Copia De Letras Galegas 2008
-
Upload
xanelacachada -
Category
Documents
-
view
765 -
download
3
Transcript of Copia De Letras Galegas 2008
LETRAS GALEGAS 2008
XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ
TUI
Nace en Tui o 4 de febreiro de 1915.
É continuador dunha saga familiar de escritores en lingua galega, que comezara seu avó, Emilio Álvarez Giménez
INFANCIA A súa nenez transcorre entre
Tui, Pontevedra e Baión, no concello de Vilanova de Arousa, onde seus pais pasaban as vacacións.
“Torno a ti, meu Baión, terra louvada, terra do corazón, amante miña,
onde os meus pais me diron ista anguria de estar morrendo arreo pola terra”
PONTEVEDRA
Estuda o bacharelato e a carreira de Maxisterio en Pontevedra, onde vive co seu tío e padriño, Xerardo Álvarez Limeses, sogro do destacado dirixente do Partido Galeguista, Alexandre Bóveda.
GUERRA CIVIL
A Guerra Civil provoca unha desfeita familiar. Seu pai e o home da súa curmá Amalia (Alexendre Bóveda) son fusilados. Seu curmán Xerardo exiliase e el foi suspendido de emprego e soldo como mestre e desterrado á provincia de Zamora.
VIGO
En 1942 establécese en Vigo onde casa o 10 de decembro de 1946 con Mª Luísa Cáccamo Frieben
AMIGOS
En Vigo frecuenta tertulias onde se xunta con intelectuais e artistas: Celso Emilio Ferreiro, Francisco Fernández del Riego, Álvaro Cunqueiro, Luís Viñas Cortegoso, Fermín Bouza-Brey…
OBRA LITERARIA
Destacan os seus poemarios:
Poemas de ti e de min. Roseira do teu mencer. Canle segredo. Cancioneiro de Monfero.
INVESTIGACIÓN
LITERARIA
Nos estudos literarios centrou a súa atención en tres ámbitos:
A lírica medieval. Os séculos escuros. A literatura popular.
EDITOR
En 1950 fundou a Editorial Monterrey.
En 1967 inicia unha segunda xeira coa Editorial Castrelos, onde destacan as súas colección O Moucho e Pombal.
ARQUEÓLOGO
Como Comisario de Escavacións Arqueolóxicas de Vigo dirixe as prospeccións na Castro de Vigo en 1952 e logo intervén na localización e catalogación dun conxunto de estelas funerarias atopadas na cidade olívica.
CRONISTA OFICIAL DE VIGO
Cómpre salientar as abondosas obras dedicadas á historia da cidade de Vigo como Hechos y figuras de Vigo e La ciudad y los días
ACADÉMICO
En 1962 é elixido membro numerario da Real Academia Galega na que ingresará en 1964 cun discurso sobre Cantares e romances vellos prosificados
MORTE
Falece en Vigo o 2 de marzo de 1985 dun infarto de miocardio.
Arco da vellavaite de ahíque as nenas bonitasnon son para ti.
Fuxe chuvia, fuxe sol,fuxe roda de colorque a neniña quer brincarcoas areas do areal.
Vaite néboa, vaite vento,vaite cara de mal tempoque a neniña quer correrpolas areas do ler.
¡Ai, miña neniña, nena,non sei vai o arco da vella!