CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS -...

21
CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS REAL FILHARMONÍA DE GALICIA Orquestra MAXIMINO ZUMALAVE Director SOCIEDAD CORAL POLIFÓNICA DE PONTEVEDRA CORO ACADÉMICO DO CONSERVATORIO MANUEL QUIROGA Pazo da Cultura de Pontevedra 16 de maio 2012 21.00 horas

Transcript of CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS -...

Page 1: CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS - consellodacultura.galconsellodacultura.gal/mediateca/extras/Programa de man-DEFINITIVO.pdfsallo, a Sociedad Coral Polifónica e o Coro do Conservatorio

CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Orquestra

MAXIMINO ZUMALAVE

Director

SOCIEDAD CORAL POLIFÓNICA DE PONTEVEDRA

CORO ACADÉMICO DO CONSERVATORIO MANUEL QUIROGA

Pazo da Cultura de Pontevedra16 de maio 2012

21.00 horas

Page 2: CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS - consellodacultura.galconsellodacultura.gal/mediateca/extras/Programa de man-DEFINITIVO.pdfsallo, a Sociedad Coral Polifónica e o Coro do Conservatorio

C O N C E RTO D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 2

MÚSICA E PALABRAS NAS TERRAS DO LÉREZ

Ramón VillaresPresidente do Consello da Cultura Galega

idea da irmandade entre as tradicións literaria e musical, que puxoen marcha hai agora un ano o primeiro concerto institucional parasalientar a dimensión festiva e conmemorativa do Día das Letras Ga-legas, proxectarase novamente no concerto programado no Pazo da

Cultura de Pontevedra. Nas terras do Lérez, lugar de nacemento de Valentín Paz--Andrade, a figura senlleira escollida pola Real Academia Galega para a efeméride2012, o Consello da Cultura Galega, a través da súa Sección de Música e ArtesEscénicas, ofrece un programa que une os versos e as partituras para a mellor pro-xección da música e a literatura de noso. Foi así como o Plenario da instituciónquixo subliñar, máis unha vez, o seu permanente compromiso de “preservar os va-lores culturais do pobo galego” e, canda eles, proxectar a identidade cultural deGalicia.O concerto desta noite en Pontevedra basearase en tres sobranceiras contri-

bucións literarias: as de Celso Emilio Ferreiro (1912-1979), Valentín Paz-Andrade(1898-1987) e Ramón Cabanillas (1876-1959). Do primeiro, que neste ano cum-priría un século, Antón García Abril musicou os poemas “María Soliña” e “Moilonxe”. Seguiralle a estrea do Caderno de bitácora de Valentín Paz-Andrade, com-posto por Juan Durán a pedimento do Consello da Cultura Galega e como ho-menaxe ao creador de Galicia como tarea, figura poliédrica e sobranceira noscampos da lírica, o ensaio, o xornalismo, a modernización e a innovación nas ac-tividades económicas, así como o compromiso na defensa do galeguismo político.A viaxe musical e literaria concluirá con poemas da Antífona da cantiga, de RamónCabanillas, que adoptou Roxelio Groba para compoñer a Cantata das cantigas,segunda estrea da noite. A música acompasarase nos versos de dous rotundos re-

A

Page 3: CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS - consellodacultura.galconsellodacultura.gal/mediateca/extras/Programa de man-DEFINITIVO.pdfsallo, a Sociedad Coral Polifónica e o Coro do Conservatorio

C O N C E RTO D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 2 C O N C E RTO D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 2

ferentes da lírica galega e deixaranos unha partitura para o recoñecemento dequen honra co seu nome e co seu legado exemplar o quincuaxésimo Día das LetrasGalegas.Debo, polo demais, agradecer as axudas imprescindibles para o Consello da

Cultura Galega realizar este concerto, ideado con vocación de permanencia notempo e de itinerancia por Galicia. Para virmos de Compostela a Pontevedra con-tamos coa axuda do Concello de Pontevedra e do seu alcalde, Miguel Anxo Fer-nández Lores, que nos acolleron no seu Pazo da Cultura. Recibimos tamén, omesmo que o ano pasado, a colaboración do Consorcio da Cidade de Santiago,que novamente nos permitiu dispoñer da Real Filharmonía de Galicia, orquestrade brillante e recoñecida traxectoria, á que neste concerto se unirán, en feliz aga-sallo, a Sociedad Coral Polifónica e o Coro do Conservatorio de Pontevedra, queleva o nome de Manuel Quiroga, extraordinario violinista e compositor, ponteve-drés de nacencia, expoñentes do interese e do seguimento que a lírica e o son es-pertaron e espertan na “boa vila que dá de beber a quen pasa”. Finalmente, deborecoñecer o traballo de Maximino Zumalave, coordinador da nosa Sección de Mú-sica e Artes Escénicas. A súa batuta materializará de novo neste concerto a irman-dade entre a literatura e a música de Galicia, entre os poetas e os compositores,capaces de abrir camiños para Galicia creando e evocando as palabras e a músicaque xa van connosco.

PROGRAMA

Dúas cancións sobre poemas de Celso Emilio FerreiroANTÓN GARCÍA ABRIL

• María Soliña• Moi lonxe

Caderno de bitácora de Valentín Paz-AndradeJUAN DURÁN

Obra de encargo, estrea absolutaRecitador: XOSÉ BARATO

Cantata das cantigasROGELIO GROBA

Estrea absoluta

I. Pensa moito e fala poucoII. Rente do teu corazónIII. O cura chamoume RosaIV. Non busques moza na feiraV. Fun que non fun ao muíñoVI. Filla das herbas tristesVII. As fillas de FurabolosVIII. Coma se foran señorasIX. Deixade fungar ás vellasX. Arrú, meu neniñoXI. Unha silla no infernoXII. Pensa moito e fala pouco

Mezzsoprano: NURIA LORENZO LÓPEZTenor: JOSÉ MANUEL BARBOSABarítono: ENRIQUE PEDROSA LÓPEZ

Page 4: CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS - consellodacultura.galconsellodacultura.gal/mediateca/extras/Programa de man-DEFINITIVO.pdfsallo, a Sociedad Coral Polifónica e o Coro do Conservatorio

POEMAS EN QUE ESTÁN BASEADAS

AS OBRAS MUSICAIS DO PROGRAMA

Page 5: CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS - consellodacultura.galconsellodacultura.gal/mediateca/extras/Programa de man-DEFINITIVO.pdfsallo, a Sociedad Coral Polifónica e o Coro do Conservatorio

C O N C E RTO D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 2

MARÍA SOLIÑA1

Polos camiños de Cangasa voz do vento xemía:Ai, qué soliña quedacheMaría Soliña.

Nos areales de Cangasmuros de noite se erguían:Ai, qué soliña quedacheMaría Soliña.

