DATOS METEOROLÓXICOS 2016 RAIOS - MeteoGalicia€¦ · como a configuración sinóptica (0h UTC)...

11
Anuario de raios 206 DATOS METEOROLÓXICOS 2016 RAIOS

Transcript of DATOS METEOROLÓXICOS 2016 RAIOS - MeteoGalicia€¦ · como a configuración sinóptica (0h UTC)...

Page 1: DATOS METEOROLÓXICOS 2016 RAIOS - MeteoGalicia€¦ · como a configuración sinóptica (0h UTC) que provocou a actividade eléctrica, aire moi cálido na Península Ibérica e unha

Anuario de raios 206

DATOS METEOROLÓXICOS 2016 RAIOS

Page 2: DATOS METEOROLÓXICOS 2016 RAIOS - MeteoGalicia€¦ · como a configuración sinóptica (0h UTC) que provocou a actividade eléctrica, aire moi cálido na Península Ibérica e unha

Anuario de raios 2016

Páxina 1 de 10

ÍNDICE

1 INTRODUCCIÓN ............................................................................................................................ 2

2 RAIOS REXISTRADOS DURANTE O ANO 2016 ...................................................................... 3

3 COMPARATIVA ANUAL DENDE 2011 A 2016 ........................................................................ 8

Data edición: 12/02/2017

Page 3: DATOS METEOROLÓXICOS 2016 RAIOS - MeteoGalicia€¦ · como a configuración sinóptica (0h UTC) que provocou a actividade eléctrica, aire moi cálido na Península Ibérica e unha

Anuario de raios 2016

Páxina 2 de 10

1 INTRODUCCIÓN

MeteoGalicia conta dende finais de 2009 cunha rede de detección de descargas eléctricas nube-

terra que permite a monitorización de treboadas en tempo real. O sistema permite tamén estimar as

posibles evolucións a moi curto prazo (nowcasting) destes fenómenos.

A rede está composta por catro detectores de raios, un en cada provincia da Comunidade e máis

concretamente en Alto do Rodicio (Ourense), Castro Ribeiras

de Lea (Lugo), Mabegondo (A Coruña) e Vigo Campus

(Pontevedra).

A precisión media na localización dos raios nube-terra en

Galicia é da orde de 500 m e unha capacidade de detección

superior ao 90%.

Neste informe recóllense os datos do 2015 e unha comparativa

dende 2011, ano no que a rede comezou a traballar de forma

completamente operativa.

Este sistema opera baixo unha norma de calidade ISO 9001.

Para máis información consultar en:

http://www.meteogalicia.es/observacion/raios/raios.action

Page 4: DATOS METEOROLÓXICOS 2016 RAIOS - MeteoGalicia€¦ · como a configuración sinóptica (0h UTC) que provocou a actividade eléctrica, aire moi cálido na Península Ibérica e unha

Anuario de raios 2016

Páxina 3 de 10

2 RAIOS REXISTRADOS DURANTE O ANO 2016

Durante o ano 2016 detectáronse sobre Galicia 20283 raios distribuídos en 78 días de

treboada, un 42.6% máis de raios que en 2015. O número medio diario anual de raios foi 260

(nos días con raios). Na táboa 1 móstrase a distribución por meses do número de días, o

número de raios, os raios/día e as datas de ocorrencia en cada mes. En decembro non se

rexistraron raios.

Mes

Días

Raios

Raios/Día Datas do mes con treboadas

Xan 6 334 56 5 9 10 11 12 25

Feb 8 609 76 6 7 12 14 15 24 26 27

Mar 5 175 35 4 5 19 21 27

Abr 13 742 57 3 4 10 11 12 13 15 16 17 19 20 22 23

Mai 14 999 71 8 9 10 11 12 17 20 21 24 25 26 27 28 30

Xun 5 2472 494 3 15 16 22 23

Xul 5 5245 1049 5 6 7 18 19

Ago 5 8777 1755 14 15 24 25 26

Set 4 500 125 6 13 14 24

Out 5 135 27 12 13 22 23 24

Nov 8 295 37 3 5 6 7 12 20 21 24

Dec 0 0 0

TOTAL 78 20283 260 Táboa 1

De estes 20283, un 57% corresponden a raios negativos (orixínanse na parte inferior da nube)

e un 43% positivos (parte superior da nube). O maior porcentaxe en ambos casos acadouse no

mes de agosto, cun 17% de positivos e un 26% de negativos, respecto do total.

Na figura 1 móstrase a evolución dos días ao longo do ano 2016 nos que se rexistraron raios

en Galicia. O maior número de días concéntrase na primavera (41%), principalmente nos

meses abril e maio. No resto dos meses, os días de raios estiveron entre 4 e 8, agás decembro

no que a rede non rexistrou ningún.

