Control de proceso nun tanque con regulación de …...FOTOS DA EVOLUCIÓN DA CONSTRUCCIÓN DA...
Transcript of Control de proceso nun tanque con regulación de …...FOTOS DA EVOLUCIÓN DA CONSTRUCCIÓN DA...
Control de proceso nun tanque con regulación de presión, nivel e caudal
Página 0 de 27
Control de proceso nun tanque con regulación de presión, nivel e caudal
2015-
2016
IES A SARDIÑEIRA
IES URBANO LUGRÍS
IELEC INDUSTRIA Y ELECTRICIDAD,S.L.
Control de proceso nun tanque con regulación de presión, nivel e caudal
Página 1 de 27
INDICE
1. MEMORIA XUSTIFICATIVA ........................................................................................... 1
1.1. HISTORIA DO PROXECTO. XUSTIFICACIÓN ................................................................................... 1
1.2. RELACIÓN DE PARTICIPANTES ...................................................................................................... 2
1.3. ACTIVIDADES REALIZADAS ........................................................................................................... 3
1.4. AVALIACIÓN FINAL: Cumprimento do plan de avaliación. Valoración mediante os indicadores
establecidos. ...................................................................................................................................... 17
1.5. CONCLUSIÓNS. VALORACIÓN GLOBAL DO PROXECTO E PREVISIÓNS DE FUTURO ................... 19
1.6. MEMORIA DE XUSTIFICACIÓN ECONÓMICA. GASTOS XERAIS DO PROXECTO .......................... 20
2. RESULTADOS E PRODUTOS DO PROXECTO...........................................................22
2.1. MAQUETA DIDÁCTICA ................................................................................................................ 22
2.2. MANUAL DE OPERACIÓN E MANTEMENTO ............................................................................... 22
2.3. GUIÓNS DE PRÁCTICAS ............................................................................................................... 22
2.4. VÍDEOS DIDÁCTICOS ................................................................................................................... 23
2.5. PANEIS EXPLICATIVOS DA MAQUETA ......................................................................................... 23
2.6. FOTOS DA EVOLUCIÓN DA CONSTRUCCIÓN DA MAQUETA ...................................................... 23
2.7. MANUAIS DOS EQUIPOS E INSTRUMENTOS QUE CONFORMAN A MAQUETA .......................... 23
2.8. SITIOS WEB ................................................................................................................................. 23
3. ANEXOS .......................................................................................................................25
Control de proceso nun tanque con regulación de presión, nivel e caudal
Página 1 de 27
1. MEMORIA XUSTIFICATIVA
1.1. HISTORIA DO PROXECTO. XUSTIFICACIÓN
A implantación dos novos ciclos formativos LOE en ámbolos dous centros no ano 2006 implicou a aparición de novos módulos formativos que requiren material didáctico axeitado a nova realidade industrial e as esixencias de formación do alumnado ao mercado laboral. No caso do ciclo de Química Industrial o novo currículo incorpora no módulo de “Regulación e control na industria de proceso químico” os PLC’s, e dicir, os autómatas programables.
Posteriormente coa implantación da LOMCE no 2013 xurdiron novos ciclos formativos que incorporan estas novas tecnoloxías.
No curso 2010-2011,parte do profesorado desenvolveu un PFFP denominado “Programación de Autómatas” (C1021003). A partir deste momento xurdiu unha relación de traballo e colaboración entre os participantes que nos levou a presentar este proxecto de innovación.
Ao longo dos últimos anos o profesorado implicado neste proxecto colaborou en distintas actividades formativas organizadas polo CEFORE, así coma en actividades organizadas pola Consellería de Educación.
Este proxecto xurdiu resultado das inquedanzas dun grupo de profesores dos centros IES A Sardiñeira e IES Urbano Lugrís polo deseño de materiais didácticos para realizar prácticas no campo da regulación e automatización de procesos na industria.
Despois de poñernos en contacto con diversas casas comerciais e consultar en diferentes catálogos de material didáctico, atopámonos coa dificultade de que o equipamento para facer prácticas resultaba moi custoso ou non se adecuaba ás necesidades reais do centro, tanto dende o punto de vista económico, de dimensións para o espazo real dispoñible no centro ou adecuación aos contidos curriculares dos ciclos implicados neste proxecto.
A finalidade principal deste proxecto foi o deseño e a montaxe dunha maqueta que será empregada como material didáctico para a realización de prácticas con alumnos en ámbolos centros educativos que poderá ser aproveitada polos alumnos das familias profesionais de Electricidade e electrónica, Instalación e mantemento e Química Industrial en cursos posteriores.
