Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX

7
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX. A fin do imperio colonial español. As desamortizacións e a súa importancia en Galicia. No século XIX produciranse en España os mesmos cambios que no resto de Europa e Norte de América aínda que con algunha pequena diferenza: -Economía 1 : revolución industrial e dos transportes. -Política 2 : entrada do liberalismo para substituír ao absolutismo. - Sociedade 3 : paso da sociedade estamental á sociedade de clases. ECONOMÍA: Neste último apartado, o da economía, España non sufriu os mesmos cambios que outros países europeos. A industrialización foi moi escasa, e só se desenvolveu nalgunhas rexións e de maneira máis feble que noutros países. E aínda que se introduciron novos medios de transporte como o ferrocarril, o país continuou mal comunicado. España deixará de ser unha das nacións máis importantes do mundo, como fora no pasado e pasará a ser unha nación de segunda orde no concerto internacional. A debilidade do crecemento económico converteu á poboación española nunha das máis pobres de Europa. E porque a revolución industrial foi tan feble en España?. Poden ser moitas as causas. Hai moitos estudios de historia que intentan explicalo. Resumindo algunhas das posibles: - O accidentado relevo español que dificulta enormemente as comunicacións. España ten unha elevada altitude media comparada coa meirande parte dos países europeos. Construír vías de ferrocarril en terreo montañoso é moito máis caro que en terreo chan, e ademais algunhas das nosas montañas son tan elevadas que tiveron que poñer locomotoras máis potentes que necesitaban un ancho de vía maior que o do resto de Europa, o que dificultaba as comunicacións. - Por outra parte a nosa situación periférica con respecto ao resto de Europa tampouco favorecía o comercio. - A disposición radial das vías (tanto as do tren como as estradas) dende Madrid (ao ser esta a capital) tampouco favorecía as comunicacións nin os transportes. - Escaseza de materias primas necesarias para as novas industrias ou ben a explotación por parte de compañías estranxeiras. 1 Economía: sistema de produción, distribución, comercio e consumo de bens e servizos dunha sociedade ou país. 2 Política: actividade dos que gobernan ou das que gobernan ou aspiran a gobernar os asuntos que afectan á sociedade ou a un país. 3 Sociedade: sistema organizado de relaciones que se establecen entre o conxunto de persoas que viven nunha determinada cultura, espazo xeográfico ou momento histórico.

Transcript of Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX

Page 1: Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX

Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX. A fin do imperio colonial español. As desamortizacións e a súa importancia en Galicia.

No século XIX produciranse en España os mesmos cambios que no resto de Europa e Norte de América aínda que con algunha pequena diferenza:

- Economía1: revolución industrial e dos transportes. - Política2: entrada do liberalismo para substituír ao absolutismo.- Sociedade3: paso da sociedade estamental á sociedade de clases.

ECONOMÍA:

Neste último apartado, o da economía, España non sufriu os mesmos cambios que outros países europeos . A industrialización foi moi escasa, e só se desenvolveu nalgunhas rexións e de maneira máis feble que noutros países. E aínda que se introduciron novos medios de transporte como o ferrocarril, o país continuou mal comunicado.

España deixará de ser unha das nacións máis importantes do mundo, como fora no pasado e pasará a ser unha nación de segunda orde no concerto internacional. A debilidade do crecemento económico converteu á poboación española nunha das máis pobres de Europa.

E porque a revolución industrial foi tan feble en España?. Poden ser moitas as causas. Hai moitos estudios de historia que intentan explicalo. Resumindo algunhas das posibles:

- O accidentado relevo español que dificulta enormemente as comunicacións. España ten unha elevada altitude media comparada coa meirande parte dos países europeos. Construír vías de ferrocarril en terreo montañoso é moito máis caro que en terreo chan, e ademais algunhas das nosas montañas son tan elevadas que tiveron que poñer locomotoras máis potentes que necesitaban un ancho de vía maior que o do resto de Europa, o que dificultaba as comunicacións.

