comestibles - usc.es€¦ · Un mineral é un sólido inorgánico de orixe natural, que posúe unha...

3
www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc MATERIAIS Enche dous vasos con auga ata a metade e vai agregando sal coa culler, removendo para disolvela. Podes quentar un pouco a auga para que o sal disolva máis rápido. Chegará un momento no que aínda que remexas a auga, quede sal no fondo do vaso que non se disolve: significa que a disolución está saturada. Bota nun dos vasos unha ou dúas gotas de colorante e dilúea na auga. Se ves que o sal que quedaba no fondo se disolve ao botar a cor, engade máis sal ata que a disolución estea saturada. Tamén podes mesturar sal rosa coa sal normal para facer cristais de cor salmón. Debes retirar o poso de sal que queda nos vasos xa que só precisamos a fase acuosa do experimento. Para elo, fai o transvasamento a outros vasos moi amodo para que non caia sal sen disolver. Podes filtrar a auga cun filtro de papel para que sexa máis preciso. Deixa repousar os vasos nun lugar seguro e sen humidade durante varios días. Podes ir observando o que vai sucedendo cada día: verás como van aparecendo cristais cúbicos nas paredes e no fondo do vaso! Unha vez formados os cristais, cólleos cunha pinza e colócaos sobre a cartolina negra ou outro material con fondo escuro e obsérvaos cunha lupa. Sorprenderaste da súa perfección! cristais comestibles auga vasos colorante alimentario cartolina negra pinza lupa sal culler filtro de papel (opcional)

Transcript of comestibles - usc.es€¦ · Un mineral é un sólido inorgánico de orixe natural, que posúe unha...

Page 1: comestibles - usc.es€¦ · Un mineral é un sólido inorgánico de orixe natural, que posúe unha composición química fixa (representada por unha fórmula) e unha cristalización

www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

MATERIAIS

Enche dous vasos con auga ata a metade e vai agregando sal coa culler, removendo para disolvela. Podes quentar un pouco a auga para que o sal disolva máis rápido. Chegará un momento no que aínda que remexas a auga, quede sal no fondo do vaso que non se disolve: significa que a disolución está saturada.

Bota nun dos vasos unha ou dúas gotas de colorante e dilúea na auga. Se ves que o sal que quedaba no fondo se disolve ao botar a cor, engade máis sal ata que a disolución estea saturada. Tamén podes mesturar sal rosa coa sal normal para facer cristais de cor salmón.

Debes retirar o poso de sal que queda nos vasos xa que só precisamos a fase acuosa do experimento. Para elo, fai o transvasamento a outros vasos moi amodo para que non caia sal sen disolver. Podes filtrar a auga cun filtro de papel para que sexa máis preciso.

Deixa repousar os vasos nun lugar seguro e sen humidade durante varios días. Podes ir observando o que vai sucedendo cada día: verás como van aparecendo cristais cúbicos nas paredes e no fondo do vaso! Unha vez formados os cristais, cólleos cunha pinza e colócaos sobre a cartolina negra ou outro material con fondo escuro e obsérvaos cunha lupa. Sorprenderaste da súa perfección!

cristaiscomestibles

auga

vasos

colorante alimentariocartolina negra

pinza

lupasal

culler

filtro de papel (opcional)

Page 2: comestibles - usc.es€¦ · Un mineral é un sólido inorgánico de orixe natural, que posúe unha composición química fixa (representada por unha fórmula) e unha cristalización

www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

cristais na naturezaA que lle chamamos sal?O sal é un composto químico formado polo enlace de partículas chamadas ións (catións cando teñen carga positiva e anións con carga negativa). Hai distintos tipos de sales, sendo o máis coñecido o sal común , denominado cloruro sódico, xa que está formado por catións de sodio (Na+) e anións de cloro (Cl-) cuxa fórmula química é NaCl. A halita ou sal xema é a forma natural do sal, que é un un mineral moi común e pode atoparse formando depósitos subterráneos ou pola evaporación de masas de auga nas que estaba disolta, como lagos, mares e mananciais. Cristaliza en forma de cubos, como puideches comprobar no experimento.

Que é a cristalización?É a formación de cristais, que consiste na ordenación das partículas químicas das que están formados (átomos, ións ou moléculas) nas tres dimensións do espazo. Un cristal é calquera sólido con estrutura interna ordenada. Algúns mecanismos de cristalización son:

A formación dos cristais depende de varios factores:

Estruturas cristalinas de HaüyUn mineral é un sólido inorgánico de orixe natural, que posúe unha composición química fixa (representada por unha fórmula) e unha cristalización definida. A forma de poliedro perfecto que teñen algúns minerais débese á orde interna das súas partículas. Isto foi probado polo naturalista e profesor francés Haüy*, cando un amigo lle amosou un cristal do mineral calcita, e nun descoido caeulle ao solo, rompendo en forma de romboedros. Así foi como en 1781 descubriu a regularidade dos cristais minerais. Para todos os minerais que se dan na natureza, existen seis sistemas cristalinos que son os tipos fundamentais de ordenación interna das partículas:

Os minerais teñen diferentes propiedades físicas e químicas, que son utilizadas para diversas aplicacións: construción, industria, xoiería, medicina, cosmética, decoración... Os cristais naturais de gran beleza e perfección son as xemas ou pedras preciosas, altamente cotizadas en xoiería (diamantes, rubís, esmeraldas e zafiros) e pedras semipreciosas (por exemplo augamariña, diferentes variedades de cuarzo como a amatista, turquesa...).

*O MHN posúe unha colección de modelos de madeira que representan as formas de cristalización das especies minerais. É unha das poucas que aínda persiste na actualidade e a que conserva maior número de modelos (1.003 dos 1.025 orixinais). Esta colección, que pertenceu ao ilustre matemático galego José Rodríguez González, foi elaborada no século XIX baixo a dirección de René-Just Haüy, fundador da Cristalografía.

Tempo: canto máis lento sexa o proceso de cristalización, mellores cristais. Un arrefriamento moi rápido non dá tempo a que os átomos ou ións se coloquen ordenadamente no espazo. Repouso: canto máis tranquilo sexa o medio, mellor ordenación e por tanto mellor cristalización. Espazo: canto maior sexa, mellor cristalización, xa que se hai falta de espazo os cristais adquiren unha forma externa irregular.

cúbico: halita hexagonal: berilo trigonal: calcita

tetragonal: calcopirita rómbico: aragonitomonoclínico: micas

Solidificación: por arrefriamento dun fundido, por exemplo cando arrefece a lava dun volcán. Sublimación: por arrefriamento repentino dun gas como o xofre dunha fumarola volcánica. Precipitación química: a partir dunha disolución como sucede por evaporación da auga do mar que da lugar á cristalización da sal xema ou halita (sal común).

Page 3: comestibles - usc.es€¦ · Un mineral é un sólido inorgánico de orixe natural, que posúe unha composición química fixa (representada por unha fórmula) e unha cristalización

www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

QUE APRENDEMOS sobre

os cristais?Resolve o crucigramaHorizontais1 Cristalización por arrefriamento dun fundido2 Mineral natural do sal3 Científico que descubriu a regularidade dos cristais mineraisVerticaisA Xema moi cotizada usada en xoieríaB Forma que adquiren algúns minerais debido á orde interna das súas partículasC Sistema cristalino da calcita

D C

A

T

1 A B

3

2 C

Pezas da colección de Haüy do Museo de Historia Natural da USC