Comunicado da terceira xuntanza do convenio colectivo.

2
Local sindical: 2ª Planta, Edf. Xefatura Provincial Correos . 15070 A Coruña Tfno-981.223496, RICO 83230 * E mail: [email protected] Sindicato Federal de Correos e Telégrafos CONFEDERACIÓN XERAL DO TRABALLO Sindicato Provincial de Correos de A Coruña 2º Andar, Edificio Xefatura Provincial de Correos . 15080 A Coruña Tlfes: 981.223.496. Rico: 83230. Móvil: 609381811 Mail: [email protected] Web: http://cgtcorreosacorunha-hayalternativa.blogspot.com Xa podemos facer unha análise da 3ª reunión oficial da mesa negociadora do IV Convenio Colectivo e do Acordo Xeral o día 27 de Outubro do 2014. Nesta a empresa volveu a por sobre a mesa documentos, pouco concretos, pero que xa indican ás claras as pretensións que Correos ten de seguir adiante cos recortes e as rebaixas de dereitos para deixar á empresa preparada ante unha posible privatización As principais modificacións que expón correos buscan cambios en: Negociación colectiva Plan de Igualdade. Organización do traballo e clasificación profesional. (Maior polivalencia.) Mobilidade funcional e xeográfica eliminando as compensacións económicas Provisión de postos de traballo. Un novo sistema de selección para o persoal de ATC. -Un concurso de traslados con 3 asignacións ao ano. Contratos a tempo parcial e en prácticas nun novo sistema de contratación Distribución irregular da xornada; así como xornada partida e considerar días laborables os 24 e 31 de Decembro. Suspensión e extinción do contrato. Adaptar o redactado á reforma laboral. Réxime disciplinario. Acción social, formación e PRL. reducir os complementos económicos por IT. Non aumentar os custos fixos en retribución, buscando a viabilidade comercial. Estas liñas xerais que marca a empresa, sumado ao calendario de negociación (no que se afirma que queren asinar o Convenio e o Acordo Xeral en dous meses) xunto coa exposición oral do señor Amador (Xefe da unidade de negociación) dicindo que o consenso é importante, pero estamos suxeitos ás pautas marcadas polo Goberno e d a SEPI, déixanos preocupación máxima sobre as intencións da empresa. 3ª XUNTANZA DE NEGOCIACIÓN DO CONVENIO: CORREOS ESIXE ASINAR CANTO ANTES E RECORTES DE DEREITOS O RESTO DOS SINDICATOS TAMÉN QUEREN ASINAR AXIÑA. ¡EN CGT NON ENTENDEMOS POR QUÉ TANTA PRESA!

Transcript of Comunicado da terceira xuntanza do convenio colectivo.

Page 1: Comunicado da terceira xuntanza do convenio colectivo.

Local sindical: 2ª Planta, Edf. Xefatura Provincial Correos . 15070 A Coruña Tfno-981.223496, RICO 83230 * E – mail: [email protected]

Sindicato Federal de Correos e Telégrafos CONFEDERACIÓN XERAL DO TRABALLO

Sindicato Provincial de Correos de A Coruña 2º Andar, Edificio Xefatura Provincial de Correos . 15080 A Coruña Tlfes: 981.223.496. Rico: 83230. Móvil: 609381811 Mail: [email protected] Web: http://cgtcorreosacorunha-hayalternativa.blogspot.com

Xa podemos facer unha análise da 3ª reunión oficial da mesa negociadora do IV Convenio Colectivo e do Acordo Xeral o día 27 de Outubro do 2014. Nesta a empresa volveu a por sobre a mesa documentos, pouco concretos, pero que xa indican ás claras as pretensións que Correos ten de seguir adiante cos recortes e as rebaixas de dereitos para deixar á empresa preparada ante unha posible privatización As principais modificacións que expón correos buscan cambios en:

Negociación colectiva

Plan de Igualdade.

Organización do traballo e clasificación profesional. (Maior polivalencia.)

Mobilidade funcional e xeográfica eliminando as compensacións económicas

Provisión de postos de traballo. Un novo sistema de selección para o persoal de

ATC. -Un concurso de traslados con 3 asignacións ao ano.

Contratos a tempo parcial e en prácticas nun novo sistema de contratación

Distribución irregular da xornada; así como xornada partida e considerar días

laborables os 24 e 31 de Decembro.

Suspensión e extinción do contrato. Adaptar o redactado á reforma laboral.

Réxime disciplinario.

Acción social, formación e PRL. reducir os complementos económicos por IT.

Non aumentar os custos fixos en retribución, buscando a viabilidade comercial.

Estas liñas xerais que marca a empresa, sumado ao calendario de negociación (no que se afirma que queren asinar o Convenio e o Acordo Xeral en dous meses) xunto coa exposición oral do señor Amador (Xefe da unidade de negociación) dicindo que o consenso é importante, pero estamos suxeitos ás pautas marcadas polo Goberno e d a SEPI, déixanos preocupación máxima sobre as intencións da empresa.

3ª XUNTANZA DE NEGOCIACIÓN DO CONVENIO: CORREOS ESIXE ASINAR CANTO ANTES E RECORTES DE DEREITOS O RESTO DOS SINDICATOS TAMÉN QUEREN ASINAR AXIÑA.

¡EN CGT NON ENTENDEMOS POR QUÉ TANTA PRESA!

Page 2: Comunicado da terceira xuntanza do convenio colectivo.

Local sindical: 2ª Planta, Edf. Xefatura Provincial Correos . 15070 A Coruña Tfno-981.223496, RICO 83230 * E – mail: [email protected]

En CGT temos unha postura moi clara fronte a este novo convenio. Remitímonos ás nosas propostas presentadas por escrito xa na segunda xuntanza que recollen, por exemplo estes puntos irrenunciábeis:

Subidas salariais fixas.

Adscrición d@s traballadores/as a postos concretos, con funcións claras.

Eliminación de descontos salariais por enfermidade.

Concursos de traslados permanente con todas as vacantes.

Consolidación e recuperación de postos de traballo destruídos, coa incorporación por antigüidade de discontinu@s e eventuais.

Non ao negocio fraudulento das academias e os sindicatos cos cursos.

Tamén defenderemos, na nosa plataforma reivindicativa, unha cláusula de ultraactividade e un referendum no cal tod@s podamos decidir o noso futuro, que podería ser moi negro se levasen a cabo as propostas da empresa. Non sería a primeira vez que as organizacións sindicais pactistas vendesen os nosos dereitos para asegurar as súas prebendas

A CGT vai esperar a que as propostas sexan concretas, para poder facer unha valoración máis acertada. Entendemos que este convenio e acordo son cruciais para asentar unhas condicións de traballo dignas. Máis se cabe nun hipotético panorama próximo de posible privatización. Sorpréndenos as presas de Correos e de todas as demais organizacións sindicais (que seguramente o fagan en clave electoral) por asinar un convenio peor ao vixente e que aínda está nun estado embrionario. Desde CGT pensamos que as presas son malas conselleiras, e amparándonos no que di o Sr. Amador que estamos suxeitos ás pautas marcadas polo Goberno, (dando a entender que esta postura é inamovible e depende directamente das instrución do ministerio de Facenda) e nas enquisas de intención de voto para as próximas eleccións xerais que se celebrarán en 2015, que serán o ano que vén, cremos que quizais un futuro goberno cun talante máis conciliador se poida negociar.