CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO GAIAbiblioteca.climantica.org/resources/1852/gaia.pdfCPI...

14
Nº0 Maio 2010 Nº 0 Maio 2010 Nº 1 abril-maio 2010 CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO GAIA Revista nº0 Abril-Maio 2010

Transcript of CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO GAIAbiblioteca.climantica.org/resources/1852/gaia.pdfCPI...

Page 1: CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO GAIAbiblioteca.climantica.org/resources/1852/gaia.pdfCPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO GAIA 4 Co verán chegan tamén os incendios

Nº0Maio 2010Nº 0

Maio 2010

Nº 1abril-maio 2010

CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO

GAIA

Revista nº0Abril-Maio 2010

Page 2: CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO GAIAbiblioteca.climantica.org/resources/1852/gaia.pdfCPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO GAIA 4 Co verán chegan tamén os incendios

CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO

GAIA 2

Sección Lume

Co verán chegan tamén os incendios Por Vanesa Couto e Hilaria Síndaco pax 4

Opinión pax 3

Sección Terra

Novas pax 6

Sección Auga

Crónica dunha morte anunciada Por: Ana Andrade, Bárbara García e Alba Souto pax 7 Novas pax 8

Sección Aire

Actúa para frear o cambio climático Por Alumnado de 4ºESO pax 9 Novas pax 11

Axenda pax 12

Pasatempos pax 13

“Unha sociedade defínese non só polo que crea senón tamén polo que decide non destruír”

Edwar Osborne Wilson Entomólogo e biólogo estadounidense que

popularizou o termo Biodiversidade

3

Edita: C.P.I. Alcalde Xosé Pichel San Roque-Traba 15147 Coristanco A Coruña tfno/fax: 981/733070 e-mail: [email protected] http://centros.edu.xunta.es/cpialcaldexosepichel Director: Raquel Iglesias Estepa Colaboradores: Alumnado de 4º da ESO Fotografías: geoplanet.com, adega.info,publico.es, paperblog.com, equipofotográfico do propio centro Deseño e maquetación: Raquel Iglesias

sumario

A aula da natureza Por Raquel Iglesias pax 5

Comezamos con este número a andaina dunproxecto que consideramos necesario nestes temposde quentamento global e cambio climático. Cómpreser conscientes do dano cada vez maior que aHumanidade está a inflinxir á Terra, mais tamén deque só un cambio na nosa actitude pode solucionareste grave problema. Ese é o espírito de Gaia, arevista que agora estás a ler. Os seus tres obxectivosfundamentais son evidenciar a degradación que oser humano está a producir no planeta, comprenderas súas múltiples consecuencias e, por último,propor solucións. E todo isto a través de traballos dediversa natureza realizados polo alumnado e oprofesorado do centro. E por que o nome de Gaia? Na mitoloxía grega, Gaia era a deusa da Terra. Hoxeen día, Gaia é unha metáfora da Terra viva segundodefende a teoría ideada polo químico JamesLovelock e publicada en 1979. Este planeta quehabitamos funciona como un sistema único eautorregulado, formado por compoñentes físicos,químicos, biolóxicos e humanos. Vida e planeta nonevolucionan por separado senón que a Terra é unhaentidade dinámica única na que as partes vivas e asinertes están en estreita relación. Durante miles deanos a Humanidade explotou a Terra sen ter enconta as consecuencias, pero agora os efectosnegativos das nosas accións son innegables. Nesta revista imos dalos a coñecer e, o que é máisimportante, procuraremos dar solucións realistaspara tratar de resolvelos.

O volcán islandés Eyjafjallajökullfoi protagonista durante os mesesde abril e maio. A súa erupción,ademais de deixarnos imaxesespectaculares como a da portada,evidencia a insignificancia do serhumano fronte a forza da natureza.

Por que Gaia?

