COMPOSTELA RUPESTRE: A PEGADA DA ......Un novo proxecto intermunicipal que bota a andar coa...

2
C onservar, divulgar e promocionar o grande pa- trimonio prehistórico que posúen os concellos de Santiago de Compostela, Teo, Ames, Brión e o Val do Dubra. Con estos tres obxectivos, a Deputación da Coruña vén de aprobar un orzamento de 500.000 euros para impulsar a creación do Parque Comarcal Compostela Rupestre. Un novo proxecto intermunicipal que bota a andar coa intención de pór en valor os 116 xacementos con petroglifos que, até o de agora, están rexistrados nestes cinco municipios. Durante os últimos anos, a provincia da Coruña esta- se a revelar como un dos territorios con maior número de manifestacións de arte parietal dentro do denomi- nado Grupo Galaico da Arte Rupestre. Así, a continua descuberta de representacións artísticas prehistóricas por todo o seu territorio, están a constituir un amplo e variado catálogo de representacións iconográficas, que fan da provincia da Coruña un dos focos artísticos e patrimoniais máis importantes de toda a fachada at- lántica. Ante a grande riqueza patrimonial emprazada no in- terior do futuro Parque Comarcal Compostela Rupestre, o deputado e responsable da área de Patrimonio da De- putación da Coruña, Xosé Regueira, explica que “os pe- troglifos e manifestacións artístiscas localizadas nestas comarcas representan un legado histórico que é preciso protexer e conservar”, pois “as pegadas deixadas po- los nosos devanceiros nestes concellos conforman un grande museo natural, cuxo valor histórico, patrimonial e turístico é incalculable”. Os petroglifos, rochas empregadas a xeito de lenzos indelebles durante o Neolítico e a Idade de Bronce, son hoxe en día obxecto de estudo por parte de historiado- res, arqueólogos, e mesmo comezan a espertar a curio- sidade de boa parte da poboación. Segundo o último estudo elaborado pola Asociación Cultural Colectivo A Rula, a área de influencia da capi- COMPOSTELA RUPESTRE: A PEGADA DA PREHISTORIA NAS TERRAS DE SANTIAGO “Un legado histórico que é preciso protexer e conservar” tal galega conta cun catálogo composto de 116 xace- mentos con arte rupestre, dos que, 57 están ubicados en Santiago, 24 no Concello de Ames, 30 en Teo, 4 en Brión e 1 no Val do Dubra. A notable e até hai pouco descoñecida presenza destes gravados históricos nos vales da Maía e do Du- bra, en Brión, en Teo e tamén nos arredores da capital galega descobren o interior da provincia da Coruña como un lugar prolífico en elementos arqueolóxicos prehistóricos, onde o deseño de círculos concéntricos, as cruces ou os óvalos esculpidos sobre as pedras dos seus montes proxectan ao Parque Comarcal Compos- tela Rupestre coma un dos futuros puntos de referencia da iconografía parietal. En pouco máis dun ano, o convenio de colaboración asinado entre a institución provincial e estes cinco concellos contribuirá á promoción e difusión duns mo- numentos milenarios que permitirán aos visitantes des- cubrir o legado prehistórico e os tesouros que agocha o xeodestino Terras de Santiago. Entre outros, os petroglifos da Peneda Negra, os da Pedra da Nave de Mourigade, o de Ventosa ou o do Porto Marelo, pasarán a integrar o parque arqueolóxico Compostela Rupestre, un novo atractivo turístico que achegará aos seus visitantes ás formas de vida, a sim- boloxía, e mesmo a algunha das vías empregadas polos nosos antepasados hai milleiros de anos. Tras aprobar o Plan director polo que se rexerá o des- envolvemento do Parque Comarcal Compostela Rupes- tre, a folla de ruta do proxecto contempla a adquisición de fincas e terreos onde se emprazan os petroglifos, a creación de itinerarios turísticos correctamente sina- lizados e, tamén, a reapertura do Centro de Interpre- tación de Villestro, que nestos momentos permanece pechado. Coñecer que é o que nos queren dicir estes gravados inseridos sobre as últimas testemuñas tanxibles da Prehistoria e gozar das paraxes naturais que abrazan Compostela ampliarán a xa de por sí formidable oferta turística da comarca de Santiago. EL CORREO GALLEGO 24 SÁBADO 08 DE SEPTIEMBRE DE 2018 ESPECIAL

Transcript of COMPOSTELA RUPESTRE: A PEGADA DA ......Un novo proxecto intermunicipal que bota a andar coa...

