Declaración da FSM no 1º de Maio

3

description

Comunicado da Federación Sindical Mundial no 1º de Maio de 2011 [Tradución ao galego]

Transcript of Declaración da FSM no 1º de Maio

Page 1: Declaración da FSM no 1º de Maio
Page 2: Declaración da FSM no 1º de Maio

Traballadores e traballadoras,

Celebramos o Primeiro de Maio de 2011 nun período crucial. Nun período de imperialismo agresivo, políticas anti-laborais e nun momento no que o sistema capitalista mundial está nunha crise económica profunda e multifacética do propio sistema. Esta crise exprésase en todos os sectores: na economía, o medio ambiente, a calidade de vida, a cultura e o cambio climático. As crises son no ADN do capitalismo e por esta razón aparecen unha e outra vez. É imposible para o capitalismo resolver os problemas dos pobos do mundo. No Mediterráneo oriental, Oriente Medio, o Norte de África os perigosos acontecementos, os conflitos e a competencia entre os imperialistas teñen como obxectivo o petróleo de Libia, o gas natural dos países do norte de África e o control de puntos estratéxicos ricos en materias primas. Vimos a agresión militar dos imperialistas contra Libia. En Swazilandia, o goberno respondeu brutalmente contra as manifestacións pacíficas dos seus propios cidadáns, que esixían un goberno democrático que goberne polo interese xenuíno de todos os cidadáns dese país. En Alxeria, o réxime demostrou unha vez máis a súa verdadera cara coa violencia de Estado usada contra a manifestación do pobo alxerino contra a pobreza, o aumento do desemprego e os altos prezos dos produtos de primeira necesidade, a falta de liberdades e a crecente opresión. En Exipto, vimos á xente loitando pola democracia, a liberdade e a xustiza e en contra da política e a táctica dos EE.UU., que trataban de controlar os acontecementos e colocar as súas novas ferramentas, os seus novos monicreques no liderado do Estado exipcio. En Tunes, o desenvolvemento vai unido á falta total de liberdades, a persecución da xente progresista e calquera outra voz de contradición, a pobreza, a alta taxa de desemprego, a inxustiza social e os altos prezos dos produtos de primeira necesidade.En Oriente Medio, o tormento dos heroicos pobos palestino, libanés e sirio continúan por parte de Israel, co apoio substancial dos EE.UU., a Unión Europea e os seus aliados. En Bahrein, o goberno declarou a lei marcial contra o pobo e a clase obreira de Bahrein, que están a loitar pola democracia, a liberdade e a xustiza e pór fin ao saqueo dos recursos do país polos capitalistas, os reis e emires. En Asia o panorama non é mellor: en Iraq, Afganistán e Paquistán, EE.UU. e os imperialistas europeos continúan coa súa ocupación e as operacións militares.As inundacións mortais en Paquistán e o tráxico tsunami en Xapón son outra proba de que a xente do mundo non está protexida contra os fenómenos naturais, a pesar do avance tecnolóxico. Nos EE.UU. a situación é tamén complicada. En América do Norte, o desemprego e a pobreza están a aumentar. A taxa oficial de desemprego nos EE.UU. é actualmente do 9,5% - 10,2 millóns de estadounidenses están a recibir beneficios de desemprego. América Latina sente a agresividade de Norteamérica. Calumnias e ataques contra a heroica Revolución Cubana, difamación contra Venezuela, Bolivia, Ecuador, a ocupación en Haití, o apoio á ditadura en Honduras. En Colombia, nos últimos cinco anos, centos de sindicalistas foron asasinados e o país está a transformarse nunha base militar estadounidense. En Chile, o tráxico accidente ocurrido na mina San José e os delitos cometidos contra a seguridade dos mineiros. En Brasil, as devastadoras inundacións causaron numerosas mortes de inocentes. Pero tamén en Europa, o capitalismo crea e multiplica os problemas. Os traballadores desempregados nos países da Unión Europea cóntanse por millóns. En Europa, a taxa

Page 3: Declaración da FSM no 1º de Maio

oficial de desempleo alcanzou o 9,3%, cun desemprego que aumentou nun 20,7% para os traballadores novos das idades entre 15-24. As privatizacións, o enfraquecemento da seguridade social e a redución dos salarios e as pensións son unha estratexia común de todos os gobernos europeos, tanto os neoliberais como os socialdemócratas. O Tratado de Lisboa mostra a actitude reaccionaria e o verdadeiro papel da Unión Europea. A esta política do capital e os imperialistas, a clase obreira mundial está respondendo con iniciativas e loitas en todo o mundo. Millóns de traballadores en folga coa participación dos mozos, as mulleres e os traballadores migrantes proporcionaron unha nova esperanza dinámica e fresca. O FSM estivo sempre diante na primeira liña da loita. Non hai recuncho do mundo onde o FSM non estivo presente, en pé ao lado dos débiles, sempre no lado dos pobos, xunto á clase obreira, nas loitas contra a explotación capitalista. Fortalecemos o movemento sindical internacional de orientación de clase no camiño indicado polo 16º Congreso do FSM. As decisións deste histórico Congreso que tivo lugar en Atenas do 6 ao 10 de abril de 2011 abriron novos camiños, novos horizontes e novas perspectivas para a clase obreira mundial. Durante os catro días dos traballos do congreso que seguiron, 115 relatores do cinco continentes e os sectores de base tomaron a palabra. Discutíronse todos os problemas agudos, contemporáneos dos traballadores, os campesiños pobres, os traballadores por conta propia, os mozos, as mulleres, os pensionistas e os campesiños sen terra. Votáronse resoluciones que fortalecen o carácter clasista do FSM e o obxectivo do fortalecemento do movemento sindical internacional. Hoxe o FSM é máis forte, máis militante, máis unida, máis capaz de continuar a loita con unidade de clase e unha perspectiva militante, en contra das políticas dos monopolios e as multinacionales que crean a pobreza para a maioría e os beneficios para uns poucos. Por un mundo sen explotación do home polo home.

Viva o Primeiro de Maio dos traballadores!Proletarios de todos os países unídevos!