Conefisica

48
COÑEFÍSICA MÁIS E MELLOR ACTIVIDADE FÍSICA AUTORES: ANA MARIA GIL MEDRAÑO (coordinadora) MARGARITA ÁLVAREZ PRADO ENRIQUE PAREDES RODRIGUEZ

Transcript of Conefisica

COÑEFÍSICA

MÁIS E MELLOR ACTIVIDADE FÍSICA

AUTORES:ANA MARIA GIL MEDRAÑO (coordinadora)

MARGARITA ÁLVAREZ PRADOENRIQUE PAREDES RODRIGUEZ

ÍNDICE

1) INTRODUCCIÓN ..................................................................3

2) TEMPORALIZACIÓN DAS SESIÓNS...............................5

3) GRAO DE CONSECUCIÓN OBXECTIVOS .....................7

4)ORGANIZACIÓN, DESENVOLVEMENTO E METODOLOXÍA ................................................................11

5) AVALIACIÓN ...................................................................42

6) LISTAXE DO PROFESORADO IMPLICADO (TAREFAS REALIZADAS POR CADAQUÉN) ...................................47

7) BIBLIOGRAFÍA E LIGAZÓNS UTILIZADAS ..............48

1 INTRODUCCIÓNPara o curso escolar 2012-2013 no CEIP San Roque de

Darbo levamos a cabo, de xeito experimental, o proxecto chamado “MAIS E MELLOR ACTIVIDADE FÍSICA” programa encadrado dentro do Plan Proxecta e dependente da Dirección Xeral de Educación, Formación profesional e Innovación Educativa.

Este proxecto consiste en ofrecerlle a un grupo de alumnos (neste caso os de 3º B) unha hora “extra” de Educación Física, realizada no horario correspondente á Coñecemento do Medio. Esta sesión estaba impartida por a mestra de EF, xunto coa titora do curso correspondente..

A programación deste proxecto faise fundindo os contidos de ambas materias, levando o “tema” que se traballa dende a area de Coñecemento ao ámbito máis práctico, lúdico e experimental posible. Incluíndo definitivamente dito tema na programación de Educación Física, dándolle un corpo mais dialogado, vivido, e que consecuentemente provocará a mellor interiorización de ditos contidos. Facendo especial forza na educación en valores (respecto, solidariedade, cooperación, ...) así como na mellora das competencias que inciden directamente en ambas materias.

2 Temporalización das ses ións.

As sesión foron executadas os luns na quinta hora, sempre que non faltara un profesor, xa que nese momento a mestra de EF está de garda no centro. Por comodidade para realizar a actividade, contamos nese momento coa dispoñibilidade do ximnasio do centro para realizar estas sesións, así como a propia aula. Algunha sesión está programada no entorno escolar para coller follas ou materiais diversos.

A temporalización: consta de 33 sesións ao longo do curso 2012-2013, 13 sesións no 1º trimestre, 9 no 2º e 11 no terceiro.

Con todo búscamos experimentar a interesante, adecuada e necesaria (ao noso parecer) terceira hora semanal de Educación Física, que por parte dos nenos sempre será ben recibida, xa que eles son os primeiros demandantes.

Tras pasar por toda esta experiencia podemos resumir que todo este beneficio que o alumnado percibe non debe estar baseado na boa vontade de un grupo de mestres que quere levar a cabo un proxecto senón que debe estar contemplado dende a administración, e o horario do profesor implicado sexa computable nas horas lectivas de ditos profesores.

3 GRAO DE CONSECUCIÓN OBXECTIVOS

Partimos de que o obxectivo principal era demostrar a necesidade dunha terceira hora para a actividade física, podemos dicir que polo grado de estimulación, aceptación e participación do alumnado no proxecto, o obxectivo foi sobradamente cuberto.

