Comunicacion Perfil afectados TP-GALICIA

14
TÍTULO: PERFIL DA FAMILIA E AFECTADOS/AS NA ASOCIACIÓN GALEGA DE TRASTORNOS DA PERSONALIDADE (TP-GALICIA). MUÑIZ, S. E GUERRA, B. RESUMO. Nesta comunicación queremos dar a coñecer o perfil socio- demográfico e psicolóxico da familia e afectados das persoas que se achegan á asociación. Referímonos a aspectos como o nivel socio-económico, a unidade familiar, o tipo de diagnóstico, a comorbilidade, o número de profesionais que atenderon ao paciente, a existencia de ingresos hospitalarios, os tratamentos seguidos, os antecedentes traumáticos, a existencia de denuncias ou os ingresos penais, as autolesións e os intentos de suicidio. As conclusións do estudo dos perfís das familias mostran unha visión xeral e actualizada da situación persoal e familiar dos/das usuarios/as da asociación. PALABRAS CLAVE. Trastorno da personalidade, familia, perfil socio- demográfico e psicolóxico. TITLE: FAMILY AND PATIENTS PROFILE IN BORDERLINE DISORDER ASSOCIATION (TP-GALICIA). MUÑIZ,S. E.GUERRA,B. In this meeting we will explain the demographic and psychologic profile of the family and patients that visit the association. In principle we refer to aspects such as social-economic level,family unity, comorbidity ,diagnostic, number of professionals to diagnosticate the patient, existence of hospital admissions, treatments, traumatic background, existence of complaints or penitentiary income and attempted suicide.The conclusions of this research gives a global and updated view of the personal and family situation of the users of the association. KEY WORDS: borderline disorder,family, socio-demographic and psychological profil 1

Transcript of Comunicacion Perfil afectados TP-GALICIA

Page 1: Comunicacion Perfil afectados TP-GALICIA

TÍTULO: PERFIL DA FAMILIA E AFECTADOS/AS NA ASOCIACIÓN GALEGA DE

TRASTORNOS DA PERSONALIDADE (TP-GALICIA). MUÑIZ, S. E GUERRA, B.

RESUMO. Nesta comunicación queremos dar a coñecer o perfil socio-

demográfico e psicolóxico da familia e afectados das persoas que se achegan á

asociación. Referímonos a aspectos como o nivel socio-económico, a unidade

familiar, o tipo de diagnóstico, a comorbilidade, o número de profesionais que

atenderon ao paciente, a existencia de ingresos hospitalarios, os tratamentos

seguidos, os antecedentes traumáticos, a existencia de denuncias ou os

ingresos penais, as autolesións e os intentos de suicidio. As conclusións do

estudo dos perfís das familias mostran unha visión xeral e actualizada da

situación persoal e familiar dos/das usuarios/as da asociación.

PALABRAS CLAVE. Trastorno da personalidade, familia, perfil socio-

demográfico e psicolóxico.

TITLE: FAMILY AND PATIENTS PROFILE IN BORDERLINE DISORDER ASSOCIATION

(TP-GALICIA). MUÑIZ,S. E.GUERRA,B.

In this meeting we will explain the demographic and psychologic profile

of the family and patients that visit the association. In principle we refer

to aspects such as social-economic level,family unity,

comorbidity ,diagnostic, number of professionals to diagnosticate the patient,

existence of hospital admissions, treatments, traumatic background, existence

of complaints or penitentiary income and attempted suicide.The conclusions of

this research gives a global and updated view of the personal and family

situation of the users of the association.

KEY WORDS: borderline disorder,family, socio-demographic and psychological profil

1

Page 2: Comunicacion Perfil afectados TP-GALICIA

INTRODUCIÓN

Os trastornos da personalidade son patoloxías que están

empezando a cobrar especial relevancia no eido da clínica

debido á forte demanda destes trastornos, tanto na área de

urxencias como nas unidades de saúde mental. Este trastorno

demanda atención sanitaria debido á gravidade (intentos de

suicidio, autolesións, impulsividade) e variedade (consumo de

drogas, problemas alimentarios) dos síntomas. (Rubio Larrosa,

V.2003; Fernández Guerrero, 2007)

Segundo o DSM-IV-TR os trastornos da personalidade son

trazos persistentes na forma de percibir, relacionarse e

pensar sobre o contorno e sobre un mesmo, que se pon de

manifesto nunha ampla gama de contextos sociais e persoais.

