Concello de Noia ANUNCIO - WordPress.com · superar a proba de coñecemento do idioma galego...

14
Concello de Noia ANUNCIO Faise público que por decreto número 1276/2019, do 10 de maio, ditado polo concelleiro delegado con responsabilidades en materia de persoal, aprobáronse as bases reguladoras do proceso selectivo e a convocatoria para a cobertura, en réxime de dereito temporal, de catro postos de policía local, que a continuación transcríbense integramente: BASES QUE REXERÁN O PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL, EN RÉXIME DE DEREITO LABORAL, DE CATRO AUXILIARES DE POLICÍA LOCAL NO CONCELLO DE NOIA. 1. - OBXECTO DA CONVOCATORIA. 1.1. É obxecto da presente convocatoria a selección, mediante o sistema de oposición libre, e posterior contratación temporal, en réxime de dereito laboral, de catro (4) auxiliares de policía local, baixo a modalidade de contrato eventual por acumulación de tarefas conforme ao previsto no artigo 15 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos Traballadores e no art. 3 do Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o art. 15 do Estatuto dos Traballadores 1.2. A través desta convocatoria preténdese seleccionar ao persoal que se contratará para a cobertura dos postos obxecto desta convocatoria, que desempeñarán as funcións de apoio e auxilio aos membros do Corpo de Policía Local do Concello de Noia. 1.3. O procedemento regulado nestas bases rexerase, no que resulte aplicable, pola normativa básica estatal constituída polo Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, a Lei 7 Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local (LBRL), o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposición legais vixentes en materia de Réxime Local (TRRL), o Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios de Administración Local, a Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas, o Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, o Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de contratos de duración determinada; a normativa autonómica de aplicación constituída pola Lei 2/2015, de 29 de abril, do empregado público de Galicia, Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de selección de persoal ao servizo da Administración Autonómica de Galicia e Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, e, supletoriamente, polo Real 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado, así como pola lei 4/2007, de 20 de abril, de coordinación de policías locais, modificada pola Lei 9/2016, do 8 de xullo, Decreto 243/2008, de 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, de 20 de abril, de coordinación de policías locais, Orde do 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixilantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixilantes municipais e a contratación de auxiliares de policía de tempada, o Decreto 115/2017, de 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local e demais lexislación concordante e de aplicación. Concello de Noia Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741

Transcript of Concello de Noia ANUNCIO - WordPress.com · superar a proba de coñecemento do idioma galego...

  • Concello de Noia

    ANUNCIO

    Faise público que por decreto número 1276/2019, do 10 de maio, ditado polo concelleiro delegado conresponsabilidades en materia de persoal, aprobáronse as bases reguladoras do proceso selectivo e aconvocatoria para a cobertura, en réxime de dereito temporal, de catro postos de policía local, que acontinuación transcríbense integramente:

    BASES QUE REXERÁN O PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL, ENRÉXIME DE DEREITO LABORAL, DE CATRO AUXILIARES DE POLICÍA LOCAL NO CONCELLO DE NOIA.

    1. - OBXECTO DA CONVOCATORIA.

    1.1. É obxecto da presente convocatoria a selección, mediante o sistema de oposición libre, e posterior contratacióntemporal, en réxime de dereito laboral, de catro (4) auxiliares de policía local, baixo a modalidade de contratoeventual por acumulación de tarefas conforme ao previsto no artigo 15 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 deoutubro polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos Traballadores e no art. 3 do Real decreto 2720/1998,do 18 de decembro, polo que se desenvolve o art. 15 do Estatuto dos Traballadores

    1.2. A través desta convocatoria preténdese seleccionar ao persoal que se contratará para a cobertura dos postosobxecto desta convocatoria, que desempeñarán as funcións de apoio e auxilio aos membros do Corpo de PolicíaLocal do Concello de Noia.

    1.3. O procedemento regulado nestas bases rexerase, no que resulte aplicable, pola normativa básica estatalconstituída polo Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei doEstatuto Básico do Empregado Público, a Lei 7 Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local(LBRL), o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposiciónlegais vixentes en materia de Réxime Local (TRRL), o Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecenas regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios deAdministración Local, a Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo dasAdministracións Públicas, o Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundidoda Lei do Estatuto dos Traballadores, o Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro, polo que se desenvolve oartigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de contratos de duración determinada; a normativa autonómicade aplicación constituída pola Lei 2/2015, de 29 de abril, do empregado público de Galicia, Decreto 95/1991, do 20de marzo, polo que se aproba o regulamento de selección de persoal ao servizo da Administración Autonómica deGalicia e Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, e, supletoriamente, polo Real 364/1995, de 10de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral doestado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeraldo Estado, así como pola lei 4/2007, de 20 de abril, de coordinación de policías locais, modificada pola Lei 9/2016,do 8 de xullo, Decreto 243/2008, de 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, de 20 de abril, decoordinación de policías locais, Orde do 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección,temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais, para aintegración dos vixilantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixilantes municipais e acontratación de auxiliares de policía de tempada, o Decreto 115/2017, de 17 de novembro, polo que se regula acooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membrosdos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local e demais lexislación concordante e deaplicación.

    Concello de Noia

    Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741

  • Concello de Noia

    2. MODALIDADE E DURACIÓN DO CONTRATO

    2.1. O contrato de traballo será de duración determinada, a xornada completa, baixo a modalidade de contratoeventual por acumulación de tarefas regulado no artigo 15 do Estatuto dos Traballadores e no art. 3 do Real decreto2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o art. 15 do Estatuto dos Traballadores, e prestarase nohorario que se distribúa segundo as necesidades e organización do servizo, en quendas de mañá, tarde ou noite,durante todos os días da semana, cos descansos semanais que legalmente correspondan.

