Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

43
CULTURA E ARTE NA EUROPA FEUDAL: ROMÁNICO E GÓTICO. O CAMIÑO DE SANTIAGO 2º ESO

Transcript of Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

Page 1: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

CULTURA E ARTE NA EUROPA FEUDAL: ROMÁNICO E GÓTICO.

O CAMIÑO DE SANTIAGO

2º ESO

Page 2: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

1. MOSTEIROS, ESCOLAS CATEDRALICIAS E UNIVERSIDADES● A sociedade medieval era maioritariamente

analfabeta. Os mosteiros convertéronse nos únicos lugares nos que quedou recluída a cultura grazas ao labor dos monxes/as.

➢ Os primeiros mosteiros xurdiron no século V e no seu desenvolvemento foi fundamental San Bieito de Nursia, fundador da Regra de San Bieito que organizaba a vida dos monxes baseada na oración e no traballo (ora et labora).

➢ A orde dos bieitos tivo dúas reformas: a cluniacense e a cisterciense.

● Foi moi importante o traballo dos copistas e dos miniaturistas, a maioría monxes, que se dedicaban a copiar a man (manuscritos) textos relixiosos ou científicos.

● A Escola de tradutores de Toledo foi un destacado centro de copistas e de tradución (árabe ao latín), e contou co apoio de Alfonso X “o Sabio”.

● A evolución do latín deu como resultado a aparición das linguas romances: galego, castelán, catalán, italiano ou francés.

Page 3: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

1. MOSTEIROS, ESCOLAS CATEDRALICIAS E UNIVERSIDADES

● No século XIII fúndanse novas ordes monásticas: os franciscanos (san Francisco de Asís) e os dominicos (san Domingos de Guzmán): ordes mendicantes

● Nas catedrais instaláronse escolas, as escolas catedralicias, que se converteron no xermolo das universidades.

● As universidades naceron como agrupacións de estudantes e mestres. Destacaron as de Bolonia, París, Oxford, Palencia ou Salamanca.

● Cada universidade era autónoma e tiña os seus estatutos onde se fixaba o calendario escolar, as ensinanzas que se impartían e o tipo de exames.

● As ensinanzas organizábanse en sete tipos de saberes agrupados en dous grupos: o trivium: Gramática, Dialéctica e Retórica, e o quadrivium: Aritmética, Xeometría, Astronomía e Música.

● A invención da imprenta de caracteres móbiles polo alemán Gutenberg en 1440 facilitou enormemente a difusión da cultura.

Page 4: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

UNIVERSIDADES EUROPEAS NA IDADE MEDIA

SETE ARTES

UNIVERSIDADE DE BOLONIA

1. MOSTEIROS, ESCOLAS CATEDRALICIAS E UNIVERSIDADES

Page 5: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

2.- O CAMIÑO DE SANTIAGO● O Camiño de Santiago foi, na Idade Media,

unha ruta de peregrinación que, desde o interior de Francia, conducía a Santiago de Compostela.

● Alfonso II de Asturias, no século IX, ordenou a construción dunha igrexa (futura catedral) no lugar onde, segundo a tradición, se atopaba a tumba do apóstolo Santiago, que se converteu nun lugar de culto e peregrinación.

● A partir do descubrimento do sepulcro, coincidindo co inicio da Reconquista cristiá, foise creando a mítica figura de Santiago matamouros que, montado nun cabalo branco, se aparecía aos cristiáns para infundirlles ánimo na loita contra os musulmáns.

Page 6: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

2.- O CAMIÑO DE SANTIAGO● A maioría dos peregrinos chegaban a Compostela a través de dúas rutas:

➢ A vía terrestre principal era o camiño francés seguido polos peregrinos que, procedentes de toda Europa, confluían en Puente la Reina (Navarra) para seguir por unha ruta que atravesaba a Meseta Norte ata chegar a Compostela.

➢ A vía marítima foi a seguida polos peregrinos nórdicos e ingleses que desembarcaban na costa galega e camiñaban logo ata Santiago: Camiño inglés.

● O bispo de Compostela, Diego Xelmírez, potenciou as peregrinacións, estendéndose o culto a Santiago coa concesión do Ano Santo por parte do Papa Calixto II no 1122.

● O Camiño de Santiago actuou como vía de penetración de novas ideas culturais e estéticas, como o Románico, e orixinou unha intensa actividade comercial e crecemento urbano das localidades polas que pasaba.

Pedr

afita

do

Cebr

eiro

Page 7: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

3.- A ESTÉTICA MEDIEVAL: O ROMÁNICO E O GÓTICO● O Románico foi o estilo dominante en Europa occidental durante os séculos XI e XII,

impulsado polos cluniacenses. Recibe este nome porque presenta algúns elementos construtivos semellantes aos da arte romana.

