Cuberta - empresas.mundo-r.com · Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel...

31

Transcript of Cuberta - empresas.mundo-r.com · Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel...

Page 1: Cuberta - empresas.mundo-r.com · Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel forzosamente, pois actúan sobre ela mecanismos que crean procesos cambiantes e dinámicos
Page 2: Cuberta - empresas.mundo-r.com · Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel forzosamente, pois actúan sobre ela mecanismos que crean procesos cambiantes e dinámicos

OGPA � ESPAZOS TEMPERÁNS � 1997-2009

Dan

iel B

eira

s |

Dav

id Estan

y

Page 3: Cuberta - empresas.mundo-r.com · Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel forzosamente, pois actúan sobre ela mecanismos que crean procesos cambiantes e dinámicos

OGPA3OGPA2

cuestión de identidade

Que é a identidade? No plano persoal a identidade pode definirse como o feito real de sermosalguén ou algo, e outra definición deste concepto podería incluír un conxunto de trazos propios dun indivi-duo ou dunha colectividade, dun país, que os caracterizan fronte aos demais. Identidade, pois, e coñece-mento; instancias fundamentais estas para situármonos no mundo. Sabemos, sen irmos máis lonxe, quensomos os galegos? Por que somos o que somos e como somos. Coñecen os cidadáns de Galicia a historiapropia de Galicia? Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel forzosamente, pois actúansobre ela mecanismos que crean procesos cambiantes e dinámicos e, dende esta perspectiva, a identidadeenténdese así tamén como un proxecto en marcha, creativo e en progreso: unha identidade en construción.

E velaí como se produce o que alguén ten denominado “unha relación entre memorias, colectivase individuais”, o que permite mesmo, falándomos de identidade, obter unha visión de futuro. Se nos referi-mos ao espazo galego, existe entre nós verdadeira conciencia histórica e política da nosa identidade? Unhaverdadeira identidade fórmase, clarifícase e renóvase. Acaso os procesos avanzados de modernización, secu-larización e mundialización non teñen pesado e pesan no que se entende por transfiguracións da identidade?O certo é que a identidade tamén é un dereito individual (e colectivo, por suposto), e diante dun proceso deglobalización como o que se está a vivir na actualidade cómpre ter conciencia activa dese dereito político ecultural.

Ten longa vida a dialéctica entre o local e o universal, e isto é aproveitado por quen pretendeinstalar un “falso universal” sobre unha identidade cultural propia; en si mesma, como realidade viva e ac-tuante, universal. Lembremos a célebre frase de León Tolstoi: “Pinta a túa aldea e pintarás o mundo”, quenoutras traducións podemos ler tamén do seguinte xeito: “Describe a túa aldea e serás universal”. Sen irmosmáis lonxe, Kierkegaard afirmou tamén que a universalidade só se logra explorando o propio “eu”, e por isomesmo toda poesía, a gran poesía –e isto podemos estendelo a todas as artes–, é tamén por esencia universal,independentemente do idioma no que estea escrita. Advirten teóricos como Zygmunt Bauman, que mesma-mente fala do “camiño de baleiramento” a que pode levar a “elite global”, xustamente esa que non senteningunha obriga cara ao “lugar”, que despreza a luz universal da aldea de Tolstoi. Non deixa de ser fermosoque Einstein e Ortega y Gasset teñan coincidido en afirmar que a “verdade” –universal e relativa ao mesmotempo– sempre se pronuncia dende un punto concreto do espazo.

Page 4: Cuberta - empresas.mundo-r.com · Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel forzosamente, pois actúan sobre ela mecanismos que crean procesos cambiantes e dinámicos

OGPA5OGPA4

DOROÑA. VILARMAIOR. 1999-2000

albergue ecoturístico da alvarella

Nas cercanías das fragas do eume, unha das paraxes naturais máisinteresantes do norte galego, sitúase a construción deste albergue ecoturístico.Sitúase a medio camiño entre o bosque e a paisaxe do val, erguido sobre un so-calco, e oculto baixo as árbores, xogando a ser un esconderixo e un observatorioda natureza. A súa forma lineal parte da espacialidade dos prados que rodeanos outros edificios da inmensa finca: unha casa, o hórreo e o alpendre. Deseñadoen planta baixa, o seu volume horizontal non resposta ás tipoloxías usuais hote-leiras, en troques potencia os percorridos peonís, resolvendo sinxelamente a ac-cesibilidade a todas as pezas vivideiras, así como a relación directa coa paisaxe. O albergue daAlvarella non é só un aloxamento, é tamén un centro de aprendizaxe ou de iniciación na culturamedioambiental. Incorpora solucións construtivas bioclimáticas e enerxía solar como exemplo deenerxía alternativa renovable. Detrás do seu programa funcional hai unha iniciativa empresarialinnovadora, que é a participación do visitante na conservación do medio, na transformación si-lenciosa da paisaxe. Un programa didáctico co obxectivo de coñecer o medio natural no que oviaxeiro disfruta do lecer.