    2.2. A duración do contrato de traballo para ocupar temporalmente o posto de auxiliar de policía local será de catro(4) meses e, en todo caso, non excederá o período legalmente establecido no artigo 95 da Lei 4/2007, de 20 deabril, de coordinación de policías locais, de xeito que poderá ampliarse ata os seis meses por acordo do órganocompetente mediando previa autorización do director xeral de Emerxencias e Interior.

    2.3. Terminada a causa que motivou a formalización do contrato ou, no seu caso, o período máximo establecidolegalmente de duración do mesmo, a persoa contratada para ocupar temporalmente este posto será cesada.

    3.- CARACTERÍSTICAS DO POSTO DE TRABALLO.

    Número: catro (4).

    Clase: auxiliar de policía local.

    Escala: Administración especial.

    Subescala: Servizos especiais.

    Grupo: IV

    Nivel de titulación mínimo esixido: Título de Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO), Graduado escolarou equivalente, correspondente ao actual grupo C, subgrupo C2 do TREBEP.

    Titulación específica esixida: curso básico de auxiliares de policía local en vigor, que deberá acreditarse nomomento da presentación de instancias ou ben superar o curso de formación teórico-práctico queorganice a Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).

    Denominación do posto: auxiliar de policía local.

    Funcións: Os auxiliares de policía local desempeñarán as funcións de apoio e de auxilio aos membros docorpo de Policía Local no marco do disposto na lexislación de corpos e forzas de seguridade.

    Retribucións: As retribucións a percibir por todos os conceptos serán as que estean asignadas para opersoal laboral de igual categoría do Concello de Noia.

    4.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES.

    4.1. Para ser admitido no procedemento que se regula nestas bases, os aspirantes deberán reunir, na data en queremate o prazo de presentación de instancias segundo a convocatoria do proceso, os seguintes requisitos: A) Ter máis de dezaoito (18) anos e non ter cumpridos os 58 anos de idade. B) Posuír unha estatura mínima de 1,65 metros os homes e 1,60 metros as mulleres.

    C) Ser español/a ou nacional dun Estado membro da Unión Europea. Tamén reunirán este requisito a ou o cónxuxe de española ou español ou de persoa nacional dalgún dos Estadosmembros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, e os seus descendentes e os do seucónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores desa idadedependentes, e as persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais subscritos pola Unión

    Concello de Noia

    Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741

  • Concello de Noia

    Europea e ratificados por España nos cales sexa de aplicación a libre circulación de traballadoras e traballadoresnos termos establecidos na normativa vixente. D) Estar en posesión da titulación de Certificado de escolaridade, Graduado Escolar ou equivalente, ou outrossuperiores.

    No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase posuír o documento que acredite fidedignamente a súahomologación.

    E) Estar en posesión do título acreditativo da curso teórico práctico de auxiliares de policía local expedido polaAcademia Galega de Seguridade Pública e que estea en vigor, que deberá acreditarse no momento da presentaciónde instancias, ou ben, para os que non o teñan, superar o curso teórico-práctico que se desenvolverá en ditaAcademia, a cuxo efecto cumprimentarase o apartado 4º) do modelo de instancia Anexo I, no que o interesado ponde manifesto a súa vontade de participar neste curso e autoriza ao Concello de Noia a súa inclusión da listaxe decandidatos para os que se solicitará reserva de praza para a súa realización.

    F) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas atribuídas ao posto de traballo. Non padecerenfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións propias do posto de traballo aoque se opta. G) Non ter sido condenado/a por delito doloso, nin estar inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas, ninseparado/a do servizo das administracións públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme. Seráaplicable, non obstante, o beneficio da rehabilitación, segundo as normas penais e administrativas, que o aspirantedeberá acreditar mediante o correspondente documento oficial.

    H) Non estar incurso en causas de incompatibilidade ou de incapacidade de conformidade co disposto na Lei53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas.

    I) Reunir as condicións físicas e sanitarias para a realización dos exercicios físicos que se especifican nacorrespondente proba da oposición.

    J) Non incorrer en causa de incompatibilidade ou de incapacidade, conforme á normativa vixente.

    K) Estar en posesión do certificado de lingua galega 3 (CELGA 3) ou do curso de aptitude equivalente ou ben avalidación correspondente. No suposto de non posuír este certificado ou título equivalente o aspirante deberásuperar a proba de coñecemento do idioma galego establecida na letra D) da base 10.

    4.2. Todos estes requisitos deberán acreditalos na data en que remate o prazo de presentación de instancias, agáspara os que non posúan o título do curso de formación teórico práctico de auxiliares de policía local en vigorexpedido pola Academia Galega de Seguridade Pública para o que se estará ao disposto na letra E) desta base 4.

    5. CONVOCATORIA E PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS E DOCUMENTACIÓN.5.1. En previsión do establecido no artigo 16.4, na disposición transitoria cuarta e na disposición final sétima da Lei39/2015, do 2 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, as instanciassolicitando participar no proceso dirixiranse ao Alcalde ou Concelleira/o delegada/o de persoal do Concello de Noiae presentaranse, debidamente cubertas, no prazo máximo de 20 días naturais a contar desde o día seguinte aoda publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña , nalgunha das seguintesformas:

    No Rexistro Xeral de Entrada de Documentos do Concello de Noia, situado na planta baixa do número 2da rúa Rosalía de Castro, 15200, Noia (A Coruña).

    Nas oficinas de correos, na forma que se estableza regulamentariamente.

    Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.

    Concello de Noia

    Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741

  • Concello de Noia

    Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.

    Por calquera outro medio que establezan as disposicións vixentes.

    En consecuencia, poderán presentarse telematicamente a través da sede electrónica do Concello de Noia, así comodoutros rexistros electrónicos sempre que sexan interoperables e permita transmitir telematicamente os asentosrexistrais e os documentos que se presenten, debendo en ambos casos dispoñerse de sinatura electrónica poloaspirante para asinar a instancia (anexo I). A tal efecto, non se admitirá o modelo instancia asinado (anexo I) deforma manuscrita que non leve incorporada a sinatura electrónica.