- Por outra parte a nosa situación periférica con respecto ao resto de Europa tampouco favorecía o comercio.- A disposición radial das vías (tanto as do tren como as estradas) dende Madrid (ao ser esta a capital)

tampouco favorecía as comunicacións nin os transportes.- Escaseza de materias primas necesarias para as novas industrias ou ben a explotación por parte de

compañías estranxeiras.- Perda das colonias nas que conseguir esas materias primas. No primeiro cuarto do século XIX as colonias

sudamericanas foron independizándose.- Escaseza de fontes de enerxía axeitadas. O carbón español é máis difícil de extraer e é menos calórico que

outros. - Mentalidade rendista das persoas posuidoras do capital. En España mantívose vivo o espírito da aristocracia

do Antigo Réxime; a nova burguesía imitaba as formas de vida dos antigos privilexiados. Cando mercaban terras liberadas polas desamortizacións, moitas veces só o facían polo prestixio social e non para investir nelas con mentalidade capitalista.

Todo isto determinou que a revolución industrial española se centrara fundamentalmente nalgúns puntos costeiros como Cataluña ou o País Vasco e en Madrid, por ser a capital.

A agricultura continuou sendo o sector económico principal, no que traballaba o 70% da poboación activa. A principal transformación que se produciu na agricultura foi a liberalización das terras. Desde o Antigo Réxime parte

1 Economía: sistema de produción, distribución, comercio e consumo de bens e servizos dunha sociedade ou país. 2 Política: actividade dos que gobernan ou das que gobernan ou aspiran a gobernar os asuntos que afectan á sociedade ou a un país. 3 Sociedade: sistema organizado de relaciones que se establecen entre o conxunto de persoas que viven nunha determinada cultura, espazo xeográfico ou momento histórico.

Page 2: Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX

das terras estaban vinculadas á aristocracia, á Igrexa ou aos concellos e non se podían vender nin ceder. A liberalización das terras foi unha iniciativa dos liberais e fíxose de dous xeitos:

- Abolíronse os morgados. Agora os nobres podían dividir as súas terras e vendelas.- Desamortizáronse as chamadas “mans mortas”, é dicir as terras que non podían cambiar de mans (non

podían mercarse, venderse nin cederse) porque estaban vinculadas á igrexa ou aos concellos. O Estado incautábase delas e vendíallas a particulares. A desamortización máis coñecida é a desamortización de Mendizábal en 1836 pola que o Estado vendeu as terras da Igrexa.

E para que se facía isto de desamortizar? Facíase por dous motivos principais: o primeiro, o máis evidente, para gañar cartos (o Estado) e pagar as débedas e os gastos das guerras; o segundo, menos visible, para gañar partidarios para a causa liberal. Os compradores das terras desamortizadas eran partidarios de que seguiran os liberais no poder, xa que eran os liberais os que desamortizaban. Se volvía o absolutismo, quizás devolverían as terras á igrexa e aos concellos.

En Galicia a desamortización tivo unhas características especiais, porque aquí existía unha institución que viña da Idade Media: o foro. A terra era traballada por campesiños e campesiñas que tiñan o dereito de traballalas por varias xeracións ou a perpetuidade, e que pagaban unhas rendas a un fidalgo ou á igrexa. Coa desamortización o único que se conseguiu foi que esas rendas cambiasen de mans. O interesante houbera sido que as terras as compraran os propios campesiños e campesiñas que as traballaban, como se fixo noutros países europeos e logo investisen para modernizar os cultivos. En España daban moi pouco prazo para facelo e incluso ás veces unha mesma renda era pagada por diferentes campesiños polo que estes tíñanse que poñer dacordo para redimir a renda, o que complicaba o proceso.

POLÍTICA

Como chegou o liberalismo á absolutista España?