As ondas do mar de Cangasacedos ecos traguían:Ai, qué soliña quedacheMaría Soliña.

As gueivotas sobre Cangassonos de medo tecían:Ai, qué soliña quedacheMaría Soliña.

Baixo os tellados de Cangasanda un terror de auga fría:Ai, qué soliña quedacheMaría Soliña.¡Todo pasou tan axiña…!

CE

LSO

EM

ILIO

FE

RR

EIR

O

I. Dous poemas de Celso Emilio Ferreiro

1 FERREIRO, CELSO EMILIO: Longa noite de pedra, Vigo, Salnés, 1962.

Page 6: CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS - consellodacultura.galconsellodacultura.gal/mediateca/extras/Programa de man-DEFINITIVO.pdfsallo, a Sociedad Coral Polifónica e o Coro do Conservatorio

C O N C E RTO D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 2 C O N C E RTO D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 2

MOI LONXE2

Verdes outeiros da nativa terradurmindo nun azur de fumes quedos.Rente de min estades, doces cumes,pero eu estou moi lonxe, lonxe, lonxe.

Serpe de prata, río, longo espellopasando con lecer. As túas augasnavegan o meu peito lentamente,pero eu estou moi lonxe, lonxe, lonxe.

Un neno loiro en preces sulagadobuscando amor. Agora vai conmigo,dentro de min, chorándome na ialma,pero eu estou moi lonxe, lonxe, lonxe.

Un día voltarei, nativa terra,a descansar en ti dos meus camiños,mais non te alcontrarei. En min te levo,pero eu estou moi lonxe, lonxe, lonxe.

Caderno de bitácora de Valentín Paz-Andrade

Di o poeta Manuel María que Valentín Paz-Andrade

“é un importante poeta do mar, que cantou as grandes

navegaciós dos nosos mariñeiros, os días e os traballos

das xentes de noso por tódalas direciós da Rosa dos Ventos:”3

[…]

Benchegados da costa de Sardao

picada nas Berlingas,escola de arriscada patroníaonde a xente de Bouzas deprendeuo alfabeto dos ventos e das calmas,do arroás, das aves e da ardora, cartilla elemental do mar maior.

Benchegados do Norde,da luz e a neve boreal unxidos,parexeiros bariles do Grand Sole, adiantados das Hébridas,do Berbés e de Cangas boniteiros,forxadores da nova roita céltiga,da misa azul de San Patrik ouvidorese da Virxen da Barca seareiros.

Benchegados tamén da extremadouraTerra dos Bacallausás orelas do Polo pendurada,capitáns de Palmeira, para Kipling

CE

LSO

EM

ILIO

FE

RR

EIR

O

VA

LE

NT

ÍN P

AZ

-AN

DR

AD

E

II. Poemas de Valentín Paz-Andrade

2 FERREIRO, CELSO EMILIO: O soño sulagado, Vigo, 1955 (Alba, Colección de

poesía, 4).

3 MANUEL MARÍA: “A presencia do mar na poesía galega”, RIEV. Revista

Internacional de los Estudios Vascos, tomo XXXVI, n.º 2 (1991), p. 313-338.

Page 7: CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS - consellodacultura.galconsellodacultura.gal/mediateca/extras/Programa de man-DEFINITIVO.pdfsallo, a Sociedad Coral Polifónica e o Coro do Conservatorio

C O N C E RTO D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 2 C O N C E RTO D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 2

criados, mariñeiros de Cormee destemidos chós de Corrubedo,na canteira dos ártabros tallados.4

[…]

CoralEu canto túa imaxe,sombra de Breogán,que navegas no ar,de Irlanda ao noso chan.5

“Cando ti volvas …” é a elexía que

Valentín Paz-Andrade escribe no seu poemario

Pranto matricial, adicada ao seu amigo e mestre

Alfonso Rodríguez Castelao. Paz-Andrade chora

a morte do seu “irmán maior”, como el adoitaba

chamarlle, e entoa un pranto esperanzado no regreso.

Na matricial Galiza, sempre túa,que dende a Torre de Hércules ao Miñoun facho acenderá por cada illa,cando ti volvas polo mare;

de toxo unha fogueira en cada monte;cando ti volvas polo mare;dos castros na coroa unha cachela,cando ti volvas polo mare;

unha loura candea en cada pino,cando ti volvas polo mare;o seu cirio de frouma os alciprestes,cando ti volvas polo mare;

luces de ardora branca en cada mastro,cando ti volvas polo mare;un farol mariñeiro en cada dorna,cando ti volvas polo mare;

veliñas á xanela en cada casa,cando ti volvas polo mare;e as pérolas das bágoas derramadas,cando ti chegues polo mare,cando ti chegues polo mare…6

CoralEu canto túa imaxe…

En 1968 Valentín Paz-Andrade escribe

o seu poemario Sementeira do vento:

Da Natureza eresouh vento! vento! vento!máis que pródigo fillo,o pai elemental de barba líquidaque encheu de translucentes oleaxesos baldíos do éter,para lle esgazar o himen de silencioa corola do mundo.

VA

LE

NT

ÍN P

AZ

-AN

DR

AD

E

VA

LE

NT

ÍN P

AZ

-AN

DR

AD

E4 PAZ-ANDRADE, VALENTÍN: Sementeira do vento, Vigo, Galaxia, 1968.

5 PAZ-ANDRADE, VALENTÍN: “Sombra de Breogán”, en Poesía completa, ed. de

Gregorio Ferreiro Fente, Vigo, Xerais, 2012.

6 PAZ-ANDRADE, VALENTÍN:“Cando ti volvas…”, en Pranto matricial, Ediciones Galicia

do Centro Galego de Bos Aires, 1955.

Page 8: CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS - consellodacultura.galconsellodacultura.gal/mediateca/extras/Programa de man-DEFINITIVO.pdfsallo, a Sociedad Coral Polifónica e o Coro do Conservatorio

C O N C E RTO D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 2 C O N C E RTO D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 2

Miragre de pentágramas espidosde apareadas pautas,Orfeu que a roda fas da terra toda!Con tanxer de celeste violinosa voz segreda espertas da paisaxe,ameando no cósmico coral,xunto ao laio de alcáceres dormentesa cantiga de berce arroladorado encadeado renascer da vida.

Corpo sin corpo a percorrela esfera,do peso do seu ser xa liberado,mais ferido na agulla das veletas,con bordón e con fol a andar camiño,multiplicadas maos virando a cunchasateigadas de polen e semente,das que reciben auroral baptizoas sete caras do planeta.