A envergadura deste traballo esixiu un compromiso de colaboración entre estes centros formativos e a empresa. Ademais, cabe resaltar que o alumnado participou activamente nas distintas etapas do proxecto.
Esta experiencia foi unha oportunidade única para o alumnado, que puido traballar en contacto coa empresa colaboradora, formar parte activa do proceso de deseño e compra de materiais e accesorios, etc., tal e como farán cando sexan profesionais, fomentando así o traballo en equipo e o espírito emprendedor nos rapaces.
Finalmente, as persoas que traballamos na docencia en formación profesional atopámonos en pequenas illas de coñecemento dentro dos nosos institutos e o contacto entre nos redúcese a encontros ocasionais en actividades de formación, polo tanto é importante aproveitar estas iniciativas que fomentan o traballo colaborativo e interdisciplinar.
Control de proceso nun tanque con regulación de presión, nivel e caudal
Página 2 de 27
1.2. RELACIÓN DE PARTICIPANTES
Este proxecto establece a colaboración entre os seguintes centros educativos:
IES A Sardiñeira (A Coruña)
IES Urbano Lugrís (A Coruña)
A continuación relacionase o profesorado implicado no proxecto e o representante da empresa participante no mesmo:
NOME DNI MÓDULOS QUE IMPARTE NO
CENTRO EDUCATIVO CENTRO/ EMPRESA
Jesús Serna Arnáiz
40854025E Regulación e control de proceso
químico (FP dual)
IES
A SARDIÑEIRA
Alba Souto Rodríguez
76862136T
Xeración e recuperación de enerxía (2º CURSO e FP dual)
Formulación e preparación de mesturas (1º Curso)
Ana B. Álvarez López
76624231F
Regulación e control de proceso químico (2º Curso)
Mantemento electromecánico en industrias de proceso (1º Curso)
José Luis Mariño Ruibal
32639596C
Sistemas secuenciais programables (1º Curso)
Sistemas de potencia (1º Curso)
Sistemas eléctricos, pneumáticos e hidráulicos (1º Curso)
IES
URBANO
LUGRÍS
Guillermo Esteban Quiñoa
33307536V
Robótica Industrial(2º Curso)
Sistemas informáticos e redes locais (1º Curso)
Técnicas e procesos en infraestruturas de telecomunicacións (1º Curso)
Gemma MªBlanco Cabana
34892326S Formación e Orientación Laboral.
Empresa e Iniciativa Emprendedora
Ricardo Paz Fernández
32646257B Representante da empresa colaboradora.
IELEC
O profesorado implicado neste proxecto posúe unha ampla traxectoria no desenvolvemento de proxectos, tanto formativos coma de innovación e en campionatos de formación profesional (SpainSkills 2011, GaliciaSkills 2012 e 2013 de Control Industrial).
Control de proceso nun tanque con regulación de presión, nivel e caudal
Página 3 de 27
Ademais, neste proxecto participou o alumnado de ámbolos dous centros que están a cursar os seguintes ciclos formativos:
Ciclo superior de “Técnico superior en química industrial”. Ciclo superior de “Automatización e robótica industrial”.
O alumnado colaborou nas tarefas de montaxe, programación, calibración da instrumentación, posta en marcha da maqueta e na posta en práctica das actividades experimentais correspondentes fomentando a colaboración, o traballo en equipo e o espírito emprendedor nos rapaces, tal e como deberán facer no futuro inmediato como profesionais.
1.3. ACTIVIDADES REALIZADAS
As actividades realizadas ao longo do proxecto seguiron o esquema de división en
etapas ou fases segundo o descrito no plan de traballo.
Para o bo desenvolvemento deste proxecto o equipo docente intentou adaptarse ao
cronograma previsto no apartado 6.3 do proxecto cumprindo co reparto de tarefas
descrito no apartado 6.4 do mesmo.
A continuación descríbense brevemente as tarefas desempeñadas:
Tarefa 1: Deseño do pozo e do tanque depósito de auga
O deseño do pozo e do tanque depósito de auga foi realizado tendo en conta que a
maqueta debe ser portátil e transportable. Ademais analizáronse as características
do equipamento (bomba e sistema de regulación e control) coa empresa para
adecuar o volume de líquido necesario entre os dous tanques.
Para facer partícipe ao alumnado, realizáronse exercicios de cálculo de sección e
volume do depósito así coma simulacións co software FACTORY.
Imaxe1: Bocexo da maqueta
Control de proceso nun tanque con regulación de presión, nivel e caudal
Página 4 de 27
Tarefa 2: Deseño e construción da estrutura da maqueta
Na etapa de deseño e construción da estrutura, en primeiro lugar, realizouse unha
“Tormenta de ideas” co alumnado para escoller a mellor opción (construír un
bastidor, mercar un banco de traballo, etc.).