    O anuncio da convocatoria farase, ademais do taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal, nun dos diariosde maior tirada de Galicia.

    5.2. A convocatoria e as bases publicaranse igualmente no Taboleiro de Edictos da Casa do Concello, situado na rúaRosalía de Castro, nº 2 (Noia) e no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal(https://noia.sedelectronica.gal).

    5.3. As instancias deberán axustarse ao modelo oficial que figura como Anexo I das presentes bases, debidamentecubertas polos aspirantes, e estará a disposición dos interesados no Rexistro Xeral do Concello de Noia e notaboleiro de anuncios da sede electrónica municipal. Así mesmo, incluirá a manifestación de que se reúnen todos ecada un dos requisitos enumerados nas presentes bases.

    Dito modelo de solicitude poderá obterse gratuitamente nas oficinas de rexistro do Concello de Noia ou a través dena sede electrónica do Concello de Noia.

    5.4. Xunto coas instancias solicitando participar no proceso, deberá presentarse a seguinte documentación,mediante fotocopia simple, se ben o certificado médico ao que se refire a letra c) deberá presentarse igualmente endocumento orixinal ao Tribunal Cualificador o día da data da realización da primeira proba da fase de oposición quese corresponde á “Comprobación da estatura e probas de aptitude física”:

    a) Documento nacional de identidade, NIE, pasaporte ou documento equivalente válido en dereito.

    b) Curso de formación teórico práctico de auxiliares de policía local en vigor expedido pola Academia Galegade Seguridade Pública ou, no caso de non posuír esta titulación, autorización ao Concello de Noia da súainclusión na proposta de candidatos que remitirá a esta Academia para efectuar a reserva de praza paraparticipar no que se organice.

    c) Certificado médico en que se faga constar expresamente que o aspirante reúne as condicións físicas esanitarias para a realización dos exercicios físicos que se especifican para a fase de oposición nestasbases. Se por causas non imputables ao interesado debidamente motivadas no momento da presentaciónda instancia, este non puidese presentar o mencionado documento médico no indicado prazo permitiraseachegalo con posterioridade e, en todo caso, antes do inicio das probas para a realización dos exercicios.O anterior non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicta no certificado médico.

    Esta certificación non poderá ter unha antigüidade superior aos tres meses anteriores ao día de remate doprazo de presentación da documentación establecida neste punto.

    Este certificado médico acreditativo de que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias para arealización dos exercicios físicos deberá presentarse igualmente en documento orixinal ao TribunalCualificador na data, hora e lugar fixado para a realización da primeira proba da fase de oposición (A.Comprobación da estatura e probas de aptitude física). Se non presenta o orixinal deste certificadomédico, agás que xa o fixese no momento da presentación da instancia, será excluído do procesoselectivo.

    5.5. No suposto de que a instancia non sexa presentada no Rexistro Xeral do Concello de Noia ou a través da sedeelectrónica municipal ou dos rexistros electrónicos doutros organismos que non sexan interoperables cos destaAdministración, os aspirantes deberán remitir á conta de correo electrónica [email protected] unha copia da solicitudedebidamente rexistrada dentro do prazo de presentación, debendo por tanto aparecer o selo de Correos ou o seloou identificación que corresponda da Administración ou organismo no que foi presentada co fin de que, unha vezrematado o prazo de presentación de instancias, sen telas recibido, se poida pospoñer a elaboración da relación deadmitidos e excluídos provisional ata recibir a documentación remitida polo aspirante

    Concello de Noia

    Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741

  • Concello de Noia

    5.6. Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase que os interesados aceptan eacatan todas e cada unha das bases desta convocatoria.

    5.7. Para que teñan validez neste proceso selectivo, os documentos que se presenten deberán estar expedidosnalgunha das linguas oficiais na Comunidade Autónoma de Galicia (galego ou castelán). No caso de se tratar dedocumentos expedidos noutras Comunidades Autónomas do Estado español, para que teñan validez deberán estarredactados na lingua castelá ou traducidos polo organismo competente da respectiva comunidade, debidamentevalidados e apostilados pola correspondente oficina diplomática española ou organismo competente.

    5.8. Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo os interesados declararán que todos osdatos que se inclúen nela son certos e que os documentos que se achegan son fotocopias exactas dos seusrespectivos orixinais.

    6. ADMISIÓN DE ASPIRANTES.6.1. Finalizado o prazo de presentación das solicitudes, o Alcalde ou a/o concelleira/o delegada/o do Concello deNoia, ditará resolución declarando aprobada a listaxe provisoria de admitidos e excluídos, con especificación deapelidos e nome, DNI e, de ser o caso, dos motivos de exclusión.

    6.2. Esta resolución publicarase simultaneamente no Taboleiro de edictos do Concello de Noia e no taboleiro deanuncios da sede electrónica municipal (http://noia.sedelectronica.gal).

    6.3. Os aspirantes omitidos ou excluídos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do díaseguinte ao da publicación da devandita resolución no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal, paraemendar os erros ou os defectos que motivaron a súa omisión ou exclusión.

    6.4. Transcorrido o prazo anterior, o órgano competente ditará nova resolución declarando aprobada a lista definitivade admitidos e excluídos no proceso selectivo e fixando o lugar, data e hora de realización da primeira proba da fasede oposición (A. Comprobación da estatura e probas de aptitude física), a orde de actuación dos aspirantes, de sero caso, e a composición do Tribunal de selección.

    A publicación desta resolución farase mediante anuncio publicado no Taboleiro de edictos da Casa do Concello,situado na rúa Rosalía de Castro, nº 2 (Noia), e no Taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal(http://noia.sedelectronica.gal).

    6.5. De non existir aspirantes excluídos, o Alcalde ou a/o concelleira/o delegada/o de persoal, poderá elevar adefinitiva a lista provisoria na mesma resolución de aprobación, fixando igualmente o lugar, data e hora derealización da primeira proba da fase de oposición, a orde de actuación dos aspirantes, de ser o caso, e acomposición do Tribunal de selección.

