CUESTIÓNS TEMA 4

34
CUESTIONES TEMA 4 HISTORIA CONTEMPORÁNEA

Transcript of CUESTIÓNS TEMA 4

Page 1: CUESTIÓNS TEMA 4

CUESTIONES TEMA 4 HISTORIA CONTEMPORÁNEA

Page 2: CUESTIÓNS TEMA 4

1

1.SITUAR NUN MAPA MUDO DE EUROPA OS NOMES DOS ESTADOS BURGUESES DO SÉCULO XIX E COLOCAR ALGUNHA CARACTERÍSTICA DELES.

Reino de Gran Bretaña e Irlanda, España, Portugal, Francia, Bélxica, Holanda, Luxemburgo, Dinamarca, Imperio Alemán, Imperio Austro-Húngaro...

Gobernos liberais conservadores, Parlamentos subordinados ao Xefe do Estado, con dúas cámaras, restrición na aplicación de dereitos e liberdades, dereito de propiedade e liberdade económica, sufraxio censatario. Cando chegaban ao poder os gobernos progresistas ampliábanse estes dereitos.

Page 3: CUESTIÓNS TEMA 4

2

2.DICIR CALES SON CONSIDERADOS POTENCIAS E POR QUE.

Gran Bretaña, Francia, Alemaña en Europa. Estados Unidos en América.

Polo poderío económico, debido á industrialización e posterior expansión imperialista. Uns máis ca outros.

Page 4: CUESTIÓNS TEMA 4

3

3. DETERMINAR CALES SON MÁIS CONSERVADORES E CALES MENOS, CON RAZOAMENTO.

Máis conservadores: Alemaña e en menor medida Francia e Gran Bretaña nalgúns momentos de goberno conservador.

Francia sería das menos conservadoras polas medidas adoptadas: liberdades de reunión, de prensa e sindical; ensinanza estatal, gratuíta, obrigatoria e laica; separación Igrexa e Estado; divorcio; xornada laboral de 8 horas.

Estados Unidos, que despois dunha guerra civil (Norte-Sur) aboliu a escravitude.

Page 5: CUESTIÓNS TEMA 4

4

4. CRONOLOXÍA DA 2ª REVOLUCIÓN INDUSTRIAL. PAÍSES QUE A VIVEN NESE MOMENTO.

A partires das décadas de 1860-1870.

Europa occidental, Estados Unidos e Xapón

Page 6: CUESTIÓNS TEMA 4

5

5. PRINCIPAIS FONTES DE ENERXÍA. A SÚA APLICACIÓN NOVEDOSA.

Petróleo e electricidade. Petróleo: para

combustión dos novos motores. A electricidade: iluminación de casas e cidades, enerxía motriz para máquinas e medios de transporte, enerxía eléctrica para aparatos domésticos...

Page 7: CUESTIÓNS TEMA 4

6

6. QUE TIVO QUE VER O DESENVOLVEMENTO DA INDUSTRIA SIDEROMETALÚRXICA E A QUÍMICA NO ÉXITO DO IMPERIALISMO E COLONIALISMO EN ÁFRICA E ASIA?

Considerable mellora nas aliaxes e emprego de aceiro para a industria armamentística, coa conseguinte superioridade fronte aos nativos. Coa química tamén se desenvolve o mundo dos explosivos.

Mellora nos transportes, o que permite a mobilización rápida e numerosa das tropas e para o a explotación económica das colonias.

Page 8: CUESTIÓNS TEMA 4

7

7. COMO SE TRANSFORMARON OS TRANSPORTES A PARTIRES DA 2ª R.I.?

Coa invención do motor de explosión aparecerán os automóbiles e os avións, melloraranse os barcos. Tamén aparecerán os trens eléctricos, tranvías e metros.

Abarataranse os custos de transporte, tanto para persoas como para mercadorías.

Page 9: CUESTIÓNS TEMA 4

8

8. COMO SE NOTARON ESES AVANCES NAS CIDADES?

Nas melloras das condicións de vida: alumado público, auga, medios de transportes para todos, alimentos, sumidoiros. (Servizos urbanos).

Derrubamento de antigas murallas (novas ideas sobre o urbanismo: planificación, pénsase nas clases traballadoras)

Aparición de rañaceos, ascensores...

Melloras na medicina e hixiene.

Page 10: CUESTIÓNS TEMA 4

9

9. EXPLICA COMO HENRY FORD APLICOU AS IDEAS DE TAYLOR NAS SÚAS INDUSTRIAS.

- No traballo en cadea de Henry Ford procurou que os movementos dos seus traballadores foran só os precisos, eliminando os innecesarios. Cada traballador fai un só traballo, así non ten que desprazarse, coller novos instrumentos, e redúcense ao mínimo os seus movementos. Fará máis en menos tempo.

Page 11: CUESTIÓNS TEMA 4

10

10.COMO EXPLICARÍAS ESTA FRASE DE FORD: “Os salarios altos contribúen á baixada do custo da fabricación; os obreiros fanse cada vez máis laboriosos, unha vez liberados de preocupacións alleas ao traballo.”