Finalmente, optouse por unha opción intermedia pola cal se adquiriu unha mesa de
traballo cuxa estrutura foi adaptada para a disposición dos distintos elementos da
maqueta. Ademais, para mellorar a súa resistencia seleccionouse un material
resistente aos líquidos e capaz de soportar o pesos dos distintos equipos e
accesorios (bomba, válvulas, tubarias, sistema de control, elementos de medida,
etc.)
O alumnado do IES Urbano Lugrís participou activamente co profesorado no
proceso de adaptación da estrutura e deseño das zonas de traballo.
O deseño final da maqueta consta de dúas estruturas que se poden ensamblar
sinxelamente e permiten diferenciar as distintas partes da maqueta para o posterior
traballo didáctico, así como para facilitar o seu transporte
Imaxe2: Estrutura inicial da maqueta
Tarefa 3: Consulta de catálogos e selección de equipos
Esta etapa foi importante para a obtención dunha maqueta didáctica real, útil e versátil que permite realizar prácticas de regulación e control co alumnado.
Tendo isto presente, contouse coa colaboración da empresa IELEC, que deu soporte técnico asesorándonos durante a selección dos diferentes compoñentes da maqueta. Asemade, impartiu unha conferencia sobre instrumentos de medición ao profesorado e alumnado participante.
A continuación descríbense os equipos seleccionados empregados na construción da maqueta:
Control de proceso nun tanque con regulación de presión, nivel e caudal
Página 5 de 27
A) BOMBA E VARIADORES DE VELOCIDADE
A maqueta conta cunha bomba hidráulica Modelo Sigma 105 T de SACI (1 HP, 1,5 m3/h e 2850 rpm).
En relación cos variadores de velocidade, a maqueta dispón dun variador Sinamics V20 de Siemens na parte A e un variador Sinamics G120 de Siemens.
Estes variadores de frecuencia permiten ampliar a funcionalidade da maqueta, posibilitando o traballo da bomba a distintas frecuencias para o posterior análise da eficiencia enerxética.
Imaxe 3: Bomba hidráulica SACI (detalle da maqueta)
Imaxe 4: Variadores SINAMICS V20 (A) e G120 (B) de SIEMENS
B) VÁLVULAS E TUBARÍAS
A condución do fluído na maqueta realízase a través de tubarias de cobre principalmente, aínda que tamén hai partes construídas en PVC (flexible) na zona de descarga por ser máis axeitado.
Os alumnos aprenderon as tarefas de corte, empalme e roscado das tubarias, e inserción das válvulas antes de realizar a montaxe da estrutura.
A
B
Control de proceso nun tanque con regulación de presión, nivel e caudal
Página 6 de 27
C) INSTRUMENTOS MEDIDORES
A instrumentación incorporada á maqueta foi seleccionada tendo en conta as características e as variables que interesa manipular e medir.
Nas unidades didácticas correspondentes ao estudo de instrumentos de medida, traballouse co alumnado sobre os principios físicos nos que se basean os instrumentos. A continuación a empresa impartiu unha conferencia sobre as características xerais dos elementos de medida e posteriormente foron elixidos os máis axeitados ao proxecto.
A maqueta consta da seguinte instrumentación para realizar a medida das variables obxecto de estudo:
Táboa 1: Instrumentos de medida
VARIABLE INSTRUMENTACIÓN FUNCIÓN
Presión
Presostato
Interruptor de presión máxima e mínima
Sensor de presión 1 (0- 6 bar)
Medidor de presión analóxico con saída 4-20 mA
Caudal
Caudalímetro SIEMENS SITRANS F M
Medidor magnético de caudal baseado na condutividade
Válvulas electroneumáticas EV1, EV2 e EV3
Reparto de caudal (retorno ao pozo)
Control de proceso nun tanque con regulación de presión, nivel e caudal
Página 7 de 27
Válvulas electroneumáticas
EV4
Subministro de caudal ao depósito de nivel
Válvula PN16 de tres vías con actuador electromotorizado
SIEMENS SAS61
Regulación do caudal de descarga ao pozo
Nivel
Relé de nivel
Sensor de nivel mínimo de auga no pozo de alimentación á bomba
Sensor de presión 2 (0- 1 bar)
Medidor de nivel baseado na medida de presión hidrostática con saída 4-20 mA
D) AUTÓMATA PROGRAMABLE E PANTALLA DE VISUALIZACIÓN
Unha vez seleccionados os instrumentos de medida e coñecidas o número de variables (presión, caudal e nivel) seleccionouse o autómata S7 1200 de SIEMENS con módulos de ampliación para variables de entrada e saída analóxicas que posteriormente foi programado polo profesorado e o alumnado.