A pesar de que nun principio non parecía que ganaran nada mais que unha clase extra de EF, na que se dialogaba e mimificaba case todos os temas que se trataban, tales como o corpo, as plantas, os animais... Sorprendémonos gratamente cando, con vistas a preparar unha coreografía para o festival de inverno no mes de decembro, por fin vimos os primeiros froitos do noso traballo.

Os neno/as mostraron moi alto grado de desinhibición, expresión e creación, nunha sesión con música, chegando a expresarse libremente e reaccionando en apenas cinco segundos aos cambios melódicos, lentos, rápidos. De seguir así, este grupo poderá facilmente facer abstraccións musicais. Arte, danza no mellor sentido da palabra.

Ademais observamos que durante os recreos do terceiro trimestre os alumnos e alumnas de terceiro dedícanse a facer xogos de clase por exemplo relevos, carretillas,... Se ben non incluímos este obxectivo na programación inicial, decididamente haberá que recollelo como obxectivo xeral conseguido: “mais e mellor actividade física tamén na hora do recreo”

Este feito do aumento da actividade, propicia ese outro obxectivo que dende o principio do proxecto pretendemos conseguir para o alumnado en xeral, trátase ao fin de facer vida menos sedentaria e máis saudable.

Evidentemente nunha memoria como esta hai algúns matices sobre os comportamentos de alumnos especiais con alteración de conduta, que non saen reflectidos pero forman parte do traballo diario e, as veces retardan o resultado xeral ou cando pouco apágase un pouco. A pesar do cal, o alumno ao que me refiro demostrouse que precisa estas tres horas de actividade física diaria e aínda máis, polo que se programa un plan especial para que asista a unha hora diaria de Educación Física.

Estamos convencidos de que este plan de exercicio diario sexa unha boa actuación para os nenos con este tipo de comportamentos e actitudes.. Resumindo os logros conqueridos: mais creatividade, mellor

coordinación, recreos mais activos, mellor relación de grupo. Pensamos que quedou mais que xustificada, á vista dos resultados deste ano, a necesidade de implantar esta terceira hora de EDUCACIÓN FÍSICA nas aulas de Primaria

4 ORGANIZACIÓN, DESENVOLVEMENTO E METODOLOXÍA

SECUENCIACIÓN DE UNIDADES DIDÁCTICAS As unidades didácticas secuenciadas nas 3 avaliacións, quedan repartidas do seguinte xeito:

1ª AVALIACIÓN (17setembro a 17 dec.)

1-O mundo e os seres vivos e inertes (4 sesións)2-Percibimos o contorno. Os sentidos.(3 sesións)3-Movémonos. Hixiene e coidado corporal(2 sesións)4-Os animais(2 sesions)5-As plantas(2 sesións)

2ªAVALIACIÓN (14 xaneiro a 18 marzo)6-Convivimos (2 sesións)7-A localidade (1 sesión)8-Vivir na localidade (2 sesións)9-Producimos e consumimos (2 sesións10-Traballamos (2 sesións)

3ª AVALIACIÓN(8 abri l a 17 xuño)11-As máquinas(3 sesións)12-Forzas e enerxía(2 sesións)13-Luz e son(2 sesións)14-Paisaxes(2 sesións)15-Ecosistemas(2 sesións)

PRIMEIRO TRIMESTRE1ª Unidade:: Serviunos como unha primeira toma de

contacto cos alumnos. Nela traballamos o coñecemento do corpo (esquema corporal) e as etapas da vida en sentido amplo (nacer, medrar, reproducirse …) Co tratamento deste tema afianzamos os coñecementos sobre os seres vivos e a materia inerte. As diferenzas e semellanzas así como afondar nas funcións de nutrición, reprodución e relación.

2ª Unidade: A finalidade desta unidade é a percepción (vista, oído, tacto, gusto e olfato) tentando que coñezan e respecten as diferenzas e semellanzas entre as persoas. Tamén nos axudará a que respecten as diferenzas de apreciación sensitiva e así facilite a integración aos nenos con deficiencias visuais, auditivas... etc.