Page 5: DATOS METEOROLÓXICOS 2016 RAIOS - MeteoGalicia€¦ · como a configuración sinóptica (0h UTC) que provocou a actividade eléctrica, aire moi cálido na Península Ibérica e unha

Anuario de raios 2016

Páxina 4 de 10

Figura 1. Número de días de treboada no ano 2016 en Galicia.

Na figura 2 móstrase o número de raios por mes en Galicia. O mes de agosto, cun 43.3%,

concentrou a maior parte dos raios rexistrados pola rede de detección e no verán rexistráronse

o 81.3% do total de raios anuais.

Figura 2. Número de raios no ano 2016 en Galicia.

Page 6: DATOS METEOROLÓXICOS 2016 RAIOS - MeteoGalicia€¦ · como a configuración sinóptica (0h UTC) que provocou a actividade eléctrica, aire moi cálido na Península Ibérica e unha

Anuario de raios 2016

Páxina 5 de 10

O día cun maior número de raios detectados foi o 24 de agosto. A rede detectou 9506 raios,

dos cales, 6359 en Galicia. Isto representa case un 31.4% dos raios de todo o ano 2016 e a

maior parte sobre a provincia de Lugo. Na figura 3 móstrase o mapa de raios deste día, así

como a configuración sinóptica (0h UTC) que provocou a actividade eléctrica, aire moi cálido

na Península Ibérica e unha valgada nos niveis altos da atmosfera achegando aire frío polo

noroeste.

Figura 3. Raios o 24 de agosto de 2016.

Page 7: DATOS METEOROLÓXICOS 2016 RAIOS - MeteoGalicia€¦ · como a configuración sinóptica (0h UTC) que provocou a actividade eléctrica, aire moi cálido na Península Ibérica e unha

Anuario de raios 2016

Páxina 6 de 10

Tendo en conta a distribución por provincia (ver figura 4), o maior número de raios

rexistrouse sobre Lugo (10632- 52%), logo sobre Ourense (4036 – 20%), séguelle Pontevedra

(3166 – 16%) e finalmente A Coruña (2449 – 12%).

Figura 4. Distribución de raios por provincia.

Na figura 5 móstrase a distribución por concello do número de días nos que se detectou algún

raio. Na provincia da Coruña os concellos con maior número de días foron As Pontes de

García Rodríguez con 15, Ortigueira 14 e Monfero 13. En Lugo, Guitiriz con 14, Vilalba 13 e

Muras con 12. En Ourense, O Irixo con 10 e Montederramo, Parada de Sil, A Veiga e Vilariño

de Conso con 9. Finalmente en Pontevedra, A Estrada con 11, Silleda e Cotobade, Forcarei e

Lalín con 9.

Nos concellos Arnoia, Cortegada, Pontedeva e Vilar de Santos, na provincia de Ourense e O

Porriño, Pontecesures e A Illa de Arousa, na de Pontevedra, non se rexistraron raios nube a

terra.

2449

10632

4036

3166

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Page 8: DATOS METEOROLÓXICOS 2016 RAIOS - MeteoGalicia€¦ · como a configuración sinóptica (0h UTC) que provocou a actividade eléctrica, aire moi cálido na Península Ibérica e unha

Anuario de raios 2016

Páxina 7 de 10

Figura 5. Número de días de treboada en 2015 por concello.

Tendo en conta o número de raios rexistrados en cada concello e a súa superficie, calculouse

a densidade (raios/km2) en 2016 (figura 6). Na provincia de A Coruña o concello con maior

densidade foi Toques con 2.4. En Lugo, Friol con 3.5. En Ourense, O Irixo con 4.1 e en

Pontevedra, Lalín con 3.3. Os concellos de montaña do leste de Lugo e Ourense son en xeral

os que presentan unha maior densidade. Tamén na dorsal galega, entre Ourense e Pontevedra.

Page 9: DATOS METEOROLÓXICOS 2016 RAIOS - MeteoGalicia€¦ · como a configuración sinóptica (0h UTC) que provocou a actividade eléctrica, aire moi cálido na Península Ibérica e unha

Anuario de raios 2016

Páxina 8 de 10

Figura 6. Densidade de raios en 2015.