    6.6. A resolución pola que se aproba a lista definitiva publicarase no Taboleiro de anuncios do Concello de Noia e notaboleiro de anuncios da sede electrónica municipal.

    6.7. A publicación dos sucesivos anuncios para a celebración das restantes probas, así como a lista dos aspirantesaprobados en cada exercicio e de chamamentos aos aspirantes, de selo caso, efectuarase no Taboleiro de anunciosdo Concello de Noia, situado na rúa Rosalía de Castro, nº 2 (Noia), e no taboleiro de anuncios da sede electrónicamunicipal.

    6.8. A inclusión dos aspirantes nas listas de admitidos non supón, en ningún caso, o recoñecemento por parte destaAdministración de que aqueles reúnen os requisitos esixidos para a súa contratación, requisitos que se deberánacreditar segundo o establecido nas presentes bases.

    7. NOMEAMENTO E COMPOSICIÓN DO TRIBUNAL CUALIFICADOR.7.1. O tribunal encargado da cualificación das probas e da supervisión do proceso será nomeado polo Alcalde ou a/oConcelleira/o delegada/o, conforme ao estipulado nos artigos 60 do EBEP e 59 da Lei 9/2015, de 29 de abril, doemprego público de Galicia, e demais lexislación de aplicación, e a súa composición farase pública consonte coestablecido na base anterior. Estará composto polos seguintes membros e os seus correspondentes suplentes:

    - Presidente: un empregado público, funcionario de carreira ou persoal laboral fixo, que deberá estar en posesión

    Concello de Noia

    Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741

  • Concello de Noia

    dunha titulación de nivel igual ou superior á requirida para participar no proceso selectivo (titular e suplente).- Secretario: un empregado público, funcionario de carreira ou persoal laboral fixo, que actuará con voz e voto (titulare suplente).- Vogais: tres empregados públicos, funcionarios de carreira ou persoal laboral fixo, que deberán estar en posesióndunha titulación de nivel igual ou superior á requirida para participar no proceso selectivo (titulares e suplentes).7.2. No nomeamento dos membros do Tribunal deberanse respectar as seguintes regras:

    a) O órgano de selección será colexiado e a súa composición deberá axustarse aos principios deimparcialidade e profesionalidade dos seus membros, e tenderá, así mesmo, á paridade entre muller e home.b) O persoal de elección e de designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual non poderánformar parte do órgano de selección.c) As persoas que nos cinco anos anteriores á publicación da convocatoria realizaran tarefas de preparación deaspirantes a probas selectivas o colaborasen durante ese período con centros de preparación de opositorestampouco poderán formar parte do órgano de selección.d) A pertenza ao órgano de selección será sempre a título individual, non podendo ostentarse esta enrepresentación ou por conta de ninguén.

    7.3. O Tribunal poderá dispor a incorporación aos seus traballos de asesores especialistas para as probas queestime pertinentes, limitándose ditos asesores a prestar a súa colaboración nas súas especialidades técnicas eterán voz pero non voto. O nomeamento das persoas especialistas corresponderalle ao Alcalde ou a/o Concelleira/odelegada/o a proposta do Tribunal.7.4. O Tribunal cualificador tamén poderá propoñer a designación de persoal administrativo colaborador, que seráresolta por decreto da/o alcalde ou de concelleira/a delegada/o con competencias na materia, co obxecto de prestarauxilio ao mesmo no desenvolvemento das probas no suposto de que o número de aspirantes convocados así oaconselle a fin de garantir un áxil e adecuado desenvolvemento do proceso selectivo.

    7.5. O Tribunal Cualificador queda autorizado para resolvelas dúbidas que se presenten e para tomar os acordosnecesarios para a boa orde do proceso selectivo, en todo o non previsto nestas bases.

    7.6. As decisións do Tribunal Cualificador adoptaranse por maioría de votos dos membros presentes, resolvendo, nocaso de empate, o voto de calidade do seu Presidente.

    7.7. Os acordos adoptados polo tribunal cualificador poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a/oconcelleira/o competente na materia termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, doProcedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, sen prexuízo da interposición de calquera outrorecurso que se estime oportuno.

    7.8. Os membros do Tribunal, así como, aqueles asesores especialistas que nomee, terán dereito ao abono deasistencias, de conformidade co previsto no anexo IV do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobreindemnizacións por razón do servizo. No caso de que os membros do Tribunal sexan traballadores municipais,unicamente percibirán dietas, en tanto as reunións se realicen fora da xornada laboral. As indemnizacións dopersoal administrativo colaborador, salvo disposición en contrario, serán as establecidas para os vogais.

    8. NORMAS DE FUNCIONAMENTO DO TRIBUNAL CUALIFICADOR.8.1. A composición do Tribunal cualificador e a data e a hora para o comezo do proceso selectivo convocado serándeterminados polo Alcalde ou concelleiro competente en materia de persoal, xuntamente coa aprobación da listadefinitiva de admitidos e excluídos e a composición do Tribunal.8.2. O Tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de, polo menos, a metade dos seus membros, e,en todo caso, sen asistencia do presidente e secretario.8.3. As decisións do Tribunal Cualificador adoptaranse por maioría de votos dos membros presentes, resolvendo, encaso de empate, o voto de calidade do seu Presidente.

    Concello de Noia

    Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741

  • Concello de Noia

    8.4. Por cada sesión do tribunal levantarase acta, que lida ao principio da sesión seguinte e feitas, de ser o caso, asrectificacións que procedan, autorizarase coa sinatura da/o secretaria/o e o visto e prace do presidente.8.5. Os membros do Tribunal, así como os asesores especialistas designados, terán que absterse de intervir candoconcorran algunha das causas previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do SectorPúblico, ou se tivesen realizado tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas, ou houberan colaboradocon centros de preparación de opositores, nos cinco anos anteriores á publicación da convocatoria do proceso queregulan estas bases.