Océano de formas debulladaspolo folgo dos anxos.soilo de ti pudera no profundoouh vento! vento! vento!esprementar elemental envexaa cintilante maxestá dos mares.Envexa do teu sermáis cristaíño e doce, máis levián,de sustancias alíxeras composto,por estrelas fuxidas viaxado,viaxado por trasnos e pantasmas.7

CoralEu canto túa imaxe…

(I. Pensa moito e fala pouco)Pensa moito e fala pouco, que o moito falar é vicio,e o dar palabras ao ventoé semear no camiño.

Catro cousas hai no mundoque revolven o sentido:amar e non ser amado,querer e non querido.

Para que rubes tan alto,atrevido pensamento,para que rubes tan altose tes que baixar co tempo.

Pensa moito e fala pouco,que o moito falar é vicio,e o dar palabras ao ventoé semear no camiño.

(II. Rente do teu corazón)Meu Manoel, meu Manoeliño,meu Manoel, feitiño de cera,¡quen me dera ser o lumeque o meu Manoel derretera!

Eu non sei que me decheque non te podo olvidar,de día no pensamentoe de noite no soñar.

VA

LE

NT

ÍN P

AZ

-AN

DR

AD

E

RA

N C

AB

AN

ILL

AS

7 PAZ-ANDRADE, VALENTÍN: Sementeira do vento, Vigo, Galaxia, 1968.

8 Escolma de Rogelio Groba a partir de textos populares recollidos por Ramón

Cabanillas en Antífona da cantiga, Vigo, Galaxia, 1951.

III. Cantigas populares recollidas por Ramón Cabanillas8

Page 9: CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS - consellodacultura.galconsellodacultura.gal/mediateca/extras/Programa de man-DEFINITIVO.pdfsallo, a Sociedad Coral Polifónica e o Coro do Conservatorio

C O N C E RTO D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 2 C O N C E RTO D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 2

Si queres que brile a lúapecha os ollos meu amor,que mentres os tes abertos,a lúa pensa que hai sol.

Desque che vin o xustillopretendín de ser cordón,para andar apretadiñorente do teu corazón.

Botei un limón a rolos,na túa porta parou;cando o limón che ten lei,que será quen o botou.

Os ollos e o corazónson dous amigos leais,cando o corazón se doilogo os ollos dan sinais…

(III. O cura chamoume Rosa)Santo que estás no Caínzobota castañas abaixo,bótamas das máis grandiñasque ás pequeniñas non me abaixo.

O cura chamoume Rosa,eu tamén lle respondín:destas rosas, señor cura,non as hai no seu xardín.

Señor cura, señor cura,a doutrina non lla sei,pídame unhas cantiguiñasque eu llas repinicarei.

Señora Santa Lucía,a do río do Piñeiro,ten contiña da ermidaque non a leve o regueiro.

Canta, paxariño, canta,na parede do sagrado,non despertes o meniñoque é da Virxe do Rosario.

O cura de Santa Martaestá moi enrabexado,porque non lle van á misaas do peliño cortado.

O creguiño de Sueiromoi pequeno se quedou,que naceu no mes de agostoe coa seca non medrou.

¡Adiós Virxe do Corpiño,as costas che vou virando!Inda que a cara vai rindo,o corazón vai chorando!

RA

N C

AB

AN

ILL

AS

RA

N C

AB

AN

ILL

AS

Page 10: CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS - consellodacultura.galconsellodacultura.gal/mediateca/extras/Programa de man-DEFINITIVO.pdfsallo, a Sociedad Coral Polifónica e o Coro do Conservatorio

C O N C E RTO D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 2 C O N C E RTO D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 2

(IV. Non busques moza na feira)Pensa moito e fala pouco, que o moito falar é vicio,e o dar palabras ao ventoé semear no camiño.

A Castela van os homes,a Castela por gañar,Castela queda na terrapara quen quer traballar.

Miña nai casade as fillasmentres ten bo parecer,pois non son herbas do pradoque volvan a enverdecer.

Non busques moza na feira,e menos na romaría;tes de atopala na casacoa roupa de cada día.

Teño un amor que me quere,outro que me dá diñeiro,outro que me desengaña;este si que é verdadeiro.

(V. Fun que non fora ó muíño)Eí veñen os mariñeirosde traballar á escurada;rapaciñas da ribeiraterlle a cama preparada.

Tódolos que cantan benteñen porta no muíño,os que non saben cantarmiran por un buraquiño.

O amor da costureira,era papel e mollouse,agora costureiriña,o teu amor acabouse.

Eu polo mar, ti tamén, os dous andamos perdidos.Ti no mar dos meus pesares,eu no mar dos teus sentidos.

Fun que non fora ó muíño,eu non fun para moer;fun falar coa muiñeira,non me quixo coñecer.

(VI. Filla das herbas tristes)Xa non teño pai nin nai,nin nesta terra parentes.Son filla das herbas tristes,neta das agoás correntes.

Mira que estou agardandosentadiña nesta pedra,non penses que non é pecadoenganar a quen espera.

RA

N C

AB

AN

ILL

AS

RA

N C

AB

AN

ILL

AS

Page 11: CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS - consellodacultura.galconsellodacultura.gal/mediateca/extras/Programa de man-DEFINITIVO.pdfsallo, a Sociedad Coral Polifónica e o Coro do Conservatorio

C O N C E RTO D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 2 C O N C E RTO D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 2

Non te cases en Cariño,que é terra de moita areae ós tres meses de casadairás ó monte por leña.

Os de Noia son bos mozos,os de Muros baloqueiros,os de Fisterra morenos,os do Son bos mariñeiros.

Sardiñas frescas do mar,quen che me dera un milleiro,pan trigo de Ribadavia,nenas do Chan de Amoeiro.

(IX. Deixade fungar ás vellas)Eu caseime con un vellopensando que tiña home,válate xuncras o vello,nen siquera á cama sobe.

Cantade, nenas, cantade,deixade fungar ás vellas,o tempo da mocidadetamén o pasaron elas.

Dios che me dea pacienciacon esta miña muller; nin ela fai o que eu digo,nin eu fago o que ela quer.

RA

N C

AB

AN

ILL

AS

RA

N C

AB

AN

ILL

ASAcórdate que puxeche

túas mans sóbor das miñase que dixeche chorandoque nunca me esquecerías.

(VII. As fillas de Furabolos)Si queres tratar comigolávate de arriba abaixo,que as meniñas desta terranon son lorda de refaixo.Ai, lalala. Ai, lalalala.

As fillas de Furabolos,todas xuntas nunha eira,unhas cantan, outras bailan,outras tocan a pandeira.

Aviva a gaitiña, Pedro,que ela vai amourtaxada,e as rapaciñas da Ullaquérena máis avivada.Ai, lalala. Ai, lalalala.

A muller de Malpocadoestá bailando na eira;Malpocado está mirandocomo a muller se peneira.

(VIII. Coma si foran señoras)As mozas de Paradela,elas son moi bailadoras,bailan na punta do pécoma si foran señoras.