● O Gótico naceu na zona de París e espallouse durante os séculos XIII, XIV e XV pola Europa occidental.

● Tanto o Románico como o Gótico foron estilos ao servizo da relixión católica.

● As diferenzas entre os dous estilos aprécianse na seguinte táboa:

ROMÁNICO GÓTICO

●Dominio do mundo rural: construción de mosteiros e castelos.●As artes están relacionadas, case exclusivamente, coa relixión. Grande uniformidade nas obras de arte. Escasa renovación técnica. Os artistas eran considerados artesáns, non asinaban as obras.●Mentalidade dominada pola imaxe do Deus-xuíz, todopoderoso e xusticieiro.●Esculturas e pinturas que buscan máis o sentido simbólico e didáctico que a beleza, a proporción ou o realismo das figuras.●Predominio da arquitectura.

●Renacer do mundo urbano: catedrais, palacios e edificios civís.●Moitos temas relixiosos, pero crecente interese polos temas profanos. Maior variedade nas formas. Valoración do artista individual e investigación de novas técnicas.●Esténdese a idea de Deus misericordioso e compasivo. Humanización da figura de Deus e representación da virxe María.●Naturalismo e maior realismo dos temas e das figuras.●Busca da beleza e da proporción. ●Crecente importancia da escultura e da pintura.

Page 8: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

4.- O ROMÁNICO

ARQUITECTURA

● Planta de cruz latina.● Cruceiro: onde se cruzan os brazos, cuberto cun ciborio● Material: pedras de cantaría

Page 9: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

4.- O ROMÁNICO● Na cabeceira:

– Absida semicircular.

– Girola ou deambulatorio (carola)

Santa María de Cambre

San Martín de Frómista

Page 10: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

4.- O ROMÁNICO

● Cuberta interior:

– Bóveda de canón.

– Arcos faixóns.

● Elementos sustentantes:

– columnas ou piares.

– Grosos muros

● Contrafortes exteriores

Page 11: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

4.- O ROMÁNICO

● Torre-campanario unida á igrexa ou separada.

Page 12: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

4.- O ROMÁNICO

IGREXA

ROMÁN ICA

Page 13: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

IGREXA

ROMÁNICA

San Martín de Frómista

4.- O ROMÁNICO

Page 14: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

4.- O ROMÁNICO

Mosteiro de Ripoll

San Clemente de Tahull

Santa María de Tahull

Page 15: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

4.- O ROMÁNICOCATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Planta Alzado

Page 16: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

FACHADA ROMÁNICA

CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

FACHADA ACTUALARTE BARROCO

4.- O ROMÁNICO

Page 17: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

4.- O ROMÁNICO

CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

INTERIOR

Page 18: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

Santo Estevo de Ribas do Sil

Porta de PrateríasPazo de Xelmírez

4.- O ROMÁNICO

Page 19: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

4.- O ROMÁNICO

ESCULTURA

● Temática: relixiosa.

● Funcións: decorativa e didáctica: adoutrinar ao pobo e explicarlles os feitos sagrados da Biblia porque a maioría da poboación era analfabeta.

● Tratamento anatómico e dos rostros: figuras ríxidas, frontais, de rostros inexpresivos, adaptadas ao marco e pouco proporcionadas.

● Situábanse nas portadas, columnas e chapiteis.

● Materiais: pedra e madeira policromadas.

TÍMPANO DE SANTA FE DE CONQUES

Page 20: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

Portada Románica

4.- O ROMÁNICO

Page 21: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

Duda de Santo TomásSanto Domingo de Silos

Crucifixo San Isidoro de León

Virxe co Neno de GerCapitel

David Portada de Praterías

4.- O ROMÁNICO

Page 22: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

CATEDRAL DE SANTIAGO

Pórtico da Gloria

4.- O ROMÁNICO

Page 23: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

4.- O ROMÁNICO

PINTURA ● Finalidade: igual ca escultura:

decorativa e didáctica.

● Técnicas: pintura ao fresco e pintura sobre táboas.

● Non había profundidade nin volume nas composicións.

● As figuras adaptábanse ao marco arquitectónico.

● Perspectiva xerárquica.

● Horror vacui.

● Temáticas: Pantocrator, escenas da Biblia e das vidas de santos.

Page 24: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

5.- O GÓTICOARQUITECTURA. CARACTERÍSTICAS:

● Edificios verticais, con grandes ventanais cubertos con vidrieiras de cores e rosetóns, o que fai que sexan moi luminosos por dentro. O máis representativo é a catedral.

