Cuestionarios para as empresas: campus vivencial eduEmprende

3
1 Campus eduEmprende Visita á Ulloa (Granxa Maruxa, Arqueixal, Ovos Pazo Vilane) Cuestionario a empresas De seguido móstranse algúns exemplos de preguntas que vos poden guiar na elaboración do voso cuestionario, podedes utilizalas e engadir máis preguntas que vos parezan necesarias para realizar o voso análise: Aspectos económicos/empresariais da empresa 1. Os comezos: como xurdiu a idea empresarial? 2. Cal é a imaxe que se quere transmitir da empresa? 3. Como comercializa os seus produtos? 4. Como se dá a coñecer a empresa? 5. Por que se elixiu esa localización? 6. Cal é a súa política de prezos? 7. Como se fai a distribución dos produtos? 8. Utilízase algunha ferramenta de promoción? 9. E algunha campaña publicitaria? 10. A que tipo de clientes se dirixen os produtos?

description

Cuestionarios modelo para preparar a visita ás empresas do Campus vivencial eduEmprende

Transcript of Cuestionarios para as empresas: campus vivencial eduEmprende

Page 1: Cuestionarios para as empresas: campus vivencial eduEmprende

 

1

Campus eduEmprende Visita á Ulloa

(Granxa Maruxa, Arqueixal, Ovos Pazo Vilane)

Cuestionario a empresas De seguido móstranse algúns exemplos de preguntas que vos poden guiar na

elaboración do voso cuestionario, podedes utilizalas e engadir máis preguntas que

vos parezan necesarias para realizar o voso análise:

Aspectos económicos/empresariais da empresa

1. Os comezos: como xurdiu a idea empresarial?

2. Cal é a imaxe que se quere transmitir da empresa?

3. Como comercializa os seus produtos?

4. Como se dá a coñecer a empresa?

5. Por que se elixiu esa localización?

6. Cal é a súa política de prezos?

7. Como se fai a distribución dos produtos?

8. Utilízase algunha ferramenta de promoción?

9. E algunha campaña publicitaria?

10. A que tipo de clientes se dirixen os produtos?

Page 2: Cuestionarios para as empresas: campus vivencial eduEmprende

 

2

Aspectos Ambientais da empresa  

1. Que materias primas necesita para realizar o seu produto ou servizo?

2. Onde consigue estas materias primas? De que maneira?

3. Consumo de auga: estableceu algunha medida para reducilo?

4. Consumo de enerxía: estableceu algunha medida para reducilo?

5. Utiliza substancias químicas artificiais á hora de elaborar o seu produto? Cre

que podería substituílas por algunha natural?

6. Como xestiona os impactos negativos que xenera a súa actividade?

7. Residuos: cales son e como os xestiona?

8. Xeración de augas sucias: como as elimina?

9. Ten algúnha garantía de que a súa actividade segue uns principios

respectuosos co medio ambiente?

10. O seu valor ambiental sírvelle para diferenciarse no mercado? Por que?

11. Proporciona a súa empresa información medioambiental clara e precisa sobre

as súas actividades e/ou produtos ós seus clientes, provedores, comunidade

local?

Page 3: Cuestionarios para as empresas: campus vivencial eduEmprende

 

3

Aspectos sociais da empresa/igualdade/RSC  

1. Compra produtos locais ou nútrese de servizos ofrecidos na súa comunidade

local, do comercio xusto, etc.?

2. Á hora de realizar unha contratación, dá preferencia á xente que vive na súa

localidade?

3. Ofrece oportunidades de formación a xente da empresa ou da comunidade

local?

4. Participa en actividades sociais da súa comunidade local?

5. A súa política de empresa inclúe cuestións como a igualdade de xénero,

capacidades especiais. etc?

6. Toma algunha medida para a conciliación da vida familiar e social dos seus

traballadores ou de vostede mesmo?

7. Ofrece algunha mellora ás condicións de maternidade/paternidade

establecidas pola lei?

8. Analiza a satisfacción dos seus clientes?

9. E dos seus empregados?

10. Establece medidas que favorezan un entorno laboral saúdable?