Raquel Iglesias Directora da revista

Page 3: CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO GAIAbiblioteca.climantica.org/resources/1852/gaia.pdfCPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO GAIA 4 Co verán chegan tamén os incendios

3 GAIA 3

CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO

OPINIÓN

Cando chegue o día no que non poidas respirarno medioambiente acordaraste desta profecía Cando chegue o día no que non poidas comercomida de verdade acordaraste desta profecía Cando chegue o día no que non poidas beberauga potable acordaraste desta profecía Cando chegue o día no que te des conta serátarde Cando chegue o día só a ver a fin será tarde. Demasiado tarde meu irmán, os cartoscoméronse o mundo, ñam ñam !!! Bosques talados, xunglas arrasadas, ríoscontaminados, animais extinguidos, sereshumanos encauzados nunha vida programada,sociedades escravizadas nunha engranaxesuicida. (...) As nubes vislumbran malas noticias, comeza odía no que choverán cinzas. Cinzas de todoaquelo que queimaches, remataches con todo enin sequera choraches (...) Descubriches que ti mesmo eres un virus, nonacabará contigo ningún bicho, pero si o teuombligo. Edificios altos, coches, semáforos, todo falso....as venas da Terra de asfalto son. E agora disque nos cae ácido do ceo, que oozono é un colador, que xa non queda nin unha

Rebentaremos o planeta... Dios k te crew A ritmo de hip-hop, o grupo de Ordes Dios k te

crew denuncia a soberbia humana e o seucamiño suicida cara á autodestrución. O futuro pinta mal: a acción do home sobre omedio é coma un virus. Arrasa con todo ecando se queira dar conta do que fixo nonhaberá volta atrás. Esta é a mensaxe da letra dacanción Profecía, parte da cal extractamos aquía modo de denuncia.

pizca de xeo nos polos. Plantas, mares e “animales” tolos gracias aos humanos que pensamos que somos os donos de todo. Rebentaremos o planeta coma un globo!. Mundo industrializado... pagha a pena?Pregúntate. Consecuencias irreversibles, nonfeliz! (...) Capitalismo en acción! Máis produción! Sexacomo sexa. Máis produción! Destrución! Pouco respecto pola Natura.Rompeuse a biodiversidade Os nosos ancestros preocupáronse de quehobera carballos, castiñeiras e demais pra que odesfrutaran fillos e netos... Agora dá igual! Iso non é rentable. Trae especiesforáneas, planta eucalipto, beneficio rápido, e asconsecuencias: nin herba sairá nesa terra,deserto che dará a túa avaricia SOS GALIZA. Se acaba e os nosos fillos nonverán nada !

Lixo flotante.Fonte:http://geoplanet.wordpress.com

Page 4: CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO GAIAbiblioteca.climantica.org/resources/1852/gaia.pdfCPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO GAIA 4 Co verán chegan tamén os incendios

CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO

GAIA 4

Co verán chegan tamén os incendios

Vanesa Couto e Hilaria Síndaco (4ºB)

Cada verán o lumearrasa de xeitodescontrolado ariqueza forestal deGalicia. Nun 95% dasocasións, detrás delesatopamos a man depersoas . Galicia sofre cada anocentos de incendiosforestais cuxas causasnon sempre están tanclaras coma as súasconsecuencias: destrución dos nosossoutos e fragas,empobrecemento dosxa de por si feblesecosistemas, perda dabiodiversidade, degradación natural,extinción de razaslocais e especiesvexetais... Só o 2% dos incendiosforestais galegos sondebidos a causasnaturais: treboadas oualustros que porsorpresa e sen controlqueiman abondosavexetación. Enconsecuencia, detrásda maioría dos lumes

Un home mira cara ás lapas dun incendio na súa parroquia. Fonte: Internet

atopamos a man do home. Adoitan ser consecuencia de accións involuntarias e neglixentes derivadas da queima imprudente de ramalladas, das faíscas desprendidas pola maquinaria agrícola, da queima incontrolada de lixo, das cabichas incandescentes guindadas pola xanela do coche na excursión do domingo, da despreocupación por asegurarse de que o lume da grella campestre quedou totalmente apagado... Noutros casos, os seres humanos plantan lume a mantenta con fins políticos e económicos ou simplemente como vinganza. A impunidade é case total xa que de media só se condean entre 15 e 20 casos ao ano. A solución pasa a curto prazo por multiplicar o número de efectivos das brigadas contra incendios e fortalecer a persecución e castigo dos seus autores. Porén, tamén cómpre diminuír o alto grao de combustibilidade do monte galego por mor da escasa ordenación do seu territorio e do alto grago de desleixo.

