Congresoclima

19
PENSA GLOBALMENTE ACTÚA LOCALMENTE CEIP SACO E ARCE de Toén – Ourense

description

Proxecto medioambiente Ceip Saco eArce

Transcript of Congresoclima

Page 1: Congresoclima

PENSA GLOBALMENTEACTÚA LOCALMENTE

CEIP SACO E ARCE de Toén – Ourense

Page 2: Congresoclima

PENSA GLOBALMEN

TEACTÚA

LOCALMENTE

CEIP SACO E ARCE de Toén – Ourense

Page 3: Congresoclima

CEIP SACO E ARCE de Toén – Ourense

O cambio climático non é unha película de ciencia ficción... é unha realidade. Cando o ser humano decidiu dominar a terra sen importarlle o prezo que debía pagar, A Natureza foise envelenando e contaminando sen límite, provocando o aumento da temperatura do planeta.  

Xeramos grandes cantidades de lixo. Derribamos árbores para usar papel e contribuímos á deforestación. Cada vez fai falta máis terra cultivable porque o mundo está densamente poboado ... 

Sabedes cales son os gases de efecto invernadoiro?Son o dióxido de carbono, metano e óxido nitroso; Sen eles non sería posible a vida no planeta, xa que impiden que parte do calor solar regrese ao espacio. Pero cando aumenta o seu volume sen parar, provocan unhas temperaturas elevadas e modifican o clima. 

Page 4: Congresoclima

CEIP SACO E ARCE de Toén – Ourense

Que podemos facer…?E nós... Que podemos

facer? Consumir so o necesario. Reducir, reutilizar e reciclar Hábitos de aforro de

enerxía: apagar luces cando non sexan necesarias, Non abrir ventás coa calefacción posta, controlar o consumo excesivo de auga (ducharse en vez de bañarse, arranxar billas que perden...)

Evitar o uso de pilas e en todo caso, usar pilas recargables.

Todos contribuímos, no noso día a día, ao cambio climático. Somos consumistas por natureza, nunca temos bastante.Utilizamos un sistema de electricidade e desprazámonos en vehículos (autobuses, coches, motos) que utilizan combustibles procedentes de enerxías NON renovables e que emiten gases de efecto invernadoiro. Abandonamos os nosos montes, as grandes depuradoras naturais

Page 5: Congresoclima

Aula esquío da Natureza. CEIP SACO E ARCE de Toén – Ourense

Durante os cursos pasados decidimos adoptar uns hábitos de comportamento medioambientais

Para que o noso concello, un anaquiño deste planeta, estivese un pouquiño menos contaminado

Page 6: Congresoclima

Aula esquío da Natureza. CEIP SACO E ARCE de Toén – Ourense

Comezamos no Ano 2002

recollendo pilas e concienciando á peña da necesidade de empregar pilas recargables.

Ao ano seguinte Solicitámoslle ao concello colectores de plástico e de papel para o colexio. Daquela só tiñamos un colector.

Page 7: Congresoclima

Aula Esquío da Natureza. CEIP SACO E ARCE de Toén – Ourense

Puxemos en funcionamento as Patrullas Verdes

As súas misións eran: 1. Vixiar para que no noso

colexio non se tirasen papeis.

2. Apagar as luces que quedasen prendidas.

3. Coidar as plantas e as árbores do colexio.

Coas patrullas verdes creamos a mascota do colexio: Efrén o esquío de Toén.

A primeira misión de Efrén, foi vixiar os montes da nosa contorna, as nosas veigas, os nosos camiños, os nosos pobos e os recunchos do noso colexio.Na actualidade Efrén é o ronsel de todos os proxectos que se desenvolven no centro

Page 8: Congresoclima

Aula Esquío da Natureza. CEIP SACO E ARCE de Toén – Ourense

Participamos en diversas Campañas de sensibilización cara a separación do lixo implicando ao concello e ás nosas familias Na separación selectiva do lixo.Recollida selectiva de residuos.Reciclaxe de residuosCompostaxe

Editamos calendarios sobre a necesidade da separación do lixo.

Page 9: Congresoclima

CEIP SACO E ARCE de Toén – Ourense

Colaboración co concello Solicitamos un

pleno ao concello, para facerlle saber as deficiencias que nós atopamos nos nosos pobos e aportarlle posibles solucións.

1. AS DEFICIENCIAS QUE VEMOS SON:

A falta de colectores. Localización de vertedoiros2. SUXERÍMOSLLE SOLUCIÓNS: Dotar aos pobos de colectores

de papel e vidro. (A día de hoxe colocáronse colectores de aceite en 2 pobos)

Entrega de composteiros as familias.

A limpeza dos montes.

Page 10: Congresoclima

Aula Esquío da Natureza. CEIP SACO E ARCE de Toén – Ourense

Participamos na “Aposta” coa a asociación “Amigos da Terra”

Na aula de natureza “As Corcerizas” en San Mamede comprobamos o uso práctico destas enerxías.