3 COMPARATIVA ANUAL DENDE 2011 A 2016

Como pode observarse na figura 7, no ano 2012 a rede rexistrou 11493 raios sobre Galicia,

sendo este un valor moi inferior ó rexistrado no ano 2011 (24190). En 2013 esta cifra seguiu

baixando ata un valor de 10367 raios. Sen embargo, 2014 foi, destes 6 anos, o ano cun maior

número (35376 – un 83% por riba da media), superando á suma do 2012 e 2013. No 2015

Page 10: DATOS METEOROLÓXICOS 2016 RAIOS - MeteoGalicia€¦ · como a configuración sinóptica (0h UTC) que provocou a actividade eléctrica, aire moi cálido na Península Ibérica e unha

Anuario de raios 2016

Páxina 9 de 10

houbo un total de 14220 raios rexistrados, un 26% menos que o valor medio destes 5 anos. No

2016 a cifra ascende ata os 20283, quedando por detrás do 2014 e do 2011.

Figura 7. Total de raios de 2011 a 2016 en Galicia.

Na figura 8 móstranse os raios detectados nestes 6 anos distribuídos por provincia. A

provincia de Lugo é a que rexistrou un maior número, agás no 2013, que foi a provincia de

Ourense.

Figura 8. Total de raios de 2011 a 2016 por provincia.

24190

1194310367

35376

14220

20283

0

5000

10000

15000

20000

25000

30000

35000

40000

2011 2012 2013 2014 2015 2016

Total anual de raios en Galicia

Total Anual Valor medio (19396)

4019

8869 8730

25721476

6401

280312631440

3143

4931

853

8537

19828

3658 33531949

6545

4586

11402449

10632

4036 3166

0

5000

10000

15000

20000

25000

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra

Total anual de raios por provincia

2011 2012 2013 2014 2015 2016

Page 11: DATOS METEOROLÓXICOS 2016 RAIOS - MeteoGalicia€¦ · como a configuración sinóptica (0h UTC) que provocou a actividade eléctrica, aire moi cálido na Península Ibérica e unha

Anuario de raios 2016

Páxina 10 de 10

Na figura 9 pode verse a evolución do número de raios por mes dende xaneiro do 2011. Nos

anos 2011 a 2013, a maior parte dos raios foron rexistrados en primavera e comezos do verán.

En 2014, se ben xuño foi o mes cun maior número, a maior parte ocorreron en outono, en

concreto, nos meses de setembro e novembro. A cifra de 6000 raios mensuais só foi superada

catro veces nestes seis anos, en maio do 2011, en xuño e setembro de 2014 e en agosto do

2016. No 2016 a maior parte dos raios foron rexistrados no verán, durante os meses de xullo e

agosto.

Figura 9. Raios rexistrados por mes en Galicia dende xaneiro de 2011 a decembro de 2016.

MeteoGalicia

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

Xunta de Galicia

218

1330

150

4599

11645

3632

359

1477

342200226128 0174

1966

616

1577

5780

28

1452

16810965347267693

18857452

5635

13

10261282

32375

85081887

1873

185

13288

67790

11799

79

5630

0668761

16

2547

119

47864107

775119267055334609

175742999

2472

5245

8777

5001352950

0

2000

4000

6000

8000

10000

12000

14000

20

11

-Xa

n2

01

1-F

eb

20

11

-Ma

r2

01

1-A

br

20

11

-Ma

i2

01

1-X

un

20

11

-Xu

l2

01

1-A

go

20

11

-Se

t2

01

1-O

ut

20

11

-No

v2

01

1-D

ec

20

12

-Xa

n2

01

2-F

eb

20

12

-Ma

r2

01

2-A

br

20

12

-Ma

i2

01

2-X

un

20

12

-Xu

l2

01

2-A

go

20

12

-Se

t2

01

2-O

ut

20

12

-No

v2

01

2-D

ec

20

13

-Xa

n2

01

3-F

eb

20

13

-Ma

r2

01

3-A

br

20

13

-Ma

i2

01

3-X

un

20

13

-Xu

l2

01

3-A

go

20

13

-Se

t2

01

3-O

ut

20

13

-No

v2

01

3-D

ec

20

14

-Xa

n2

01

4-F

eb

20

14

-Ma

r2

01

4-A

br

20

14

-Ma

i2

01

4-X

un

20

14

-Xu

l2

01

4-A

go

20

14

-Se

t2

01

4-O

ut

20

14

-No

v2

01

4-D

ec

20

15

-Xa

n2

01

5-F

eb

20

15

-Ma

r2

01

5-A

br

20

15

-Ma

i2

01

5-X

un

20

15

-Xu

l2

01

5-A

go

20

15

-Se

t2

01

5-O

ut

20

15

-No

v2

01

5-D

ec

20

16

-Xa

n2

01

6-F

eb

20

16

-Ma

r2

01

6-A

br

20

16

-Ma

i2

01

6-X

un

20

16

-Xu

l2

01

6-A

go

20

16

-Se

t2

01

6-O

ut

20

16

-No

v2

01

6-D

ec

me

ro

Ano-Mes

Raios por mes en Galicia