3ª Unidade: Esta UD deséñase coa intención de que os alumnos tomen conciencia da importancia do coidado do corpo, hixiene corporal. Do esforzo e a constancia para mellorar a condición física.

4ª Unidade: A finalidade desta unidade didáctica dedicada a xogos de todo o mundo. Tendo en conta que no centro celebramos o Magosto con Xogos Populares, aproveitando a inter-mundialidade do reino animal, transpolaremos o tema aos xogos diversos. Consiste en que os nosos alumnos coñezan e respecten as diferentes culturas do mundo. Tamén nos axudará á integración e aceptación dos alumnos estranxeiros presentes no aula.

5ª Unidade: Esta UD deséñase coa intención de mellorar as relacións dentro da aula, para fomentalo xogo limpo e o traballo cooperativo. Tamén desviamos o tema cara ao significado da planta como ser vivo, e a influencia que o medio exerce sobre elas nos distintos lugares do mundo. Faremos unha saída (na sesión de EF “extra”) para recoller follas, elaborando un herbolario por grupos (nas sesións de aula coa titora)

Actividades exemplo do 1º tr imestre-Estudamos o nacemento dos seres vivos, dos animais e

das plantas-Estudamos ós seres inertes: o xeo derreténdose, a pedra, o

lume, o vento... etc-Unha saída andando para recoller follas para un mural e

secada das follas entre periódicos-Fixemos representacións de esceas familiares, do aseo

persoal, ...-Representacións de fábulas onde interviñan diversos

animais: carapuchiña e o lobo, os tres porquiños...- Xogos nos que se nomean tamén animais como: o pescador, o

oso durmiñón, a cola do raposo, ...-Xogos con especial incidencia dos sentidos: pita cega, calzar

á cadeira, ...

Resumen : Podemos resumir este 1º trimestre dicindo que baseamos moito o traballo na expresión corporal. A metodoloxía era de descubrimento guiado e resolución de problemas. Os nenos ante as múltiples posibilidades elixían a súa propia maneira de representar as montaxes. Os mestres apenas marcamos pautas de orientación, se acaso o tema a desenrolar: animais, contos populares, zoolóxico, ..

Non parecía que para os nenos as sesións significaran algo máis que unha sesión extra de educación física cunha gran carga expresiva e lúdica. Pero o froito recollémolo cando quixemos preparar un numeriño para o Festival de inverno, puxemos música para facer unha coreografía dunha panxoliña, e entón descubrimos que os alumnos eran capaces de interpretar con gran facilidade as variacións musicais..

O mais importante e que todos actuaban con total desinhibición. Alegrounos comprender que o traballo non fora en balde. Era abismal o grao en canto á capacidade de improvisación, imaxinación e creación que tiña esta clase con respecto á outra (que non recibe esta 3ª sesión de EF)

Animais

FOTOS DO 1º TRIMESTRE

Mimo

Glovolei

Juegos

SEGUNDO TRIMESTREDurante o segundo trimestre adicámonos a coñecer o

entorno, dende o próximo ao máis lonxano. Traballamos en proxectos por temas, baixo o lema da convivencia no colexio, na familia e na comunidade. Repasamos as regras e normas de convivencia. Recordamos as costumes e tradicións familiares, escolares e locais.

Ademais adicámonos a traballar a estructuración espazo-temporal, centrándonos no espacial. O traballo destes aspectos é fundamental para que os nosos alumnos desenvolvan de forma axeitada as habilidades e destrezas motrices, básicas e específicas. Tamén introducimos os conceptos dos puntos cardinais, utilizaremos o compas, asi como experimentar a orientación utilizando un plano.

6ª Unidade: A famil ia . Traballamos o tema potenciando a obediencia, cariño e respecto aos maiores

7ª Unidade: O colexio fomentamos o compañeirismo e respecto aos compañeiros de clase, aos mestres. Tamén incidimos no coidado do material escolar propio e de uso común.