Control de proceso nun tanque con regulación de presión, nivel e caudal
Página 8 de 27
A función do autómata programable é levar o sistema ao punto de consigna establecida a partir dos valores de entrada (variables medidas). Esta regulación faise introducindo na programación do autómata un bloque de control tipo PID.
Imaxe 5: Pantalla HMI (A) e autómata con módulos de ampliación (B).
Así mesmo, a maqueta conta cunha pantalla HMI SIMATIC Panel Touch de SIEMENS co obxectivo de ofrecer un contorno amigable ao usuario (alumnado) e poida aprender dun xeito interactivo. Trátase dunha pantalla táctil na cal se pode:
1. Seleccionar a variable obxecto de estudo (presión ou nivel). 2. Abrir ou pechar as electroválvulas (EV1, 2, 3 e 4), para crear perturbacións
no sistema. 3. Habilitar/deshabilitar o funcionamento do variador. 4. Establecer a consigna (set-point) de algunha das variables de: nivel ou grao
de apertura da válvula de baleirado do depósito. 5. Lectura dos valores das variables: presión, nivel, grao de apertura da válvula
e frecuencia de traballo da bomba. A lectura do caudal realízase directamente na pantalla que posúe o caudalímetro.
Tarefa 4: Montaxe da maqueta
En primeiro lugar foi necesario dispoñer dos diferentes elementos que compoñen a maqueta para determinar as dimensións do soporte. Unha vez calculado o espazo requirido para cada elemento, procedeuse a adaptar a estrutura e colocar os primeiros elementos.
A B
Control de proceso nun tanque con regulación de presión, nivel e caudal
Página 9 de 27
Para facilitar a manexabilidade e o transporte decidiuse dividir a maqueta en dúas estruturas complementarias que se describen brevemente a continuación.
Imaxe 6: Alumnos traballando na montaxe da estrutura da maqueta
A primeira estrutura está formada por: unha botoeira para o acendido e apagado do sistema e regulación de frecuencia, unha bomba hidráulica, a hidrosfera, un presostato, un variador V20, un manómetro, un sensor de presión e o pozo de alimentación á bomba. Esta primeira parte denominada parte A (Módulo de presión), constitúe un módulo independente de traballo.
Imaxe 7: Parte A da maqueta (Módulo de presión)
A segunda estrutura está formada pola parte B (módulo de caudal) e C (módulo de nivel), e necesitan da parte A para alimentar de auga o circuíto.
Nesta segunda estrutura, parte B, alóxase o caudalímetro, tres válvulas electroneumáticas, a válvula de tres vías con actuador electromotorizado, e no panel
Control de proceso nun tanque con regulación de presión, nivel e caudal
Página 10 de 27
superior todo o sistema de regulación e control, autómata S7 1200 con módulos de ampliación, pantalla de visualización e variador G120.
Imaxe 8: Parte B da maqueta (Módulo de caudal)
A parte C está constituída por: unha válvula electroneumática (EV4), o depósito de nivel e o sensor de presión 2.
Imaxe 9: Parte C da maqueta (Módulo de nivel)
Esta distribución permite o reparto dos elementos dun xeito ordenado para poder establecer as experiencias didácticas dende un nivel de dificultade menor a maior.
Control de proceso nun tanque con regulación de presión, nivel e caudal
Página 11 de 27
A maqueta foi montada por fases segundo se describe a continuación:
I. Cortado e ensamblado:
Como se pode ver a continuación nas imaxes, as tubarias de cobre foron cortadas a medida e soldadas con estaño. As tubarias de descarga ao pozo, ao non estar nunca presurizadas, son de PVC flexible para a remoción do pozo.
Empregáronse elementos de unión roscados metálicos para poder facilitar a desconexión das tubarias de cobre entre as dúas partes da maqueta, e construíuse unha brida de PVC para posibilitar a desconexión do caudalímetro.
Imaxe 10: Soldadura da tubaria de cobre(A).Aperte de unión roscada(B). Brida de PVC(C).
Instaláronse diferentes tipos de válvulas de accionamento manual para a regulación da presión por estrangulamento ou o peche.
Imaxe 11: Conexións e válvulas de accionamento manual no depósito
A B C
Control de proceso nun tanque con regulación de presión, nivel e caudal
Página 12 de 27
II. Instrumentación e control
O seguinte paso foi a colocación dos instrumentos de medida e control.
Os elementos de medida sitúanse ao longo das tubarias nos puntos previstos como
se pode ver na imaxe 12. Os instrumentos de control están colocados no panel
superior da maqueta co obxectivo de que estean a unha altura axeitada para o seu
manexo e ademais non estean en contacto co fluído de traballo (auga).