Nun primeiro momento o rei absoluto español, Carlos IV, declaroulle a guerra á Francia para evitar que se expandiran as ideas revolucionarias. Pero España foi derrotada e Carlos IV tivo que firmar un tratado no que se aliaba con Francia. As tropas de Napoleón Bonaparte entraron en España como aliadas pero se comportaban como invasoras. A situación creou un gran malestar na poboación, malestar que intentou aproveitar o fillo do rei, Fernando, o futuro Fernando VII para intentar que o seu pai lle cedese a coroa. Napoleón Bonaparte aproveitou as rivalidades entre pai e fillo para obrigalos a abdicar no seu irmán Xosé Bonaparte, que se converteu en rei de España. Pero a poboación sublevouse en Madrid o 2 de maio de 1808 comezando a Guerra da Independencia.

A guerra contra Francia foi ao mesmo tempo unha guerra civil4, xa que algúns españois estaban a favor dos franceses (os afrancesados).

Nesa situación de guerra, no territorio español que non recoñecía a Xosé Bonaparte como rei, formáronse “xuntas” para organizar a loita e gobernar. En plena guerra convocaron unhas Cortes en Cádiz, pois esta era a única cidade importante que non conquistaran os franceses. A maioría dos deputados eran liberais e fixeron a Constitución de 1812, a primeira constitución da historia española. Nos seus artigos reflectía os principios do liberalismo político: soberanía nacional, división de poderes, declaración de dereitos... Era unha constitución tan avanzada que incluso recoñecía o sufraxio universal masculino (en lugar do censatario). A Constitución foi aprobada o 19 de marzo, dia de San Xosé, polo que se coñece como a Pepa.

Ademais as cortes aprobaron moitas reformas que poñían fin ao Antigo Réxime: eliminación dos señoríos, abolición da Inquisición, prohibición dos gremios, igualdade de todos os españois ante a lei...

4 Guerra civil: guerra entre dous ou mais bandos dunha mesma nación.

Page 3: Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX

Pero cando volveu Fernando VII derrogou todo o que fixeran as cortes e restaurou o absolutismo en 1814 . Así que Fernando VII mantivo a soberanía e concentrou os poderes ata 1840, con excepción de tres anos, entre 1820 e 1823, durante o chamado Trienio Liberal. Foron tres anos de liberalismo impostos pola forza cun pronunciamento.

Por aqueles anos estaba en vigor unha Lei Sálica, que prohibía que reinara unha muller. Pero Fernando VII non tivera fillos varóns, así que esperábase que reinara seu irmán Carlos. Fernando VII promulgou unha norma, a Pragmática Sanción, que anulaba a Lei sálica, co fin de que a súa filla Isabel puidese reinar.

Moitos absolutistas apoiaron a don Carlos e ao longo do século XIX houbo varias guerras civís chamadas “guerras carlistas” nas que se enfrontaban os absolutistas cos liberais (que apoiaron a Isabel).

Isabel II reinou dende 1833 ata 1868, aínda que cando comezou o seu reinado ela tiña tan só tres anos, polo que ao principio houbo varias rexencias. Ao longo do seu reinado houbo tensións entre os propios liberais que se dividían en progresistas e moderados. Os moderados eran partidarios de manter gran parte do poder en mans da raíña, a soberanía era compartida entre a raíña e as Cortes, a raíña mantiña dereito de veto e mantiña o poder executivo. Tamén defendían un Estado Católico no que se prohibira a práctica doutras relixións. Os progresistas defendían a soberanía nacional, limitaban moito os poderes da raíña e querían que España fora Católica oficialmente, pero sen prohibir outras relixións. Os moderados defendían un sufraxio moito máis restrinxido que o dos progresistas, aínda que estes últimos ao principio tampouco defendían un sufraxio totalmente universal.

Fixéronse varias constitucións, en función de quen chegase ao poder en cada momento.

O reinado de Isabel II rematou cunha revolución en 1868 que triunfou rapidamente sen derramamento de sangue. En 1869 unhas novas Cortes fixeron a primeira constitución que se considera democrática en España, aínda que non votaban as mulleres, pero recollía o sufraxio universal masculino por primeira vez.