    A ou o presidente poderá solicitar dos membros do Tribunal e dos asesores especialistas declaración expresa denon atoparse incursos nas circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de RéximeXurídico do Sector Público.

    Os aspirantes poderán recusar, nos termos previstos no artigo 24 Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídicodo Sector Público, aos membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas na presente base conformeao precepto citado no parágrafo anterior.

    8.6. Por resolución do Alcalde ou a/o Concelleira/o delegada/o nomearanse aos novos membros do Tribunal quesubstituirán ás persoas que perdesen tal condición por algunha das causas mencionadas anteriormente. Estaresolución farase pública no Taboleiro de anuncios da Casa do Concello e no taboleiro de anuncios da sedeelectrónica municipal.

    8.7. Os membros do Tribunal, así como, aqueles asesores especialistas que nomee, terán dereito ao abono deasistencias, de conformidade co previsto no anexo IV do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobreindemnizacións por razón do servizo. Non obstante, no caso de que os membros do tribunal sexan traballadoresmunicipais, unicamente percibirán as dietas, en tanto as reunións se realicen fora da xornada laboral.

    9.- SISTEMA DE SELECCIÓN:

    A selección do persoal realizarase de conformidade co sinalado nas presentes bases mediante o sistema deoposición libre, de acordo co previsto no artigo 56 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia.

    10.- PROBAS SELECTIVAS E TEMARIO:

    De acordo co previsto no artigo 47 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, as probas para a selección de auxiliarescontratados polos concellos, son as que se describen a continuación.

    A. Comprobación da estatura e probas de aptitude física. Obrigatoria e eliminatoria.

    Esta proba cualificarase como apto ou non apto.

    Con anterioridade ao inicio da realización desta proba o aspirante deberá entregar ao Tribunal Cualificador o orixinaldo certificado médico acreditativo de que reúne as condicións físicas e sanitarias para a realización dos exerciciosfísicos establecidos nos seguintes apartados. Estarán dispensados da presentación do orixinal ou copiadebidamente autenticada os que xa o fixeron no momento da presentación de instancias.

    A.1. Comprobación da estatura.Ao comezo realizarase o control da estatura dos/as aspirantes. Os mínimos son os que rexen para o ingreso noscorpos de policía local: 1,65 metros para os homes e 1,60 metros para as mulleres.

    A.2. Probas físicas.As probas físicas cualificaranse de apto/non apto. Para obter a cualificación de apto os aspirantes deberán acadaras marcas mínimas ou non superar as máximas que se establecen para cada proba.

    Concello de Noia

    Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741

  • Concello de Noia

    A.2.1. Potencia tren inferior: salto vertical.Realizarase nun ximnasio ou lugar semellante con chan horizontal e cunha parede vertical e lisa.

    O aspirante colocarase en posición de partida, en pé, de lado xunto a unha parede vertical, cun brazo totalmenteestendido cara a arriba e sen levantar os calcañares do chan, e marcará coas dedas a altura que alcanza nesaposición. O exercicio executarase, separándose 20 centímetros da parede e saltando tan alto como poida,marcando novamente coas dedas o nivel alcanzado.

    Para a correcta realización da proba deberanse observar as seguintes regras:

    – Pódense mover os brazos e flexionar o tronco e os xeonllos, pero non se pode separar do channingunha parte dos pés antes de saltar.

    – Hai que realizar o salto cos dous pés ao mesmo tempo.

    – Permítense dous intentos, só aos aspirantes que fagan nulo no primeiro.

    A distancia entre a marca feita desde a posición de partida e a acadada co salto deberá ser igual ou superior ámínima (en centímetros) establecida no seguinte cadro para cada sexo e grupo de idade.

    Sexo/idade 18-36 anos 37-48 anos 49 anos ou máisHomes 41 cm 33 cm 29 cm

    Mulleres 32 cm 28 cm 25 cm A.2.2. Resistencia xeral: carreira de 1.000 metros lisos.Realizarase en pista de atletismo ou en calquera zona totalmente chaira de terreo.

    O/a aspirante colocarase na pista no lugar indicado. A posición de saída realizarase en pé. Só se permite un intento.

    O/a aspirante que abandone a carreira quedará excluído.

    A proba consistirá en correr a distancia de 1.000 metros no tempo máximo (en minutos) que se recolle na seguintetáboa para cada sexo e grupo de idade:

    Sexo/idade 18-36 anos 37-45 anos 46 anos ou máisHomes 4’30” 5’00” 5’15”

    Mulleres 5’00” 5’30” 5’45”

    B. Proba de coñecementos. Obrigatoria e eliminatoria.A proba de avaliación dos coñecementos dos/as aspirantes deberá amosar o dominio dos contidos do temario quese inclúe no anexo II.

    Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 50 preguntas tipo test, con 4 alternativas de respostacada unha, que serán propostas polo tribunal. Os/as aspirantes disporán dun tempo máximo dunha hora para a súarealización.

    A proba cualificarase polo tribunal de cero a dez puntos, sendo preciso acadar cinco puntos como mínimo, para nonquedar eliminado/a. A cualificación farase atendendo a seguinte fórmula: N= (A-F/3)/5.

    Sendo N= nota final da proba; A= preguntas acertadas; F= preguntas erradas ou non respondidas.

    C. Coñecemento da lingua galega. Obrigatoria e eliminatoria.

    Concello de Noia

    Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741

  • Concello de Noia

    A proba de coñecemento da lingua galega estará dirixida á comprobación, por parte do tribunal, de que os/asaspirantes comprenden, falan e escriben correctamente o galego, someténdoos ás probas que consideren máisadecuadas para tal comprobación. Esta proba cualificarase de cero a tres puntos, sendo necesario acadar comomínimo unha puntuación de un con cinco puntos.

