Concurso sgapeio 3

15
SGAPEIO IV CONCURSO INCUBADORA DE SONDAXES E EXPERIMENTOS PROXECTO DE ESTATÍSTICA “CONSUMO DE FROITA FRESCA” CATEGORÍA: 3º e 4º ESO CÓDIGO: 25 GRUPO DE TRABALLO: Sarai Álvarez Fernández David Fernández Freijo Eduardo García Ruíz Vanja Perona Bzik DOCENTE-TITOR: Rosa Mª Labandeira Redondo IES PLURILINGÜE FONTEM ALBEI

Transcript of Concurso sgapeio 3

Page 1: Concurso sgapeio 3

SGAPEIO

IV CONCURSO

INCUBADORA DE SONDAXES E EXPERIMENTOS

PROXECTO DE ESTATÍSTICA

“CONSUMO DE FROITA FRESCA”

CATEGORÍA: 3º e 4º ESO

CÓDIGO: 25

GRUPO DE TRABALLO:

Sarai Álvarez Fernández

David Fernández Freijo

Eduardo García Ruíz

Vanja Perona Bzik

DOCENTE-TITOR:

Rosa Mª Labandeira Redondo

IES PLURILINGÜE FONTEM ALBEI

Page 2: Concurso sgapeio 3

2

INDICE

I. OBXECTIVO DO ESTUDO …………………………………………. 3

II. DESCRICIÓN DA RECOLLIDA DE DATOS ……………………… 3

III. CONCLUSIÓNS DA SONDAXE …………………………………... 6

IV. CONCLUSIÓN FINAL …………………………………………….. 15

V. OUTROS ASPECTOS DO PROXECTO …………………………15

Page 3: Concurso sgapeio 3

3

I. OBXECTIVO DO ESTUDO

O centro leva catro anos participando no programa “Consumo de froita

fresca nas escolas” subvencionado por FOGGA. Durante catro semanas no

curso, nos recreos ofrécese froita ao alumnado. Que clase de froita

prefiren? Consumen froita fóra do centro e do comedor escolar?, etc.

II. DESCRICIÓN DA RECOLLIDA DE DATOS

O Vicedirector Gabino González Vega e a profesora de Departamento

de Matemáticas Rosa Mª Labandeira Redondo decidiron que sería

interesante facer unha sondaxe ao alumnado para coñecer os seus hábitos

alimenticios no consumo de froita fresca. Decidiuse que os alumnos/as

encargados de confeccionar a enquisa e facer o estudo foran os de 3º ESO.

É un grupo formado por oito alumnos: Sarai Álvarez Fernández, María

Castro Fernández, José Luís Couso Fernández, Ana Fernández Fernández,

David Fernández Freijo, Eduardo García Ruíz, Vanja Perona Bzik e Andrea

Robledo Álvarez. Como neste concurso os grupos teñen que estar

formados por un máximo de catro alumnos, ofrecéronse voluntarios para

participar: Sarai Álvarez Fernández, David Fernández Freijo, Eduardo

García Ruíz e Vanja Perona Bzik, aínda que o traballo foi realizado polos

oito.

Debido ao horario de centro (hai clase pola tarde catro días á semana) e

ao transporte escolar foi necesario adicar algunha hora da clase de

matemáticas para facer este traballo, pois só con reunirnos nos recreos non

chegaba. Unha vez elaborada e enquisa os alumnos foron polas aulas a

pasala.

A enquisa realizouse á totalidade dos alumnos do IESP Fontem Albei, é

dicir, catro cursos da ESO e dous de Bacharelato. Dos 99 alumnos

contestaron 87. A distribución destas enquisas por curso e alumnos/as é a

seguinte: en 1º ESO, 7 e 11; en 2º ESO, 11 e 6; en 3º ESO, 7 e 4; en 4º

ESO, 7 e 6; en 1º BAC, 6 e 8; en 2º BAC, 6 e 8.

Cando xa estiveron cubertas e recollidas, abriuse un documento compartido

en Google Drive para que os alumnos introducirán os resultados das

enquisas nunha folla de cálculo. Era a primeira vez que o grupo de alumnos

se enfrontaba a una e aínda non sabían traballar con ela.

