Crónica encontro fin de curso rede solidaria entreculturas en noia

12
ENCONTRO FIN DE CURSO REDE SOLIDARIA ENTRECULTURAS EN NOIA De esquerda a dereita: Silvia Roca(2º), Nerea Couceiro (2º), Rocío Pérez (3º), Antía Lista(1º), Laura Río(1º), Sandra Rodríguez, Ana Pena(1º), Sofía Pena (3º), Antía Gómez(3º), Laura Sanjuán(3º). Uniformadas coa camiseta oficial de Monferosolidario este grupo de rapazas do CPI Virxe da Cela posan acompañadas de Sandra Rodríguez Couso, técnica da Fundación Entreculturas. Xa rematado oficialmente o curso académico 2013-2014, un grupiño de 9 alumnas e dúas profes do CPI Virxe da Cela achegámonos o pasado mércores 25 de xuño ao instituto Campo de San Alberto de Noia para participar no encontro de fin de curso da Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas. Unha ocasión ideal para reunirnos con xente coñecida doutros tres centros escolares galegos pertencentes á Rede e para divertirnos con dinámicas e xogos específicos, amenizados polo infatigable Abeloni, o monitor máis marchoso de Entreculturas. Despois desta parte máis lúdica, pasamos a revisar e avaliar as nosas axendas solidarias, e comprobamos que o alumnado do CPI Virxe da Cela non so está satisfeito coas accións desenvolvidas durante o curso académico 2013-2014, senón que xa ten en mente varias propostas para levar a cabo o vindeiro curso. As profes Verónica e Yolanda estamos orgullosas da nosa canteira, observando a participación activa do noso alumnado e descubrindo que día a día os nosos rapaces/zas van aumentando o seu grado de autonomía: poñer por caso o éxito de diversas iniciativas emprendedorasque se foron xestando ao longo dos últimos meses, incluíndo a campaña de deseño e elaboración das chamativas camisetas de Monferosolidario que nos aportan un sinal máis da nosa identidade como grupo e colectivo. Feliz verán a todos e todas: agora toca baleirar o disco duroe deixar espazo para reiniciar o equipono vindeiro mes de setembro!!!

Transcript of Crónica encontro fin de curso rede solidaria entreculturas en noia

Page 1: Crónica encontro fin de curso rede solidaria entreculturas en noia

ENCONTRO FIN DE CURSO REDE SOLIDARIA ENTRECULTURAS EN NOIA

De esquerda a dereita: Silvia Roca(2º), Nerea Couceiro (2º), Rocío Pérez (3º), Antía Lista(1º),

Laura Río(1º), Sandra Rodríguez, Ana Pena(1º), Sofía Pena (3º), Antía Gómez(3º), Laura

Sanjuán(3º). Uniformadas coa camiseta oficial de Monferosolidario este grupo de rapazas do

CPI Virxe da Cela posan acompañadas de Sandra Rodríguez Couso, técnica da Fundación

Entreculturas.

Xa rematado oficialmente o curso académico 2013-2014, un grupiño de 9 alumnas e

dúas profes do CPI Virxe da Cela achegámonos o pasado mércores 25 de xuño ao instituto

Campo de San Alberto de Noia para participar no encontro de fin de curso da Rede Solidaria da

Mocidade Entreculturas. Unha ocasión ideal para reunirnos con xente coñecida doutros tres

centros escolares galegos pertencentes á Rede e para divertirnos con dinámicas e xogos

específicos, amenizados polo infatigable Abeloni, o monitor máis marchoso de Entreculturas.

Despois desta parte máis lúdica, pasamos a revisar e avaliar as nosas axendas solidarias, e

comprobamos que o alumnado do CPI Virxe da Cela non so está satisfeito coas accións

desenvolvidas durante o curso académico 2013-2014, senón que xa ten en mente varias

propostas para levar a cabo o vindeiro curso. As profes Verónica e Yolanda estamos orgullosas

da nosa canteira, observando a participación activa do noso alumnado e descubrindo que día a

día os nosos rapaces/zas van aumentando o seu grado de autonomía: poñer por caso o éxito

de diversas “iniciativas emprendedoras” que se foron xestando ao longo dos últimos meses,

incluíndo a campaña de deseño e elaboración das chamativas camisetas de Monferosolidario

que nos aportan un sinal máis da nosa identidade como grupo e colectivo. Feliz verán a todos e

todas: agora toca baleirar o “disco duro” e deixar espazo para “reiniciar o equipo” no vindeiro

mes de setembro!!!

Page 2: Crónica encontro fin de curso rede solidaria entreculturas en noia
Page 3: Crónica encontro fin de curso rede solidaria entreculturas en noia
Page 4: Crónica encontro fin de curso rede solidaria entreculturas en noia
Page 5: Crónica encontro fin de curso rede solidaria entreculturas en noia
Page 6: Crónica encontro fin de curso rede solidaria entreculturas en noia
Page 7: Crónica encontro fin de curso rede solidaria entreculturas en noia
Page 8: Crónica encontro fin de curso rede solidaria entreculturas en noia
Page 9: Crónica encontro fin de curso rede solidaria entreculturas en noia
Page 10: Crónica encontro fin de curso rede solidaria entreculturas en noia
Page 11: Crónica encontro fin de curso rede solidaria entreculturas en noia
Page 12: Crónica encontro fin de curso rede solidaria entreculturas en noia