8ª Unidade: A nosa localidade: respecto polas normas de

convivencia e de tráfico.

Actividades

-Empezamos facendo unhas láminas coas follas que recolleramos no 1º trimestre

-Analizamos as costumes familiares mediante enquisas grupais que se facían nas casas. Tamén se analizaron as tradicións e festexos do lugar e colexio (invitando a antigos mestres)

-Visitamos o casco urbano, guiados polo avó dunha alumnas que nos explicaba o que son e o que foran os edificios observados.

-Fixemos traballos de planos da clase do colexio, da nosa habitación...

-Fixemos xogos de orientación polo interior e exterior do colexio, búsqueda do tesouro.

-Fixemos xogos de seguridade viaria, percorridos que eles inventaban por grupos.

Resumen: Foi un tempo para descubrir o entorno, para orientarse nel. Ao tempo que comprobamos que respectar as normas de seguridade viaria e de convivencia é necesario para todos. Asumiron que toda a convivencia se rexe por unhas normas.

A metodoloxía neste trimestre levou máis carga de descubrimento guiado por ser máis rápida a hora de transmitir información pero sen deixar de ser totalmente práctica e vivida por eles.

FAMILIA EN TEMPOS DOS AVÓS

EN TEMPO DOS PAIS

NO NOSO TEMPO

COMIDAS OU BEBIDAS

VESTIMENTA

COPLAS

BAILES

OUTRAS PRACTICAS

Exemplo de f icha reducida da enquisa

FOTOS SEGUNDO TRIMESTRE

Comunidade

Educación vial

Entroido

Máis mimo

Mural fol las

Orientación

TERCEIRO TRIMESTRENo terceiro trimestre o tema central era a paisaxe.

Tratamos os temas do medio ambiente, a influenza da man do home no medio físico, o coidado medio, as maquinas a enerxía...

11 Unidade: a máquinas. Nesta unidade fixemos un estudo práctico de como evolucionaron os medios de transporte. Primeiro carrexaban a man, despois con animais, despois con carretas e finalmente con medios mecánicos como cintas transportadoras.

12 Unidade: forzas de enerxía

13 Unidade: luz e son

14 Unidade: A paisaxe. Fixemos unha plantación coas legumes que eles previamente plantaran nos tarros e coidaron na aula durante os trimestres anteriores. Sementamos guisantes, pementos, leitugas, lentellas, pepinos, cenorias, tomates, e algunhas plantas de xardín...

Actividades

-Plantamos as sérmolas (agora plantas) do 1º trimestre e establecemos unhas quendas de rego matutino os días que non había previsión de chuvias

-Elaboramos cataventos e papaventos e soplaventos para xogar.

- Xogos con nomenclaturas de paisaxes: nesta casa hai lume, ríos e movementos en cascada e percorridos...

-Tivemos dúas sesións extras onde a nai dunha alumna ensinounos a facer esquemas de imaxes. Eles aproveitaron para debuxar casas, soles, árbores, flores, pelotas, sinais de tráfico....

-Xogos cooperativos de imitación de máquinas e trebellos diversos como Cinta transportadora, carretillas, carros romanos, silla da raíña

-Xogos de construcións humanas: edificios de varios pisos-Xogos de resolución de problemas por exemplo puntos de

apoio por grupos-Xogos de orientación sensorial

FOTOS 3º TRIMESTRE

Baile

Máquinas e construccións

5 AVALIACIÓN1º Trimestre

Non parecía que para os nenos as sesións significaran algo máis que unha sesión extra de ed física cunha gran carga expresiva e lúdica. Pero o froito recollémolo cando quixemos preparar un numeriño para o Festival de inverno. Puxemos música para facer a coreografía dunha panxoliña e descubrimos que os alumnos eran capaces de interpretar con facilidade todas as variacións musicais que escoitaban. E o máis importante, todos actuaban con desinhibición.