Nesta etapa procedeuse á montaxe da instalación eléctrica e ao conexionado da
bomba, instrumentos de medida e visualización, variadores e autómata.
Imaxe 12: Cableado e montaxe das conexións do panel superior da Parte A e B da maqueta.
A distribución do equipamento de medida e control nas diferentes partes da maqueta é a seguinte:
Parte A: Manómetro Bourdon, un sensor analóxico de presión (0-6 bar), un presostato, un relé de nivel, un variador V20 e unha válvula de estrangulamento para levar a cabo ensaios de presión.
Imaxe 13. Manómetro Bourdon e presostato na parte A da maqueta.
Control de proceso nun tanque con regulación de presión, nivel e caudal
Página 13 de 27
Parte B: Medidor magnético de caudal, autómata S7 1200 con módulos de ampliación, unha pantalla HMI, un variador G120 e tres electroválvulas (EV1, EV2 e EV3) con distinto grao de apertura para a regulación do caudal. A descarga do depósito de nivel realízase a través dunha válvula de tres vías con actuador electromotorizado
Imaxe 14. Válvula PN16 de tres vías con actuador electromotorizado na parte B da maqueta.
Parte C: Un sensor analóxico de presión (0-1 bar) de presión, unha electroválvula (EV4) de apertura e peche para a regulación de nivel no tanque.
Imaxe 15. Medidor analóxico de presión (0-1 bar) en detalle na parte C da maqueta.
Control de proceso nun tanque con regulación de presión, nivel e caudal
Página 14 de 27
Tarefa 5: Posta en marcha, axuste, calibración e verificación da maqueta
A posta en marcha foi levada a cabo polo profesorado xunto cos alumnos e consistiu
en:
Parte A da maqueta:
1. Enchido do depósito inferior con auga coloreada para optimizar a
visualización do nivel
2. Cebado da bomba e posta en funcionamento.
3. Observación de perdas de líquido polas unións e corrección dos puntos de
fuga mediante soldadura ou aperte.
4. Axuste do presostato a unha presión mínima e máxima de funcionamento da
bomba adecuada as condicións de traballo do sistema.
5. Axuste da presión do globo da hidrosfera.
6. Parametrización do variador SIMATIC V20 de SIEMENS
7. Colocación das sondas de nivel mínimo no interior do pozo.
8. Probas de medición de presión a diferentes aperturas da válvula de
estrangulamento e reaxuste do presostato e da presión da hidrosfera, co fin
de ampliar ao máximo o intervalo de traballo de presións.
Imaxe16.Enchido do depósito (A). Cebado da bomba (B).
Parte B da maqueta:
1. Análise das características do caudalímetro electromagnético e
parametrización a través do teclado.
2. Regulación do distinto grao de abertura das válvulas EV1, EV2 e EV3.
3. Posta en marcha da parte B da maqueta coa demanda dun nivel calquera e
válvula EV4 pechada.
4. Parametrización do variador SIMATIC G120 de SIEMENS
5. Análise numérico e gráfico dos caudais de operación nas 7 combinacións de
apertura-peche das tres válvulas EV1, EV2 e EV3 coa hidrosfera aberta e
pechada.
A B
Control de proceso nun tanque con regulación de presión, nivel e caudal
Página 15 de 27
Imaxe17. Parte B da maqueta. Imaxe18. Parte C da maqueta.
Parte C da maqueta:
1. Análise das características da válvula de descarga empregada na
determinación do nivel. Programación no autómata co tratamento da consigna
de baleirado da signal board configurada 0-10 V.
2. Análise das características do sensor de presión 0-1 bar como instrumento de
nivel. Programación no autómata deste sensor co emprego da función
normalizado e escalado.
3. Análise do control de nivel. Programación do autómata do nivel e do algoritmo
PID coa utilización dos bloques de función FC3 e FC4 respectivos.
4. Posta en marcha da parte C da maqueta coa demanda dun nivel dado
válvulas EV1-3 pechadas e válvula EV4 aberta e válvula de descarga aberta.
5. Análise numérico e gráfico dos caudais de operación e frecuencias de xiro de
bomba necesario para manter o nivel a diferentes alturas sendo constante en
tódolos casos a apertura de válvula de descarga.
6. Análise numérico e gráfico dos caudais de operación e frecuencias de xiro de
bomba necesario para manter o nivel a unha altura dada a diferentes graos
de apertura de válvula de descarga.
7. Observación da entrada anticipativa antes de chegar ao nivel solicitado da
función derivativa do PID.
8. Cálculo do desfase para distintos niveis solicitados en subida coa válvula de
descarga pechada.