Page 12: CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS - consellodacultura.galconsellodacultura.gal/mediateca/extras/Programa de man-DEFINITIVO.pdfsallo, a Sociedad Coral Polifónica e o Coro do Conservatorio

C O N C E RTO D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 2 C O N C E RTO D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 2

Unha vella fixo papas, botoullas o pote fóra;fai un ano que foi esoinda agora a vella chora.

A vella perdeu o velloentre as folliñas do millo,anda agora preguntandopolo seu agarimiño.

O baile, visto de lexos,parece cousa de tolos.E se é que o bailan os vellosé mellor pechar os ollos.

(X. Arrú, meu neniño)O meu meniño é unha rosa,porque caladiño durme,porque durme caladiño.[…]

Este meniño ten sono,ten un olliño pechado,outro non o pode abrir.[…]

Arrú, arrú meu meniño,Arrú, arrú meu rapaz,Arrú, arrú meu meniño,Arrú, arrú ben arruadiño vas.

(XI. Unha silla no inferno)Para o domingo que vénsonche as miñas monicións,con iso iranse acabando tódalas marmuracións.

Por cantar, rir e bailar,nunca se perdeu ningún,perdeuse por marmurarda vida de cada un.

Podes falar o que queirase cantar o que che adoite,cando ti dis que é de díatodos pensan que é de noite.

O cruceiro da Xesteiraten dúas pedras de asento;unha é de marmurar,outra de pasar o tempo.

Máis quero na miña portaunha silva que me pique,que ter unha mala léngoabarredoira que me enlixe.

Marmurai, marmuradora,marmura de min e doutro,tes unha silla no infernopara descansar un pouco.

(XII. Pensa moito e fala pouco)Pensa moito e fala pouco…(idem número I)

RA

N C

AB

AN

ILL

AS

RA

N C

AB

AN

ILL

AS

Page 13: CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS - consellodacultura.galconsellodacultura.gal/mediateca/extras/Programa de man-DEFINITIVO.pdfsallo, a Sociedad Coral Polifónica e o Coro do Conservatorio

C O N C E RTO D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 2

Real Filharmonía de Galicia

Orquestra

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) iniciou a súa actividade en 1996 no Auditorio deGalicia (Santiago de Compostela), onde presenta a súa temporada estábel de concertos.O seu primeiro director titular foi Helmuth Rilling, quen, dende 1996 até o ano 2000,traballou partindo do repertorio sinfónico clásico austro-alemán. Antoni Ros Marbà, di-rector titular dende o ano 2000, afondou nesa liña ademais de incorporar á orquestra unrepertorio internacional máis amplo que, de xeito singular, inclúe encargos a compositoresgalegos.Ademais do mestre compostelán Maximino Zumalave, director asociado e vinculado

á RFG dende o seu inicio, e do director británico Paul Daniel, principal director invitado,tamén dirixen a RFG outros directores como Frans Brüggen, Juanjo Mena ou HansjorgSchellenberger, entre outros. Do mesmo xeito, xunto á RFG actuaron os mellores intér-pretes, por exemplo Frank Peter Zimmermann, Daniel Hope ou Vadim Repin (violín),Natalia Gutman, Lluís Claret ou Enrico Dindo (violoncello), Joaquín Achúcarro, RudolfBuchbinder ou Eldar Nebolsin (piano) e cantantes como Teresa Berganza, Thomas Quatshoffou Matthias Goerne.Como actividade externa, a presenza nas cidades galegas así como no resto de España

é de capital importancia, do mesmo xeito que as xiras internacionais que realizou (Austria,Alemaña, Francia, Brasil, Arxentina e, especialmente, Portugal). Paralelamente, potenciaa súa actividade en Santiago cun ciclo de cámara organizado en colaboración coa Uni-versidade de Santiago, e cos concertos didácticos que desde 1996 leva acabo co Auditorioe que posibilitan que cada ano ao redor de 7000 escolares poidan achegarse á músicasinfónica.Recentemente, a RFG presentou dous traballos discográficos inéditos adicados a Ma-

nuel de Falla e Frederic Mompou, editados, respectivamente, polos selos Claves e Warner.Estreitamente vinculada á RFG está a Escola de Altos Estudos Musicais, que forma

cada ano corenta alumnos, cos músicos da RFG como profesores. A RFG está xestionada administrativamente polo Consorcio de Santiago e forma parte

da Asociación Española de Orquestras Sinfónicas (AEOS).

Page 14: CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS - consellodacultura.galconsellodacultura.gal/mediateca/extras/Programa de man-DEFINITIVO.pdfsallo, a Sociedad Coral Polifónica e o Coro do Conservatorio

C O N C E RTO D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 2 C O N C E RTO D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 2

Maximino Zumalave

Director

Director e pianista compostelán, formouse musicalmente en Santiago, Madrid, Viena eStuttgart. Foi discípulo de Ángel Brage, Rosa Sabater, Guillermo González, John ElliotGardiner e Helmuth Rilling. Fundador e director do Coro Universitario de Santiago e doCollegium Compostellanum, principal director invitado da Orquestra Sinfónica de Galicia(1992-1995) e director asociado da Real Filharmonía de Galicia, formación da que foifundador. Director asociado da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia e profesor deSinfonismo nos Cursos Universitarios Internacionais de Música en Compostela.Con Maximino Zumalave actuaron solistas como J. Achúcarro, T. Barto, M. Bayo,

E. Bitetti, R. Buchbinder, R. Castromil, A. Ciccolini, J. Colom, V. Gens, V. Georghiu,W. Holzmair, as irmáns Labèque, N. Lahusen, A. de Larrocha, A. León Ara, Ch. Margiono,A. Nafé, M. Orán, A. Rolfe Jonson, G. Sandor, J. Soriano, I. Vermillion e F. P. Zimmer-mann, entre outros.Frecuente e moi especial é a súa colaboración con Teresa Berganza en diferentes países

de Europa.Dirixiu a importantes formacións tanto estranxeiras como españolas como a Orquestra

de Cámara de Stuttgart, The English Chamber Orchestra, Sinfónica de Praga, Orquestrada Ópera Nacional de Sofía, a Nacional de Lille, Sinfónica de Odense, Sinfónica de Porto,

The Brabants Orchester (Eindhoven), Orkest van het Oosten (Enschede), English Baroque Soloist, Bach Collegium,a Nacional de España, Sinfónica de Ma-drid, Ciudad de Barcelona, Sinfónica deTenerife ou a Orquesta Ciudad de Gra-nada entre outras.Foi invitado a participar en xurados e

presidir importantes certames e premiosinternacionais.Maximino Zumalave dirixiu estreas

absolutas de obras de Bernaola, Castillo,García Abril, Groba, Marco, Mestres

Quadreny, Villa Rojo, coidando especialmente as primeiras audicións de novos composi-tores galegos como Alonso, Balboa, Buíde, Durán, Macías, De Paz, Pereiro, Vázquez ouViaño. O seu compromiso coa cultura de Galicia transcende alén da música: Torrente Ba-llester envíalle unha obra “lamentando que no pueda ser una sinfonía” e a poetisa EvaVeiga escribe:

…Maximino,que coas súas mans do silencioarrincaa máis pura poesía,no espacio fuxidíano corazón eterna.