Alegrounos comprender que o traballo non fora en balde. Era abismal o grao en canto á capacidade de improvisación, imaxinación e creación que tiña esta clase con respecto á outra (que non recibe esta 3ª sesión de EF)

2º TrimestreFoi un tempo para descubrir o entorno e para orientarse

nel mediante planos e xogos de orientación. Ao tempo que comprobamos que respectar as normas de seguridade viaria e de convivencia é necesario para todos. Asumiron que toda a convivencia se rexe por unhas normas.

As unidades 9 e 10 non deu tempo a desenrolalas tal como

se pretendía por falta de tempo.

Realmente este foi un trimestre demasiado curto.

3º TrimestreFoi un trimestre para tomar conciencia do entorno físico,

as paisaxes e as plantas que nos rodean. Tamén da influencia da acción do home, a aparición das máquinas como consecuencia da evolución e dos descubrimentos.

En resumen: foi un trimestre para tomar conciencia do entorno físico, as paisaxes e as plantas que nos rodean. Tamén traballamos outros temas como as máquinas, luz e son, e en menor medida por falta de tempo as forzas de enerxía.

O tema dos ecosistemas non deu tempo a traballalo na sesión de EF, polo que o traballaron nas sesión de aula coa titora.

Resultado final e interese do proxecto

Aínda que houbo temas que nos quedaron sen traballar, seguramente pola falta de práctica neste tipo de programacións conxuntas para o departamento de EF. Ceemos que se solucionaría coa constancia e experiencias mantidas ao longo dos anos neste tipo de proxectos. Por exemplo a adaptación ao tema das plantas que tivemos que saír no 1º trimestre a recoller follas, no segundo sementar e no terceiro plantar na horta do colexio.

Non temos ningunha dúbida de que a experiencia foi moi interesante para os alumnos/as, e tremendamente positiva.

Na vista dos resultados diriamos que é necesaria para mellorar ademais da calidade de vida saudable, como se pretendía, mellora tamén a calidade na educación, xa que esta sesión equilibra un pouco máis as sesións lúdicas e cognoscitivas de tal maneira que van estimulados ás clases na aula. Pensamos que eles tamén captan o feito de que compensan mellor o tempo que permanecen sentados con estas sesión nas que aprenden xogando, desprazándose, buscando, camiñando...

Con respecto aos recreos: observamos con gran sorpresa que os nenos desta clase, na hora do recreo xogaban sempre xuntos, facendo carreiras de relevos, carretillas, rodas laterais... É dicir moita mais actividade que outros grupos

6 LISTAXE DO PROFESORADO IMPLICADO (TAREFAS REALIZADAS POR

CADAQUÉN)

A titora colaboradora é Margarita Alvarez Prado e a mestra de EF é Ana María Gil Medraño en calidade de coordinadora do proxecto. Ambas mestras demos as clases xuntas nesta hora elixida. A titora continuaba na aula as sesións que quedaban por rematar como as recollidas das enquisas, o remate dos murais, etc

Participou tamén no proxecto o outro mestre de EF do centro: Enrique Paredes Rodríguez que foi o encargado da parte informática asi como de colaborador na confección das actividades do proxecto.

7 BIBLIOGRAFÍA E LIGAZÓNS EMPREGADAS

- Libro guia didactica 3º Primaria Coñecemento do Medio. Ed Rodeira.

- Decreto 130/2007 de 28 de xuño- Esteve, J.M. (2003): La tercera revolución educativa.

Barcelona. Paidós.- Bono,E.De (1995): El pensamiento paralelo. Paidós- Delors,J. (1998): La educación encierra un tesoro.

Informe de la Unesco de la comisión internacional sobre la educación para el siglo XXI. Madrid. Santillana

- Trilla, J;Novella, A (2001) Educación y participación socil de la infancia. Revista Iberoamericana, 26

-Martin García X. Puig Rovira J.M.(2007) Las siete competencias básicas para educar en valores. Barcelona Grao.