Para conseguilo, naszonas de alto risco enprimeiro lugar, e logono conxunto daGalicia rural, haberíaque fomentar unconxunto de medidasde moi variadanatureza. Sirvan amodo de exemplo asseguintes: o uso dabiomasa forestal comomateria prima para aelaboración decompost e mais aprodución de enerxía,a potenciación dopastoreo ordenado domonte, a promocióndo seuaproveitamento múltiple (madeira,froita, cogomelos,leña, apicultura...), etc.. Claro está que todasestas medidas debendesenvolverse nolongo prazo e, paraque os seus resultadossexan positivos,deberían acompañarseda posta en marchadun ambiciosoprograma deeducación ambientalno que se implique atodos os sectores dasociedade galega.

Page 5: CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO GAIAbiblioteca.climantica.org/resources/1852/gaia.pdfCPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO GAIA 4 Co verán chegan tamén os incendios

5 GAIA 5

CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO

Carlos Fernández Responsable da Aula da

Natureza no CPI Alcalde Xosé Pichel no curso 2009/10

coñecer o noso entornoproporcionando materiais einstrumentos adecuados quefaciliten e motiven a aprendizaxe. -Ofrecer unha experiencia lúdicano coidado do medio. -Aproveitar os recursos naturais do centro para fomentar ocoidado dos animais e as plantas.Que actividades desenvolveronao longo deste curso? Algunhas das actividades que sefixeron foron: -Obradoiros de reciclaxe de papel.

Cales foron os principias atrancos? A verdade é que todo o equipo de dinamización da natureza se implicou moito no proxecto pero quizais se necesitaría máis tempo para organizar e desenvolver as actividades. Tamén considero que debería haber unha colaboración por parte do concello, sobre todo no que se refire ao coidado e mantemento dos espazos verdes. Como valora persoalmente este proxecto?

Que é a aula da natureza? É un espazo dende o calpretendemos implicar ecomprometer a comunidadeescolar na construción dunmodelo social que respecte osprincipios fundamentais dodesenvolvemento sostible. Cales son os obxectivosfundamentais? Pois os obxectivos sonfundamentalmente estes: -Contribuír aodesenvolvemento decondutas e actitudes positivasorientadas á conservación domedio natural. -Desenvolver a sensibilidade ea capacidade para valorar omedio que nos rodea. Fomentar o interese e acuriosidade por descubrir e

“A creación deecopatrullas é un dosretos para o vindeirocurso escolar”

-Coidado e recollida de kiwis e figos procedentes das árbores plantadas no no colexio para a súa degustaciónno comedor escolar, destacandoasí a importancia dos produtosecolóxicos. -Plantación de árbores e plantas. -Coidado e mantemento dosxardíns e espazos verdes docolexio, participando na poda,regado,etc. -Mantemento do acuario situadona entrada do edificio deprimaria. -Participación do alumnado endous obradoiros do proxectoClimántica que veu dar Sabela...

Eu fago unhavaloración positivaxa que penso quedalgunha maneira

contribúe a que o alumnado etamén os adultos nosconciencemos e valoremos o nosocontorno natural, así como asposibilidades de acción e coidadodo mesmo. Que retos ten de cara ao próximocurso? A participación no proxecto “VozNatura” e a creación dasecopatrullas son dous dos retosnos que estamos pensando decara ao vindeiro curso.

A aula da naturezaRaquel Iglesias

Page 6: CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO GAIAbiblioteca.climantica.org/resources/1852/gaia.pdfCPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO GAIA 4 Co verán chegan tamén os incendios

CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO

GAIA 6

Uns cativos moi ecoloxistas Dende o pasado mes de marzo, todas asaulas de educación infantil e primaria donoso centro contan con contedores dereciclaxe de papel construídos polo propioalumnado. Un dos obxectivos da aula da natureza paraeste curso escolar foi dotar a todas as clasesde infantil e primaria de contedores para areciclaxe de papel. O reto foi asumido polas diferentes titorías,as cales dedicaron varias sesións a construírco alumnado contedores de reciclaxe a partirde enormes caixas de cartón. Os rapaces erapazas dos distintos grupos encargáronsede forralas con papel de cor azul así como dedeseñar, pintar e recurtar as letras que logopegaron nos contedores.

