parques e xardíns das poboacións e nos pazos atópanse exemplares destacados de especies exóticas. No pazo de Bóveda hai unha secuoia xigante e un liquidámbar, no castelo-pazo de Maside exemplares monumentais de bidueiros, amieiras e cedros do Líbano.

Salgueiro chorón do xardín do Colexio da Compañía (Monforte)

Page 109: Comarca Terra de Lemos

Alcipreste mediterráneo (Cupressus sempervirens). Mosteiro de Ferreira de Pantón. -16,50 m de altura.

Pazo de Bóveda. (Bóveda)-26 m de altura e 4,86 m de perímetro.

Page 110: Comarca Terra de Lemos

ESPAZOS PROTEXIDOS

As árbores gabean polas paredes verticais do canón

LIC CANÓN DO SILEspazo de 5.914 ha compartido coa provincia de Ourense. Inclúe a ribeira do Canón do Sil, desde Os Peares ata Pinol e o canón do Cabe, desde Canaval ata a unión co Sil na zona coñecida como Ribeira Sacra (concellos de Sober e Pantón).É un espazo de gran interese xeolóxico e paisaxístico, polas impresionantes formacións rochosas do canón que se aprecian desde diferentes lugares; ecolóxico pola mestura de especies atlánticas e mediterráneas e cultural.

O Sil en Bolmente

Page 111: Comarca Terra de Lemos

LIC RÍO CABEO espazo protexido comprende parte do curso do río Cabe (desde o nacemento ata Canaval), os seus afluentes Carabelo, Cinsa e Mao, e os vales e bosques do Incio, 1.787 ha nos concellos de Bóveda, O Incio, A Pobra de Brollón, Monforte de Lemos, Pantón e Sober. O resto do curso e as súas beiras están incluídos no espazo Canóns do Sil. Os ecosistemas protexidos neste espazo son maiormente os cursos dos ríos, coa vexetación acuática e de ribeira onde atopamos unha gran diversidade animal e vexetal.

O Cabe en Canabal

Page 112: Comarca Terra de Lemos

Albarizas

LIC OS ANCARES-O COURELÉ un gran espazo de 102.830 ha que abrangue as Serras Orientais de Lugo, ata o límite con León. Nesta comarca protexe parte do territorio de Pobra do Brollón na aba oeste da serra da Trapa e o val do Lor.Destaca polas súas formacións xeolóxicas e a riqueza da súa flora e fauna, unha das máis completas e diversas de Galiza, porque a súa situación na fronteira entre a rexión eurosiberiana e a mediterránea, unido ás diferentes altitudes e á diversidade dos substratos rochosos fai que se multipliquen as posibilidades de establecemento para as especies máis diversas.

Bidueiros na serra da Trapa

Page 113: Comarca Terra de Lemos

O FERROA riqueza en minerais de ferro das serras do norte e leste da comarca de Lemos foi, noutros tempos, a base dunha industria artesanal de forxas destinadas a fabricar aparellos para o campo, ferramentas varias e llantas para as rodas dos carros. A etapa de maior intensidad foi entre 1830 e 1850. O mineral calcinábase usando carbón de madeira de carballo e castiñeiro dos montes da zona e reducíase con madeira de breixo.Numerosas explotacións mineiras como a Veneira de Roques, Couso, Lagartosa ou O Busto subministraron mineral de ferro para os mazos que se instalaron nos ríos próximos. Deses tempos consérvanse os restos dalgunhas minas, mazos (Penacova) e topónimos como Ferreiros, Ferreiruá, A Ferrería, Río do Mazo, Mazo de Santigoso...

Rego na serra da Trapa Mineral de ferro entre as rochas da serra. O ferro non aparece na natureza en estado puro, atópase na composición de diferentes minerais en forma de óxidos, silicatos, carbonatos, sulfuros...

Page 114: Comarca Terra de Lemos

Ferrería de Penacova en Bóveda. Hoxe restaurada formando parte das instalacións dunha casa rural.As ferrerías son instalacións dedicadas ao traballo e transformación do ferro. Naceron na Idade Media e foron moi abundantes nas serras galegas.Utilizaban a forza da auga para mover grandes mazos cos que se traballaba o ferro, os foles para avivar o lume da fragua, as rodas de puír e afiar para rematar as ferramentas, as prensas para dar formas e os tornos para facer os mangos. As máis recientes tiñan machucos máis lixeiros movidos por correas de trasmisión.

Mina de Ferro na Veneira de Roques. Pobra do Brollón. Nos mellores tempos tivo máis de 30 obreiros e abastecía a unhas quince ferrerías.As “veneiras” son precipitacións de minerais de ferro provocadas pola circulación de augas ácidas e osixenadas entre lousas cargadas de pirita.

Mineral de ferro

Page 115: Comarca Terra de Lemos

A Cova da Choias atópase no concello da Pobra de Brollón (parroquia de Óutara), nas estribacións da serra da Trapa. É unha grande cavidade natural agrandada polas actividade de explotación mineira do ferro na que podemos apreciar as pegadas do traballo das persoas que ao longo de centos de anos, en épocas diferentes, foron modelando o espazo mentras lle arrancaban o mineral co que traballaban as distintas ferrerías da contorna.

Page 116: Comarca Terra de Lemos

O cultivo da vide na Ribeira Sacra é moi traballoso e en grande parte artesanal. Os grandes desniveis do terreo e a escaseza de terras ben orientadas fai que se aproveiten ao máximo as abas dos vales orientadas ao sol construíndo muras para conter a terra en socalcos.

OS VIÑEDOS DA RIBEIRA SACRAUn dos recursos económicos máis importantes da comarca de Lemos é o cultivo da vide para a elaboración de viños acollidos á Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Esta actividade ten unha longa tradición, desde o tempo dos romanos e foi desenvolvida posteriormente arredor dos abondantes mosteiros da ribeira. Despois dun anos de abandono o sector comeza a recuperarse e a maior parte das explotación están en activo.A cultura do viño resulta tamén un atractivo para os visitantes que poden gozar da paisaxe humanizada (especialmente coas cores do outono), visitar as adegas ou probar os viños. En Monforte están as oficinas do Consello Regulador.

Page 117: Comarca Terra de Lemos

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Decembro 2016