É licenciado en Ciencias Biolóxicas, especialidade de Bioloxía Mariña. En febreiro de 1995 foi elixido Académico de Número da Real Academia Galega de

Belas Artes Nuestra Señora del Rosario e, dende 2010, é membro de Plenario e coordinadorda Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega. En xuño de 2008o Consello da Xunta de Galicia concedeulle a Medalla Castelao.

Page 15: CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS - consellodacultura.galconsellodacultura.gal/mediateca/extras/Programa de man-DEFINITIVO.pdfsallo, a Sociedad Coral Polifónica e o Coro do Conservatorio

C O N C E RTO D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 2 C O N C E RTO D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 2

Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra

A Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra nace en 1925 ao redor de persoeiros das artes edas letras, como Losada Diéguez ou Castelao; posteriormente, sumáronse a ela outros des-tacados galeguistas como Alexandre Bóveda. Na súa orixe a Polifónica tivo unha vocaciónclaramente innovadora, introducindo no coralismo galego a interpretación da polifoníaclásica dos séculos XVI e XVII a voces mixtas e, xunto con ela, harmonizacións da músicatradicional ou histórica de Galicia realizadas desde a estética neohistoricista, na que a Po-lifónica bebeu desde os seus inicios. Con esta proposta, a coral pontevedresa conformouunha liña interpretativa que a distinguiría dos coros e orfeóns precedentes, e que foi rapi-damente seguida por outros conxuntos. Na súa longa andaina a Polifónicamantivo un altonivel de esixencia artística da man dos seus directores titulares, dos que o primeiro seríaAntonio Blanco Porto (1924-1940); foi dirixida excepcionalmente por mestres como L. Stokowski, en 1951. Actuou en todas as cidades e vilas principais de Galicia, en moitas cidades de España

e en xiras por Portugal, Francia, Uruguai ou Arxentina. Foi seleccionada para actuar ante

autoridades e visitas excepcionais, como as varias habidas da Casa Real ou a do Papa XoánPaulo II. Pola súa traxectoria foi galardoada en varias ocasións pola cidade: Medalla dePrata do Concello (1950), Premio Cidade de Pontevedra (2000), Premio Amigos de Pon-tevedra (1974) ou Medalla de Prata das Rutas Cicloturísticas do Románico, entre outrosgalardóns. Realizou varios rexistros discográficos, destaca o máis recente, no ano 2000,con motivo do 75 aniversario, así como a reedición en disco compacto dos rexistros his-tóricos: Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra: unha voz na polifonía europea, que se fixono ano 2004, dentro das actuacións do Ano da Música na cidade do Lérez.

Directora: MARLENE ARMENTERO CUTIÑO

(A Habana, 1969)Graduada en Dirección e Canto Coral pola Escola Nacional de Arte da Habana e licenciadaen Educación –especialidade de Música–, realizou ademais estudos de posgrao no ámbitoda pedagoxía musical. Foi docente de música en varios niveis e conta con ampla experienciacomo directora coral. Na actualidade exerce como profesora de Solfexo, Piano e Canto,actividade que compaxina coa dirección da Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra.

Page 16: CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS - consellodacultura.galconsellodacultura.gal/mediateca/extras/Programa de man-DEFINITIVO.pdfsallo, a Sociedad Coral Polifónica e o Coro do Conservatorio

C O N C E RTO D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 2 C O N C E RTO D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 2

O Conservatorio Manuel Quiroga é un centro de ensino musical regrado herdeiro do his-tórico Conservatorio de Pontevedra, fundado en 1863, e que o vindeiro ano cumprirá,polo tanto, o seu centocincuentenario. Actualmente estudan nel máis de cincocentos alum-nos e alumnas, matriculados nas vinte e dúas especialidades instrumentais que se impartennos graos elemental e profesional. Ademais das ensinanzas especializadas, o Conservatorio imparte materias colectivas

nas que, á par da formación específica, cobra particular relevancia a dimensión participa-tiva, social e de proxección externa das actividades do centro, a través das agrupacións queresultan destas materias. O Coro Académico é unha delas, conformado polo alumnado quecursa esta materia e por todos aqueles membros da comunidade educativa que queiran par-ticipar nel. As súas actuacións comprenden as actividades propias do centro así como, cadavez máis, aquelas que se realizan no exterior, algunhas xa de xeito tradicional, como o Con-certo de Nadal ou o Concerto de Fin de Curso, na cidade de Pontevedra, e outras máisextraordinarias, como os concertos realizados estes últimos anos en cidades de Galicia e

Coro Académico do Conservatorio Manuel Quiroga

Portugal. A participación nesta conmemoración do Día das Letras Galegas xunto coa RealFilharmonía de Galicia e a Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra constitúe un fito excep-cional nas súas actividades externas e o afondamento na súa vocación de proxección á vidamusical e cultural da cidade.

Directora: NANETTE SÁNCHEZ ORDAZ

Licenciada en Música polo Instituto Superior de Arte da Habana, na especialidade de Di-rección Coral, foi tamén directora asistente do Coro da Escola Nacional de Música da Ha-bana, actividade pola que foi premiada. En Galicia formou o Coro do Colexio de Avogadosde Vigo. Actualmente é profesora titular de Linguaxe Musical e Educación Auditiva e Vocalno Conservatorio Manuel Quiroga, onde dirixe varias das agrupacións vocais de conxunto.

Page 17: CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS - consellodacultura.galconsellodacultura.gal/mediateca/extras/Programa de man-DEFINITIVO.pdfsallo, a Sociedad Coral Polifónica e o Coro do Conservatorio

C O N C E RTO D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 2 C O N C E RTO D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 2

Luís Costa VázquezSección de Música e Artes Escénicas. Consello da Cultura Galega

n ano máis, o concerto que se presenta con motivo da celebracióndeste Día das Letras Galegas quere recoller, conxuntamente, o sonda música e a melodía das palabras. E faino, nesta ocasión, rendendounha tripla homenaxe: ao autor dedicatario deste día, Valentín Paz-

-Andrade; a outro grande do que se cumpren neste momento cen anos do seu na-cemento, Celso Emilio Ferreiro; e, finalmente, a ninguén, e a todos, a ese poboque fixo posible a supervivencia da lingua de Galicia, a despeito de tantos e tanadversos e diversos avatares. Falan, nas cancións e nas cantatas que seguen, os poetas de nome ilustre e ar-

tificio, a carón dos labregos e mariñeiros das cuartetas populares. Falan a músicae cantan as palabras, como non podía ser doutro xeito; como cando a poesía nonse entendía senón cantada, e o título máis nobre que podía ter un gran músico ecompositor, como foi o sobranceiro dos Bach, era xustamente o de kantor. E para dicir a música e cantar as palabras tráense, como corresponde a tan si-

nalada ocasión, entradiñas de gala e principais de estrea, compostos por músicosde acreditado oficio, que teñen algo importante en común para o caso: os tres seamosaron, na súa produción e na súa sensibilidade, como poetas da música e de-votos servidores da palabra.