A intervención ten como peza principal un edificio ideado para turismo de gruposcon 12 habitacións de dúas a cinco prazas, dúas delas adaptadas para persoas con mobilidade re-ducida. O edificio concrétase en planta con dúas lonxas sensiblemente oblicuas entre si, a primeiradelas prolóngase albergando os servizos comúns, con acceso pola súa fachada norte. Os volumesábrense ao sur creando espazos de convivencia para os talleres ao aire libre, definen un espazoexterior común ás habitacións que é enfatizado pola prolongación da cuberta en forma de pérgolade madeira. Esta solución difumina a barreira existente entre espazo interior e espazo exterior,relacionando o prado coas habitacións. En sección o edificio forma un volume sinxelo, cunha cu-berta cun só faldrón, de suave pendente que remata en forma de viseira a ambos lados. Constrúesecon muros de carga e pontóns de pino roxo. Os acabados interiores son todos naturais ou tradi-cionais: lámina de linóleo, falsos teitos de viruta de madeira, e recebos de cal. Exteriormente: aosur revocos de cal, e ao norte fachada ventilada formada por taboleiros de madeira tratada.

Page 5: Cuberta - empresas.mundo-r.com · Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel forzosamente, pois actúan sobre ela mecanismos que crean procesos cambiantes e dinámicos

OGPA7

Page 6: Cuberta - empresas.mundo-r.com · Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel forzosamente, pois actúan sobre ela mecanismos que crean procesos cambiantes e dinámicos

OGPA8

Page 7: Cuberta - empresas.mundo-r.com · Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel forzosamente, pois actúan sobre ela mecanismos que crean procesos cambiantes e dinámicos

OGPA15OGPA14

SAN CARLOS 8. A CORUÑA. 2002-2006

vivendas na rúa san carlos

O edificio da rúa San Carlos emprázase nunha parcela des-proporcionadamente alongada, con estreito fronte á rúa e traseira convistas ao porto da Coruña e a súa ría. O reto que nos impuña esta par-cela era resolver as luces dun edificio entre medianeiras con esta forma.De onde xurdiu a idea de xerar unha medianeira translúcida aprovei-tando o recuado do lindeiro Arquivo do Reino Histórico de Galiza. Este pano translúcidoilumina naturalmente os baños e cociñas, e complementa a iluminación natural de salónse dormitorios. Na concepción do edificio destaca a transparencia da escaleira común, con-cibida como un elemento lixeiro con estrutura de ferro esmaltado e chanzos voados demadeira, e a súa iluminación natural a través dunha parede translúcida de vidro U-glass.

O volume engloba catro vivendas máis dous locais en planta baixa. Cada unhadas vivendas ten unha distribución tipo sobre a que se conxugaron as necesidades de cadapropietario modificando as distribucións e sempre procurando a máxima luminosidade efluidez espacial. Convertendo cada vivenda nunha sucesión de espazos diáfanos concate-nados, apoiándose nas novas solucións construtivas incluíndo audaces portas e paredescorredizas, elementos de mobiliario emparedado, armarios móbiles, etc. Na fachada tra-seira distínguense tres das vivendas con galería e unha con balcón seguindo as determi-nacións da normativa municipal. Dende a vivenda da planta baixa pódese observar untramo restaurado da antiga muralla do Parrote con portada en forma de arco. Esta fachadapola súa forma e cromatismo converteuse nun exemplo de integración urbana dun edificiode nova planta no tecido histórico da cidade da Coruña, sen renunciar por isto á súa vo-cación de moderna como obra arquitectónica singular.

