Conclusións polo non

2
EN CONTRA Conclusión polo non É verdade que as novas tecnoloxías están cambiando a forma de relacionarnos en todos os ámbitos: familia, traballo, escola, empresa, política..... tampouco podemos negar o grande impacto que están causando no mundo da información e das relacións sociais. Pero que as relacións sociais cambien non quere dicir que melloren. E sen querer caer en posicións catastrofistas, nós seguimos defendendo que a día de hoxe as novas tecnoloxías non están mellorando as relacións sociais, senón todo o contrario, están a ocasionar graves problemas. De maneira continua, os medios de comunicación advirten das graves repercusións que está tendo o uso destas tecnoloxías sobre todo entre os mozos, como xa demostramos cos nosos argumentos que resumimos a continuación nesta conclusión: Favorecen o illamento e individualismo dentro das familias e os centros de traballo e abren unha fenda insalvable entre as distintas xeracións e como consecuencia estimulan a incomunicación. 2. Fomentan a desigualdade dividindo ao mundo entre os que dominan, porque posúen a Tecnoloxía e os que teñen un acceso limitado ou simplemente non teñen ningún tipo de acceso. Non hai datos de que a globalidade das novas tecnoloxías contribuíra a diminuír a fame, a desnutrición... nos países subdesenvolvidos. 3. Orixinan unha dependencia tecnolóxica en dúas vertentes. Porque se pensa que a tecnoloxía todo o amaña e porque crea unha necesidade permanente de estar conectado a un mundo virtual, deixando de lado o mundo real. 4. Provocan que a xuventude estea perdendo en parte a sociabilidade pois as conversas mediante linguaxe escrita resultan impersoais e nelas suprímense importantes factores como o ton de voz, os acenos, a expresión facial, substituíndoos por iconas que representan estados de ánimo. 5. Favorecen a violación sistemática dos dereitos de propiedade intelectual: programas informáticos, música, libros, traballos de investigación....E nin mesmo as autoridades saben como afrontar este problema.

Transcript of Conclusións polo non

Page 1: Conclusións polo non

EN CONTRA

Conclusión polo non

É verdade que as novas tecnoloxías están cambiando a forma de relacionarnos en todos os

ámbitos: familia, traballo, escola, empresa, política..... tampouco podemos negar o grande impacto

que están causando no mundo da información e das relacións sociais.

Pero que as relacións sociais cambien non quere dicir que melloren. E sen querer caer

en posicións catastrofistas, nós seguimos defendendo que a día de hoxe as novas tecnoloxías non

están mellorando as relacións sociais, senón todo o contrario, están a ocasionar graves problemas.

De maneira continua, os medios de comunicación advirten das graves repercusións que está

tendo o uso destas tecnoloxías sobre todo entre os mozos, como xa demostramos cos nosos

argumentos que resumimos a continuación nesta conclusión:

Favorecen o illamento e individualismo dentro das familias e os centros de traballo e abren unha

fenda insalvable entre as distintas xeracións e como consecuencia estimulan a incomunicación.

2. Fomentan a desigualdade dividindo ao mundo entre os que dominan, porque posúen a

Tecnoloxía e os que teñen un acceso limitado ou simplemente non teñen ningún tipo de acceso. Non

hai datos de que a globalidade das novas tecnoloxías contribuíra a diminuír a fame, a desnutrición...

nos países subdesenvolvidos.

3. Orixinan unha dependencia tecnolóxica en dúas vertentes. Porque se pensa que a tecnoloxía todo

o amaña e porque crea unha necesidade permanente de estar conectado a un mundo virtual,

deixando de lado o mundo real.

4. Provocan que a xuventude estea perdendo en parte a sociabilidade pois as conversas

mediante linguaxe escrita resultan impersoais e nelas suprímense importantes factores como o ton

de voz, os acenos, a expresión facial, substituíndoos por iconas que representan estados de ánimo.

5. Favorecen a violación sistemática dos dereitos de propiedade intelectual: programas

informáticos, música, libros, traballos de investigación....E nin mesmo as autoridades saben como

afrontar este problema.

Page 2: Conclusións polo non

6. Ocasionan problemas ao non poder constatar sempre a veracidade das informacións manexadas.

Hai moitas páxinas onde o contido non é científico o simplemente é opinable.

7. Dan por bos rumores e descualificacións sen ningún tipo de fundamento, que circulan polas

redes e correos e son reenviados milleiros de veces sen comprobar a súa veracidade, podendo

incorrer en atentados contra o intimidade, o honor e o dereito a privacidade.

8. Ocupan unha cantidade de tempo exaxerada que vai en detrimento do desenvolvemento doutras

habilidades sociais ou intelectuais: o deporte, a lectura, a conversación coa familia e amigos, o

contacto coa natureza, etc.

9. Proporcionan un acceso fácil a temáticas que non son adecuadas para a idade: sexo,

pornografía, armas... Con frecuencia os menores e mozos comunícanse con descoñecidos e

proporciónanlle todo tipo de información.

10. Poden provocar adicción, como xa explicamos cos vídeoxogos entre os mozos e ludopatías,

voyerismo, etc tamén entre os adultos.

Todo isto deixa claro que o que se está a conseguir é que a xente se comunique dun xeito máis

mediatizado, máis superficial e menos persoal, e que os vínculos entre persoas sexan cada vez más

virtuais e menos reais, chegando a unha trivialización das relacións humanas, dos afectos e das

emocións.

É posible que poidamos falar de sobreinformación, que cuantitativamente dispoñamos de mil e

unha redes sociais para comunicarnos, pero todo isto está a mellorar a comunicación REAL das

persoas? Pois nós cremos que non, que o que se consegue realmente con esta sobrecomunicación

é prexudicar as relacións interpersoais.

.