Control de proceso nun tanque con regulación de presión, nivel e caudal
Página 16 de 27
Tarefa 6: Elaboración do Manual
Tendo en conta que se trata dunha maqueta didáctica e co obxectivo de que poida
ser utilizada por profesores e alumnos en outros centros educativos, elaborouse un
manual de operación do equipo de regulación e control de presión, caudal e nivel.
Este manual contén a información necesaria para a posta en marcha da maqueta,
así sistematizase a operación da mesma. Tamén se incorporaron procedementos de
mantemento e calibración dos equipos que constitúen a maqueta seguindo os
manuais orixinais, e un libro de rexistros no que anotar as operacións realizadas.
No futuro, este manual seguramente terá que ser ampliado e actualizado en función
da experiencia obtida e das prácticas que se incorporen.
O manual de operación da maqueta incorpórase no Anexo I desta memoria, e tamén
en formato electrónico na carpeta de Anexos.
Control de proceso nun tanque con regulación de presión, nivel e caudal
Página 17 de 27
1.4. AVALIACIÓN FINAL: Cumprimento do plan de avaliación. Valoración
mediante os indicadores establecidos.
Co obxecto de avaliar o proxecto establecéronse os indicadores descritos na
seguinte táboa, establecendo unha numeración entre 0 e 10 para medir o seu
cumprimento e un apartado de observacións/propostas de mellora no cal se xustifica
o valor numérico de acordo coa consecución do indicador e se expoñen as accións
acadadas para resolver as posibles desviacións.
Táboa 2 .Cumprimento da planificación no desenvolvemento do proxecto.
INDICADORES
GRAO DE
CONSECUCIÓN Valoración
(0-10)
OBSERVACIÓNS/ PROPOSTAS DE MELLORA
Adecuación dos obxectivos
propostos para o
desenvolvemento das
actividades planificadas
10
Os obxectivos marcados
foron axeitados ás
actividades realizadas.
Adecuación das actividades
programadas 9
As actividades programadas
foron suficientes para
desenvolver o proxecto
Eficacia do reparto de tarefas,
funcións e responsabilidades 8
O reparto de tarefas foi
adecuado
Cumprimento dos prazos de
execución das actividades 7
Algunhas actividades tiveron
que ser pospostas debido a
imprevistos, pero isto non
afectou ao resultado final.
Elaboración dos materiais
propostos 7
No futuro ampliarase o
número de prácticas xa a que
a maqueta permite realizar
gran variedade de
experimentos.
Participación do profesorado
nas actividades 8
O profesorado traballou de
forma coordinada e
comprometida no proxecto.
Participación do alumnado nas
actividades 9
O alumnado traballou moi
motivado ao longo do
proxecto.
Integración das TIC:
Comunicación entre os centros
participantes
Desenvolvemento das
actividades previstas
8
A comunicación entre os
centros foi fluída e as
actividades previstas foron
levadas a cabo polos
responsables das mesmas.
Control de proceso nun tanque con regulación de presión, nivel e caudal
Página 18 de 27
Difusión dos resultados e
logros do proxecto tanto a nivel
local como autonómico e
nacional: Impacto do proxecto
na comunidade educativa
7
A maqueta será presentada
na vindeira edición do FP
innova organizado pola
Consellería.
Os materiais elaborados
estarán accesibles á
comunidade educativa a
través das páxinas webs dos
centros.
A elaboración de materiais didácticos propostos non foi tan ambiciosa como estaba
prevista nun primeiro momento, debido a que o deseño e a construción da maqueta
foi optimizada para obter un mellor resultado, este feito consumiu máis tempo e
recursos.
De todos os xeitos a calidade dos materiais elaborados axustase ao obxectivos
propostos no proxecto. Estes materiais xa se incluíron na base de datos de Manuais
e Prácticas do Departamento de Química do IES A Sardiñeira para poder ser
empregados nos vindeiros cursos. E no futuro servirán de base para seguir
elaborando máis material didáctico para ser usado coa maqueta nas clases.
No IES Urbano Lugrís, as prácticas elaboradas e as que se vaian desenvolvendo no
futuro serán incorporadas nunha base de datos que manexa o profesorado que
imparte os módulos implicados.
Control de proceso nun tanque con regulación de presión, nivel e caudal
Página 19 de 27
1.5. CONCLUSIÓNS. VALORACIÓN GLOBAL DO PROXECTO E PREVISIÓNS DE
FUTURO
A participación neste proxecto foi moi satisfactoria en termos xerais, e aínda que supuxo un gran esforzo pola parte de tódolos implicados, os resultados foron moi satisfactorios.
A colaboración entre profesores e centros, a implicación dos alumnos e a cooperación coa empresa permitiu o intercambio de experiencias interesantes, aprender sobre as diferentes formas de traballar na aula en cada un dos centros, afianzar os vínculos coa empresa, e todo isto redundará en proxectos futuros.