Alumnas e alumnos de primaria posan orgullosos co contedor de reciclaxe de papel que eles mesmos elaboraron.

Os contedores quedaron ben xeitosos e xa están aser empregados con grande éxito tanto por parte doprofesorado como do alumnado do centro. Noraboa por esta sinxela mais necesaria iniciativa!

Campañas de reciclaxe Por primeira vez, este curso escolar desenvolvéronse nonoso centro diversas campañas de reciclaxe nas que setratou de implicar a toda a comunidade educativa. Durante o primeiro trimestre colaborouse coa campaña dereciclaxe de móbiles desenvolvida polo Instituto JaneGoodall e o Centro de Extensión Universitaria eDivulgación Ambiental de Galicia (CEIDA). Dende o segundo trimestre, dado que o concello deCoristanco non ofrece o servizo de reciclaxe de pilas, ocentro decidiu levar a cabo unha campaña de recollida depilas usadas nuns minicontedores que logo o profesoradodo centro deposita nos puntos limpos das súas cidades deorixe (Santiago de Compostela e A Coruña). Por último, tamén se puxo en marcha unha campaña derecollida de cartuchos de tinta e tóner de impresora quetrimestralmente son enviados á empresa Recoatlántico enMoaña.

Page 7: CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO GAIAbiblioteca.climantica.org/resources/1852/gaia.pdfCPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO GAIA 4 Co verán chegan tamén os incendios

7 GAIA 7

CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO

A enorme presión que o ser humano exercesobre o medio natural provoca unha gravedeterioración e o empobrecemento dosrecursos naturais. A auga é un dos recursosnaturais que sofre maiores impactosambientais a pesar de ser esencial para a nosasupervivencia.

Os impactos ambientais máis graves que sofre a auga son

consecuencia da súa sobreexplotación e

contaminación A sobreexplotación dos recursos hídricos Consiste no aproveitamento masivo da auga atao punto de poñela en perigo de se esgotar. Assúas causas son moi variadas e as súasconsecuencias poden chegar a ser nefastas.Cómpre salientar tres delas:1.-O desvío do cursonatural dun río mediante a construción decanles ou embalses -para abastecer lugares ondea auga é insuficiente- ou mediante a construciónde minicentrais. Estas construcións, no caso deríos de escaso caudal, prexudican gravementenon só a área próxima ao río, senón tamén afauna e a flora da súa desembocadura ao nonchegarlle os materiais e nutrientes necesariospara abastecela de alimento. Decote, as canles,presas e minicentrais implican a morte do río. 2.-O uso indiscriminado de regadío en hortas eplantacións, mais tamén en campos de golf exardíns. 3.-A extracción de maior número de litros daque os acuíferos poden renovar. Daquela, a auga

Regato contaminado en Monforte de Lemos. Fonte: adega info

do mar penetra no subsolo e os pozossalinízanse. A consecuencia é a morte denumerosas plantas. A contaminación da auga A auga contamínase cando se incorporan a elasubstancias nocivas ou residuos tóxicos quepoñen en perigo a vida dos diversos organismosacuáticos que a habitan e mesmo a do propio serhumano. As causas da contaminación da auga poden tertres orixes diferentes: 1.-Humana: procedente das actividades cotiásdos seres humanos (aseo persoal, limpeza dofogar...), mais tamén do vertido incontrolado deresiduos sólidos nos ríos, lagos, acuíferos emares (plásticos, pilas...). 2.-Agraria: procedente dos residuos e vertidosxerados nas granxas (fertilizantes, zurros,abonos...). 3.-Industrial: provén das fábricas (con frecuenciaresiduos metálicos pesados moi contaminantes ede dificil eliminación: mercurio, cianuro, etc.)