Estes trazos constitúen trastornos de personalidade cando son

inflexibles, desadaptativos e cando causan un deterioro

funcional significativo ou un malestar subxectivo. Estímase

que a prevalencia de trastorno límite é de aproximadamente o

2% da poboación xeral, do 10% dos pacientes vistos en centros

ambulatorios, e en torno ao 20% entre os pacientes

psiquiátricos ingresados. En poboacións clínicas con

trastornos da personalidade sitúase entre o 30 e o 60%. Entre

as persoas diagnosticadas desde a adolescencia ata a mediana

idade, un 70% cometerá algún intento de suicidio e un 50%

repetírao, incluso diversas veces ao longo da súa vida. Entre

un 8 por cento e un 10% consumárao (American Psychiatric

Association, APA 1994).

2

Page 3: Comunicacion Perfil afectados TP-GALICIA

Os trastornos da personalidade, nalgunhas ocasións,

aféctanlle gravemente á convivencia familiar. A familia

xeralmente non é capaz de controlar debidamente a situación

por falta de coñecemento sobre estes trastornos mentais,

falta de habilidades de comunicación e como tratar

adecuadamente as situacións de crise. Estas situacións de

crise poden levar á persoa a recorrer a comportamentos

autodestrutivos, como poden ser autolesións, ameazas ou

intentos de suicidio, agresións a persoas próximas ou

illamento extremo. (Consellería de Sanidade e Consumo da

Comunidade de Madrid, 2005).

Na literatura aconséllase incluír no tratamento do TLP

unha abordaxe familiar, xa que existen claras necesidades de

intervención pola razóns anteriormente mencionadas

(Gunderson, 2002; Mosquera, 2004 a; 2004 b, 2005; Martín

Cabrero, 2009;) e, así mesmo, os trastornos da personalidade

considéranse trastornos graves, de larga duración, de mal

prognóstico, crónicos, de difícil intervención e de difícil

adherencia ao tratamento.

O diagnostico máis frecuente é o trastorno límite da

personalidade (TLP), entre un 1,1% e 4,6% (APA, 1994), é

dicir, a persistencia dobra á da esquizofrenia. Diagnostícase

frecuentemente en mulleres, nunha ratio de 1:3. Como

consecuencia da variada sintomatoloxía, sumada á

inestabilidade afectiva e á diminución do control de

impulsos, é moi probable que este trastorno manifeste unha

gran comorbilidade con trastornos afectivos nun 93%, con

trastorno de ansiedade nun 88%, con trastorno por uso de

3

Page 4: Comunicacion Perfil afectados TP-GALICIA

sustancias nun 65% de homes e 41% de mulleres, e o 53% un

trastorno de alimentación co 30% mulleres e co 10% homes.

(Grupo de traballo sobre o trastorno límite da personalidade,

2006). Neste grupo, tamén se fala da frecuente coexistencia,

ata un 25%, de características inherentes ao trastorno

antisocial da personalidade, que supón que estes pacientes

adopten patróns de conduta que implican problemas coa lei.

METODOLOXÍA

Utilizouse unha metodoloxía cualitativa e cuantitativa

para a recollida de datos socio-demográficos e psicolóxicos.

Esta recollida de información sobre os diferentes perfís

fíxose mediante entrevistas individuais aos familiares. A

mostra total é de cincuenta e dúas familias, que foron

atendidas periodicamente entre os anos 2006-2008 na

Asociación TP-GALICIA .

RESULTADOS

A continuación, presentamos as táboas coas seguintes

porcentaxes.