Dúas cancións, das Doce Cancións XacobeasDe Antón García Abril (Teruel, 1933) destacouse a miúdo a súa vocación polamelodía e o tratamento dos textos poéticos, o que o levou a poñer música a poetasdesde o medievo ata hoxe. Nesa liña, e froito seguramente da súa estreita relaciónco mundo musical galego, resultaron obras sobre textos de Pero Meogo ou Men-diño, pero tamén dos máis recentes Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas ou Ál-varo Cunqueiro, entre outros. O programa desta xornada ábrese con dúas canciónsde García Abril sobre poemas de Celso Emilio Ferreiro, que fan parte do ciclo dasDoce Cancións Xacobeas compostas en 1993 por encargo oficial do Consorcio daCidade de Santiago de Compostela naquel Ano Santo, e que o mesmo autor sub-

MÚSICA PARA DICIR, PALABRAS PARA CANTAR

Recitador de Caderno de bitácora de Valentín Paz-Andrade

• XOSÉ BARATO

Actor formado no histórico grupo coruñés Sardiña e na escola Espacio Aberto de Compostela.Fundador da compañía Teatro Baratto. Traballou en numerosas series de ficción para atelevisión (Cuarto sen ascensor, El secreto de Puente Viejo…), cine (18 comidas, Mar Libre…), teatro (Cineclú, O segredo dos Hoffmann…), curtas e series documentais, polasque recibiu o Premio Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual ao mellor co-municador nos anos 2007 (Historias de Galicia) e 2009 (A miña famosa familia).

Solistas da Cantata das cantigas

• NURIA LORENZO LÓPEZ (mezzosoprano)Natural de Vigo, titulada superior en canto polo Conservatorio de Vigo e Máster enArtes Escénicas pola Universidade Juan Carlos I. Obtivo varios premios nacionais e au-tonómicos: 2º Premio Nacional de España no concurso J.J.M.M; 1º Premio de Galiciano concurso Música Xove, 1º Premio á Excelencia Musical na Coruña e 1º Premio á In-terpretación Musical (Galicia); foi tamén finalista en varios concursos internacionais.Con ampla experiencia no campo da música escénica, actuou en diferentes óperas noPazo Euskalduna, Teatro Arriaga, Pazo da Ópera da Coruña, etc.

• JOSÉ MANUEL BARBOSA FERNÁNDEZ (tenor)Nacido en Vigo, realizou os seus estudos musicais no Conservatorio Superior desta ci-dade, no que foi tamén profesor de guitarra. Na súa carreira como cantante, gravou envarias ocasións como solista acompañado pola Coral Casablanca coa dirección do mestreRey Rivero, e actuou así mesmo en numerosos recitais acompañado por pianistas comoSoledad Bordas, Julius Andrejevas e Alejo Amoedo Portela, entre outros.

• ENRIQUE PEDROSA LÓPEZ (barítono)Nace en Pontevedra e estuda no Conservatorio desta cidade, continúa logo en Santiagode Compostela, no Conservatorio de Toulouse, onde se especializa en canto antigo e di-rección coral, e na Academia de Música Antigua da Universidade de Salamanca. Acoderegularmente a cursos de especialización con Cristina Miatello, Marcel Pères, Jordi Savalle Montserrat Figueras. Participou en múltiples concertos con diversas formacións de Mú-sica Antiga en Europa e América, así como en rexistros discográficos e para televisión.

U

Page 18: CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS - consellodacultura.galconsellodacultura.gal/mediateca/extras/Programa de man-DEFINITIVO.pdfsallo, a Sociedad Coral Polifónica e o Coro do Conservatorio

C O N C E RTO D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 2 C O N C E RTO D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 2

titulou, pola variedade dos poetas musicados e o cobizoso do proxecto, como Ho-menaxe á poesía galega. “María Soliña” publicouse dentro do poemario Longa noite de pedra (1962).

O asunto tratado inspírase nun feito histórico que forma parte xa da memoria co-lectiva de Galicia. Nel únense a represión, a superstición, a soidade e o esquece-mento, o que deu pé ao poeta de Celanova a unha evocación trans-histórica queactualiza o personaxe e as súas tristes circunstancias, á posguerra civil e a Ditadura.Pola súa vez, “Moi lonxe” inclúese en O Soño sulagado (1955), e desenvolve unsentimento da ausencia, da Terra como ausencia física, pero tamén dunha ausenciamáis profunda e existencial. Fidel á tradición da canción española de concerto da primeira metade do século

XX, García Abril mantén unha clara supeditación do conxunto á melodía, comodefendera expresamente no seu discurso de ingreso na Academia de Bellas Artesde San Fernando (1983). É o debuxo da melodía, condicionado pola propia pro-sodia e pola declamación do texto, o que articula o movemento do conxunto, e oque dá o soporte para as flexións rítmicas e os xogos harmónicos tan frecuentesnestas composicións. Dono dunha coidada técnica que desenvolveu en multitudede xéneros, o compositor realiza unha orquestración máis colorista en “María So-liña”, máis escura e sombría en “Moi lonxe”, pero en ambos os dous casos espre-mendo as posibilidades das combinacións instrumentais en múltiples contrapuntose xogos de pregunta e resposta. Aínda que bo coñecedor das vangardas madrileñasde mediados do século pasado, e membro tamén do Grupo Nueva Música, noque militaban Cristóbal Halffter ou Luis de Pablo, entre outros, García Abril man-tivo un estilo e técnica máis preto da tradición compositiva que arrinca de Falla edos impresionistas. É algo que tamén se observa na estrutura destas dúas obras,cunha forma ternaria reexpositiva que se combina coa presenza dun leitmotiv to-mado da propia estrutura poética: “Ai que soliña quedache, María Soliña”, na pri-meira, e “Pero eu estou moi lonxe, lonxe, lonxe”, na segunda; leitmotiven quemarcan as diferentes estrofas e que tamén lle serven para as respectivas codas deambas as dúas cancións. As cancións de García Abril veñen a afondar a ampla divulgación que estes

dous poemas de Celso Emilio Ferreiro tiveron, e concretamente no terreo das mu-sicalizacións desde diferentes estilos. Baste lembrar a realizada polo cantautor Suso

Vaamonde de “Moi lonxe”, en 1980, ou as numerosas versións do “María Soliña”popularizadas nos últimos anos por coñecidos grupos folk do país.