    Estarán dispensados de realizar este exercicio os aspirantes que acrediten posuír no día de finalización do prazo depresentación de solicitudes o Celga 3 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materiade política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega,publicada no DOG n.º 146, do 30 de xullo de 2007.

    11. DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS DA FASE DE OPOSICIÓN.

    11.1. A data e a hora para o comezo do proceso selectivo convocado serán determinados polo alcalde ouconcelleira/o competente mediante resolución, xuntamente coa aprobación da lista definitiva de admitidos eexcluídos e a composición do tribunal, que se publicará no taboleiro de anuncios do e no taboleiro de anuncios dasúa sede electrónica.

    11.2. Os aspirantes deberán acudir ás probas nas horas e datas dos respectivos chamamentos, sen posibilidade deaprazamento calquera que fora a causa que lles impedise acudir, excepto que a escusa sexa posible por ter amparonun precepto legal, así como no suposto de aspirantes embarazadas ou en período de parto ou postpartodebidamente acreditados.

    11.3. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos do DNI, NIE, pasaporte,carné de conducir ou documento fidedigno válido en Dereito acreditativo da súa personalidade a xuízo do Tribunal, etamén dos medios materiais necesarios adecuados que sexan necesarios para a práctica daqueles.

    11.4. O chamamento para a realización do/s exercicio/s será único, de maneira que as persoas que non comparezanserán excluídas, agás os casos debidamente xustificados, que resolverá o Tribunal.

    11.5. O Tribunal poderá requirir aos aspirantes, en calquera momento da práctica de calquera exercicio ou proba,que acrediten a súa identidade, para o que deberán estar provistos do documento nacional de identidade, permisode condución ou pasaporte.

    11.6. A publicación dos resultados obtidos en cada un dos exercicios, así como os anuncios convocando aosaspirantes para a celebración de cada exercicio, farase no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e no taboleirode anuncios da sede electrónica deste Concello.

    11.7. O Tribunal queda facultado para resolver as dúbidas que poidan presentarse e adoptar as resolucións, criteriose medidas necesarias para a boa orde da oposición naqueles aspectos previstos ou non nestas bases, sendo entodo caso aplicable para o non previsto na presentes bases a normativa recollida na base 1.

    12. CUALIFICACIÓNS, CRITERIOS DE DESEMPATE, PROPOSTA DE APROBACIÓN DA FORMACIÓN DALISTAXE DE APROBADOS PARA A REALIZACIÓN DAS CONTRATACIÓNS E LISTAXE DE RESERVA.

    12.1. A puntuación final dos aspirantes aprobados será o resultado da puntuación acadada na proba decoñecementos referida ao temario.

    12.2. Determinada a cualificación final do proceso selectivo, o Tribunal Cualificador procederá á formación dunhalistaxe co nome das persoas aprobadas por orde decrecente da puntuación final obtida, con especificación dasmesmas, coa salvedade de que aqueles que non acaden a puntuación mínima esixida para a superación dorespectivo exercicio non figurarán na relación tendo a cualificación de "non apto". Esta listaxe publicarase nostaboleiros de anuncios da Casa Consistorial, situado na rúa Rosalía de Castro, nº 2 (Noia), e da sede electrónica doConcello co nome dos/as aspirantes aprobados/as por orde da puntuación total final, con especificación desta.

    Concello de Noia

    Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741

  • Concello de Noia

    Así mesmo, o Tribunal elevará ao órgano competente, en función do número de prazas convocadas, acorrespondente proposta de aprobación da listaxe por orde decrecente de puntuación de aspirantes que obtivesenas cualificacións máis altas que resulten aprobados, e que determinará a orde de prelación para a súa contratación.

    O Tribunal non poderá facer proposta de aprobación da formación da listaxe de aprobados para a súa contratación afavor dun número de aspirantes superior ao das prazas convocadas.

    O Tribunal elaborará igualmente, por orde decrecente de puntuación unha lista de reserva co resto de aspirantes naque figurarán aqueles que, aínda que superasen o proceso selectivo, non resultasen aprobados por obter unhapuntuación de ordinal inferior ao número de prazas convocadas. Esta lista de reserva terá a vixencia dun anonatural, polo que expirará o 31 de decembro do ano en curso.

    No caso de renuncia, falecemento, falta de xustificación dos requisitos para a contratación, incapacidade absolutasobrevida, ou outros supostos nos que o aspirante aprobado non chegue a formalizar o contrato de traballo ou, noseu caso, cause a extinción da relación laboral xa formalizada, o órgano competente poderá substituílo poloseguinte na orde de puntuación da lista complementaria de reserva, de conformidade co establecido no artigo61.8.d) do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do EstatutoBásico do Emprego Público.

    Se a extinción da relación laboral orixínase no momento da prestación do servizo e con posterioridade á realizacióndo curso de formación teórico práctico da Agasp, o órgano competente poderá substituílo polo seguinte na orde depuntuación da lista complementaria de reserva que reúna todos os requisitos, incluído o da posesión do título queacredite a superación desta actividade formativa.

    Por tanto, o Tribunal tamén proporá, por orde decrecente de puntuación, a formación da lista complementaria dereserva na que figurarán aquelas persoas que, aínda que superaron todas as probas do proceso selectivo, nonresultaron aprobadas por obter unha puntuación inferior á da última persoa que obtivo o dereito preferente a obterunha das prazas convocadas, á que se acudirá para o caso de que algunha das prazas contratadas ó abeiro destaconvocatoria quedase definitivamente vacante por algunha circunstancia ou para realizar algunha substitucióntemporal con dereito a reserva de praza (referida a estas prazas).

    12.3. No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes acudirase por orde aos seguintes criteriosata que se resolva:

    1º Por ser un grupo con infrarrepresentación do sexo feminino, en aplicación do disposto noartigo 49 do Decreto Lexislativo 2/2016, do 12 de febreiro, polo que se aproba o textorefundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia deigualdade, preferencia da muller respecto do home.