Page 8: Cuberta - empresas.mundo-r.com · Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel forzosamente, pois actúan sobre ela mecanismos que crean procesos cambiantes e dinámicos

OGPA17OGPA16

Page 9: Cuberta - empresas.mundo-r.com · Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel forzosamente, pois actúan sobre ela mecanismos que crean procesos cambiantes e dinámicos

OGPA19OGPA18

Page 10: Cuberta - empresas.mundo-r.com · Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel forzosamente, pois actúan sobre ela mecanismos que crean procesos cambiantes e dinámicos

OGPA21OGPA20

PEREIRO DE AGUIAR. 2002-2004

casa bioclimática en ourense

Esta vivenda proxectada para unha parcela con fortependente deseñouse seguindo os principios da arquitectura biocli-mática, no tocante aos materiais empregados, ás solucións constru-tivas ou tecnolóxicas, e á configuración espacial do edificio. Trátasedun volume de pedra, sulcado por unha franxa de vidro no terzosuperior das súas fachadas e unha cuberta única a dúas augas queenvolve todo o conxunto.

O edificio sitúase na ladeira a contrapendente conver-téndose nun mirador sobre o val cuberto de carballos. Por dentro asúa espacialidade estrutúrase en plataformas a diferentes alturas,nunha sucesión que comeza no garaxe exterior e se introduce na vi-venda. a primeira plataforma constitúe o acceso, garaxe e instala-cións, a segunda alberga cociña, comedor e sá en toda a altura, eprolongase cara ao xardín cun cuberto aberto sobre esteos de ma-deira, e a terceira destinase a dormitorios e baños. As diferenzasde cota sálvanse cun salto de media planta entre cada plataforma,na terceira fanse dúas plantas para que se poida utilizala mesmaliña de cumio, diste xeito, apreciase todo o volume coma un únicocorpo. Trátase dun conxunto modulado e cunha limpa e estrita xe-ometría.

Page 11: Cuberta - empresas.mundo-r.com · Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel forzosamente, pois actúan sobre ela mecanismos que crean procesos cambiantes e dinámicos

OGPA23OGPA22

Page 12: Cuberta - empresas.mundo-r.com · Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel forzosamente, pois actúan sobre ela mecanismos que crean procesos cambiantes e dinámicos

OGPA25OGPA24

PADERME DO COUREL. 2003-2006

casa turística chaos

Rehaibilítase parcialmente un edificio destinando a casa de turismo rural. Ahospedaxe sitúase nas plantas de semisoto e parte da planta baixa, con acceso dende acociña da vivenda e dende o núcleo de escadas que comunica coas habitacións dos hóspe-des. No resto da planta baixa mantense a vivenda familiar xa existente. A edificación sitú-ase na entrada ao núcleo de Paderne do Courel. Este núcleo aséntase nunha lomba deforte caída cara o sur, e sendo un núcleo de importantes dimensións está formado porcasas moi agrupadas, construídas con grosos muros de cachote de lousa e longas cubertasvoadas de lousa irregular formando caparazóns que protexen as edificacións e parte doscamiños, de xeito que a imaxe do núcleo desde enriba, na estrada, é a dun conxunto detellados de lousa que esconden todo o espazo urbán. Cando descendemos nos aproxima-mos a unha estrutura de camiños de carro paralelos á pendente, que forman o rueiro.

Neste entorno, o noso proxecto consiste en aproveitar que se trata dunhaconstrución bastante regular para crear unhas unidades espaciais diferenciadas nas quesituar os dormitorios, que poden funcionar con suficiente independencia do conxunto enos que se integran unhas cabinas que forman uns amplos aseos. Os espazos comúns,coma recepción ou sa de estar, situaranse no centro de cada nivel xunto as comunicaciónsverticais de maneira que ocupen un lugar achegado a tódalas habitacións que serán derápido e sinxelo acceso. O comedor estará na planta baixa, xunto á vivenda, independi-zándose así da zona de descanso do edificio. Tódolos espazos se dimensionaron folgada-mente para que a propiedade poidese optar a unha determinada categoría de turismo.A intervención consistiu fundamentalmente nas obras de rehabilitación dos dous niveisde semisoto do edificio; acondicionamento do xardín exterior, urbanización e mellora doentorno; deseño do interior con iluminación, mobiliario e instalacións axeitadas ao usorequirido e sinalética.