Cando un traballador está ben pagado non pensa en buscar outro mellor, non ten preocupación sobre o seu futuro , nin o da súa familia. Estará motivado para non perder este que ten, por iso traballará o mellor que saiba.

Page 12: CUESTIÓNS TEMA 4

11

11. ELIXE UN DOS INVENTOS DO CADRO E DI QUE IMPORTANCIA TIVO NESE MOMENTO E ACTUALMENTE.

RESPOSTA LIBRE

Page 13: CUESTIÓNS TEMA 4

12

12. QUE RAZÓNS EXPLICAN O CRECEMENTO DEMOGRÁFICO DO SÉCULO XIX? NOMEA AS DÚAS QUE CHE PAREZAN MÁIS IMPORTANTES.

O descenso da mortalidade, sobre todo a infantil polo aumento de alimentos que eliminaron as fames cíclicas. Os avances médicos e na hixiene.

Aumento alimentos e avances médicos. (Resposta aberta)

Page 14: CUESTIÓNS TEMA 4

13

13. OBSERVANDO O CADRO DA EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN ONDE EXPLICA O MODELO DE TRANSICIÓN DEMOGRÁFICO E O DO CRECEMENTO DEMOGRÁFICO EUROPEO, CRES QUE TODOS ESES PAÍSES SE AXUSTAN AO MESMO MODELO AO MESMO TEMPO?

Gran Bretaña foi algo máis avanzada á altura de 1850. diminuíu antes a mortalidade.

En 1900 Rusia Francia foi a que menos

medrou en proporción, pero case todos os países máis industrializados levaron o mesmo ritmo.

Page 15: CUESTIÓNS TEMA 4

14

14. POR QUE ILDEFONSO CERDÁ DESEÑA O ENSANCHE DE BARCELONA? COMO É TRAZADO? EXISTE HOXE EN DÍA?

Polo gran aumento da poboación traballadora que chega a Barcelona, que é unha das principais cidades industriais de España.

Un trazado pensado para albergar a moitas persoas, pero xa trazado con lóxica de gran cidade, procurando acurtar os tempos de desprazamento e no tráfico, co chafado das esquinas dos edificios. Ademais incorpora a idea do benestar con zonas verdes e a circulación do aire.

Emprego de diagonais para axilizar o tráfico.

Page 16: CUESTIÓNS TEMA 4

15

15. CRONOLOXÍA DO IMPERIALISMO E DO COLONIALISMO. DIFERENCIAS ENTRE AMBOS CONCEPTOS.

Comeza entre 1830 e 1870, segundo os países colonizadores.

Política de expansión e dominación política, económica e militar fóra das súas fronteiras: IMPERIALISMO.

Ocupación de territorios e tranformalos en territorios(colonias) de explotación e poboamento: COLONIALISMO

Page 17: CUESTIÓNS TEMA 4

16

16. CAUSAS E CONSECUENCIAS.

ECONÓMICAS: necesidade dos países industrializados de materias primas, alimentos, mercados, investimento de capitais.

POLÍTICAS: prestixio da nación. Cantas máis colonias, máis poderoso se consideraba un país.

DEMOGRÁFICAS E SOCIAIS: excedentes de poboación das metrópoles se desviaban ás colonias, dándolles unha posibilidade de futuro e evitar tensións sociais nas metrópoles

IDEOLÓXICAS: superioridade da raza branca (racismo). Levar civilización superior, adoutrinar nas relixións europeas.

Page 18: CUESTIÓNS TEMA 4

Consecuencias POTENCIAS COLONIZADORAS:

Positivas: mercados, materias primas, fontes de enerxía a uns prezos moi baixos, formación fortunas, desfacerse de man de obra no paro…

COLONIZADOS: Positivas: avances técnicos,

médicos e novas correntes ideolóxicas como o liberalismo ou o marxismo.

Negativas: guerras de conquista, masacres, desprezo cultural e étnico, alteración fronteiras tribais, explotación recursos e persoas de xeito brutal…

Page 19: CUESTIÓNS TEMA 4

17

17. COLOCA NOS MAPAS MUDOS AS COLONIAS DOS PRINCIPAIS PAÍSES IMPERIALISTAS EN ÁFRICA E ASIA. CAL É A METRÓPOLE MÁIS IMPORTANTE?

- Gran Bretaña.

Page 20: CUESTIÓNS TEMA 4

18

18. POR QUE E PARA QUE TIVO LUGAR A CONFERENCIA DE BERLÍN EN 1885?

Os países industrializados botáronse a ocupar e colonizar territorios extraeuropeos sen máis criterio que o máis rápido e poderoso. O avance en África provocou continuos enfrontamentos, ata case chegar ás armas.

Para evitar enfrontamentos, en 1885 os países interesados nas posesión colonias, reuníronse en Berlín, nun Congreso, auspiciado por Bismarck

Page 21: CUESTIÓNS TEMA 4

19

19. CAL OU CALES DAS CAUSAS DA EXPANSIÓN COLONIAL CRES QUE SE REFLICTEN NO TEXTO DE JULES FERRY?

Necesidade de investir capitais

Mercado para vender os seus produtos

Levar civilización superior.