O rei elixido en vez de herdado:

Curiosamente en lugar de establecer unha república, escolleron un rei. O xeneral Prim, presidente do Goberno naqueles momentos, foi o encargado de encontrar un novo rei para España: o príncipe italiano Amadeo de Saboia. Amadeo de Saboia era un rei moderno e demócrata, pero non tivo apoios suficientes: a maioría dos monárquicos preferían un rei non democrático, a Igrexa non o apoiaba por ser tan progresista, os republicanos non o apoiaban por ser rei, e parte da poboación non o quería por ser estranxeiro. Ao final abdicou.

A Primeira República5 española:

Así se declarou en España a Primeira República. Era a primeira vez que España non tiña rei ou raíña. A república durou 11 meses. Porque durou tan pouco? Dende o principio había graves problemas. España non chegara a unha república por convicción, desexándoa. En realidade España converteuse nunha república porque quedou sen rei nin raíña válidos. Pero a meirande parte dos grupos políticos eran monárquicos e os propios republicanos estaban divididos entre os que querían unha república pero unha España unida (república unitaria) e os que querían unha república pero nunha España constituída por varios Estados federados (república federal). Sónavos de algo? Hoxe en día seguimos coa dicotomía: nacionalismo unitario ou nacionalismo federal. Case toda España está dacordo en que a monarquía é unha institución anacrónica que non ten sentido nunha democracia. Pero se queremos república... que república queremos?.

Enseguida estourou o movemento cantonalista, un movemento que buscaba a creación de Estados soberanos federados dentro de España. Creáronse repúblicas independentes en Cataluña, Málaga e Cartaxena. Pero o movemento foi duramente reprimido.

Ao mesmo tempo estourou unha nova guerra carlista e a guerra de Cuba.

5 República é o contrario de monaquía. É a forma de goberno no que o xefe ou xefa de Estado, en vez de ser un rei ou raíña herdado para toda a súa vida (ou ata que abdique), é un presidente temporal que se elixe por votación nunhas eleccións

Page 4: Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX

A Restauración: volta á monarquía constitucional.

Nesta situación de caos xeneralizado os militares deron un golpe de Estado e un xeneral presidiu o goberno durante case un ano (no século XIX era frecuente ver militares tanto exercendo de políticos como tomando o poder con golpes de Estado). Un novo golpe de Estado restaurou a dinastía dos Borbóns no trono español con Afonso XII, fillo de Isabel II.

Durante a Restauración os Borbóns houbo unha etapa de aparente estabilidade política. A constitución de 1876 contentaba aos dous principais partidos políticos burgueses. Gustáballe tanto aos moderados como aos progresistas. Estableceuse unha alternancia pacífica destes dous partidos no poder a través da corrupción electoral e o caciquismo. Os demais estaban excluídos.

O sistema fraudulento funcionaba da seguinte maneira: o rei decidía primeiro o partido que ía formar goberno e, despois, convocaba eleccións que se amañaban para que as gañase ese partido:

- No campo, os individuos poderosos, os caciques, forzaban á poboación rural a que votasen o partido que conviña para a formación do goberno. A esta práctica chamámoslle caciquismo.

- Nas cidades, menos influídas polos caciques, manipulábanse os votos se os resultados electorais non eran os esperados. Esta práctica coñécese como pucheirazo ou fraude electoral.

Así fabricábanse resultados electorais que lles daban alternativamente a vitoria a conservadores e liberais.

A oposición ao sistema:

Pero este sistema político deixaba fóra non só ás mulleres, senón tamén a tres grupos que cada vez representaban a unha maior porcentaxe da poboación: anarquistas, socialistas e nacionalistas.

- Os anarquistas xurdiran tras a revolución de 1868 e os seus focos máis importantes encontrábanse en Cataluña e en Andalucía. Durante algún tempo foron duramente perseguidos debido aos atentados que algúns anarquistas cometían. Tras algúns anos de desorganización interna, crearon a Confederación Nacional do Traballo (CNT), que se converteu no sindicato máis importante de España.

- Os socialistas estaban dirixidos por Pablo Iglesias que fundara en 1879 o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE). Anos despois creouse a Unión Xeneral de Traballadores (UXT), un sindicato que se vinculou estreitamente co PSOE.