Page 13: Cuberta - empresas.mundo-r.com · Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel forzosamente, pois actúan sobre ela mecanismos que crean procesos cambiantes e dinámicos

OGPA27OGPA26

Page 14: Cuberta - empresas.mundo-r.com · Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel forzosamente, pois actúan sobre ela mecanismos que crean procesos cambiantes e dinámicos

OGPA28

ROLDA DE NELLE 20. A CORUÑA. 2004

local de ámbito ecourbanismo sl

O proxecto para reforma das oficinas de ÁMBITOECOURBANISMO SL, consistiu na adecuación da entreplantacompleta dun edificio de vivendas sociais situado na Rolda deNelle, n’A Coruña. As fachadas deseñáronse con elementos decarpintería de aluminio acristalada e tramos de envidramentostranslúcidos realizados con U-Glass de dobre parede e cámarade aire, que lle confire ao local un illamento térmico e acústicosuficiente. A tabiquería que divide os exteriormente os despa-chos de diferente propiedade é de ladrillo e as mamparas e divisións interioresde cada local realizáronse cunha soa folla de U-Glass e portas corredizas de ma-deira.

Proxéctase un espazo fluído e aberto con ventilación cruzada nortea sur, organizado polas mamparas translúcidas e mobiliario deseñado a medidapara o local, con elementos sustentantes de chapa metálica lacada en taller e me-sados de madeira e vidro. No tocante ás cores procurouse sobre unha base brancade paredes e teitos destacar algúns planos con tons grises e vermellos, ben com-pensados con entarimados de madeira máis intensos para chegar a unha ambien-tación cálida e á vez confortable para ser útil tanto á visita de clientes coma aoespazo de traballo.

Page 15: Cuberta - empresas.mundo-r.com · Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel forzosamente, pois actúan sobre ela mecanismos que crean procesos cambiantes e dinámicos

OGPA31OGPA30

Page 16: Cuberta - empresas.mundo-r.com · Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel forzosamente, pois actúan sobre ela mecanismos que crean procesos cambiantes e dinámicos

OGPA33OGPA32

PATIO DA CORTICELA. CATEDRAL DE SANTIAGO. 2004

itinerario na catedral de santiago

O encargo consistía en definir as obras necesarias para habi-litar un itinerario provisional para visitantes na Catedral de Santiago, quelevaba consigo a construción dunha pasarela e algúns elementos mobles,así como a rehabilitación e posta en valor dun patio exterior a través doque se quería realizar a saída para o itinerario. O patio nordés da catedral,ven definido polos límites exteriores da cabeceira da catedral, capelas esancristías engadidas posteriormente á Catedral e Corticela, e a cara inte-rior do peche barroco que se formalizou como fachada á praza da Quintana. Así o espazoresultante está acoutado ao norte pola capela románica da Corticela; ao sur nun segundoplano aparece o contorno románico da cabeceira orixinal; ao leste a envolvente barrocado monumento que enmarca a chamada porta dos Abades. O espazo resultante é un desesintersticios marcados polas diferentes adicións que se lle practicaron ao monumento aolongo dos tempos, e cheo de historia, ao que se accede desde o templo por unha portarománica chamada Porta da Vía Sacra que debeu ser antigamente entrada habitual de pe-legríns antes da apertura da Porta do Perdón ou Porta Santa, no lado sur da cabeceira.

O resultado do proxecto é o deseño dunha pasarela de madeira elevada leve-mente do chan deixando pasar por debaixo as augas que caen dos tellados e discorren li-bremente cara o sumidoiro asolagando o chan. A pasarela realízase voada sobre pesmetálicos, e o seu material é madeira tratada con sales de cobre de xeito que terá unhatextura e cor que varíe segundo as vetas da madeira e produza tons pardos e verdosos, queson as mesmas cores que teñen as pedras do patio. Deséñase unha sinxela varanda con ele-mentos de ferro e bronce que pretende lembrar ás outras varandas que aparecen comounha constante en todo o casco histórico, véxase Bonaval, San Roque ou Mercedarias.

Page 17: Cuberta - empresas.mundo-r.com · Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel forzosamente, pois actúan sobre ela mecanismos que crean procesos cambiantes e dinámicos

OGPA34

SAN XOÁN DE GOLÁN. MELIDE. 2006-2008

restauro da capela de san xoán

A igrexa de San Xoán de Golán tivo ao longo do tempo unhaserie de actuacións que fixeron chegar aos nosos días unha imaxe moi detur-pada do monumento, ademáis da ruinosa situación da cuberta de madeira eestar lamentablemente rodeada dun valado de nichos, aparecía coroada porunha espadana de formigón de tamaño desproporcionado, recebos de ce-mento, pavimentos interiores de baldosa industrial, chanzos no acceso altar.En definitiva, unha serie de elementos que dificultaban unha lectura clara dasinxela espacialidade desta pequena capela e comprometían a súa imaxe esimbolismo.

