Comidas Nadal

4
¿Que comen polo Nadal nos diferentes países do mundo ? Por estas datas a familia reúnese ao redor da mesa para celebrar estas festas. As costumes duns lugares a outros varían, non se comen os mesmos alimentos, nin se fan as mesmas cousas. Peraliño tróuxonos algunha información dos sitios que visitou e doutros que leu. Imos coñecer algunha das costumes doutros lugares. Despois falade e comparade co que facedes vós nas vosas casas. FRANCIA Todos celebran estas datas entre abrazos, bicos, brindes e manxares tradicionais, dignos dos deuses. Entre as exquisitas tentacións que hai que degustar nesa máxica noite figuran: o foie-gras (paté de fígado de pato o de oca), o pavo asado, a morcilla branca e os ostiones. O postre de Nadal por excelencia é a buche de Noel”, un pastel en forma de tronco, recuberto de chocolate e recheo de crema ou trufa. Viños e champaña deleitan os padais más esixentes. ITALIA - Noiteboa : Fan a gran cea cenone Comen antipasti” (entremeses), espaguetis con ameixas, pescado con verduras, froitas frescas e turrón. - Ano Vello : Lentellas, porque din que quen as come contará con diñeiro para todo o ano próximo. GRECIA - Ano Vello : É a cea importante, en familia. Tómanse varios primeiros e segundos pratos, entre eles pavo e cordeiro. De sobremesa compártese o roscón de San

description

Comidas Nadal

Transcript of Comidas Nadal

Page 1: Comidas Nadal

¿Que comen polo Nadal nos diferentes países do mundo?

Por estas datas a familia reúnese ao redor da mesa para

celebrar estas festas. As costumes duns lugares a outros varían, non se

comen os mesmos alimentos, nin se fan as mesmas cousas.

Peraliño tróuxonos algunha información dos sitios que visitou e doutros

que leu.

Imos coñecer algunha das costumes doutros lugares. Despois falade e

comparade co que facedes vós nas vosas casas.

FRANCIA

Todos celebran estas datas entre abrazos, bicos, brindes e manxares

tradicionais, dignos dos deuses. Entre as exquisitas tentacións que hai

que degustar nesa máxica noite figuran: o foie-gras (paté de fígado de

pato o de oca), o pavo asado, a morcilla branca e os ostiones. O postre

de Nadal por excelencia é a “buche de Noel”, un pastel en forma de tronco, recuberto de

chocolate e recheo de crema ou trufa. Viños e champaña deleitan os padais más esixentes.

ITALIA

- Noiteboa: Fan a gran cea “cenone” Comen

antipasti”(entremeses), espaguetis con ameixas, pescado

con verduras, froitas frescas e turrón.

- Ano Vello: Lentellas, porque din que quen as come

contará con diñeiro para todo o ano próximo.

GRECIA

- Ano Vello: É a cea importante, en familia. Tómanse

varios primeiros e segundos pratos, entre eles pavo e

cordeiro. De sobremesa compártese o roscón de San

Page 2: Comidas Nadal

Basilio, que leva unha moeda dentro (antes era de ouro, agora é normal).

Quen a atope terá un ano próspero.

En Chipre tamén toman un roscón parecido chamado “basialopita”.

RUSIA

Seguen o calendario da igresia ortodoxa e, por ese

motivo, as celebracións son uns días máis tarde.

Nos fogares rusos, a cea de Noiteboa está

composta por doce pratos, un por cada apóstolo.

O pescado, acompañado por unha sopa de remolacha, é o prato estrela das

mesas de Nadal neste país.

EXIPTO

Dinos Peraliño que estas datas non son as máis importantes.

Para eles o transcendental é o mes do Ramadán. Todos os días

ayunan dende o amencer ata a posta de sol, que é cando comen.

Cando finaliza o mes de ayuno fan a gran festa, reúnese toda a

familia e comen de todo.

ETIOPÍA

O Nadal en Etiopía coñécese como Ganna e celébrase o 7 de xaneiro. Nos hoteis para

turistas adornan como en Europa, incluso colgan o Papá

Noel.

Un dos alimentos tradicionais é a “injera”, parecido a un

panqueque. Este sirve tanto de prato como de garfo,

porque sobre el e cun pedaciño de este, cómese o “doro

wa”t, un cocido de polo.

Page 3: Comidas Nadal

INDIA

Neste país asiático celébrase o "Diwali", a festa das luces . Comeza case un

mes antes das nosas festas.

O máis típico son os tradicionais doces indios, de sabor moi intenso que as

persoas regalan a familiares e amigos.

A festa de Nadal só é festivo e celebrada polos

católicos, pero tendo en conta que é un país tan

poboado case 20 millóns de persoas o celebra ao

estilo occidental.

MEXICO

Neste país latinoamericano, as festas de Nadal comezan o 16 de decembro

coas Posadas (representación da penuria que pasaron San Xosé e a Virxe

para encontrar posada na súa viaxe a Belén). Durante nove días, ata

Noiteboa, as familias máis proclives a respectar a tradición fan quendas

cada noite para celebrar unha posada na súa casa.

Tras a representación, comeza a festa, na que os nenos

rompen unha Piñata que representa ao demo, chea de

laranxas, mandarinas, caña de azucre e manises. O día de

Noiteboa, a tradicional cea celébrase pasada a medianoite

trala misa. O día de Reis celébrase como en España,

recibindo aos Magos de Oriente dando boa conta do Roscón.

GRENLANDIA

Este anaco de xeo no Círculo Pola Ártico pertence ao

país de Dinamarca polo que manteñen algunhas das

súas costumes. Pola Noiteboa quizais se sirva algún

prato de pescado como entrante, pero a "auténtica"

Page 4: Comidas Nadal

cea do Nadal se compón de porco ou pato asado. En moitos fogares cómense

as tres cousas, acompañadas de patacas: hai patacas cocidas normais e

patacas cunha capa de caramelo. Complétase o prato con salsa marrón e

lombarda cocida. A comida do Nadal danesa é moi tradicional, incluíndo o

postre. Na inmensa maioría dos fogares tómase “Ris a' lamande”, que é

como o arroz con leite pero mesturado con nata, vainilla e améndoas

picadas. Está bastante rico, pero pode resultar un pouco pesado.

Especialmente despois da enchente. Pero non queda máis remedio que

acabar o prato, porque os maiores deixan unha soa améndoa enteira, e quen

a atope lévase un regalo .

AUSTRALIA

En Australia luce o sol, xa que é verán, acompañado de temperaturas que

oscilan entre os 25 e os 38 graos centígrados.

A celebración destas festas lévase a cabo con picnics

en parques, xardíns e praias. O menú componse de

marisco, xamón doce, ensaladas, carne fría e pudding

fumeante con natillas. Nas antípodas, os nenos reciben

a visita de un Santa Claus moi especial, vestido con

sombreiro, camiseta de tirantes azul mariño e amplos

pantalóns curtos: Swag Man.

HAITÍ

- Noiteboa: A xente rica come arroz con frijoles e

macarróns ao forno. Os pobres cean porco e polo.

- Ano Vello: Os que teñen cartos para pagalo cean fóra da

casa e brindan con ron a entrada do Aninovo.