● Emprego do arco apuntado ou oxival.

● Utilizan a bóveda de cruzaría.

● Elemenos sustentantes: columnas e piares no interior, arcobotantes e contrafortes exteriores reforzando o muro.

● Pináculos e frechas ramataban os contrafortes e as torres.

● Portadas moi ornamentadas con esculturas e rematadas cun gablete.

Page 25: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

ARQUITECTURA

CATEDRAL GÓTICA

5.- O GÓTICO

CHARTRES

Page 26: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

CHARTRES

AMIENS REIMS PARÍS

5.- O GÓTICO

Page 27: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

ARCOBOTANTES E PINÁCULOS

ROSETÓN: VISTA INTERIOR

BÓVEDA DE CRUZARÍA

VIDRIEIRAS: SAINTE-CHAPELLE. PARÍS

Page 28: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

ARQUITECTURA CIVIL

Casa Concello de Bruxelas

Lonxa de panos de Bruxes

Palazzo do Dux - Venecia

Palazzo de Comune - Siena

5.- O GÓTICO

Page 29: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

León

Burgos

Palma de Mallorca

5.- O GÓTICO

Page 30: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

Catedral de Tui

Estilo cisterciense: Igrexa do mosteiro de Meira

Igrexa de San Francisco - Betanzos

5.- O GÓTICO

Estilo cisterciense: Mosteiro de Armenteira

Page 31: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

ESCULTURA

● Progresiva liberación do marco arquitectónico.

● Durante o século XIII continuou a ser o principal elemento ornamental en fachadas, tímpanos, arquivoltas e parteluces de igrexas e catedrais.

● No século XIV apareceron novos tipos de escultura, máis independentes da arquitectura: o retablo e o sepulcro.

● Escultura máis realista:

– Maior expresividade e detallismo no rostro.

– Preocupación por amosar o volume dos corpos.

– Maior proporción no canon.

– Movemento a través da xestualidade nas figuras.

– Sentido narrativo das figuras, comezan a relacionarse entre si.

● Materiais: Pedra, mármore e madeira policromada.

● Función didáctica: ensinar aos fieis, polo xeral analfabetos, os dogmas e principios do cristianismo.

● Novos temas: marianos, vidas de santos e profanos

5.- O GÓTICO

Page 32: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

Portada catedral de Amiens

Virxe románica hierática Virxe gótica: Imaxe humanizada

5.- O GÓTICO

Page 33: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

5.- O GÓTICO

Anunciación e Visitación.Pórtico da Catedral de Reims. Século XIII

Detalle:Anxo do sorriso.

Individualización dos rostros

Page 34: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

5.- O GÓTICO

Gárgolas: Notre-Dame de París

Page 35: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

5.- O GÓTICO

RETABLO GÓTICO. Catedral de Toledo

Sepulcro de Philippe Pot

Page 36: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

5.- O GÓTICO

Sepulcro de Fernán Pérez de AndradePortada Catedral de Tui

Page 37: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

5.- O GÓTICO

PINTURA GÓTICA. CARACTERÍSTICAS:

● Xeralizouse a pintura sobre táboa de madeira (retablos) e a pintura de vidreiras.

● Predominaba a temática relixiosa.

● Busca a realismo e os fondos dourados fóronse substituíndo por arquitecturas e paisaxes.

● As figuras teñen unhas proporcións máis naturais.

● Búsqueda do volume e da expresividade dos xestos e dos rostros.

Giotto: A adoración dos magos

Duccio: Maestá

Page 38: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

5.- O GÓTICO

PINTURA GÓTICA. PRIMITIVOS FLAMENCOS (SEC. XV)

● Pintura ao óleo.

● Representación da realidade con gran detallismo.

● Temas variados: relixiosos e profanos: escenas da vida cotiá, retratos e paisaxes.

JAN VAN EYCK

O matrimonio Arnolfini Virxe do Chanceler Rolin

Page 39: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

5.- O GÓTICO

PINTURA GÓTICA. PRIMITIVOS FLAMENCOS (SEC. XV)

IRMÁNS VAN EYCK: Adoración do cordeiro místico. 1432

Page 40: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

5.- O GÓTICOPINTURA GÓTICA. PRIMITIVOS FLAMENCOS (SEC. XV)

ROGER VAN DER WEYDEN

Descendemento

Page 41: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

PINTURA GÓTICA. PRIMITIVOS FLAMENCOS (SEC. XV)

O BOSCO

O xardín das delicias

O carro de heno

5.- O GÓTICO

Page 42: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

5.- O GÓTICO

Luis Dalmau: Virxe dos Consellers Fernando Gallego: Crucifixión

Page 43: Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago

FIN