A solución construtiva deste proxecto propón solucións sinxelas que remar-quen a importancia dos elementos existentes: Así o sistema de recollidas de augas (canlónse baixantes) sepáranse dos paramentos caleados e deixan ver os canzorros que acompañano beirado sur da ábsida. O cromatismo das fachadas e carpinterías evitando elementospintados en cores vivas. A escaleira de acceso ao coro, con chanzos de madeira penduradosdunha lixeira estrutura metálica. A carpintería de acceso á sancristía de barrotes de ma-deira, na que pasa desapercibido o necesario envidramento. Os torneados planos recupe-rados na varanda do Coro. E finalmente o deseño dos novos pavimentos eliminando douschanzos e con dous tapices de madeira nas zonas das bancadas existentes.

Page 18: Cuberta - empresas.mundo-r.com · Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel forzosamente, pois actúan sobre ela mecanismos que crean procesos cambiantes e dinámicos

OGPA37OGPA36

Page 19: Cuberta - empresas.mundo-r.com · Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel forzosamente, pois actúan sobre ela mecanismos que crean procesos cambiantes e dinámicos

OGPA38

SANTA MARÍA DA LAXE. VILASANTAR. 2005-2008

bóvedas do templo da laxe

A igrexa de Santa María da laxe, situada enriba dunhapena e á beira dun río é un deses múltiples exemplos de templos deculto cristián edificados sobre un culto anterior, neste caso ás augas.Atopamos así un templo cunha longa historia de transformacións. Áhora de avaliar o estado actual do monumento fixámonos en tres feitoque modificaran lamentablemente o seu aspecto interior, unha nova bóveda de canón na naveprincipal de tixolo visto, unha bóveda no cruceiro que ameazaba o seu desprendemento, e o ex-cesivo alongamento do seu cruceiro que situando os alicerces da fachada norte fora do estratorochoso provocou importantes fendas nos esquinais das fachadas. A intervención, encamiñadaa resolver estas patoloxías e recuperar a imaxe interior do templo incluíndo o caleado das bóve-das e paredes, as portas e xanelas e a nova iluminación, deunos a oportunidade de realizar unhanova bóveda de crucería, probablemente a única que se fixo en territorio galego nestes anos.

A bóveda realizouse deseñando un apeo con estadas metálicas. A continuaciónderrubáronse os entrepanos de ca-chotería, seriamente afectadospolas fendas e antigas filtracións deauga. Despois levouse a posicióndos arcos formeiros de cantería ásúa xeometría ideal. Encimbrouse abóveda con taboleiros e realizousea nova fábrica de cachote de lousa.Finalmente fíxose o tellado novoe-vitando apoios da estrutura de ma-deira sobre a bóveda.

Page 20: Cuberta - empresas.mundo-r.com · Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel forzosamente, pois actúan sobre ela mecanismos que crean procesos cambiantes e dinámicos

OGPA41OGPA40

A CASTAÑEDA. ARZÚA. 2008-2009

casa de comercio rural galega

O proxecto de acondicionamento da Casa Garea para co-mercio rural consistiu na rehabilitación integral da planta baixa da an-tiga casa e a mellora da súa imaxe coa renovación do conxunto dasenvolventes (fachadas e cubertas do edificio). A actuación desenvolveun programa amplo e sinxelo deseñando unha tenda con cafeteríaanexa no volume principal da casa, e un comedor con terraza na parte traseira. Procurandodotar ao conxunto dunha esética luminosa e contemporánea acorde cos demáis locais que seestán a rehabilitar na rede de comercio rural galego. Os interiores combinan diferentes trata-mentos da madeira e a pedra diferenciando os elementos existentes dos novos e integrandoosá vez nunha mesma noción espacial..