Page 22: CUESTIÓNS TEMA 4

20

20. QUE SE ENTENDE POR RESTAURACIÓN BORBÓNICA? A QUE MONARCAS IMPLICA?

Período da historia de España que vai de 1875 ata 1923.

O rei Afonso XII, a raíña María Cristina de Habsburgo, como rexente e o rei Afonxo XIII.

Page 23: CUESTIÓNS TEMA 4

21

21. EN QUE CONSISTÍA A QUENDA PACÍFICA DE PARTIDOS EN ESPAÑA? QUE PARTIDOS ESTABAN IMPLICADOS E NOME DOS LÍDERES.

Un pacto entre os dous partidos maioritarios, Conservador (Cánovas) e o Liberal (Sagasta), para alternarse pacificamente no poder.

A raíña destituía o goberno e nomeaba a un novo, que tiña que convocar eleccións e gañalas

Page 24: CUESTIÓNS TEMA 4

22

22. PARA QUE SE PRECISABA O FRAUDE ELECTORAL E AOS CACIQUES NA ESPAÑA DE FINAIS DO XIX E PRINCIPIOS DO XX?

Para garantir que o partido elixido polo rei para gobernar fose o que saíse vencedor das eleccións xerais.

Os caciques eran os líderes locais que garantían os votos para os seus candidatos.

Page 25: CUESTIÓNS TEMA 4

23

23. QUE PASOU EN 1898?

Perda das últimas colonias de España, Cuba e Filipinas. Venda das illas do Pacífico.

Forte impacto emocional e corrente intelectual, chamada rexeneracionismo, liderada por Joaquín Costa

Page 26: CUESTIÓNS TEMA 4

24

24. POR QUE ENTRA EN CRISE O SISTEMA DA RESTAURACIÓN?

Constantes intervencións do monarca nos asuntos políticos e militares, moitas veces pouco afortunadas.

Incremento do papel do exército na vida pública.

División e disputas internas nos partidos políticos que se alternaban no poder.

Incremento das forzas opositoras.

Page 27: CUESTIÓNS TEMA 4

25

25. QUE FOI O DESASTRE DE ANNUAL?

- España ocupaba unha parte de Marrocos e no ano 1921 as tropas marroquís, dirixidas por Abd el-Krim, enfrontáronse ao exército español, que sufriu unha terrible derrota, xa que morreron case todos os nosos soldados, dirixidos polo xeneral Silvestre. Ademais, perdeuse ese territorio.

Page 28: CUESTIÓNS TEMA 4

26

26. QUE RAZÓNS EXPLICAN O PODER DOS CACIQUES EN GALICIA? DURANTE CANTO TEMPO?

Predominio rural, dispersión da poboación, escaso desenvolvemento económico e debilidade do Estado que permitiu a extensión das redes clientelares dos caciques: intercambio de votos por favores, tanto económicos coma políticos.

Desde fins XIX e primeiras décadas XX.

Page 29: CUESTIÓNS TEMA 4

27

27. CARA ONDE EMIGRARON OS GALEGOS E POR QUE TIVERON QUE FACELO?

Cara a América Latina Incremento da

poboación e escaso desenvolvemento económico galego para facer fronte ás súas necesidades.

Page 30: CUESTIÓNS TEMA 4

28

28. QUE FASES SE PASAN ATA CHEGAR AO NACIONALISMO?

Rexurdimento cultural da lingua

Rexionalismo: descentralización do poder

Nacionalismo e defensa da propia comunidade como nación diferenciada da española.

Page 31: CUESTIÓNS TEMA 4

29

29. CANDO XURDE O NACIONALISMO CATALÁN E QUEN É O SEU LÍDER? EXISTEN HOXE? COMO SE CHAMAN OS SEUS PARTIDOS? LÍDERES

A partir de 1894 Henrique Prat de la

Riba Si CIU: Albert Mas ERC: Josep Lluis Carod

Rovira

Page 32: CUESTIÓNS TEMA 4

30

30. QUEN FOI O MÁXIMO REPRESENTANTE DO NACIONALISMO VASCO? QUE PARTIDO FUNDOU? EXISTE HOXE? QUEN É O SEU LÍDER?

Sabino Arana PNV Si Urkullo: presidente

Page 33: CUESTIÓNS TEMA 4

31

31. QUE ACONTECEMENTO MARCOU O INICIO DO NACIONALISMO GALEGO? QUE DEFENDE? NOME DALGÚN LÍDER.

Fundación Irmandades da Fala: 1916.

Nación propia e diferenciada do resto de España pola súa lingua, xeografía e espírito.

Vilar Ponte, Vicente Risco...

Page 34: CUESTIÓNS TEMA 4

32

32. HOXE EN DÍA EXISTE ALGÚN PARTIDO NACIONALISTA EN GALICIA? LÍDER. É DE TIPO CONSERVADOR OU PROGRESISTA?

Si BNG: Guillerme

Vázquez Progresista.