Crónica dunha morte anunciada

Ana Andrade, Bárbara García e Alba Souto (4ºA)

Page 8: CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO GAIAbiblioteca.climantica.org/resources/1852/gaia.pdfCPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO GAIA 4 Co verán chegan tamén os incendios

CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO

GAIA 8

4ºC visita a exposición Máis que auga A exposición Mais que auga, organizada pola ObraSocial Caixa Galicia, está a percorrer a xeografía galega. Con ocasión da súa parada no noso concello, osalumnos de 4º de diversificación asistiron a unha visitadidáctica na que un guía lles mostrou e explicou ocontido de numerosas fotos que teñen a auga como fíocondutor. A través de 42 fotografías orixinais a cor, a mostra ponde relevo, de xeito didáctico, a importancia da augapara a vida de animais, plantas e seres humanos. O autor, o fotógrafo madrileño Ezequiel Martínez, tratade chamar a nosa atención sobre o papel fundamentaldos cidadáns de todas as idades no seu consumoresponsable e a súa conservación. Acompaña a cadainstantánea unha breve reflexión arredor daimportancia, ás veces esquecida, do "líquido elemento".

Cando se cumpren oito anos da catástrofe do Prestige, o mar évítima dunha nova catástrofe ecolóxica. Esta vez nas costasestadounidenses. Unha mancha de cor alaranxada e arredor de 6.000 km2 detamaño ameaza as costas de Louisiana. Procede dunhaplataforma petrolífera da empresa British Petroleum ubicadano golfo de México que sufriu un aparatoso accidente a finaisdo mes de abril. Dende entón, toneladas de cru son vestidasdiariamente ao mar. Non se coñece con exactitude a cifra, maisas últimas estimacións indican que esta non sería inferior aos800.000 litros diarios. Os dispersantes esparcidos nun primeiro momento paradisolver o cru xa son de por si altamente tóxicos e provocanque o petróleo se afunda e instale no leito mariño, facendo máisdifícil a súa limpeza. En calquera caso, tanto o medio natural como a economia dazona están en serio perigo Os danos aínda son incalculables xaque os efectos deste desastre deixaranse sentir a medio e longoprazo.

Nova catástrofe ecolóxica no mar

Imaxe do vertido de cru no golfo deMéxico. Foto: www.publico.es

O alumnado escoitou atentamente as explicacións do guía da exposición. Foto propia

A plataforma ardeu 36 horas antes de afundirse. Foto: paperblog.com

Page 9: CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO GAIAbiblioteca.climantica.org/resources/1852/gaia.pdfCPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO GAIA 4 Co verán chegan tamén os incendios

9 GAIA 9

CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO

Actúa para frear o cambio climático

O aire resúltanos indispensableporque necesitamos o seuosíxeno para vivir. Diariamenterespiramos uns 15 kg de aire.Porén, o modelo económico eenerxético actual, baseado nunelevado consumo decombustibles fósiles e nunhaprodución masiva de produtos,implica a acumulación de certoscontaminantes na atmosfera, oque está a producir un cambioclimático global que afecta atodo o planeta.

impacto negativo. O máis evidente é adesconxelación dos glaciares e odesxeo dos polos, queconsecuentemente implicará oaumento do nivel do mar e ainundación das zonas de costados diferentes continentes, coaconseguinte desaparición decidades e pobos. Outras son adiminución sistemática da chuviasuave e o aumento da de tipotorrencial, incremento do númerode ciclóns e furacáns así comodos incendios forestais, aumentoda seca, extinción de numerosasespecies animais e vexetais,expansión da área deenfermidades infecciosastropicais, etc. E a solución? Obviamente, a solución pasa porreducir as nosas emisións áatmosfera de gases causantes doefecto invernadoiro, mais taménde limitar a deforestación. Paraconseguilo cómpre mudar aforma de producir e usar aenerxía, que é a maior fonte deCO2. Xa que logo, é precisosubstituír as enerxías sucias(fósiles e non renovables ) poroutras limpas (sostibles erenovables) e non porlle barreiras