- Nesta época xurdiron os partidos nacionalistas, que reaccionaron en contra da creación dun Estado centralizado. Tiveron especial relevancia en Cataluña, no País Vasco e Galicia. En Galicia, paralelamente ao xurdimento do nacionalismo no resto de Europa, foi xurdindo o galeguismo. Os galegos e galegas ían tomando conciencia de selo, de ser diferentes aos habitantes doutras rexións españolas. No século XIX desenvólvese o movemento cultural do Rexurdimento da man de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. Sobre a base literaria e histórica do Rexurdimento asentouse o rexionalismo, unha corrente política que tiña dúas vertentes: o rexionalismo conservador emparentado co carlismo (cuxo principal representante é Alfredo Brañas), e o rexionalismo liberal, máis influenciado polo federalismo, (cuxo principal representante foi Manuel Murguía, o marido de Rosalía de Castro).

SOCIEDADE

A sociedade estamental do Antigo Réxime desapareceu coa instauración do liberalismo. A partir de entón, a situación económica marcou a posición dun individuo na xerarquía social.

A clase dirixente da sociedade do século XIX englobaba a aristocracia e a burguesía. A aristocracia estaba formada polos nobres, que perderan seus dereitos señoriais, pero conservaban unha notable influencia social. A

Page 5: Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX

burguesía estaba composta polos donos das fábricas e bancos. As relacións entre estes dous grupos estreitáronse ao longo do século grazas aos matrimonios e aos negocios.

Na clase media integrábanse funcionarios, pequenos empresarios, profesionais liberais6 (médicos, avogados..), comerciantes, etc. Esta clase era pouco numerosa, pero tendía a crecer. En xeral, habitaban nas cidades.

As clases populares tiñan un baixo nivel económico e un elevado nivel de analfabetismo. Con este nome identificábanse distintos grupos:

- O campesiñado e os xornaleiros e xornaleiras7 constituían a maior parte da poboación e vivían nunhas pésimas condicións. Este feito levounos a protagonizar importantes revoltas ao longo do século XIX.

- Os obreiros e obreiras concentrábanse nas rexións industriais e nas cidades, onde se amoreaban en barrios carentes de infraestruturas básicas. Para defender os seus dereitos e mellorar as súas condición de vida fóronse organizando en sindicatos8. A principios do século XX, os principais sindicatos eran a CNT anarquista e a UXT socialista.

- Outros grupos era o do servizo doméstico que servían ás clases acomodadas e un número inxente de persoas marxinadas da sociedade que subsistían coa mendicidade.

A situación económica impulsou a moitos españois e españolas, especialmente galegos e galegas á emigración. Durante o século XIX comezou a emigración masiva de galegos fundamentalmente dirixida cara aos países americanos de cultura ibérica: Cuba, Arxentina, Uruguai, Brasil e Venezuela.

Boa parte da emigración galega a América deuse neste período. Os destinos preferentes foron Cuba e Arxentina. Entre 1836 e 1960 saíron de Galicia case dous millóns9 de galegos cara a América. A emigración supuxo a perda da poboación máis nova, pero tamén dou unha vía de penetración de melloras como a creación de escolas, grazas as remesas de cartos.

6 As profesións liberais son aquelas na que o profesional non é empregado ou empregada dunha empresa, senón que ten unha relación mercantil directamente cos clientes e clientas como algúns avogados, médicos, asesores, arquitectos...7 Xornaleiro/a: agricultor que traballa a xornal, ou sexa, por día de traballo. Son contratados polos latifundistas en determinados días do ano especialmente á hora de recoller a colleita.8 Sindicatos: organización de xente traballadora que se agrupan para defender seus intereses profesionais.9 Para facernos cargo do volumen de po boación que iso supón, podemos pensar que dous millóns de habitantes son, aproximadamente, toda a poboación actual das provincias de Coruña e Pontevedra. Toda a provincia de Lugo ten algo máis de 300.000 habitantes na actualidade.