    2º. De persistir o empate resolverase pola orde alfabética do primeiro apelido, e de ser igual,polo segundo, a partir da letra "Q", seguindo o resultado do sorteo feito público porResolución do Conselleiro de Facenda, do 24 de xaneiro de 2019, pola que se fai público oresultado do sorteo a que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administraciónda Comunidade Autónoma de Galicia, publicado no Diario Oficial de Galicia, número 25, do 5de febreiro de 2019. No suposto de que non exista aspirante ningún co primeiro apelido quecomece pola letra "Q" pasarase á letra "R" e así sucesivamente.

    3º. De seguir existindo o empate, este dirimirase por sorteo público entre os implicados, acelebrar polo Tribunal cualificador, que levantará a correspondente acta.

    13. CURSO DE FORMACIÓN DA ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

    13.1. Os aspirantes que aprobasen este proceso selectivo propostos para a contratación deberán participar nuncurso de formación para auxiliares de policía local que desenvolverá a Academia Galega de Seguridade, sen cuxo

    Concello de Noia

    Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741

  • Concello de Noia

    requisito non se poderá formalizar o contrato.

    Para participar neste curso, os aspirantes que non o posúan deberán manifestar expresamente a súa autorizaciónao Concello de Noia para que remita unha instancia á Academia Galega de Seguridade Pública cos seus datosidentificativos para a realización do mesmo.

    13.2. Aqueles que xa tivesen participado e superado dito curso estarán dispensados desta obriga por un período decatro anos, de acordo co previsto no artigo 48.2º do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve aLei 4/2007, de coordinación de policías locais.

    13.3. Os gastos que se deriven pola asistencia ó referido curso serán a cargo dos/das aspirantes.

    13.4. O aspirante que non se incorpore, abandone este sen finalizalo ou non supere as probas que se determinenno seu caso, decaerá no dereito á formalización do correspondente contrato de traballo con este Concello econsiderarase que non superou o proceso selectivo.

    14. PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A FORMALIZACIÓN DOS CONTRATOS DETRABALLO.

    14.1. Unha vez realizado o curso de formación para auxiliares de policía local que desenvolverá a Academia Galegade Seguridade polos aspirantes que aprobasen este proceso selectivo propostos para a contratación, no caso deresultar necesario, o órgano competente ditará resolución designando aos aspirantes que obtiveron a mellorpuntuación para que no prazo de 3 días hábiles, a contar desde o seguinte ao da publicación da mesma noTaboleiro de anuncios do Concello de Noia, situado na rúa Rosalía de Castro, nº 2 (Noia), e no Taboleiro deanuncios da sede electrónica municipal, presenten a seguinte documentación, en orixinal ou copia debidamenteautenticada:

    A) Documento nacional de identidade, NIE, pasaporte ou documento equivalente válido endereito.

    B) Estar en posesión da titulación de Certificado de escolaridade, Graduado Escolar ouequivalente, ou outros superiores.

    C) Curso teórico práctico de formación de auxiliares de policía local expedido polaAcademia Galega de Seguridade Pública.

    D) Certificación de aptitude do Celga 3 ou superior, ou do curso de aptitude equivalente ouben a validación correspondente. No suposto de non posuír este certificado ou títuloequivalente o aspirante deberá ter superada a proba de coñecemento do idioma galegoestablecida na base 10, letra C).

    E) Certificación médica actualizada na que se faga constar expresamente que o aspiranteposúe a capacidade funcional para o desempeño das funcións propias do posto de traballode auxiliar de policía local. Esta certificación non poderá ter unha antigüidade superior aostres meses anteriores ao día de remate do prazo de presentación desta documentación.

    F) Declaración de non ter sido condenado/a por delito doloso, nin estar inhabilitado/a para oexercicio das funcións públicas, nin separado/a do servizo das administracións públicas porexpediente disciplinario ou resolución xudicial firme. Será aplicable, non obstante, obeneficio da rehabilitación, segundo as normas penais e administrativas, que o aspirantedeberá acreditar mediante o correspondente documento oficial.

    G) Declaración de estar incurso en causas de incompatibilidade ou de incapacidade deconformidade co disposto na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades dopersoal ao servizo das Administracións Públicas.

    Concello de Noia

    Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741

  • Concello de Noia

    H) Declaración responsable, asinada polo aspirante, de non ter sido separado medianteexpediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dosórganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades autónomas, nin encontrarse eninhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resoluciónxudicial, para o acceso ao corpo ou á escala de funcionario e de non ter sido condenadopor delito doloso, nin encontrarse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos oucargos públicos por resolución xudicial firme, para o acceso ao corpo ou á escala defuncionario.

    No caso de ser nacional doutro Estado, declaración responsable, asinada polo aspirante,de non estar inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sancióndisciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso aoemprego público.

    Esta documentación poderase presentar no Rexistro Xeral de Entrada de Documentos do Concello de Noia, situadona rúa Rosalía de Castro, nº 2 (Noia), ou tamén por calquera outro medio que establezan as disposicións vixentessempre que quede validamente acreditada a autenticidade da documentación que se presente.

    14.2. Se dentro do prazo indicado, salvo casos de forza maior debidamente xustificada, algún ou algunha dos/asaspirantes non presentara a súa documentación ou non acreditara reunir os requisitos esixidos, non se poderáproceder á formalización da súa contratación, e quedarán anuladas todas as súas actuacións, sen prexuízo dasresponsabilidades en que puidera ter incorrido por falsidade na instancia ou na documentación presentada paratomar parte neste proceso selectivo.

    14.3. No caso de falta de xustificación dos requisitos para a contratación, non presentación da documentaciónsinalada anteriormente no prazo establecido, renuncia, falecemento, incapacidade absoluta sobrevida ouconcorrencia de calquera outra causa que impida a contratación dunha persoa aspirante como auxiliar de policíalocal, o órgano competente ditará nova resolución designando á primeira persoa que figure na lista de reserva e, nosuposto de resultar necesario, ás seguintes segundo a orde de puntuación ata completar o número de postosvacantes, para que no prazo de 3 días hábiles desde o seguinte ao da súa publicación presente a documentaciónestablecida na base 14.1.