A idea de cambio climático nonsempre se manexa co suficienterigor, de aí que decote seconfunda con cambios bruscos noestado do tempo atmosférico.Cando falamos de cambioclimático estamos a referirnos ávariación global do clima daTerra, a cal afecta a todos os seusparámetros: a temperatura, ahumidade, as precipitacións, etc. Malia que estes cambios existironsempre debidos a causas naturais(modificacións na emisión solar,na disposición dos continentes,nas correntes oceánicas, na órbitaterrestre...), nos últimos séculos, aacción do home sobre o medionatural está a influír moinegativamente, sendo o principal

Alumnado de 4º ESO

responsable do quentamentoglobal: un incrementosignificativo da temperaturamedia da atmosfera terrestre edos océanos. A razón explicativa é aabundante emisión á atmosferade gases causantes do efectoinvernadoiro: CO2 en fábricas emedios de transporte e metano engranxas de gandería intensiva. Considerables efectos negativos Os científicos sinalan múltiples emoi variados efectos prexudiciaisdo quentamento global do aire daatmosfera, mais non se poñen deacordo á hora de avaliar o seu

Central térmica de Meirama. Fonte: galizacig.com

Page 10: CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO GAIAbiblioteca.climantica.org/resources/1852/gaia.pdfCPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO GAIA 4 Co verán chegan tamén os incendios

CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO

GAIA 10

para o seu crecemento a gran escala. Porén, na actualidade parece difícil que asemisións de CO2 se reduzan a curto e medioprazo, polas implicancións técnicas e económicasdas actividades involucradas. Por outra banda, a actitude xeralemente pasivadas grandes empresas e dos gobernos verbo doproblema do cambio climático non debedesanimarnos nin facernos desistir de presionalospara que muden o seu comportamento e cumprancos compromisos asinados no célebre, maisescasamente efectivo, protocolo de Kioto, eaposten pola investigación e o emprego deenerxías alternativas respectuosas co medionatural. Mentres agardamos, nós mesmo, a nivel persoal,podemos comezar a frear o quentamento globalcon pequenos e sinxelos xestos cotiáns. Algúns exemplos E se para irmos ao colexio ou saírmos cos nososamigos empregamos o transporte público en vezda nosa motocicleta ou de dicirlle aos nosos paisque nos leven e nos veñan recoller? De seguro quegozamos máis da experiencia e nos sentimos máisindependentes. Tamén podemos ir á pé, usar abicicleta ou mesmo os patíns, mais sempre conxeitiño! Ademais de non contaminar, faremosexercicio. Xuntemos ao consello anterior un maior controldo noso consumo de enerxía. Acostumémonos aapagar as luces cando non estamos no cuarto,desconectar completamente a televisión, o dvd e avideoconsola cando non a utilicemos, substituír aslámpadas fundidas por outras de baixo consumo,etc. Fagamos tamén un uso máis eficiente da auga:pechemos a billa do lavabo mentres lavamos osdentes, duchémonos en cinco minutos en vez deencher a bañeira e tomar un baño de media hora,

metamos na cisterna unha botella chega de augaou area para diminuír a súa capacidade de carga easí aforrarmos auga cando tiremos dela... Convenzamos os nosos pais, se teñen que cambiarde coche, de que prioricen á hora de escollelo otipo combustible que utiliza, o seu consumo e onivel de emisións de CO2 fronte ao seu deseño epotencia. Fagamos o mesmo nós o día de mañácando teñamos que mercar un automobil. Reciclemos e reutilicemos cartón e papel: pidamosá dirección dos nosos colexios e institutos queempreguen folios reciclados para adocumentación e os exames, merquemos cadernosreciclados para as aulas, utilicemos o reverso dosfolios para facer as contas da clase dematemáticas, as fórmulas de física e química ouapuntar as ideas principais dos comentarios detexto... De seguro que a suma destas actuaciónsindividuais contribúen a frear o cambio climático!•Rematar coa deforestación e poñer en marcha políticas de

Trasladarse en bici ademais de divertido é moi saudable.Foto: Internet

Page 11: CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO GAIAbiblioteca.climantica.org/resources/1852/gaia.pdfCPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO GAIA 4 Co verán chegan tamén os incendios