Page 4: Concurso sgapeio 3

4

Despois realizouse o tratamento dos datos, mediante a aplicación de

medias e tantos por cento, e a representación dos resultados en diagramas

de barras, de sectores …, todo isto referido aos grupos de persoas

adecuados ata conseguir os resultados que se amosan no epígrafe III.

A enquisa elaborada é a seguinte:

IESP FONTEM ALBEI

A FONSAGRADA

IDADE

CURSO SEXO

1. Que alimentos tomas normalmente no recreo?

.bolo . iogur . froita . bocadillo

2.Con que frecuencia comes froita?

.nunca . unha vez por semana .dúas ou tres veces por semana . todos os días

3.Cales son as tres froitas que máis che gustan? E as que menos?

….........................................................................................................................................

............................................................................................................................................

….........................................................................................................................................

….........................................................................................................................................

4.Comes máis froita no verán ou no inverno?

. Verán . Inverno

Page 5: Concurso sgapeio 3

5

5.Comes froita na casa?

. Si . No

E na escola?

. Si . Non

6.Comes máis froita sólida ou en zume natural?

. Sólida . Zume Natural

7.Sabes cal debe ser o número axeitado de pezas de froita o día?

.Si . Non

8.(Se a resposta anterior e afirmativa). Cal é ese número? …..........................

9.Crees que a froita é importante para a túa saúde?

. Si . Non

10.Gustaríache comer máis froita?

. Si . Non

11.Cantas porcións de froita comes o dia?

0 1 ou 2 3 ou 4 5 Máis de 5

12.Paréceche ben que o instituto participe no plan proxecta “Alimenta-T ben”?

.Si .Non

13. Cal foi a última froita que comiches?

….........................................................................................................................................

14. Donde pensas que foi producida esa froita?

…...............................................................................................................................................

Page 6: Concurso sgapeio 3

6

III. CONCLUSIÓN DA SONDAXE.

O bocadillo é o rei do recreo, sobre todo para os alumnos. Unha porcentaxe

moi alta non contesta (39,08%). É posible que estes alumnos/as non coman

nada no recreo. Deberíamos poñer a opción de resposta “nada”.

Case todos os enquisados comen froita varios días a semana. So un 5,75%

non a comen.

Page 7: Concurso sgapeio 3

7

Page 9: Concurso sgapeio 3

9

Na casa un 94,26% dos alumnos/as comen froita, sen embargo só un 50,58%

a comen na escola. Tendo en conta que hai comedor escolar no que se lles da

de postre froita dous ou tres días a semana e que a maioría dos alumnos/as

asisten a el, este resultado é sorprendente.

Page 11: Concurso sgapeio 3

11

Un 61,63 % do alumnado afirma que coñece o número de pezas de froita que

se debe consumir diariamente. Deste alumnado hai unha porcentaxe alta que

de verdade sabe esa cantidade de froita [3 ou 4 pezas (26,42 %) e 5 pezas

(49, 05%)]. Un alumno contestou 50 pezas, sería en erro?, sería unha broma?.

Page 12: Concurso sgapeio 3

12

O 96,56% pensa que a froita é importante para a súa saúde pero só ao 13,95%

dos alumnos gustaríalles comer máis froita.

Page 15: Concurso sgapeio 3

15

IV. CONCLUSIÓN FINAL

Os resultados de esta enquisa lévanos a dicir que os rapaces do IES

Plurilingüe Fontem Albei da Fonsagrada comen froita fresca habitualmente,

máis na casa que na escola. Coñece a importancia do consumo de froita

fresca para a súa saúde. As froitas que máis lles gustan son a mazá, a

mandarina e os amorodos e as que menos a pera, o kiwi e o plátano.

V. OUTROS ASPECTOS DO PROXECTO

Este traballo significou una espléndida maneira de aprender o uso das follas

de cálculo, de entender as estatísticas que aparecen moitas veces na vida

cotiá, de ver como se poden aplicar as matemáticas a situación reais.

Aprendeuse tamén que as matemáticas deben ser formais e estritas, debendo

corrixir as veces que faga falta os erros atopados ata chegar a un resultado

inequívoco. Tamén foi importante traballar en equipo, o que non é habitual nos

institutos. Por último, o manexo dos programas específicos de tratamento de

datos, presentación e tratamento de textos foi moi interesante e útil de cara ao

futuro.