4

Page 5: Comunicacion Perfil afectados TP-GALICIA

TABOA 1. FAMILIAS

Hombres Mujeres Total Familias

0

10

20

30

40

50

60

27

25

52

FAMILIAS

TABOA 2. DATOS DEMOGRAFICOS

A Coruña65%

Pontevedra25%

Ourense2%

Lugo8%

DATOS DEMOGRAFICOS

TABOA 3. NIVEL SOCIO-ECONOMICO

Nivel Alto20%

Nivel Medio72%

Nivel Baixo8%

NIVEL SOCIO-ECONOMICO

TABOA 4. TIPO DE PARENTESTECO

5

Page 6: Comunicacion Perfil afectados TP-GALICIA

Fillos-as Irmans Conxuxe

0%10%20%30%40%50%60%70%80%90%

100%84.61%

13.46%

1.92%

Tipo de Parentesco

TABOA 5.UNIDADE FAMILIAR

Separados/Divorc.15%

Monoparentales15% Padres Adoptivos

8%Familia convencional

62%

UNIDADE FAMILIAR

TABOA 6. CONVIVENCIA PERSOA CON DIAGNOSTICO( HOME)

Convivencia

Homes convivencia familiar55%

Homes non convivencia familiar

45%

6

Page 7: Comunicacion Perfil afectados TP-GALICIA

TABOA 7.CONVIVENCIA CON DIAGNOSTICO( MULLER)

Convivencia

Mulleres convivencia familiar

60%

Mulleres non convivencia familiar

40%

TABOA 8. MEDIA IDADE PACIENTES

Media Total Media Homes Media Mulleres

26.5

27

27.5

28

28.5

29

29.5

28.49

27.7

29.28

MEDIA IDADE PACIENTES

TABOA 9. TIPO DE DIAGNOSTICO

7

Page 8: Comunicacion Perfil afectados TP-GALICIA

TIPO DE DIAGNOSTICO

88,80%

11%14,80%

33% 33%

68%

32%

4%

20%

44%

0%

3,70% 3,75%

0%0%

10%20%30%40%50%60%70%80%90%

100%

Chicos

Chicas

TABOA 10. COMORBILIDADE

Consumo 1 sus-tancia

Consumo más de 1 sustancia

Total casos de consumo

Trastornos de Alimentación

Outro tipo de diagnóstico

0%

10%

20%

30%

40%

50%

60%

70%

80%

90%

100%

25%

51%

78%

7%

33%

8%

20%

28%32% 32%

COMORBILIDADE

Homes

Mulleres

TABOA 11. NUMERO DE PROFESIONAIS QUE O ATENDERON

8

Page 9: Comunicacion Perfil afectados TP-GALICIA

Mulleres Homes

0

0.5

1

1.5

2

2.5

3

3.5

4

3.73.48

Nº de Profesionais que os atenderon

TABOA 12. EXISTENCIA DE INGRESOS HOSPITALARIOS

Total Homes Mulleres0%

10%20%30%40%50%60%70%80%90%

100%

69% 67%72%

EXISTENCIA INGRESOS HOSPITALARIOS

TABOA 13. TRATAMENTOS

9

Page 10: Comunicacion Perfil afectados TP-GALICIA

Ambos (Psicóloxico e Psiquiátrico)