A construción da maqueta para o control e a regulación de variables (presión, caudal e nivel) constituíu un desafío para o equipo docente participante que permitiu, entre outras cousas, traballar de xeito colaborativo, actualizar os coñecementos sobre a materia, adoitar iniciativas emprendedoras, etc.
O alumnado puido participar nas diferentes etapas do proxecto o cal lle permitiu mellorar as súas competencias curriculares, pero tamén as actitudinais ao ter que desenvolver un traballo en grupo e terse que coordinar con máis profesores e alumnos.
Dende o punto de vista das previsións de futuro, este proxecto queda aberto a posibles ampliacións, incluíndo a posibilidade de implicar outros módulos. Por unha banda podería introducirse unha nova variable no sistema como é o control da temperatura mediante a instalación dun sistema de quentamento da auga e de sondas termométricas ao longo do sistema.
Outra mellora da maqueta sería instalar una pantalla HMI en color e de maiores dimensións para facilitar a visualización.
As actividades experimentais e os materiais desenvolvidos durante o proxecto poderán ser consultados, mellorados e/ ou adaptados por profesores e alumnos dos seguintes cursos, de xeito que o proxecto perdure no tempo.
Control de proceso nun tanque con regulación de presión, nivel e caudal
Página 20 de 27
1.6. MEMORIA DE XUSTIFICACIÓN ECONÓMICA. GASTOS XERAIS DO
PROXECTO
Táboa 3 . Gastos do proxecto
DATA Nº FACTURA PROVEEDOR IMPORTE (€)
25/04/2016 O-2507 PROGASCA, S.L 388,43
26/04/2016 02/041607 ABN abastecimientos pipe 17,10
26/04/2016 02/041608 ABN abastecimientos pipe 3,03
26/04/2016 O-2515 PROGASCA, S.L 102,15
27/04/2016 02/041612 ABN abastecimientos pipe 38,44
27/04/2016 02/041613 ABN abastecimientos pipe 6,05
27/04/2016 O-2521 PROGASCA, S.L 17,42
27/04/2016 O-2526 PROGASCA, S.L 11,54
28/04/2016 123-017444/16 Santa María do Val S.C.G. 223,00
29/04/2016 O-2542 PROGASCA, S.L 6,73
30/04/2016 O-2549 PROGASCA, S.L 34,83
30/04/2016 15405 CETRONIC, S.L. 204,89
30/04/2016 2016/0014206 IKEA 260,46
03/05/2016 C1-1878 NUÑEZ CORUÑA, S.L. 138,81
04/05/2016 O-2827 PROGASCA, S.L 16,76
04/05/2016 C1-1903 NUÑEZ CORUÑA, S.L. 42,28
05/05/2016 O-2834 PROGASCA, S.L 127,65
05/05/2016 9/4.860 TORRES&SÁEZ 68,03
06/05/2016 F160000454 HERRAGAL 58,48
06/05/2016 02/041760 ABN abastecimientos pipe 18,84
06/05/2016 F16540701727 BRICOKING 41,30
06/05/2016 16/27898 Rayteyper S.L.U. 26,33
07/05/2016 86118 FeuVert 69,75
09/05/2016 2016/0015296 IKEA 252,97
10/05/2016 F160000905 FERRETERIA CANAIMA 35,43
11/05/2016 F160000461 HERRAGAL 185,31
13/05/2016 101_4160500719 KILOVATIOGALICIA 152,46
14/05/2016 O-3114 PROGASCA, S.L 173,11
17/05/2016 5296 COPLASTIC 180,79
18/05/2016 V 663 Pampin e hijos, s.a. 107,85
20/05/2016 00160A000247 IELEC INDUSTRIA 2297,86
20/05/2016 16/27989 Rayteyper S.L.U. 48,51
24/05/2016 02/041951 ABN abastecimientos pipe 15,65
31/05/2016 O-3482 PROGASCA, S.L 23,99
31/05/2016 101_4160501649 KILOVATIOGALICIA 77,61
01/06/2016 C1-2315 NUÑEZ CORUÑA, S.L. 96,52
10/06/2016 00160A000336 IELEC INDUSTRIA 2347,93
17/06/2016 O-3844 PROGASCA, S.L 2,58
23/06/2016 00160A000352 IELEC INDUSTRIA 566,33
TOTAL 8487,20
Control de proceso nun tanque con regulación de presión, nivel e caudal
Página 21 de 27
As compras de equipamento e material necesario para desenvolver este proxecto realizáronse conxuntamente polo profesorado dos dous centros e os gastos foron asumidos polo centro coordinador, o IES A Sardiñeira.