Page 1: COMPOSTELA RUPESTRE: A PEGADA DA ......Un novo proxecto intermunicipal que bota a andar coa intención de pór en valor os 116 xacementos con petroglifos que, até o de agora, están

C onservar, divulgar e promocionar o grande pa-trimonio prehistórico que posúen os concellos

de Santiago de Compostela, Teo, Ames, Brión e o Val do Dubra. Con estos tres obxectivos, a Deputación da Coruña vén de aprobar un orzamento de 500.000 euros para impulsar a creación do Parque Comarcal Compostela Rupestre. Un novo proxecto intermunicipal que bota a andar coa intención de pór en valor os 116 xacementos con petroglifos que, até o de agora, están rexistrados nestes cinco municipios.

Durante os últimos anos, a provincia da Coruña esta-se a revelar como un dos territorios con maior número de manifestacións de arte parietal dentro do denomi-nado Grupo Galaico da Arte Rupestre. Así, a continua descuberta de representacións artísticas prehistóricas por todo o seu territorio, están a constituir un amplo e variado catálogo de representacións iconográficas, que fan da provincia da Coruña un dos focos artísticos e patrimoniais máis importantes de toda a fachada at-lántica.

Ante a grande riqueza patrimonial emprazada no in-terior do futuro Parque Comarcal Compostela Rupestre, o deputado e responsable da área de Patrimonio da De-putación da Coruña, Xosé Regueira, explica que “os pe-troglifos e manifestacións artístiscas localizadas nestas comarcas representan un legado histórico que é preciso protexer e conservar”, pois “as pegadas deixadas po-los nosos devanceiros nestes concellos conforman un grande museo natural, cuxo valor histórico, patrimonial e turístico é incalculable”.

Os petroglifos, rochas empregadas a xeito de lenzos indelebles durante o Neolítico e a Idade de Bronce, son hoxe en día obxecto de estudo por parte de historiado-res, arqueólogos, e mesmo comezan a espertar a curio-sidade de boa parte da poboación.

Segundo o último estudo elaborado pola Asociación Cultural Colectivo A Rula, a área de influencia da capi-

COMPOSTELA RUPESTRE:A PEGADA DA PREHISTORIANAS TERRASDE SANTIAGO

“Un legado histórico que é

preciso protexer e conservar”

tal galega conta cun catálogo composto de 116 xace-mentos con arte rupestre, dos que, 57 están ubicados en Santiago, 24 no Concello de Ames, 30 en Teo, 4 en Brión e 1 no Val do Dubra.

A notable e até hai pouco descoñecida presenza destes gravados históricos nos vales da Maía e do Du-bra, en Brión, en Teo e tamén nos arredores da capital galega descobren o interior da provincia da Coruña como un lugar prolífico en elementos arqueolóxicos prehistóricos, onde o deseño de círculos concéntricos, as cruces ou os óvalos esculpidos sobre as pedras dos seus montes proxectan ao Parque Comarcal Compos-tela Rupestre coma un dos futuros puntos de referencia da iconografía parietal.

En pouco máis dun ano, o convenio de colaboración asinado entre a institución provincial e estes cinco concellos contribuirá á promoción e difusión duns mo-numentos milenarios que permitirán aos visitantes des-cubrir o legado prehistórico e os tesouros que agocha o xeodestino Terras de Santiago.

Entre outros, os petroglifos da Peneda Negra, os da Pedra da Nave de Mourigade, o de Ventosa ou o do Porto Marelo, pasarán a integrar o parque arqueolóxico Compostela Rupestre, un novo atractivo turístico que achegará aos seus visitantes ás formas de vida, a sim-boloxía, e mesmo a algunha das vías empregadas polos nosos antepasados hai milleiros de anos.