APOSTANDO POLAS ENERXÍAS RENOVABLES

No Ano 2008tomamos conciencia da importancia do uso progresivo das enerxías renovables ...

Page 11: Congresoclima

Aula Esquío da Natureza. CEIP SACO E ARCE de Toén – Ourense

O LIXO NOS MONTES DE TOÉN

Demos un paso máis, decidimos saber cal era o estado dos montes dos nosos pobos, no referente ao lixo.

Localizamos vertedoiros Anotamos o tipo de

residuos. Elaboramos carteis para

concienciar aos veciños.

Page 12: Congresoclima

CEIP SACO E ARCE de Toén – Ourense

Repoboación e recuperación Durante estes anos

colaboramos permanentemente con técnicos de medio ambiente en tarefas de sensibilización e recuperación dos nos espazos máis próximos:

Recuperamos unha escombreira próxima ao colexio

Creamos un horto escolar

Comezamos a facer compost no colexio

Page 13: Congresoclima

Aula Esquío da Natureza. CEIP SACO E ARCE de Toén – Ourense

PARTICIPAMOS NA REPOBOACIÓN Do Castro de Trelle Dos patios e espazos

anexos ao colexio. Da nosa contorna

Con especies autóctonas proporcionadas pola Consellaría de Medio Rural

Con plantacións propias Coidando o noso propio

viveiro

Page 14: Congresoclima

CEIP SACO E ARCE de Toén – Ourense

Os nosos montes hoxe

En diversas saídas que realizamos dende o colexio, para verificar o estado dos vertedoiros que tiñamos localizados observamos que:

Apreciamos un cambio favorable, na actuación do concello e dos veciños.

Menos lixo nos montes. Recuperación do monte

autóctono nalgúns puntos de verquidos.

Aínda quedan lugares onde se segue tirando materiais da construcción/ escombro.

Outros puntos que tiñamos localizados foron soterrados alterando a natureza do monte.

Page 15: Congresoclima

CEIP SACO E ARCE de Toén – Ourense

Dándolle outra oportunidade

Durante este curso realizamos unha campaña de reciclaxe, dándolle unha segunda oportunidade a diversos residuos que nos serviron como materia prima para a elaboración de distintos obxectos

XOGUETES,

UNHA CARRILANA

MATERIAL DEPORTIVO

OBXECTOS DECORATIVOS

UTENSILIOS DO FOGAR

FORNOS SOLARES

CADERNOS...

Page 16: Congresoclima

CEIP SACO E ARCE de Toén – Ourense

Dándolle outra oportunidade

Un dos obxectos que tivo máis éxito na campaña de reciclaxe, a parte da carrilana, claro, foi o forno solar.

Parece unha caixa de cartón, pero é moito máis. Con este forno pódese cociñar con gasto cero. CO CONSEGUINTE AFORRO ENERXÉTICO.

Tamén potabiliza auga, xa que alcanza os 70º de temperatura.

Seca roupa...

Aproveitando os días soleados deste ano preparamos diversas receitas.

GALLETAS DE CANELA

GALLETAS DE COCO

INFUSIÓNS

TORTA DE CHOCOLATE

Ten un inconvinte, so se pode cociñar con´el cando vai sol.

Page 17: Congresoclima

CEIP SACO E ARCE de Toén – Ourense

Dándolle outra oportunidade

NO COLE FACEMOS COMPOST, o que supón unha redución considerable do volume de residuos do noso comedor escolar.

Levamos 4 anos facendo compost.

A partir dos residuos orgánicos da cociña.

Temos uns encargados semanais que se encargan de levar os restos do comedor ao composteiro

O compost usámolo para abonar o noso horto escolar e as árbores froiteras. Tamén participamos nunhas XORNADAS DE TRABALLO COOPERATIVO POR PARTE DA SOCIEDADE COOPERATIVA EQUAL DE COLES. Aprendemos a debater, a tomar decisións consensuadas... Temos datos, obtidos de enquisas que realizamos este ano onde se reflicten que máis dun 50 % dos veciños do concello tamén realizan compost nas súas casas.

Page 18: Congresoclima

CEIP SACO E ARCE de Toén – Ourense

Dándolle outra oportunidade ao papel

En cursos pasados e neste organizamos obradoiros de reciclaxe de papel...

Sabemos que o máis importante é non malgastalo aproveitando ben as follas, imprimindo o menos posible e polas dúas caras e mudar os panos de papel polos de tea...

Nos obradoiros para a reciclaxe de papel elaboramos novas follas nas que escribimos e debuxamos receitas de cociña para o forno solar, escribimos historias, poesías relacionadas co cambio climático.

Page 19: Congresoclima

CEIP SACO E ARCE de Toén – Ourense

Outras actividades que levamos a cabo este ano foron:

Aprendemos cancións como Mama tierra de MACACO

Escribimos poesías Montamos vídeos

sobre o cambio climático

Rematamos a nosa exposición cun dos vídeos que nós montamos.