Un solo (Psiquiátrico) Ningun

0%10%20%30%40%50%60%70%80%90%

100%

34.61%26.92%

38.46%

TRATAMENTOS

TABOA 14. ANTECEDENTES TRAUMATICOS

Antecedentes Traumáticos

13,46% 11,53%

0,00%

10,00%

20,00%

30,00%

40,00%

50,00%

60,00%

70,00%

80,00%

90,00%

100,00%

Homes Mulleres

TABOA 15.DENUNCIAS-CARCERE

10

Page 11: Comunicacion Perfil afectados TP-GALICIA

Total denuncias Total carcere

0%10%20%30%40%50%60%70%80%90%

100%

23.00%

3.80%

DENUNCIAS-CARCERE

TABOA 16. AUTOLESIONS-INTENTOS DE SUICIDIO

Total autolesions/intentos de suicidio

Mulleres Homes0%

20%

40%

60%

80%

100%

38%

68%

11%

AUTOLESIONS-INTENTOS SUICIDIO

CONCLUSIÓNS

O perfil das familias que acode a TP-GALICIA é unha

familia da área de Santiago, de nivel socio-económico medio,

normalmente cun/cunha fillo/a, no 84% dos casos cunha idade

media de 28 anos, que no 60% dos casos mantén unha

convivencia na casa dos familiares e cun informe psiquiátrico

de trastorno da personalidade, no 88% dos casos de homes e no

69% dos casos de mulleres. Así mesmo, existe unha alta

comorbilidade, no 77% dos casos de homes existe o consumo de

sustancias e nas mulleres un trastorno de alimentación no

11

Page 12: Comunicacion Perfil afectados TP-GALICIA

32%. O diagnóstico máis frecuente en homes e mulleres é o

trastorno límite de personalidade (TLP), e as persoas co

trastorno de personalidade tiveron de media tres ou catro

profesionais (psiquiatras e psicólogos), coa existencia de

ingresos hospitalarios nun 69% dos casos, que se deben a

intentos de suicidio e autolesións. Na actualidade, máis do

60% dos/das pacientes acode a algún tipo de tratamento

farmacolóxico ou psicolóxico.

As familias acoden despois dunha larga peregrinación por

varios centros, moi poucos dispoñen dalgunha información

sobre o trastorno da personalidade e a maior parte non leron

nada sobre o tema ou teñen información incorrecta. En xeral,

séntense excluídos, desinformados, desesperanzados,

culpabilizados, non tomados en serio e con información

negativa sobre o trastorno (non hai nada que facer, son

manipuladores, é para toda a vida etc.). Demandan sobre todo

que se lles ensine a tratar o TP na convivencia diaria e como

afrontar as situacións de crise (extraído de www.alai-

tp.com).

Por este motivo, a asociación pretende darlles resposta

a estas demandas realizando diferentes actividades coas

familias para proporcionarlles información sobre o trastorno

da personalidade e ferramentas para poder manexar situacións

de crise, como os grupos de psicoeducación e charlas

informativas con profesionais en saúde mental. Así mesmo,

tamén intentamos traballar aspectos máis emocionais e de

respiro familiar para diminuír o estrés e a ansiedade que

presentan as familias, como a realización de grupos de

12

Page 13: Comunicacion Perfil afectados TP-GALICIA

autoaxuda e talleres de relaxación e autocoidado.

O ter información ampla e axeitada sobre o trastorno de

personalidade posibilita que a familia entenda mellor as

condutas do seu familiar, e así é capaz de modificar patróns

de relación e comunicación con el, ademais de poder

establecer limites nas súas relacións, darlle un apoio

correcto sen sobreimplicación, aprender a manexar as crises

de maneira axeitada, que diminúa a demanda de recursos etc. E

como consecuencia, diminúe a busca de recursos sanitarios

asistenciais.BIBLIOGRAFIA

APA. Manual diagnostico y estadistico de los trastornos mentales.( DSM-IV)

Barcelona: Masson, 1995.

Consejeria de Sanidad y Consumo de la Comunidad de Madrid. Recorriendo los

limites. Guia practica para familiares y pacientes con trastorno limite de

la personalidad. 2005.

Grupo de Treball sobre el Trastorn Limit de la Personalitat. Quaderns de salud

mental; 8. Edición: CatSalut, Barcelona, 2006.

Gunderson, J.G. El trastorno limite de la personalidad. Guia clinica. Barcelona:

Ars Medica, 2002.

Fernandez Guerrero, M.J.. Trastorno Limite de la Personalidad. Ediciones Amaru:

2007.

Martin Cabrero, B. Grupo de familiares de personas con trastorno limite de

personalidad. Interpsiquis, 1, 2009.

Mosquera, D. Diamantes en Bruto I. Un acercamiento al trastorno limite de la

personalidad. Manual informativo para profesionales, pacientes y

familiares. Madrid: Ediciones Pleyades, 2004.

Mosquera, D. Diamantes en Bruto II. Manual psicoeducativo y de tratamiento.

Madrid: Ediciones Pleyades, 2004.

Mosquera, D.y Ageitos, L. Mas alla de lo aparente. Un acercamiento a los

comportamientos, pensamientos y actitudes de los familiares de personas con

Trastorno Limite de la Personalidad . Madrid: Ediciones Pleyades, 2006

Rubio Larrosa, V. Trastornos de la personalidad. Editorial Elsevier(2003)

13