Tras aprobar o Plan director polo que se rexerá o des-envolvemento do Parque Comarcal Compostela Rupes-tre, a folla de ruta do proxecto contempla a adquisición de fincas e terreos onde se emprazan os petroglifos, a creación de itinerarios turísticos correctamente sina-lizados e, tamén, a reapertura do Centro de Interpre-tación de Villestro, que nestos momentos permanece pechado.

Coñecer que é o que nos queren dicir estes gravados inseridos sobre as últimas testemuñas tanxibles da Prehistoria e gozar das paraxes naturais que abrazan Compostela ampliarán a xa de por sí formidable oferta turística da comarca de Santiago.

EL CORREO GALLEGO24 SÁBADO08 DE SEPTIEMBRE DE 2018ESPECIAL

Page 2: COMPOSTELA RUPESTRE: A PEGADA DA ......Un novo proxecto intermunicipal que bota a andar coa intención de pór en valor os 116 xacementos con petroglifos que, até o de agora, están

A demais do Parque Comarcal Compostela Rupestre, a Deputación da Coruña está a desenvolver de xeito pa-

ralelo outros dous proxectos que ratifican o seu compromi-so coa conservación e posta en valor do grande patrimonio que posúe a provincia.

Co ánimo de aproveitar e xestionar a riqueza natural e patrimonial presente no seu territorio, a institución provin-cial, en colaboración con diferentes concellos, avanza no desenvolvemento doutras dúas iniciativas intermunicipais.

Trátase do Parque do Megalitismo da Costa da Morte e o Xeoparque do Cabo Ortegal. Dous proxectos dotados con senllas partidas orzamentarias de 500.000 euros, que contribuirán a promoción turística e desenvolvemento local de ambas comarcas.

No caso do Parque do Megalitismo da Costa da Morte, a Deputación da Coruña e os concellos de Ponteceso, Ca-bana de Bergantiños, A Laracha, Carballo, Dumbría, Laxe, Malpica, Mazaricos, Vimianzo e Zas, traballan conxunta-mente na socialización e divulgación dos recursos megalí-ticos presentes na zona de Galicia con maior densidade de mámoas – máis de 300 -, e na que se emprazan extraordi-narias construcións megalíticas como o Menhir da Anta na Laracha, ou o Dolmen de Dombate, considerado como a catedral do megalitismo galego, en Cabana de Bergantiños.

Mellorar os accesos aos xacementos, elaborar plans de comunicación e educación arredor do megalitismo, ho-moxeneizar a sinalización dos elementos patrimoniais ou adquirir os terreos onde estes se ubican, son algunhas das tarefas que se acometerán durante os próximos meses.

Por outra banda, a administración provincial tamén es-tá a dar firmes pasos para consolidar as bases do futuro Xeoparque do Cabo Ortegal. Un terceiro proxecto intermu-nicipal que, integrado polos concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño, promocionará os recursos xeolóxicos e paisaxísticos deste sete municipios.

Na procura de crear un relato propio arredor da riqueza natural que posúe unha zona catalogada polos expertos como xeoloxicamente perfecta, durante os vindeiros catro anos, as oito entidades implicadas no proxecto, xestionarán os recursos persoais, técnicos e materiais da que xa é unha das grandes apostas turísticas da Deputación da Coruña.

Así, o ente provincial ten previsto elaborar un estudo en que se analizarán as principais características do territorio que abrangue e, a continuación, solicitarle oficialmente á UNESCO a incorporación do Xeoparque do Cabo Ortegal á Rede Europea e Global de Xeoparques.

Megalitismo naCosta da Morte e Xeoparque en Ortegal

Arriba, Pedra do Home en Portomouro, Val do Dubra; abaixo, petróglifos en Ven-tosa, Teo . Foto: Deputación de A Coruña

EL CORREO GALLEGO 25SÁBADO08 DE SEPTIEMBRE DE 2018 ESPECIAL