Conto de inverno

15

Transcript of Conto de inverno

Page 1: Conto de inverno
Page 2: Conto de inverno

Unha fría mañá de

inverno ao erguerme

contemplei, dende a

miña ventá, que a

paisaxe estaba toda

cuberta de xiada.

Page 3: Conto de inverno

Despois de

tomar un bo

almorzo,abrigueime

ben e puxen a

bufanda e o gorro de

lá para saír pescar

co meu pai.

Page 4: Conto de inverno

Dirixímonos ao

peirao de Beluso para

embarcar rumbo a

Illa de Ons.

Page 5: Conto de inverno

Cando xa estabamos

no medio do mar

démonos conta de

que a penas nos

quedaba gasóleo e

por iso decidimos

fondear preto da praia

de Mourisca.

Page 6: Conto de inverno

Nada máis desembarcar

notamos unhas pegadas

moi estrañas ao longo da

area. Eran coma doce

carreiros que chegaban

ata as rochas que hai alá,

ao final da praia.

Fómonos acercando… e

de súpeto…

Page 7: Conto de inverno

Vimos como asomaba a cabeza xigante dun enorme POLBO.

- Que,que,… que GRANDE –dixen eu cos ollos abertos coma pratos.

O polbo moveu os seus raxos e saltou intentando alcanzarnos. Nós corremos, corremos e refuxiámonos nun bosque

Page 8: Conto de inverno

Entón lembrei que levaba unha cámara na mochila. -Voulle facer unha foto. -Ten coidado –dixo meu pai.

Arrimeime todo o que poiden e… CLIC!, pero coa luz do flash, o polbo cegouse e quedou desmaiado no medio da praia.

Aproveitamos a ocasión e marchamos na procura do gasóleo.

Page 9: Conto de inverno

Cando voltamos ao

cabo dunhas horas

pudemos comprobar

que o polbo xa non

estaba. So había

unha enorme

ÁRBORE DE NADAL

con doce ponlas

cheas de boliñas.

Page 10: Conto de inverno

Conforme nos fomos

achegando a aquela

fantástica árbore,

apreciamos que algo

raro pasaba: Ademáis

de ponlas tiña unha

especie de cabeza

con ollos na parte de

arriba.

Page 11: Conto de inverno

Meu pai foi de atrevido, tocoulle nunha das ramas e nese mesmo momento quedou cuberto cunha tinta negra e pegañenta.

- Pero, isto que é? –dixen eu, aguantando na risa ao ver a meu pai todo manchado de negro

- Que vai ser? –contestou papá moi enfurruñado- É O POLBO!

Page 12: Conto de inverno

Empecei a recuar

chamando polo meu pai:

- Vente, vente…

Entón unha das

ponlas da ÁRBORE

moveuse e comezou a

escribir na area:

QUERO SER O

VOSO AMIGO,

POR FAVOR .

Page 13: Conto de inverno

Papá e máis eu mirámonos con cara de sorpresa.

-Que facemos?

Observamos atentamente ao POLBO-ÁRBORE e dixémoslle:

-Queres vir con nós á Illa de Ons?

Page 14: Conto de inverno

O polbo amodiño,

amodiño, foi baixando

as ponlas-raxos e,

arrastrándose pola

area, seguíunos ata o

barco. Cando

intentabamos botar o

gasoleo, díxonos:

-Non vos molestedes

xa vos levo eu.

Page 15: Conto de inverno

Os autores e autoras deste conto foron os

nenos e nenas de 3º de Primaria do

Colexio de Beluso contando coa axuda de

Moisés que conseguiu que os seus

debuxos chegasen á Praia de Mourisca.

Beluso, decembro de 2010