Page 21: Cuberta - empresas.mundo-r.com · Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel forzosamente, pois actúan sobre ela mecanismos que crean procesos cambiantes e dinámicos

OGPA43OGPA42

Page 22: Cuberta - empresas.mundo-r.com · Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel forzosamente, pois actúan sobre ela mecanismos que crean procesos cambiantes e dinámicos

OGPA45OGPA44

BOEBRE. PONTEDEUME. 2004-2006

vivenda en boebre

Esta vivenda deseñada cunha planta en forma de U e gran-des panos acristalados en fachada, constitúe un gran exemplo de tras-parencia e continuidade do seu espazo interior fluído nos xardíns quea arrodean, e ao mesmo tempo de inserción da paisaxe costeira circun-dante nas súas amplas estancias.

Na ambigua fotografía que se pode ver máis abaixo apré-ciase cómo desde o acceso á vivenda se atravesa visualmente todo ovolume, e cómo cada parte foi deseñada en coherencia co conxunto,na elección dos materiais e das formas…

Page 23: Cuberta - empresas.mundo-r.com · Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel forzosamente, pois actúan sobre ela mecanismos que crean procesos cambiantes e dinámicos

OGPA46

Page 24: Cuberta - empresas.mundo-r.com · Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel forzosamente, pois actúan sobre ela mecanismos que crean procesos cambiantes e dinámicos

OGPA49

Page 25: Cuberta - empresas.mundo-r.com · Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel forzosamente, pois actúan sobre ela mecanismos que crean procesos cambiantes e dinámicos

OGPA51OGPA | OBRA EN CURSO50

PERBES. MIÑO. 2007 2009

vivendas en perbes

Esta agrupación de seis vivendas, actualmente en construción,proxectouse tendo en conta unhas necesidades programáticas moi marcadascon tres tipoloxías moi diferentes de vivendas. Tentando aínda así realizar unproxecto unitario e coherente.

O conxunto sitúase nun lugar con importantes vistas sobre a ría,polo que se procurou evitar a creación dunha barreira visual evitando os aca-roamentos, abrindo penetracións da paisaxe entre as edificacións, e limitandoas alturas e volume edificado.

Page 26: Cuberta - empresas.mundo-r.com · Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel forzosamente, pois actúan sobre ela mecanismos que crean procesos cambiantes e dinámicos

OGPA53OGPA | OBRA EN CURSO52

MELIDE. 2008

galescola de melide

Este proxecto, aínda non construído é a síntese dunha liña de traballoque se formalizou na Oficina galega de proxectos arquitectónicos durante o ano2008 nunha serie de proxectos presentados a diversos concursos. Tratouse de des-envolver un sistema formal e construtivo evolucionando ou desenvolvendo os prin-cipios construtivos do albergue da alvarella: forxado sanitario, muros de carga determoarxila, estrutura de madeira, cuberta lixeira de chapa metálica, fachadas tras-ventiladas en madeira e pedra, xunto co aproveitamento de enerxías renovábeis ea promoción da reciclaxe.

Deseñouse así un edificio que ao longo da súa vida útil produza amenor cantidade de refugallos, consuma a menor cantidade de enerxía e ofreza amaior espacialidade para o seu uso como aulario e lugar de convivencia e apren-dizaxe, educando tamén na convivencia co soporte arquitectónico. .

Page 27: Cuberta - empresas.mundo-r.com · Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel forzosamente, pois actúan sobre ela mecanismos que crean procesos cambiantes e dinámicos

OGPA55OGPA | OBRA EN CURSO54

Page 28: Cuberta - empresas.mundo-r.com · Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel forzosamente, pois actúan sobre ela mecanismos que crean procesos cambiantes e dinámicos

OGPA57OGPA | OBRA EN CURSO56

LUGAR DE CHAS. COIRÓS. 2007 2009

vivenda bioclimática en coirós

Tratouse de desenvolver una vivenda en planta baixa, cunha doada accesibi-lidade a todas as súas estancias, e seguindo uns criterios tanto formais como construtivosque levaban a solucións arquitectónicas medioambientalmente sustentábeis e compatíbeiscoa conservación do territorio. A vivenda , en obra actualmente, emprázase nunha parcelarectangular duns 70 por 60 metros algo erguida nun suave outeiro sobre o núcleo de Coi-rós, con moi bo soleamento e non moi exposta ao vento, nestas circunstancias, situouse aedificación de costas ao acceso, delimitada por un muro de pedra que a protexe do ventonordés e acústicamente do ruído do tráfico; para volcarse en troques ao sur con grandesaperturas de vidro en panos transparentes e translúcidos, e unha fachada envolvente demadeira de alcipreste trasventilada.