Os gastos derivados do proxecto, táboa 3, ascenderon a un total de 8.487,20 €. O importe do premio de innovación recibido foi de 8.385,25 €. A diferenza entre os gastos realizados e o premio ascende a 101,95€, cantidade que foi asumida polo centro coordinador, IES A Sardiñeira.
O centro coordinador non realizou ningunha transferencia ao centro IES Urbano Lugrís, porque todos os gastos se realizaron conxuntamente e foron asumidos ao longo do desenvolvemento do proxecto polo centro IES A Sardiñeira.
No Anexo II, nunha folla de cálculo detállase un apartado de conceptos de cada unha das facturas.
Control de proceso nun tanque con regulación de presión, nivel e caudal
Página 22 de 27
2. RESULTADOS E PRODUTOS DO PROXECTO
2.1. MAQUETA DIDÁCTICA
Na imaxe 16 amósase como resultado principal deste proxecto a maqueta didáctica para o control de proceso nun tanque con regulación de presión, nivel e caudal.
Imaxe 19.Maqueta didáctica para control de proceso nun tanque.
Este equipamento é de aplicación directa na aula para facer prácticas co alumnado en diferentes módulos formativos dos Ciclos Superiores de "Automatización e robótica industrial" e "Técnico superior en Química Industrial", das familias profesionais de Electricidade e electrónica e Química i familias de formación profesional química e electricidade e electrónica.
A maqueta foi deseñada e construída para poder ser desmontada e facilmente transportable dun centro ao outro como requiría a convocatoria.
2.2. MANUAL DE OPERACIÓN E MANTEMENTO
O manual de operación e mantemento da maqueta didáctica, como xa se comentou na Tarefa 6 desta memoria no apartado 1.3. Actividades Realizadas, incorpórase no Anexo I como documentación do proxecto.
2.3. GUIÓNS DE PRÁCTICAS
Elaboráronse guións de prácticas seguindo un formato estándar para os dous centros participantes, e recóllense no Anexo III desta memoria.
O IES A Sardiñeira incorporou estes guións na base de datos de Manuais e Prácticas no curso Moodle da aula virtual do centro, o IES Urbano Lugrís dispón dun enlace a esta páxina web.
Control de proceso nun tanque con regulación de presión, nivel e caudal
Página 23 de 27
2.4. VÍDEOS DIDÁCTICOS
Os vídeos elaborados durante todo o proceso de construción da maqueta incorpóranse nunha carpeta como anexos en formato electrónico, Anexo IV.
Nesta mesma carpeta tamén se incorporan vídeos didácticos de algunhas prácticas que se poden levar a cabo coa maqueta, recóllense nunha carpeta que leva por nome Vídeos didácticos dentro do anexo IV.
Estes vídeos formarán parte do material didáctico e complementario ao desenvolvemento das prácticas na aula.
2.5. PANEIS EXPLICATIVOS DA MAQUETA
Disponse no anexo V, en soporte informático, unha presentación con paneis explicativos das diferentes partes da maqueta e os seus compoñentes.
2.6. FOTOS DA EVOLUCIÓN DA CONSTRUCCIÓN DA MAQUETA
Todas as fotos que se foron sacando durante o transcurso de deseño e construción da maqueta incorpóranse como documentación electrónica no Anexo VI.
2.7. MANUAIS DOS EQUIPOS E INSTRUMENTOS QUE CONFORMAN A
MAQUETA
Todos os manuais ou información relevante dos instrumentos e equipos que conforman a maqueta recóllense no Anexo VII en soporte informático.
2.8. SITIOS WEB
Na páxina web do instituto IES A Sardiñeira, centro coordinador deste proxecto, pinchando na icona de Proxectos de Innovación, lévanos ao curso deste proxecto de innovación e alí pódese consultar toda a documentación deste proxecto.
https://www.edu.xunta.gal/centros/iessardineira/aulavirtual2/
Proxectos de Innovación
Control de proceso nun tanque con regulación de presión, nivel e caudal
Página 24 de 27
https://www.edu.xunta.gal/centros/iessardineira/aulavirtual2/course/index.php?categoryid=46
Control de proceso nun tanque con regulación de presión, nivel e caudal
Página 25 de 27
3. ANEXOS
ANEXO I:Manual de operación da maqueta.
ANEXO II: Folla de cálculo cos gastos do proxecto.
ANEXO III: Guións de prácticas.
ANEXO IV: Vídeos didácticos.
ANEXO V: Paneis explicativos da maqueta.
ANEXO VI: Fotos da evolución da construción da maqueta.
ANEXO VII: Manuais dos equipos e instrumentos que conforman a maqueta.