11 GAIA 11

CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO

Demostracións científicas na Semana Cultural O noso centro celebrou este ano por primeira vez unhasemana cultural co gallo das Letras Galegas. Tivo lugarentre o 10 e o 14 de maio, e nela desenvolvéronsemúltiples actividades de carácter moi diverso propostaspolos diferentes departamentos e equipos dedinamización. Sen lugar a dúbidas, unha das iniciativas máis interesanteforon as demostracións científicas realizadas poloalumnado de 2ºB ao resto de compañeiros da ESO. A través de sinxelos experimentos, equipos de rapazas erapaces mostraron o cambio climático coa práctica, ante aatenta mirada de alumnado e profesorado.

Imaxe da simulación do desxeo que sofren os Polos

Alumnas de 2ºB explican o proceso de formación dun ciclón

O equipo 4 comenta os efectos da chuvia ácida sobre as plantas

Intres de espera na simulación do efecto invernadoiro

Page 12: CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO GAIAbiblioteca.climantica.org/resources/1852/gaia.pdfCPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO GAIA 4 Co verán chegan tamén os incendios

CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO

GAIA 12

AXENDA

Que ver

Tras catro anos e cun orzamento de 50 millóns de euros, JacquesPerrin e Jacques Cluzaud mergúllanse nos océanos de todo oplaneta non coa intención de facer un documental, senóntentando achegar unha visión persoal deste mundo insólito paraa maioría dos humanos. Para chegar ao asombroso resultadofinal, exploraron o medio mariño durante oito anos e requerironda colaboración e consello de importantes entidades científicas.No filme hai moi poucos efectos especiais e ningunha trucaxe. Océanos é ante todo unha homenaxe á riqueza, á beleza e áfraxilidade dos mares. É unha aposta por entreter e á vezsensibilizar. É un espectáculo digno de ver tanto para os amantesda natureza como para os amantes do cinema e da fotografía. Páxina oficial con material didáctico para educadores deprimaria e secundaria: http://www.oceanoslapelicula.com/

O clima do noso planeta permite a milleiros de seres,incluídos os homes, vivir na súa superficie. Pero o seuequilibrio está ameazado. A través de tres fermosas historias, os nenos a partir de 5ou 6 anos aprenderán a respectar o noso planeta e a ter enconta as súas fraxilidades. Este álbum evoca aresponsabilidade do home na degradación dosecosistemas e as repercusións da súa neglixencia, quecausa danos ao conxunto dos seres vivos. Entre conto econto, dúas páxinas documentais achegan informaciónadicional para profundar os seus coñecementos e algúnsconsellos da Fundación Nicolas Hulot para realizar nacasa uns “ecoxestos”.

Que ler

Page 13: CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO GAIAbiblioteca.climantica.org/resources/1852/gaia.pdfCPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO GAIA 4 Co verán chegan tamén os incendios

13 GAIA 13

CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO

PASATEMPOSEcoHumor

P W N V S R B V V H T I W Q C

S R K F A E W E N T B B A Y A

M O Z Y G R Q M Ñ N S H U O R

S I Q D U C I K H U E I V E B

Y P V X I B U F O R E A L M A

K F H A A U D Q E L L I S H L

A F C W R Q B S V S V Ñ D G L

C P G K E O E T F I E P Q X O

D Y C F A F V W X Q P T F S A

F V P L L H Z K A E S F U J N

R M C T Q W Z M T W D J P I A

M E X I L L O N D E R I O Y N

X P B Z J S C H A R N E C O O

C M E B S E F G C S T G Z Ñ E

O L N U M O C O H C N O C O P

Se observas con atención estasopa de letras, poderás atoparnela seis especies animais evexetais que actualmente estánen perigo de extinción enGaliza: Bufo real Águia real Mexillón de río Charneco Sapoconcho común Carballo anano

Page 14: CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO GAIAbiblioteca.climantica.org/resources/1852/gaia.pdfCPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO GAIA 4 Co verán chegan tamén os incendios

CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL TRABA-CORISTANCO

GAIA 14