Caderno de bitácora de Valentín Paz-AndradeJuan Durán (Vigo, 1960), compositor de numerosos e variados xéneros, mostradesde sempre unha querenza especial pola música vocal, como compositor, arran-xador, orquestrador e mesmo como curioso revisor e intérprete das obras do pa-sado. A Cantiga Finisterrae para múltiples voces de luz (2001) supuxo o seuasentamento definitivo tanto no xénero da cantata, como no panorama composi-tivo galego actual. A ela seguirían outras moitas obras con voces, ben fosen orixi-nais ou instrumentacións de pezas clásicas do repertorio galego, nas que destacaespecialmente O arame (2008), ópera en galego –aínda senlleira neste século XXI–sobre texto de Manuel Lourenzo, que acadaría unha excelente crítica na súa estreana Coruña. Nos últimos dez anos a carreira creativa de Durán, inzada de novasestreas, encargos e premios, véno mostrando como un autor en pleno desenvolve-mento, e unha referencia xa obrigada dentro e fóra de Galicia. “Caderno de bitácora”, lugar onde se anotan meticulosamente as incidencias

da navegación: rumbos, velocidade, distancias percorridas, ventos, circunstanciasatmosféricas, situación de accidentes orográficos descoñecidos… Por extensión,memoria do tempo vivido, tamén soñado. Para esta obra de encargo explícito,Juan Durán escolle de entre os poemarios de Valentín Paz-Andrade –Sementeirado vento e Pranto matricial–, tres singraduras para unha viaxe que vai do máis con-creto, os lugares da diáspora da Rosa dos Ventos ou os das ribeiras da terra propia,á lembranza do soño truncado da Galicia de Castelao; e, de aquí, novamente aoespazo sen tempo do vento, e do mar. Sobre estes versos o compositor arma unhaobra densa na súa brevidade, variada nas texturas e rica en expresividade, xunguidana súa amplitude pola presenza de temas recorrentes, motivos derivados e proce-dementos compositivos reiterados que paga a pena comentar.A obra iníciase cunha introdución escura e fonda, inmanente e telúrica, como

o cabo do mar do Sardao evocado no texto; nela preséntanse xa o que serán ostemas articuladores: a chamada das trompas e especialmente o tema do piccolo,cita modalmente alterada dunha melodía tradicional que se irá reiterando e defi-nindo ao longo da partitura, como o auténtico xermolo xeratriz da composición.

Page 19: CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS - consellodacultura.galconsellodacultura.gal/mediateca/extras/Programa de man-DEFINITIVO.pdfsallo, a Sociedad Coral Polifónica e o Coro do Conservatorio

C O N C E RTO D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 2 C O N C E RTO D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 2

A escolma dos textos prové a propia ordenación musical, en tres claras secciónsrematadas polo coral a catro voces. En cada unha das seccións, o recitador declamaacompañado por incertos acordes sostidos –clusters–, nos que se observa a coidadaadecuación ao tratamento dos tres textos escollidos, segundo o seu carácter: men-tres que na primeira e terceira seccións, as estrofas poéticas van marcadas por brevestutti, áxiles e nerviosos, como ondas dun mar picado ou refachos de vento, na sec-ción central –Pranto matricial–, a evocación agarimosa da volta do “irmán” Danielá Terra descansa sobre lenzos de son homoxéneo de cada unha das familias instru-mentais, que se van superpoñendo nun continuum sen interrupcións, como unmar calmo e morno. Para unir as tres partes literarias, o compositor bota man de varios procede-

mentos formais. Primeiramente, o leitmotiv sobre a frase inicial da Marcha do An-tigo Reino de Galicia, que se presenta desde o inicio e reaparece unha e outra vezcon diferentes instrumentacións e tratamentos ao longo da obra, máis preto da“idea fixa” de Berlioz que do tema condutor wagneriano. Unha vez máis Durán,compositor de sólida tradición académica, mostra o seu gusto pola cita musicalcomo elemento construtivo e evocador, como ten feito xa en tantas outras ocasións–como exemplo ben ilustrativo, case unha travesura maxistralmente resolta, bastelembrar o seu felizcumpleañosmozart.com (2006)–; deste xeito, entre nostálxico etributario, ecoan tamén no Caderno de bitácora fragmentos de Cantiga –ou Unhanoite na eira do trigo– e Un adiós a Mariquiña, do mestre Chané. En segundo lugar,como un gonzo que articula as tres partes, ao mesmo tempo que as relaciona, dis-ponse o coral a catro voces sobre a estrofa “Eu canto túa imaxe, sombra de Breo-gán…”, reiterado ao remate das diferentes seccións, percorrendo as tonalidadesdominantes na obra e amplificado cara ao remate desta. Por debaixo desta articu-lación formal, que remite de lonxe ao tradicional esquema tripartito reexpositivo,os fíos condutores, os temas e os motivos entrecrúzanse nun arco de tensión e in-tensidade crecentes, cara a unha textura cada vez máis densa e sonora, ata estalarmaxestosa e plena no tutti da orquestra e coro finais, sobre a palabra “Breogán”.

Caderno de bitácora –lembremos: lugar onde se anotan as incidencias…– tenalgo de inventario e de cartafol sentimental, coas súas citas, a variedade dos pro-cedementos construtivos e as referencias literarias á diáspora, evocada por Paz-An-drade, neses lugares de azur, do mar e do vento, nos que se desenvolve a grande

aventura épica da Galicia espallada polo mundo. Ten tamén moito de fe na per-manencia, no retorno das voces conxuntadas nun coral, e no reencontro con nósmesmos, a través da figura senlleira do “irmán” Daniel, que volve finalmente, polomar da nosa memoria. O Caderno fica no seu remate esperanzado e aberto, silente,unha música envolvente feita a un tempo de rouco bordón de baixo continuo ecristal de notas lenes; como un vento que zoa perenne e insistente, lembranza dapermanencia inmutable do mundo, e promesa da vida renacente.