    15.–FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.15.1. Cumpridos os requisitos establecidos na base anterior, o órgano competente ditará resolución acordando arealización das contratacións cos opositores seleccionados.

    15.2. A formalización do contrato e a toma de posesión do posto terá lugar dentro do prazo de tres (3) días hábiles acontar desde o día seguinte ao da publicación do acordo expresado no parágrafo anterior.

    15.2. En tanto non se formalicen os contratos e non se incorporne aos postos de traballo, os aspirantes non terándereito a percepción económica de ningunha clase.

    16. - NORMA FINAL.

    Estas bases, a súa convocatoria e cantos actos administrativos deriven das mesmas, poderán ser impugnadas concarácter potestativo polos interesados mediante a interposición de recurso de reposición ante o mesmo órgano queas ditou, no prazo dun mes contado dende o día seguinte ao do anuncio da convocatoria no BOP; ou bendirectamente, mediante recurso contencioso–administrativo ante o xulgado do contencioso–administrativo, no prazode dous meses contado dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP, sen prexuízoda interposición de calquera outro recurso que se estime oportuno.

    Concello de Noia

    Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741

  • Concello de Noia

    ANEXO I. MODELO DE INSTANCIA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA ACONTRATACIÓN TEMPORAL, EN RÉXIME DE DEREITO LABORAL, DE CATRO AUXILIARES DE POLICÍALOCAL.

    APELIDOS E NOME:

    DNI:

    ENDEREZO:

    Rúa: Nº: Escaleira: Piso: Porta:

    Código Postal: Municipio: Provincia:

    Teléfono de contacto:

    Tendo coñecemento da convocatoria efectuada polo Concello de Noia, para a contratación temporal, en réxime dedereito laboral, de catro auxiliares de policía local, mediante o sistema de oposición libre,

    1°) SOLICITO tomar parte no devandito procedemento selectivo.

    2°) DECLARO que son certos os datos consignados nesta solicitude, que os documentos que se achegan sonfotocopias exactas dos respectivos orixinais e que reúno todos e cada un dos requisitos necesarios para o ingresona función pública e os sinalados na correspondente convocatoria.

    3°) ACHEGO fotocopia simple dos seguintes documentos (marcar con “x”):

    Documento nacional de identidade, NIE, pasaporte ou documento equivalente válido en dereito.

    Certificado de escolaridade, Graduado Escolar ou equivalente, ou outros superiores

    Curso básico de auxiliares de policía local

    Certificado médico en que se faga constar expresamente que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitariaspara a realización dos exercicios físicos que se especifican na correspondente proba da oposición.

    Certificación de aptitude do Celga 3 ou superior, ou do curso de aptitude equivalente ou ben a validacióncorrespondente.

    4º) De conformidade co establecido na base 4.1. letra E) das reguladoras deste proceso selectivo, referido aosuposto no que os interesados no posúan o curso de formación de auxiliares de policía local, DECLARO:

    Que teño interese en realizar o curso de formación de auxiliares de policía local que organizará a Agasp e, enconsecuencia, autorizo Concello de Noia a que me inclúa na proposta de candidatos que remitirá á Academia.

    Lugar, data e sinatura.

    SR. ALCALDE DO CONCELLO DE NOIA

    Concello de Noia

    Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741

  • Concello de Noia

    ANEXO II. TEMARIO

    Tema 1. Municipio. Concepto e elementos. Competencias municipais. A organización e funcionamento do municipio.O Pleno. O alcalde. A Xunta de Goberno Local. Outros órganos municipais.

    Tema 2. Ordenanzas, regulamentos e bandos. Clases e procedemento de elaboración e aprobación.

    Tema 3. A licenza municipal. Tipos. Actividades sometidas a licenza. Tramitación.

    Tema 4. Lei de coordinación das policías locais de Galicia e normas de desenvolvemento. Réxime disciplinario:disposicións xerais e faltas disciplinarias.

    Tema 5. A actividade da policía local como policía administrativa I: consumo. Abastos. Mercados. Venda ambulante.Espectáculos e establecementos públicos.

    Tema 6. A actividade da policía local como policía administrativa II: urbanismo. Infraccións e sancións. A protecciónambiental: prevención e calidade ambiental, residuos e disciplina ambiental.

    Tema 7. Delitos e faltas. Circunstancias modificativas da responsabilidade criminal. Persoas responsables: autores ecómplices.

    Tema 8. Delitos contra a seguranza viaria. Faltas cometidas con ocasión da circulación de vehículos de motor.Lesións e danos imprudentes.

    Tema 9. Lei de seguranza viaria. Regulamentos de desenvolvemento. Estrutura e conceptos xerais.

    Tema 10. Normas xerais de circulación: lugar na vía, velocidade, prioridade de paso, cambios de dirección e sentido.Adiantamentos. Parada e estacionamento. Vehículos e transportes especiais. Cinto e casco de seguranza.

    Tema 11. Circulación por zonas peonís. Comportamento en caso de emerxencia. Sinais de circulación. Clasificacióne orde de prioridade. Carencia do seguro obrigatorio.

    Tema 12. A policía como servizo público. A policía local como policía de proximidade e de servizo. O auxiliar depolicía e as súas funcións. Responsabilidades do auxiliar de policía.

    Noia, na data da sinatura electrónica

    Concello de Noia

    Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741

    barcode1: barcode2: barcode3: barcode4: barcode5: barcode6: barcode7: barcode8: barcode9: barcode10: barcode11: barcode12: barcode13: barcode14: esPublico Gestiona - Concello de Noia2019-05-10T20:09:01+0200NoiaFREIRE ABEIJON JOSE SANTIAGO - 33272327KO acepto