Ao sur leste e oeste sitúanse as estancias principais da vivenda e un grandecorredor acristalado que actúa coma intercambiador térmico radiando calor a través dassúas paredes cerámicas a toda a vivenda. Ao norte sitúanse as ventilacións dos dormitoriose salón e as estancias frías coma o baño e o lavadeiro, desdobrados ambos en dous pe-quenos patios abertos. O deseño complétase cun volume anexo formando un garaxeaberto, que perfila os accesos á vivenda e p percorrido de entrada formando un pequeñopatio con iluminación cenital e unha cuberta en frorma de viseira que abren dúas novasentradas de luz ao salón-comedor que é a peza central de toda a vida da casa.

Page 29: Cuberta - empresas.mundo-r.com · Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel forzosamente, pois actúan sobre ela mecanismos que crean procesos cambiantes e dinámicos

OGPA59OGPA | OBRA EN CURSO58

PONTE QUEIMADAS.TOQUES. 2009

comercio rural en toques

Esta rehabilitación, en obra actual-mente, está feita sobre dun edificio existente deplanta rectangular con uso de almacén anexo á vivenda. O proxecto contempla a rehabi-litación e posta en valor do edificio mencionado para o seu uso como pequena tenda ebar pertencente á rede de comercio rural galego. Emprégase a estrutura existente os es-teos de formigón e o muro de fábrica para o novo edificio e a substitución da cuberta poroutra de madeira que cumpra os requisitos de seguridade, estanqueidade e illamento re-collidos na lexislación vixente As fachadas realízanse colocando sobre a fabrica existenteun revestimento de madeira, ventilado no trasdós e convenientemente illado.

O espazo resultante, divídese en dúas zonas diferenciadas, no lado sur situa-rase a tenda e no norte o café-bar, procurando en todo caso a percepción do espazo comoun habitáculo único. Dótase ao espazo de luz natural por fachada e dende o teito me-diante o emprego dos lucernarios vendo o castiñeiro existente na beirarúa. Incorpóraseunha cabina con aseo practicable ao local na zona de bar.

Page 30: Cuberta - empresas.mundo-r.com · Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel forzosamente, pois actúan sobre ela mecanismos que crean procesos cambiantes e dinámicos

ARQUITECTOS

Daniel Beiras | David Estany 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 4243 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59. David Estany | Daniel Beiras | Santiago Torres 14 15 16 17 1819. Daniel Beiras | David Estany | Pedro Taboada 20 21 22 23 28 29 30 31. Daniel Beiras | DavidEstany | Xosé Allegue 24 25 26 27. Fernando Mingote | María Blanco-Rajoy | Daniel Beiras | DavidEstany 44 45 46 47 48 49.

APARELLADORES

Pablo Reboredo | Ana Couceiro 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 38 39 44 4546 47 48 49. Celestino Fernández 20 21 22 23. Montserrat Aira López 24 25 26 27 34 35 36 39 4041 42 43 56 57 58 59. Patricia Franco Portela 50 51.

FOTOGRAFÍAS

Pablo Reboredo 4 7 8 9. David Estany 7 35 38 39. Daniel Beiras 6 10 11 12 13 14 1516 17 18 19 24 25 26 28 29 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 52 56 57 58 59.Pedro Taboada 20 23. Héctor Fernández Santos-Díez 28 29 30 31.

MAQUETAS

Zacarías González Costa 21 53 54 55. Manuel Boisa 50 51. Adrián Soneira Beiras 52.

TEXTOS

O texto inicial é un extracto dos textos ‘CUESTIÓNS DE IDENTIDADE’ e ‘SOBRE O FAL-SAMENTE UNIVERSAL’ de MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO publicados en prensa o 06.08.2007 eo 11.09.2007. Os demais textos foron elaborados pola OGPA SLP.

COLABORACIÓNS

Colaboraron tamén nos traballos expostos nesta publicación ZACARÍAS GONZÁLEZCOSTA E FERNANDO VARA MOURELLE delineantes da OGPA SLP.

Proxe

cto grá

fico

: OGPA

|Pr

eim

pre

sión: Im

ago M

undi D

eseñ

o |

Impre

sión: A

lva Grá

fica

, 201

0

Page 31: Cuberta - empresas.mundo-r.com · Dende logo, a identidade non ten porque ser algo inmutábel forzosamente, pois actúan sobre ela mecanismos que crean procesos cambiantes e dinámicos