Cantata das cantigasA Cantata das cantigas (2007) é a máis recente das composicións deste xénero domestre Rogelio Groba (Guláns, 1930) e, polo tanto, unha obra de construciónplenamente coherente co estilo desenvolvido polo compositor ao longo da súa di-latada e merecidamente recoñecida traxectoria. Acadar unha linguaxe propia parael mesmo, e para a música culta de Galicia, foi unha das teimas da carreira creativade Groba, como expuxo en moitas ocasións. Unha linguaxe que fose capaz de re-novar a precaria tradición da música culta do país, uníndoa coas estéticas propiasda música do século XX e que, ao mesmo tempo, mantivese a raizame coa tradiciónhistórica culta, e especialmente folclórica, das músicas propias. O resultado desta procura é un estilo rico e complexo que amosa diferentes

tendencias, dentro da unidade de vontade creativa do mestre Groba. Moitas sonas referencias estilísticas que se citaron en relación con autores como Strawinsky,Bartók ou Ravel. Nesa liña máis vangardista atópanse mesmo experiencias enclave dodecafónica que atraeron o compositor desde os seus anos de formaciónen Madrid. Son estas exploracións e o afondamento nos seus procedementos com-positivos os que constitúen a tendencia máis progresiva do seu catálogo. Comocontrapunto, o autor desenvolveu unha liña expresiva que el mesmo adxectivoucomo modo antico, un estilo que parte igualmente das estéticas neoclásicas davangarda, pero que afonda nunha vertente que poderiamos describir como inxe-nuísta na súa presenza, requintando os procedementos, para deixar unha expre-sión máis núa e máis auténtica. E para ese camiño, Rogelio Groba bebe unha eoutra vez das fontes da tradición musical de Galicia, inspirándose, cando é o caso,nos textos literarios do neotrovadorismo ou da poesía popular tal cal é, sen maiorartificio.

Page 20: CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS - consellodacultura.galconsellodacultura.gal/mediateca/extras/Programa de man-DEFINITIVO.pdfsallo, a Sociedad Coral Polifónica e o Coro do Conservatorio

C O N C E RTO D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 2 C O N C E RTO D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 2

non menos do feito de que, do mesmo xeito que estes autores, Groba vai bebernas fontes da tradición oral, na que atopa eses ritmos vivos e faiscantes que animanmoitos dos números da composición. Porque ben populares son as combinaciónsde ternarios e binarios que resultan da declamación prosódica natural dos versosna pandeirada –Fun que non fun ao muiño, Unha silla no inferno–; ou a polirritmiaque se compón entre o ostinato ternario do maneo na muiñeira e o recitado en va-lores binarios do texto –As fillas de Furabolos–.Noutras ocasións o compositor nonrecea de introducir ritmos máis persoais, pero igualmente incisivos e emparentadoscos compases irregulares que encontramos, como dixemos, por exemplo en Bartók,co que Groba comparte ese carácter vivaz e exploratorio. A articulación formal da obra é a resultante da distribución dos textos ao longo

dos doce números. O compositor optou por unha xustaposición en que o elementounitario vén dado polo tratamento orquestral –bastante homoxéneo ao longo dacomposición– e a reutilización do material do primeiro número –Pensa moito efala pouco– no número final, e no inicio do número IV –Non busques moza nafeira–. En conxunto, a Cantata das cantigas é unha obra que sorprende pola eficacia

lograda, botando man de medios moi conscientemente limitados. Nela, a estéticaentre neoclásica e tradicionalista, que tan ben define todo un estilo do mestreGroba, acada unha precisión expresiva que só é posible logo dun longo procesode maduración e requintamento do estilo, produto de toda unha vida de explora-ción creativa. Supón, tamén, unha volta consciente á tendencia máis espontáneae popular do autor, un reencontro consigo, coas orixes –nunca esquencidas, poroutra parte–, que se deixa ver mesmo na dedicatoria ao vello amigo e artista pon-teareán Alfonso Quinteiro Alonso, recentemente desaparecido.

A Cantata das cantigas supón, neste sentido, unha continuidade do xénero naandaina iniciada coa primeira das súas cantatas, Cantigas do mar (1981-82), á queseguirían Anxos de Compostela e Cantata de maio (as dúas de 1989), todas elas sobretextos de Filgueira Valverde. Polo seu tratamento orquestral, textos e procedemen-tos expresivos, a Cantata das cantigas suporía pois a culminación –ata o de agora–desta vea de tratamento dos textos populares, neotradicionais ou neohistoricistas;pero coido que a obra que hoxe imos escoitar en estrea vai máis alá nese procesode decantamento do popular, reducindo o artificio ao mínimo, de xeito que resal-ten o máis posible as calidades que atesouran estes textos anónimos. Para compoñer os doce números de que consta a obra –en realidade once, pois

o último número é repetición do primeiro, a modo de recapitulación–, o compo-sitor escolleu poemas saídos da colección publicada por Ramón Cabanillas en1951, Antífona da cantiga. Trátase de textos sen artificio ningún, como non fosenos que resultan da propia lingua do pobo no seu devalar histórico. Ao lombo dasomnipresentes cuartetas octosilábicas, decorren os versos enredando sentimentosque se suceden, se enguedellan e mesmo se superpoñen nun mesmo número. Hai-nos sentenciosos –Pensa moito e fala pouco–, galantes –Rente do teu corazón–, pí-caros –O cura chamoume Rosa, Fun que fun ao muíño, As fillas de Furabolos–,irónicos –Coma se fosen señoras–, morais –Unha silla no inferno–, líricos –Arrú,meu meniño–. Versos, textos, que dan conta na súa variedade dun carácter, dunhaforma de vida, dunha cultura, en definitiva. Para eses textos populares, Groba adopta un orgánico orquestral lixeiro, que

ademais usa con notable economía, deixando o protagonismo aos solistas e aocoro. A escritura, limpa e diatónica case sempre, desenvolve unha harmonía enque se bota man de procedementos tan populares como as series de sextas ou deterceiras, especialmente nas partes vocais. Os clusters disonantes, cando os hai, re-sérvanse preferentemente para as partes orquestrais, ou para remarcar o carácterincisivo dalgúns textos –O cura chamoume Rosa–. E o mesmo sucede coa melodía,na que o diatonismo e o carácter cantabile predominan sobre calquera tentaciónde elaboración máis sofisticada. Con frecuencia, o mestre Groba declarou o seu especial interese pola compo-

ñente rítmica da música; neste punto a relación con Strawinsky ou Bartók é evi-dente, unha relación que nace, certamente, do coñecemento da súa música, pero

Page 21: CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS - consellodacultura.galconsellodacultura.gal/mediateca/extras/Programa de man-DEFINITIVO.pdfsallo, a Sociedad Coral Polifónica e o Coro do Conservatorio

Organiza

Consello da Cultura Galega

Colabora

Concello de Pontevedra

Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela

Agradecementos

Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra

Conservatorio Manuel Quiroga

Familia Paz-Andrade

Fundación Rogelio Groba

Real Academia Galega

As sinaturas reproducidas dos poetas proceden do Arquivo

da Real Academia Galega.

Imaxes a partir dunha ilustración de Manuel Torres para

Pranto matricial (Bos Aires, 1955).

GráficaImago Mundi

ImprimeAlva Gráfica

Depósito Legal

C 967-2012

CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS